O falar das ondas

Page 1

Normalización e dinamización lingüística Nº 8 Xuño 2010

IES DAVID BUJÁN


SUMARIO

Agradecementos ................................................................................páx. 3 Os pequenos chegan ao centro ..........................................................páx. 3 Obradoiro da Madeira ........................................................................páx. 4 Viñéronnos visitar ................................................................................páx. 5 O alumnado de 3º da ESO denuncia a violencia ................................páx. 6 Investigamos: o peso das mochilas ..................................................páx. 11 A mocidade coa nosa lingua ............................................................páx. 12 Gozando coa natureza ......................................................................páx. 12 Uxío Novoneyra inspirounos ............................................................páx. 14 Debuxamos os poemas de Uxío ......................................................páx. 18 De Sigrás a Novoneyra ....................................................................páx. 20 Sementeira ........................................................................................páx. 22 Luís Seoane: centenario ..................................................................páx. 22 A familia vén ao insti ........................................................................páx. 24 Para reflexionar ................................................................................páx. 25 Certame literario ..............................................................................páx. 26 Despedimos a ..................................................................................páx. 28 Un día en galego ..............................................................................páx. 30 Última hora ........................................................................................páx. 31 Despedida ........................................................................................ páx. 31

2


Agradecementos: Dende o Equipo de normalización e dinamización lingüística queremos que O Falar das Ondas sexa un anuario das actividades que realizamos para normalizar e dinamizar a lingua galega, e daquelas nas que colaboremos En primeiro lugar temos que darlles ás grazas ás familias que estiveron sempre dispostas a colaborar con nós (nais, pais, avoas, avós...) e á ANPA que nos apoiou en moitas das actividades que levamos a cabo. Dende aquí queremos agradecer o traballo de todo o alumnado, a súa disposición, o esforzo, o tempo. Grazas a todas e a todos e seguide a traballar pola lingua e pola cultura galegas. Non podemos deixar de amosar a nosa gratitude a todos departamentos que en maior ou menor medida colaboraron con nós, en especial os de plástica, educación física, música e tecnoloxía. Queda moito no tinteiro porque foron moitas as actividades que fixemos, máis a selección que aquí vai queremos que sexa unha benvida e un adeus e tamén un ata logo porque o curso próximo está aí e xa andamos matinando en novas actividades que levar a cabo. Esperamos vervos o ano que vén, gozade do verán e falade galego, é o mellor que se pode facer para normalizar e dinamizar a lingua. Contamos con vós!

Os pequenos chegan ao centro

1º ESO B

1º ESO A

3


Obradoiro da madeira

José Otero explica, diante da exposición, como se poden facer traballos con papel e rematalos coa madeira.

Fernando Vigo ensínanos como se fai un punteiro.

Fernando Vérez amósanos diferentes buxainas, algunhas de milímetros.

4


Viñéronnos visitar

Anxo fariña, autor d’Os Megatoxos e A Monstroescola

Santiago Jaureguízar, autor de Salitre

Paula Carballeira, autora d’O lobishome de Candeán

Xoán babarro, autor de Do A ao Z con Pondal

5


O alumnado de 3ยบ de ESO denuncia a violencia

6


7


8


9


10


INVESTIGAMOS: O peso das mochilas Había poucos días que estiveramos falando na clase sobre a nova forma de levar as mochilas ás costas e o dano que pode provocar se levamos moito peso. Parece algo raro pero a nova tendencia de levar as cousas “caídas” estase a estender por todasas partes. Agora non son só os pantalóns dos mozos, que os teñen tan abaixo que é como se non levasen cinto, e hai que ver os calzóns como se iso formase parte da indumentaria habitual, senón tamén a moda de ir ao cole levando as maletas máis abaixo de media espalda. E nós preguntámonos: non será iso prexudicial para nós mesmos? Por iso fixemos un estudo entre os nosos compañeiros de instituto sobre o peso das mochilas para comprobar se realmente estas están acordes co peso do alumno e se isto pode ou non traer consecuencias físicas prexudiciais, xa que sabemos que se levamos poucos libros ao cole non pasa nada, pero normalmente, levando todos os que debemos utilizar nun día de clase, a mochila pesa, e mira que pesa! Nós temos un compañeiro de clase que sempre os trae todos, ou só os que tocan no día, e podo dicir que é realmente abusivo, tendo en conta que o peso da súa mochila é un 40% do seu peso corporal. E así pasa cos alumnos aos que estudamos: puidemos comprobar que as porcentaxes son bastante elevadas; neste caso, un 37% dos alumnos levan o peso adecuado das mochilas, mentres que o 63% restante non o levan. Isto quere dicir que algo anda mal e é que a maioría dos nenos e mozos que van ao colexio corren o risco de padecer serios problemas de saúde, principalmente lesións de costas, debido ao sobreesforzo e á fatiga muscular, ademais da dor de costas, ombreiros e pescozo. Pero a pesar de que as mochilas pesadas no crean danos a longo prazo en ósos e músculos polo uso constante, si representan un risco máis obvio. “Se os nenos cargan mochilas cuns 18 kilos e pesan uns 35 kilos, poden caer ou non ter estabilidade para balancearse ao longo do día, facerse dano nos pulsos, brazos, ou pernas ou peor”. Segundo apunta o médico William Hennrikus, pediatra e ortopedista da American Academy of Pediatrics: “Non é aconsellable que o neno cargue na mochila máis do 10% do seu propio peso”. Segundo un estudo, máis dun 60% das nenas padecen dor de costas a causa do sobrepeso das mochilas. Neste sentido ten algo que ver a constitución. Nenos e nenas deben levar o mesmo material escolar ao colexio e xa que logo, o mesmo peso; tendo en conta que a fortaleza física é distinta, é obvio que o problema incide máis nas nenas. O mellor de todo sería encontrar solucións a este tema e as máis comúns e cercanas a nós que propoñen os expertos son as seguintes: o libro electrónico, usar mochilas con correas anchas e acolchadas, o carriño ou os taquilleiros son algunhas das medidas propostas para dar solución ao exceso de peso nas mochilas dos escolares. Tamén o labor entre pais e profesores é moi importante e fundamental para atopar unha vía e esta é, sen dúbida, o reparto do material escolar de maneira axeitada, pois tanto uns coma os outros teñen que buscar o que resulte bo para a saúde dos rapaces e isto pódese atopar afrontando o problema e poñéndolle remedio a tempo. Giselle Jonte Métodos estatísticos e numéricos 11


A mocidade coa nosa lingua O xoves 15 de abril celebrouse no auditorio de Arteixo o certame musical A MOCIDADE COA NOSA LINGUA, no que participaban distintos institutos da bisbarra. Este ano participamos co grupo Sorrisos de Lúa formado por Sara, Lucía, Helena, Ainhoa e Lucía do CEIP Brexo Lema. Cantaron un arrolo, “Canción de berce para unha princesa triste”, e unha canción tribal, “Samba Lelé”. Parabéns polo traballo, polo esforzo, pola actuación, por ser como sodes. Seguide así!!!!

Lucía, Sara, Ainhoa e Helena.

Gozando da natureza O 26 de abril fixemos esta magnífica saída. Marisa, grazas por dedicarnos este día tan fermoso.

En Betanzos, comezando a visita ao parque do Pasatempo

12


Paseando polo Pasatempo

En Chelo, confundíndonos coa natureza

Sorteando obstáculos na fraga de Chelo á beira do río Mandeo

13


Uxío Novoneyra inspirounos A partir dos versos de Novoneyra fixemos as nosas composicións.

Paula Soriano (1º Bac C)

14


Sempre fun utilizado e xulgado mal dende pequeno, nunca me deixaron falar nin contar o que en realidade pasaba, todo o mundo me dicía: " Xoan cala que ti non entendes". Fun crecendo e seguiu pasando o mesmo. Un día decidín acabar con todo, non compartir as miñas ideas nin pensamentos. Todo o mundo pensaba que era raro, que non sabía nada, pero en realidade non me coñecían o suficiente. Chegaron uns novos rapaces ao instituto e fixéronme a vida imposible. Un día decidín acabar con todo, collín un coitelo e sen dicir nada, coma sempre, acabei con todo o mundo que me criticaba. Meus pais pensaron que me volvera tolo e internáronme nun centro psiquiátrico e aquí estou só coma sempre, encerrado e amarrado pensando en que tal vez fora o mellor que me puidera pasar. Xa pasaron cinco anos desde que decidín acabar con todo definitivamente. Collería o primeiro que encontrara a man cando a enfermeira entrara e cun simple golpe, sen falar nin queixarme, acabaría coa miña vida. Sería o mellor para todos. Escríboo porque cando estea morto xa non poderei contar a historia da miña vida. Laura Noya (2º ESO A)

De tanto saber xa ignoro eu só. De tanto camiñar xa voo eu só. De tanto razoar xa toleo eu só. De tanto esquecerse xa recordo eu só. De tanta trola só queda o amor. De tanto realismo só queda a imaxinación. De tanta comedia só queda a ciencia-ficción. Celia Bello (2º ESO A)

Só lembrar é volver cando se lembran soños Adoito deitarme para poder chegar a un novo mundo, para lembrar cousas esquecidas, para soñar as respostas ás miñas preguntas, en fin para volver. Esperto para saber o que aconteceu todo ese tempo ao meu redor, deime de conta, que non sempre me esperto para iso, porque por moi raro que pareza, ás veces só esperto para poder volver ao meu mundo, ese mundo real que nos pareza inxusto ás veces. Lembro que cando era un neno, corría e corría sen preocupacións, tal vez nesa época fora un ignorante, mais a min gustábame ser así. A única preocupación que tiña era a de ver os meus debuxos favoritos, ou ir xogar cos meus amigos. Teño a sensación de que lembro para poder volver, porque só cando lembras os teus propios soños volves, porque lembras as alegrías e as penas, os días bos e os días malos, o branco e o negro, o amor e o odio, a xustiza e a inxustiza, o real e o fantástico, o mundo no que vives e no que queres vivir.... En fin, unha chea de cousas que saen dos meus pensamentos e soños para volver. Celia Bello (2º ESO) 15


Chove para que eu soñe Soñando estou e soñando vexo os teus ollos verdes, os teus labios, o teu andar latente. Como sorriso de fondo a chuvia bate nos cristais. Sonñando estou e soñando vexo o teu corpo firme, o teu corazón aberto. Soñando estou e non quero espertar, pois se o fago teño medo de non verte máis. A lúa ilumina a miña alma, as estrelas o meu pesar e a chuvia é o ritmo que lle dá compás. Soñando estou... non quero espertar sempre e cando o teu amor non o faga ao carón doutro rival. Juan Bouzas (ESA)

Sen ti non vivo sen ti morro cando te vexo sáeme un sorriso tonto cando bailas para min toleo toleo, porque cando ti bailas fasme libre. Laura Tubío (2º ESO B)

Bailas e fasme libre Bailas e fasme libre, cantas e fasme chorar cando ris e para que soñe cos teus beizos ao bailar. Cando me fas pensar non podo evitar pensar nos teus beizos, e póñome a chorar. Tatiana Cambre (2º ESO B)

Chove para que eu soñe cun lugar deserto e caloroso onde case nunca chove, só uns poucos días ao ano. Un lugar onde se te queres mollar tes que percorrer varios quilómetros ata atopar unha charca con auga. Neste lugar sempre brilla o sol sen dar tregua e unha pequena sombra pódete salvar dunha morte lenta e agónica. Este é un lugar que cando levas tempo empezas a querer soñar con ese outro lugar onde sempre chove. Rubén Quintela (ESA)

De tanto calar, xa falo eu só Penso demasiado nas cousas que dicir,quero dicilas pero non sei por onde empezar,isto non pode seguir así, suponse que as cousas son demasiado fáciles pero son do mais difíciles para min sinto moitas cousas inexplicables con palabras, non me apetece mostralas, por agora seguirei calada. Begoña Espiñeira Sicre 2º ESO B 16


Centón: collemos un verso de aquí e outro de acolá e temos: Baixa o lobo polo ollo do bosco preso no silencio antergo dos tesos ruxindo na folla dos carreiros aló no fondo dos cousos

Anda o vento ceibe polos eidos, chove pausiño pras sombras. Canta o paxariño preso no silencio antergo dos tesos.

Voan as aigas cas áas abertas esperdigadas eiquí i aló pola serra en busca dunha valiña outa que as acolla nun soño d'idas e voltas Levando a sombra polas penas brancas, ven a noite polos eidos cara a Cernadad, cara o Pumar.

Eu son esto que vexo e que me vei, camiñando cara un sitio aonde nunca foi nadie. Esta tarde o aire e meu amigo, Chove pra que eu soñe...

Simón (1ºBach C) Chove pausiño pras sombras chove pra que eu soñe vaise vaise fentos secos de Inverno!

Caìan as follas dando voltas, pra logo non ser nada. De tanto calar xa falo eu solo chegarei a non ser ninguén. Marta (1º Bac C)

Cai a neve cai cai neva venta e fai fume nevar a copo tendido coa cara pegada Chove maina e calada neva xa pola ladeira sabemos que ti podes ser outra cousa sólo home solo solo solo Os soños na sombra e vai rubindo mentral'o quedo mirando pouco a pouco de tanto calar xa falo eu solo... Andrea (1º Bac C)

17


Debuxamos os poemas de Uxío

Antía (1º ESO B)

Carla e Ailen (1º ESO A)

Uxía (2º ESO B) 18


Darío (4º PDC)

Lucía (2º ESO A)

Paula S., Leticia, Tamara, Iria e María (1º ESO B) Mauro (3º ESO A)

Paula G. (1º ESO B) Alessandro (2º ESO A) 19


De SigrĂĄs a Novoneyra

Ordenando os relevos para compoĂąer os poemas.

Pegando os poemas no taboleiro.

20


Unha pesca diferente: globos cos versos de Uxío Novoneyra.

Reconstruíndo o poema despois da pesca para poder recitalo.

Procurando a palabra fuxida.

Grazas, Loli, por estas actividades tan divertidas. Non pensabamos que coa poesía se puidese pasar tamén. 21


Sementeira

A Escola de Música e Banda Sementeira de Cambre colaborou con nós na homenaxe que lle fixemos a Uxío Novoneyra con música e recitado de poemas.

LUIS SEOANE: Centenario

O alumnado de 4º da ESO facendo gravados.

22


2ยบ da ESO comezando o gravado.

Visitamos a Real Academia Galega.

23


A familia vĂŠn ao insti

Mari Carmen e Mari Paz

Ana

Manuel

24


Para reflexionar Non amainaba o vento outonal que sacudía os castiñeiros, os ourizos rodaban polo chan esperando que sacaran as castañas tan prezadas do seu interior. Como todos os outonos, os avós e mais os pequenos corrían e xogaban para atopar a castaña grande do monte. - Avoa!!! Mira esa… e aquela!!! Eran os berros que resoaban por toda a arboleda. Os avós xa estaban cansos de correr tras os nenos así que, a iso das seis, o bosque recobraba a súa quietude e melancolía. Claro que isto era nos meus tempos, agora os meus prezados bosques convertéronse en altas urbanizacións. Son o castiñeiro máis vello de Galiza, só aló polas montañas de Lugo, poderás atopar soutos con castiñeiros máis vellos ca min. Os meus fillos, ningún deles conseguiu quedar na terra, todos foron recollidos para o magosto pero... ningún sobreviviu. Haberanme talar pronto, así que contarei a miña histora antes de que a escavadora se achegue a min:

Cando os eucaliptos eran escasos nas arboredas dos montes galegos, eu e mais os meus irmáns caemos ao mol chan dentro do nos preciado ourizo. Os seus inqulinos loitan por saír ao exterior para non acabar nas fogatas das festas. Eu conseguín saír do ourizo antes do normal, sempre fun un castiñeiro inmenso, así que supoño que a miña saída prematura se debeu a que tiña un tamaño prominente. O que ocorreu ese día foi estraño, pois non é habitual o que vou contar. O humano chamado Rodrigo Rodríguez Lousada ou, vulgarmente, o Zanfón, colleume nas enrugadas mans, miroume fixarmente e díxome “Juana?”. Levoume para a súa casa e, en lugar de furarme para asarme, limpoume con agarimo, podería dicirse. Á mañá seguinte espertei nun buraco baixo terra, pero lembro ter escoitado unhas palabras do Zanfón mentres durmía: “Ai, Juaniña, por que che tocaría ser castaña? En gacela te merecías reencarnar”. O resto xa non o conto porque a escavadora xa chegou. Águeda Paz Pombar (1º ESO B)

25


Certame literario O día 27 de maio tivo lugar a entrega dos premios do XVII Certame literario. O xurado estivo integrado por: Amelia Sánchez Pérez, profesora de galego do IES Alfonso X O Sabio; Carme Fernández Rodríguez, profesora de galego do IES Alfonso X O Sabio; D. François Davo, profesor de francés do IES Alfonso X O Sabio; María do Mar Hermida Pico, profesora de galego do IES David Buján e Dª María Pilar Paz Delgado, dinamizadora cultural do Concello de Cambre. Contamos coa presenza da concelleira de Cultura, Arita Prado Arcay, e o pintor, autor do cadro do cartaz, Jorge Peteiro. Logo da correspondente deliberación, o xurado acordou propoñer a concesión dos seguintes premios:

26


ParabĂŠns!!!! 27


Despedimos a:

1ยบ BACH A

1ยบ BACH B 28


1ยบ BACH C 29


Un día en galego ƉƌĞŐƵŝnjĂ ŵĂƚƵƚŝŶĂ ĚŽ ŵĞƵ ̺à ĞŶ ŐĂůĞŐŽ ĨŽŝ ƐŝůĞŶĐŝŽƐĂ Ğ ŶŽŶ ĚŝdžĞŶ ƵŶŚĂ ƐŽĂ ƉĂůĂďƌĂ ĂƚĂ ĐŚĞŐĂƌ Ą ĐŽĐŝŹĂ͗ ͲKůĂ ŵĂŵĄ͊ͲĚŝdžĞŶ ĞƵ ͕ ĐƵŶ ĂŐĂƌŝŵŽ ĚƵƌŵŝĚŽ ŵĂŝƐ ĐŽŶ ďŝĐŽ ŝŶĐůƵşĚŽ͘ Ͳ Ś͕ ĞŶƚŽŶĐĞƐ ŚŽLJ ǀĂ Ă ƐĞƌ ƚƵ ̺à ĚĞ ŚĂďůĂƌ ĞŶ ŐĂůůĞŐŽ͙ͲĚşdžŽŵĞ͕ ĐƵŶŚĂ ƚŽŵĂĚƵƌĂ ĚĞ ƉĞůŽ ƐƵƉĞƌŝŽƌ Ă ŵŝŶ͖ƉŽƌƋƵĞ Ă ĚşĂ ĂŶƚĞƌŝŽƌ ƉŽůĂ ŶŽŝƚĞ ƚşŹĂůůĞ ĚŝƚŽ ƋƵĞ ŵĞ ĨĂůĂƐĞ ĞŶ ŐĂůĞŐŽ ƉĂƌĂ ŶŽŶ ŵĞ ƚƌĂďƵĐĂƌ͘ ͲYƵĠ ƋƵĞƌĞƐ ĚĞ ͞ĚĞƐĂŝƵŶĂƌ͍͟ ͲDĂŵĄ͕ ŶŽŶ Ġ ͞ĚĞƐĂŝƵŶĂƌ͕͟ Ġ ĂůŵŽƌnjĂƌ͊ ͲyĂ Ž ƐĞŝ ŵƵůůĞƌ͕ ĞƐƚĂďĂ ƚŽŵĄŶĚŽĐŚĞ Ž ƉĞůŽ͊ Ğ Ăş ĞŶ ĂĚŝĂŶƚĞ͕ Ž ̺à ƚƌĂŶƐĐŽƌƌĞƵ ŶŽƌŵĂů͕ ƉŽƌƋƵĞ ŽƐ ŵĞƵƐ ĐŽŵƉĂŹĞŝƌŽƐ ƐĂďşĂŶ ƋƵĞ ƚŽĚŽƐ ƚŝŹĂŵŽƐ ƵŶ ̺à ĞŶ ŐĂůĞŐŽ Ğ ŶŽŶ ĨŝdžĞƌŽŶ ĐŽŵĞŶƚĂƌŝŽƐ ĂŽ ƌĞƐƉĞĐƚŽ͘ WŽůĂ ƚĂƌĚĞ͕ ƚŝŹĂ ĂƚůĞƚŝƐŵŽ Ğ ĐĂŶĚŽ ŵŽŶƚĞŝ ŶŽ ĐŽĐŚĞ ĚĂ ŵŝŹĂ ĐŽŵƉĂŹĞŝƌĂ ;ƋƵĞ ŵĞ ůĞǀĂ ĄƐ ǀĞĐĞƐͿ ĚşdžĞŶůůĞ ƋƵĞ ŚŽdžĞ ĞƌĂ Ž ŵĞƵ ̺à ĚĞ ĨĂůĂƌ ĞŶ ŐĂůĞŐŽ͘ KďǀŝĂŵĞŶƚĞ͕ ƉƌĞŐƵŶƚŽƵŵĞ ƐĞ ĞƌĂ ƉŽƌ ǀŽŶƚĂĚĞ ƉƌŽƉŝĂ ŽƵ ƉŽƌ ŽƵƚƌĂ ĐŽƵƐĂ͕ Ğ ĞdžƉůŝƋƵĞŝůůŽ͘ ƐƷĂ ŶĂŝ Ġ ŐĂůĞŐĂ ĨĂůĂŶƚĞ͕ Ğ ŶŽŶ ŶŽƚŽƵ ŶĂĚĂ ƌĂƌŽ ƉŽƌƋƵĞ ĐŽŶ ĞůĂ ƐĞŵƉƌĞ ĨĂůŽ ŐĂůĞŐŽ͘ EŽ ƚƌĂdžĞĐƚŽ͕ Ă ŵŝŹĂ ĂŵŝŐĂ ƉƌĞŐƵŶƚŽƵŵĞ͗ Ͳz͕ ƚƷ ŶŽ ĐŽŶŽĐĞƐ ůĂ ƌŝƐĂ ĞŶ ŐĂůůĞŐŽ͍Ͳ;ĚşdžŽŵŽ ĞŶ ĐĂƐƚĞůĄŶ ƉŽƌƋƵĞ ŶŽŶ ƐĞŝ ƋƵĠ ŵĂŶşĂ ůůĞ ƚĞŶ ĂŽ ŝĚŝŽŵĂ͙Ϳ ĐŽŶƚĞƐƚĞŝůůĞ ĂďƌĂŝĂĚĂ͗ Ͳ ƌŝƐĂ ĞŶ ŐĂůĞŐŽ͍ ƋƵĞ ƚĞ ƌĞĨŝƌĞƐ͍ ͲdƷ ŶŽ ƐĂďĞƐ ƋƵĞ ůŽƐ ĚĞ ůĂ ĂůĚĞĂ ƐĞ ƌşĞŶ Ă ĐĂƌĐĂũĂĚĂƐ͍ ͲDŝƌĂ ͲĐŽŶƚĞƐƚŽƵůůĞ Ă ƐƷĂ ŶĂŝ ŝŶĚŝŐŶĂĚĂͲ ĞƵ ƐŽŶ ĚĞ ĂůĚĞĂ͕ Ğ ŶĂ ŵŝŹĂ ĂůĚĞĂ ŶſƐ ƌŝŵŽƐ ĐŽŵĂ Ž ƋƵĞ ƐŽŵŽƐ͕ ƵŶŚĂƐ ƉĞƌƐŽĂƐ ƌƵƌĂŝƐ Ğ ĐŽŶ ƉŽƵĐŽƐ ĐŽŹĞĐĞŵĞŶƚŽƐ͕ ƉĞƌŽ ƉŽůŽ ŵĞŶŽƐ ƐĂďĞŵŽƐ ͞ĐŽŵƉĂƌƚŝƌĞ͟ Ğ ͞ǀŝǀŝƌĞ͟ ĐŽŵĂ ĞƵƐ ŵĂŶĚĂ͊ ŝĂŶŝŹĂ͕ ŶŽŶ ƐĞŝ ƋƵĞŶ ĐŚĞ ĞŶƐŝŶŽƵ ĞƐĂ ĨĂůƚĂ ĚĞ ƌĞƐƉĞĐƚŽ Ą ŶŽƐĂ ůŝŶŐƵĂ͕ ƉĞƌŽ ĚĞŶĚĞ ůŽŐŽ ĞƵ ŶŽŶ ƚĞ ĞĚƵƋƵĞŝ ĂƐş͊ yĂ ƌĞŵĂƚĂĚŽ Ž ƚƌĂdžĞĐƚŽ͕ ĐŚĞŐĂŵŽƐ Ą ĂĐƚŝǀŝĚĂĚĞ Ğ Ă džĞŶƚĞ ŶŽŶ ƐĞ ĞƐƚƌĂŹŽƵ ĚĂ ŵŝŹĂ ƚĂƌĞĨĂ͕ ƐŝŵƉůĞŵĞŶƚĞ ŵĞ ĂĐŽŶƐĞůůŽƵ ŶŽŶ ĨĂůĂƌ ŐĂůĞŐŽ ƋƵĞ ƚŽƚĂů ŶŽŶ ŵĞ ǀşĂ Ă ƉƌŽĨĞ͙ Ƶ͕ ŶŝŶ ĐĂƐŽ͘ Ž ĐŚĞŐĂƌ Ă ŶŽŝƚĞ͕ ĐŽŵƉƌĞŶĚşŶ Ž ƋƵĞ ƉƌĞƚĞŶ̺à à ŶŽƐĂ ƉƌŽĨĞƐŽƌĂ ĐŽŶ ĞƐƚĞ ƚƌĂďĂůůŽ͗ĨĂĐĞƌŶŽƐ ĐŽŵƉƌĞŶĚĞƌ Ž ƋƵĞ͕ ̺à à ̺Ă͕ ǀŝǀĞŶ ŽƐ ŐĂůĞŐŽ ĨĂůĂŶƚĞƐ ŶĂ ƌƷĂ͕ ŶĂ ĐĂƐĂ Ğ ĞŶ ƚŽĚŽƐ ŽƐ ƐŝƚŝŽƐ͖ ƵŶ ĚĞƐŝŶƚĞƌĞƐĞ ƚŽƚĂů ƉŽƌ ƉĂƌƚĞ ĚĞ ŵŽŝƚşƐŝŵŽƐ ' > 'K^ ' > 'K^ ƉŽůĂ ƐƷĂ ůŝŶŐƵĂ͕ Ğ ƋƵĞ ĚĞďĞŵŽƐ ƉƌŽƚĞdžĞůĂ͕ ' > 'K^ ĐŽŝĚĂůĂ Ğ ĚĞĨĞŶĚĞůĂ ƚĂŶƚŽ ŽƵ ŵĄŝƐ ĐĂ ĐĂůƋƵĞƌĂ ŽƵƚƌĂ͕ ƉŽƌ ƋƵĞ͕ ĂƐ ůŝŶŐƵĂƐ ĨĂůĂĚĂƐ ƉŽƌ ŵŝůůſŶƐ ĚĞ ƉĞƌƐŽĂƐ ŶŽŶ ŶĞĐĞƐŝƚĂŶ ƉƌŽƚĞĐĐŝſŶ͕ ƉĞƌŽ ĂƋƵĞůĂƐ ĨĂůĂĚĂƐ ƉŽƌ ƵŶŚĂ ƉĞƋƵĞŶĂ ĐŽŵƵŶŝĚĂĚĞ͕ ĐŽŵŽ Ġ Ž ŐĂůĞŐŽ͕ ƐŽŶ ĄƐ ƋƵĞ ĚĞďĞŵŽƐ ĚĞĚŝĐĂƌůůĞƐ ŵĄŝƐ ĞƐĨŽƌnjŽ͕ Ğ ĂşŶĚĂ ƉŽƌ ƌŝďĂ͕ Ž ŐĂůĞŐŽ Ġ EK^K͘ EK^K͘ EK^K͘ ŝŶŚŽĂ WŽƌƚŽƐ /ŐůĞƐŝĂƐ ϭǑ ŝŶŚŽĂ WŽƌƚŽƐ /ŐůĞƐŝĂƐ ϭǑ 30


Despedida Non tivera a oportunidade de traballar neste instituto e agora que pasou o curso semella que levo aquí anos e anos. Non fora nunca coordinadora de normalización e dinamización lingüística. Non colaborara con tantos departamentos a prol da lingua galega. Non son moi dada ás despedidas porque sempre choro. Éche o que hai!!!! MAIS Si que volvería ao David Buján cos ollos pechados. Si que volvería a ser coordinadora se mo propuxesen. Si que volverei a colaborar cos diferentes departamentos a prol da lingua galega. Si que me vou despedir porque aínda que chore é o que quero facer: • 1º ESO B: non cambiedes, fixestes que me sentise moi orgullosa de compartir este tempo con vós. • 1º ESO A, seguide así, facedes que os problemas sexan menos problemas e sempre arrincades un sorriso. • 1º BAC C, non me deixastes ser como me gustaría pero aínda así foi un pracer compartir este curso con vós. • Chelo: que saboroso! Seguirei catando... • Aurora: que faría eu sen os teus cafés!!! • Carmen e Ángeles: que faría sen o voso apoio técnico E en especial aos meus mosqueteiros: • Xoán: cando sexa maior quero ser coma ti. E ademais... o badminton non se nos dá mal! • Pilar: sorriso perenne de té con sabor a mamá de palabra precisa. • Loliña: que faría eu sen ti? Un Calameo ou un googlemap ou esta actividade para... ou no pavillón con... ou ... ou ... ou ... Mª do Mar Hermida Pico Coordinadora do equipo de normalización e dinamización lingüística

Última hora Ola, somos Carmen Taibo Barbeito, Ana Rodríguez-Losada Súarez-Pumariega e Ainhoa Portos Iglesias de 1º E.S.O. B. e o 12 de xuño fomos á final do XII premio Luis Freire. Presentamos o noso traballo : ”Cal é o volume dunha gota de auga?” no salón de actos da Domus. Tocounos expoñer o noso traballo en segundo lugar, e despois das intervencións dos outros catro finalistas, o xurado retirouse a debater a clasificación. Tras unha longa espera, en que visitamos as instalacións da Domus, chegou o momento da verdade: o xurado entrou no salón, e despois dun discurso da concelleira de cultura da Coruña, dixeron os resultados: cada vez ían quedando menos premios, cando chegamos ao segundo premio e criamos rebentar cos nervios, o nome do traballo... non era o noso! Non o podiamos crer: quedaramos primeiras. Outorgáronnos unha viaxe cultural a Asturias e unha subscrición á revista “Muy Interesante”. Unha vez pasados os nervios, queremos agradecer ao noso profesor de Ciencias Naturais, Manuel Cid, o seu apoio e a súa colaboración para facer este traballo, e á nosa titora que nos deixase as súas clases para traballar e que nos acompañase na nosa exposición. 31



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.