ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950) “Cando un home sabe que a realización dunha idea vai producir a felicidade do seu pobo e a salvación da súa patria, non debe recuar ante a posibilidade do triunfo, aínda que a violencia dolorosa e sanguiñenta do parto lle produza arrepíos; porque o home que dubida e teme no intre de realizar o ideal que predicou e non ten coraxe para manterse no seu posto de perigo, ou é un farsante ou é un coitadiño.”
DA INFANCIA Á PRIMEIRA MADUREZA 1886
Nace en Rianxo, fillo do mariñeiro Manuel Rodríguez e de Joaquina Castelao. O seu pai emigra á Arxentina. O neno queda en Rianxo, ó cargo da nai e dos seus avós maternos.
1895
Marcha coa súa nai á Arxentina, onde coñece o seu pai, instalado cun almacén de comercio na Pampa.
1897
Nace a súa irmá Josefina.
1898
Nace a súa irmá Teresa.
1900
A familia Rodríguez Castelao regresa a Galicia e instálase en Rianxo.
190003
Cursa o Bacharelato e o preparatorio de Medicina en Santiago.
190309
Cursa a carreira de Medicina na Universidade de Santiago. Figura na Tuna universitaria, onde toca a guitarra. Viaxa coa tuna a Portugal.
190809
Participa no II e III Salón de Humoristas en Madrid.
1909
Sae en Vigo a revista gráfica Vida Gallega, con cuberta e colaboracións de Castelao nos seus primeiros números. Primeiras cubertas de libros (Princesa del amor hermoso, de Sofía Casanova) e outras publicacións (Almanaque Gallego, de Buenos Aires). Presenta un óleo á “Exposición Regional Gallega” de Santiago e consegue medalla de ouro.
1910
Instálase en Madrid, coa intención de realizar o Doutoramento, que non consegue. Segue o seu labor como ilustrador de libros e publicacións periódicas.
1911
Instálase en Rianxo. Xunto a X. Arcos Moldes, E. Dieste e R. Rei Baltar, edita o semanario satírico El barbero municipal, sostén do bando conservador-maurista e anticaciquil da vila. Alí publica artigos de tema médico e mantén unha sección en galego, "Faladurías", de chismes locais. Intégrase no movemento universitario 'Joven Galicia'. Dicta en Vigo a primeira versión da súa conferencia sobre a caricatura. Colabora coa revista Mi Tierra, de Ourense.
1912
Casa con Virxina Pereira, na Estrada. Adhire á Liga Agraria de Acción Gallega, liderada por Basilio Álvarez. Primeira exposición individual, en Ourense, con grande éxito. Exposición en solitario no Salón Iturrioz de Madrid. Participación na Exposición Regional' da Coruña. Colabora cos xornais madrileños El Liberal e La Tribuna, e coa revista bonaerense La Semana Universal. Deseña o cartaz e programa de man para as festas do Apóstolo en Santiago.
1913
Dicta a súa conferencia sobre a caricatura no Balneario de Mondariz. Por primeira vez, publica o texto desta, baixo o título "Momento de Arte", na revista La Temporada (de Mondariz), de onde é reproducida por El Barbero Municipal. Colabora coa revista satírica El gran bufón, de Madrid.
1914
Nace o seu primeiro e único fillo, Alfonso Xesús de Braga. Padece o primeiro acceso de cegueira. Colabora co diario madrileño El Parlamentario e coa revista La Voz de Galicia, de Buenos Aires.
1915
Colabora coas revistas madrileñas La Ilustración Española y Americana e La Esfera, as principais revistas ilustradas do Madrid daquel tempo. Deseña a cuberta da novela La Casa de la Troya, de Alejandro Pérez Lugín. Viaxa a Madrid, onde participa nuna 'Exposición Nacional de Bellas Artes', e dicta a súa conferencia sobre a caricatura no Ateneo. Contra finais de ano, oposita a unha praza do corpo de Auxiliares de Estatística, que gaña, e é destinado a Pontevedra.