Eterna Rosalía

Page 1

Eterna Rosalía. Sada, 2012

O 24 de febreiro de 1837 nace en Santiago de Compostela María Rosalía Rita.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

É filla de Teresa de Castro Abadía, de familia fidalga rural vida a menos e de José Martínez Viojo, sacerdote nacido no Castro de Ortoño.

A súa casa natal estaba situada entre a actual praza de Vigo (onde se inaugurou un monólito conmemorativo no 1982) e o Camiño Novo, hoxe rúa Rosalía de Castro.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

Foi bautizada na capela do antigo Hospital Real (Hostal dos Reis Católicos).

Na partida bautismal figuran dúas apreciacións: Filla de padres incógnitos e No entró en la inclusa.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

Os anos de infancia pásaos coas súas tías paternas, Teresa e María Xosefa.

Con elas vive, primeiro en Lestedo (aldea ao pé do Pico Sacro) e logo no Castro de Ortoño.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

Antes de marchar para Santiago vive, xa coa súa nai, en Padrón, na rúa do Sol.

En 1850 Rosalía vive en Santiago coa súa nai.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

Adquire coñecementos de música, debuxo e francés na Sociedade Económica de amigos do País, antigo colexio de San Clemente e hoxe instituto Rosalía de Castro.

En 1853 acode á romaría da Virxe da Barca en Muxía e colle o tifo, a primeira manifestación dunha saúde fráxil, que tanto incidiu no seu carácter, provocando momentos de desalento e depresión.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

No Liceo de la Juventud de Santiago participa da vida cultural e entra en contacto con mozos intelectuais como Aurelio Aguirre ou Eduardo Pondal.

En 1856 marcha a Madrid. Alí vive cunha familiar (hai unha placa que recorda a súa estadía na capital de España).


Eterna Rosalía. Sada, 2012

En 1857 aparece La Flor, a súa primeira obra. Trátase dun breve conxunto poético de corte romántico escrito en castelán. Murguía fai unha crítica favorable no diario La Ibérica.

En 1858 casa con Manuel Martínez Murguía na igrexa madrileña de San Ildefonso.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

Inicia unha longa peregrinaxe detrás do seu marido por mor dos distintos destinos na Coruña, Santiago, Lestrove, A Mancha, Murcia, Salamanca, Simancas...

En 1959 aparece La hija del mar, primeira novela de Rosalía. No prólogo reivindica a capacidade estético-intelectual da muller e indica que se trata dunha obra escrita ao chou, sen tino e sen pretensións de ningunha clase.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

En 1859, en Santiago nace a súa primeira filla, Alexandra. Logo virían Aura, Gala e Ovidio (xemelgos), Amara, Adriano Honorato e Valentina.

O seu fillo Adrián Honorato morreu accidentalmente cando contaba un ano; Valentina naceu morta.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

Alexandra foi a encargada de destruír, antes de morrer Rosalía e por expreso mandado desta, algúns escritos inéditos. Ovidio despuntou como pintor, pero morreu novo. A el pertence este retrato de Murguía.

En 1861 publícase Flavio, a súa segunda aportación narrativa ás letras españolas. Foi editado como folletón por entregas nun xornal madrileño.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

En 1862 morre a súa nai, Teresa, que vivía xunto dela na rúa da Conga, en Santiago. Un ano máis tarde aparece A mi madre, breve conxunto de poemas de signo fúnebre e elexíaco.

En 1863 aparece Cantares gallegos, primeiro grande título da lírica rosaliana.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

Na primeira edición eran 32 poemas, que se ampliaron a 36 na segunda (1872), e xa na terceira e póstuma 38 (1909).

Leva unha dedicatoria en castelán á escritora Fernán Caballero e un prólogo da propia Rosalía.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

En 1866 aparece El cadiceño, un escrito en prosa, de carácter satíricocostumista e Ruinas, a súa terceira novela, escrita en castelán, como o resto da súa obra novelística.

El caballero de las botas azules, a súa última novela, publícase en 1867. Un par de anos máis tarde reside en Simancas e Madrid. Segundo Murguía, compuxo os poemas que dez anos máis tarde se publicarían baixo o título Follas Novas.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

En 1870 Murguía é nomeado xefe do Arquivo Xeral de Galicia, na Coruña. Rosalía retorna a Galicia e xa non a abandonará nunca. Antes de se instalar definitivamente na súa casa da Matanza, pasará tempadas na Coruña, Santiago e Lestrove.

En 1880 aparece Follas novas. O libro leva unhas palabras de agradecemento da autora á Sociedade de Beneficencia d’os naturales de Galicia n’Habana. O prólogo do político Emilio Castelar suprimiuse nas edicións modernas. Son moi interesantes as Dúas palabras da autora.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

En 1881 Rosalía séntese duramente criticada por un texto titulado Costumbres gallegas e decide non escribir máis en galego. En 1884 aparece En las orillas del Sar, último libro de poemas que escribiu.

Antes de morrer en 1884, procura a brisa do mar e trasládase por uns días á vila mariñeira de Carril.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

Morre na súa casa da Matanza na mañá do 15 de xullo de 1885. Antes ordénalle a Alexandra a destrución dalgúns manuscritos inéditos. Abre esa ventana, que quiero ver el mar, foron as súas últimas palabras.

É enterrada no cemiterio de Adina, cabo dos restos da súa nai.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

En 1891 son trasladados os seus restos ao Panteón de Galegos Ilustres na Capela do Convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.

En 1904,Curros Enríquez, rende homenaxe á cantora galega.


Eterna Rosalía. Sada, 2012

En 1963, conmemóranse por vez primeira as Letras Galegas. Cumpríase o primeiro centenario da aparición do libro Cantares Gallegos.

En 1971 a casa da Matanza convértese en Casa-Museo de Rosalía de Castro.


Eterna RosalĂ­a. Sada, 2012

Na Galicia territorial e na denominada Quinta Provincia, os monumentos dedicados a RosalĂ­a son moi numerosos, como estes de PadrĂłn e de Santiago de Compostela.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.