O AMOR NA POESร A
GALEGA Escolma realizada polas alumnas e os alumnos de 4ยบA
DE AMOR
Febreiro de 2013
2
Isaac DĂaz Pardo, A barca de Caronte, (1955)
3
O amor na poesía galega Escolma realizada por: Amalia Álvarez Vázquez Alejandro Cobas Silvestre Lara García Yáñez David Grueiro Vázquez Daniel López Conde Jorge Patiño García Ignacio Prieto González Sara Sande Caamaño Raquel Vázquez Presas 4ºA (ESO) IES Isaac Díaz Pardo.
Sada, 14 de febreiro de 2013.
4
A palabra amor aparece definida de diversas maneiras. Habitualmente entendemos o amor como o sentimento de afecto, tenrura ou cariño que sentimos por unha persoa e
que
manifestamos
de
múltiples
formas. O amor provoca actitudes e estados emocionais diferentes en cada persoa. Falamos de amor de nai, de amor platónico, de amor romántico, de desexo pasional, de amor puro como elevación mística e relixiosa… Pero tamén o podemos entender como o grande interese que sentimos por algo material ou inmaterial; incluso como altruísmo, e así facemos as cousas “por amor á arte”. Neste cancioneiro de amor, uns decántanse polo amor definido como a inclinación ou afección profunda por unha persoa baseada na atracción sexual, aínda que tamén comporte outros sentimentos. Outros parten do amor como a necesidade do encontro e unión con outro ser para sentirse completo. Noutros casos o amor percíbese como unha paixón que merece topo tipo de sacrificios e que non sempre comporta ledicia, senón tamén sufrimentos. A amada, o amado, son tratados en moitas ocasións cun respecto e admiración que os leva mesmamente á divindade... Os versos elixidos polos rapaces e polas rapazas de 4º de ESO (16 anos) son confidencia, reflexión, manifesto da experiencia amatoria, paixón, o inmenso goce de quen experimenta o amor, a lembranza dun amor adolescente, pero tamén ausencia, desencontro, fatalidade. Vivencias íntimas, sentidas cara á outra persoa. Tamén o amor á lingua, ou á patria perdida, ou á natureza. Cada un buscou aquel poema que dende a súa interpretación persoalísima máis se achegaba á palabra amor. Esta sinxela escolma sérvenos ademais para facermos un breve percorrido pola historia da poesía galega. Por esta razón, os poemas seleccionados aparecen ordenados tomando como referencia o ano de nacemento do seu autor ou autora. Sada, 14 de febreiro de 2013
5
RELACIÓN DE AUTORES/AS 1.
Martín Códax. (s. XIII)
2.
Bernal de Bonaval. (s. XIII)
3.
Joám Méndez de Briteiros. (s. XIII)
4.
Rosalía de Castro. (1837-1885)
5.
María Mariño Carou. (1907-1967)
6.
Álvaro Cunqueiro Mora. (1911-1981)
7.
Celso Emilio Ferreiro. (1912-1979)
8.
Xosé María Díaz Castro. (1914-1989)
9.
Luz Pozo Garza. (1922)
10. Manuel María Fernández Teixeiro. (1929-2004) 11. María Xosé Queizán. (1939) 12. Ánxeles Penas. (1943) 13. Marica Campo. (1948) 14. Darío Xohán Cabana. (1952) 15. Antonio García Teijeiro. (1952) 16. Pilar Pallarés. (1957) 17. Luísa Villalta. (1957-2004) 18. Miguel Anxo Fernán Vello. (1958) 19. Xela Arias Couceiro. (1962-2003) 20. Luísa Castro Legazpi. (1966) 21. Marta Dacosta Alonso. (1966) 22. Modesto Fraga Moure. (1974) 23. Olga Novo. (1975) 24. María do Cebreiro Rábade Villar. (1976) 25. Iolanda Castaño Pereiro. (1977)
6
Quantas sabedes amar amigo treides comigo a lo mar de Vigo. E bañarnos emos nas ondas! Quantas sabedes amar amado treides comigo a lo mar levado. E bañarnos emos nas ondas! Treides comigo a lo mar de Vigo e veerémo-lo meu amigo. E bañarnos emos nas ondas! Treides comigo a lo mar levado e veerémo-lo meu amado. E bañarnos emos nas ondas! Martín Códax, s. XIII (PV 5; CBN 1282; CV 888)
7
8
A dona que eu am'e tenho por senhor amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for, se nom dade-mi-a morte. A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus e por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus, se nom dade-mi-a morte. Essa que v贸s fezestes melhor parecer de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer, se nom dade-mi-a morte. Ai, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar, mostrade-mi-a u possa com ela falar, se nom dade-mi-a morte.
Bernal de Bonaval, s. XIII (CBN 1066; CV 657)
9
10
Vistes tal cousa, senhor, que mi avén cada que venho convosco falar? Sol que vos vejo, logu'ei a cegar, que sol non vej', e que vos venha ben, pois mi assí cega vosso parecer, se ceg'assí quantos vos van veer! Cegu'eu de pran daquestes olhos meus, que ren non vejo, par Deus, mia senhor; atant'ei ja, de vos veer, sabor que sol non vej', e que vos valha Deus, pois mi assí cega vosso parecer, se ceg'assí quantos vos van veer! Vosso parecer faz a min entón, senhor, cegar, tanto que venh'aquí por vos veer, e logu'eu ceg'assí que sol non vej', e que Deus vos perdón, pois mi assí cega vosso parecer, se ceg'assí quantos vos van veer! E pois eu cego, Deus, que ha poder, non ceg'assí quantos vos van veer!
Joám Méndez de Briteiros, s. XIII (CBN 867; CV 453)
11
12
Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentóu, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión. “Señor, que todo o podedes -pedínlle unha vez a Dios-, dáime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición”. E doumo Dios, arrinquéino. Mais…¿quén pensara…? Despois xa non sentín máis tormentos nin soupen qué era delor; soupen só que non sei qué me faltaba en donde o cravo faltóu, e seica..., seica tiven soidades daquela pena…¡Bon Dios! Este barro mortal que envolve o esprito ¡quén o entenderá, Señor!…
Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 – Padrón, 1885)
13
14
VERBA QUE COMENZA Aquí che deixo, meu peito canso, aquí che deixo, aquí che deixo neste branco papel trillado, neste percuro das horas. Quén eres -perguntaranche-, quén eres? Son a néboa que anda soia, son o sol que quenta as queixas, dos camiños son o farto, son o sono que rixe mundo que verte tempo, son o berro caladiño entre arranque-brío de sono morto. Das cousas que non se atopan tamén son, das ondas que soio van, van e van, delas son, de cando veñen e vein vindo delas son. Son o ledo daquel sono -terra sin pisadas, soio remaxe das cousas-. Papel branco, trillado, papel, berra, berra entre os fortes desd´onde as miñas verbas che magoan.
María Mariño Carou (Noia, 1907 - Parada do Courel, 1967)
15
16
No niño novo do vento hai unha pomba dourada, meu amigo! Quen puidera namorala! Canta ao luar e ao mencer en frauta de verde olivo. Quen puidera namorala, meu amigo! Ten aires de flor recente, cousas de recén casada, meu amigo! Quen puidera namorala! Tamén ten sombra de sombra e andar primeiro de río. Quen puidera namorala, meu amigo! Álvaro Cunqueiro Mora (Mondoñedo, 1911- Vigo, 1981)
17
18
Cando quero vivir digo Moraima. Digo Moraima cando semento a espranza. Digo Moraima e ponse azul a alba. Cando quero soñar digo Moraima. Digo Moraima cando a noite é pechada. Digo Moraima e ponse a luz en marcha. Cando quero chorar digo Moraima. Digo Moraima cando a anguria me abafa. Digo Moraima e ponse a mar en calma. Cando quero surrir digo Moraima. Digo Moraima cando a mañá é crara. Digo Moraima e ponse a tarde mansa. Cando quero morrer non digo nada. E mátame o silencio de non decir Moraima. Celso Emilio Ferreiro Míguez (Celanova, 1912 – Vigo, 1979)
19
20
A Cerna Hase de amar a cousa hastra o sangue. O verdadeiro amor enferra en neve, ara nun mar de rosas suco leve, ai pro acudulla en sangue. Tinguéuseche o machado en sangue loura. ¡ Ai como, cernador, doi a batalla cos que un ama!¡ Que moura é a sombra moura do machado na galla! Despida contra o ceo A Que Non Fala, a póla firme coma un xuramento, berra nos dentes do machado e estala e tordea no vento… Sobre os cómbaros dondos coma un velro, sobre as cornas dos boi, sobre o camiño, a fraga berra, coucorexa o melro, cai arroulando un niño… Eu vinte contra o sol, nunha hora tola, Abrazado ó teu toro, derregando a traxedia de Deus. ¡ Doinos a póla, pro seguimos cernando! Hastra que caia a derradeira estrela, cairá o machado en carne que choramos, no soño puro de deixar máis bela unha vida que amamos. Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, 1914 - Lugo, 1989)
21
22
Ti chegabas na tarde. Prometías unha estación celeste para sentir as albas. As aves lenemente descubrían espazos virxinais e propagaban fráxiles caricias nun tempo luminoso onde amar onde amar se revela en formas de conciencia. Despois chegou a noite. Quedan atrás as sombras límpidas dunha existencia dificilmente clausurada. A forma inmaculada dun xardín interior onde se sobrevive. Souben amar. Souben amar pronunciando o teu nome. Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922)
23
24
A terra faise en ti, Saleta, sutileza, chama apaixonada e transparente, levidade de neve, torrente e forza de seiva poderosa, música de vento entre abelairas, raio máxico de lúa, murmurio de regueiro, flor de cerdeira ou pinga de orballo emocionada, tremendo sobor do pálido rubor da rosa namorada.
Manuel María Fernández Teixeiro (Outeiro de Rei, 1929 - A Coruña , 2004)
25
26
A amante nunca ten dentes postizos graus no nariz pelos nas coxas gorduras nos cadrís. Á amante nunca lle inchan os ollos ao durmir. O poeta ama a perfección non te ama a ti. Es idealización mito metáfora da metáfora. De non seres perfecta como te amarían?
María Xosé Queizán (Vigo, 1939)
27
28
¿Que se fixo da aurora, que das froles campizas que amorosa recollía? ¿Que foi dos arrecendos e a frescura daquelas alborodas sen temores? ¿Que foi daquel amor que me miraba con un tento de raso agarimante; daquelas harmonías e dozuras que volvían de mel a primavera…? ¿Que foron tabernáculos e fervores…? Levo agora un regato de dores, envelenado, mesto, unha aura opaca que pula por se abrir cara ás estrelas. Áxeles Penas ( Teixeiro, A Coruña, 1943)
29
30
Cando Abril fure en ti para roubarche o zume de facer a primavera atopará tamén o que eu che dera en noites sen acougo, e ha deixarche rosas vermellas vivas, por lembrarche que o meu sangue xeado aínda espera que ti o veñas mover en loita fera para facer máis rosas. Que non marche de baleiro, que gardo moito zume, moito sangue encorado. Ven quererme, que a voz de Abril tamén suplica e berra, vermella polas rosas como lume. Que non falte, que fure, que non merme, que tamén estou eu baixo da terra. Marica Campo (María Pilar Campo Domínguez) (Val do Mao, Lugo, 1948)
31
32
Bendito sexa o ano, o mes, o día que te encontrei no medio do camiño e andabas escollendo a flor do espiño sen te mancar na espiña que fería; bendita sexa a hora en que eu prendía no teu claro mirar de trigo e liño e o instante en que probei o manseliño mel da palabra túa de amavía: bendito sexa o intre e o segundo en que determinei ser teu amigo e camiñar contigo polo mundo. bendito sexa o porto e a cidade onde embarquei pra navegar contigo nun navío de amor e de saudade.
Darío Xohán Cabana (Roás, Terra Chá, 1952)
33
34
Non é doado inventar un amor cando un está só. Necesitas inventarte un verso, un verso unicamente, para saber que existen corazóns que nacen nun libro.
Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952)
35
36
Dime , amor, que ti es este que eu quero que sexas, que o pobo e a liberdade latexan nas túas verbas, que non todo son cartos, hipocrisía, mentira, suxa comenéncia. Quérote así, pobre e doce, quérote árbore apaleada, loitando con tenrura, voz de pobo, voz de pobo e canto, pucharquiña morna. Quizais nen siquera te quero. Mais non te esquezo. Ao fin, ¿que é o amor?: un home, unha muller, un aloumiño tenro, un mencer relembrado por oito relembranzas. Non sei nada de ti, a história dos teus ollos. ¿Que bocas terán xa percorrido os teus beizos? Quizais as túas mans xa estexan cheas, quizais ti nen te lembres xa de min. Un verme misterioso percorre as miñas veas. Ai, o pranto, as lembranzas, a melancolía de terte e de non terte. Mentres vou, pobre camiñante, pola vida, e sigo, viaxeira, adiante. Pilar Pallarés García (Culleredo, 1957)
37
38
O amor que a palabra redondea forza é da paisaxe inacabada como o sangue perenne dunha fonte que se expresa naquilo do que vive. Luísa Villalta Gómez (A Coruña, 1957 – 2004)
39
40
Talvez, pensou, ela era un molde perfecto para disipar a soidade, prototipo ideal para un experimento, a unión feliz que perseguen os cánones, porque o corpo precisa, tal marcado destino, esa extrema alianza. É condición da especie domesticar as formas do desexo, estreitar os sentidos até unha indiferenza ou limitar o brillo que está escrito na carne. A dimensión do acto é común, un costume que xa vén avalado polo remoto eco do animal, xeometría interior dunha tensión e un pálpito mecánico golpeando no ser. A fundición dispón das súas regras tenaces, baleiro e simulacro, fabricación de espasmo, asombro nodular, enfriamento lento. E todo se substancia nese empeño, na condición do ardor, porque a soidade clama por posuír o astro, a cámara, o crisol, a bóveda inflamada, a escuma que despunta na súa desolación. Talvez, pensou, ela era un molde perfecto, soleira para afinar a chama e respirar no fondo contra a dor. Nada sabía do sopro da cinza e da devoración profunda dos ácidos que morden a sede, as hélices queimadas do tempo, a zona de fusión que de repente é fenda pola que foxe a vida e o pracer, antes de que o metal deseñe definitivamente o silencio. Miguel Anxo Fernán Vello (Cospeito, Lugo, 1958)
41
42
Manco o sol que regresa da xanela e estou aquí amor e estou contigo: quixera vernos fundidos á terra, á terra, á auga, ó mundo inmenso. As túas mans que me andiveron son días, días que marchan e esquecín hai anos, moitos anos, esta forma de volta pois cen anos hai ata agora mesmo, se ti non me abrazaras. E estou aquí amor e estou contigo, teus ollos chuvia, túa voz quen me agocha, quen me agocha, meu amigo querido. É contigo que podo cre-las mentiras do amor crer nas mentiras do amor, unha imbecilidade que é imposible. Xela Arias Couceiro (Lugo, 1962 – Vigo, 2003)
43
44
Miña nai traballa nunha fábrica de conservas. Un día miña nai díxome: o amor é unha sardiña en lata. ¿Ti sabes como se preparan as conservas en lata? Un día miña nai díxome: o amor é unha obra de arte en lata. Filla, ¿sabes de onde vés? Vés dun viveiro de mexillóns en lata. Detrás da fábrica, onde podrecen as cunchas e as caixas de peixe. Un fedor imposible, un azul que non vale. De alí vés. Ah! Dixen eu, entón son a filla do mar. Non. Eres a filla dun día de descanso. Ah! Dixen eu, son a filla da hora do bocadillo. Si, detrás, entre as cousas que non valen.
Luisa Castro Legazpi (Foz, 1966)
45
46
Parece innecesario falar de amor, ás veces e construír poemas de corpos derrubados, de fume, de suor, de ventás apagadas, de líquidos encontros e seguras derrotas.
Parece innecesario máis aínda transitan folios e máis folios, e libros ademais destrúen o silencio, de feble arquitectura, dos que calando amamos con terca intesidade.
Parece innecesario falar de amor, ás veces, para esquecer sen saña as bandeiras do odio ou as bágoas humildes de quen non ten futuro e nin pedir perdón por ignorar quen somos.
Marta Dacosta Alonso (Vigo, 1966)
47
48
Aquel verán dixeches que me amabas. Non era amor, mais ti falabas diso. Falábasme do amor do noso selo e que era a min soamente a quen buscabas. Aquel verán dixeches que me amabas. Que ansiabas de entre o amor o máis sinxelo: percorrer cos teus beizos o meu pelo e tocarme coma só ti me tocabas. Aquel verán dixeches que me amabas. Que non tiveras antes quen te amara, nin quen te amara tanto ti tiveras. Aquel verán dixeches que me amabas. Dixeches que deixándome perderas o día en que pra sempre te marchabas.
Modesto Fraga Moure (Fisterra, 1974)
49
50
NÓS NUS (1997) Coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas. algunhas conservan estirados os nomes que gravei a navalladas tódalas tardes ó volver da escola. acostumada a tirar por un poema como por un becerro cando se lle ven as patas, cando xa non se está en idade de medrar toda maduración require un desgarro de tendóns entón é cando corren polo meu peito rabaños de cabras que non se dirixen a ningunha parte, sóbenme ás paredes desde as que te vexo, arrancan coa lingua o pasto mentres te vas. o tacto dos teus violíns faime chorar terriblemente. e case non podo soportar que as túas mans me acariñen como a la dos xerseis que me facía a miña nai cando era nena. pero coa miña pel coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.
Olga Novo (Vilarmao, A Pobra do Brollón, 1975)
51
52
Eran follas pequechas, se cadra de carballo, non sei ben. Apareceron xuntas onda o río. Non igual ca unha ofrenda, pero tenras. Fixéronme lembrar o seu consello: “non esquezas o corpo”. Como se a intelixencia fose o único obstáculo que debía vencer. (De certo, non era o único.) Pero como facer que as palabras se abran coma follas? Se o soubésemos penso que non escribiríamos. Porque non hai talento para a rabia, senón só rabia. Non hai sensualidade, senón cousas sensuais. O que el dixo daquela non pode transmitirse e no espello do río non canta o noso amor.
Maria do Cebreiro Rábade Villar (Santiago de Compostela, 1976)
53
54
Unha navalla lenta é o proxecto da identidade. Unha celebración añil o re-coñecemento. ¿Como deixei que todo isto me sobreviñera? O meu propio soño marchou de min comigo Non podo permitir que se me malinterprete unha vez máis ¿Por que me afectas?, ¿por que me afectas aínda? Unha absurda desposesión infranqueable. Pero que eu estaría ben, que non cumpren coidados xa sabes que total eu estaría ben, sempre ben, aínda que non se me entendese aínda que perdese a saúde na miña mocidade. Eu tamén pensaba que podería controlalo. ¿Por que me desesperas?, ¿por que aínda me desesperas? Unha poza de notas sostidas, un reiseñor mecánico é a tarde ¿Como tiven a coraxe de asumir a túa estratexia?
Iolanda Castaño Pereira (Santiago de Compostela, 1977)
55
56