COMENTARIO "DO CASO DOS TRES FORNOS" DE RAFAEL DIESTE

Page 1

1

LIÑAS DE COMENTARIO DE “O CASO DOS TRES FORNOS”, DE RAFAEL DIESTE. 1. AUTOR, OBRA, CONTEXTO: Estamos ante un relato pertencente ao libro Dos Arquivos do Trasno, do autor rianxeiro Rafael Dieste González. O libro está composto por vinte relatos breves, aínda que cando foi publicado en 1926 por primeira vez, constaba só de oito. Dieste foi engadíndolle outros ata que acadou os vinte da versión definitiva, editada en 1962. Un dos grupos xeracionais importantes anterior á guerra civil creouse arredor do Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923 por profesores e estudantes da Universidade de Santiago, co obxecto de promover o estudo científico da realidade galega. Próximos a este grupo, aínda que sen constituír un grupo homoxéneo, están varios escritores nados en torno ao 1900 que son coñecidos cos nomes de Novecentistas ou Xeración de 1925. Rafael Dieste constitúese como o grande narrador deste grupo xeracional. Nace en Rianxo, en 1899. Matricúlase na Escola Normal (Maxisterio) de Compostela. Interrompe os seus estudos para viaxar a México da man dun dos seus irmáns. De regreso a Rianxo, finaliza a carreira e inicia a súa relación coa literatura. Entra en contacto co nacionalismo a través do maxisterio de Vicente Risco, como tantos outros do seu tempo. De regreso da guerra de Marrocos colabora en varios xornais de Vigo. Un ano despois da publicación de Dos Arquivos do Trasno publica a peza dramática A fiestra valdeira. En 1932 trasládase a Madrid e participa nas Misións Pedagóxicas. A sublevación fascista sorpréndeo sendo director do Teatro Español de Madrid. Forma parte da Alianza de Intelectuais Antifascistas e colabora na revista Nova Galiza. Despois dunha estadía en Uruguai, estableceuse en Bos Aires, onde traballou como director literario na Editora Atlántica. En 1948, viaxou por Europa como comisionado do Museo Nacional de Artes Plásticas de Montevideo, e aceptou un posto de lector de Lingua e Literatura Españolas na Universidade de Cambridge, ao que seguiría outro lectorado no Instituto Tecnolóxico de Estudos Superiores de Monterrei. En 1954 regresou a Bos Aires e á Editorial Atlántida. En 1961 volveu a Rianxo e, un ano despois, publica en Galaxia unha reedición de Dos Arquivos do Trasno, ampliando o número de contos a 20. A mediados desa década instálase na Coruña e en 1970 ingresa na Real Academia Galega como membro de número. O seu discurso de ingreso é Da vontade de estilo na fala popular, discurso que le o día 18 de abril. Poucos meses antes da súa morte (15/10/1981), apareceu o volume Antre a terra e o ceo, que recolle artigos publicados en El Pueblo Gallego na década de 1920. En 1981 foi nomeado Membro de Honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega e, en 1995, dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Dos Arquivos do Trasno, libro publicado en 1926, contiña inicialmente oito relatos; dende a segunda edición, en 1962, Dieste ampliou o número a vinte. O libro ábrese cunha introdución que condensa unha moderna teoría do conto exposta en forma de proverbios. Dous son os principios que a gobernan: unidade emotiva e remate esencial. O eixo temático da narrativa de Dieste xira arredor da psicoloxía e das experiencias extraordinarias da xente galega. Segundo o autor "O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz". Son contos breves, intensos, de linguaxe estilizada, nos que o sobrenatural e o misterioso se introducen na realidade. O propio título indica que o libro ten parte de realidade (arquivos) e parte de fantasía (trasno). Os acontecementos que conta son as


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.