galego CURSO DE INICIACIÓN
Galego: curso de iniciación
TEMA 1 UN POUCO DE HISTORIA Como sabedes o galego é o resultado da transformación sufrida polo latín que os conquistadores e máis tarde os colonos romanos trouxeron ó noroeste peninsular. Podemos dicir que o galego é unha transformación directa do latín. De todas as linguas da Península Ibérica, é a máis conservadora. Por diversas razóns histórico-políticas e xeográficas evolucionou moi pouco. Coa civilización romana -chegada no século III a.C.- impúxose a lingua latina. E desapareceron as primitivas linguas das que nos quedaron moi poucas palabras como: alpendre, berce, xouba, de orixe celta. Os celtas, pobo indoeuropeo, chegaron a Galicia a comezos do século VIII a.C. Outras palabras como: pote, espeto, branco, roubar, son de orixe xermánica que nos deixaron os suevos e visigodos, que chegaron no século V a Gallaecia que así era o nome latino. Máis tarde chegaron os árabes no século VIII, dos que herdamos algunhas palabras como: alcume, alicerce, arrabalde, alfaia, ataúde, xarope... entre outras. Despois coa Reconquista o galego estendeuse cara ó Douro na época de Alfonso I. Por diversas razóns políticas, como a independencia do reino portugués, Galicia queda sometida a Castela e Portugal faise reino independente. O que deu orixe a que o galego e o portugués se fosen diferenciando, aínda que na época medieval, séculos XIII, XIV e XV, eran aínda unha mesma lingua. A partir do século XV, as dúas linguas seguen o seu camiño por separado. Isto fixo que o galego e o portugués sexan dúas linguas totalmente independentes. E totalmente tamén diferentes. Mentres o portugués se robustece como lingua dun estado, o galego queda sometido ó castelán xa que é a lingua do poder, quedando reducido o galego ó medio rural e familiar, ata que a partir do século XIX comeza a rehabilitación da nosa lingua. CÓMPRE RECORDAR: Ata hai moi pouco non tiñamos unha ortografía común porque non había tampouco un Dicionario e unha Gramática normativizada. Así escribía cada un segundo lle petaba. Esta normativización era urxente para evitar as vacilacións e grandes diferenzas que había sobre todo nos escritos. NORMATIVIZACIÓN: Son unhas normas -regras- elaboradas pola Real Academia Galega e mailo Instituto da Lingua da Universidade de Santiago, publicadas, as últimas, en xullo de 2004, que consisten na aceptación e uso correcto dunha ortografía, dunha gramática e dun dicionario común para todos. NORMALIZACIÓN: Consiste na rehabilitación social da lingua. É dicir, o seu uso en todos os eidos da vida, tanto na comunicación escrita coma na oral: na casa e na rúa, no banco e na oficina, nas universidades e nas escolas, nas igrexas, na xustiza e nos organismos oficiais e privados, etc. 2
Galego: curso de iniciación
TEMA 2
O ALFABETO OU ABECEDARIO GALEGO: O alfabeto ou abecedario é o conxunto de letras con que se representan os sons dunha lingua. Son vinte e tres letras das que consta o noso alfabeto e seis dígrafos. Dígrafo: é o conxunto de dous grafemas ou dúas letras que veremos a continuación: LETRA a b c d e f g h i l m n ñ o p q r s t u v x z
DÍGRAFO ch gu ll nh qu rr
NOME a be ce de e efe gue hache i ele eme ene eñe o pe que erre ese te u uve xe zeta
NOME ce hache gue u ele dobre ene hache que u erre dobre
3
Galego: curso de iniciación
Hai que ter presente: 1. Que os dígrafos galegos non se poden separar a final da liña; polo tanto é incorrecto cortar así a palabra: baral-la, un-ha, gu-iso. 2. Os dígrafos, que son seis, formados por dous grupos de letras: ch, ll,... como vimos antes, representan un único son e non forman parte do alfabeto, son como se fosen un B, ou un H. Nos dicionarios están á fronte da súa propia letra agás o “que”. 3. O nome galego das letras é do xénero masculino: así debe dicirse: o a, o b, o t, etc. 4. O nome da letra “q” pasa a ser “que”, forma parte do alfabeto e atópase á fronte da súa propia letra. 5. Volvendo sobre os dígrafos citados antes: representan un único son e funcionan, na escrita, como unidade. Polo tanto, na división silábica e na partición de palabras en final de liña, os dígrafos non se poden separar. A partición ten que ser: ningu-nha, e non ningun-ha. 6. A inicial maiúscula dos dígrafos só se escribe con “maiúscula” o primeiro elemento: Quiroga (Qu), Lleida (Ll). Ditongo: son dúas vogais nunha sílaba. Atención: para que se considere ditongo, a unión ten que ser de vogal fechada (i, u) con vogal media (e, o) ou aberta (a) ou de dúas vogais fechadas distintas (iu), (ui). Cando dúas vogais gráficas aparecen xuntas segundo o dito anteriormente, temos un ditongo: cien-cia, cam-bio, fre-cuen-te. Non hai ditongo con “h” intercalada: prohibo. Cando dúas vogais pertencen a sílabas distintas temos un hiato que na maioría dos casos se destrúe con til na vogal feble ou fechada: ru-í-do, cons-ti-tu-í-do, mo-e-da, ma-o-ís-mo, posú-e, ra-í-ña. Non explicamos polo miúdo o anterior, ditongos, tritongos e hiatos, por prestarse a ben de dúbidas entre o ditongo e o hiato. Se o acento, case sempre gráfico, recae sobre a segunda vogal, debemos pronuncialo como hiato: xu-íz, lin-gü-ís-tica. Os tritongos son a reunión de tres vogais pronunciadas nunha mesma sílaba. Están formados por unha vogal aberta (a,e,o) e aparecen entre dúas semivogais (i,u). Son pouco comúns en galego: oficiais, cambiei. Estas normas e explicacións cheas de apartados e excepcións son especialmente problemáticas, ás veces poden artillarse como ditongos ou hiatos e son os que regulan a división da palabra a final de liña. E deixámolo así, volveremos cando falemos do acento en xeral.
4
Galego: curso de iniciación
CONVÉN LEMBRAR: Acento gráfico e til: é o signo que se coloca sobre unha vogal para marcar o acento de intensidade. Regras xerais de acentuación: En galego só se usa un tipo de acento gráfico ( ´ ), que se coloca sobre unha vogal. Palabras agudas son agudas nas que habendo máis dunha sílaba, o acento recae na última delas. Acentúanse cando rematan en vogal (dominó, tabú); vogal+ n= (ninguén, xabón); en vogal + s = (mazás, dominós); en vogal + ns = (algúns, xabóns) Non se acentúan graficamente (´): · Se son monosílabos: can, pa, xa, din, man. Só no caso do acento diacrítico. · Se acaban en ditongo decrecente, seguido ou non de “n” ou “s”: partiu, amei, amou, ademais, controis, papeis, fieis, españois. · Se rematan noutra consoante que non sexa “n” ou “s”: nariz, animal, ferir. Palabras graves levan acento ortográfico cando rematan en consoante distinta de “n” ou “s”. Tamén cando rematan no grupo culto “-ps”: álbum, carácter, bíceps. E para separar ou para facer un hiato: aínda, baúl, raíz, xuízo, móbil, difícil, dúplex. Palabras esdrúxulas levan sempre acento gráfico na antepenúltima sílaba: metrópole, teléfono, mármore, mágoa, público. Acento diacrítico para distinguir dúas palabras que teñen a mesma forma na escrita: dá (do verbo dar) / da (de+a), ós (a+o) / os (artigo), póla (rama) / pola (galiña e por+a), pe e pé; vén e ven; pór e por Acentuación de estranxeirismos e latinismos seguen as regras de acentuación indicadas: obús, iglú, accésit, béisbol, quórum, superávit, réquiem, álbum, déficit, hábitat, ínterim, currículo, hóckey, whisky, párkinson, télex. MOI IMPORTANTE: - Os adverbios rematados en –mente NON levan nunca acento gráfico: rapidamente, politicamente, economicamente. - Os pronomes interrogativos e exclamativos NON levan acento gráfico, (cal, cando, como, onde, quen, por que) cando van entre signos de interrogación ou de admiración. Exemplo: Que calor!; De onde vés?; Que me contas?; Como chove!. - Aquí temos palabras doutros idiomas e como se escriben: chalé, carné, coñac, anorak, relax, autostop, ballet, ídem, ítem, vermú, autobús, autocar, tráiler. Pódese manter tamén a grafía propia da lingua da que proceden. - En cambio: cambiou, abreviei. - Fixémonos: mísil, fútbol, réptil, parasito, téxtil.
5
Galego: curso de iniciación
TEMA 3 Hoxe falaremos do artigo que se divide en determinado e indeterminado. Son moi importantes as súas contraccións que explicamos nuns recadros. O artigo presenta o substantivo do que nos indica o seu xénero e número. E a continuación explicaremos o xénero, masculino e feminino, no tema 4 ARTIGOS DETERMINADOS
ARTIGOS INDETERMINADOS
O substantivo ó que acompaña é coñecido
O substantivo ó que acompaña é descoñecido
MASCULINO FEMININO MASCULINO FEMININO SINGULAR
O
A
UN
UNHA
PLURAL
OS
AS
UNS
UNHAS
CONTRACCIÓNS: Algunhas preposicións e a conxunción copulativa CA contraen co artigo determinado, segundo o cadro seguinte: A preposición “a” sempre contrae co artigo: Vou á (a+a) praia. (“a” preposición + “a”, artigo). PREPOSICIÓN
ARTIGO DETERMINADO o
a
os
as
a
ao/ó
á
aos/ós
ás
con
co
coa
cos
coas
de
do
da
dos
das
en
no
na
nos
nas
por
polo
pola
polos
polas
ca o/có
ca a/cá
ca os/cós ca as/cás
CONXUNCIÓN COMPARATIVA ca
IMPORTANTE: Están admitidas as formas contractas: ó ou ao, ós ou aos, á, ás. Nestes casos sempre leva til para indicar que é contracción. Tamén sempre se debe pronunciar o AO coma Ó, AOS coma ÓS. 6
Galego: curso de iniciación
PREPOSICIÓN
ARTIGO INDETERMINADO un
unha
uns
unhas
en
nun
nunha
nuns
nunhas
de
dun
dunha
duns
dunhas
con
cun
cunha
cuns
cunhas
CÓMPRE TER PRESENTE: Existe tamén a segunda forma do artigo (-lo, -la, -los e –las) que se usaban ata agora obrigatoriamente tras os verbos rematados en: -r ou –s, e tras os pronomes: nos, vos, nós, vós, e a preposición tras, e os indefinidos: ambos e todos e a conxunción copulativa “e mais”. Agora non é obrigatorio o seu uso, só opcional. OLLO: Deben pronunciarse como se levasen –lo, -la, -los e –las. Exemplo: todos os, debe pronunciarse tódolos, tras os debe pronunciarse tralos etc. Senón usamos a fonética castelá. É obrigatorio a segunda forma do artigo, xa citado, só despois da preposición POR (polo día chove) e do adverbio U (U-los meus libros). Exemplos: Probei unha marmelada saborosa. Ramona terá uns 60 anos. Collemos un libro nunha biblioteca. Recordade as seguintes contraccións máis comúns: 1- na = (en + a); da = (de + a); cos = (con + os). 2- coa = (con + a); á = (a+a). 3- na = (en + a); pola = (por + a). 4- o; cuns (con+uns); nunha = (en+unha). 5- nas = (en + as); da = (de + a); cunhas = (cun + unhas). 6- os; ás = (a + as); coas = (con + as). EXERCICIOS 1- Estou .... porta .... túa casa .... meus amigos comendo uns plátanos e unhas piñas. 2- Falamos .... nai de Margarida onte .... noite das vitaminas dos kiwis e dos figos. 3- Estivemos .... praia ata o mércores .... tarde, refrescámonos con sandías, melóns e ameixas. 4- .... verán pasámolo .... amigos .... aldea de Lugo, que producía moitas castañas e noces. 5- Miña irmá estivo .... festas .... vila .... amigas quen vendían marmelos, e nésperas. 6- .... meus amigos avisaron que .... doce chegarían .... invitacións para a feira das froitas coma cereixas, morotes, albaricoques, laranxas e limóns.
7
Galego: curso de iniciación
TEMA 4 O xénero. Ó ser o galego unha lingua en contacto co castelán confundimos o xénero. Así non é raro escoitar: a leite, a mel, a costume, etc,; o que está mal. Son xente que ó falaren traducen do castelán. Este erros chámanse castelanismos que temos que rexeitar se non queremos falar un galego deturpado. A continuación tedes os masculinos e femininos máis comúns. - Podemos utilizar o artigo masculino: o. Exemplo: O berce, O cal etc.:
MASCULINOS: 1- berce. 2- cal, costume. 3- cume, sinal. 4- celme, sal. 5- miolo. 6- cuspe, fel, leite, mel. 7- sangue, nariz, sorriso. 8- paxe, traxe, ubre. 9- riso, a, b, c. 10- til. 11- couce, dote. 12- lume. 13- traballo, mar. - Podemos utilizar o artigo feminino: a. Exemplo: A análise, A orixe etc.:
FEMININO: 14- análise, pel, dor. 15- orixe, fouce. 16- calor, árbores, cor. 17- viaxe, marxe, aldraxe, friaxe, romaxe. 18- orde, pasaxe, paisaxe, ponte. 19- carraxe, homenaxe. 20- meninxite. 21- metrópole, crise. 22- epiderme, parálise. 23- neurose, hipótese. 24- diabete, glote. 25- eclipse, paréntese. 26moblaxe.
EXERCICIO É tan doado que só tedes que encher os ocos pola mesma orde que están máis arriba. Exemplo: 1berce. Tede logo en conta que o artigo é un indicador do xénero nos ocos. Masculinos: 1- O neno chora no .... se o deixan só, mentres súa nai merca comida para xantar. 2- O .... é branco. Temos o .... de calear a casa. Na horta plantamos cebolas e allos. 3- Fomos ata o .... da montaña. Aquí topamos o .... e collemos moitos cogomelos. 4- Na miña vila hai unha pastelería que se chama o .... Os seus doces teñen pouco .... Ás veces venden pementos de Padrón. 5- O .... da cuestión é como a cerna de algo, é coma o máis íntimo, o de dentro. Nisto lembro os chícharos e os feixóns. 6- O .... , o ....., o .... e o .... pódense analizar no laboratorio, tamén polas súas vitaminas, as remolachas e cenorias. 7- Botaba moito .... polo .... O seu .... era triste; recomendáronlle moitos tomates e alcachofas para a saúde. 8- Un .... dos reis lixou o .... ó ollar o .... da vaca; a estas dábanlle repolos e coles. 9- Xoán botou un .... cando o mestre lle dixo que o ...., o .... e o .... son as tres primeiras letras do abecedario. 8
Galego: curso de iniciación
10- Temos que poñer o .... a todas as esdrúxulas, por exemplo á palabra gramática. 11- Sentoulle coma un .... ó ver o .... que lle deran. O mellor, unha leira que producía moitas balocas. 12- Botaba o .... polos ollos e máis pola boca; fixérono chorar as cebolas e mais os allos. 13- O seu .... está sempre no .... ; aínda que lle gustan moito as verduras máis cós peixes. Femininos: 14- Fixéronlle a .... da .... sen ningunha .... 15- Non sabemos cal é a .... da .... nin das cabazas. 16- Coa .... as .... mudaran a súa .... e murcharon as escarolas. 17- Naquela .... aínda estando a .... de todo, recibiu unha .... dos que ían con aquela .... a .... de San Andrés de Teixido. 18- Cando recibiu a .... para pagar a .... , aproveitou para fitar a .... desde a .... vella. 19- O personaxe invitado tiña moita .... pois non lle agradou a .... tan desorganizada. 20- Cando descansaba no oasis deulle un ataque de .... 21- A .... non acaba de saír da .... económica. 22- Por unha infección na .... veulle unha .... moi rara. 23- De xogares ó tenis pasarache a ...., valla a .... 24- A .... nótaseche na cute e non na .... 25- A ... ficou coma se fose unha .... 26- Os chasis estaban gardados coa .... no garaxe. Reparade: Os substantivos rematados en -axe, como vedes, son femininos, agás traxe, garaxe, paxe e personaxe* que son masculinos. Tamén son femininos: a glote, a diabete, a epiderme, a hepatite, a sintaxe, a otite, a farinxite. Pero son masculinos: o chasis, o tenis e o oasis. *Pero: o rei é un personaxe, e a raíña unha personaxe. Cómpre ter en conta os masculinos: 1- aldeán. 2- ancián. 3- artesán. 4- cidadán. 5- irmán. 6curmán. 7- castelán. 8- can. 9- rei. 10- xudeu. 11- humano. 12- ferrolán. 13- ourensán. 14- cristián. Fan o feminino: 1- aldeá. 2- anciá. 3- artesá. 4- cidadá. 5- irmá. 6- curmá 7- castelá. 8- cadela. 9raíña. 10- xudía. 11- humana. 12- ferrolá. 13- ourensá. 14- cristiá. RECORDA: Son femininas as palabras rematadas en: 1) "-se" : a artrose 2) "-ite" : a rinite 3) "-te" : a amigdalite. Polo tanto: a esclerose, a trombose, a neurose, a análise. A hepatite, a meninxite, a colite, a estomatite.
9
Galego: curso de iniciación
TEMA 5 Unha das posibles dúbidas con que nos podemos atopar na fala e na escrita é tocante o número dos nomes: o singular e o plural das palabras. E dicir cando nos referimos a un só ser (singular) ou a máis de un (plural). Todo plural queda reducido ós seguintes casos. Témolo moi resumido a continuación: * Engaden ó singular: -s, -is, -es, segundo os seguintes casos: a) á (vogal) + s = casa + s = casas; exame + s = exames; rei + s = reis; lei + s = leis; mariñeiro + s = mariñeiros; canguro + s = canguros. b) ó "N" + s; irmán + s = irmáns; colchón + s = colchóns; atún + s = atúns. c) Perden o "L" = is; Sempre en palabras agudas: semana (l) + is = semanais; carave (l) + is = caraveis; azu (l) + is = azuis; cadri (l) + s = cadrís; pape(l) + is = papeis. d) Conservan o "L" + es: Cando non son agudas ou son monosílabas: fértil + es = fértiles; pel + es = peles; val + es = vales; mel + es = meles; ril + es = riles. e) Se rematan en calquera outra consoante: "R", ou "Z", ou "M" ou "S", mantéñena, + "ES", ó singular: xantar + es = xantares; flor + es = flores; rapaz + es = rapaces; noz + es = noces; marqués + es = marqueses. EXERCICIO As seguintes palabras saíron nesta lección. Un bo exercicio é repasalas: 1- casas, exames. 2- reis, leis. 3- mariñeiros, canguros. 4- irmáns, colchóns, riles 5- atúns, israelís, pés. 6- semanais, caraveis, azuis, verderolos, cadrís, papeis. 7- fértiles, animais, peles, vales, meles. 8xantares, flores, rapaces, noces, marqueses. 9- luns, norte, lecer. 10- miolo. 11- nupcias, cirolas, exequias. 12- cóxegas, miolos. Reparade nestes plurais: 13- farois, útiles. 14- tules. 15- pinceis, mares. 16- álbums, actrices. 17- funís, cadrís. 18- catedrais. 19- calores. 20- garda civís, fósiles. 21- carteis, especiais. - Colocade nos espazos baleiros e pola mesma orde en que están numeradas, as anteriores palabras xa cos seus plurais. Veredes como vos será moi doado: 1- As ... reciben ... periódicos da sanidade, así coma as cetarias, onde hai centolas e lumbrigantes. 2- Os ... tamén observan as ... e non toman nécoras nin percebes en veda. 3- Os ... viron moitos ... en Australia; viñeron cargados de c, gambas e lagostinos. 4- Os meus ... dormen nuns ... moi duros e non aguantan dos .... , despois festéxano con croques e ameixas. 5- Mercamos ... ós ... que estaban no porto cos ... descalzos; vendían tamén caixas de camaróns. 6- Nas feiras ... venden .../... Ó meu avó dóenlle os ... cando revolve os seus ... 7- As terras ... alimentan ós ... Dan boas ... nos seus ... Abundan nestes todo tipo de ... 8- Aqueles grandes ... coas mesas cheas de ... e de ... que comían as ... dos ...
10
Galego: curso de iniciación
9- Os ..., meus pais ían de vacacións cara o ... porque tiñan moito ... aproveitaban para saborear as navallas e longueiróns. 10- O ... do pan engorda tanto coma a codia. Non se debe abusar tampouco do marisco. 11- Cando o invitaban ás ... sempre lle caían as ... ; nas ... pasáballe o mesmo. 12- Fixéronlle moitas ..., nisto caeu e saíanlle os ... da cabeza. 13- Antes había ... nas rúas, eran moi ... sobre todo de noite. 14- As princesas e as que non o son visten con ... 15- Pintaron cos ... máis finos os ... de azul. Tamén pintaron vieiras, chirlas e caramuxos. 16- Naqueles ... había moitas fotos das ... 17- Usamos os ... para verter líquidos nas botellas. Dóennos os ... ó facelo. 18- Galicia ten ... fermosas, entre outras cousas. 19- As ... da primavera non che son nada boas. As de verán tampouco, ás veces. 20- Os ... coidaban os ... topados nas escavacións. 21- Aqueles ... facían propaganda nas festas ... da vila. CONVÉN LEMBRAR: a) Teñen o singular ou plural segundo poidan levar ou non os artigos en singular ou plural: o luns, os luns e demais días da semana; lecer: tempo libre, non ten plural; miolo en singular ten significado distinto que se fose en plural, miolos: O miolo, miga do pan. Miolos=cerebro. b) Pero só se usan en plural: as nupcias, as cirolas, as exequias, as cóxegas, os miolos, as tebras, os víveres. c) Só en singular: sílex, valor, oeste, virus, tórax. d) Plural das palabras compostas: · Cando non están soldadas van as dúas en plural: cámaras escuras. · Cando están soldadas fan o plural tal como o faría o último elemento se fose só: chuchamel/chuchameles; ollomol/ollomoles; parasol/parasoles; a segunda leva o morfema de número. · Cando levan no medio unha preposición a primeira leva o morfema de número: pitas do monte, dentes de can, cadelas de frade. APRENDE: Hai nomes que só se usan en plural: as tebras, os anteollos, os prismáticos, as tenaces, os víveres, os alicates. EXPLICA o significado das seguintes palabras compostas: sapoconcho, bulebule, beiramar, fervellasverzas, vichelocrego, paporrubio. SUBLIÑA os nomes que teñen a mesma forma para o singular e o plural: lapis, xudeus, venres, oasis, paraugas, bens, cutes, irmáns. INTERESANTE.- Os nomes propios só admiten plurais cando pasan a utilizarse como adxectivos, referíndose a toda unha familia (os Andrades). Cando son usados metonimicamente (teño tres Laxeiros). Ou ben como cualificativo atribuíndo ós individuos as calidades da persoa portadora do nome propio (houbo poucos Castelaos).
11
Galego: curso de iniciación
TEMA 6 Cando escoitamos a unha persoa, decatámonos pola súa fala a que bisbarra pertence segundo empregue ou non as formas TE ou CHE do pronome persoal. Temos zonas en Galicia nas que non distinguen entre o TE ou CHE. Noutra lección falaremos da súa colocación. Estas dúas formas non se consideran correctas cando as dicimos impropiamente, é dicir, o CHE polo TE ou viceversa. Hai zonas, coma o Occidente de Galicia, que SEMPRE usamos CHE no canto de TE. Isto chámase cheísmo. Noutras zonas, coma a ourensá, por exemplo, empregan máis o TE no canto do CHE, isto é o teísmo. Como dixemos que evitariamos normas gramaticais por aquilo de galego práctico, só lembraremos que é correcto o uso do TE cando é obxecto ou complemento directo e do CHE cando é obxecto ou complemento indirecto. Ou cando o CHE equivale a LLE, ou TE pode equivaler ó pronome O. Aquí tedes dez oracións nas que está correctamente empregado: Fíxese na súa colocación. 1- Busqueite hoxe pola mañá. 6- Regaleiche unha bicicleta. 2- Tróuxenche estes libros. 7- Eles apréciante moito. 3- Hai tempo que non te vexo. 8- Contáronche un conto. 4- Fixéronche un bo favor. 9- Avisáronte tarde. 5- Quen te avisou? 10- Trouxéronche o leite para o almorzo.
EXERCICIOS 112345-
che, che. 2- te, che. 3- te, te, te. 4- te, te, che. 5- che, te, che. Escribo ..... esta carta para contar ... o que lle pasou ós nosos amigos. O presidente da Xunta recibiu .... pola tarde e dixo .... que non houbo crise. Vin ... no cine cando .... botaron fóra. Iso afectou .... moito. Cando .... viron os meus amigos non .... coñecían; déron .... unha ledicia. Dixen ... que .... curará pronto; o médico sempre .... receitaba boas medicinas.
ERROS MÁIS COMÚNS: Cómpre ter presente que en xullo de 2004 a Real Academia Galega aprobou unha serie de modificacións nas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego con respecto ó aprobado nos anos anteriores, a primeira do ano 1982. Esperamos que sexan as derradeiras, non as últimas. Así debemos dicir: - GRAZAS, é a forma correcta, tanto como substantivo e como interxección. - GALIZA, considérase tamén unha forma lexitimamente galega, moi documentada na época medieval e recuperada no galego actual, como GALICIA, as dúas formas son igualmente correctas.
12
Galego: curso de iniciación
NOVOS CAMBIOS NAS ÚLTIMAS NORMAS: a) Elimínanse os demostrativos neutros esto, eso e aquelo só son correctas as únicas formas: isto, iso e aquilo. Antes admitíanse esto ou isto, aquelo ou aquilo. b) Admítese o pronome relativo posesivo cuxo co seu feminino e plurais, así: cuxo, cuxa, cuxos, cuxas. NOVIDADES: a) Cómpre ter moi presente tamén estas modificacións que aínda non as teñen moitos dicionarios: O substantivo “vocal” pasa a vogal en todas as súas acepcións. Vexamos: as letras vogais, a vogal a, e, etc; o vogal, membro dunha corporación, tribunal, consello: primeiro vogal, vogal de cultura. Pero en cambio segundo se derive de vogal ou vocal, pode ser vocálico, vocalismo, vocalista, vocalizar, vocalización. Moi a ter presente: “estudio e estudiar” pasan a estudo e estudar, estudoso, estudante, estudantil, estudadamente. Así que non nos equivoquemos. Engádese tamén liberdade con lealdade. E as seguintes palabras: chapeu, romeu, xubileu, bacallau e pau. Admítense: ímpeto, tribo. Igualmente son válidas ouvir e oír. b) En canto á interrogación (?) e a admiración (!): o emprego dos signos de interrogación e admiración é obrigatorio ó final do enunciado, e só se recomenda ó seu principio para evitar ambigüidade e facer máis doada a lectura. LEMBREMOS: Un erro moi corrente en Galicia é usar o verbo “facer” cando hai referencia a tempo no cato de “haber”. Vexamos exemplos: Hai anos que non te vexo. Fai o que che mandan. Hai moitos séculos que se descubriu América. Hai un minuto que estivo aquí. Fai todo o que quería. É FÁCIL APRENDER: As seguintes palabras teñen o “n” en castelán que o perden ó pasaren ó galego así temos: A orde, o exame, ditame, crime, velame, abdome, réxime, vexame, xerme, lique, pole, en cambio non se admite xoven, debe dicirse mozo, novo: Viño novo; Os mozos buscan traballo. Pero é “dolmen”, que é un bretonismo.
13
Galego: curso de iniciación
TEMA 7 Outra grande dificultade para os castelán falantes é a CORRECTA COLOCACIÓN DO PRONOME NA FRASE. Ó pensaren en castelán falan tamén, sen se decataren, coa estrutura desta lingua. Deste xeito caen nun dos erros que máis se dá a cotío. Mesmo en moita xente que fala galego, porque sufriron a “contaminación” da lingua irmá. VEDE LOGO O SEGUINTE: Os pronomes persoais: ME, CHE, TE, LLE, NOS, VOS, LLES, O, LO, A, LA, coas súas correspondentes contraccións: CHO, MO, LLO, LLELO, etc. que veremos noutra lección, poden ir DIANTE ou DESPOIS do verbo. O máis difícil, mesmo para os galegos falantes. A correcta colocación destes pronomes, é dicir, o sabermos cando deben ir ANTEPOSTOS ou POSPOSTOS ó verbo, fai que o “Galego práctico” de hoxe sexa moi importante. BEN COLOCADOS:
MAL COLOCADOS:
1- Contouche un conto. 1’- Non che contou un conto. 2- Díxome todo o que sabía. 2’- Xa me dixo todo o que sabía. 3- Gustoulle o mar. 3’- Tamén lle gusta o mar. 4- Déunola túa nai. 5- Contárono os amigos. 6- Vímolas hai días. 6’- Cando as vimos hai días. 7- Vinas na rúa. 7’- Nin as vin na rúa.
1- Che contou un conto. 1’- Non contouche un conto. 2- Me dixo todo o que sabía. 2’- Xa díxome todo o que sabía. 3- Lle gusta o mar. 3’- Tamén gústalle o mar. 4- Nola deu túa nai. 5- O contaron os amigos. 6- As vimos hai días. 6’- Cando vímolas hai días. 7- As vin na rúa. 7’- Nin vinas na rúa.
Debe ir o PRONOME DIANTE DO VERBO nestes casos: 1- Nas frases exclamativas ou desiderativas. Exemplo: a) Que Deus te axude. b) Un raio te parta. 2- Nas oracións introducidas por QUE ou SE, oracións subordinadas. Exemplo: a) Dille que me dea o libro. b) Se vos ven, berrade. 3- Nas frases introducidas por pronomes indefinidos, interrogativos ou exclamativos: Exemplo: a) Ninguén te avisou. b) Canto che levou por isto?. c) Como me doen as moas! 4- No infinitivo ou no xerundio o pronome pode ir diante ou despois. Exemplo: a) Hai que mercalo ou Hai que o mercar. b) Estaba chamándome ou Estaba me chamando. 5- Cando as oracións van introducidas por adverbio. Exemplo: a) Cando te chame, contesta. b) Tamén te escolleron.
14
Galego: curso de iniciación
ERROS MÁIS COMÚNS: 1. A PARTIRES DE: Debe dicirse a partir de....(É unha locución prepositiva). Non existe a partires, está mal porque está usado como un falso infinitivo. Está ben se se di: De partires (ti) cedo... chegarías a tempo. Está ben tamén cando se di a partir de mañá viremos ás oito. Pero moi mal a partires que se oe moito na TVG, na radio e que se le na prensa. Escoitámolo con moita frecuencia. 2. A PESARES: Debe dicirse a pesar de... (É unha locución prepositiva). Non existe a pesares. Non existe esta expresión en galego. É un erro moi común. Pode ser infinitivo conxugado do verbo pesar: Exemplo: De pesares 80 kg. Entrarías no concurso. Exemplos: A pesar de non poder, fixérono. Tamén existe: A pesar de (que) (locución conxuntiva). Exemplo: Equivale a non obstante=A pesar de que non pode, quéreo facer.
Para saber máis DO NOSO: O RAPOSO é un animal moi astuto que ten os sentidos moi finos. En Galicia está moi mal visto porque nas aldeas é o terror dos galiñeiros. Por extensión aplícase ó home astuto, cauteloso e teimado. O LOBO é frecuente nas serras de Galicia. É o animal máis temido polos galegos. Pero só ataca ó home cando se ve moi acosado ou moi famento. EMPARELLA este doado exercicio: 1. “Come coma un lobo”. 2. “Verlle as orellas ó lobo” 3. “Son lobos dunha camada” 4. “En terra de lobos ouvear coma todos” 5. “Deus nos libre da boca do lobo”
Ver a tempo un perigo. Hai que fuxir dos que falan mal dun. Onde fores fai como vexas. Persoas de gran voracidade. Persoas cos mesmos intereses non se fan dano entre si.
15
Galego: curso de iniciación
TEMA 8 Empezamos co verbo. É importantísimo falar canto antes dos verbos. Non dicimos dúas palabras arreo sen empregar unha que non sexa verbo. Os verbos expresan accións (comer), movementos (andar), sentimentos (amar). Formas non persoais: Infinitivo: é o nome do verbo. Todos rematan en: -ar, -er ou –ir. Así: cantar, comer, recibir. O Xerundio: é o adverbio do verbo. Rematado en: - ando, -endo ou –indo. Exemplo: Chegou cantando. O Participio: é o adxectivo do verbo. Moitos rematan en: -ado ou –ido: Cantado, detido. Estas formas non persoais do verbo non indican a persoa gramatical que realiza a acción. Lembraremos que en galego NON HAI TEMPOS COMPOSTOS. Polo tanto un erro do que temos que fuxir é dicir "había dito" polo correcto dixera; "había feito", no canto de fixera; ou "había andado" polo correcto andara. Por iso poñemos hoxe aquí a súa equivalencia en castelán aínda que tratamos de fuxir de regras gramaticais e mesmo de explicacións en castelán. Os verbos en galego son moi doados. Convén ter presentes as seguintes equivalencias: TEMPOS GALEGO CASTELÁN (Presente) Ando equivale a Ando (Imperfecto) Andaba “ Andaba (Pretérito Perfecto) Andei “ Anduve- He andado- Hube andado (Pluscuamperfecto) Andara “ Había andado (Futuro) Andarei “Andaré-Habré andado. (Condicional) Andaría “Andaría-Habría andado. (Presente de subxuntivo) Ande “Ande-haya andado. (Imperfecto de subxuntivo) Andase “Hubiera o hubiese andado- Anduviera o anduviese. (Imperativo) Anda - Andade vos “Anda tú-Andad vosotros.
Aproveitamos para recordar os verbos nos que son frecuentes as dúbidas e que empregamos moi mal en galego: 1- Dis (non dices), dicía (non decía). 2- Souben (non supen), dicir. 3- Caeu (non caiu), voan (non volan). 4Andei (non andiven, nin anduven), andara (non andivera, nin anduvera). 5- Conducín (non conduxen), foxes (non fuxes). 6- Dormes (non durmes), cospe (non cuspe) 7- Advirte (non adverte), saio (non salgo) 8Moio (non moo), coñezo (non coñozo) 9- Caio (non caigo), mentes (non mintes). 10- Foxen (non fuxen), ides (non vades). 11- Ia (non iba), vou (non von). 12- Iamos (non íbamos), sairemos (non saliremos). 13Crería (non creería), liron (non leron). 14- Saberei (non sabrei), caín (non caínme). 15- Lida (non leída), sae (non sale). 16- Traduciu (non traduxo). 17- Produciu (non produxo).
16
Galego: curso de iniciación
EXERCICIO Colocade os números cos que sinalamos os verbos pola mesma orde: 1- Ti ... que o teu amigo non ... ben as cousas, como augarrás e desodorizante. 2- Cando o ... non tiven que ... nada, cunha esponxa tirei o talco da cara. 3- El ... daquela árbore de onde ... sempre os paxaros, despois púxose unha crema. 4- Sempre ... con bos amigos mentres el ... con outras persoas, que usaban lapis de ollo, etc. 5- Eu ... con prudencia e ti non ... de conducir, aínda que leves cargamentos de vasoiras e cepillos. 6- Cando ... el ... no chan que ti limpaches co recolledor e con lixivia e con xabón. 7- El ... que non ... moito de noite, nin gasto en esmalte de unllas nin barra de labios. 8- Eu ... o café para o almorzo. Non ... outro mellor. Mentres ti vas mercar a pasta de dentes. 9- Non ... nunca no que dis porque ás veces ... cando usas o meu champo e o meu peite. 10- Os rapaces ... da rúa cando ... velos, van cos caldeiros, fregonas e estropallos. 11- El díxome que ... mercar o pan e díxenlle: "non, ... eu". Despois merquei o papel hixiénico. 12- Nós ... ir ó cine pero el dixo "hoxe non ... " e foise afeitar coa súa brocha. 13- Quen o ... cando ... aqueles poemas!; arrecendía a colonia coma nunca. 14- Nunca ... onde ... aquela noite. 15- Era unha persoa moi ... ,foi á escola e ... ben de todo. 16- O meu amigo sempre ... moi ben o latín. 17- Galicia ... moitas patacas e millo, este ano. CÓMPRE LEMBRAR: Un erro moi frecuente é a pronunciación do galego como se fose en castelán nos seguintes tempos: Na primeira e segunda persoa do plural do imperfecto de indicativo, así din no plural MAL: Estábamos, estábades, en vez de dicir: Estabamos e estabades, sen til. Tamén se pronuncian mal nas mesmas dúas persoas do plural do pluscuamperfecto de indicativo e condicional. Debemos polo tanto evitar estes castelanismos: Estábamos, estábades, estíveramos, estivérades e estaríamos, estaríades. Novas normas: Imperfecto de indicativo: cantabamos, cantabades; viamos, viades, etc. Pluscuamperfecto de indicativo: cantaramos, cantarades. Condicional: cantariamos, cantariades, etc. Tamén no pretérito de subxuntivo, segundo a última normativa, debe pronunciarse como esdrúxula, vexamos: cantásemos e non cantasemos; vísemos, vísedes e non visedes; colleramos e non colléramos do pluscuamperfecto; rísemos e non risemos do pretérito de subxuntivo. O pretérito imperfecto: é a forma do verbo que nos indica o que se facía no pasado, así: diciamos, despachaban; dabades; vendiamos, etc. O pluscuamperfecto e o pretérito perfecto son as formas do verbo que nos indican o que xa se fixo e rematou no pasado, exemplos: partira, deu, mercaches, levaron, puxera. Debemos evitar o erro máis común, repetimos, de “facer” tempos compostos, como o incorrecto”HABÍA DITO” no canto de dixera, ou”TI HABÍAS FEITO” en vez de fixeras.
17
Galego: curso de iniciación
TEMA 9 ERROS MÁIS COMÚNS: A) Despois de ver que o verbo galego é un dos máis fáciles de estudar e a razón principal é que NON HAI TEMPOS COMPOSTOS, como dixemos ó comezo, así: Non se debe dicir “había dito” senón dixera, dixeras, etc., por repetilo que non sexa. 1) Outro erro moi común é dicir: VOS TIVÉCHEDES. Este tivéchedes NON existe en galego, confundímolo con TI TIVECHES e con VÓS TIVESTES ou con VOS TIVÉSEDES, que son correctos. 2) PARA APRENDELO MELLOR: Posiblemente o tempo máis difícil do verbo galego sexa o pretérito perfecto de indicativo na: 2ª persoa do singular: Ti tive-ches e na 2ª persoa do plural: Vós tive-stes. (Eu tiven, ti tiveches, el tivo, nós tivemos, vós tivestes, eles tiveron) Pois engadíndolle ó lexema ou radical as terminacións –ches en singular e –stes en plural ó Pretérito de calquera verbo acertarémolos todos: En souben TI SOUBE-CHES, el soubo, nós soubemos, vós SOUBE-STES, eles souberon. Outro (Ser ou ir). Eu fun, TI FU-CHES, el foi, nós fomos, vós FO-STES. Eles foron, e así con todos os pretéritos. E xa están aprendidos todos os pretéritos de indicativo. E temos o SOUBÉSEDES ou FIXÉSEDES, Pretéritos de Subxuntivo: así eu fixese, ti fixeses, el fixese, nós fixésemos, vós fixésedes, eles fixesen. Por conseguinte hai que rexeitar o incorrecto “tivéchedes”, moi introducido na fala popular: Exemplos correctos: a) Ti tiveches moita sorte porque non soubeches o que pasou b) Se ti estiveses (pret. subxuntivo) máis atento, estivésedes todos moito mellor. Os demais tempos dos verbos xa os publicaremos en leccións sucesivas. B) Outro erro tamén moi común tanto en galego como na lingua irmá, o castelán, é o de empregar mal o infinitivo ó confundilo co imperativo. Vexamos, non é o mesmo “calar” que “calade”. No uso do imperativo, acostúmase a cometer dous erros graves que debemos evitar: · Así hai quen di, calar!, por calade!; vir!, por vinde!. O infinitivo non se pode empregar nestes casos. En cambio é correcto dicir en infinitivo, A calar!, a durmir! · Cando o pronome “os”, se une ó imperativo (mandato), din moitos “calarvos” debe ser “caládevos”; sentarvos debe ser “sentádevos”.
18
Galego: curso de iniciación
CÓMPRE TER PRESENTE: Atención: co verbo IR máis o infinitivo de calquera outro verbo NUNCA leva “a”. Así está ben dito: Vou xantar, vou escribir, Vou falar, etc. Pero en cambio está moi mal en castelán, se dicimos: Voy llamar a Pepe (Por influencia do galego): Vou chamar a Pepe. Debe dicirse Voy a llamar a Pepe, e en galego: Vou chamar a Pepe. RECORDEMOS: Admítese OUVIR como variante de OÍR. EXERCICIOS POSTOS NUNHA OPOSICIÓN Sinale cun círculo o antepretérito ou antecopretérito correcto: 1. anduvera 2. había andado 3. andivera 4. andara Sinale cun círculo o pretérito correcto: 1 andiven 2 andei 3 anduvera 4 he andado
REPASEMOS ALGUNHAS DÚBIDAS
PLANTEXAR: Gústalle moito usar esta palabra, tanto como PLANTEXAMENTO, a certos políticos e ós que non o son, o que non é correcto. PLANTEAR ou PLANTEXAR: é incorrecto o seu uso na fala e na escrita, son castelanismos que hai que evitar. Debemos usar calquera das seguintes palabras: formular, programar, planificar, propoñer, proxectar, introducir. PLANTEXAMENTO ou PLANTEAMENTO: Son incorrectas estas formas por ser un híbrido galego-castelán. Debe dicirse proxecto, exposición, programa, presentación. POBO: O seu uso é correcto cando se refire ás persoas que viven nun lugar, vila ou aldea: O pobo coruñés, o pobo español. VILA, ALDEA, LOCALIDADE, LUGAR, PARROQUIA, BURGO indican o lugar onde habita a “poboación”, a xente. Non é correcto dicir o meu pobo é Santigao ou Ferrol.
19
Galego: curso de iniciación
TEMA 10 Na lección anterior deste Galego Práctico falaramos do VERBO. Cómpre repasar aquel Tema (7) para lembrar as súas equivalencias e así non as repetimos aquí. A continuación temos conxugados os tres modelos ou paradigmas: AND-AR; COLL-ER e PART-IR polos que se conxugan os milleiros de verbos REGULARES que rematan en -AR, -ER e -IR. Os verbos polos cambios que poidan sufrir na raíz ou radical, sobre todo poden ser: REGULARES e IRREGULARES. Os REGULARES: Nestes non Cambia a raíz do modelo regular ou paradigma polo que se conxugan. Para a primeira: and-ar. Para asegunda: coll-er e para a 3ª conxugación part-ir, por non cambiaren a raíz ni a terminación chámanse regulares; Estes que acabamos de citar serven de modelos. A raíz nestes verbos regulares non cambia ea demais danos o significado do verbo. (Non falamos da vogal temática nin das desinencias ou terminacións). 1ª CONXUGACION 2ª CONXUGACION 3ª CONXUGACION ANDAR COLLER PARTIR ______________________________________________________________________ INDICATIVO ______________________________________________________________________ Presente and-o coll-o part-o and-as coll-es part-es and-a coll-e part-e and-a-mos coll-e-mos part-i-mos and-a-des coll-e-des part-i-des and-an coll-en part-en Imperfecto and-a-ba coll-ía part-ía and-a-ba-as coll-í-a-s part-ía-s and-a-ba coll-ía part-ía and-a-ba-mos coll-ía-mos part-ia-mos and-a-ba-des coll-ía-des part-ia-des and-a-ba-n coll-ía-n part-ía-n Perfecto and-ei coll-ín part-ín and-aches coll-iches part-iches and-ou coll-eu part-iu and-amos coll-emos part-imos and-astes coll-estes part-istes and-aron coll-eron part-iron 20
Galego: curso de iniciación
Pluscuamperfecto and-a-ra coll-e-ra part-i-ra and-a-ra-s coll-e-ra-s part-i-ra-s and-a-ra coll-e-ra part-i-ra and-a-ra-mos coll-e-ra-mos part-i-ra-mos and-a-ra-des coll-e-ra-des part-i-ra-des and-a-ra-n coll-e-ra-n part-i-ra-n Futuro and-a-re-i coll-e-re-i part-i-re-i and-a-rá-s coll-e-rá-s part-i-rá-s and-a-rá coll-e-rá part-i-rá and-a-re-mos coll-e-re-mos part-i-re-mos and-a-re-des coll-e-re-des part-i-re-des and-a-rá-n coll-e-rá-n part-i-rá-n Futuro hipotético (condicional) and-a-ría coll-e-ría part-i-ría and-a-ría-s coll-e-ría-s part-i-ría-s and-a-ría coll-e-ría part-i-ría and-a-ria-mos coll-e-ria-mos part-i-ria-mos and-a-ria-des coll-e-ria-des part-i-ria-des and-a-ría-n coll-e-ría-n part-i-ría-n SUBXUNTIVO Presente and-e coll-a part-a and-e-s coll-a-s part-a-s and-e coll-a part-a and-e-mos coll-a-mos part-a-mos and-e-des coll-a-des part-a-des and-e-n coll-a-n part-a-n Imperfecto and-a-se coll-e-se part-i-se and-a-se-s coll-e-se-s part-i-se-s and-a-se coll-e-se part-i-se and-á-se-mos coll-é-se-mos part-í-se-mos and-a-se-des coll-e-se-des part-i-se-des and-a-se-n coll-e-se-n part-i-se-n
21
Galego: curso de iniciación
Futuro and-a-r coll-e-r part-i-r and-a-r-es coll-e-r-es part-i-r-es and-a-r coll-e-r part-i-r and-a-r-mos coll-e-r-mos part-i-r-mos and-a-r-des coll-e-r-des part-i-r-des and-a-r-en coll-e-r-en part-i-r-en IMPERATIVO__________________________ and-a coll-e part-e and-a-de coll-e-de part-i-de INFINITIVO___________________________ and-ar coll-er part-ir XERUNDIO___________________________ and-ando coll-endo part-endo PARTICIPIO___________________________ and-ado coll-ido part-ido REPARADE: Ollo á acentuación como: andabamos, collésedes etc. para non caer no castelanismo. - A pasiva fórmase co auxiliar ser e o participio do verbo que se conxuga: o enfermo foi levado ó hospital. Pouco usado en galego. - Segundo andar conxúganse entre outros: pagar, cantar, saltar, chegar, fregar, cegar, folgar, probar, etc. - Conforme coller conxúganse: beber, fender, erguer, toller, chover, temer, verquer, feder, tecer, premer, acender, coñecer etc. - Como partir: concluír, unir, vivir, dirixir, fundir, etc. Últimas normas actualizadas: Continuación: 1- Admítese as terminacións -ble coma -bel (perduráble ou perdurabel). Son correctas tamén as formas: amábel, apetecíbel, bebíbel, estábel, indelébel, indisolúbel, infalíbel, preferíbel, terribel. Cómpre recordar que no texto das Normas emprégase –ble. Así son normativas: estable, establecer, preferible, infalible, amable e outras. 2- Temos tamén puberdade, liberdade, lealdade, enfermidade, novidade, herdade,soidade. Pero en cambio dise necidade, e sucidade. Son correctas: solidariedade, notoriedade, variedade, das que xa temos falado. Nas leccións seguintes poñeremos, coma hoxe, os modelos dos verbos IRREGULARES máis usados. Aprendédeos. Pero antes: VERBOS IRREGULARES son os que non se axustan o modelo de conxugación regular, que xa vimos no tema anterior. Estas irregularidades afectan á raíz ou radical e á vogal temática. Aínda que é moi pequeno o seu número son de uso moi frecuente, por iso é moi importante o seu estudo. 22
Galego: curso de iniciación
HABER INDICATIVO Presente
Copretérito
Pretérito
hei
había
houben
has
habías
houbeches
ha, hai
había
houbo
habemos/hemos habiamos
houbemos
habedes
habiades
houbestes
han
habían
houberon
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
houbera
haberei
habería
houberas
haberás
haberías
houbera
haberá
habería
houberamos
haberemos
haberiamos
houberades
haberedes
haberiades
houberan
haberán
haberían
Presente
Pretérito
Futuro
haxa
houbese
houber
haxas
houbeses
houberes
haxa
houbese
houber
haxamos
houbésemos
houbermos
haxades
houbésedes
houberdes
haxan
houbesen
houberen
SUBXUNTIVO
FORMAS NOMINAIS Inf. Conx.
Infinit.
Xerund.
Partic.
haber
haber
habendo
habido
haberes haber habermos haberdes haberen OBSERVADE que na 3ª persoa do presente de indicativo a carón da forma “HA” usada normalmente como auxiliar —ha morrer— —ha facer tal cousa—, temos a forma impersoal “HAI”. Exemplo: Hai tempo que non o vexo”. “Hai contaminación no mar”.
23
Galego: curso de iniciación
SER INDICATIVO Presente
Copretérito
Pretérito
son
era
fun
es
eras
fuches
é
era
foi
somos
eramos
fomos
sodes
erades
fostes
son
eran
foron
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
fora
serei
sería
foras
serás
serías
fora
será
sería
foramos
seremos
seriamos
forades
seredes
seriades
foran
serán
serían
Presente
Pretérito
Futuro
sexa
fose
for
sexas
foses
fordes
sexa
fose
for
sexamos
fósemos
formos
sexades
fósedes
fordes
sexan
fosen
foren
SUBXUNTIVO
IMPERATIVO se
2ª persoa do singular
sede
2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS Inf. Conx.
Infinit.
Xerund.
Partic.
ser
ser
sendo
sido
seres ser sermos serdes seren
24
Galego: curso de iniciación
RECORDEMOS AS NOVAS NORMAS (Continuación) Os grupos cultos -ct - e -cc- redúcense a -t- e -c- cando van tras as vogais i e u. Disto xa temos falado pero repetímolo: A) Deben escribirse: tradución, estrutura, produto, delito, ditado, conduta, vítima, construción, xurisdición, tradutor, produción. *Son moitas e moi difíciles para recordalas todas aquí, o mellor é consultar un bo dicionario actualizado. - Agora vexamos unha morea de palabras cultas que non suprimen o “c”. Polo tanto. B) Deben escribirse igual: veredicto, edicto, dicción, adicción, indicción, invicto, micción, convicción, dúctil, eructo, fricción. O que confirma a nota anterior da súa dificultade C) Debe dicirse: reitor (O Reitor da Universidade), reitorado, reitoral.
TEMA 12 DAR INDICATIVO Presente
Copretérito
Pretérito
dou
daba
Dei
dás
daba
Deches
dá
daba
Deu
damos
dabamos
demos
dades
dabades
destes
dan
daban
deron
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
dera
darei
daría
deras
darás
darías
dera
dará
daría
deramos
daremos
dariamos
derades
daredes
dariades
deran
darán
darían
Presente
Pretérito
Futuro
dea
dese
der
deas
deses
deres
dea
dese
der
deamos
désmos
dermos
deades
désedes
derdes
dean
desen
deren
SUBXUNTIVO
25
Galego: curso de iniciación
IMPERATIVO dá
2ª persoa do singular
dade
2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS Inf. Conx.
Infinit.
Xerund.
Partic.
dar
dar
dando
dado
dares dar darmos dardes daren DICIR INDICATIVO Presente
Copretérito
Pretérito
digo
dicía
dixen
dis
dicías
dixeches
di
dicía
dixo
dicimos
diciamos
dixemos
dicides
diciades
dixestes
din
dicían
dixeron
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
dixera
direi
diría
dixeras
dirás
dirías
dixera
dirá
diría
dixeramos
diremos
diriamos
dixerades
diredes
diriades
dixeran
dirán
dirían
Presente
Pretérito
Futuro
diga
dixese
dixer
digas
dixeses
dixeres
diga
dixese
dixer
digamos
dixésemos
dixermos
digades
dixésedes
dixerdes
digan
dixesen
dixeren
SUBXUNTIVO
26
Galego: curso de iniciación
IMPERATIVO di ti
2ª persoa do singular
dicide vos
2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS Inf. Conx.
Infinit.
Xerund.
Partic.
dicir
dicir
dicindo
dito
dicires dicir dicirmos dicirdes diciren Conxúganse tamén así os derivados de dicir: contradicir, desdicir, predicir. No galego actual existe unha tendencia maioritaria a conxugar os verbos bendicir e maldicir de maneira totalmente regular (bendice, bendicirá, bendiza, bendiciu, etc.) se ben tampouco parece condenable, sobre todo no presente de indicativo e subxuntivo, a conxugación seguindo o modelo de dicir. ERROS MOI COMÚNS CONFUSIÓN COS VERBOS “DAR” e “DICIR” Ás veces oímos: “Xa non teño máis, “din” todo o que tiña”. Non é o mesmo: “Din que vai chover”. Din = anuncian. Confunden os dous verbos: “Din” todo o que tiña”, está mal empregado, pois “din” sempre é do verbo “dicir”. O correcto é dicir: “Dei todo o que tiña”. Polo tanto debe dicirse: Os políticos “din” que mellorará a situación económica. En cambio con “Din” á esmola ó pobre. Debe ser “Dei” á esmola ó pobre. Eu dei = de dar Eles din = de dicir ESTAR INDICATIVO Presente
Copretérito
Pretérito
estou
estaba
estiven
estás
estabas
estiveches
está
estaba
estivo
estamos
estabamos
estivemos
estades
estabades
estivestes
están
estaban
estiveron
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
estivera
estarei
estaría
estiveras
estarás
estarías
estivera
estará
estaría 27
Galego: curso de iniciación
estiveramos
estaremos
estariamos
estiverades
estaredes
estariades
estiveran
estarán
estarían
Presente
Pretérito
Futuro
estea
estivese
estiver
esteas
estiveses
estiveres
estea
estivese
estiver
esteamos
estivésemos
estivermos
esteades
estivésedes
estiverdes
estean
estivesen
estiveren
SUBXUNTIVO
IMPERATIVO está
2ª persoa do singular
estade
2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS Inf. Conx.
Infinit.
Xerund.
Partic.
estar
estar
estando
estado
estares estar estarmos estardes estaren Os verbos arrestar, contrastar, obstar, prestar, restar, derivados latinos de STARE, por seren hoxe semanticamente opacos, son totalmente regulares: resto, restaba, restei... FACER INDICATIVO Presente
Copretérito
Pretérito
fago
facía
fixen
fas
facías
fixeches
fai
facía
fixo
facemos
faciamos
fixemos
facedes
faciades
fixestes
fan
facían
fixeron
28
Galego: curso de iniciación
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
fixera
farei
faría
fixeras
farás
farías
fixera
fará
faría
fixeramos
faremos
fariamos
fixerades
faredes
fariades
fixeran
farán
farían
Presente
Pretérito
Futuro
faga
fixese
fixer
fagas
fixeses
fixeres
faga
fixese
fixer
fagamos
fixésemos
fixermos
fagades
fixésedes
fixerdes
fagan
fixesen
fixeren
SUBXUNTIVO
IMPERATIVO fai
2ª persoa do singular
facede
2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS Inf. Conx.
Infinit.
Xerund.
Partic.
facer
facer
facendo
feito
faceres facermos facerdes serdes faceren Conxúganse do mesmo xeito os derivados de facer, refacer, desfacer, satisfacer. IR INDICATIVO Presente
Copretérito
Pretérito
vou
a
fun
vas
ías
fuches
vai
ía
foi
imos
iamos
fomos
ides*
iades
fostes
van
ían
foron 29
Galego: curso de iniciación
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
fora
irei
iría
foras
irás
irías
fora
irá
iría
foramos
iremos
iríamos
forades
iredes
iriades
foran
irán
irían
Presente
Pretérito
Futuro
vaia
fose
for
vaias
foses
fordes
vaia
fose
for
vaiamos
fósemos
formos
vaiades
fósedes
fordes
vaian
fosen
foren
SUBXUNTIVO
IMPERATIVO vai
2ª persoa do singular
vamos ide
2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS Inf. Conx.
Infinit.
Xerund.
Partic.
ir
ir
indo
ido
ires ir irmos irdes iren O verbo derivado latino preterir carece de motivación semántica; nas persoas en que non é defectivo conxúgase como advertir, e non como derivado de IR. * “Vades” non existe.
30
Galego: curso de iniciación
TEMA 13 PODER INDICATIVO Presente
Copretérito
Pretérito
Podo
Podía
Puiden
Podes
Podías
Puideches
Pode
Podía
Puido
Podemos
Podiamos
Puidemos
Podedes
Podiades
Puidestes
Poden
Podían
Puideron
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
Puidera
Poderei
Podería
Puideras
Poderás
Poderías
Puidera
Poderá
Podería
Puideramos
Poderemos
Poderiamos
Puiderades
Poderedes
Poderiades
Puideran
Poderán
Poderían
Presente
Pretérito
Futuro
Poida
Puidese
Puider
Poidas
Puideses
Puideres
Poida
Puidese
Puider
Poidamos
Puidésemos
Puidermos
Poidades
Puidésedes
Puiderdes
Poidan
Puidesen
Puideren
SUBXUNTIVO
IMPERATIVO Pode
2ª persoa do singular
Podede
2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS Inf. Conx.
Infinit.
Xerund.
Partic.
Poder
Poder
Podendo
Podido
Poderes Poder Podermos Poderdes Poderen 31
Galego: curso de iniciación
POÑER = PÓR INDICATIVO Presente
Copretérito Pretérito
Poño
Poñía
Puxen
Pos
Poñías
Puxeches
Pon
Poñía
Puxo
Poñemos
Poñiamos
Puxemos
Poñedes
Poñiades
Puxestes
Poñen
Puñían
Puxeron
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
Puxera
Poñerei
Poñería
Puxeras
Poñerás
Poñerías
Puxera
Poñerá
Poñería
Puxeramos
Poñeremos Poñeriamos
Puxerades
Poñeredes Poñeriades
Puxeran
Poñerán
Poñerían
Presente
Pretérito
Futuro
Poña
Puxese
Puxer
Poñas
Puxeses
Puxeres
Poña
Puxese
Puxer
Poñamos
Puxésemos Puxermos
Poñades
Puxésedes Puxerdes
Poñan
Puxesen
SUBXUNTIVO
Puxeren
IMPERATIVO Pon
2ª persoa do singular
Poñede
2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS Inf. Conx.
Infinit.
Xerund.
Partic.
Poñer
Poñer
Poñendo
Posto
Poñeres Poñer Poñermos Poñerdes Poñeren 32
Galego: curso de iniciación
PÓR = POÑER INDICATIVO Presente
Copretérito
Pretérito
Poño
Puña
Puxen
Pos
Puñas
Puxeches
Pon
Puña
Puxo
Pomos
Puñamos
Puxemos
Pondes
Puñades
Puxestes
Pon
Puñan
Puxeron
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
Puxera
Porei
Poría
Puxeras
Porás
Porías
Puxera
Porá
Poría
Puxeramos
Poremos
Poriamos
Puxerades
Poredes
Poriades
Puxeran
Porán
porían
Presente
Pretérito
Futuro
Poña
Puxese
Puxer
Poñas
Puxeses
Puxeres
Poña
Puxese
Puxer
Poñamos
Puxésemos
Puxermos
Poñades
Puxésedes
Puxerdes
Poñan
Puxesen
Puxeren
SUBXUNTIVO
IMPERATIVO Pon
2ª persoa do singular
Ponde
2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS Inf. Conx.
Infinit.
Xerund.
Partic.
Pór
Pór
Pondo
Posto
Pores Pór Pomos Pordes Poren 33
Galego: curso de iniciación
Conxúganse igual que poñer e pór os seus derivados, tanto os formados con prefixos cultos coma cos populares. Así, os formados con ante-, a-, com-, contra-, de-, des-, com-, dis-, ex-, im-, indis-, o-, predis-, presu-, pro-, re-, recom-, su-, super-, tras-, xusta-. Así antepoñer, apoñer, compoñer...etc
TRAER INDICATIVO Presente
Copretérito
Pretérito
Traio
Traía
Trouxen
Traes
Traías
Trouxeches
Trae
Traía
Trouxo
Traemos
Traiamos
Trouxemos
Traedes
Traiades
Trouxestes
Traen
Traían
Trouxeron
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
Trouxera
Traerei
Traería
Trouxeras
Traerás
Traerías
Trouxera
Traerá
Traería
Trouxeramos
Traeremos
Traeriamos
Trouxerades
Traeredes
Traeriades
Trouxeran
Traerán
Traerían
Presente
Pretérito
Futuro
Traia
Trouxese
Trouxer
Traias
Trouxeses
Trouxeres
Traia
Trouxese
Trouxer
Traiamos
Trouxésemos
Trouxermos
Traiades
Trouxésedes
Trouxerdes
Traian
Trouxesen
Trouxeren
SUBXUNTIVO
IMPERATIVO Trae
2ª persoa do singular
Traede
2ª persoa do plural
34
Galego: curso de iniciación
FORMAS NOMINAIS Inf. Conx.
Infinit.
Xerund.
Partic.
Traer
Traer
Traendo
Traído
Traeres Traer Traermos Traerdes traeren
Os derivados abstraer, atraer, contraer, distraer, extraer, retraer e subtraer, por seren semanticamente inmotivados, son regulares en todos os tempos: distraio, distraía, distraín, distraera, distraerei, distraer distraia, distraese, distraer. QUERER INDICATIVO Presente
Copretérito
Pretérito
Quero
Quería
Quixen
Queres
Querías
Quixeches
Quere
Quería
Quixo
Queremos
Queriamos
Quixemos
Queredes
Queriades
Quixestes
Queren
Querían
Quixeron
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
Quixera
Quererei
Querería
Quixeras
Quererás
Quererías
Quixera
Quererá
Querería
Quixeramos
Quereremos
Quereriamos
Quixerades
Quereredes
Quereriades
Quixeran
Quererán
Quererían
Presente
Pretérito
Futuro
Queira
Quixese
Quixer
Queiras
Quixeses
Quixeres
Queira
Quixese
Quixer
Queiramos
Quixésemos
Quixermos
Queirades
Quixésedes
Quixerdes
Queiran
Quixesen
Quixeren
SUBXUNTIVO
35
Galego: curso de iniciación
IMPERATIVO Quere
2ª persoa do singular
Querede
2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS Inf. Conx.
Infinit.
Xerund.
Partic.
Querer
Querer
Querendo
Querido
Quereres Querer Querermos Quererdes Quereren Os derivados cultos de querer (adquirir, inquirir, requirir) son inmotivados semanticamente; seguen por tanto a lei xeral de incorporación de verbos cultos.
TEMA 14 Hoxe falaremos de algúns verbos con CASOS ESPECIAIS. É dicir alternan, só nalgúns tempos, algunhas vogais. -Verbos rematados en –UIR: constituír, construír, restituír, contribuír, prostituír, destruír, concluír, substituír, incluír. CONSTRUÍR: Presente de Indicativo: constrúo, constrúes, constrúe..... Subx. Presente: constrúa, constrúas, constrúa, construamos, construades, constrúan. -Verbos rematados en –ECER: agradecer, coñecer, crecer, renacer, ou -UCIR: conducir, producir, inducir, aducir, traducir. AGRADECER: Presente de Indicativo: agradezo, agradeces, agradece... Subx. Presente: agradeza, agradezas, agradeza, agradezamos, agradezades, agradezan. CONDUCIR: Presente de Indicativo: conduzo, conduces, conduce. Subx. Presente: conduza, conduzas, conduza, conduzamos, conduzades, conduzan. -Verbos rematados en –UCIR nos que se cometen moitos erros: conducir, producir, inducir, traducir, aducir, reducir. CONDUCIR: Perfecto: conducín, conduciches, conduciu, conducimos, conducistes, conduciron. Pluscuamperfecto: conducira, conduciras, conducira.... Subx. Imperfecto: conducise, conducises, conducise...
36
Galego: curso de iniciación
VERBOS: DURMIR, SUBIR, ULIR, FUXIR Conxúganse como durmir: acudir, muxir, bulir, ruxir, consumir, pulir, cubrir (e derivados), como subir: cumprir, sufrir, cuspir, sumir, tusir, engulir, fundir, xunguir, xurdir, lucir (e derivados). PRESENTE DE INDICATIVO DURMIR
SUBIR
ULIR
FUXIR
durmo
subo
ulo
fuxo
dormes
sobes
oles
foxes
dorme
sobe
ole
foxe
durmimos
subimos
ulimos
fuximos
durmides
subides
ulides
fuxides
dormen
soben
olen
foxen
Os demais tempos destes verbos son regulares, conxúganse polos seus modelos regulares. COPRETÉRITO DURMIR
SUBIR
ULIR
FUXIR
durmía
subía
ulía
fuxía
durmías
subías
ulías
fuxías
durmía
subía
ulía
fuxía
durmiamos
subiamos
uliamos
fuxiamos
durmiades
subiades
uliades
fuxiades
durmían
subían
ulían
fuxían
DURMIR
SUBIR
ULIR
FUXIR
durmirei
subirei
ulirei
fuxirei
durmirás
subirás
ulirás
fuxirás
durmirá
subirá
ulirá
fuxirá
durmiremos
subiremos
uliremos
fuxiremos
durmiredes
subiredes
uliredes
fuxiredes
durmirán
subirán
ulirán
fuxirán
DURMIR
SUBIR
ULIR
FUXIR
durme
sube
ule
fuxe
durmide
subide
ulide
fuxide
FUTURO
IMPERATIVO
O resto dos tempos son regulares Conxúganse como servir: conseguir, ferir, mentir, seguir, sentir. 37
Galego: curso de iniciación
PRESENTE DE INDICATIVO SERVIR
SENTIR
SEGUIR
sirvo
sinto
sigo
serves
sentes
segues
serve
sente
segue
servimos
sentimos
seguimos
servides
sentides
seguides
serven
senten
seguen
SERVIR
SENTIR
SEGUIR
servía
sentía
seguía
servías
sentías
seguías
servía
sentía
seguía
SERVIR
SENTIR
SEGUIR
sirve
sinte
sigue
servide
sentide
seguide
COPRETÉRITO
IMPERATIVO
SABER INDICATIVO Presente
Copretérito
Pretérito
sei
sabía
souben
sabes
sabías
soubeches
sabe
sabía
soubo
sabemos
sabiamos
soubemos
sabedes
sabiades
soubestes
saben
sabían
souberon
Antepretérito
Futuro
Pospretérito
soubera
saberei
sabería
souberas
saberás
saberías
soubera
saberá
sabería
souberamos
saberemos
saberiamos
souberades
saberedes
saberiades
souberan
saberán
saberían 38
Galego: curso de iniciación
SUBXUNTIVO Presente
Pretérito
Futuro
saiba
soubese
souber
saibas
soubeses
souberes
saiba
soubese
souber
saibamos
soubésemos
soubermos
saibades
soubésedes
sabede
saiban
soubesen
souberen
IMPERATIVO sabe
2ª persoa do singular
sabedes
2ª persoa do plural
FORMAS NOMINAIS Inf. Conx.
Infinit.
Xerund.
Partic.
saber
saber
sabendo
sabido
saberes saber sabermos saberdes saberen Obsérvese o paralelismo da conxugación dos verbos caber e saber, pois coinciden, agás na 1ª persoa do presente de indicativo: caibo, sei.
TEMA 15 Tratamos hoxe dos COMPARATIVOS. Temos ás veces moitas dificultades en saber cando empregar correctamente as partículas COMA e COMO; co, có; ca, cá, cos seus respectivos plurais: cos, cós, cás e coa, coas. Por exemplo: Cólleo coa man (e non ca man). Fíxoo como sabía (e non coma sabía) É moi doado e pode quedar aprendido para sempre se temos en conta o seguinte: COMPARATIVOS: “Coma” alterna ou pode cambiar por “como”. “Ca” alterna ou pode cambiar por “que”.
39
Galego: curso de iniciación
A) Empregamos a partícula COMA nestes casos: Diante de calquera palabra que non sexa un verbo. Exemplos: a) É tan bo coma ti. b) Sabe tanto coma Carme. c) É un home coma outro. B) Empregamos a partícula COMO no seguinte caso: Cando vai diante dun verbo hai que a usar obrigatoriamente. Exemplos: a) Fíxoo como sabía. b) Traballou como puido. c) Non fala tan ben como escribe. d) Traballa como come. Xa vimos o doado que é o uso de COMA ou COMO que se poden usar indistintamente. Non así COMO que ten que ser sempre usado diante do verbo. Agora veremos o uso correcto de ca, cá, co, có, coa e que os. C) Empregaremos a partícula “ca” tamén diante de calquera palabra que non sexa verbo. É obrigatorio diante dos pronomes persoais. Exemplos: a) É mellor ca ti ou ca el. etc. b) É máis forte ca min. c) E máis lacazán ca traballador. d) Quero ir mellor á festa ca ó traballo. d) Vou mellor ó cine ca á túa casa. Tende presente este exemplo: e) Chego antes a Lugo ca á Coruña. D) Vexamos agora exercicios coa partícula “cá”. Esta cá sae da contracción de “ca”, comparativo, + “o”, artigo, “a” (ca+a=cá). Exemplos: a) A miña casa é mellor cá túa. b) Gústame máis cá praia. c) As miñas cousas son peores cás túas. c) Esa é maior cás miñas. E) Temos o caso da partícula “coa” que cunha boa pronuncia pode soar “ca” pero débese escribir sempre “coa” ou “coas”. (Esta partícula sae da contracción da preposición con mais o artigo feminino a (con+a=coa). Exemplos: A) Cólleo coa man. b) Cólleo coa culler. c) Chegou coas amigas. F) Faremos exercicios agora coa partícula “co”. Este “co” sae da contracción da preposición “con” mais o artigo “o” (con+o=co). Exemplos: a) Chegou co seu libro. b) Estudou co amigo. c) Chegou cos seus libros. d) Estudou cos amigos. Temos o caso agora de “có”. Esta partícula sae da conxunción comparativa “ca” mais o artigo “o” (ca+o=có). Exemplo: a) Era máis traballador có amigo. b) Era mellor rapaz cós demais. LEMBRADE Ás veces podémonos trabucar cando oímos pronunciar en bo galego estas contraccións, se as escribimos tal coma as escoitamos: Exemplos: 1- Dixéronme cos teus avós son bos. (está ben pronunciado). Pero mal escrito o “cos”. 1'- Dixéronme que os teus avós son bos. (Hai que escribir así). 2- Avísalle cas túas irmás chegan mañá. (Ben pronunciado). Mal escrito “cas”. 2'- Avísalle que as túas irmás chegan mañá. (Hai que escribir así). 3- Contan co viron de noite. (Está ben pronunciado). Mal escrito “co”. 3'- Contan que o viron de noite. (Hai que escribir así). EXERCICIOS Colocade por esta orde: 1- coma. 2- ca. 3- cos, coa. 4- que os, cós. 5- coma. 6- co. 7- coas. 8- cás. 9como. 10- ca. 1- Fala e escribe o galego ... min. 2- Axúdalle máis a irmá ... ó irmán. 3- Chegou ... libros que lle tocaron ... rifa. 4- Din ... teus traballos son mellores ... meus. 5- Estarei sempre contigo ... ata agora. 6- Non se atreven a vir ... amigo. 7- Non se debe tocar o balón ... mans. 8- As miñas cores pintan mellor ... túas. 40
Galego: curso de iniciación
9- Dime ... se chama o teu can? 10- Tivo máis sorte ... eles. APRENDENDO MÁIS: O comparativo pode ser de: 1. Igualdade con: a) tan, b) coma, c) como. a. Son tan alto coma ti. b. O exame foi tan doado como pensaba. c. Xaquín é tan grande coma min. 2. Superioridade: a) máis, b) que, c) do que. a. É máis bo do que parece. b. Bótame máis auga que/ca viño. c. Pocholo traballa máis ca nós. 3. Inferioridades: a) menos, b) ca/que, c) do que. a. Teño menos traballo do que ti tes. b. Lois é menos louro ca min. c. Ten menos cartos ca calquera. OBSERVACIÓN: Hai que evitar o incorrecto MÁIS MAIOR, tan pouco dicimos MÁIS PEOR. En Galicia dicimos, por exemplo: o fillo “máis vello” (por maior) ou o fillo “máis novo”. Non está admitido “xoven”, nin “xóvenes” que aínda vemos en publicacións oficiais.... Debe dicirse “mozos” “novos”. Así “viño novo” non viño xoven. É incorrecto: “xóvenes agricultores”. EXERCICIOS RESOLTOS. COMPARATIVOS DE: - (Igualdade) Foi un día tan chuvioso como dixeron. - (Igualdade) Esta vila é tan bonita como/a aquela. - (Superioridade) A casa éche máis alta do que eu cría. - (Superioridade) Helena é máis cariñosa ca/que Xosé. - (Inferioridade) Saíu menos doce do que querían. - (Inferioridade) Ten menos cartos ca/que calquera de vós. O SUPERLATIVO: 1. Absoluto: A calidade está no maior grao de todos. a. Aquel foi o maior atrevemento do alpinista. 2. Relativo: indica a calidade tamén no maior grao de todos con respecto ós demais cos que se pode relacionar: a. Son os máis preocupados por saber do instituto. 3 Superlativos sintéticos: Mísero = misérrimo. Feo = feísimo. Acre = acérrimo. Fiel = fidelísimo. Vello = vellísimo.
41
Galego: curso de iniciación
TEMA 16
PALABRAS QUE EMPREGAMOS MAL Ás veces escoitamos “o galego de agora non se entende”, “o bo galego fálase nas aldeas”. Isto non é certo pero ten a súa lóxica. Vexámolo: * A lingua mantívose só oralmente e cada un escribíaa como podía. Isto aconteceu por mor da famosa “doma e castración de Galicia”, segundo o cualificou o cronista de Fernando o Católico, Xerónimo de Zurita. Durante máis de tres séculos - XV, XVI, XVII a literatura galega ensúmase no silencio dos chamados “séculos escuros”, pola devandita causa... * É lóxico que só coa tradición oral, a nosa lingua se fose deturpando e chegásemos ó castrapo —nin galego nin castelán— “o arcaísmo”, ó vulgarismo e ó hipergaleguismo ou hiperenxebrismo dos que xa falaremos máis adiante. Isto pasou por influencia ou calco do castelán e outras veces por crear formas falsamente galegas. APRENDEDE: 1- SEMANA (non semán), PARELLA (non parexa), COELLOS (non conexos). 2- MANUEL (non Manoel), LONXE (non lexos), AMBIENTE (non ambente), CIENCIA (non cencia). 3- CALQUERA (non calqueira) 4- ANDARA (non había andado nin andivera, nin anduvera), ÁMBITO (non ámeto, nin ámbeto. 5- ESTE (non iste), CELLAS (non cexas). 6- PRIMAVERA (non primaveira), IGREXAS (non eirexas), MONUMENTOS (non moimentos) 7- OFICINA (non oficiña), ESTRADA (non carreteira), ÁRBORES (non albres nin arbes). 8- PULMONIA (non polmonía). 9- ESPERANZA (non espranza), LINGUA (non lingoa), SAÚDE (non salú). 10- QUEN (non quenes), HORIZONTE (non hourizonte). 11- BRILLABA (non brilaba), ANDOU (non andivo, nin anduvo)), SOMBRA (non soma) 12- MONTAÑA (non montana), NINGUÉN (non naide), NADA ou REN(1). 13- ZONA (non zoa(2)), ZOA. 14- PERSOAS(3) (non personas), PERSOAL (non personal), XERAL(4) (non xeneral). 15- XENERAL (militar) (non xeral), XERALMENTE (non xeneralmente), PERSONALIDADE (non persoalidade), PERSONAXE (non persoaxe). (1)Teñamos presente: Agora admítese tamén RES ou REN. (2)Temos ZONA cando se refire a comarca, bisbarra: así “zona escolar” (non zoa escolar). En cambio: Esta tarde zoa moito vento, de zoar. (3) A forma correcta é persoa e a súa familia léxica: impersoal, persoal, persoalmente, persoeiro. En cambio é personalidade, personalismo, personalización, personalizar, personaxe, personificación, personificar. OLLO: persona é un castelanismo e óese moito. (4) XERAL: pero debe dicirse xeneralizar e xeneralización. A palabra XENERAL úsase soamente con significado militar: O xeneral mandaba as tropas.
42
Galego: curso de iniciación
EXERCICIOS Colocade nos baleiros as palabras correctas pola mesma orde que están arriba: 1- Esta ... levamos ó campo unha ... de ... macho e femia. 2- Onte chegou ..., vén de moi ... Naquel ... non se estimula a... 3- Hai persoas ás que en xeral non lles gusta ... zona para vivir. Tivemos un furado na bicicleta. 4- O xeneral de brigada ... sempre nun ... militar. Gustáballe andar en bicicleta. 5- A ... rapaz non lle gusta a compañeira coas ... pintadas. Pero si as carreiras en bicicleta. 6- Na ... visitamos as ... e ... de Santiago de Compostela. 7- Vimos na ... o proxecto da ... con moitas ... á súa beira. Alí estaba a meta volante. 8- Collera unha ... na viaxe que fixera no inverno por Galicia, contra reloxo. 9- Non debemos perder a ... de que a nosa ... teña boa ... 10- ¿... son os que dubidan diso vendo o ... actual? O avituallamento é necesario. 11- ... tanto o sol que o noso acompañante ... moito para estar á ... antes de pedalear. 12- Pola ... non pasaba ... nin producía ... Avariárase a catarina ou prato. 13- Aquela ... era moi tranquila, nunca ... o vento. Levaba sempre as luvas. 14- Todas as ... e principalmente o ... das empresas ven en ... mal o futuro. 15- Aquel ... de brigada mostraba ... a súa ... diante de calquera... APRENDE Identifica cada animal coa súa vivenda respectiva: 1-
can
colmea
23456-
abella pomba raposo paxaro lobo
canil niño lobeira tobo pombal
A CONTINUACIÓN FALAREMOS DUNS ERROS MOI COMÚNS NA ESCRITA E NA FALA: Consiste este erro no fenómeno chamado “metátese” que consiste no cambio de lugar do “r” dentro da palabra; dase tanto na escrita como na fala. Entre parénteses diremos as incorrectas: aperta (non apreta), prexuízo, prexudicar, prexudicial (non perxuízo, nin perxudicar, nin perxudicial), debe dicirse preto (para cerca ou negro) (non perto), presebre (non pesebre), sobre (non sobor, nin sober), precisar (non percisar), promesa (non pormesa), escribir (non esquirbir). Aínda se oen estes erros: Carlos (non Calros), perla, (non pelra), merlo (non melro), burla (non bulra) OLLO: Escríbense con “-ps” inicial de palabras cultas: psoríase, pneumococo, psicólogo, psicoloxía, psicópata, psiquiátrico, psicotécnico.
43
Galego: curso de iniciación
A ORTOGRAFÍA É IMPORTANTE: Non coinciden co castelán. Atención pois: Son correctas as seguintes palabras: móbil, inmóbil, automóbil, mobilidade, inmobilizar, avó, avoa, avogado, pobo, goberno, varrer, voda, vasoira. ESCRIBAMOS E FALEMOS DE FORMA CORRECTA: Primavera (non primaveira), a árbore (non albre, nin arbre), semana (non somana), orgullo (non orgulo), murmurar (non marmurar), destino (non destiño), campesiño (non campesino), ruína (non ruiña), soidade (non soidá), preguiza (non perguiza), meu irmán (non meu irmao), humano (non humán), centro urbano (non urbán), gasolina (non gasoliña), oficina (non oficiña). MIRA A RIQUEZA DA NOSA LINGUA: Os seguintes verbos están relacionados co sentido da vista pero con profundos matices: Ollar, ver, mirar, albiscar, observar, esculcar, enxergar, espreitar, espiar, guichar, son palabras da familia de VER: EMPARELLEMOS: asexar fitar albiscar ollar
Observar a alguén sen ser visto. Mirar fixamente, observar. Ver algo ó lonxe, sen distinguilo. Mirar con certa atención.
Os outros verbos, esculcar, enxergar, etc. consultar un bo dicionario.
TEMA 17 Falaremos dos HIPERGALEGUISMOS ou HIPERENXEBRISMOS, VULGARISMOS, ARCAÍSMOS e CASTELANISMOS, incorreccións que imos ver, derivadas dunha actitude diferencialista respecto do castelán, cando coincidían con el, para dar preferencia a formas diverxentes. Temos unha morea de palabras que empregamos mal. Diciamos que iso se debe, a maioría das veces, á influencia do castelán. Invéntanse formas novas para o galego, por exemplo “hourizonte” por “horizonte”; isto é o hipergaleguismo ou hiperenxebrismo, que consiste na deformación de palabras que coinciden ser coma en castelán, por teren a mesma orixe latina, e que normalmente son cultismos ou semicultismos; así de leite, que é unha palabra patrimonial, é dicir, a máis directa emparentada co latín, sae outra palabra “culta” galega, igual ca en castelán: lácteo. Os hipergaleguismos ou hiperenxebrismos: destiño por destino, brilar por brillar, humán por humano, primaveira por primavera, zoa por zona, xarope e non xarabe débense evitar; o mesmo os vulgarismos: probre por pobre, ademirar por admirar, histórea por historia, íntemo por íntimo, indición polo correcto inxección, arbe por árbore, mamoria en vez de memoria, cencia por ciencia; 44
Galego: curso de iniciación
que consisten en deformar certas palabras que, pola mesma razón que dixemos antes, coinciden co castelán, e nós pensamos que son máis nosas “galeguizándoas”, querémolas diferenciar e facémolo mal, por Manuel dicimos mal Manoel. - Outras veces botamos man dos arcaísmos que son palabras da lingua medieval, que foron caendo en desuso, aínda que ás veces empreguemos algún que outro: así son arcaísmos vegada e que agora dicimos vez, capido e que debemos dicir capítulo, conquerir, arcaísmo por conquistar. En cambio aceptamos o arcaísmo Deus, ren entre outros. - Tamén temos que fuxir dos castelanismos: antoxo por antollo, axuntamento por concello, parexa hai que dicir parella; baraxa hai que dicir baralla, conexo por coello; lentexa no canto de lentella, etc. que son un calco do castelán, como vemos, fáciles de distinguir. A través do castelán entraron moitos préstamos no galego: escoba por vasoira, grifo por billa, sartén por tixola. Non se di sin senón sen. Aventaxar é un castelanismo por avantaxar; vixiar correcto e non vixilar; vidro non vidrio; casarío forma correcta e non caserio. LEMBRADE: Hai que evitar o vulgarismo, hipergaleguismo, arcaísmo e castelanismo para así falar a nosa lingua correctamente. Vexamos a continuación unha serie de palabras correctas nas que máis nos trabucamos. Debemos aprendelas: APRENDEDE: 1- Traducín (non traduxen), Calquera (non calqueira). 2- Casaron (non casáronse), Caín (non caínme). 3- Máis ca min (non “máis ca eu”), Conducín (non conduxen). 4- Centileo (non destello). 5- Mollo (non manoxo), Zume (non xugo). 6- Primeiro (non pirmeiro), Memoria (non mamoria), Igual (non igoal). 7Consecuencia (non cosecoencia), Calor (non caor). Destino (non destiño). 8- Caravilla (non clavixa), Dixera (non había dito). 9- Moto (non amoto), Corazón (non cor). 10- Capítulo (non capiduo, nin cabido), Naceu (non nasceu). 11- Catedrático (non cadeiradego), Marabilla (non maravila). Pleno (non pleo), Incluso (non incruso), Alta, tamén se admite outo. 12- Correo (non correio), Asubiar (non asobiar), Suave (non soave), Illado (non isolado, nin aillado). 13- Establecer (non estabelecer). Soidade (non soedá), Norte (non norde). 14- Estes (non istes), Asasinos (non asesinos), Interese (non intrés), Leis (non leises). 15- Concelleiro (non concexal), Colaborar (non colabourar). 16- Organo (non orgao). 17- Nós (non nosoutros), Ascensor (non rubidoiro), Número (non númaro). 18- Televisión (non televexo), Rúa (non calle), Barcelona (non Barceloa). EXERCICIOS COAS PALABRAS ANTERIORES 1- Non ... un libro ... do inglés e do francés. Falaba dos pasteis. 2- Cando ... os meus amigos ... na igrexa da vila. Despois invitaron a churros. 3- El non é ... e ... o seu coche que me prestara. 4- O faro alumea de noite co seu ... para orientar ós barcos. 5- Cun ... de allos e cebolas fixo un ... que apestaba con tanto cheiro. 6- Perdeu en ... lugar a ... e quedou ... sen mellorar nada. 7- A ... da moita ... non foi ó ... que lle conseguiran. 8- A ventá non tiña a ... ; xa mo ... que a pechase de noite. 45
Galego: curso de iniciación
9- Regaláranlle unha ... Tiña bo ... aínda que non o parecese. 10- Cheguei o terceiro ... do libro onde di que ... unha estrela de moitos millóns de luz. 11- Aquel ... era unha ... no ... usaba ... unha linguaxe ... cando berraba. 12- Cando traía o ... o carteiro ... moi ... Vivía ... nunha fermosa aldea. 13- Non é bo ... que a ... debe ser o ... dunha persoa. Non se debe xeneralizar. 14- ... non teñen ... en cumprir as ... acordadas por todos. 15- Algún ... non ... co seu alcalde, sendo do seu partido. 16- O ... da vista é o ollo, que hai que conservar en perfecto estado. 17- ... subimos no ... ó ... quince da grande torre da cidade. 18- Merquei unha ... na ... de ... moi barata. PRACTICAREMOS MÁIS COS HIPERGALEGUISMOS OU ENXEBRISMOS, VULGARISMOS, ARCAÍSMOS E CASTELANISMOS ESTUDADOS NESTE TEMA: CÓMPRE SABER DISTINGUILOS: 1.- Orquestra (non orquesta por ser castelanismo). 2.- Laranxa (non naranxa por castelanismo). 3.Orde, palabra de xénero feminino como contraorde, desorde en cambio é coordinar, ordenación, ordenador, ordenado, ordenanza, ordenar. 4.- Para forma correcta. A voz pra, nunha pronuncia rápida non está admitida na escrita, é un vulgarismo. 5.- Oxalá é a forma correcta e non ogallá considerado un vulgarismo. 6.- Montaña é correcto, non montana por ser hipergaleguismo. 7.- Paixón correcto e non o castelanismo pasión. 8.- Perdoar correcto e non o castelanismo perdonar. 9.- Posuír correcto e non o castelanismo poseer. 10.- Pobre correcto é non probe por ser vulgarismo. 11.- Sabedoría correcto e non sabiduría. 12.- Sangue é masculino, o sangue. 13.- Primavera é correcto e non primaveira que é un hipergaleguismo. 14.- Reloxo correcto e non reló, castelanismo. 15.-Moa, correcto e non muela. 16.- Marzo correcto cando é mes: En marzo hai bo tempo. En cambio marzal referente a esta época. 17.- Lentella correcto non lentexa que é un castelanismo. 18.- Monumento, correcto, moimento só raramente cando é un monumento fúnebre. 19.- Lingua, correcto e non o vulgarismo lingoa. 20.- Lanterna e non o castelanismo linterna. 21.- Inxección correcto e non o vulgarismo indición. 22.- Margarida, correcto e non margarita. NOTA: Deste tema en adiante iremos recordando as palabras correctas para evitar caer no castrapo, nin galego nin castelán correctos. Todo ten a súa explicación ó seren dúas linguas en contacto. Estas orientacións, expostas ó longo destes temas non fan máis que ser a aplicación da normativa oficial, grazas ó acordo a que chegaron (xullo de 2004) a Real Academia Galega e mailo Instituto da Lingua Galega coa valiosa colaboración que lle presta a Universidade a través da Cátedra de Lingüística e Literatura Galega.
46
Galego: curso de iniciación
TEMA 18
AS FORMAS PRONOMINAIS DE SOLIDARIEDADE Unha característica do galego coloquial é o chamado PRONOME DE SOLIDARIEDADE. É moi común escribir ou dicir solidariedade prescindindo do “e”, o que é un erro: Así dise, como unha obriga moral: “debemos axudar ós necesitados por solidariedade. Recorde: SOLIDARIEDADE. Úsase cando se quere interesar ó interlocutor na conversa; no que se fala; é dicir, cando se lle quere dar ó interlocutor ou interlocutores unha participación afectiva ou un trato familiar especial. RESUMAMOS máis o anterior: - Vexamos, pois, os distintos matices; non é o mesmo dicir: a) Hoxe non sei nada. b) Hoxe non che sei nada. c) Hoxe non lle sei nada. Sempre aclaro isto así: o profesor fai unha pequena proba o primeiro día de clase e un compañeiro dille á outro, simplemente: a) hoxe non sei nada”; pero outro compañeiro fala co do lado con quen ten algunha confianza e a quen titea e coméntalle: b) hoxe non che sei nada. Per no caso c) cambia o matiz se a quen ten ó lado é unha persoa maior ou á que “vostea”, trata de vostede, con respecto dille c) hoxe non lle sei nada. No apartado a) é un enunciado simplemente; no b) indica ademais un tratamento “familiar”, pola confianza que se ten coa persoa, ou persoas, con quen se fala. E no c), aparte do que se quere manifestar “de que está en branco, de que non ten idea”, e como coa persoa á que se dirixe non ten suficiente confianza, entón usa o pronome de SOLIDARIEDADE ou de CORTESÍA; son pronomes de 2ª persoa que usamos cando nos referimos a un interlocutor ó que tratamos con respecto e implica afectivamente ó interlocutor nos feitos ós que é alleo: TRATAMENTO COLOQUIAL: • Un só interlocutor, CHE. • Varios interlocutores, VOS. TRATAMENTO CORTÉS: • Un só interlocutor LLE. • Varios interlocutores LLES. - As formas pronominais que se empregan son CHE, LLE, VOS, LLES. Con un cadriño entenderémolo mellor: As formas son distintas segundo sexan un ou varios interlocutores e segundo reciban tratamento familiar ou de cortesía: un interlocutor
varios interlocutores
Tratamento familiar
CHE
VOS
Tratamento de cortesía
LLE
LLES
47
Galego: curso de iniciación
Exemplos coas respectivas formas: 1- Dóecheme ben a cabeza. 2- O rapaz élle moi bo estudante. 3- Non vos teño lecer para nada. 4- Vailles parecer moi caro. OBSERVACIÓN: Ás veces poden toparse seguidos dous pronomes de solidariedade: “Os galegos sónchevos moi traballadores”. Non se pode en cambio repetir o mesmo pronome: “Os galegos sóncheche (MAL) moi traballadores”. ATENCIÓN: Estes pronomes de solidariedade ou cortesía, son intraducibles ó castelán. Non é correcto dicir: a) Te come bien el niño?, b) Le es aplicado? REPITAMOS: O pronome de solidariedade cando non vai unido, en posición proclítica, escríbese separado: a) O meu fillo non che/me estuda nada. b) Nunca che lle sucedeu outra igual. Cando o pronome de solidariedade vai enclítico, sóldase ós outros pronomes átonos. c) Quíxochenolo contar pero non llo permitimos. Vemos que o “che” dos tres exemplos son pronomes de solidariedade e intraducibles, é dicir non usados en castelán. APRENDAMOS estas formas do pronome: Debe dicirse e escribirse: COMIGO, CONSIGO, CONTIGO. Tamén CONNOSCO, CONVOSCO así: “Vén comigo, ou vén connosco” (cun + nobiscum, vobiscum). Admítese no galego oriental “nosoutros” e “vosoutros”, na área “mindoniense”. É incorrecto escribir ou falar: • Vinlle onte – debe dicirse: Vino onte. • Espéranlle na casa – debe dicirse: Espérano na casa. • Xa lle levei onde quería – debe dicirse: Xa o levei... o lle é obxecto indirecto e aquí é obxecto directo: “o”. O DATIVO DE INTERESE Indica a persoa á que se refire o dano ou proveito da acción do verbo. Úsase na fala coloquial con outros pronomes. Exemplos: a) O médico ben que che me leva atendido. (O che = é o pronome de solidariedade e o me é o dativo de interese). b) O fillo non se che vos dá ido. (O se = é o obxecto directo. O che é o pronome de solidariedade e o vos é o dativo de interese). OLLO: Hai que ter presente que na nosa lingua non existe o se como reflexivo de interese como se dá en castelán. Non se pode polo tanto dicir: Comeuse unhas costelas fritas. Lavouse os pés. Debe dicirse: Comeu unhas costelas fritas e Lavou os pés.
48
Galego: curso de iniciación
CONVÉN TER PRESENTE 1- Que co pronome de solidariedade non varía a idea que queremos expresar: Só engade certa confianza ou respecto segundo os casos, como xa vimos. É moi propio do galego e non doutras linguas. Sempre vai diante -o pronome de solidariedade- dos pronomes con oficio de obxecto indirecto. Exemplos: a) Non che lle direi a noticia. b) Xa chenolo ten dito meu pai. - A continuación poñemos varios casos cos pronomes de solidariedade subliñados, para tirar conclusións da súa respectiva colocación: 1- Déuchevola vida. 2- Nunca chénolo dixeron. 3- Sonlles uns lacazáns. 4- Puxéronllenolo. 5- Sempre volo mando certificado para que chegue. 6- Funlle moi amodiño. 7- Cando llénolos trouxeron non estabamos. 8- Évos ben barato. 9- Mandéichellelos, a eles, hai tempo. 10- Total ¿que máis lle me dá?. OLLO cos verbos: queimar, casar, caer, subir, quedar, sentar: non son reflexivos, non deben levar pronomes: a) Queimeime a man, debe ser: Queimei a man. b) Subinme ó tellado, debe ser: Subín ó tellado. c) Quedeime calado, debe ser: Quedei calado. d) Séntate ben, debe ser: Senta ben.
TEMA 19 PALABRAS CON MATICES DISTINTOS AXUNTAMENTO: Vén do verbo xuntar que é reunir persoas ou cousas. Tamén significa reunión, cópula carnal; amigarse ou amancebarse. Non se debe confundir esta palabra como sinónimo de CONCELLO. CONCELLO: Conxunto de concelleiros ou representantes municipais. Así temos o alcalde convocou ós concelleiros. Casa do Concello: Casa onde están as oficinas administrativas e mailo despacho do alcalde. Non se debe dicir “O axuntamento traballa polo pobo”, senón “O concello traballa polo pobo”. Axuntamento é un castelanismo. CRÉDITO: Préstamo de diñeiro que se concede pola confianza en que ha pagar as súas débedas: “Solicitei un crédito a un banco”. CRETO: Fama, boa sona ou reputación. Crenza no que nos din: “Ten moi bo creto”. “Non dou creto ó que me contas”. DERRADEIRO: Xa falamos desta palabra. Ten un uso máis restrinxido cá palabra “último”. É o último elemento dunha serie sen posibilidades de continuación. Exemplo: “Hoxe é o derradeiro día do ano”. “O seu derradeiro testamento foi este”, porque finou, por exemplo: ÚLTIMO: Pode ser empregado en varias acepcións: a) Cando unha serie de cousas non hai nada despois pero podía haber. Exemplo: “A última novela de Cela foi “Madeira de buxo”, non se pode dicir que foi a derradeira porque aínda podía escribir máis, cando estaba vivo. b) Pode ser algo principal. Exemplo: “O fin último era chegar a tempo”. c) Remoto, retirado: “Vive no último confín”. FOGO: É a chama que se produce de súpeto, coma un estoupido. Cando antes de disparar dan a orde 49
Galego: curso de iniciación
de “fogo”. “Os soldados fixeron manobras con “fogo” real”. “Houbo moitos “fogos” na festa”. LUME: ás veces confúndense “lume” e “fogo”. Esta última xa ficou aclarada. O lume é a labarada, chama ou lapa que produce o resplandor. Así debe pedirse “Dáme lume”. “¿Tes lume?, e non “Dáme fogo”. Debe dicirse tamén “Prenderon lume ó monte”, e non “Prenderon fogo ó monte”. GRADO: Ten o significado de “gusto”, “bondade”, “con gusto”. Así dicimos fixoo “de bo grao” = Fíxoo voluntariamente, con gusto. Non hai que confundilo con “grao”. GRAN: É a semente ou o froito dos cereais: “Os paxaros comen os grans de millo”. “Un gran de area”. “Teño un gran na pel”. “Ir ó gran, ir ó importante”. Tamén é apócope de grande: “E un gran home”. “Unha gran persoa” GRAO: Ten moitos significados esta palabra, que NON DEBEMOS CONFUNDIR coas anteriores, nin entre si: GRADO, GRAN, GRAO. Con exemplos deduciremos as súas distintas acepcións: a) O meu fillo vai en quinto GRAO. b) Estímao en alto GRAO. c) Un ángulo de 80 GRAOS. f) Está en GRAO superlativo. g) É meu parente en segundo GRAO. MEDICINA: É unha voz culta. É a carreira que estudan os médicos na facultade de MEDICINA. E tamén, “Merquei unha medicina na farmacia”. Mediciña é un hipergaleguismo. MEDICIÑA: En galego coloquial; úsase tamén MENCIÑAS como sinónimo de medicamento como remedio: “Receitáronme unhas menciñas para a catarreira”. Mediciña é un hiperenxebrismo como dixemos. Debe dicirse medicina. MENCIÑEIRO: Ten un sentido despectivo: dise de quen exerce de médico ou veterinario sen selo. Chámase ós curandeiros: Fun ó menciñeiro. “Meigo” pode ser un sinónimo. RECORRER: Consiste en interpoñer un recurso nun asunto xudicial, pedir axuda a alguén: “Temos que recorrer a sentencia”. Pedir axudas tamén. PERCORRER: Non hai que confundilo con “recorrer”. Percorrer é andar dun lado para outro, camiñar: “Facer un longo percorrido”. ROXO: De cor entre amarelo e vermello: “Este rapaz ten o pelo roxo”. É un castelanismo por vermello, moi introducido na fala co significado de vermello, non se pode dicir “Praza vermella” nin “Os vermellos da Guerra Civil”, “Moitos teñen o pelo roxo”. Non hai que confundir “roxo” con “vermello”. VERMELLO: Da cor do sangue, da carne, encarnado: “A cruz vermella”. Non hai que confundir a cor vermella coa roxa. A bandeira española ten as cores vermella e amarela. SECRETO: Sempre é un adxectivo: “É unha persoa secreta”. “Teño uns papeis secretos”. “É policía secreta”, “Foi unha sesión secreta”, “Un axente secreto”, “Díxome en secreto”. Dise, pois, segredo: “O segredo profesional”, “Iso é un segredo, algo oculto”. SEGREDO: Escrito así sempre é un nome substantivo.”Non che podo contar este segredo”. “Os segredos non se contan”. Está clara a diferenza pois, entre SECRETO e SEGREDO. OLLO, en cambio, a familia léxica é: SECRETARIO, SECRETARIA, SECRETARÍA, SECRETAMENTE. TERMO: Significa palabra ou vocábulo “Falou en termos moi claros”. TÉRMINO: Significa “límite”, “remate”. “Ó término do discurso falou comigo”. SONO: É o acto de durmir. “Ás veces teño moito sono”. Non é o mesmo que soño. SOÑO: Son as imaxes que se manifestan durante o sono: “Tiven un soño que me preocupou moito”. En castelán a palabra “sueño” vale para as dúas significacións. “Tengo sueño”. “Tuve un sueño moi bonito”. VOANTE: Adxectivo derivado de voar: “Obxectos voantes”. VOLANTE: “Teño mal o volante do coche” e tamén “Fun polo volante ó médico”. SI: Só se emprega como adverbio de afirmación, sen til. Aínda que o galego para afirmar normalmente repite o verbo da pregunta: “Fuches ó cine? Fun. Non existe como condicional. Incorrecto dicir: “Si chove” debe dicirse “Se chove”. sin: cantelanismo por sen 50
Galego: curso de iniciación
SE: En vez de “si” como conxunción, como queda dito: “Se vés á festa....” “Se mo dis...”. SOLO: Non é o mesmo que “chan”, O “solo” é o terreo que está por debaixo do “chan” ou superficie da Terra. Dise tamén “subsolo”: “A Lei do solo”. SOLO: como composición musical: “Cantou un solo na igrexa”. Só: formoa correcta. Non soio INTRE: É un momento intermedio: Pequeno espazo de tempo entre dous momentos, non é sinónimo de momento nin de instante. É incorrecto dicir “Durante un intre non falou”. Abusamos moito de “intre” que, como vemos, ten unha significación máis restrinxida. Intervalo é o seu sinónimo. Nese intre chegaron os amigos. MOMENTO: É o termo máis xeral, con maior duración “O momento histórico no que vivimos”. INSTANTE: Significa “agora mesmo”. Neste momento: “Agarda un instante”. Tamén como locución adverbial: Pregunta por el a cada instante = a cada momento.
TEMA 20
Imos falar dos NUMERAIS: CARDINAIS, ORDINAIS, MULTIPLICATIVOS, PARTITIVOS, COLECTIVOS e outros NUMERAIS. O numeral determina ó nome e expresa a idea de número, orde e proporción: cinco libros; a segunda vez; a sexta parte. Cardinal: cinco. Ordinal: segunda. Partitivo: sexta. A) Falaremos dos numerais que serven para contar: 1 = un/unha. 2 = dous/dúas. 3 = tres. 4 = catro. 5 = cinco. 6 = seis. 7 = sete. 8 = oito. 9 = nove. 10 = dez. 11 = once. 12 = doce. 13 = trece. 14 = catorce. 15 = quince. 16 = dezaseis 17 = dezasete 18 = dezaoito. 19 = dezanove. 20 = vinte. 21 = vinte e un Vinte e unha. 22 = vinte e dous, vinte e dúas. 23 = vinte e tres 30 = trinta. 31 = trinta e un, trinta e unha. etc. Ollo con estes números: 40 = corenta. 50 = cincuenta. 60 = sesenta. 70 = setenta. 80 = oitenta. 90 = noventa. 200 = douscentos, duascentas. 500 = cincocentos, cincocentas, quiñentos/as. 1.000 = mil. 1.000.000 = un millón.
51
Galego: curso de iniciación
ATENCIÓN: Son incorrectas as formas: dazaseis, dazasete, dazaoito e dazanove, aínda que se oen moito. Tamén son incorrectas: sasenta, satenta e ochenta. Son incorrectas tamén as formas: vinteún, vintedous, vintetrés, vintecatro, etc. Teñen que escribirse separadamente como vimos antes coa conxunción “e”, así son correctas: vinte e un, vinte e dúas, vinte e tres... trinta e un/unha, corenta e tres, corenta e cinco, cincuenta e un, sesenta e tres, e así ata noventa e un, noventa e tres....aínda que a súa pronuncia por efecto da contracción ten que ser como se fose unha soa palabra: (vinteún). B) Os que serven para indicar a orde das persoas ou cousas: Primeiro/a; segundo/a; terceiro/a; sétimo/a; oitavo/a etc. undécimo/a ou décimo primeiro; décimo terceiro/a; décimo sétimo/a; décimo oitavo/a; décimo noveno; vixésimo; vixésimo primeiro/a; trixésimo/a; cuadraxésimo/a; quincuaxésimo/a; sesaxésimo/a; septuaxésimo/a octoxésimo/a; nonaxésimo/a; centésimo/a; milésimo/a. C) Os múltiplos indican que se multiplica unha cantidade: 2=Dobre ou duplo/a; 3=triplo/a (non se admite triple); 4=cuádruplo/a (non se admite cuadruple); 5=quíntuplo/a ...; 6=séxtuplo/a; 7=séptuplo/a; 8=óctuplo/a; 9= nónuplo/a; 10=décuplo/a; 11=once veces (non se admite undécuplo); 12= doce veces (non se admite duodécuplo); 13=trece veces (non se admite terzodécuplo); 100= céntuplo/a. D) Os Partitivos indican unha parte dun todo: 1/2=Medio, metade; 1/3 =terzo; 1/4=cuarto; 1/5=quinto; 1/6=sexto; 1/7=sétimo; 1/8=oitavo; 1/11=onceavo; 1/12=doceavo... ; 1/20=vinteavo; 1/22=vinte e dousavo; 1/30=trinteavo ...; 1/100=centésimo; 1/1000=milésimo... E) Os Colectivos indican un conxunto de algo: Par, parella, decena, ducia, quincena, vintena, trintena, centena, milleiro. Milleiro e millar son sinónimos, na linguaxe matemática para a descrición de cifras úsase millar: Unidade de millar, centena de millar. CONVÉN RECORDAR: Milleiros refírese a grupos de moitas persoas animais e cousas. Tamén cando nos referimos a moitos: Había moitos milleiros no mitin. Pescaron vinte milleiros de sardiñas. En cambio en matemáticas debe dicirse “millar”: Unidade de millar, decena de millar...Venderon cinco milleiros de sardiñas. Había milleiros. Tamén se consideran ordinais os adxectivos ÚLTIMO e DERRADEIRO. Pero derradeiro úsase cando é o último de todo, cando non hai máis nin se espera que o haxa. Por exemplo: Foi o seu DERRADEIRO traballo (porque morreu ou non fará máis). Pero se dicimos: Foi o seu ÚLTIMO traballo (quere dicir que fará outros traballos). OLLO: É incorrecto mesturar cifras e letras na expresión das porcentaxes: poden escribirse con todas as letras ou ben con cifras seguidas do signo %. 52
Galego: curso de iniciación
Son correctas as seguintes expresións: a) 10%; b) dez por cento; c) 10 por 100 Son incorrectas: a) 10 por cento; b) dez por 100 EXERCICIOS A) Escribide estas cantidades: 3º - 116 - 500 - 26º - 40 - 50 - 9º - 1º - 8º - un sexto - un oitavo - un décimo - un doceavo - 2007. B) Explicade os seguintes numerais: 1- O trío de cantantes non o fixo mal. 2- Estiveron en corentena antes de desembarcar. 3- Fixéronlle unha novena a San Roque. 4- A oitava é unha estrofa de oito versos hendecasílabos. 5- Os sextetos máis célebres son os da ópera de Mozart. 6- Sempre leva un feixe de leña no inverno. 7- Na feira había un fato de cabalos. 8- Debemos unha morea de cartos. 9- Son unha manada de lampantíns. 10- Mercou unha manchea de allos. 11- Pescou vinte milleiros de sardiñas. DO NOSO: “Dona” é un tratamento de dama, señora ou muller principal. Tamén é muller casada con respecto ó marido ou ós demais homes: “a miña dona”; “a súa dona”. En Galicia o marido acostuma a dicir: “a miña muller”. “Don” (lat. Donum) significa dádiva, presente, regalo. “Don” (lat. Dominus) é un tratamento de cortesía que se antepón ós nomes propios. Son palabras homónimas: “Don ninguén” Que vale pouco. Que “non ten onde caer morto”. “Don cómodo” Que non fai nada. “Don de xentes” Que ten facilidade para tratar coa xente
53
Galego: curso de iniciación
TEMA 21 Hoxe estudaremos as FORMAS CONTRACTAS DOS PRONOMES. Moi frecuentemente aparecen xuntas dúas formas dos pronomes. E neste caso é cando se contraen segundo o seguinte cadro, moi doado de entender, pois xa vimos anteriormente os pronomes persoais. o/lo
a/la
os/los
as/las
me
mo
ma
mos
mas
che
cho
cha
chos
chas
lles
llo
lla
llos
llas
nos
nolo
nol
nolos
nolas
vos
volo
vola
volos
volas
lles
llelo
llela
llelos
llelas
Se nos fixamos no cadro veremos que o significado de cada forma resulta das significacións parciais de cada pronome contraído, así: mo = me+o (me lo); cho = che+o (te lo); cha = che+a (te la). ACLARACIÓN EXEMPLO: LLO = castelán = se lo ( a él, a ella). EXEMPLO: Dállo = Dáselo (a él, a ella). LLa = castelán = se la (a él, a ella). EXEMPLO: Dálla = Dáselo (a él, a ella). LLelo = castelán = se lo (a ellos, a ellas). EXEMPLO: Dállelo = Dáselo (a ellos, a ellas). OBSERVACIÓNS: Poden resultarnos raras as formas LLELO, LLELA cos seus respectivos plurais, porque case nunca as oímos. En moitas zonas de Galicia usan só LLO, LLA no canto de LLELO, LLELA. Pero a normativa fai esta distinción pois non é o mesmo Dállo=(dáselo a él, a ella), que Dállelo=(dáselo a ellos, a ellas). A CONTRACCIÓN DOS PRONOMES Non atopamos facilmente exercicios coas formas LLELO, LLELA, LLELOS, etc. Hoxe practicaremos abondo. Case sempre van soldadas ó verbo, cando van pospostas; diante non se unen. Xa sabemos de onde saen as seguintes contraccións. É unha contracción que se vai perdendo, aínda que a usan os maiores. 1- mo. 2- ma, lla. 3- lles, llelos. 4- nolos, llo. 5- llelas. 6- lles, llela. 7- llo, mos. 8- lle, nolos. 9- ma, nola. 10- llelo, cho, chos. 11- o, lla, me. 12- volas, as, chas. 13- lle, mos. 14- che, nolas, llelo. 15- la, a, llo. 16nolo, lo, os.
54
Galego: curso de iniciación
EXERCICIOS Colocade nos ocos as anteriores contraccións 1- Díxo ... meu pai; que as viaxes a lúa cada día eran máis difíciles. 2- Cando ... deu, non ... quixen, xa era tarde e non valía. 3- Contei ... uns contos ós meus amigos, contéi ... de noite. 4- Estes libros mercóu ... miña nai cando ... aconsellaron. 5- As chaves de teus pais tiñas ... ti na túa casa da vila. 6- Fixen ... unha visita ós meus avós, fixen ... onte de noite na súa casa. 7- Teño ... dito a el moitas veces cando ... trouxo sen avisar. 8- Merquei ... os libros cando ... ofreceron moi baratos en pel. 9- Cando ... dás? Hai tempo que ... ofrecen outros aínda mellor. 10- Moito ... agradeceu, digo ... que é certo cando ... pedíu. 11- Aínda non ... vin por aquí, por iso non ... dei coma ... dixo. 12- Se ... dan, colléde ... porque logo ... quitan. 13- Subin ... os paquetes, aínda que non ... mercaron a min. 14- Deu .../... miña nai, xa ... dixen ós meus irmáns. 15- Onte vímo ... pasar, chamarei (n) ... por teléfono para ... dicir. 16- Non ... dixo ninguén, soubémo ... cando ... atopamos. DÚBIDAS SOLUCIONADAS: Ás veces escoitamos falar dos pronomes chamados: TÓNICOS: Teñen acento fonético propio. Exemplo: vós, nós, min, comigo, contigo. ÁTONOS: Non levan acento fonético e apóianse forzosamente no verbo. Exemplo: me, te, lles, che, vos, nos. - EMPREGO DOS PRONOMES: LO, LA, LOS, LAS Dos verbos que acaban en -S ou –R. • Estudar (a lección) = Estudala. • Colliches (as cousas) = Collíchelas. Dos pronomes: nos, vos e lles: Pintounos (o coche) = Pitóunolo. - NO, NA, NOS, NAS Despois dos verbos que rematan en ditongo: • Coñeceu o neno = Coñeceuno / Coñeceuna / Coñeceunos. - O, A, OS, AS Úsanse nos demais casos: • Deixa os libros = Déixaos. • Non vexo a nena = Non a vexo / Non os vexo / Non as vexo
55
Galego: curso de iniciación
CONTRACCIÓNS DO PRONOME PERSOAL As preposicións “en” e “de” contraen co pronome persoal de terceira persoa: PRONOME
EL
ELA
ELES
ELAS
Preposición: DE =
DEL
DELA
DELES
DELAS
EN =
NEL
NELA
NELES
NELAS
CONNOSCO E CONVOSCO Ás veces escoitamos tamén “con nosoutros” ou “con nós” como “con vosoutros” ou “con vós”, aínda que son tamén correctas, están presentes en certas zonas, as preferidas pola normativa son “connosco” e “convosco”. Así: Chegou connosco. Vou convosco. REPASEMOS A FORMA CORRECTA: incorrecto
correcto
incorrecto
correcto
incorrecto
correcto
Concellal
Concellal
Oficiña
oficina
Ourella
orella
Gasoliña
gasolina
Nascer
nacer
Almexa
ameixa
Conquerir
conseguir
Baraxa
baralla
Lexos
lonxe
DO NOSO: A “CARA” ou faciana é a parte anterior da cabeza. Tamén é a fachada ou a fronte dalgunha cousa. Pode ser tamén unha locución prepositiva que indica dirección: Vou cara a Lugo. “CARA” (gr. Kara = cabeza) é unha palabra POLISÉMICA. Na nosa lingua abundan os ditos coa palabra cara. Emparellemos: 1. “Non ter cara para nada”. Cara grande e redonda. 2. “Custar un ollo da cara”. A que denota robustez e saúde. 3. “Cara de bo ano”. A persoa tímida. 4. “Cara de baqueta”. Non opinar se non cho piden. 5. “Cara de lúa chega” Moi seria, de expresión hostil. 6. “Non metas a cara onde non te chaman”. O que é excesivamente caro. En Galicia a casa (o fogar onde se nace, onde se vive ou se habita) está moi intimamente ligada á familia. Son milleiros as expresións e ditos relacionados coa palabra casa. A casa é símbolo de hospitalidade.
56
Galego: curso de iniciación
Emparella estas expresións: “Ser da Casa”
Ser un membro da familia ou da casa.
“Desfacer unha casa”
Dispersarse unha familia.
“De boa casa”
De familia distinguida, honorable.
“Casa soarega”
A máis antiga ou nobre dunha familia.
“Casa do concello”
Onde está as oficinas municipais.
“Casa patrucial”
A casa dos antepasados.
TEMA 22
Manténdonos na liña do Galego Práctico, é bo lembrar certas palabras que presentan algunha DIFICULTADE na súa ORTOGRAFÍA. Temos que decatarnos de certas palabras que ás veces estabamos afeitos a escoitar e a ver escritas doutro xeito. O que nos pode chocar sobre todo polo contacto co castelán. Aquí tedes pois unha morea delas de acordo coa ortografía normativizada: APRENDEDE 1- Maioría (non maoría), Deputados (non diputados), Lingua (non lingoa). 2- Goberno (on governo), Móbil (non móvil), Automóbil (non automóvil), Reis (non reises). 3- Ribeira (non riveira), Pobo (non povo). 4- Avó (non abó), Cincuenta (non cincoenta), Historia (non hestoria), Avoa (non aboa). 5- Dicir (non decir), Espírito (non espíritu). 6- Varrer (non barrer), Vasoira (non escoba). 7- Exame (non esamen), Debuxo (non dibuxo). 8- Harmonía (non armonía), Irmandade (non hermandade). 9- beira, balea. 10- Avogado (non abogado), Voda (non boda), Febreiro (non febereiro), Entroido (non antroido). 11- Defunto (non difunto), Misterio (non mistéreo), Esperanza (non espranza). 12- Estranxeiro (non extranxeiro), esaxeraba (non exaxeraba), semanas (non semáns), actos (non aitos), 13- cando, mozos (non xóvenes), liberdade (non libertade), milagres (non miragres), ían (non iban), 14- reitor (non reutor), aspecto (non aspeuto), carácter (non carauter). 15- instrutor (non instruitor), consciente (non conscente), consecuente (non consecoente), cambio (non cambeo). 16- esixente (non exixente), osíxeno (non ouxíseno). 17- próximo (non próiximo), excepción (non eixeción). 18- estraño (non estrano), expliques (non espriques), léxico (non lésico). 19desa auga (non dese auga), saúde (non salú), enfermidades (non enfermedades). 20- traduciu (non traduxo), soños (non sonos), liberdade (non libertade).
57
Galego: curso de iniciación
EXERCICIOS Colocade nos exercicios as palabras anteriores pola mesma orde na que están: 1- A ... dos ... coñecen a nosa ... como é o seu deber. Así din funil, cunca, etc. 2- O ... explicou cal foi o ... do roubo do ... dos ... de España. 3- Apareceu na ... un afogado. Todo o ... acudiu a velo no peirao, con pateiras. 4- O ... tiña ... anos. Sabía máis ... cá .... a súa muller. 5- Ninguén sabía ... como era o ... de aquel home tan valente, aínda con algunha xerra. 6- Púxose a ... coa ... que mercara no supermercado da cidade, como reladores e azucreiros. 7- O ... de ... foi máis difícil có que nos puxeron de xeometría, con debuxos de cuncas. 8- Naquela familia reinaba a ... e a ... coma na casa de moitas familias. 9- Na ... do mar ficou ... unha enorme .. que ficou a deriva, cociñamos anacos nas potas. 10- O ... pensou na súa ... para o mes de ... no .. que pensaba celebrar tamén. 11- Aquel ... era un ... , non había ... de coñecelo no seu cadaleito. 12- O ... sempre ... a nota nas ... dedicadas ós ... que había no Conservatorio. 13- Espereino ... cos ... da ... dos ... que ... realizar no campo. 14- O ... tiña ... de ser un home de ... e pouco comunicativo. 15- Aquel ... era ... e ... co ... que el impuxera. 16- É unha persoa moi ... sempre procura que estea o ... no hospital xeral, que haxa froiteiros e espremedores. 17- Debemos amar ó ... sen ... como é a teoría de moitas persoas. 18- Non é ... que ... as leccións con tan bo ... xa que as preparas. 19- Non bebas ... pois non é boa para a ..., causa moitas ... 20- Interpretou e ... moi ben os ... de ... que tiña aquel home no cárcere. REPASEMOS VOCABULARIO EMPREGADO MAL PADRE: Esta palabra refírese a persoas relixiosas: O Santo Padre; O Papa; o padre Ferreira está ó fronte da parroquia. Son os únicos casos. PAI: Úsase nos demais casos: Meu pai ten corenta anos. Teu pai traballa moito. REPASEMOS TAMÉN AS ÚLTIMAS NORMAS DO 2004: Os principais cambios aprobados pola Real Academia dos que xa vimos algúns nos temas anteriores: - Acentúanse só as interrogativas indirectas: “Xa me dirás qué che dixo”. - Non se acentúan as interrogativas directas ou admirativas e teñen que levar obrigatoriamente, ó final só, os signos de interrogación e de admiración. Só se colocarán ó principio para facer máis clara de entender a súa lectura: Que fas?; Que calor!; Silencio, por favor!. - O signo ? entre paréntese expresa dúbida (?): É un músico excelente (?). - O signo ! entre paréntese indica perplexidade (!): Di que non é culpable (!) e que lle perdoemos. - En canto o ARTIGO DETERMINADO é obrigatorio o uso da segunda forma do artigo (lo, la, los, las) só despois da preposición “por” (polo día) e do adverbio “u” (u-los meus libros). Isto non é ningunha novidade pois antes das novísimas normas xa era así: polo, pola (pola mañá). - Nos demais casos NON é obrigatorio, senón optativo o emprego ou non da segunda forma do artigo: -lo, -la, -los, -las tras os verbos rematados en –r ou –s ou dos pronomes átonos nos, vos, lles ou dos pronomes tónicos nós e vós, preposición tras, e indefinidos ambos e todos e conxunción 58
Galego: curso de iniciación
copulativa “e mais”. Isto tampouco non é ningunha novidade, antes tamén se podía escribir todos os ou tódolos, con esta opción os alumnos, e sen ser alumnos pronunciarán en castelán “todos os” no canto de “tódolos os”. O mesmo como pronuncian a contracción (ao ou ós para o plural) Sempre len ou din (Vou “ao” colexio) en vez da fonética (“ó” colexio). Por iso usamos na escrita sempre “ó”, non por distinguirnos senón en prol da fonética galega. - ATENCIÓN. Nas Normas sempre se emprega a segunda forma do artigo, nos que é obrigatoria que vimos antes, así escriben: Todos os días; todas as; etc, Temos os libros.... pero coa pronuncia (tódolos, tódalas, témolos, etc. que non fan). Pero doutores ten a Santa Madre Igrexa. - “Ao” sae da contracción da preposición “a” co artigo “o”. Nas normas escriben “ao”. Pero valen “ó”=ao: “Van ó cine” ou “Van ao cine”. En plural: Perseguen ós (aos) ladróns. Nestes temas, (e tamén cando escribimos,) preferimos a forma “ó”, o artigo contracto, porque é opcional facelo entre “ó” ou “ao”. A razón é para evitar que os alumnos pronuncien “ao” no canto de “ó”, como o temos comprobado na nosa experiencia. - Perden un “c” cando van tras as vogais “i” e “u” nos grupos cultos –ct- e –cc. Vexamos algunhas: Collamos dous modelos: Ditado e Condutor, perden un “c”, que vai diante de “t”. Así: aflición, contradición, dicionario, indución, introdución, construción, produción, redución, conduta, vítima, produto, tradutor, tradución, todas elas doadas de recordar. - Pero as excepcións son enormes, en caso de dúbida hai que botar man dun dicionario actualizado. DA DÚBIDA Á SOLUCIÓN:
Ás veces resúltanos difícil recordar os xentilicios dos seguintes topónimos: Foz=focego; Mondoñedo=mindoniense; Valadouro=valadourés; Pobra de Trives=trivés; O Bierzo=berciano; Tui=tudense; Porto do son=sonense; A Guarda=guardés; Fisterra=fisterrán; Mondariz=mondaricense; Ribadumia=ribadumiense; Melide=melidao
TEMA 23
A nosa lingua é unha das mellores para aprender, traducir e escribir nela todo tipo de temas científicos, incluso xurídicos, a pesar das dúbidas que poda ter o Defensor do Pobo. Calquera persoa, se foi á escola, sabe moi ben que o castelán e o galego, coma as demais linguas románicas, proveñen dunha mesma árbore: o latín. Que toda obra é tan traducible ó castelán coma ó galego. Tamén coñecen cáles son as outras fontes léxicas, case as mesmas cás do castelán e outras linguas. Cando aparecen palabras novas, o galego bota man do latín e do grego coma as outras linguas. E deste xeito temos os NEOLOXISMOS. Así televisión -ben doado- fórmase a partir dos elementos:
59
Galego: curso de iniciación
grego, tele=lonxe, e latino, visio, (vídeo) = ver..., por coller un exemplo que significa o mesmo en inglés ca en galego, castelán, portugués, francés, italiano, catalán, etc. LEMBRADE: Logo que quede ben claro: O GALEGO a máis de ser unha lingua lírica, fermosa, "que falan os anxos no ceo e os namorados na terra" que dixo o inmortal Curros no seu poema “Na morte de miña nai”, é unha lingua tan científica coma a que máis. A ela non só se poden traducir todas as linguas senón que nela pódense “aprender” ciencias (palabra que na nosa lingua abrangue "ensinar e aprender", exemplo: "aprendo química" e "apréndeme a prof. Carme". ou "aprendo Matemát. con Cabanas", ou "apréndeme Matemát." Vexamos unha morea de palabras que coinciden na súa forma con outras linguas, pois a súa orixe é grega e latina e polo tanto existen nas palabras cultas doutros idiomas; aprendédeas tamén a descompoñer neste exercicio, por exemplo: circunvalación: vén do latín circum (arredor de) e de vallo=do latín tamén vallo, as, are (vallum=trincheira), que dá a súa vez circumvallare, e en galego circunvalar ou sexa rodear. Isto é facendo un traballo con detalle, pero vós facédeo máis sinxelo dicindo só o prefixo. Palabras de distintas orixes que son moi galegas: 1- circunvalación, embotellamentos. 2- intravenosas, epidérmicas. 3- proseguir. 4- hipertensión. 5- diabete, análises. 6- meninxite. 7- gasolina. 8- metrópoles, crises. 9- oficina, igrexa. 10ultramarinos, cocaína, estricnina. 11- militancia, consecuente, contradicente. 12- obxección, diálise, riles. 13- prexulgaban. 14- valente, expediente, sobresalientes. 15- sa, hipoglucemia. 16politécnicos, pluviómetro, polarímetros. 17- hexágono, polígono. 18- endoscopia. EXERCICIOS Enchede os ocos baleiros pola mesma orde en que están: 1- As estradas de ... son boas para evitar ... nas vilas e cidades. 2- As inxeccións ... doen menos cás ... Conservaranse en neveiras ou frigoríficos. 3- Temos que ... cara a diante sen ollar atrás e mellorar con estufas, lavalouzas e lavadoras. 4- Pola ... aconselláranlle comer con pouco sal, nin usar as cafeteiras. 5- Debemos vixiar a ... con ... frecuentes e tomar iogures da iogureira. 6- Hai tempo que houbo un andazo de ... na vila. Había necesidade de aspiradores e ventiladores. 7- Polo visto a ... non subirá este ano, pero si os quentadores e fornos. 8- As ... son grandes cidades, ás veces con grandes ... 9- Na ... falaban hoxe da orixe da palabra... 10- Os ... non venden nin ... nin ... 11- A ... dos partidos ten que ser ... e non ... 12- Aquel enfermo non lle poñía ... a ... dos seus ... 13- Os adversarios non ... ós da oposición. 14- O ... bergantiñán tiña e seu ... con moitos ... 15- Aquela muller non estaba ..., tiña ... Non debía usar a prancha. 16- Os institutos ... teñen .. e ..., tamén cambotas. 17- Un ... é un ... de seis lados e seis ángulos. 18- Foi facer unha ... e levoulla ó doutor. Este regaloulle un secador do cabelo.
60
Galego: curso de iniciación
ÚLTIMAS NORMAS ACTUALIZADAS. Continuación 1. As palabras que rematan en –aría, admiten tamén o sufixo –ería: camisaría, chocolataría, enfermaría, lavandería, libraría, moblaría, tinturaría, zapataría como tamén: notaría, secretaría, entre outras moitas máis.... son correctas ou normativas pero como no galego medieval tamén están documentadas as rematadas en –ería admítense tamén como correctas ou normativas, entón é mellor seguir co sufixo: -ería, e dicir: enfermería, enxeñería, gandería, panadería, reloxería, cervexería, zapatería, papelería.... 2. Sufixos ou terminacións en –zo, -za/-cio, -za. –ancia, -encia, -cencia. Temos palabras con estas terminacións ou sufixos en galego, que coinciden co castelán e co portugués: abundancia, alternancia, circunstancia, ganancia, ignorancia, resonancia, vixilancia. Sería moi extenso escribir a morea de palabras con estes sufixos, pero si RECORDAREMOS: aquelas en –zo, -za, coas que estamos familiarizados; A si debemos escribir por normativas: diferenza, indiferenza. espazo, graza, desgraza, licenza, perseveranza, presenza, sentenza, servizo, xustiza, xuízo, axustizar, inxustiza, prexuízo, crenza, doenza, prezar, preguiza, desprezo. ALGUNHAS PALABRAS NA NOSA LINGUA CO MESMO PREFIXO NOUTROS IDIOMAS: PREFIXOS
+
SUFIXOS
EXEMPLOS
HEMER (o) = día
-TECA
Hemeroteca
HEPAT (o) = fígado
-ITE, ICO
Hepatite, hepático
HETER (o) = outro
-XÉNEO
Heteroxéneo
HOMO (o) = igual
-NIMO
Homónimo
SUBLIÑEMOS A FORMA CORRECTA: Poseer / posuír
pavillón / pabellón
xaula / gaiola
Teñir / tinxir
connivencia / conivencia
crueza / crudeza
Freo / freno
orquesta / orquestra
suar / sudar
61
Galego: curso de iniciación
TEMA 24 Imos variar hoxe o estilo de cómo vimos desenvolvendo este Curso de Galego Práctico Actualizado, e veremos o importante que é estudar algo práctico que, ó mellor, nunca o temos aprendido. Vexamos: A- RECORDEMOS ALGÚNS XENTILICIOS: Indican a orixe ou procedencia, veciñanza ou nacionalidade das persoas. Daremos algúns deles: De Arteixo = arteixán
De Abegondo = abegondense
Agolada = agolense
Antas de Ulla = ulloa
Arnoia = arnoián
Baiona = baionés
A Baña = baiañense
Barreiros = barreirense
O Barbanza = barbancés
Becerreá = becerreense
Betanzos = betanceiro; brigantino
Bolo = bolés
Boimorto = boimortense
Boqueixón = boqueixonés
Bueu = buenense
Campo Lameiro = campolameirán
Cambre = cambrés
Carballo = carballés
Carral = carralés
Cariño = cariñés
Cee = ceense
Corcubión = corcubionés
B- REPASEMOS CERTAS ABREVIATURAS: Vde. = vostede
S.E. = súa excelencia
Vdes. = vostedes
S.M. = súa maxestade
V.E. = vosa excelencia
Sr. = señor
VV.EE. =vosas excelencias
Sra. = señora
V.A. = vosa alteza
Srta. = señorita
Dna. = dona
Dra. = doutora
D. = don
Dr. = doutor
62
Galego: curso de iniciación
C- USO CORRECTO E INCORRECTO DE CERTAS VOCES: ILLAR, exemplo: Vivo illado no monte; non aillar.
AZUCRE; é incorrecto azúcar.
ILLAMENTO; non aislamento.
BARALLA, non é correcto baraxa por castelanismo.
BEIRARRÚA; non acera.
LIXO, é incorrecto basura, desperdicios.
AMBIENTE; non ambente.
BACALLAU, non bacalao por castelanismo.
AMPOLA; non ampolla.
BOCEXAR; non bostezar.
ALEIVOSÍA; non alevosía.
BALEA; non ballena.
APAIXONAR; non apaixoar.
ATROPELAR; non atropellar, nin atropello
ÁRBORE, a árbore; non albre, nin arbre.
CIRURXÍA; non ciruxía.
AVALIACIÓN; non evaluación.
CASARÍO; non caserío.
AVARÍA; non avería.
CONFRARÍA; non cofradía.
CONCELLO; non axuntamento, referíndose á casa dos concelleiros.
CONTÍA; non cuantía.
D- RECORDEMOS O BERRO DOS ANIMAIS. A galiña = cacarexa
O burro = ornea
O porco= cuínca ou gruñe.
A ovella= bea
O cabalo= rincha.
O gato= miaña
Os pitos= pían
O xílgaro= rechouchía
E- SUBLIÑA OS CASTELANISMOS: “Antes non había carretera ata a escuela. A escuela empezaba en setembro. No verán o calor facía sudar. O desayuno era pouco. O varrer con escobas botábamos agua para non levantar polvo”. Correccións dos castelanismos: estrada, escola, ó, a calor, suar, almorzo, vasoiras, botabamos auga, po.
63
Galego: curso de iniciación
F- REPASEMOS OS SUPERLATIVOS ESPECIAIS DE: BO = óptimo
MALO = pésimo
GRANDE = máximo
POBRE = paupérrimo
LIBRE = libérrimo
SABIO = sapientísimo
CÉLEBRE = celebérrimo
BAIXO = ínfimo
ALTO = supremo
PEQUENO = mínimo.
NOTA: Debemos evitar “máis maior” e “máis peor”. G- COMPLETA CON “TE” ou “CHE”. Coñecinte pola voz. Moito che brillan os ollos Teño que verte no cine Portácheste moi ben Vendéronche gato por lebre Mañá lévote comigo Non te puiden ver Fixéronche un agasallo DO NOSO O carácter agarimoso do idioma galego fai que os diminutivos na nosa lingua abunden moito. Empréganse moi a miúdo como sentimento de afecto, de tenrura. Os diminutivos máis comúns son en: -iño, -iña: neniño, fontiña. Outras veces rematan en –elo, -ela e en –ello, -ella: cadelo, fontela, cortello, etc. Non sempre diminúen o significado. Ás veces poden ser aumentativos: o avó vai velliño = moi vello. O diminutivo galego, amais de diminuír a significación de nome, expresa sentimentos de cariño: Meu filliño!
64
Galego: curso de iniciación
TEMA 25 OS POSESIVOS As formas dos POSESIVOS poden ser coma en castelán: substantivos ou pronomes e adxectivos. Distínguense doadamente no contexto: O meu can é bo = MEU = adxectivo. O meu é bo = MEU = pronome ou substantivo. - As veces pódese crear dúbida ou confusión nos casos que non estea claro a quen nos referimos na escrita ou na conversa. Se digo ou dicimos: “O seu can ouveou moito esta noite”. ¿A quen nos referimos aquí? O can da persoa con quen estamos a falar ou ó can do veciño. Está confuso porque ademais podía ter todas estas acepcións ou referencias: O seu can = Podía referirse ó can DEL, DELA, DELES, DELAS, DE VOSTEDE, etc. * Para evitar todas estas posibles confusións é mellor usar estas formas: 1- O can del ouveou ... 2- O can dela ... 3- O can de vostede ... * Abundando máis: se digo por exemplo: A súa teoría non me convence. ¿A de quen?. É mellor logo aclarar a “del”, “a de vostedes”. * Indican, como o seu nome expresa, unha idea de posesión. E pode haber un só posuidor ou varios posuidores. - Convén recordar que as formas posesivas son as mesmas para a función adxectiva ou para a substantiva: un posuidor
singular
plural
varios posuidores
masculin
feminino
masculin
feninino
1ª
meu
miña
noso
nosa
2ª
teu
túa
teus
tuas
3ª
seu
súa
seu
súa
1ª
meus
miñas
nosos
nosas
2ª
teus
túas
vosos
vosas
3ª
seus
súas
seus
súas
* Debemos reparar que as formas da terceira persoa son iguais para un posuidor que para varios posuidores. Por exemplo: “O seu libro pode ser interesante”. Para evitar a ambigüidade, debemos empregar, como dixemos antes: “O libro del, dela, deles, delas, de vostede ou de vostedes. OLLO. CASOS ESPECIAIS 1- O posesivo ESIXE o uso do artigo determinante. Hai que ter moito ollo pois é un erro moi común nos casteláns falantes e dos que non o son, o de suprimir o artigo diante do nome
65
Galego: curso de iniciación
como pasa en castelán ... Así din “Miña casa” no canto de “A miña casa”. “Meu can” en vez de “O meu can”. Oíndose moito na Radio e TV, ás veces é o único erro. 2- NON levan en cambio artigo diante cando é unha exclamación ou vocativo. Exemplo: “Meus amigos!. Como vos vai?”. a) Tamén na exclamación que aínda se oe: “Mi padre!. Mi madre!. Como foi” aquí vai sen artigo. É un posesivo de respecto. b) Cos nomes de parentesco o uso do artigo É OPTATIVO, é dicir poden levalo ou non. Exemplo: “Miña irmá chegou onte” ou “A miña irmá chegou onte”. “Meu pai chamoume por teléfono” ou tamén “O meu pai chamoume por teléfono”. 3- Ás veces, nas formas de primeira persoa, pode indicar FAMILIARIDADE. Exemplo: Que nos conta o noso amigo? 4- Pode indicar, usado con numerais, unha aproximación ou idade indefinida. Exemplo: “E xa terá os seus trinta anos” 5- Pode sinalar tamén un algo habitual. Exemplo: “Foi botar a súa partida”. 6- Hai algunhas locucións formadas cos posesivos. Exemplos: “Facer das súas”. “Os meus” = a miña familia.” “E rico de seu”=xa lle vén de herdanza. “É ruín de seu”= é malo por natureza. “Ten casa de seu” = que é propietario dela. Estas formas indican propiedade. 7- Tamén se poden usar as formas unidas a un distributivo CADANSEU, CADANSÚA, cos seus plurais CADANSEUS, CADANSÚAS, formadas polo distributivo CADA + SEU, son posesivos distributivos. Exemplo: “Tiñan cadanseu coche”, “Agasalláronnos con cadanseu libro”. 8- O posesivo feminino pódese empregar nos casos que se podería pór a preposición DE seguida de pronome persoal. Exemplos: “Ía diante nosa” = (ían diante de nós). “Viven encima miña” = (viven encima de min). A COLOCACIÓN DO POSESIVO 1- Por norma xeral o posesivo VAI DIANTE DO NOME. Exemplo: “Os seus libros”, “Meus irmáns”. 2- Hai caos nos que o posesivo vai despois: a) Cando o substantivo vai precedido dun interrogativo ou dun indefinido. Exemplo: “De que asunto teu falas?”. 3- Cando o substantivo vai acompañado do artigo UN ou dun DEMOSTRATIVO. Exemplos: “É un coñecido meu”. “Estes teus amigos non son de fiar”. 4- Posponse tamén para darlle maior énfase ó que se está a dicir. Exemplos: a) “Por culpa túa non se fixo”. b) “Non te preocupes, é cousa miña”.
66
Galego: curso de iniciación
RESUMINDO: O posesivo cando vai antes do nome, vai precedido do artigo: O teu libro. As súas noticias son estas. Nos nomes de parentesco pódese suprimir o artigo: Miña irmá chega hoxe. Meus curmáns estudan aquí. (Tamén podiamos dicir “A miña irmá..., Os meus curmáns...). Chamárono meus avós. Os nosos tíos chegan mañá. Exemplos de posesivos para un só posuidor ou para varios: Para un só: Para varios: Os teus libros. A vosa clase. As miñas botas. Os nosos amigos. O teu can. A nosa casa. Nota: En todos é necesario colocar o artigo diante do posesivo: os, as, o, a, os, a. CÓMPRE RECORDAR ESTAS FORMAS que expresan PROPIEDADE, moi ENXEBRES NA NOSA LINGUA: As formas con preposición “de meu”, “de teu, “de seu”, “de noso”, “de voso”, expresan unha relación de propiedade exclusiva: Exemplo: a) Tiña Terras de seu, e vendeunas: (terras herdadas). b) “A miña casa non é de meu”. Está claro que non é o mesmo que “Tiña casa de meu”. Outros exemplos: a) “Esta rapaza é lista de seu” (propia natureza). b) É ruín de seu...” (Tamén por propia natureza). c)Vivimos en casa de noso (Tamén herdada/dos devanceiros, en propiedade, non alugada).
TEMA 26 DEMOSTRATIVOS Temos tendencia na maioría das veces, por diferencialismo, a cambiar as vogais ou mesmo as palabras, coma xa vimos. Isto pasa cos PRONOMES e ADXECTIVOS DEMOSTRATIVOS, tamén. Deste xeito escoitamos moitas veces: ISTE coche é meu, no canto de ESTE coche é meu. AQUILA rapaza está enferma por AQUELA rapaza está enferma. Aínda que hai zonas nas que se empregan. A normativa só admite as seguintes: singular
p
masculino
feminino
neutro
m
PROXIMIDADE
este
esta
isto
e
DIST. MEDIA
ese
esa
iso
e
AFASTAMENTO
aquel
aquela
aquilo
a
A forma ELO non se usa, hai que empregar ISO ou ISTO. Non se debe dicir: “ELO non está ben”. O correcto é dicir: “ISO non está ben”. ELO significa eslavón: unha cadea de ELOS. O 67
Galego: curso de iniciación
pronome neutro “elo”, existiu na lingua antiga, pero foi substituído por outros pronomes, sobre todo polos demostrativos neutros. Aínda que é unha forma correcta caeu en desuso. * As formas ISTE, ISE; ISTES, ISES ... existen en galego como variantes dialectais, e polo tanto non normativas. ATENCIÓN AS CONTRACCIÓNS: demostrativos
ESTE ESTA
ESE ESA
AQUEL AQUELA
ESTES ESTAS
ESES ESAS
neutro
ISTO
ISO
AQUILO
DE
deste desta disto
dese desa diso
daquel daquela daquilo
destes destas
deses desas
EN
neste nesta nisto
nese nesa niso
naquel naquela naquilo
nestes nestas
neses nesas
- Os demostrativos ESTE, ESTA, ISTO. ESE, ESA, ISO. AQUEL, AQUELA, AQUILO. Contraen co indefinido OUTRO, cos seus respectivos plurais. masculino
femenino
singular
plural
singular
plural
estoutro esoutro aqueloutro
estoutros esoutros aqueloutros
estoutra esoutra aqueloutra
estoutras esoutras aqueloutras
- Vexamos as posibles contraccións ESTOUTRO, ESOUTRO, ESOUTRA, AQUELOUTRO, AQUELOUTRA. Ollo ós plurais: ESTOUTROS, AQUELOUTROS. Cos seus respectivos femininos. Só toma o “s” o segundo elemento. - CONVÉN LEMBRAR que ESTOUTRO, ESOUTRO, AQUELOUTRO supoñen unha elección entre dous ou máis obxectos aínda que non estean expresos. Pois a elección pode estar implícita. Se digo: “AQUEL é mellor ca ESTOUTRO”, ou “Desexo AQUELOUTRO”, quedan aclarados os dous casos. CONTRACCIÓNS CON “DE e “EN” CON “DE”: A) Este + de = DESTE. Esta + de = DESTA. Isto + de = DISTO B) Ese + de = DESE. Esa + de = DESA. Iso + de = DISO. C) Aquel + de = DAQUEL. Aquela + de = DAQUELA. Aquilo + de = DAQUILO. Cos consabidos plurais. CON “EN” A) Este + en = NESTE B) Esa + en = NESA. Iso + en = NISO. C) En + aquel = NAQUEL. En + aquela = NAQUELA. 68
Galego: curso de iniciación
* É aínda contraen estas preposicións, “DE” e “EN”, como: DESTOUTRO, NESTROUTRO, NAQUELOUTRO, cos seus respectivos femininos e plurais. * OLLO: Hai que fuxir polo tanto de escribir e de pronunciar: (este outro, aqueles outros, de estes outros, en aqueles outros no canto dos correctos estoutros, aqueloutros, destoutros ou naqueloutros, erros moi comúns). CASOS ESPECIAIS 1) AQUEL, amais de demostrativo, é un substantivo coa significación de “engado”, “xeito”, “oportunidade”, “gallo ou motivo”. Por exemplo: “Ramona ten un AQUEL que me engaiola”. “Chegou co gallo das vacacións do Nadal”. 2) “AQUELAR” é un verbo comodín. Cando non nos sae a palabra exacta botamos man de aquelar: Teño que ir o dentista a que me aquele (empaste) esta moa. Aquélame (arranxar) esta garabata. 3) A contracción DAQUELA equivale: a) Ó adverbio de tempo ENTÓN: “DAQUELA cando era pequeno non había tantos coches”. b) Tamén pode funcionar coma conxunción con equivalencia a “polo tanto”: Non estudaches DAQUELA non te queixes. Repetimos: Debemos evitar: Iste coche é meu, no canto de Este coche é meu. Aquila rapaza está enferma por Aquela rapaza está enferma. Sen embargo a forma “elo” non se usa, hai que empregar “iso” ou “isto”. EXERCICIOS Colocade nos exercicios pola mesma orde en que están as palabras: 1- A lingua de que trata ... libro ... a escribiu para o bacharelato? [ESTE; QUEN) 2- Non fales con ... homes da vila, ... os coñece. (ESES; NINGUÉN ) 3- Cando lía ... xornal vin que ... non estaba feito. (AQUEL; AQUILO ) 4- Debuxou ... praza no centro porque non era ... cousa. (ESA ; CALQUERA) 5- Con ... asuntos tan bos que tes, non sei ... serán os resultados. (ESTES; CALES) 6- Por ..., despois de te oír, cheguei á conclusión que ... me importa. (ISO, NADA ou REN.) 7- Xa che dixen ..., todas ... cousas pasaron sen dúbida así. (ISTO; ESTAS) 8- Con ... teño motivos para non falar, non me faltan tamén con... (AQUELOUTRA; AQUELOUTROS ) 9- Toda ... xente que ves alá non son ... lugares da bisbarra. (AQUELA; DESTES ) 10- Non falarei ... con ninguén, xa que tampouco falei ... ocasión. (DISTO; NAQUELA) 11- Non me meto ... cousas e tampouco ... que me contaches. (NESAS; NAQUELAS) 12- Son mellores ... pero ... non son tampouco boas cando se alporizan. (ESTOUTROS; AQUELOUTRAS ) 13- Hai tempo que non creo ..., xa estudarei ... teorías de que falas. (NISTO; ESOUTRAS) 14- Aínda non sei nada ..., se coñeces ... dimo dunha vez. (DAQUILO; ESTOUTROS) 15- Era eu pequeno ... cando me contaron ... que pasou na guerra. (DAQUELA , AQUILO ) 16- Falamos ... libros, que publicaban ... tempo, cando estudabamos. (DAQUELES, NAQUEL) 69
Galego: curso de iniciación
17- Co ... do suspenso, non quixo estudar por mais que o ... a que seguise. (AQUEL, “AQUELAMOS”) 18- Se non che colle ... maleta méteo ... que caberá. (NESA, NESTOUTRA) 19- Estando ... foise a luz e ... deille un bico que rexeitou. (NESTAS, NESAS) 20- Aquela rapaza ten un ... que me engaiola, non podo dicir como é ... (“AQUEL”, ISO)
TEMA 27 RELATIVOS, INTERROGATIVOS E INDEFINIDOS
A) RELATIVOS As seguintes son as formas dos pronomes relativos: INVARIABLES: que - quen VARÍAN NO NÚMERO: cal - cales. VARÍAN EN XÉNERO E NÚMERO: canto - canta; cantos - cantas.
OLLO: 1- a) “QUENES” é un castelanismo e b) “CAIS” un lusismo que debemos rexeitar. Debe polo tanto dicirse nos plurais: a) QUEN sodes? - QUEN chama? - Os QUE viñeron xa se foron. b) CALES queres? e non “QUENES chaman” nin “CAIS queres” nin “QUENES son”. OLLO: “QUEN” só pode levar o verbo en plural co verbo SER: QUEN SON?, QUEN SERÍAN?. Cos demais verbos, o verbo ten que ir en singular: QUEN veu?. QUEN debe escribir? 2-”QUEN” pode usarse como “SER CAPAZ DE”: a) Non foi “quen” de tocarme. b) Non es “quen” de vir. 3- Nas novas normas admítese o antes rexeitado relativo posesivo CUXO, CUXA, cos seus plurais CUXOS, CUXAS. Esta partícula desaparecera ó longo da historia dos usos orais, con esta incorporación de “cuxo ó galego” temos máis posibilidades na escrita e na fala.
B) INTERROGATIVOS Son as mesmas partículas: QUE, QUEN, CAL, CALES que funcionan tamén coma EXCLAMATIVOS. É moi enxebre o seu uso precedido do artigo. Exemplo: O que alí vin!. Quen, tamén coma exclamativo: ¡Quen puidera convosco voar! Que, seguido da preposición de e un nome indica cantidade: ¡Que de xente había alí!, equivale a Canta xente había alí!.
70
Galego: curso de iniciación
CANTO, CANTA, CANTOS, CANTAS, CANDO, COMO e ONDE úsanse coma interrogativos con matiz adverbial de cantidade e como exclamativos: Canto leva padecido!. Cando o pensas facer!. Como me chamabas!. Ás veces, aínda que se vai perdendo o seu uso, topamos as seguintes formas dun INTERROGATIVO adverbial de orixe latina -UBI-Quedan: ULO, ULA; ULOS e ULAS. O “u” é o interrogativo, LO, LA, LOS, LAS, son pronomes de terceira persoa con oficio de O. Directo. Exemplo: “Os amigos ¿ULOS?”. Cando é adxectivo vai unido o artigo e polo tanto separado polo trazo. Exemplo: U-los libros?”.
C) INDEFINIDOS Son unhas palabras que poden funcionar coma adxectivos ou coma pronomes. Citarémolos segundo a súa función: * COMO PRONOMES: 1- Alguén está falando. 2- Ninguén mo dixo. 3- Calquera pode facelo. HAI QUE REXEITAR calqueira QUE SE OE MOITO. 4- Cadaquén que o faga como vexa. 5- Quenquera que sexa que o diga. 6- Algúns non son puntuais. 7- Algúns (adxectivo) libros non valen. 8- Non chegou ningún. 9- Ningunha (adxectivo) noticia é boa. 10- Déronme outro máis. 11- Ambos (adxectivo) avós estiveron en América. 12- O mesmo (adxectivo) rapaz do outro día chamoume. “MESMO” ás veces ten valor de “incluso”. Exemplo: Mesmo mo dixo a min. Tamén se usa coma unha expresión adverbial. Exemplo: E coa mesma alporizouse todo.
EXERCICIOS Corrixide o que estea mal. Escribídeas correctamente: 1-A) 1-Quenes son os que viñeron. 2- Cais queres?. 3- ¿Cuxos son estes libros?. 4- Vale calqueira que traias. 5- Quenesqueira que o fixeran, estivo moi mal. 6- Leo calquer libro. 7- Non sodes quenes de facelo. 8- Hai cousas sen as cais non me afago. 9- Os nenos a quenes chamaches, chegaron. 10- Non veu naide, ata calquer día. Repasemos os numerais que xa estudamos. Escribe: 16 - 20 - 23 -28 - 40 - 50 - 60 - 80 - 500 - 800. 1-B) Repasemos tamén os plurais nos que se cometen tantos erros. Formade os plurais de: 1- español. 2- cristal. 3- mel. 4- funil. 5- ollomol. 6- tul. 7- árbol. 8- túnel. 9- cónsul. 10- xamón. 11- ollal. 12- mol, cartafol. 13- gardavicil. 14- civil. 15- fusil. 16- noz. 17- mazá. 18- marqués. 19- fósil. 20- rei. 21cartel. 22- folgos. 23- miolos. 24- exequias. 25- luns.
SOLUCIÓNS ÓS EXERCICIOS ANTERIORES 1-A) 1. Quen son os que viñeron?. 2. Cales queres?. 3. Cuxos son estes libros?. 4. Vale calquera que traias. 5. Quen queira que o fixera, estivo moi mal. 6. Leo calquera libro. 7. Non sodes quen de facelo. 8. Hai cousas sen as cales non me afago. 9. Os nenos a quen chamaches, chegaron. 10. Non veu ninguén, ata calquera día.
71
Galego: curso de iniciación
REPASEMOS OS NUMERAIS QUE XA ESTUDAMOS: Escribe: dezaseis – vinte – vinte e tres – vinte e oito – corenta – cincuenta – sesenta – oitenta – cincocentos/cincocentas – oitocentos/oitocentas. 1-B) Repasemos tamén os plurais nos que cometen tantos erros. Formade os plurais de: 1- españois. 2cristais. 3- meles. 4- funís. 5- ollomoles. 6- tules. 7- árbores. 8- túneles. 9- cónsules. 10- xamóns. 11ollais. 12-. Moles, cartafoles 13- garda civís. 14- civís. 15- fusís. 16- noces. 17- mazás. 18- marqueses. 19fósiles. 20- reis. 21- carteis. 22- folgos. 23- miolos. 24- exequias. 25- luns. LEMBRA: Son incorrectas formas como: post-operatorio, sub-director, vice-decano, vídeo-xogo, contrarevolucionarios, neo-nazi. Deben escribirse: postoperatorio, subdirector, vicedecano, videoxogo, contrarrevolucionario, neonazi. Pero debe escribirse separado: ex director xa que é a única excepción.
DA DÚBIDA Á SOLUCIÓN: Para que nos sexa máis doado aprender vocabulario, sen esforzo. Aprendamos unha morea de palabras suprimíndolle o “n” final: Así de crimen = crime en galego; examen = exame en galego; virxen = virxe en galego; e así coas seguintes palabras: orden (e); imaxen (e); abdomen (e); numen (e) (inspiración); réximen (e); vexamen (e); gluten (e); liquen (e); polen (e), semen (e). Exceptúase dolmen que é un bretonismo.
TEMA 28 Convén non se esquecer do que levamos aprendido. Cómpre pois repasar os masculinos, femininos e os plurais os que ofrecen xeralmente máis dificultade. EXERCICIOS DE REPASO A) FORMADE O PLURAL DAS SEGUINTES PALABRAS: Azul - pel - dor - débil - tule - val - símil - viril - túnel - difícil - atril - lei - rei - especial - capitán - noz marqués - camión - fusil - ril. B) FACEDE O MESMO CON: Ollomol - cartafol - chuchamel - funil – garda civil - cadril - canle - mortal – parasol - israelí. C) CORRIXIDE O QUE "ESTEA MAL": 1- As catedrales son dun arte fermoso. 2- Os españois aman ós animales. 3- Os oríxenes dos fósiles son descoñecidos. 4- Os embudos serven para o aceite. 5- Fai anos que non vexo un paisaxe tan fermoso. 6- Tiña un grande dor. 7- Os carteles son de propaganda. 72
Galego: curso de iniciación
8- Levou moitos traxes para a viaxe. 9- A personaxe invitado tiña moito carraxe. 10- Non lle gustou o moblaxe do homenaxe. D) FORMADE O FEMININO DE: Irmán - humano - urbano - ancián - ourensán - aldeán ferrolán -rei - san - compostelán - charlatán - cotián - artesán - curmán - ourensán - alemán - muradán paisano. E) HAI MOITOS ERROS NAS SEGUINTES FRASES, NORMATIVIZÁDEAS; É DICIR, ESCRIBÍDEAS CORRECTAMENTE: 1- Cando había andado po-lo campo colliu tantas bolboretas coma eu. 2- Aquela parexa tiña moitos antoxos. 3- Che teño o libro. 4- Si tu ques traiote os meus dibuxos. 5- O avo casouse cando aínda era xove. 6- ¿Vades a ir polos túneis? 7- Andiveran moito conmigo. 8- Ti eres máis pequeno ca eu, pero teño máis anos ca ti. 9- Dallo (a eles) se ti non llo dás dareillo eu. 10- O carballo e un albre mais grande que o pino. 11- Recibiu o mensaxe. 12- Tiña moito dor. 13- O viaxe foi bo. 14- A leite morno. 15- A sangue é necesaria. F) CORRIXIDE ESTAS PERSOAS DOS VERBOS ONDE SE COMETEN BEN DE ERROS: 1- Fai tempo. 2- Vós estivechedes. 3- Vós fúchedes. 4- El teñe. 5- El andivo. 6- Nós andiveramos. 7- Vós vades. 8- Nos íbamos. 9- Tou ben. 10- Nós semos. DA DÚBIDA Á SOLUCIÓN SOLUCIÓNS ÓS EXERCICIOS ANTERIORES A) FORMADE O PLURAL DAS SEGUINTES PALABRAS: Azuis - peles - dores - débiles - tules - vales - símiles - virís - túneles - difíciles - atrís - leis - reis - especiais - capitáns - noces - marqueses - camións - fusís - riles. B) FACEDE O MESMO CON: Ollomoles - cartafoles - chuchameles - funís – garda civís - cadrís - canles - mortais - parasoles - israelís. C) CORRIXIDE O QUE "ESTEA MAL": 1- As catedrais son dunha arte fermosa. 2- Os españois aman ós animais. 3- As orixes dos fósiles son descoñecidas. 4- Os funís serven para o aceite. 5- Hai anos que non vexo unha paisaxe tan fermosa. 6- Tiña unha grande dor. 73
Galego: curso de iniciación
7- Os carteis son de propaganda. 8- Levou moitos traxes para a viaxe. 9- O personaxe invitado tiña moita carraxe. 10- Non lle gustou a moblaxe da homenaxe. D) FORMADE O FEMININO DE: irmá - humana - urbana - anciá - ourensá - aldeá - ferrolá - raíña - sa - compostelana - charlatana - cotiá artesá - curmá - ourensá - alemana - muradana - paisana. E) HAI MOITOS ERROS NAS SEGUINTES FRASES, NORMATIVIZÁDEAS; É DICIR, ESCRIBÍDEAS CORRECTAMENTE: 1- Cando andara polo campo colleu tantas bolboretas coma min. 2- Aquela parella tiña moitos antollos. 3- Téñoche o libro. 4- Se ti queres tráioche os meus debuxos. 5- O avó casou cando aínda era novo. 6- Ides ir polos túneles. 7- Andaron moito comigo. 8- Ti es máis pequeno ca min, pero teño máis anos ca ti. 9- Dállelo, se ti non llelo dás daréillelo eu. 10- O carballo é unha árbore máis grande có piñeiro. 11- Recibiu a mensaxe. 12- Tiña moita dor. 13- A viaxe foi boa. 14- O leite morno. 15- O sangue é necesario. F) CORRIXIDE ESTAS PERSOAS DOS VERBOS ONDE SE COMETEN BEN DE ERROS: 1- Hai tempo. 2- Vós estivestes. 3- Vós fostes. 4- El ten. 5- El andou. 6- Nos andaramos. 7- Vós ides. 8- Nós iamos. 9- Estou ben. 10- Nós somos.
TEMA 29 O ADVERBIO - O ADVERBIO é unha palabra invariable que modifica a un verbo (cando vén), a un adxectivo (é unha persoa moi boa), e ás veces a outro adverbio (chega sempre tarde). - Hai moitas clases de adverbios: a) DE TEMPO b) LUGAR c) MODO d) CANTIDADE. A) DE TEMPO: Hoxe, onte, antonte, trasantonte, hogano = (nestes tempos); antano = (o ano pasado ou noutros tempos); hoxe en día, arestora = (que provén do latín “hac + ista + hora); agora, neste
74
Galego: curso de iniciación
momento, nestes tempos. Agora, antes, despois, entón, daquela, logo = (despois de agora); axiña, preto, de contado, cedo, tarde, aínda, inda, xa, de momento, mentres, namentres, sempre, decote, nunca. B) DE LUGAR: Aquí, aí, alí, acá, acó, aló, alá, acolá, encima, dentro, fóra, preto, cerca, lonxe, abaixo, embaixo, debaixo, avante, atrás, detrás, adiante, diante, enfronte, arredor, u?, onde, eis, velaquí, velaí, ó lado, a rentes, a carón, ó pé. - E estes tres adverbios especiais, DE LUGAR tamén: a) ALGURES: significa “algunha parte” = “Ten que estar en algures” b) NINGURES = “ningunha parte” = procede de (ningún + algures). Exemplo: Onde estará? = En ningures. c) XALUNDES: (moi pouco oído) significa “en calquera parte, en calquera outro sitio”. Exemplo: Penso que nos temos visto en xalundes. Que lle parece?. C) DE MODO: Os principais son: así (desta maneira), ben, mellor, mal, peor, gratis, paseniño, paseniñamente, amodiño, amodo, devagar, á présa, ás présas, a eito, a feito, simple, simplemente, de socato, de súpeto, de golpe, ó chou (á sorte), a treo (por sorte), ó cabo, á fin, secasí, ás claras, en van, ó xeito (con coidado), asemade, en balde. D) DE CANTIDADE: Bastante, abondo, máis, menos, moi, moito, pouco, ben, tan, tanto, canto, de menos, de máis, de sobra, só, soamente, nada, todo, xusto. A AFIRMACIÓN E A NEGACIÓN Os galegos é raro que respondamos “si” ou “non” como Cristo nos ensina. - A resposta afirmativa en galego, consiste na utilización do mesmo verbo da pregunta: Estiveches onte en Fisterra? Estiven. Fuches a Arteixo? Fun. - As veces cando na pregunta hai algún adverbio de tempo como: xa, aínda, sempre, nunca; para contestar afirmativamente a resposta pode consistir na simple repetición do adverbio. Exemplo: “Xa te examinaches?”. Resposta: “Xa”. “Sempre o fas así?. Resposta: “sempre”. A NEGACIÓN A forma máis común é o uso do adverbio NON. Exemplo: Non fun ó cine. Tamén se usa NIN. Exemplo: Nin traballa nin come. Nunca, xamais e endexamais poden funcionar como respostas negativas: Voltarás? Endexamais. Nunca, etc. Por último lembraremos os adverbios de dúbida: quizá, quizás, quizais, quizabes, seica, disque, e as expresións: ó mellor, pode ser, non si?, ho? (abreviatura de home), non é?. EXERCICIOS Clasifique as seguintes locucións adverbiais que poden ser: de lugar, de tempo, de modo, de afirmación, de negación, de dúbida, de cantidade: 1- Seguramente. 2- Por ventura. 3- Nin tan sequera. 4- O cabo. 5- Maldía leva!. 6- Desde logo. 7- A miúdo. 8- De aquí a pouco. 9- Entre lusco e fusco. 10- A eito, a fartar.
75
Galego: curso de iniciación
ATENCIÓN ÁS NOVAS NORMAS: (Continuación) Agora escríbense nunha soa palabra porque antes se escribían separadas: Correctas: amodo, acotío, apenas, decontado, decontino, decotío, deseguida, deseguido, devagar, enseguida, talvez. En cambio: hoxe en día, de cando en vez, de cando en cando, de vez en cando, pouco a pouco, de alí a pouco, ó outro día, a miúdo, ás veces. LOCUCIÓNS ADVERBIAIS: Son grupos de palabras que fan as mesmas funcións dun adverbio. Subliña as locucións adverbiais e escribe o valor: Mallaba acotío no burro. (tempo) A avoa quérelle a varrer. (cantidade) Así non vai a ningures. (lugar) Botou as redes ó chou. (modo) Por suposto que cho crin. (dúbida) Non digas: nunca xamais. (negación) DA DÚBIDA Á SOLUCIÓN OLLO A ESTAS CONTRACCIÓNS: Xa dixemos anteriormente que o galego é unha lingua na que se usan moitas contraccións na fala, hai algunha contracción, que tamén se fan na escrita. En cambio en castelán fanse moi mal porque ademais non hai tantas contraccións, só (“al” = a + el) e “del” sae (“de+el”) contrae en castelán cando é artigo, “el”, precedido das preposicións “de” ou “a”: Vengo “del” colegio. “Voy al cine”, pero fálase moi mal o castelán, pois, por exemplo non se debe pronunciar nin menos escribir: Dijo “cabía” estado aquí no canto de Dijo que había estado aquí. NON COMO EN CASTELÁN: O galego é un dos idiomas de máis contraccións e non se debe pronunciar como en castelán: Así está mal dicir: no día “de hoxe”, en vez da fonética galega no día “doxe” e ducias de casos. PERO LEMBREMOS: MAL ESCRITOS: “Dacordo”, “dalí”, “dagora”, “dalgo”, deben pronunciarse así, pero están mal escritos, non contraen: DEBEN ESCRIBIRSE SEPARADAMENTE, VEXAMOS: Estou “de acordo” contigo. Veño “de alí”. Non falarei máis “de agora” en adiante. Temos que falar “de algo” interesante. Pero podemos escribir: “Vivo na Coruña”. “Deputación da Coruña”. “Para xogar contamos coa Coruña”. A regra na que se basea o anterior: “da Coruña”, etc. é porque se pode facer a contracción das preposicións co artigo dos topónimos galegos, neste caso a contracción escríbese con minúscula como fixemos antes: “Veño da Coruña” etc. Non seguimos cos numerosos casos que hai nisto das contraccións.
76
Galego: curso de iniciación
TEMA 30 A PREPOSICIÓN A función da preposición é a de servir de unión entre un elemento sintáctico e o seu complemento. Todo aquilo que funciona como termo dunha preposición queda substantivado por ela. Non explicamos o uso de todas porque sería moi extenso, só de algunhas. Falaremos das preposicións máis usadas: 1- A. 2- AGÁS (significa: excepción, fóra, menos, salvo, bardante. Exemplo: Fixérono todos salvo ti. Pareces un can fóra a alma). 3- ATA: (Estiveron estudando ata a noite). Ollo, “astra” e “asta” considéranse castelanismos. “Até” é un lusismo. Pero admítese como correcta. 4- ANTE (Tiven ante min ó mesmo ladrón). 5- PERANTE, ten un significado restrinxido, propiamente “en presencia a”; “testemuñou perante o xuíz”. 6- DEICA: “Deica Betanzos hai 27 quilómetros”. 7- BAIXO e SO ou tamén, DEBAIXO DE. “Saíu baixo palio”. “Fíxoo baixo promesa”. “Estuda so pena dun castigo”. Este “so” é pouco usado. 8- CANDA, equivale ó adverbio “cando”: “Estudou canda min”. Enténdese ó mesmo tempo. 9- CON. 10- CONTRA: Ás veces pode indicar cercanía ou aproximación: “Uxes queda contra Arteixo”. “Chegou contra a noitiña”. 11- DE. 12- DESDE ou DENDE. 13- DURANTE. 14- EN. 15- ENTRE. 16- PARA. 17- POR 18- SEN: “Chegaron sen sabelo”. 19-20- SOBRE: Indica materia de que se trata ou fala. “A conferencia versou sobre o medio ambiente”. Tamén indica aproximación: “Costará sobre un millón”. En cambio “en col”. non se debe usar en sentido abstracto senón indicando sitio ou lugar; “Deixou os libros en col da mesa”. Puxo o pan sobor da mesa. 21- SEGUNDO: “Cóntocho segundo mo dixeron”. 22- TRAS: “Anda tralo can”. 23- XUNTA: Indica proximidade: “Vén xunta min”. LOCUCIÓNS PREPOSICIONAIS MÁIS USUAIS 1- CO GALLO DE = “Co pretexto”: “Co gallo da voda fixo o que quixo”. Significa “co pretexto de” 2- A CARÓN DE = “A ras de”. “Estaban a carón do chan”. 3- A PROL DE, EN PROL DE = A favor de. “Loitaron a prol da liberdade”. 4- CARA A (indica dirección): “Vai cara a Lugo”. Non se debe dicir: “Faciana” a Lugo. 5- DE RESULTAS: Equivale a “como consecuencia”: “De resultas do accidente finou”. 6- NO CANTO DE: Equivale a “en lugar de”, “en vez de”, “en troques de”: “Estudo inglés no canto de grego”. 7- POR MOR DE = “por causa de”, “por culpa de”: “Este local está clausurado por mor dos ruídos”. “Por mor da choiva fomos ó cine”. 8- EN TROQUES DE = “en vez de”. 9- EN COL DE... = puxo os libros en col da mesa, “sobre” a mesa. (Importante) 10- A BEIRA DE = “Ó lado de ...”, “a par de...”: “Xantamos á beira dun prado”. 11- BARDANTE DE = “Fóra de... “, indican excepcións: “Viñeron á festa bardante dos enfermos”. 12- A FORZA DE = “Ó lado de... “, “a par de ...”: “Xantamos á beira dun prado”. 13- DIANTE DE .. ou “Dediante”: “Que veña diante miña”. 14- VERBO DE... = “Acerca de..”. “Tocante a ..” “Respecto de...” “Verbo dos teus asuntos non tocarei”. 15- CAS DE...: “Vou cas dos avós”. Equivale a dicir “na casa de” 16- PRIMEIRO DE...: “Chama antes, primeiro de vir”. 17- POR RIBA DE... = “Encima de...”, “Enriba de...”: “Por riba de facelo aínda me berras”. 18- A TRAVÉS DE”...= Indica instrumento ou medio: Mandoulle aviso “a través dun” amigo común. Ás veces óese a barbaridade: “A traveso de”, isto non existe, é incorrecto. 19- Á PARTE DE. = Equivale “ademais de” = “Á parte dos” teus amigos virán tamén os meus. 20- ACERCA DE; A RESULTAS DE, ARREDOR DE, Ó REDOR DE, DERREDOR DE. 77
Galego: curso de iniciación
21- A PARTIRES: É unha incorrección grave. Non existe como locución prepositiva. É un infinitivo conxugado do que xa falamos: “De partires o venres que vén, chegaredes a tempo”. EXERCICIO Escriba dez oracións nas que entren en cada unha delas estas preposicións ou expresións prepositivas: 1- Sen. 2- Co gallo de. 3- Verbo de. 4- Contra. 5- Cara a. 6- Xunta. 7- En col. 8- Segundo. 9- Agás. 10Perante. ATENCIÓN AS NOVAS NORMAS (Continuación) Son correctas: a respecto de, alén de, após, aquén de, até que, canto a, no entanto, porén, a través de (e non “a traveso”, que se oe moito), á parte de, ELIMÍNANSE: alomenos, anque, entonces, nembargantes e sen embargo. ENGÁDENSE: a respecto de, alén de, após, aquén de, até, até que, canto a, no entanto e porén, das que falamos antes. AS PREPOSICIÓNS: a) Non teñen significado léxico. b) Carecen de xénero e número. c) Relacionan palabras. EXERCICIO: Subliña as preposicións: Deica Ourense hai 180 km. Dende Santiago ata Padrón hai autoestrada. Fun onda Xoán para que volva canda a min. Durante os exames non se fala. Os noivos estaban ante o altar. Contra a primavera iremos de excursión. DA DÚBIDA Á SOLUCIÓN: Cométense moitos erros na ortografía dos adverbios, conxuncións e preposicións, e das locucións adverbiais, conxuntivas e prepositivas, xa que unhas veces se escriben separadas e outras xuntas. Repetímolas: De súpeto / amodo / asemade / a présa / devagar / entre tanto / embaixo de Adverbios xuntos: Abondo (de cantidade) / axiña (de tempo) / abofé (de afirmación) / amodo (de modo) / acotío (de tempo) / adrede (de modo) / a deshora (de tempo) / antonte (de tempo) / arestora (de tempo) / arreo (de tempo) / asemade (de tempo) / deseguida (de tempo) / devagar (de modo) / disque (de dúbida) / dabondo (de modo) / quizabes (de dúbida) Locucións adverbiais separadas: Ás présas (de modo) / de socato (de modo) / ás veces (de tempo) / de socate (de modo) / a eito (de modo) / ó chou / (de modo) / hoxe en día (de tempo) / ó xeito (de modo) / ó fin (de modo) / en balde (de modo) / á fin (de modo) / ó cabo (de modo) / de balde (de modo) / deica pouco (de tempo) / a miúdo (de tempo) / deica un pouco (de tempo) / de cando en cando (de tempo) / de cando en vez (de tempo) / ó pé (de lugar)
78
Galego: curso de iniciación
TEMA 31 O INFINITIVO, XERUNDIO E PARTICIPIO A) O INFINITIVO CONXUGADO Falaremos hoxe das formas infinitas do verbo. Chámanse así aquelas formas verbais que non expresan modo nin tempo. Son o infinitivo, o xerundio e mailo participio. Explicarémolo sen maiores complicacións. -Nomeamos os verbos polo seu infinitivo: andar, coller, partir -O infinitivo conxugado, como o seu nome indica, pódese conxugar coma outros tempos: presente, futuro, etc. É dicir, pode presentar algunhas das categorías sinaladas polas terminacións ou morfemas verbais: Exemplo: de chegar-des; ó vir-es etc. Coñécese tamén co nome de infinitivo persoal ou flexionado. -Dixemos antes que estas formas (infinitivo, xerundio, participio) NON se conxugan noutras linguas románicas, agás no galego-portugués. Polo tanto teñen as súas terminacións. Vexámolas: Terminacións 1ª persoa: ---- andar, coller, partir. 2ª persoa: -es andar-es, coller-es, partir-es 3ª persoa: ---- andar, coller, partir. 4ª persoa: -mos andar-mos, coller-mos, partir-mos 5ª persoa: -des andar-des, coller-des, partir-des 6ª persoa: -en andar-en, coller-en, partir-en Estas formas permítennos recoñecer o suxeito do verbo en forma infinitiva. Debemos empregar o INFINITIVO CONXUGADO: -Cando o suxeito expreso ou oculto do infinitivo é diferente do verbo principal da frase. Exemplo: Por vires tarde, non esperaron. -Cando tendo aínda as dúas oracións o mesmo suxeito vai introducido o infinitivo por unha preposición ou un elemento equivalente. Exemplo: Marcharon para a praia ó chegaren da vila. B) O XERUNDIO O xerundio é unha forma invariable do verbo Pode funcionar coma adverbio modificador do verbo. Exemplo: Chegou cantando da festa. Funciona como complemento circunstancial de modo. -Ás veces pode funcionar coma un adxectivo. Exemplo: Vin unha rapaza pintando unha paisaxe. -Tamén se constrúe así: en xerundio para expresar anterioridade. Exemplo: En rematando chamareivos. -Pode admitir un sufixo diminutivo. Exemplo: Vai correndiño! C) O PARTICIPIO O participio funciona sempre como adxectivo. Presenta a acción como acabada. Exemplo: De poñer - posto. De facer - feito. De fuxir - fuxido.
79
Galego: curso de iniciación
-Convén recordar que algúns verbos presentan dobre forma. Unha regular, que se emprega en función verbal (nas perífrases das que xa falaremos). A irregular funciona sempre coma adxectivo. Vexamos uns cantos exemplos: -De quentar: quentado, quente. -De limpar: limpado, limpo. -De coller: collido, colleito. -De pagar: pagado, pago. -De nubrar: nubrado, nubro. -De acender: acendido, aceso. -De fartar: fartado, farto. EXERCICIOS Completa co infinitivo conxugado as seguintes frases: 1- Ó (chegar ...) chámame pronto.= Ó chegares (ti) chámame... Tamén podería ser “Ó chegaren (eles) chámame... 2- Con (ter ...) tanto xenio non consegues nada.= Con teres (ti) tanto... 3- Con (vivir ...) deste xeito non dás exemplo.= Con vivires (ti) deste xeito... 4- Non tiñan ganas de (estudar ...). = ... estudaren (eles) 5- Con (falar ...) así non acadades nada. = Falardes (vós) así... Nas seguintes oracións dicide se está ben ou mal o emprego do infinitivo conxugado: 1- Polos teus falares decateime como eras. = (Non é infinitivo conxugado) 2- O ter tanto ás veces non é moi bo. = (Tampouco o é) 3- O moito fumar trae malos resultados. (Tampouco o é) 4- Ó saírmos imos á praia. (É infinitivo conxugado) 5- Non abonda con teren boa intención. (É infinitivo conxugado) ATENCIÓN: A. EMPREGO DO INFINITIVO: ¿Cando é aconsellable o emprego do infinitivo invariable (temos que traballar) e do infinitivo conxugado (Cómpre estudarmos con interese)? Brevemente: Non hai unha norma fixa para o seu emprego, se ben por razóns de estilo é preferible o infinitivo conxugado, mesmo por eufonía... En moitos casos poderiamos empregar calquera das dúas formas. Hai casos nos que só se debe usar a forma invariable porque non se pode usar o infinitivo conxugado: “Colleu o libro e púxose a estudar”. B. NOTA: Limitámonos só a expoñer este tema do Infinitivo Conxugado da forma máis sinxela e simple, pois o estudo do infinitivo invariable e do infinitivo conxugado é ben complexo para unhas nocións como as que vimos explicando aquí. Chega co exposto. REPASEMOS DE NOVO Palabras que dicimos e escribimos mal e deben ser así: Solidariedade, soidade, herdade, verdade, novidade, variedade. Pero en cambio é: necidade, sucidade, enfermidade, lealdade, mortaldade, virxindade, puberdade, liberdade, trindade, notoriedade.
80
Galego: curso de iniciación
Palabras moi frecuentemente mal escritas e que hai que escribir así: Ambiente, humano, semana, zona (lugar), concelleiro (de concello), conselleiro (xunta), conducín, illado, móbil, verán, republicano, urbano. Son incorrectas polo tanto: ambente, humán, semán, zoa (lugar), concexal ou concellal, conduxen, aillado, móvil, vrao, republicán, urbán. RECORDEMOS, BEN ESCRITAS: Debuxo, deseño, defuntos, deputados, Deputación da Coruña.
TEMA 32 PERÍFRASES VERBAIS Son moi importantes na nosa lingua. E moi doadas de entender. Explicarémolas da forma máis clara e resumida posible: - As PERÍFRASES VERBAIS compóñense dun verbo en forma persoal: (1- Están. 2- Levan. 3- Teño. 4Pensa. 5- Imos. 6- Dou, ou con outros verbos...) e outro, en infinitivo, xerundio ou participio: (1- Están a chegar. 2- Levan falando unha hora. 3- Non teño acabado o traballo. 4- Pensa volver canto antes. 5- Imos pasando o tempo. 6- Non dou rematado este libro). - Entre as dúas formas verbais pode existir unha PREPOSICIÓN (coma no núm. 1: Están “a” chegar), ou unha CONXUNCIÓN (Hai “que” estudar moito). - Aclarémolo máis: Das dúas formas verbais que compoñen a perífrase, a primeira indica a persoa, tempo e modo, v. gr. (1- Están. 2- Levan ....). A segunda forma verbal: (1- ... a chegar. 2- ... falando. 3- ...acabado etc), é a que dá o contido semántico á expresión, é dicir, é o verbo que aporta a significación. Aínda que o significado sexa completo cos dous verbos, porque forman un todo. Isto débese a que o verbo auxiliar (nos exemplos anteriores: están, levan, teño, pensa, imos, dou, son os auxiliares) - foi perdendo a súa significación orixinal ata se transformar nun elemento puramente gramatical. Pois o que lle dá, como dixemos antes, a súa significación é o segundo verbo. Nos devanditos exemplos a idea ou significado é o de “chegar”, “falar”, “acabar” ... - Podemos deducir, xa que logo, que o FUNDAMENTAL DESTAS PERÍFRASES é que a REUNIÓN destes dous verbos —o auxiliar e o auxiliado— teñan un valor distinto do que cada un deles posúen separadamente. Exemplo: Non teño (auxiliar), acabado (auxiliado). - Cómpre ter presente que NON hai perífrases verbais, polo tanto, cando o primeiro verbo conserva o seu sentido orixinal. Con exemplos entenderémolo mellor: a) Vexo chegar uns barcos. b) Pensa escribir un libro. c) Desexan vir de vacacións. Nos casos a), b), c), vexo, pensa e desexan conservan o seu sentido orixinal, de ollar, meditar, querer. Non están usados pois coma auxiliares, non existe gramaticalización. Polo tanto non son perífrases verbais. 81
Galego: curso de iniciación
- UNHA DAS PARTICULARIDADES DAS PERÍFRASES, respecto ós outros tempos dos verbos, é que expresan matices ou modificacións da idea central do verbo que non se conseguen por medio das formas normais (número, persoa, tempo, modo, voz) da conxugación. CLASES DE PERÍFRASES Non esquecendo que nun cursiño sinxelo de Galego Práctico, non o podemos abranguer todo, indicaremos as máis comúns: 1- IR + infinitivo: Imos estudar (expresa futuridade). 2- HABER + infinitivo: Hasme (de) facer iso (obrigativa). 3- Houbemos (de) caer (acción a piques de suceder no pasado). 4- Botarse a, poñerse a + infinitivo: Botouse a chorar (incoativa, é dicir expresa o comezo brusco da acción). 5- Andar, estar a + infinitivo (indican unha acción durativa): Andaban a traballar onde podían. 6- Deber + infinitivo (indica obrigatoriedade): Deberías estudar máis. 7- Poder + infinitivo (indica probabilidade ou unha hipótese): Mª do Carme pode ter uns trinta e seis anos. Ramona uns setenta. 8- Estar + infinitivo (indica unha acción a punto de suceder ou futuridade inmediata): Están a chegar. PERÍFRASES CON XERUNDIO 1- Estar + xerundio (indica unha acción imperfectiva durativa): Están traballando na horta. 2- Ir + xerundio (imperfectiva ou de desenvolvemento gradual): Foise acabando pouco a pouco. 3- Vir + xerundio (imperfectiva con valor terminativo): Antonio vén sendo o sobriño de Loli. PERÍFRASES CON PARTICIPIO 1- Levar + participio (indica acción rematada ou perfectiva): Moito leva bebido xa Antonio. 2- Leva vivido moito (igual ca a anterior) 3- Ser + participio (forma a voz pasiva moi pouco usada na fala): Estes documentos foron vistos polo xefe. Se es bo serás querido por todos. REPARADE: Quedan aínda moitos exemplos das distintas modalidades ou aspectos das diversas perífrases que citaremos a continuación. Poden ser (perfectivas, terminativas, imperfectivas, futuridade, incoativas, obrigativas, hipotéticas, reiterativas). TRABALLEMOS COAS PERÍFRASES: Subliña as perífrases verbais: a) Tes que andar amodiño coa moto. b) Hei de o facer ben axiña. c) Debes de estar xa moi canso. d) Non dou acabado todos os exercicios. e) Botouse a chorar coma un neno. Substitúe o subliñado por unha perífrase: 1) Mañá chegaremos ás nove ó choio. Mañá temos que chegar... 2) O lavalouza dáme problemas. O lavalouza está a darme.... 3) O venres varrerán a praza. ... queren varrela.... 82
Galego: curso de iniciación
4) Unha gaivota sobrevoa o barco. ... está a sobrevoar... 5) O galo distínguese do corvo. ...pódese distinguir... 6) Tivo un accidente coa moto. Acaba de ter... 7) Eu xa andei moitos quilómetros. ... levo andando... REPASEMOS: A SOLUCIÓN DA DÚBIDA Recordemos algúns xentilicios galegos: co seu masculino e feminino: Arousán, arousá; arzuán, arzuá; bergantiñán, bergantiñá; caldeán, caldeá; carnotán, carnotá; compostelán, compostelá; ferrolán, ferrolá; fisterrán, fisterrá; redondelán, redondelá; ribeirán, ribeirá; salnesán, salnesá; vilagarcián, vilagarciá. Outras formas tamén válidas: arnoiao, arnoiá; burelao, burelá; courelao, courelá; limiao, limiá; melidao, melidá. OLLO CON ESTAS PALABRAS: Correctas: alude, ataúde, céspede, hóspede, laúde, parede, rede, interese, saúde, sede, virtude. ESCRIBAMOS BEN: garda civil; garda forestal, garda mariña; Pero: gardabarreira, gardalama, gardarríos, gardarroupa, radioínte. Fagamos o plural: radioíntes, gardas civís, galegos-portugueses, gardas nacionais, socioeconómicos, lanzachamas, tiraliñas, caixas fortes, cortafogos, cintos de seguridade, fisicos-químicos, gardarroupas, parabéns.
TEMA 33
Hai moita xente, persoeiros das letras, das ciencias, das artes, da política, dos medios de comunicación social, etc. que pasan olimpicamente da correcta escritura, é dicir, de ter en conta a normativa da lingua, o que non deixa de ser unha incoherencia cando menos, ou unha falta de respecto ó noso sinal de identidade. Xa sabedes quen son. E é tan doado escribila e falala!. EXERCICIOS As palabras que veñen a continuación están mal escritas. Vós, se queredes practicar, podedes escribir unha frase na que entren unha ou varias palabras pero, ollo, ESCRITAS CORRECTAMENTE. Aquí tedes pois unha morea delas tiradas (sacadas) das que vemos mal escritas a cotío e que xa estudamos nos anteriores temas. Debemos defender intransixentemente a autenticidade da lingua galega como se se tratase da meniña dos nosos ollos. Non escribila nin falala coma a un lle pete. Porque tampouco facémolo mesmo coas outras linguas irmás ou non irmás. MAL ESCRITAS (Un bo exercicio sería copialas correctamente antes de ver o resultado) 1- Quenes. 2- Soio. 3- Os análises. 4- Andivera. 5- Había dito. 6- Oficiña. 7- Fai tempo. 8- Persona. 9Calqueira. 10- Semán. 11- Conduxo. 12- Traduxo. 13- Leises. 14- Parexa. 15- Lentexa. 16- Conscente. 1783
Galego: curso de iniciación
Soave. 18- Mais ca eu. 19- Carreteira. 20- Dixera. 21- O orixe. 22- Calquer. 23- Diputado. 24- Naide. 25Anque. 26- Lingoa. 27- Casáronse. 28- Eres. 29- Istes. 30- Supen. 31- Cincoenta. 32- Personal. 33Cuarenta. 34- Soedá. 35- Barceloa. 36- Había comido. 37- Nasceu. 38- Orgaizaba. 39- Albres. 40- Vades. 41- outa. 42- Capiduo. 43 - Anduriña. 44- Canzóns. 45- Ambente. 46- Brilar. 47- Hourizonte. 48- Páxaro. 49- Estábamos. 50- Escea. 51- Reises. 52- Andiven. 53- O viaxe. 54- O cor. 55- Espranza. 56- Moimentos. 57- Consecoencia. 58- Destiño. 59- Xaula. 60- Grifo. 61- Escoba. 62- Ruiña. 63- Orguloso. E MAL USO DE: 64- Derradeiro por último. 65- Esgrevio no canto de egrexio. 66- Xeneral por xeral. 67Momento por intre. 68- Segredo por secreto. 69 O MAL USO TAMÉN do CHE por TE. Ou viceversa. A colocación incorrecta dos pronomes CHE, TE, LLE, ME, MO, CHO, etc. na frase, traducindo do castelán ... Eses son os erros que debemos evitar na fala e na escrita. DA DÚBIDA A SOLUCIÓN: SOLUCIÓNS 1- Quen ou os que. 2- Só ou soa. 3- As análises. 4- Andara. 5- Dixera. 6- Oficina. 7- Hai tempo. 8- Persoa. 9- Calquera. 10- Semana. 11- Conduciu. 12- Traduciu. 13- Leis. 14- Parella. 15- Lentella. 16- Consciente. 17- Suave. 18- Máis ca min. 19- Estrada. 20- Dixera. 21- A orixe. 22- Calquera. 23- Deputado. 24Ninguén. 25- Aínda, inda ou inda que. 26- Lingua. 27- Casaron. 28- Es. 29- Estes. 30- Souben. 31Cincuenta. 32- Persoal. 33- Corenta. 34- Soidade. 35- Barcelona. 36- Comera. 37- Naceu. 38- Organizaba. 39- Arbores. 40- Ides. 41- Valen Outa e Alta. 42- Capítulo. 43- Andoriña. 44- Cancións. 45- Ambiente. 46Billa. 47- Horizonte. 48- Paxaro. 49- Estabamos. 50- Escena. 51- Reis. 52- Andei. 53- A viaxe. 54- A cor ou a color. 55- Esperanza. 56- Monumentos. 57- Consecuencia. 58- Destino. 59- Gaiola. 60- Brilla. 61Vasoira. 62- Ruína. 63- Orgulloso. E MAL USO DE: 64- Derradeiro: o seu significado como xa explicamos, non é igual ó de último. Derradeiro quere dicir que a continuación non hai máis nin posibilidades de que haxa. Así: Foi a súa derradeira vontade, o testamento, porque finou. 65- Esgrevio: significa áspero, dificultoso: “é un terreo esgrevio”. En cambio “egrexio”: ilustre, excelente, insigne. 66- Xeneral: militar; referente a militares é con “n” = xeneralísimo, capitanía xeneral, xeneralato. En cambio: xeral, xeralmente. 67- Momento: é un espazo de tempo mínimo. Pero “intre” -do que se abusa tanto na fala- vén ser: un instante, un espazo de tempo moi breve entre dous momentos. A orixe latina “inter = entre, xa nolo di”. 68- Segredo: úsase cando é nome substantivo no canto de secreto que é adxectivo. Exemplo: Debemos saber gardar os segredos. Teño un segredo e non cho digo. En cambio: As cousas secretas non se din. El é un axente secreto. 69- O MAL USO TAMÉN do CHE por TE. Hai zonas de Galicia na que son “cheistas”: Vinche por Vinte. Noutras zonas son “teístas”: Tróuxente estes libros no canto de Tróuxenche estes libros. A colocación incorrecta dos pronomes é o ERRO FUNDAMENTAL dos, ou principalmente de certos locutores, e locutoras da TVG e non digamos da radio e de cando en vez escapa en certas dobraxes. Exemplos incorrectos: O sinto por síntoo. Che chamo eu por Chámote eu NOVAS NORMAS PARA TER PRESENTE APRENDÁMOLAS CORRECTAMENTE: BEN: Diminución, diminuír, diminuído. MAL: Disminución, disminuír, disminuído. BEN: Subtraer, subtracción, subtraído. MAL: Substraer, substracción, substraído. BEN: Interese (non interés), tose (non tos).
84
Galego: curso de iniciación
ATENCIÓN: Na linguaxe médica os sufixos –itis e -tis co significado de “inflamación”, pasan ó galego coa terminación -ite e -te. Todas estas palabras cultas son de xénero feminino: a amigdalite, apendicite, artrite, bronquite, colite, enterite, conxuntivite, farinxite, pancreatite, gastrite, otite e moitas máis. En cambio é “diabetes”. Á SOLUCIÓN DA DÚBIDA: Daremos unha morea de palabras que levan diérese. A Diérese é un signo de ortografía (¨) que se pon sobre a letra “ü” para indicar que esta se pronuncia nas sílabas “güe”, “güi”: bilingüe. Tamén se emprega coa letra “i” que fai sílaba de seu: moïamos (mo-ï-a-mos): Exemplos correctos: pingüín, argüía, fragüemos, recaïades, aguante, mingües, piragüismo, argüír, ungüento, ambiguo, traïamos, lingüista, desoïades, saïades, ambigüidade, bilingüismo, antigüidade, lingüístico, construïamos. SON INCORRECTAS: brilar (debe ser brillar), cadeirádego (debe ser catedrático), segredario (debe ser secretario), orguloso (debe ser orgulloso), condear (debe ser condenar), hourizonte (debe ser horizonte), eiquí (debe ser aquí). OFRECEN DIFICULTADE NA ESCRITA: Correctas: aprazar, igrexa, preamar, brancura, nobreza, frauta, frecha, fraco, praia, prateado, obriga, abrandar, prato, cumpridor. En cambio están ben tamén: platino, plátano, plácido, glaciar, planas, blasfemia, globos, público, publicar, clasificar, clase, declamar, explicar, reflexión, aflixir.
TEMA 34 Outro tipo de nexo é a CONXUNCIÓN. As conxuncións coordinan ou subordinan oracións e elementos idénticos. Poden dividirse en conxuncións COORDINANTES cando unen sintagmas ou oracións da mesma categoría. E chámanse SUBORDINANTES cando unen oracións de distinta categoría. Por brevidade enunciarémolas soamente: A) AS COORDINANTES son: a) COPULATIVAS: e, que, nin, mais, e mais, a mais. Exemplos: Ti e Pedro chegades tarde. b) DISXUNTIVAS: ou, ora... ora, xa, ben... ben, quer ... quer, nin ... nin, xa... xa, volta...volta, cando...cando. Exemplos: Dismo ou voume. Ben ti, ben el chamade. Ora o fagas ti, ora sexa el, non importa. c) ADVERSATIVAS: pero, mais, inda que, aínda que, senón con todo, xa que, agora ben, pero, por iso, emporiso, agora que, e iso que, só que, quitando que, excepto, agás que, fóra de que, senón, excepto que, ora ben, mentres (que). Exemplos: Ten moito xenio, pero esquece pronto. Traballa moito aínda que está enfermo. Moito leva sufrido, con todo nunca se queixou. d) ILATIVAS ou CONSECUTIVAS: pois, logo, xa que logo, conque, así que, polo tanto, de xeito que, de forma que, entón, daquela, por conseguinte. Exemplos: Non estudaches, logo non te queixes. Non o chamei así que non o recibo. Traballaches, xa que logo cobra. B) AS SUBORDINANTES son: a) TEMPORAIS: cando, mentres, namentres, entrementres, mentres tanto, ó que, axiña que, a penas non 85
Galego: curso de iniciación
ben, desde que, en canto, despois que, cando queira que, dende que, axiña que, deseguida que, decontado que, non ben, tan pronto. Mentres: indica simultaneidade e duración. Tamén se pode usar en canto o mesmo ca mentres: “mentres ti falas por teléfono eu prepárome”. b) FINAIS: para que, a fin de que, a que, porque, en favor de que. c) CAUSAIS: pois, como, que, porque, xa que, dado que, visto que, por mor de que, por culpa de que, pois que, como queira que, por mor de. d) CONDICIONAIS: a principal conxunción condicional é SE. Outras: con tal que, conque, sempre que, a pouco que, a nada que, a menos que, salvo se, de no ser que, sacando se, onda non, cando que, excepto se. Exemplo: “Se chove non irei”. e) MODAIS: Segundo, conforme, de modo que, de xeito que, de maneira que, de forma que, sen que, como queira que, ben como, mal como, así como, tal e como, segundo, de xeito que, consonte, coma se, como se. EXERCICIOS Clasifique as seguintes conxuncións: 1- Aínda que non queiras, chamareite. 2- En canto chegues chámame. 3- Nin arre nin xo. 4- Non o fixen porque non puiden. 5- Moito leva padecido, con todo nunca se queixou. 6- Se estudases non terías problemas. 7- Non o vin pero farei por velo. 8- Mentres falo por teléfono, non traballo. 9- Non viñeches logo non te queixes. 10- Tal e como mo dis non o creo. 11- Xa que non traballas non comes. 12- Pediumo pois necesitábao. 13- Dado que quixeches facelo agora sofre as consecuencias. 14- Quitando que non fumas, o demais non vale nada. 15- Chamoume por mor de que non quería que fose. 16- Faino de xeito que non se enteren. NOTA: Como vimos, nestas últimas normas eliminaron: nembargantes, sen embargo, anque, alomenos, entonces. Como adversativas admítense: a menos que, ora ben, en troques, fóra de que, non obstante, senón que. AS CONXUNCIÓNS: a) Non teñen significado léxico. b) Carecen de xénero e número. c) Enlazan palabras ou frases. EXERCICIO: Subliña as conxuncións: Se estudas ben, aprobas. Aínda (inda) que a mona.... Veño a que me revise. Vés, ou quedas. Parece bo, pero engana. Saíu cando rematou. 86
Galego: curso de iniciación
Non veu porque choveu. Non o tes, daquela cala Fíxoo segundo o costume. Nin fai, nin deixa. A INTERXECCIÓN: A finalidade da interxección é a manifestación dunha emoción, caracterízase pola súa brevidade, é como se fose un berro de admiración. Equivale ela soa a unha oración: Vexamos unhas cantas. As máis comúns das interxeccións galegas son: 1. “Ah!”: Serve para indicar que un se decata do que lle están dicindo: “Ah!, xa o vexo. Segundo o ton con que a digamos indica: decepción, sorpresa, alegría etc. O mesmo pasa con “oh!”, máis admirativo. 2. “Ai!” Pode indicar sorpresa, dolor, tristeza: Ai!, non podo ver a meus pais! – Ai, como me doe!. 3. “Ho!” Apócope do substantivo “Home”. Tamén expresa sorpresa é a abreviatura de “home!”: Cala ho! – Ho, se ti o dis!. 4. “Eh!” para responder a unha chamada. Como “ei” para avisarlle a alguén que está distraído, para chamar polas persoas. A continuación citamos outras interxeccións nas que o galego é tan rico: “Ola!”, “Ouh!”, expresa admiración ou desacordo “ouh!”: Exemplo: Ouh! Non cho creo. “Vaites!”. Denota admiración ou sorpresa. Repasemos estas locucións adverbiais, co seu valor: 1. Non digas: nunca máis = negación. 2. Así non vai a ningures = lugar. 3. Por suposto que cho crin = afirmación. 4. Botou as redes ó chou = modo. 5. Se cadra non foi así = dúbida. 6. A Pocholo a avoa quérelle a varrer = cantidade. Vexamos as equivalencias: 1. A encher = abondo. 2. Neste momento = arestora. 3. Nin tan sequera = tampouco. 4. Ó mellor = quizais. 5. Lonxe de = aló. 6. Ó mesmo tempo = asemade
TEMA 35 (e Derradeira) OS DISTINTOS FALARES QUE HAI EN GALICIA. Temos comentado, nunha lección anterior, que hai moita xente que pensa que só se fala bo galego na súa aldea, vila ou bisbarra. E non é así, “tampouco son unha babel” estes distintos falares moi respectuosos e admitidos todos. Nin se deben considerar, nin moito menos, como un sinal de incultura, por exemplo: o uso da “GHEADA” e do “SESEO” con que fala moita xente. Na fala están correctamente usados e admitidos estes usos o que non debe ser motivo de burlas ou chufas, como aquilo “Soy de Lujo y no lo niejo”. Na escrita debe evitarse a “GHEADA” e o “SESEO” pois considérase incorrecto. A fala dos canarios e andaluces, co seu “seseo”, tampouco se considera incorrecta, pero na escrita si estaría mal. É normal que o galego teña falares distintos e sufrise todos estes cambios que imos ver, a través de todas as vicisitudes polas que pasou ó longo da historia —desde o rei Fernando III de Castela, o primeiro que oficializa o castelán, á instauración dos Trastámara a finais do século XIV, que trae a nobreza foránea co seu propio cortexo ou comitiva e mailo seu idioma, os
87
Galego: curso de iniciación
séculos escuros, a derrota de Juana la Beltraneja por Isabel la Católica ... a Guerra Civil española ..., épocas nas que só se vai, a maioría das veces, transmitindo oralmente, por estar prohibido—. É evidente que hai características fonéticas, morfolóxicas e léxicas, as variantes do galego, dunhas zonas e doutras. O Instituto da Lingua Galega, da Universidade de Santiago, recolleu nun importante Atlas Lingüístico Galego o meritorio traballo dos distintos falares de Galicia. E así un destes lingüistas, Francisco F. Rei, divide segundo esta variante a Galicia en tres grandes bloques lingüísticos: BLOQUE OCCIDENTAL, BLOQUE CENTRAL e BLOQUE ORIENTAL, e dentro de cada bloque varias áreas lingüísticas, marcadas polos máis importantes fenómenos lingüísticos que non son comúns en toda Galicia. A) VEXAMOS ESTAS VARIANTES LINGÜÍSTICAS 1- GHEADA: Consiste na pronuncia do “G” (gue) como un “H” aspirado. O seu son é semellante a aspiración do “h” inglés en palabras: ghato (hato), lughar (luhar), cheghamos (chehamos), logho (loho), amigho (amiho). Como dixemos arriba, non se debe considerar como sinal de incultura o falarmos así. Na escrita non se representa, sería incorrecto, como vimos tamén. Hai outras zonas nas que din (dominco ou dominho) coma na zona fisterrá. Cómpre ter presente que a “GHEADA” non existe en portugués é unha característica propia do galego. Non ten tampouco influencia do castelán nin é por ir contra este. Este fenómeno dáse principalmente en todas as provincias da Coruña, Pontevedra, a metade sur occidental de Ourense e a parte occidental de Lugo. 2- SESEO: Chámase “SESEO” o cambio do son “S” polo suave “Z”. Así “sapato” no canto de zapato, “sine” en vez de cine e “serto” por certo. O SESEO tamén é correcto na fala, a ninguén lle ten que parecer “feo” nin inculto; é un “seseo” tan lexítimo como o dos canarios, andaluces ou latinoamericanos, como dixemos antes. Así narís, rapás, Mondarís, a este “seseo” final chámase “SESEO” IMPLOSIVO e dáse principalmente en certas zonas das provincias da Coruña e Pontevedra. E o “SESEO” EXPLOSIVO ou total cando vai ó principio ou no medio: sapato, sinco, situasión. Serve tamén de orientación para observar os distintos falares: 3- AS PALABRAS REMATADAS EN -N. Vexamos a denominación IRMÁN e IRMÁ que foi a que quedou admitida como normativizada, e que se dá máis no Bloque Occidental oeste da provincia da Coruña e Pontevedra. Así temos que o IRMAO a IRMÁ o din na zona do Bloque Central, Lugo e Ourense e na parte oriental das provincias da Coruña e Pontevedra. Noutras zonas, empregan indistintamente “irmá” para o masculino ou feminino: “o meu irmá”, “a miña irmá”. Outra característica diferenciadora dos Bloques e áreas lingüísticas, é a formación do plural das palabras rematadas en -N. Así no Bloque Occidental (oeste das provincias da Coruña e Pontevedra e sureste de Ourense) dise: camións, cans, ladróns, etc. que é o plural normativizado. As outras variantes admitidas e correctas na fala oral: camiós, cas, ladrós, do galego do Bloque Central, e temos no Bloque oriental: camiois, cais, ladrois. 4- Outra diferenza é o uso do CHE no canto de TE e viceversa. No occidente da Coruña usamos CHE indistintamente, cando só se debe usar se é O. Indirecto ou Dativo, así: Tróuxenche un regalo. En cambio, “chameite”: O. Directo ou Acusativo. Na área do Baixo Miño, pola Guarda, na fronteira con Zamora e no este de Ourense, emprégase SEMPRE o TE no canto de CHE. 5- Outra particularidade é a forma TI, pronome persoal de suxeito da 2ª persoa, no canto de TU. A normativa inclínase por TI. 6- O ditongo -OI- é a forma normativa en palabras como MOITO, NOITE, COIRO, TROITA aínda que existen as formas: muito, nuite, cuiro, truita. E outras variantes que pola brevidade non podemos dar aquí. CONVÉN LEMBRAR: Despois do que levamos dito a lingua galega conserva UNHA GRANDE UNIDADE, un de Tui enténdese cun de Viveiro, e un de Fisterra cun dos Ancares. Non existen dialectos do galego, senón características distintas e desigualmente repartidas que caracterizan unhas falas locais fronte ás outras. E non esquezamos: Todas as falas galegas son igualmente válidas, aceptables e correctas, pero o que non podemos facer é que na escrita escribamos coma nos pete 88