CALIGRAMAS

Page 1

Co termo caligrama denomínase o texto literario, xeralmente poético, cuxa disposición gráfica reproduce ou dá idea dun obxecto con el relacionado. Os caligramas cobran importancia a principios do século XX nas vangardas literarias cando o poeta cubista Guillaume Apollinaire utiliza esta denominación para se referir a algúns dos seus poemas.

Porén, os primeiros caligramas coñecidos débense a poetas gregos do período helenístico (século IV – ano 30 a.C.). Posteriormente esta técnica foi imitada por poetas latinos, quen denominaron a estas composicións poéticas nas que interviñan factores visuais technopaegnia ou carmina

figurata.

Poema ovo de Simmias de Rodas (s. IV a. C.)


O poeta creacionista chileno Vicente Huidobro xa incluíra o seu primeiro caligrama Triángulo armónico no seu libro Canciones en la

noche (1913).

Manuel Antonio Pérez Sánchez, autor de De catro a catro, un dos máximos expoñentes das vangardas galegas compuxo algún tipograma.

Pois nestas lerias andabamos na aula de 4ºA do IES Isaac Díaz Pardo cando se nos ocorreu a idea de practicar. Velaquí tedes as creacións.














Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.