Apuntamentos básicos de sintaxe

Page 1

APUNTAMENTOS BÁSICOS DE SINTAXE A

sintaxe

encárgase das construcións (frases, oracións) que resultan de combinar diversas unidades

morfolóxicas; das relacións que se establecen entre elas (coordinación e subordinación) e das funcións que unhas unidades desempeñan no interior doutras (suxeito, predicado, núcleo, modificador...). As frases son sintagmas directamente constituídos por palabras que se agrupan como unidades de función para formar oracións. A oración é a unidade sintáctica de máis alto nivel na que a través dun verbo atribúense propiedades ou establécense relacións entre termos. Toda oración debe contar cun verbo que ordena e condiciona a súa estrutura interna. Na oración simple todas as funcións oracionais, fóra da do verbo, están desempeñadas por unidades de rango inmediatamente inferior, as frases, que poden precisar ou non de preposición. A unión de dúas ou máis oracións simples por medio de conxuncións coordinantes dá lugar a unha oración composta por

coordinación. Nas oracións compostas por subordinación ou oracións complexas hai algunha función cumprida por unha oración (oración dependente). Os elementos constituíntes da frase están interrelacionados e desempeñan diversas funcións:  O núcleo (N), o elemento esencial que pode desempeñar el só a función de toda a frase.  O modificador (Mod.), é un elemento dependente que pode ir directamente subordinado ao núcleo (mod. directo) ou unido a el mediante unha preposición (Mod. indirecto). Complementan semanticamente o núcleo achegando precisións de tipo cuantitativo, clasificador, denotador de estado, circunstancial, etc.  O determinante (Det.), é un elemento gramatical que vai xeralmente antes do núcleo e serve para definilo, anticipalo e precisar o seu significado cuantificándoo, identificándoo...

FN Det.

N.

Mod. directo

art.

subst.

adx.

A

frota

galega

Mod. indirecto prep.+ subst. de

arrastre

Segundo a categoría gramatical da palabra que desempeñe a función de núcleo existen as seguintes clases de frases:  Frase verbal (FV), ten como núcleo o verbo. (Chegou con retraso)  Frase nominal (FN), ten como núcleo un substantivo ou un pronome. (Un barco de pesca)  Frase adxectiva (FAdx), ten como núcleo un adxectivo. (moi grande)  Frase adverbial (FAdv), ten como núcleo un adverbio ou unha locución adverbial. (lonxe do porto)  Frase preposicional (FPrep), o seu núcleo formal é unha preposición, (de Betanzos) 1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.