É un documento que acompaña o documental que nos ofrece un sinxelo percorrido polas fontes e lavadoiros máis importantes do concello de Sada. Conta cos testemuños das veciñas e dos veciños de Sada que viviron a época na que parte da vida cotiá das aldeas, da vila se realizaba ao seu abeiro. Hainas artísticas, abandonadas, restauradas…, e todas conservan a humilde beleza do noso. O documental foi producido e realizado por “Gallaecia Filmes” (produtora de audiovisuais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega), dentro do “Proxecto DCine” desenvolvido no IES Isaac Díaz Pardo de Sada.GUIÓN E DIRECCIÓN: Xosé Anxo Seoane CaoREALIZACIÓN, TÉCNICO DE IMAXE E MONTAXE: Javier González Garrido AXUDANTES DE CÁMARA: Adrián Riveiro e Manuel CouceNARRADOR: Daniel López Conde