A POSICIÓN DOS PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS

Page 1

RECORDATORIO: A posición do pronomes persoais átonos (clíticos) O trazo máis característico do pronome persoal é a existencia de formas diferentes para diferentes funcións. Existen así unhas formas tónicas e outras átonas (en función de acusativo (CD) e dativo (CI)). As formas átonas deben apoiarse nunha forma tónica do sintagma, e por iso reciben o nome de pronomes clíticos, que poden ser proclíticos (apóianse na palabra seguinte) ou enclíticos (apóianse na palabra anterior). A posición normal dos clíticos é a posverbal (énclise), e soamente en determinadas condicións se traslada o pronome para a posición ante verbal (próclise). En calquera caso, un clítico nunca pode iniciar un enunciado: Subiulle a paga mensual. Tróuxome un agasallo polo Nadal. Quérote moito, miña rula. Sonche de Sada... O pronome persoal átono vai enclítico: - Nas oracións simples (coordinadas ou non) así como nas dominantes das complexas, cando presentan entoación enunciativa afirmativa, interrogativa (sen pronome interrogativo) e imperativa: déixao aí díxenllo cando volveu dixéchesllelo? mércao e gárdallo no armario facilitoume moito as cousas Pero prodúcese a próclise: - Nas oracións desiderativas nas que o suxeito precede o verbo sendo ou non introducidas por que: (espero que) o demo te leve! que te parta un raio! - Nas oracións enfáticas nas que o elemento inicial (suxeito) adquire relevancia (significativa e fónica): vós o quixestes - Cando se dá unha orde non lineal dos elementos da oración ao antepoñer un CD ou outro sintagma que non adoite ocupar esa posición: gaña che me deron de matalo cousas fermosas lles regalaron ben se lle notan os anos - Nas oracións interrogativas ou exclamativas con pronome específico: que lle contaches? que ben che senta! - Nos enunciados total ou parcialmente negativos: non llo deixarei nunca llelo pedín nin ela mo deu ninguén me aconsellou tal cousa Pero...

non, fíxeno pola miña conta.

1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.