LEMBRANZAS DA ESCOLA

Page 1

Lembranzas da ESCOLA

Alumnado de primeiro de ESO Afondamento e Reforzo da Lingua Galega

CURO 2016/17


A

índa que soamente pasaron uns meses dende que abandonaron a escola, as lembranzas que dela teñen soan a “vellas”. Agora xa se consideran mozos.

Coa primaria quedan atrás os tempos de nenos. De xogos de nenos. E aínda que nos recreos andan a correr polo patio como “nenos” que son, eles e, algo menos elas, xa se consideran “grandes”. O que ledes a continuación é a resposta que lle dan á pregunta básica: - E ti, que lembras do teu colexio? No caso de rapaces e rapazas de Sada, as súas lembranzas son coincidentes ás tres escolas que existen no concello. Estas respostas vense enriquecidas por dous compañeiros que chegaron de Perú e de Venezuela. Estamos moi orgullosos de convertérmonos en centro onde a diversidade e o multiculturalismo está cada vez máis presente. Lede con benevolencia este primeiro achegamento ás lembranzas duns rapaces que xa non queren ser tan nenos.

2


1.º de Educación Infantil. CEIP Pedro Barrié de la Maza, Mondego. Sada. Curso 2007/08. Natalia Pan Mora (2.ª pola dereita).

Esta foto fai referencia ao colexio ó que fun dende 1º a 3º de educación infantil. A miña titora chamábase Carme Xosé, (que non sae na foto) pero si saen os meus compañeiros : Ruth, Sheila, Inés Coelho, Lucía Carracedo, Abril, Inés Naya, María, Raquel, Eva, (Eu) e Natalia Pérez. Recordo moitísimas cousas, pero a máis significativa foi a loucura da miña profesora, quen todos os días levaba as súas tartarugas á clase. O peor recordo foi cando un neno moi tolo, chamado Carleto, cravoume un lapis na man mentres estabamos na clase de inglés.

3


6.º de Primaria. CEIP Pedro Barrie de la Maza, Mondego (Sada). Visita a Madrid, ano 2016. José Antonio Ramos Fentanes (o número 8 pola esquerda, de pé).

Esta fotografía correspóndese coa viaxe fin de curso, cando rematei a educación primaria. Fomos a Madrid. O que máis me gustou foi o Parque de Atraccións. Tamén desfrutei moito na Casa de Campo. Logo de irmos ao “aquapark” subimos no autobús e marchamos de volta para Sada. Paramos a cear en Vega de Valcarce. Moitos nenos quedaron durmidos. Antes de chegar a Sada déronnos unha caixa de milfollas. Paseino moi ben e gardo moi bos recordos deses días e tamén do colexio.

Eu o que recordo do colexio de Mondego é que estiven dende infantil ata 6.º de primaria. En fin de curso fomos a Madrid ao Parque de Atraccións. Gustoume moito a excursión. No Entroido disfrazabámonos e faciamos xogos; era moi divertido. Christian Lopo Prieto

4


3.º de Infantil. CEIP Pedro Barrié de la Maza, Mondego ( Sada). Curso 2010-2011. Inés Coelho Gende (terceira pola dereita).

Da escola de Mondego lémbrome de Carlos, un mestre moi cariñoso, que cando marchabamos para a casa sacábanos caramelos das orellas. Dábanos un papagaio de xoguete para coidalo. Cando me tocou levalo a min, metino nunha camiña de bonecas para que descansara ben. No colexio coñecín a moitos amigos marabillosos cos que sigo estando e dos que sigo sendo amiga. Cada ano celebrabamos unha feira de Entroido. Os de sexto facían diferentes xogos e os demais cursos obtiñan puntos e cambiábanos nun postiño que había por xoguetes. Tamén faciamos o ``Enterro da Sardiña´´. O director disfrazábase de crego; levaba un caldeiro e unha vasoira de baño e lanzábanos auga con ela . Na aula tiñamos unha mascota de peluche diferente cada ano á que lle poñiamos nome. Na materia de inglés tiñamos outra, un mono a quen lle chamabamos “Monkey”, malia non sabermos o seu significado. Foi unha etapa estupenda da que gardo gratas lembranzas.

5


Sara Rodríguez Saavedra (7.ª pola dereita; sentada detrás de Chema).

Estudei no CEIP Pedro Barrié de la Maza toda a primaria. Alí vivín unha experiencia inesquecible. É onde aprendín moitas das cousas que sei e teño moitas anécdotas que contar. Tamén participei en excursións moi divertidas onde coñecín moi bos compañeiros. Cada ano faciamos unha carreira no Día do Deporte, onde nos daban camisetas co nome do colexio, dunha cor diferente cada ano. No Entroido disfrazabámonos e no recreo faciamos xogos; se gañabas dábanche puntos que podías trocar por xoguetes nun pequeno posto. No Samaín, simplemente podiamos ir disfrazados á escola. En definitiva , foron nove marabillosos anos os que pasei alí .

A foto foi tomada cando eu estaba en 6.º de primaria no colexio CEIP Pedro Barrié de la Maza, cando fixemos unha viaxe de fin de curso a Madrid. Foi no ano 2016, no mes de xuño. Nese colexio, no outono, había un día en que os profesores facían castañas asadas e os alumnos as comían. A viaxe foi moi interesante. Pasear por Madrid, interesoume moito. Ainara Gómez González

6


CEIP Pedro Barrie de la Maza, Mondego (Sada).

Eu, Martín Díaz Caínzos, nacín no ano 2002 e iniciei a educación infantil e primaria no colexio de Mondego. Alí coñecín a moitos compañeiros e compañeiras e tamén a varios profesores. Do profesor que máis me lembro é de don Antonio, que nos deu clase en quinto e en sexto. Era moi bo e moi gracioso. Non paraba de falar de “xamón”; era o que máis lle gustaba! Alberto era o noso profesor de Educación Física. Facíanos correr moito. Con el practicamos fútbol, baloncesto, bádminton... Agora xa estou no instituto. Espero pasalo tan ben como no colexio.

Ruth Fraga Garcia, CEIP Pedro Barrié de la Maza, ano 2009. Estou sentada no chan, a primeira da dereita.

Nesta foto aparecen algunhas das miñas amigas: Abril ,Nerea, Ines Naya, Ines Coelho, Sira, Eva… Algunhas delas estudaron en primaria comigo e agora son compañeiras no instituto. Estabamos celebrando o Samaín. Ese día baixamos ao comedor coas outras clases e comemos a crema de cabaza que nos fixeran as profesoras. Recordo que tiñamos unha tartaruga de mascota na clase e o pasabamos moi ben con ela.

7


Eva Barbeito Lema ( A nena que está no medio na bancada de arriba ) CEIP Pedro Barrié de la Maza. Curso 2009 / 2010 5º Educación Infantil.

Nesta imaxe pódeseme ver a min e aos meus compañeiros no recreo. A nosa profesora chamábase Carme Xosé, era moi divertida, cando rematabamos de merendar faciamos moitos xogos con ela . Como se pode ver na imaxe, todos os nenos e nenas levabamos a camiseta coa que o colexio nos agasallaba ao rematar o curso no mes de xuño. As miñas mellores amigas eran Lucía, Nerea, Abril e Ruth. Lembro que na hora do recreo, cando soaba o timbre, eu comezaba a berrar porque me daba medo o ruído que metía. Na miña clase había un neno chamado Andreas que sempre me andaba pegando e tirándome do pelo. Eu era a nena máis forte da miña clase. Nos recreos, as miñas amigas e mais eu sempre xogabamos ao xogo do "carrusel" (que fora inventado por nós) que consistía en que eu collía as miñas compañeiras e dáballes voltas; de aí vén o nome do xogo. Estiven estudando alí ata os seis anos; logo marchei para o Mosteirón, e cursei alí toda a educación primaria.

8


CEIP Sada y Sus Contornos. Sada. Adrián Vila Suárez.

Os meus compañeiros eran moi divertidos e listos. Xogabamos todos os días no recreo. Tiña un compañeiro en especial que é o meu mellor amigo, malia estar agora en Suíza. O meu titor, Andrés, viu unha araña e ensinóullela ás miñas compañeiras, e asustáronse moito. Entón deixouna fóra e dixo: - A araña é moi lista! Entón preguntámoslle por que. -Porque vai para sexto, xa quere entrar!

Estiven sete anos no colexio de Mondego, xa que repetín un curso, segundo de primaria. O primeiro día de curso sempre faciamos unha festa, aínda que xa a partir do día seguinte xa nos poñiamos a traballar a reo. Álex López Estévez.

9


Lúa Figueroa Lago. CEIP Sada e contornos. Ano 2008.

Estudei no CEIP Sada e os seus Contornos. Empecei no ano 2007, con 3 aniños. A foto está feita cando ía en 2.º de infantil. Era o Día da Paz e fixeramos unhas pombas de papel. O meu mestre era Roberto, un moi bo profesor que nos gastaba moitas bromas; ademais era moi riseiro, e sempre quería que estiveramos rindo. Na foto eu estou sentada cun compañeiro que se chama Miguel, estivo no cole ata primaria. En xeral eramos unha clase moi divertida, e non tan traballadora como riseira. En cinco aniños, xunto con outras compañeiras, decidimos levar maquillaxe á clase. No recreo nos pintariamos. Cando nos viron os profesores e as nosas nais e pais… Armouse unha boa! Foron nove anos moi divertidos e dos que me lembrarei sempre. Os meus apoios máis grandes foron os meus pais eo meu irmán.Todos os profesores en xeral eran bos, aínda que para min a mellor foi a miña “teacher” Teresa, porque era moi boa comigo e cos meus compañeiros, ademais de riseira e cariñosa.

10


Colegio Vírgen de Fátima, Arequipa (Perú). Curso 2009/2010. Alexandra Mallcohuaccha Nina (1.ª pola dereita).

Estudei no colexio de Mondego durante seis anos, pero antes de vir a España estudei primeiro de primaria no colexio “Virgen de Fátima”, en Perú. Os meus recordos favoritos son cando iamos de camiño ao cole coa miña curmá Katherine e o meu curmán Alberto. Erguiámonos moi cedo e antes de ir ao colexio iamos a xogar ao parque. Logo iamos correndo ao colexio para non chegar tarde. Os recreos sempre os pasaba coa miña mellor amiga, Geraldine, e algúns amigos máis. A miña profesora, Julia, se nos portabamos ben, os venres durante os recreos (que duraban 40 minutos) levábanos ao parque que estaba xustiño ao lado do colexio. Cada ano faciamos danzas e tiñamos que danzar diante de todos os do colexio e dos nosos pais. Eu pasaba moita vergoña!

11


Colegio Lancáster, Valencia (Venezuela). Curso 2014/2015. Ricardo Alfredo Bello Ceballos.

Da escola “Lancáster”, en Venezuela, lémbrome de moitas cousas, como cando xogamos ao fútbol e rompemos unhas ventás do despacho da directora. Enfadouse moito e todos saímos correndo. Eu agocheime detrás dos contedores do lixo. Eramos uns tolos! Tamén me lembro cando un compañeiro meu lle deu un balonazo na cara do conserxe e este levouno a dirección. Foi moi divertido! Os profesores eran moi bos. Gustaríame volver a colexio e poder ver aos meus antigos compañeiros.

12


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.