Nº 6 - Xuño, 2008
ies David Buján 2008
INDICE Colaboradores neste número Félix Petisco ....... Rita e Paula ....... Cristian, Iván e Román ....... Jéssica e Rita ....... Nerea e Adriana ....... Ángeles Míguez ....... Tamara Mejuto ....... Zeltia Pardavila ....... Estela Rouco ....... Nuria e Alba ....... Laura Gantes ....... Andrea e Blanca ....... Samuel Iglesias ....... ENDL ....... Miguel e Alejandro ....... Miguel e Alejandro ....... Manuela e Carlos ....... Sara Iglesias ....... Yago, Lúa e Lucía ....... Varios Departamentos ....... Alumnado de 4º PDC ....... Irene Gómez ....... ENDL ....... Xulia e Antía ....... Luís, Carlos, Aldán e Alejandro....... Mª Ester García ....... Inés e Irene ....... Departamento de Economía ....... ENDL ....... Ester Pardo .......
Indice
Limiar..................................................................... Sinte O Galego....................................................... Imaxe e Lema........................................................ “ “............................................................. O Colexio............................................................... Viaxe a Santiago.................................................... Antón Riveiro Coello............................................. Madrid 08”............................................................ Saída a Ferrol......................................................... A viaxe ao Grobe................................................... Son Laura............................................................... O Mundo da Patinaxe............................................ Industrias Innovadoras........................................... XV Certame Literario ........................................... Entrevista a Borja.................................................. Entrevista a Ignacio Vilar....................................... Entrevista a Julia.................................................... Cartaz IX Certame Musical................................... A Música................................................................ O Día de................................................................ Quero ser Grande................................................... Perseguindo un Soño............................................. Fotos Bacharelatos................................................ Deseño Correlingua.............................................. Pancarta Correlingua............................................. Saída Correlingua.................................................. Proxecto Comenius................................................ Empresa Xove....................................................... Centenario Himno Galego..................................... O Galego e a Empresa...........................................
4 5 5 5 6 7 7 8 8 10 11 11 14 13 20 18 19 21 12 24 8 15 16/17 22 22 22 23 28 30 29
Portada Orixinal de Laura Caballero 3
LIMIAR .......................................................... E cercáronme as ondas que grandes son non hei barqueiro nen remador, eu atendendo o meu amigo, e verrá? Mendinho Mar de Ondas ( II )
Deixamos a costa brasileira e iniciamos a navegación polo Atlántico cara a Europa. Uns días máis tarde xa estabamos á altura das Illas Afortunadas e pouco despois o cheiro familiar do Mediterráneo metíase por todos os furacos do barco, tanto humanos como materiais. Acordo agora algunha das noites pasadas de garda atlántica con Suso, falangueiro mariñeiro da vila de Esteiro, na ría de Muros e Noia, contándome de cando seu pai, e antes o seu avó, pasaban mercadorías, non sempre lícitas – naqueles tempos calquera cousa podía terse considerada non lícita se así ás autoridades lles viña ben, dunha banda á outra da ría naqueles famosos e fermosos “sancosmeiros”, botes de vela típicos da zona e así chamados en toda a ría. Ou como tamén, así o dicía el, lle “cantaban” os calos dos pés cando o barco cruzaba a liña do ecuador en pleno Atlántico. E moitas outras historias e lendas que na imaxinación, tal vez realidade, de homes habituados a perderse en grandes espazos abertos e a encarar o mundo como un ente moldeable, non sempre prensible, cambiante e adaptable á imaxinación de mentes claras e libres que navegan sen límites. Chegabamos, como dicía, ao Mediterráneo. Embocamos a proa ao rumbo preciso e a pouco o funil de Xibraltar meteunos de cheo no garrafón do Mare Nostrum. Había bo tempo e podiamos ver con claridade as columnas de Hércules. Era moito o trafego de barcos nese momento polo que tivemos que navegar perto de terra. Iamos a pouca máquina pero nun descoido do mariñeiro que ía ao timón o barco virou un pouco de máis o que fixo que a antena do radar rozase un chisco o xeonllo de Hércules. Todos nós quedamos en suspenso na cuberta. Puidemos sentir a opresión da mirada do xigante pendendo cal espada sobre as nosas costas. Foron uns segundos eternos pero... pouco a pouco o ar foi alixeirando e a opresión diminuíndo a medida que os ollos do semideus clásico se ían pechando paseniñamente. Eramos pouca cousa. Foi un inmenso alivio e ata o barco pareceu que se estiraba e reordenaba as súas cadernas despois do baile e descompostura do pai Atlántico. Como un monstro mariño que chega a augas coñecidas a navegación a partires daí foi suave e silandeira. Pronto embocamos a entrada do porto de destino, Kepor, hoxe pertencente a Eslovenia e naqueles días formando parte da xa antiga Iugoslavia. Chamoume a atención a actitude dos habitantes daquela, por 4
outra banda, fermosa e coidada vila. Nada máis contactar coa xente do porto apreciamos que estes amosaban desexos grandes de comunicar e de facernos entender a súa situación. Acordo a expresión do axente da Alfándega: - “Nós pertencemos á área soviética pero non somos comunistas”. De feito había no ambiente, dentro da estrita forma de vida socialista, un certo ar informal, anárquico, típico dos pobos mediterráneos. Ao día seguinte pola mañá comezaron as tarefas de carga, - noutro momento, se os fados así o permiten, contarei porque na bodega nº 5 se cargaron seis coches de luxo case que ás agachadas e co selado inmediato da bodega polo capitán e os axentes delegados da carga. Ou tamén a sorpresa do capitán Stoiberg, alemán longo e desleixado, case que hendecasílabo que se diría, de mirada non sempre clara que máis parecía voar que camiñar debido aos frecuentes efluvios espiritosos, pero que se convertía en senlleiro pau de referencia para toda a tripulación nos momentos difíciles da navegación. Sorpresa dicía porque me dirixín a el en galego. Eu sabía que el estivera navegando moito tempo polas costas brasileiras e nunha ocasión escoiteille falar en portugués cos axentes do porto. Abriu, naquela ocasión, os seus claros ollos e cun sorriso certificou o que máis tarde serían longas conversas de todo tipo na ponte do barco. Gostaba de oír o que el chamaba - ”portugués da outra beira do mar”. Ou tamén cando en Madrás, India, falei en galego cun mariñeiro hindú que pensaba que sabía falar español. Ou por que non citar a cidade de Durban, Sudáfrica, onde puiden falar en galego con camareiros e comerciantes procedentes das pretéritas colonias portuguesas da zona. Para que logo digan que se o galego non sei que..... É unha lingua de pleno uso nacional e internacional é así o debemos facer ver a tódolos/as dubidosos/ as. Que non dicir daquel galego repartidor de botellas de leite polas rúas de Stavanger, Noruega, cun familiar acento cantarín das rías baixas. Ou o que aconteceu no africano porto de Lagos, Nixeria, cando tentaron descargar os coches de luxo da bodega nº 5 en primeiro lugar antes do resto da carga. En fin..... Cousas, contos, lendas que fan que homes como Suso poidan ter un lugar de honra xunto aos fabuladores recoñecidos ou anónimos que desde a Grecia Clásica fan, a traveso das súas historias, que o mar deixe de ser un gran caldeiro de auga salobre onde descansar os pés do cansazo para converterse nun ente animado que enche parte das nosas vidas reais ou de ensoño. Félix Petisco, coordinador do ENDL.
SINTE A NOSA LINGUA Se te moves en contextos galego-falantes sentes acotío o murmurio harmonioso da nosa lingua, pero se por casualidade te elevas no ar, se sentas sobre as nubes, ou se es capaz de ver a vida a vista de paxaro, tamén a poderás sentir. Non o cres? Mira esta foto:
Rita e Paula 2º E.S.O.
IMAXE E LEMA Xa vimos como as linguas se relacionan cos sentimentos; de feito unha lingua pódese considerar como unha representación racional da interacción dos nosos sentimentos co contorno no que vivimos e nos relacionamos. Vede como algúns/as alumnos/as representan esta relación a través de imaxes
Cristian, Iván e Román 2º E.S.O
Jéssica e Rita 2º E.S.O 5
TÍRALLE DA LINGUA Todos os anos “tiramos” todo o que podemos pola lingua do noso alumnado. Ao igual que nas edicións pasadas os alumnos/as participan con ledicia nesta actividade que se realiza en dúas fases: a previa no Instituto e a final en Santiago. Vede o que lle aconteceu a Nerea e Adriana de 1º Eso A ao “tirarlle” da lingua. O COLEXIO O outro día tiven que ir recoller o meu sobriño ao colexio, e quedei alucinada, fixáronse como saen os nenos da escola? é algo arrepiante, saen despavoridos, correndo en calquera dirección, coma fuxindo de algo, que che fai pensar. Que lles farán alí dentro? Eu recordo que de nena non saía dese xeito tan violento. Francamente, eu a maioría das veces nin entraba, a min dicíanme: -Nerea, se queres ser unha muller de proveito vas ter que estudar un pouco máis. E eu dicíalles: -Vale, pero se non o quero ser, podo seguir como ata agora? Pero non, a eles dáballes igual, cargábanche cun mochilón, así de grande!, e dicíanche que todo iso o tiñas que meter na cabeza, e que empeño en meterche cousas na cabeza, e que non se dan conta de que non cabe? Ademais, no colexio apréndense cousas inútiles. Por exemplo, para que tres meses ensinándoche a diseccionar unha ra? Coño, que che ensinen a pelar unha gamba. E as matemáticas? Para comezar ensínanche os conxuntos: estaban os conxuntos conxuntos, e os conxuntos disxuntos. Moi ben, foime moi útil na vida saber isto. Agora o que cambiou a miña vida, foi o conxunto baleiro, eu ensináballe as notas a miña nai, e ela dicíame: -Rapaza, ¿e este cero en matemáticas? -Mamá, non sexas antiga, ísto non é un cero, é un conxunto baleiro. Despois ensínanche a sumar, restar, dividir, multiplicar… e dis, (agora ensinaranme a pedir un crédito no banco). Pero non, o que che ensinan é a raíz cadrada, ai amigos que gran tema é a raíz cadrada! o ben que me fixo a min saber calculala, sen ir máis lonxe, useina…nunca; francamente, a vostedes non lles parece que chegou a hora de presentarlle este asunto ao goberno? A raíz cadrada tiña que ser voluntaria, como a mili. E despois chegaba o mestre e dicía: -Nenos, vouvos poñer uns problemas. Pois…caralludo, levo unha mochila de oito quilos, chámanme carabesugo, róubanme o bocadillo, e encima vén este tío a poñerme máis problemas. E ditaba: -Se Lauriña ten seis mazás, vén o seu primo e quítalle dúas, a súa irmá quítalle outras dúas, e logo o can cómelle unha. Cantas mazás ten Lauriña? Pois…non o sei, pero francamente se quere a miña opinión, Lauriña é gilipollas. Outra cousa que che ensinaban, eran o latín e o grego, as linguas mortas, a vostedes parecelles ben que lles ensinen linguas mortas aos nenos?, con razón pola noite non poden durmir. E a sinalefa? Iso ten que ser unha porcallada; eu négome a estudiala, e 6
falando de porcalladas tamén che ensinan os gases nobres. Mire vostede, a min paréceme moi ben que os nobres se tiren gases coma todo o mundo, pero é necesario estudalo? A clase de música. Moi ben, na casa non che deixan berrar, nin saltar no sofá, nin xogar co balón no corredor. Pero iso sí, podes soprar a frauta ata que che saian os fígados, e túa nai nin mu, total para aprender a tocar: -Debaixo dun botón, ton, ton… Por non falar da clase de ximnasia . De que che vai servir na vida saber dar unha viravolta, e saltar o potro?. Imaxínanse vostedes que nun debate entre Rajoy e Zapatero, Rajoy dixese: -Señor Zapatero, vostede di que vai subir as pensións e baixar a gasolina, pero sabe vostede saltar o potro?. Déixese de demagoxias, salte o potro señor Zapatero, salte o potro!… A única vez que eu estiven atenta na escola, foi cando explicaron a reprodución humana, aínda que tampouco me serviu de moito, primeiro falábanche dun chícharo, despois dunhas abellas que saían da súa colmea e levaban o pole por aí, e despois ensinábanche unha foto dunha parella en pelotas, que eu pensaba: e aquí quen dos dous ten o chícharo? Pero eu sabía que había algo que se metía nalgún sitio. E tamén estaba a cegoña, co que fun á miña casa pensando que a reprodución humana consistía: en que unha cegoña metía un chícharo nunha colmea, e unha abella o esparexía. En fin amigos, que segundo o que nos ensinaban na escola, unha muller de proveito é unha tía que fala linguas mortas, come chícharos, dá viravoltas, e toca a frauta. COÑO, ESTA TÍA É KUNG FU! Nerea López e Adriana Agilda, 1º Eso A
VIAXE A SANTIAGO O día 30 de abril, os de 1º E.S.O. A e parte dos de 1º E.S.O. B, fomos a Santiago. Fomos ao Auditorio de Galicia, ao concurso “Tíralle da Lingua”. Estaba dividido en dúas partes: a primeira para os de primaria e a segunda para os de sucundaria. Participaban desde nenos que ían en 1º de primaria ata rapaces de 4º E.S.O. Os contos, polo xeral, eran moi orixinais. O instituto do I.E.S. David Buján, era representado por Nerea López Manzanero e Adriana Agilda Míguez, de 1º E.S.O. A,
que contaron “No colexio”. Todo saíu ben. Non puidemos saber quen gañou da segunda parte, dos de secundaria, xa que tivemos que marchar ás 12:30, para chegar a tempo. Pero o que sí sabemos e estamos de acordo todos nós, é que Nerea e Adriana contaron o conto estupendamente e, seguramente, ós demais colexios e institutos tamén lles encantou. Ángeles Míguez Chas, 1º E.S.O. A
FÓRA DA AULA As múltiples actividades e saídas culturais etiquetan o noso labor. Concebimos a tarefa académica non só como unha interacción profesorado-alumnado no estrito marco das paredes do centro. Consideramos que o contacto simultáneo coa realidade exterior é esencial nunha visión que pretende globalizar o proceso de formación académico, persoal e social do alumnado. ANTÓN RIVEIRO O día 21 de abril, Antón Riveiro Coello, fixo unha visita ao noso instituto. O alumnado de 2º de Bach. lemos a súa novela As rulas de Bakunin. Fixo unha presentación dos lugares nos que transcorre a acción, sitios moi próximos a nós (coma Vilaboa, Rutis …) de forma amena debido á súa simpatía e amor polo que fai. A novela narra a vida de Camilo Sabio Doldán, vello anarquista que viviu a guerra, o cal pasou polo cárcere e sufriu o exilio. Antón Riveiro Coello, é nativo de Xinzo de Limia. Cursou os estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é funcionario da administración pública. A súa obra é moi abundante e con moito recoñecemento por parte dos críticos, os que lle outorgaron multitude de premios, e polos seus lectores que lle deron grande éxito ás súas obras. Destacamos algunhas de elas:
Valquimia (1994) Premio Camilo Jose Cela Animalia (1999) Premio Café Dublín de Narrativa As rulas de Bakunin (2000) Premio Novela Manuel García Barros Homónimia (2001) Premio Álvaro Cunquerio de Narrativa ·A esfinxe de amaranto (2003) ·Casas Baratas (2005) ·A voz do lago (2007) ·Os ollos de K (2007) Cómpre mencionar tamén as súas innumerábeis colaboracións das cales só faremos fincapé nas últimas: • • • •
Poetas e Narradores nas súas voces, para o Consello de Cultura Galega no 2006 Voces na Guerra e Anuario de Estudos do Barbanza, asociación cultural Barbantia no 2006 Vólvelles a palabra, Consellería de Cultura no 2006 Contos de Agardar, asociación de de funcionarios para a Normalización Lingüística no 2007
É tamen presidente da Asociación Cultural Barbantia, fillo predilecto do Concello de Baltar e Xuíz Honorario de Couto Mixto.
Anímovos a gozar da súa lectura, xa que é unha novela que recorda tempos que debemos de gardar na memoria, compaxina o humor e a traxedia ao tempo que conmove e impresiona, pasando un bo momento. Tamara Mejuto, 2º Bach. A 7
QUERO SER GRANDE O día 18 de outubro pasado tivemos oportunidade de asistir á representación da obra “Quero ser Grande”. Tivo lugar no centro cultural O Graxal. Foi representada polo grupo Talía Teatro, a partir de textos de Arturo Trillo, Toño Casas, Roberto Salgueiro, etc. Actuaron Marta Ríos, Rosi Barcala, María Ordóñez. O argumento xira arredor de varios temas que interesan para a vida cotiá da mocidade. Está dividida en seis escenas. A primeira céntrase nas queixas dunha rapaza ao ser tratada como unha nena pequena. Na segunda abórdanse os temas das familias con pais separados. A terceira reflicte a situación das aulas, neste caso en concreto unha rapaza é rediculizada polo seu nariz. Na cuarta fálase das numerosas actividades extraescolares que hai hoxe en día. Na última os pais discrepan sobre a hora de chegar á casa das súas fillas. A obra gustounos moito porque vimos representados asuntos que nos afectan a diario. Alumnado de 4º PDC
Pola tarde, uns foron ao Museo de Cera, outros ao parque de atraccións e outros a patear as rúas de Madrid. E xa, por desgraza, a nosa última noite en Madrid, algúns foron dar unha volta ata unha cervexería onde ao parecer non foron precisamente baratas as consumicións e unhas poucas afortunadas foron ata Pachá. Nesta viaxe aprendemos moitas cousas, entre outras que, por moito calor que vaia, Cobo é isotérmico e non quita nin o chaquetón, nin o xersei nin a camisa de manga longa, porque ó que torna o frío, torna á calor. Apesar da dor de pés, as disputas polos escasos espellos, as alucinacións producidas polo consumo excesivo de Redbull e durmir escasamente oito horas durante toda a viaxe, tratouse dunha experiencia inesquecible, na que tivemos a oportunidade de tratar con compañeiros cos que nunca antes falamos. E por último, e para rematar, agradecer aos profesores acompañantes que fixeron desta excursión unha experiencia única, especialmente a Merchi que fixo posible esta viaxe grazas ao seu esforzo. Madrid 08’ grazas a todos por formar parte desta inolvidable experiencia. Zeltia Pardavila, 2º Bach. A
MADRID 08’ A nosa aventura comezou na estación da Coruña onde os familiares vían por última vez a nosa cara que pouco se parecería á que trouxemos á volta. O cansazo, a falta de sono e facer das horas da nosa estancia máis rendibles, pasáronnos factura. Nada máis chegar a Madrid fomos ao CSN, unha interesante visita a pesar do desacordo dalgúns ante as centrais nucleares. Seguidamente cun tempo espectacular visitamos o Madrid dos Austrias, e se tivésemos que coller unha anécdota desta visita, todos os meus compañeiros coincidirían comigo no sufrimento de Cobo ante a guía, Cobo fumou, revolveuse, evadiuse... pero de pouco serviu, a Cobo doíalle a explicación. En canto rematamos, o grupo enteiro aventurouse na procura do “restaurante” onde íamos “comer”, atopámonos entón ante un prato de “ lentellas” ( posteriormente servidas as sobras en forma de croquetas, cremas...). Sen dúbida unha das mellores anécdotas de Madrid 08’ foi na entrada do Prado, onde o vixiante de Seguridade esixiulle a Tamara que sacara do bolso unhas esposas de veludo. Comprobado que os grillóns non supuñan un perigo para a seguridade, todos nos internamos no museo ríndonos a gargalladas. E por fin chegou a noite, a nosa primeira noite madrileña, uns optaron por quedarse no hotel, e outros fomos a Joy Slava, tras prestar uns cantos DNIs e carnés de conducir, todos puidemos entrar na famosa discoteca. O venres, o cansazo xa se ía apoderando de nós, durmimos na viaxe ó Escorial. Á volta do Escorial, no cine IMAX e algúns loitaron para non durmirse no musical (incluso con labazadas). Chegada outra vez a noite, varias foron as opcións: hotel, Chueca ou Kapital. O sábado fomos visitar AULA na que desgrazadamente todos quedamos decepcionados porque se trataba case exclusivamente de universidades privadas e madrileñas. 8
SAÍDA FERROL O luns día 11 de maio fomos coñecer a cidade de Ferrol. Mentres estabamos no autobús fomos vendo distintos lugares como: -As instalacións NAVANTIA-FENE (antigo AS.TA.NO.). A grúa máis grande era de cor gris. -Despois de cruzar a ponte das Pías vimos CARANZA (novo barrio para expropiados de ESTEIRO). Son un grupo moi grande de casas que están moi xuntas, son de cor alaranxado, e case non hai espazos verdes entre elas. -Tamén pasamos por NAVANTIA-FERROL (antigo Bazán). -E polas instalacións militares (arsenal, cuarteis, fortificacións, etc.). Chegamos ó porto e paramos a ver esta igrexa que quedou inacabada, fáltanlle as torres. Despois fomos ver os xardíns de Herrera. Logo buscamos as casas de Rodolfo Ucha Piñeiro e fixémoslle fotos:
-As escaleiras: eran moi bonitas aínda que estaban bastante deterioradas. -Igrexa Padres Mercedarios: foi a que máis me gustou, é moi bonita tanto por dentro coma por fóra. Ten moitos adornos. -Fonda Suíza: Ten moitos adornos e é moi bonita. O que non me gustou deste edificio é a color da fachada que se ve na primeira foto. -Casino: foi moi interesante porque nos deixaron velo por dentro e nos ensinaron as pinturas de Vello Piñeiro e diferentes habitacións. -Ideal Room: foi a que menos me gustou. Case non tiña adornos, só na columna do medio. Logo fomos ao castelo de San Filipe en lancha polo camiño vimos: Mugardos, Reganosa (planta regasificadora), Barcos gaseiros, Bocana da ría, Castelo San Filipe, Castelo da Palma. Castelo de San Filipe É un castelo do século XVI. Está situada na bocana da ría de Ferrol, en fronte está o castelo da Palma. Situados alí para impedir o paso das frotas inimigas. Foi reformado no século XVIII para impedir, ademais, os ataques por terra. Biografía Rodolfo Ucha Piñeiro Naceu en Vigo o 27-9-1882 e morreu en Ferrol o 27-1-1881. Foi un dos arquitectos máis importantes do modernismo
en Galicia, é o representante deste estilo arquitectónico na cidade de Ferrol. No ano 1906 alcanzou o título de arquitecto na Escola Superior de Arquitectura de Madrid. Dous anos despois accedeu ó cargo de arquitecto municipal de Ferrol. Tamén foi arquitecto do ministerio de Marina e do Catastro. A súa arquitectura caracterízase por un deseño a base de líñas ondulantes e aritméticas, con ornamentacións naturalistas e vexetais. Fases da Cidade de Ferrol -Primeiro había un castro marítimo onde está hoxe o porto. -A partir do século XI chegaron ó porto peregrinos das illas Británicas e do Norte de Europa que empezaban o Camiño Inglés desde Ferrol ata Santiago de Compostela. Había un hospital para estes peregrinos chamado Hospital do Espírito Santo. -Este Ferrol vello tiña un trazado medieval. -A armada invencible sae do porto de Ferrol no século XVI. -Filipe V decide establecer os estaleiros reais na cidade e noméaa capital do Departamento Militar. -No século XVIII Carlos III aproba o plano da Magdalena, creado para acoller as vivendas dos oficiais e técnicos dos estaleiros reais. A partir destas construcións comezarán outras que hoxe foron derrubadas, só quedan a Casa do Patín e o Hospital de Mariña. Estela Rouco 3º Eso C
Alumnado 3º E.S.O 9
A VIAXE AO GROVE O 31 de Marzo fomos de viaxe ao Grove co instituto. Saímos do instituto ás oito e media con ese destino. Collemos o autobús no pavillón e saímos a facer a viaxe. No camiño non paramos ningunha vez, e cando chegamos ó porto do Grove, subimos nun catamarán moi grande que nos levou ata a Illa da Toxa. Separáronnos en dous grupos e fomos no catamarán por debaixo da auga para ver os mexillóns. Deixáronnos ir para enriba e algúns rapaces tiveron que baixar porque se mareaban, outros dicían que querían tirarse á auga pero os profesores non lles deixaban. Alí contemplamos a bonita paisaxe de algas, moita sucidade e tamén algún que outro peixe. Cando volviamos á costa esperábannos unhas mulleres que nos querían vender colares e pulseiras, tamén había un home que nos quería vender unha especie de pan. Despois fomos coller o bus e fomos ao Acuario, alí ensináronnos moitos tipos de peixes mariños e tamén unha lontra e unha foca que ía ir para outro acuario. Había estrelas de mar que a monitora nos deixou tocar, había cinco quenllas ou máis que estaban enfermos porque tiveran un accidente no camión do circo e moitas especies máis. Tamén nos ensinaron unha película sobre as quenllas.
10
Cando vimos todo isto fomos para o bus e fomos outra vez cara O Grove e ao chegar alí os profesores dixéronnos que foramos a un parque infantil xantar e despois que podiamos ir dar unha volta pola vila. Ao acabar de xantar algúns dos rapaces foron xogar ao parque e pasárono como cativos. Todos o pasamos moi ben pero a maioría queixámonos de que non viamos xusto que nós tiveramos que comer nun parque infantil de bocadillo e os profesores nun restaurante, sen pasar tanta calor como pasamos nós, porque facía moito sol e moita calor pero aínda así eu creo que nos gustaría repetir. Ás catro e cuarto collemos o bus para vir de volta ao instituto, a maioría colleu o seu móbil, o mp3 ou o mp4... para non aburrirse no bus. Algúns quedaron algo adurmiñados pero non foron capaces de durmir moito porque os outros rapaces berraban bastante. Cando xa estabamos chegando a Cambre, todos empezamos a coller as nosas cousas. Ao chegar ó instituto antes de baixar do bus un dos profesores que viña connosco deunos as grazas por portarnos ben. Aínda que as grazas llas tiñamos que dar nós a eles por levarnos. Despois baixamos do bus e cada un foise pola súa conta, algúns nos seus coches e outros nos buses escolares. Nuria Sanjurjo Bouzas e Alba Vera Escorihuela 2º ESO A
TAMÉN FACEMOS Temos unha especial consideración á excelencia do noso alumnado naquelas actividades que realizan fóra do marco académico. A seguir podemos ver algúns exemplos: SON LAURA
O MUNDO DA PATINAXE
Son Laura e compaxino os estudos coa disciplina hípica da Doma Clásica, aínda que ás veces é complicado.
A patinaxe artística é un deporte pouco recoñecido e con poucos adeptos neste país. A nosa traxectoria no mundo da patinaxe comezou no ano 1998, como una actividade extraescolar de pasatempo no noso colexio. Agora pertencemos ao Club de Patinaxe Artística Alquimia de Carral que se formou hai 5 anos.
Para explicar mellor este deporte pódese dicir que o obxectivo da Doma é o desenvolvemento dunha certa harmonía a través da habilidade física do cabalo, tendo como resultado un animal relaxado, flexible e atento. O cabalo debe ter confianza no seu xinete e entendelo á perfección. Todos os exercicios na Doma deben ser lixeiros, correctos e esteticamente bonitos para o espectador (e en especial para os xuíces) e o animal debe permanecer o máis submiso posible. Na competición da Doma Clásica débense realizar unha serie de movementos cunha secuencia determinada nun texto denominado REPRISE. Levo practicando este deporte dende hai case 11 anos pero o ano pasado, tras só concursos a nivel de Galicia e con diferentes campionatos galegos ás costas, (actualmente son campiona galega do 2007 na miña categoría) decidimos probar sorte en toda España co meu cabalo Nobody is Perfekt. O ano pasado conseguimos o obxectivo de chegar ao Campionato de España, onde tivemos problemas por unha coxeira de meu cabalo Nobody, pero este ano collémolo con tanta forza que me clasifiquei nun só concurso e xa podemos ir ó próximo Campionato de España! e este ano todo pode ser mellor. Laura Gantes Cabañó. 2º Bach. B
A patinaxe consta de diversas modalidades (libre, danza, parella, escola…) e nós pertencemos á modalidade de show na que se trata de representar unha idea (argumento ou historia) de acordo cunha música, sobre patíns. Nesta modalidade compítese en grupos (Grupos Pequenos: 6-12 persoas; Grupos Grandes: 16 ou máis persoas). No noso caso somos Grupo Pequeno con doce patinadores en pista. Nós comezamos a competir hai 2 anos nos que obtivemos os seguintes resultados: No 2007: Campionato Galego (Cangas) 1º posto de 7 grupos Campionato Nacional (Vigo) 9º posto de 20 grupos Copa Latina (Madrid) 2º posto de 25 grupos Copa Autonómica Galega (Noia) 2ºposto e 7 grupos Trofeo de Vigo-Coruxo 2º posto de 6 grupos
11
No 2008: Campionato Galego (Vigo) 2º posto de 5 grupos Campionato Nacional (Alicante) 7º posto de 20 grupos A isto engadímoslle numerosas invitacións e galas noutros lugares. Próximas competicións: 21 xuño: Copa Autonómica Galega (Ribeira) 5, 6, 7 de xullo: Copa Europea Internacional (Italia) Ademais de diversas galas. Estamos moi contentas cos resultados. Hai que ter en conta que Galicia é case 2º potencia española da patinaxe artística e hai moito nivel. Esperamos que no futuro sigamos tendo tanto éxito. Andrea Rey Doldán e Blanca Mosquera Lareo, 2º Bach. A MÚSICA Un espectáculo auditivo sacrificado para uns, gratificante para todos. Dise que a música amansa ás feras, e faino desde milleiros de anos, pois xa nas civilizacións máis antigas se comezaron a crear os antecesores dos instrumentos musicais tal e como os coñecemos hoxe en día. Na actualidade existen moitos tipos diferentes de concepcións musicais e, á súa vez moitos estilos, podéndose clasificar en dúas divisións fundamentais: a música vocal e a música instrumental. Lucía: A grandes rasgos, que actividades musicais desenvolvedes no voso tempo libre? Lúa: Vou ao Conservatorio de Culleredo. Toco a guitarra e canto no coro xove da Orquesta Sinfónica de Galicia. Lucía: E ti, Yago… Yago: Eu toco a percusión na Banda Sementeira de Cambre. Lucía: Canto tempo adicades á música á semana? Lúa: Dúas horas diarias agás domingos, contando co ensaio do coro dos sábados pola mañá.
12
Yago: Antes, cando ía a clases na escola de música, dedicáballe unha hora ó día máis ou menos, pero agora nunha semana sen concertos, un ensaio de dúas horas e media tódolos sábados. Lucía: Que estilo de música tocades? Lúa: A verdade, de tódalas épocas en xeral. Yago: Nós alternamos obras tipicamente galegas, como pasodobres, con música de tódolos estilos e máis actual. Lucía: Obtivestes algún premio polo voso esforzo? Lúa: No coro, alcanzamos o segundo posto no último concurso nacional de coros celebrado en Novembro en Cocentaina, Alicante. Yago: Obtivemos o primeiro premio na sección “C” do primeiro concurso galego de Bandas, e co premio á mellor interpretación de música galega. Lucía: E conseguides alternar ben o instituto cos vosos estudos musicais? Lúa: Lévase como se pode. O segredo está en organizarse ben, e tratar de conseguir tempo para todo, incluíndo saír os fins de semana. Yago: Si, pois ó deixar a escola, teño toda a semana libre para dedicarlla ó instituto. Lucía: Tedes pensado dedicarvos a isto no futuro? Lúa:En principio non entra nos meus plans, xa que quero dedicarme á miña carreira e se puidera ser, vivir dela, pero non o podo descartar. Yago: Non, pero espero poder seguir gozando da música no meu tempo libre, pois é un bó medio para desconectar. Lucía: Ben, pois moita sorte no futuro, que sigades pasándoo tan ben coa música, e dándonos bons momentos a tod@s nós. Yago Barcia López. Lúa Cruz Fernández. Lucía Lobeiras Varela, 2º Bach.
CERTAME LITERARIO XV CERTAME LITERARIO DE POESÍA E NARRACIÓN BREVE Si, somos tradicionais en moitas cousas. Así vai xa a “XV Edición do Certame Literario” que conxunta a alternativa organizamos o IES Alfonso X o IES David Buján e o Concello de Cambre. Este ano foi o Afonso X o que desenvolveu a tarefa organizativa. Temos ledicia e queremos felicitar a todo o alumnado presente e pasado que participou e especialmente a aqueles que recibiron algunha mención polo seu traballo. NARRACIÓN
POESÍA
Categoría A (12-14 anos) 1º accésit - Raquel Sánchez Valeiras - Gusarapiño (IES Eduardo Blanco Amor-Culleredo) 2º accésit - Iván Tomé Regueiro - Iri (IES Afonso X) 2º Premio - Ana Mª Vázquez Fernández - Albatros (IES Afonso X) 1º Premio - Lara Porto Mato - Labanda (Colexio Peleteiro - Santiago)
Categoría A (12-14 años) 1º accésit - Rita Pérez Morandeira - Bra-95 (IES Afonso X) 2º accésit - Ana María Vázque Fernández - Albatros (IES Afonso X) 2º Premio - Laura Porto Mato - Sacha e fouciño (Colexio Peleteiro - Santiago) 1º Premio - Mª Paula Currás Prada - Marquiña (CEIP Wenceslao F.F. - Cambre)
Categoría B (15-18 anos) 1º accésit - Sara Iglesias Rivas - Faiscas (IES David Buján)
Categoría B (15-18 anos) 1º accésit - Sandra Lantes Tasende - Solpor (IES David Buján) 2º accésit - Alejandro Alonso Eiroa - Princesiña de area (IES David Buján) 2º Premio - Cinthia Mourelle Schusselim - Armas de amor (IES David Buján) 1º Premio - Iria Pérez Neira - J. Eire (IES David Buján)
2º Premio - Blanca Mosquera Lareo - A vida pende dun fio (IES David Buján) 1º Premio - Noelia Martínez Rey - Mare (IES Xoán Montes - Lugo) Categoría C (19 - 26 anos) 1º accésit - Samuel González González - Maniotas do teu sorriso (Cee - A Coruña) 2º Premio - Marta Barbeito Garrido - Dora (IES David Buján) 1º Premio - Andrea Maceiras lafuene - Marea (Facultade Filoloxía - A Coruña)
Categoría C (19-26 anos) 1º accésit - Cristina Ferreiro Real - Admira (Lugo) 2º Premio - Luz Airado Bello - Leda (Facultade Dereito - Santiago) 1º Premio - Alba Cid Fernández - Milicroque (Facultade Filoloxía - Santiago)
Para a entrega de premios contamos coa presenza de Celso Álvarez Cárcamo. Falou sobre seu pai, Xoxé Mª Álvarez Blazquez, autor ao que se dedicou o día das Letras Galegas 2008. Profesor da Universidade da Coruña e Escritor.
Os premiados con Celso Álvarez
13
INDUSTRIAS INNOVADORAS NO NOSO CONTORNO Industrias innovadoras no noso contorno Porto Muíños é unha empresa familiar de Antonio Muíños e Rosa Mirás. Antonio é fillo de Antonio Muíños Caridad o propietario da actual empresa galega Industria Muiños Insua (Santa María de Vigo) que se dedica á venda de produtos tales como: chourizos, xamóns, chicharróns…. Porto Muiños foi creada en 1998 (Cambre). Esta empresa comercializa cogomelos , algas , ourizos de mar… A empresa Porto Muiños empezou a comercializar con cogomelos do tipo: Barbudas, Pleurotas Cornu Copioides, Shiitake. Como xa había outras empresas que comercializaban cogomelos a Porto Muiños este produto xa non lle saía moi rendible polo que incluíu as algas no seu catálogo. Actualmente as algas é un dos produtos que máis caracteriza a esta empresa xa que Porto Muiños é unha das poucas que as elaboran e venden no mercado. A pesar dos moitos tipos de algas que hai, as que máis comercializa Porto Muiños son : Wakame , Himanthalia Elongata (Espagueti de mar); a Laminaria Ochroleuca (Kombu); a Lainaria Saccharina (Kombu de Azúcar); a Ulva Rigida (Lechuga de Mar); a Porphyra Purpurea (Nori) e a Chondrus Crispus tamén coñecida como Musgo de Irlanda. Na produción actual da empresa o 35% das algas destínase á exportación; principalmente aos mercados francés, italiano e grego, e recentemente a Xapón; aínda que este mercado se ve moi limitado xa que os aranceis son moi altos, entre outras cousas.
14
É dicir, Porto Muiños é unha das poucas empresas que empeza a comercializar coas algas, o alimento do futuro! E témola á nosa beira! Samuel Iglesias Ínsua. 3º Eso A
PERSEGUINDO UN SOÑO Como soñas? Sobre que? En que cor son os teus soños? Só en branco e negro? Se queres saber máis, le. Seguro que máis dunha vez te preguntaches polo significado dalgún soño que se repite noite tras noite, e incluso chegaches a desexar que acontecese ou non na realidade; este estado de soñar é involuntario e, polo tanto, todos estamos condenados a soñar aínda que cada persoa ten o seu propio soño obtido como resultado da reelaboración da información almacenada na memoria, xeralmente relacionada con experiencias vividas o día anterior. O soñar somérxenos nun mundo virtual formado por imaxes, sons, experiencias e sensacións. O interese por meterse de cheo acerca dos soños surxiu cando Sigmund Freud descubriu a importancia que teñen estes para coñecer a personalidade dos seres humanos no século XX e con iso demostrar que non somos quen de controlar a nosa propia mente, ademais ordenounos nunha especie de Catálogo de Símbolos para demostrar que toda as emocións e paixóns reprimidas aparecen inevitablemente na mente dos seres humanos cando se meten na cama e pechan os ollos. Este tema serviu de base para varios filósofos posteriores. Existen numerosos libros que falan do que son os soños, do inconsciente e da interpretación dos soños na que calquera elemento ten un significado como por exemplo os seguintes: Ascensor: soñar que estás nun ascensor que sobe significa que pronto lograrás status e cartos. Tal vez representa que alcanzaches un novo grao de capacidade para comprender mellor as cousas. Soñar que estás nun ascensor que baixa representa problemas que te desanimarán. Se nun soño o ascensor sobe e baixa, representa os momentos bos e malos na túa vida. Se soñas que o ascensor se rompe, ou que non te deixa saír, significa que perdiches o control sobre os teus sentimentos. Gargallada: soñar que rimos non son bos augurios, xeralmente ten que ver coa tristeza ou o desamor. Pero se o que se ri é un neno virá unha racha de boa sorte nos negocios. Se escoitamos gargalladas significa a fin dunha amizade. Coche: nun soño, un coche representa a túa ambición e a túa capacidade de navegar desde unha etapa da túa vida a outra. É un símbolo do teu grao de independencia e control que exerce sobre a túa propia vida. É interesante comprobar quen conduce o coche no teu soño - se conduces ti, indica que tes un papel activo na túa vida real. Se é outro quen conduce e ti vas no asento traseiro, indica que tes pouca autoestima neste momento da túa vida, e por iso permites que outros tomen decisións que afectan a túa vida. Se perdes o control do coche, pode ser que abarcaras
demasiado e deberías ir máis amodo. Se soñas con que un coche case te atropela, pode ser que o teu estilo de vida, os teus obxectivos ou as túas crenzas están en contra doutra persoa próxima a ti. Golfiño: perderemos amizades se o vemos fóra da auga ou seremos enganados. Teremos amigos fieis e sinceros se o golfiño nada nos nosos soños, nos protexe e nos brinda a súa axuda. Soñar cun golfiño é un soño positivo. Nos soños un golfiño simboliza dirección espiritual así como a súa propia intelixencia, capacidade mental e confianza emocional. Se utiliza toda a capacidade da súa mente, terá éxito na vida. Se soñas cun golfiño, tamén pode significar que se estableceu unha liña de comunicación entre a parte consciente e a parte subconsciente túa. Os golfiños nos soños representan a túa disposición e capacidade para explorar e navegar polas túas emocións. Soñar que estás montando sobre un golfiño representa o teu optimismo e altruísmo social. Entrevista: soñar que estás nunha entrevista de traballo representa o medo que sentes ante as opinións dos demais. Faldra: se é un home quen soña cunha faldra significa que lle gusta unha muller coñecida. Se a faldra é curta: malas compañas; se é longa sóbralle algo de moralidade e exceso de responsabilidade; sucia: representa desilusión e manchada: faladorías ao teu arredor. Para unha muller soñar cunha significa encontro amoroso; vela remendada, as amizades masculinas non a apreciarán como é debido; curta, malas intencións dos que se achegan; longa, mófanse de ti e faladorías ao teu redor; con manchas: calumnias. Se soñas que ves un home con unha indica vergoña e desgrazas. “Un día espertas, miras ao teu arredor e buscas algo, non sabes o que, pero sempre rematas encontrando unha cousa que por pequena ou insignificante que sexa che chama a atención. É natural, reside dentro de cada un, non podemos escapar do seu poder engarrador que nos leva a perder os papeis e seguir o seu rastro co fin de chegar ata el, non importa que tardes toda a vida ou que morras sen chegar á meta porque sen el pérdese a maxia da vida. Un soño éo todo! Precisamente este ano montóns de mozos e mozas poñemos un punto e a parte na nosa traxectoria para lograr cumprir o noso soño que ao mellor pode parecer unha loucura pero o que non o intente, xamais poderá optar pola felicidade.” Irene Gómez Rodríguez 2º Bach. A 15
2º B
De esquerda a dereita e de diante atrás: Cristina Bestilleiro, Natalia Prego, Ana Bruquetas, Lucía Diéguez, Sheila Gómez, Alejandro Albert, Laura Vieiro, Andrea Rey, Raquel Pérez, Laura Barbeito, Yolanda Martínez, Guillermo Ríos, Irene Cid, Lúa Cruz, Tamara Cacheiro, Andrea Torres, Noelia Fernández, Natalia Mejuto, Fátima Cedeira, Marta Barbeito, Laura Gantes, Saray Rodriguez, Manuel Patiño, Fernándo Lago, Esteban Mosquera,Fernándo Gil, Yago Barcia, Lucía Lobeiras, Marcos Rey.
16
17
De esquerda a dereita e de diante atrás: Ana Santos, Zeltia Pardavila, Tamara Mejuto, Alba Longueira, Belén Merelas, Sandra Lantes, Rebeca Naya, Silvia Rodríguez, Paula López, Cinthia Mourelle, Sabela Lozano, Damián Farto, Ismael Vidal, Sergio Fernández, Francisco Ponte, Irene Gómez, Ester Pardo, Blanca Mosquera, Diego Fariña, Borja Freire, Juan Soriano, Juan Salvador López, Antón Novás, Isabel Pérez, Lucía Barbeito, María Carballo. Germán Andrade, Rubén Castro, Luís García.
2º A
REPORTEIROS Que non practicamos o diálogo? Atrévense a dicir algúns. Non só facemos del a canle para resolver discrepancias senón que tamén facemos uso desta capacidade intelectual para indagar na realidade allea de persoas ou eventos que dalgún xeito se relacionan connosco. Vede o resultado nestas interesantes entrevistas: ENTREVISTA A IGNACIO VILAR O director Ignacio Vilar e pincipais actores -actrices, Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto, da película “Pradolongo”, estiveron connosco. A simpatía, a proximidade, a calor e entusiasmo con que foron recibidos amosou non só o interese por ver unha realidade que lles é próxima retratada en versión filmada senón tamén, e despois da proxección do pequeno “trailer” da película, os desexos de apoiar este labor de recuperación de valores culturais propios e de facerse un oco no mercado e realidade cultural do país.
Poderías falarnos sobre as túas actividades en galego anteriores a esta e cine en galego anterior ao teu que che influíra?. IV:Todo o que fixen ata agora o fixen en galego. Fago documentais, series de documentais para televisión, por exemplo a vangarda histórica galega sobre os pintores galegos máis importantes, Laxeiro, Colmeiro, trece capítulos. Despois fixen tres longametraxes, Ilegal, o segundo Un bosque de música, sobre Luar na Lubre, e Pradolongo. Pradolongo está gravado en galego de Valdeorras porque a historia o requería. Despois a película que máis me influíu e o director que é o meu referente é Chano Piñeiro e Sempre Xonxa que ademais por casualidade está rodada en Valdeorras no concello de Petín, eu son de Petín. Vouvos contar unha anécdota; eu buscaba unha cociña importante, unha cociña dunha casa de aldea que non estivese en ruínas, estiven un mes buscando por toda a zona de Valdeorras e atopei unha e resulta que esa cociña era a mesma na que gravara Sempre Xonxa Chano Piñeiro en 1987. Cando Chano Piñeiro rodou Sempre Xonxa todo o équipo técnico era de fóra o único galego que había era el. En Pradolongo o 98% do equipo técnico é galego e o equipo artístico 100% galego. Id:Que relación ten a situación espacial da película coa túa vida xa sexa actual anterior ou posterior, se é que a ten, claro? IV:Espacial queres dicir de onde son? Id:Onde está situada? IV:Depende, se falo de Laxeiro teño que ir a Lalín, ou de Colmeiro teño que ir a Prado, que está preto de Silleda. 18
Depende da historia que contes por exemplo, Ilegal que é unha historia que trata de polisóns que chegan a Galiza e rodeina en Vigo porque é onde chegan os barcos. Anteriormente fixen un documental que se titula Polisóns nos que descubrín a cantidade de polisóns que chegan a Vigo nos barcos de madeira que chegan de África. Entón esa película rodeina en Vigo e unhas secuencias en Santiago. Un bosque de música (de Luar na Lubre) unha parte está rodada no bosque dos Teixos, un dos poucos que quedan en Europa. O teixo é unha árbore milenaria e impresionante e a min a música de Luar na Lubre levábame ao bosque, por iso se chama Un bosque de música. Entón rodamos unha parte en Valdeorras e outra na Coruña porque Luar na Lubre son da Coruña, e Pradolongo era unha historia que tiña que contar en Valdeorras porque a historia que conta Pradolongo ten moito que ver con Valdeorras xa que eu falo sempre dé que é unha historia local pero universal porque fala de amor e amizade e da relación coa natureza. Id: Esta película e as súas distintas situacións que teñen de real e que teñen de ficticio? IV:Non, esta é unha película de ficción, pero a ficción está baseada na realidade. Quen aos 18 anos, que é a idade dos protagonistas, non tivo un desencontro de amor?. Quen non ten diferenzas cun amigo pola clase social e mais está a rapaza polo medio, ben iso vivímolo todos, é eterno. Mais Pradolongo fala da industria e o choque coa natureza, neste caso a gandería ecolóxica por exemplo en Valdeorras o ouro negro é a lousa, pero a lousa crea un impacto ambiental moi grande e sobretodo visual. Ben, esta película fala sobre se a lousa e a gandería son compatibles. Id:Por que na presentación usaches a expresión “capital 100% galego” para falar da financiación da película? IV:Porque rodar en galego é moi difícil. Normalmente o presuposto é 50% galego e 50% de fóra. Ao rodar en galego, Madrid non quere saber nada, entón ao final tivemos que facer a película 100% ata de financiación. O máis difícil desta película foi a financiación porque rodar en galego é un risco moi grande porque Madrid non quere entender que son catro idiomas os oficiais do Estado. Id:Pradolongo é unha longametraxe integramente galega o cal quere dicir que queda claro que non buscas a comercialidade... IV:...pois mira con esta película imos demostrar que se pode facer cine comercial rodado en galego. En Ourense estabamos nunha sala de cine comercial. Debido a que había tanta xente tiveron que desprazar unha película norteamericana para poñer Pradolongo. En Vigo estamos nos cines Gran Vía e nos Cines Norte. Somos a película máis taquilleira de todas as que hai neste momento, das ofertas que hai a única película europea é Pradolongo que está rodada en Galego e ten moita máis taquilla que esta película Horton que está arrasando, ben pois temos máis taquilla que esas
películas norteamericanas. Gustaríame demostrar que rodar en galego pode ser comercial. Para min o cine é contar unha boa historia é indiferente no idioma que rodes e nós como galegos que imos contar unha historia en inglés ou en castelán. Id:Que opinas do cine como produto para vender e non como algo co que se estea contento? IV:Eu creo que é unha mestura das dúas. Para min hai unha clasificación: a dos franceses, que teñen un cine impresionante e ademais consomen o seu cine, cousa que non facemos nós. Chámanlle Industria Cultural. Por un lado a industria que, como toda industria, necesita técnica, financiación... e tamén necesita comercialización e cultura porque estamos xogando con sentimentos,emocións, estamos xogando co que somos, estamos xogando con muitos elementos. Entón eu creo que o cine ten que ser esas dúas cousas, cultura e comercialización. Entón poderemos exhibir todas as nosas películas e así que saiban que os galegos podemos contar historias.
ENTREVISTA A JULIA Antiga matrona de Cambre. Está relacionada cunha asociación de Axuda ó Sáhara e acolleu a nenos saharauis. Como empezaches a te relacionar coas axudas ó Sahara? Por Charo, unha amiga que teño que levaba a Asociación Galega de Axuda ó Sáhara. Quedaran dous nenos (Selenne e Cory) descolgados do programa por un fallo na organización en Arxelia, entón Charo chamoume para preguntar se querería acoller unha nena, pero surxiu sen premeditación. Decidimos que si, que a acolliamos. Aínda antes coñecín ó primeiro neno saharaui por outra amiga, Cindy. Como familia empezou por Charo, cando nos preguntou pola acollida da nena.
Id: Foi difícil a elección de Roberto ou clara e doada? Houbo fortes competencias entre compañeiros? IV:Si, sabedes que nesta película os seus protagonistas teñen entre 16 e 17 anos a esa idade hai poucos actores e tiven que facer un “casting” por toda a zona de Ourense entre 600 e 700 rapaces, de aí saíron once, a eses once fixémoslles un curso de interpretación de seis meses de aí saíron catro, tres teñen un papel principal e Roberto é o protagonista. Custou moitísimo tomar a decisión pero despois de seis meses xa coñecía a todos e sabía o que podían dar de si. Roberto, se ides ver a película temos un gran actor galego porque fai un papel impresionante. Id: Que concellos participaron nesta longametraxe? IV:Todos os da comarca de Valdeorras. Sen eles sería imposíbel facer esta película, sen axuda dos veciños e veciñas sería imposíbel facer esta película. Id: Por último, poderíanos recomendar tres das túas películas e directores preferidos do cine mundial? IV:Recomendaría Easy Rider de Dennis Hopper que é unha película dos anos 60. Os Santos inocentes de Mario Camus e Gatopardo de Luchino Visconti. Entevista publicada en Incidencia dorsal: blogspot.com
http://idorsal.
Miguel Souto e Alejandro Pedreira, 4º E.S.O. B
Entraches na organización tras iso? Si, estivemos en Vigo, eu ía ás reunións con Charo, pero despois fixemos nós unha con xente que acollía nenos, pero a que realmente se recoñecía a nivel de Galicia era a de Vigo. Cando comezaches a ir ó Sahara? Pois Selenne veu no verán do 97, e eu fun no 98 ó Sáhara e despois volvín a ir no 2004. Canto tempo estiveches? O tempo é unha semana, que é o que organiza a asociación, imos ata Arxelia, a Tinduf e alí uns autobuses lévannos ós campamentos, e é unha experiencia tremenda. Coinciden viaxes de varias partes de España. Cantos nenos acolliches? Nós acollemos catro rapaces: Selenne, Esdiga, Aisha e Minetu.
Entrevista a Ignacio Vilar
En que condicións vivían alí? A vida é moi dura: fan casas de adobe e viven en jaimas, 19
en tendas de campaña... Agora algúns xa teñen paneis solares e baterías, luces fluorescentes... Pero non hai auga, teñen que servila cuns bidóns. As condicións hixiénicas son desastrosas, de feito non había neveiras e colgaban a carne de camelo do teito, e estaba chea de moscas (risas). Despois facíana á grella e comíamola así. Prestabas algún tipo de axuda cando fuches ó Sáhara? Non, alí fomos visitar a familia de Selenne, que con ela tiñamos un vínculo especial, a rapaza era total. Ben, levabamos roupa, algunha comida (galletas, por exemplo)... pero ben o que eles queren é que lles leves diñeiro, porque agora teñen organizadas algunhas tendas no campamento. Entón ó Sáhara só fomos visitar as familias, non é como cando fun a Nicaragua, Guatemala... Tiveches algún impedimento ou problema cando fuches ó Sáhara? Non, eran viaxes xa organizados pola asociación, e non tivemos ningún problema.
ENTREVISTA A BORJA Miguel Souto e Alejandro Pedreira (MIPE) son os autores do blog incidencia dorsal (http://idorsal.blogspot.com). En xaneiro deste ano publicaron unha interesante entrevista con Borja Freire, alumno de 2º de Bacharelato. Borja está feito un verdadeiro lutier. El só construíu o baixo que nos mostra na fotografía. “Non son un punki carpinteiro, son un punki sen diñeiro” Entrevista con Borja Freire López (Puto) Reunímonos con “Puto” no primeiro recreo na aula de 1º de bacharelato. Se hai alguén sen medo a ser el mesmo ese é Borja. É un rapaz de dezasete anos que lle encanta a música, de tradición carpinteira na súa familia. Aburrido de tocar co seu baixo decidiuse a construír un.
Tiveches que tomar algunha precaución médica? Si, tes que ir a Sanidade, e hai un departamento (Sanidade Exterior) no que che din as vacinas que tes que poñer, e te avisan por exemplo de que hai que ter coidado coa auga, porque non está en boas condicións. As vacinas que hai que poñerse son a da hepatite, o tétanos... Todo isto débese á pésima hixiene que hai, hai moitísimos piollos, diarreas, e a xente o que quere é marchar de alí. Tes pensado volver? Si, queremos volver a ver a familia de Selenne, a Selenne... tamén a miña filla quere ir. Selenne xa vai cumprir 21 anos, e veu por primeira vez ós 10. Como foi a experiencia cando fuches coa ONG a axudar a Guatemala? Pois chamoume un médico amigo meu dicindo que precisaban unha matrona para unha cousa puntual en Guatemala, onde vive a poboación indíxena, porque houbera un furacán e quedaran sepultados e inundárase todo. Fomos coa Sociedade Española de Medicina de Catástrofes. Traballamos en dúas zonas, e estivemos tres semanas. Como experiencia moi ben, pero aquilo era unha miseria, moi triste. A poboación alí está moi masacrada por todas as guerras. A Nicaragua fun o ano pasado e fomos un mes, tres semanas a traballar e unha de vacacións. Traballamos en tres zonas, fixen asistencia pero fundamentalmente fun facer formación a matronas sen título, que se transmiten coñecementos dunhas a outras. Moitas eran maiores, pero tamén había adolescentes, porque alí hai un índice de embarazos moi altos, e viñan as adolescentes ás charlas cos bebés. Apréndese moitísimo neste tipo de experiencias. Contas con axudas para a viaxe? A Guatemala e Nicaragua a asociación paga o billete e a manutención. Tamén o Goberno pagaba a comida. En que idioma falabades no Sáhara? Falabamos español, alí todos falan español, de feito o pai de Selenne tiña o carnet de identidade español. Manuela e Carlos Vázquez, 3º E.S.O. B 20
MIPE: Por que se che ocorreu construír un baixo? PUTO: Porque non hai diñeiro, e como na miña familia temos tradición carpinteira transmitíronme a tradición e cos útiles do taller que hai na casa púxenme a facer un baixo. M: Tes pensado ser carpinteiro? P: Non, soamente é un pasatempo. Eu non son un punki carpinteiro son un punki sen diñeiro. M: E dedicarte a facer instrumentos? P: Non, só é un pasatempo. M: Que nos contas da túa traxectoria musical? P: No primeiro grupo que estiven foi NESC de Rap, logo ARKA de Punk, e agora estou en BRAINS SPIRED de Hardcore Punk Melódico. Imos participar no certame musical. M: Cando empezaches a escoitar música? P: Levo escoitando rap desde pequeno, dende os 11 anos, e Punk dende os 13.
M: É verdade que a túa afección cara a música empezou cun moniño de xoguete que tocaba o tambor? P: Si, decidín tocar a guitarra pero era demasiado negado, entón busquei un instrumento con menos cordas que puidese tocar con máis facilidade, logo decidín tocar o baixo.
P: Desde que empecei a deixar que o meu pelo brotase vin como os rizos medraban, deixeinos e logo estendeuse por todo o instituto. Todo o mundo deixou crecer o seu pelo de polla (levanta o brazo, emociónase e cáelle unha lágrima mentres ve pasar xente co pelo alborotado, cheo de rizos e mugrientas rastas).
M: Estado civil? P: Arrimado
M: Levouche moito tempo construír o baixo? P: Si, porque o construín en ratos libres.
M: Enfermidades psíquicas? P: Varias
M: Pero, canto? P: Nin idea; supoño que un mes, máis ou menos.
M: Enfermidades físicas? P: Panza (rí)
M: Sacaches pezas do antigo? P: Si. Aburrinme del e como non tiña diñeiro para un novo, fabriqueino.
M: Tes algún sentimento ou tendencia homosexual cara algún membro viril do grupo? P: (Gargalladas) Soamente cando “tocamos” M: Que curso estás a facer? P: 2º de Bacharelato. M: Que tal de notas? P:”Suficientes” (ri) pero tecnoloxía gústame e dáseme bastante ben.
M: É verdade o que se di que lle estás a construír unha guitarra a Patiño? P: Si, estoulle facendo unha estilo “Dean dimefromhell”. Tamén lle estou facendo unha a Juan Soriano (Brains Spired), á que chamamos peneguitar. Despedímonos de Borja, quedando así pendente unha roda humana. Miguel Souto e Alejandro Pedreira, 4º E.S.O. B
M: Que sentes ao saber que es precursor nos pelos afro similares ao vello púbico no instituto?(rímos, el tamén rí)
CERTAME MUSICAL “A MOCIDADE COA NOSA LINGUA” Hai xa tempo que o noso centro vén sendo xerme de actividades musicais non só nas clases de música, senón tamén a través da nosa entusiasta e continuada participación no certame musical intercentros “a mocidade coa nosa lingua”. Así temos grupos musicais consolidados de forte pegada rockeira. O día 24 de abril deste ano estivemos na IX Edición do Certame nun marco incomparable como foi o Teatro Rosalía de Castro da Coruña. O goce e a emoción do resultado final encheu as nosas expectativas.
Cartaz orixinal fase previa: Sara Iglesias
21
CORRELINGUA
2008
Ao igual que en edicións anteriores o alumnado participou masiva e xubilosamente no Correlingua 2008. Como xa dixemos noutra ocasión: “cando falamos, corremos, a lingua vai, corre connosco. Deixámola libre no ar e esta espállase co vento”. SAÍDA AO CORRELINGUA Este ano foi o primeiro que fun ao Correlingua. A verdade, non imaxinei que fora así. É certo que soamente se pode dicir de verdade como é unha cousa cando a ves cos teus propios ollos. Ó Correlingua van, se non todos, a maioría dos institutos preto da zona da Coruña. Por exemplo, este ano, a primeira cidade galega na que se celebrou o Correlingua foi A Coruña, pero a cousa non queda aí, se non que se vai trasladando por toda Galicia, para que todos os rapaces e rapazas poidan participar nesta actividade. Pareceume que o labor do Correlingua é bastante interesante, xa que reivindica o galego como a nosa lingua que é, e tamén a creatividade dos alumnos, e direivos por que. Ademais dunha camiñata dende a Torre de Hércules ata os Xardíns de Méndez Nuñez, onde durante todo ese tempo podes ir cantando pezas tradicionais galegas, charlando cos teus compañeiros, ver xente que case non te acordas dela porque hai moito tempo que non a ves, comentando o que che parece todo iso... cada instituto, leva unha pancarta, feita por un grupo de alumnos, o que aínda fai todo isto máis especial. Ó final da camiñata había un concerto,(non foi o que máis me gustou), onde de paso se elixía a mellor pancarta e sorteábanse mp3, e cousas así. Para min, a mellor era a nosa, e non porque sexa a do noso instituto, (ben, iso tamén), pero e que saltaba á vista. Aínda
Deseño Pancarta e camisetas correlingua: Xulia Vicente e Antía Sotillo
así, non gañou; pero seguro que o ano que vén gaña. A todos nos deron unha camiseta. Durante o camiño houbo xente que a levou posta e outra que non, pero iso é o de menos; o importante é pasalo ben e que o que facemos sirva de algo. Espero repetir a experiencia o ano que vén, e de paso a ver se vai tan bo tempo, coma o que tivemos para ese día. Mª Esther García Santiso, 3º Eso B
Artistas pintores pancarta: Luis Mosquera, Carlos Gómez, Aldán García e Alejandro Gesto 22
PROXECTO EUROPEO COMENIUS Este ano rematou o proxecto comenius que o ies david buján véu desenvolvendo conxuntamente con outros centros europeos. Esperamos que a experiencia fose positiva para o alumnado, pois permitiulle abrirse e coñecer outras realidades educativas e de relación social. Non queremos deixar que esta experiencia morra aquí e pensamos nunha nova iniciativa nos vindeiros anos.
Desde o curso 2005-06 o noso instituto vén desenvolvendo un Proxecto Comenius no que participan xunto co noso outros institutos de Hunedoara (Romanía), Razlog (Bulgaria) e Manchester (Reino Unido). A semana do 16 ó 21de Abril pasado levouse a cabo a derradeira reunión do proxecto en Bulgaria. Profesores e alumnos de Manchester, Romanía, España e Bulgaria, participaron nesta actividade creada con fins culturais e educativos. Do noso instituto participamos dúas alumnas e tres profesores. Polas mañás facíanse excursións para coñecer diferentes lugares de Bulgaria, como Sofia, Razlog, Melnik e Plovdiv, e pola tarde xuntábanse cada alumno co seu anfitrión búlgaro. Sen dúbida foi unha experiencia única que permitiu coñecer outro país diferente en cultura, idioma, relixión, paisaxe e moeda respecto a España. Estas son as nosas conclusións sobre a viaxe:
Tiven moita sorte coa familia, xa que se portaba moi ben comigo e incluso o último día leváronme a pista de esquí. A xente é moi sociable, chamoume moito a atención que na vila se coñecían e tiñan trato con todos. Bulgaria é moi bonito: Razlog está rodeado por altas montañas con cumes nevados, Plovdiv semella un museo ó conservar numerosas ruínas romanas, en Sofia destacan as igrexas protestantes e Melnik é unha boa mestura da beleza das casas cunha verde e espesa vexetación. O feito de estar noutro país con outra lingua obrígache a aprender algunhas palabras como “blagoda’rja”(grazas) “zdra’vej”(ola) ou “do’bre”(de acordo). Foi unha viaxe moi interesante e moi divertida.” “Bulgaria é un país con moita variedade cultural engade Laura – nas montañas había moitas mezquitas e é un país con moita influencia rusa e turca. En Plovdic pódense ver preciosas ruínas romanas que teñen gran interese turístico. Inés Ferreiro Alonso e Irene Caballero García, 1º Bacharelato
“Paréceme unha boa idea que as excursións estiveran organizadas para facelas todos xuntos- di Inés- desta maneira, podías coñecer tamén a xente de Manchester e Romanía. 23
O DÍA DE .... Preocúpanos a todos/as as formas de interación que se dan no centro, daí que a tolerancia, a prática da empatía, a solidariedade ou a colaboración co/a outro/a sexan esencias que definen a nosa de estar e convivir en grupo.
A o longo do curso coincidindo con datas significativas celebramos... O día de: O alumnado de 4º PDC celebramos por segundo ano consecutivo o 16 de novembro o Día Internacional pola Tolerancia . Este curso fixemos unha exposición baixo o titulo de “ poesía e tolerancia”. Había mostras de autores en varias linguas.
24
Convocamos tamén un concurso de ilustración de poemas dirixidos ao alumnado de ESO . Houbo 3 premios e 5 accésits: 1º premio: Melina Sánchez; 2º premio: Silvia España; 3º premio: Mariña Bermúdez; accésits: Loui True, Borja Sabio, Darío Rey, Mauro Oliveira e Daniel Moreira.
Alumnado de 4ยบ PDC 25
Contra o maltrato รกs mulleres
Nadal con Libros
Polos dereitos humanos
26
DĂa dos namorados Xogos Populares
27
EMPRESA XOVE EUROPEA Xa comentamos noutra ocasión o ben que nos vai coa empresa que, grazas ao dinamismo e bo facer do departamento de economía, funciona a pleno rendimento no centro. Vede. Este curso é o segundo ano que alumnos/as do noso centro participan nesta experiencia de iniciativa empresarial, a través do proxecto “Empresa Xoven Europea” no que participan Centros de Ensinanza Secundaria do resto de España e Europa, asesorados pola empresa pública asturiana “Valnalón”, creadora e coordinadora deste proxecto: Participaron:
Alumnado da EMPRESA XOVE EUROPEA vendendo produtos na Feira de Cambre. O alumnado de 1º de Bacharelato participou en : INICIATIVAS EMPRENDEDORAS.
O ALUMNO CARLOS JAVIER GÓMEZ ROBLES, 1º Bach. FINALISTA NO VI PREMIO GALICIA INNOVACIÓN JUNIOR Este certame da Consellería de Innovación e Industria ten como obxectivo estimular o espírito creativo e a capacidade innovadora dos mozos e mozas. Entre as oito propostas seleccionadas de toda Galicia figura a do alumno Carlos Javier Gómez Robles, denominada “VAXEO”, que consiste no deseño dun dispositivo que evita o contacto dos beizos e a boca cos cubos de xeo con que son servidas moitas bebidas evitando así que caian cara á boca cando inclinamos os vasos para dar un grolo. O público ao que vai dirixido son fundamentalmente os establecementos de hostalería. O ALUMNADO DE ECONOMÍA DE 1º BACHARELATO-C, FINALISTAS NO CONCURSO DA AULA VIRTUAL DO BANCO DE ESPAÑA CURSO 2007-2008 O Banco de España, consciente da importancia que ten para o desenvolvemento dun país a educación financeira, desenvolveu un portal educativo denominado Aula Virtual, cuxos destinatarios son principalmente a mocidade. Como parte do proxecto, o Banco de España organiza un concurso escolar para o alumnado de Bacharelato. Tras superar a primeira fase do concurso (unha proba obxectiva), os/as alumnos/as do noso centro clasificáronse entre os 25 equipos finalistas de toda España. A segunda proba consistiu no desenvolvemento dun ensaio expositivo sobre o tema proposto: “O Banco de España e o Eurosistema: 10 anos de estabilidade”
UN GRUPO DE ALUMNAS DE 1º Bach. C FINALISTAS NO CONCURSO PLAY! DESAFÍO PARA NOVOS EMPRENDEDORES ORGANIZADO POR CAIXANOVA Play! Desafío para Novos Emprendedores é un concurso de xestión empresarial que Caixanova desenvolveu para fomentar a vocación emprendedora entre os estudantes de Bacharelato de toda Galicia e Norte de Portugal. Este curso, na súa 2ª edición, participaron máis de catrocentos equipos de centros de secundaria de Galicia e Portugal.
Todos os membros dos equipos finalistas das catro provincias galegas e Portugal. O noso alumnado recollendo o premio 28
CICLO CONFERENCIAS A conferencia de empresarios de galicia (ceg) e a lingua galega. Dentro do proxecto deste ENDL está o traer ao centro tantos cantos máis aspectos da realidade do contorno sexa posible. Xa comentamos que pretendemos un ensino global e significativo. Nesta ocasión a CEC (confederación da coruña), a través da técnica encargada do servizo de normalización lingüística, Dna. Mar González Tarrela, tivo a xentileza de impartir unha charla-conferencia na que salientou aqueles aspectos que a lingua galega pode aportar como valor para o proceso de venda dos bens que os integrantes da CEC ofertan á cidadanía. O GALEGO NA EMPRESA O pasado 18 de decembro recibimos a visita de Mar,unha rapaza que se encarga do servizo técnico de normalización lingüística da CEC (Confederación de Empresarios da Coruña). Ela foi a encargada da darnos unha charla sobre os servizos da CEC, así como, de explicarnos en que consistía e que campos abranguía, ademais de outras curiosidades. A CEC é unha organización empresarial de carácter intersectorial e ámbito provincial constituída para a coordinación, representación, xestión e defensa dos intereses empresariais, e que está integrada por asociacións de carácter sectorial ou comarcal. No seu seo acolle a máis de 10 mil empresas de todos os sectores produtivos. A CEC conta cun centro de formación e mais cun Servizo de Normalización Lingüística (SNL), que ofrece a seguinte páxina de contacto: www.normalización.ceg.es Entre os obxectivos do SNL da CEC están o de promover a incorporación do uso do galego entre as empresas e as organizacións empresariais , mellorar a calidade lingüística mediante o asesoramento e a formación ou impulsar accións orientadas a dinamizar a presenza do galego neste ámbito. Á súa vez este ofrece novos servizos de atención telefónica (902251725),de Asesoramento Lingüístico, de dinamización e mais de formación.
Durante a charla proxectáronse diapositivas nas que se mostraban as porcentaxes do uso do galego nos diferentes ámbitos da empresa, así como das consecuencias que o mesmo uso supoña. Falouse tamén da presenza do galego na publicidade e reflexionouse sobre o uso do galego nos negocios. Ademais demostráronse tópicos como os argumentos máis comúns para a xustificación dalgunhas empresas para non usar o galego. Algunhas empresas que xa o utilizan e ás que lle vai ben son por exemplo Alcampo, papelería Xaquín, Xanela Arquitectura… Ao final chegouse á conclusión de que o proceso de normalización do galego no eido económico-empresarial é un proceso ralentizado e de impacto reducido, no que apenas se rexistran avances significativos. Dos estudos realizados dedúcese que os poucos avances que se detectan non conseguen consolidar situacións de normalidade para a lingua galega, o cal obriga a que nos cuestionemos seriamente a eficiencia do proceso de normalización e a necesidade de poñer en marcha no futuro novas e máis eficaces medidas normalizadoras. Ester Pardo Gándara ,2º Bach. A
29
CENTENARIO DO HIMNO GALEGO Aquí estamos moitos de nós, non todos os que así o quixeron por falta de espazo, rendindo unha merecida homenaxe aos creadores do noso himno no seu centenario. Pretendemos con este pequeno e emotivo acto recuperar o que no seu momento non foi posible polas circunstancias políticas e lingúisticas da época. Que as nosas voces ese día sexan un nó de unión que traspasando o tempo traia ata o momento presente todos os soños, esperanzas e desexos daqueles bos homes e mulleres que no exilio cantaron á nosa terra.
Letra orixinal de 1890 (Primeiro texto que se publicou d’Os Pinos, que apareceu o 22 de maio de 1890 no folleto coas obras presentadas ao certame musical convocado polo Orfeón nº 4 da Coruña que dirixía Pascual Veiga).
30
Que din os rumorosos Na costa verdecente, Ó rayo trasparente, Do prácido luar...? Que din as altas copas D’escuro arume arpado, Co seu ben compasado, Monótono fungar...?
Os boos e generosos, A nosa voz entenden; E con arroubo atenden, O noso rouco son; Mas, sós os ignorantes, E férridos e duros, Imbéciles e escuros No-nos entenden, non.
Do teu verdor cingido, É de benígnos astros, Confin dos verdes castros, E valeroso clán, Non dés a esquecemento, Da injuria o rudo encono; Despérta do teu sono, Fogar de Breogán.
Os tempos son chegados, Dos bardos das edades, Q’as vosas vaguedades, Cumprido fin terán; Pois donde quer gigante, A nosa voz pregóa, A redenzón da bóa Nazón de Breogán.
I.E.S.
D
A
C A
V
I
D
B
B
U
J
Á
R E
N
IMPRENTA
AyR DISEÑO GRÁFICO - OFFSET - IMPRESIÓN DIGITAL SELLOS DE CAUCHO - SERIGRAFÍA TAMPOGRAFÍA - ROTULACIÓN La Rocha 1, Anceis - 15181 Cambre (A Coruña) Tel.: 981 67 48 90 - Fax: 981 65 60 11 - Móvil: 677 59 97 59 creativos@imprentaayr.com - www.imprentaayr.com
Concellería de Cultura Concellería de Educación