ESQUEMA DAS PERÍFRASES VERBAIS

Page 1

Ir + infinitivo

(Ides coller o autobús das oito)

FUTURIDADE XERAL Haber (de) + infinitivo (Has de facer o que dixeches)

TEMPORAIS Posterioridade xeral ou inmediata. Auxiliar + infinitivo

FUTURIDADE INMEDIATA

Estar (a/para) + infinitivo ( O inverno está a chegar) Se o verbo está en pretérito indica unha acción que estivo a punto de suceder: (A avoa estivo para morrer) Andar (para) + infinitivo (Corren para gañar a carreira) Querer + infinitivo (Queremos comer antes da noite) Haber (en pret. ou antepret.) (de) + infinitivo: acción que está a piques de se levar a cabo. (Houben de morrer afogado)

Botar(se) a + infinitivo (Botouse a andar) Romper a + infinitivo (Rompeu a chorar)

PERÍFRASES VERBAIS Dous verbos: forma persoal + forma nominal

INCOATIVAS

(auxiliar) elemento de relación (auxiliado) auxiliar: valor gramatical (MT, NP) auxiliado: significado léxico É o núcleo do predicado Ten unidade semántica

Comezo da acción

ASPECTUAIS Proceso interno da acción: rematada, inicio, remate ou repetición.

IMPERFECTIVAS Accións non rematadas, no seu desenvolvemento

Pegar a + infinitivo (peguei a berrar) Comezar/principiar/empezar a + infinitivo (Comezou a comer) Pórse a + infinitivo (Púxose a correr) Dar en + infinitivo (Deu en falar en voz alta) Soltarse a + infinitivo (Soltouse a falar) Tirar a + infinitivo (Tirou a correr para a casa)

Estar + xerundio (Está comendo dende que chegou) Estar a + infinitivo (Está a comer dende que chegou) Andar + xerundio (Anda xogando todo o día) Andar a + infinitivo (Anda a xogar todo o día) Continuar / seguir + xerundio ( a + infinitivo) (continuidade dun proceso anterior no tempo ( Segue traendo -a traer- lambonadas) Levar + xerundio (Levo correndo dúas semanas) Levar a + infinitivo (Levo a correr dúas semanas) Ir + xerundio (gradual e progresivo) (foi baixando pouco a pouco) Vir + xerundio (Veño camiñando dende hai uns días) Ser a + infinitivo (Todos eran a berrarlle)


PERFECTIVAS Accións rematadas

Ter + participio (Teríao feito) Reiterativo (Téñoo feito). Levar + participio (Levo comidos moitos grelos) reiteración? Dar + participio (Non dou feito os deberes) Acabar/rematar/terminar de + infinitivo (Acaba de comer todo) Deixar(se) de + infinitivo) (Deixou de protestar) Vir de + infinitivo (Veño de camiñar dous quilómetros)

REITERATIVAS Repetición da acción

Volver (a) + infinitivo (Volveu a cantar unha vez máis) Tornar a + infinitivo (Ninguén tornou a saber nada dela)

TERMINATIVAS Proximidade ao remate da acción

Chegar a + infinitivo (Chegou a comer todo o prato) Vir a + infinitivo ( Todos viñan a dicir o mesmo) Acabar/rematar/terminar por + infinitivo (Acabaron por deixarte) Acabar/rematar/terminar + xerundio (Terminou comendo o doce)

ASPECTUAIS Proceso interno da acción: rematada ou non, inicio, remate ou repetición.

PERÍFRASES VERBAIS OBRIGATIVAS Obriga ou necesidade da acción

Haber (de) + infinitivo (Has de estudar pola noite) Haber que + infinitivo (Hai que lelo durante 30 minutos) Ter de + infinitivo (Tiña de acompañarte ao médico) Ter que + infinitivo (Tiña que acompañarte ao médico) Deber + infinitivo (Debes marchar cedo) (Pode ser tamén hipótese)

HIPOTÉTICAS Acción insegura, probable

Deber (de) + infinitivo (Debe (de) ter quince anos) Poder + infinitivo (Aínda pode coller o autobús) Haber + infinitivo (Han estar en Lugo)

MODAIS Actitude do emisor ante a acción


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.