O CAMIÑO DE SANTIAGO

Page 1

Ano 2010

O Camiño de Santiago

Alumnos e alumnas de 3ºD IES Ramón Otero Pedrayo


1. Limiar Esta pequena guía xorde como un proxecto de traballo do ámbito lingüístico e social que eu imparto no IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña dentro dun programa de diversificación curricular. Entendo que a mellor maneira de acadar a competencia lingüística (en calquera lingua) é a través do seu uso. Primeiro, oralmente; despois, na escrita. Por outra banda, os coñecementos sociais non se adquiren a través da memorización de contidos, senón partindo da súa relevancia e do grao de estimulación que estes lles poidan ofrecer aos alumnos. Así se crea O Camiño de Santiago, un proxecto de traballo para coordinar todas as accións educativas necesarias que conduzan ao alumnado a conseguir gran parte dos obxectivos propostos no programa. Para a súa elaboración, os alumnos consultaron distintas fontes, seleccionaron aquela información que consideraron relevante, redactaron, corriximos e editaron a súa guía. A que tedes nas vosas mans é a suma do traballo individual de cada un dos alumnos e alumnas que aparecen na portada e tamén da miña guía como profesor. Este traballo complementouse coa visita que realizamos a Santiago de Compostela, visita da que todos gardamos gratos recordos. Que sirva esta edición para que sempre vos lembredes deste curso e da importancia que a educación debe ter nas vosas vidas. Con cariño, Xosé Anxo Seoane Cao.

2


2. ¿Que é o Camiño de Santiago?

O Camiño de Santiago é o percorrido que realizan os peregrinos dende todos os confíns de Europa para se dirixiren a Santiago de Compostela e visitaren a tumba do Apóstolo Santiago. A partir do século IX forxouse como unha das rutas de peregrinación máis importantes de Europa, converténdose na verdadeira espiña dorsal dos reinos da península Ibérica. Tras un longo período de ostracismo, o Camiño de Santiago volveu a rexurdir con forza nas últimas décadas do século XX grazas ao pulo de amantes do mundo xacobeo, de asociacións e confrarías xacobeas, de administracións públicas e da Igrexa.

3


3. Orixe do Camiño de Santiago A descuberta do sepulcro do Apóstolo Santiago, fillo de Zebedeo e irmán de Xoán Evanxelista, transformou un humilde asentamento galaico de orixe romana nun lugar coñecido en toda Europa e que co paso dos séculos se converteu na actual Santiago de Compostela. No ano 813 despois de Cristo, o bispo de Iria Flavia, Teodomiro informou ao rei asturiano Afonso II O Casto da descuberta dunha tumba que contiña os restos mortais do apóstolo Santiago. O monarca fixo construír daquela unha pequena igrexa que deixou baixo a custodia de monxes beneditinos. Iniciouse entón a ruta compostelá, o chamado Camiño das estrelas. Antes de rematar o século IX, Afonso III O Grande encargaba a construción dunha basílica xa de tres naves. Xa no ano 1075, por iniciativa do bispo Diego Peláez, inícianse as obras da actual catedral románica para poder acoller a tantos peregrinos. Dende a descuberta da tumba do Apóstolo Santiago en Compostela, no século IX, o Camiño de Santiago converteuse na máis importante ruta de peregrinación da Europa medieval. O paso dos innumerables peregrinos que se dirixían a Compostela dende toda Europa, serviu como punto de partida dun gran desenvolvemento artístico, social e económico que

4


deixou as súas pegadas ao longo de todo o seu percorrido. Dende que o rei Afonso II O Casto manda erixir unha sinxela igrexa en torno ao sartego de Santiago comezan a chegar a Compostela os primeiros peregrinos. No século X a peregrinación a Santiagoé xa un feito consolidado en toda a cristiandade. Desaparecido Almanzor, a partir do século XI é cando se populrizan as peregrinacións a Santiago, do mesmo xeito que antes ocorrera cos romeiros en Roma ou os palmeiros en Xerusalén. O rei navarro Sancho III O Maior e o castelán Afonso VI son dous dos monarcas que máis apoiaron o Camiño de Santiago xa que o consideran unha vía de vital importancia económica, comercial e militar para exercer o control do seu territorio. Coincide a maior auxe das peregrinacións co esplendor da arte románica nos séculos XI e XII. En 1122 o Papa Calixto II proclama Ano Santo Xacobeo aquel no que o 25 de xullo coincida en domingo. O Camiño Francés é o máis utilizado e por Roncesvalles constátanse miles e miles de peregrinos nestes anos, máis tarde coa conquista de Zaragoza habilitaríase o ramal de Somport a Ponte A Raíña. As antigas calzadas

5


romanas de Burdeos a Astorga, pasando por Vitoria e Briviesca, e de Astorga a Iria Flavia serven de base para a ruta xacobea e xorden gran cantidade de burgos e cidades que acollen unha nova clase urbana de artesáns e comerciantes, a meirande parte francos. 6

A partir do século XIV o Camiño entra en declive, a peste negra dezmou a poboación europea, a cristiandade comeza a se dividir (os protestantes consideraban as peregrinacións como actos populacheiros), o mundo ensánchase e os monarcas dedican os seus esforzos a conquistar novos mundos. No século XVI ocultáronse os restos do apóstolo para que non caesen en mans dos piratas ingleses que asolaban as costas galegas. Nos séculos XVII e XVIII mellóranse as comunicacións e o Camiño recobra parte do prestixio e recibe peregrinos ilustres, sen embargo no XIX os librepensadores, os descubrimentos científicos, a revolución industrial e o desenvolvemento urbano non


se levan ben coun xeito de vida con reminiscencias medievais. En 1884 o papa León XIII tivo que declarar verdadeiros os restos do Apóstolo reaparecidos nunhas excavacións (agacháranse no século XVI ante as ameazas das incursións inglesas comandadas polo pirata Francis Drake). En 1982 prodúcese a primera peregrinación dun Papa. Xoán Pablo II presidiu na catedral de Santiago de Compostela unha reunión do Consello de Europa. En 1986 a UNESCO declarou Santiago Compostela Patrimonio Cultural da Humanidade.

de

En 1987 o Consello de Europa declara o Camiño de Santiago Primeiro Itinerario Cultural Europeo. En 1989 o Papa Xoán Pablo II peregrina de novo a Santiago e celebra unha multitudinaria concentración de mozos de todo o mundo.

7


4. Os camiños de Santiago Dende a institución do Ano Santo Compostelán en 1179, Santiago de Compostela converteuse no centro cultural e de peregrinación máis importante da cristiandade, a pesar de que o movemento de peregrinos chegou case a desaparecer durante o século XIX.

A Santiago chégase por moitos camiños. No século XII, a “Guía dos Peregrinos” do Liber Sancti Jacobi, sinalaba dúas rutas que se seguían dende os Pirineos. Na actualidade inclúense oito camiños da rede xacobea:

O Camiño Primitivo O camiño Primitivo é a primeira ruta que existiu cara a Santiago de Compostela. Iníciase a comezos do

8


século IX. Foi probablemente a vía utilizada polo monarca Afonso II O Casto para se dirixir a Santiago cando recibiu o anuncio da descuberta da tumba do apóstolo. Ten na cidade de Oviedo o seu punto de partida. O Camiño Primitivo tamén o tomaban os peregrinos que viñan polo Camiño Francés e dende León se dirixían a Oviedo para visitaren na catedral o Salvador. Xa na Idade Media existía o dito Quen vai a Santiago e non visita o Salvador, vai á casa do criado e non visita o seu señor.

Adóitase dividir seguintes etapas:

o

camiño

. De Oviedo a Salas . De Salas a Pola de Allande

Primitivo

nas

9


. . . .

De De Da De

Pola de Allande a Grandas de Salime Grandas de Salime á Fonsagrada Fonsagrada a Lugo Lugo a Melide ou Palas de Rei 10

En Oviedo non debemos deixar de visitar a súa catedral.

Comezou a se edificar a finais do século XIII e a súa construción prolonguse durante tres séculos ata o remate da torre a mediados do século XVI. Posteriormente engadiuse unha xirola no século XVII ademais de diversas capelas anexas ás naves laterais. A igrexa está emprazada no lugar do anterior conxunto catedralicio prerrománico do século IX. A Cámara Santa, do século IX, está declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco e garda as alfaias máis prezadas da catedral do Salvador. O camiño Primitivo é tan fermoso como duro. Cruzaremos faiedos, soutos e fragas frondosas.


Teremos ocasión de admirar fermosas paisaxes como a do encoro de Salime, inaugurado no ano 1954 e que asulagou a antiga vila de Salime.

11

Despois de pasar pola Fonsagrada, chegaremos á cidade amurallada de Lugo, fundada polos romanos quince anos antes da nosa era co nome de Lucus Augusti. A súa muralla contempla máis de dous mil anos de historia. Foi designada o 2 de decembro do ano 2000 Patrimonio da Humanidade.

En Melide, enganchámonos ao Camiño Francés.


O Camiño Francés. O Camiño Francés é o itinerario con maior tradición histórica e o máis recoñecido internacionalmente. O seu trazado a través do norte da Península Ibérica fixouse a finais do século XI. O Camiño Francés adquire un trazado preciso en Francia a través das catro vías principais xa descritas no Codex Calixtinus. Tres destas rutas (París-Tours, Vézelay-Limoges e Le Puy-Conques) entran en España por Roncesvalles, en Navarra, mentres que a cuarta (Arles-Toulouse) entra polo porto de Somport e continúa ata Xaca, en terras de Aragón. O itinerario de Roncesvalles, que cruza a cidade de Pamplona, únese co aragonés en Puente la Reina (Navarra). Dende aquí mantense un único itinerario que atravesa localidades e cidades do norte de España tan significativas como Estella, Logroño, Santo Domingo da Calzada, Burgos, Castroxeriz, Frómista, Carrión dos Condes, Sahagún, León, Astorga, Ponferrada e Vilafranca do Bierzo.

En Puente la Reina (Navarra), destaca a ponte románica mandada construír no século XI por unha anónima raíña navarra.

12


En Burgos atopamos unha das catedrais góticas máis impresionantes de toda Península.

13

Inícianse as obras a mediados do século XIII. Aínda que en 1288 a catedral estaba xa aberta ao culto, as obras continuaron durante todo o século seguiente e incluso durante o XV, en cuxa época concluíuse a torre do reloxo. Presenta tres naves de cinco tramas, cruceiro resaltado en planta e xirola con cinco capelas. Aos pés, flanqueada por dúas torres, abríronse tres portas, nas que se esculpiron un dos conxuntos más excepcionais da escultura gótica. Pasamos tamén por León onde poderemos admirar as marabillosas vidreiras da súa catedral.


O ano 916 foi de suma transcendencia para a historia da Catedral de León: o rei Ordoño II, que había poucos meses que ocupara o trono da cidade, venceu ós árabes na batalla de San Esteban de Gormaz. Agradecido a Deus polo beneficio que acababa de recibir cedeu o seu pazo real para que nas súas aulas se erixise o primeiro templo catedralicio. En Astorga, nacida como campamento militar romano da Legio X Gemina a finais do século I a. C., atopámonos co Pazo episcopal, obra proxectada polo modernista catalán Antonio Gaudí.

Antes de entrar en Galicia, facemos un alto en Vilafranca do Bierzo. A súa orixe asóciase ao mosteiro de Saanta María de Cruñego, onde bieitiños franceses de Cluni se asentan en 1070 baixo o reinado de Afonso VI, para a atención dos peregrinos franceses. Son precismanete os bieitiños os que introducen a vide na comarca. As etapas galegas establécense do seguinte xeito:

14


 Cebreiro - Triacastela

15

 Triacastela - Sarria (por San Xil)

 Triacastela - Sarria (por Samos)

 Sarria - Portomarín


 Portomarín - Palas de Rei

16

 Palas de Rei - Melide

 Melide - Arzúa

 Arzúa - O Pedrouzo


 Pedrouzo - Santiago

17

O Camiño do Norte. A peregrinación a Santiago pola ruta da costa vasca-cántabra-astur-galaica remóntase aos tempos inmediatamente posteriores á descuberta da tumba do apóstolo cara ao ano 820. Esta ruta da costa gozou dunha vitalidade semellante á dos demais camiños xacobeos primitivos, antes de que nos séculos XI e XII os monarcas hispanos potenciasen o Camiño Francés como itinerario xacobeo privilexiado, vertebrando así os reinos cristiáns do norte peninsular. Non obstante, o tramo LeónOviedo potenciouse dende finais do séulo XI.

A árbore de Guernica (Biscaia) representa as liberdades do pobo vasco. O cadro que Picaso pintou con este título alude ao bombardeo sufrido pola cidade en 1937.


Os Camiños do Norte abranguen as rutas que seguían os peregrinos que penetraban en España por Irún. O Camiño Vasco do interior foi a porta de entrada ao centro da Península dende Irún xa en época romana. O Camiño da Costa, no seu percorrido por toda a cornixa cantábrica dende o País Vasco ata Galicia recollen novas do paso de peregrinos dende o século X.

A Colexiata de Santa Xiana é o edificio máis representativo de Santillana do Mar e a xoia máis importante do románico en Cantabria.

En Asturias o Camiño da Costa pode tomar dúas direccións: ir cara a Oviedo e visitar O Salvador, para unirse ao Camiño Primitivo; ou ben continuar pola costa ata Ribadeo.

Luarca é unha das vilas que se poden visitar nas rutas xacobeas do norte ao seu paso pola costa asturiana.

18


Unha vez en Galicia, a ruta parte de Ribadeo, intérnase nos vales de Vilanova de Lourenzá e Mondoñedo, cruza as terras altas e chás de Vilalba e Guitiriz e recibe a hospitalidade do mosteiro de Sobrado dos Monxes antes de unirse en Arzúa ao Camiño Francés.

19


O Camiño Portugués. É o camiño trazado para acceder a Galicia a través de terras portuguesas. Aínda que existen rutas históricas que empezan dende o sur de Portugal e dende Lisboa, e poden marchar cara a Coímbra por dúas variantes. Este Camiño adquire importancia a partir do século XII, e permitiu consolidar rutas e intercambio cultural e económico. Podemos cualificar a Portugal como "terra de camiños", de igual xeito que a España, pois os peregrinos agromaban de todas as comarcas para se dirixiren a Compostela. Os máis importantes son dous: o interior por Vila Real e Chaves que entraba en Galicia por Verín e Ourense; e o máis occidental, que parte de Lisboa. Monarcas como Sancho III, Afonso III, don Manuel o Afortunado ou dona Isabel, a Raíña Santa, cumpriron a súa peregrinación a Santiago. De comezar en Lisboa, ascéndese o Texo pola gótica Santarém e Golega. A seguir está o xigantesco mosteiro de Tomar, enclave da Orde do Cristo, coa súa rotonda dos templarios, que copia a estrutura do Santo Sepulcro de Xerusalén e os seus oito claustros.

20


A universitaria Coímbra garda o sartego da Raíña Santa, dúas catedrais e unha igrexa medieval dedicada a Santiago. Crúzase o Douro en Porto, entrando por Vila do Conde, co austero convento das Clarisas e o sartego do Rei Afonso Sánchez; chégase á igrexa románica de San Pedro de Rates e a Barcelos, onde existe unha lenda do galo semellante á rioxana de Santo Domingo da Calzada, converténdose a ave nun emblema de todo Portugal. Ata 1884 os peregrinos debían cruzar o río Miño por algunha das poboacións que contaban con barcazas ou pontes de barcas, pero coa construción da ponte internacional en Tui nese ano facilitouse enormemente a comunicación entre ambas beiras polo eixo Valença do Miño-Tui.

21


Xa en Galicia, as etapas son:  Tui - Porriño (16 km).

22

A catedral de Tui, dedicada a Santa María, comezou en estilo románico e rematou nun estilo claramente gotizante. Desta última arte é a gran portada occidental, unha das máis fermosas do gótico español.

 Porriño - Redondela (14 km).

A situación costeira de Redondela propiciou que co paso do tempo esta vila fora atacada dende o mar por frotas de distintos países ou por piratas. Destes ataques, os máis famosos son o da armada anglo-holandesa que saíu victoriosa na batalla de Rande no ano 1702 e o ataque francés na Guerra da Independencia (concretamente o 12 de abril de 1809) ao pobo como represalia pola axuda que lle prestaron os habitantes de Redondela aos seus veciños de Tui cando estaban asediados polas tropas francesas.


 Redondela - Pontevedra (21 km).

23

A Igrexa da Peregrina foi construída a partir de 1778 segundo trazas de Antonio de Souto con colaboración de Bernardo José de Mier. Combina fórmulas típicas do último barroco con suxestións xa neoclásicas. A súa planta está inspirada nunha vieira, símbolo dos peregrinos, dentro da cal se inscribe unha cruz. O retábulo maior, neoclásico, foi trazado en 1789 por Melchor de Prado. Moi curioso é a ía bautismal, unha cuncha de molusco traída do Pacífico por Méndez Núñez. A portada acolle no alto a imaxe da Peregrina, patroa da provincia de Pontevedra.

 Pontevedra - Caldas de Reis (22 km).

Nesta vila termal naceu Afonso de Borgoña, neo de Afonso VI de León e Castela e fillo de Urraca I de León e Castela, que sería coroado Emperador como Afonso VII de León, razón pola cal se chama Caldas de Reis.


 Caldas de Reis - Padrón (21 km).

24

Na casa da Matanza, en Padrón, morreu Rosalía de Castro, figura sobranceira da literatura galega. Co gallo do centenario da publicación da súa obra “Cantares Gallegos” , o 17 de maio de 1963 conmemorouse o primeiro Día das Letras Galegas.

 Padrón - Santiago (22 km).

Últimos metros antes de chegar á praza do Obradoiro e render visita a Santiago.


O Camiño Inglés. É o camiño que percorrían os peregrinos que cegaban a Galicia a través do mar dende os distintos portos europeos e, sobre todo, ingleses e irlandeses. Dende os portos de Ferrol ou A Coruña comezaban a súa marcha a pé ata Santiago de Compostela. Existen, polo tanto, dous tramos: 1. Dende Ferrol. Son un total de 57 km. Pasa por: Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Betanzos, Abegondo e Bruma (Mesía) onde se une co tramo da Coruña para continuar ata Santiago.

A cidade de Ferrol destaca pola súa tradición marítima, vencellada á armada e aos asteleiros. Foi nos asteleiros de Ferrol onde se botou o primeiro barco a vapor de España no ano 1858.

25


26

Pontedeume é un pobo costeiro situado na desembocadura do río Eume e na ladeira do monte Breamo. O seu principal atractivo reside na perfecta conxunción de río, mar e montaña. De pasado medieval, percíbese nas súas rúas a pegada dos Condes de Andrade. O seu sinal de identidade por excelencia é a súa ponte de pedra sobre o río Eume. Logo de pasar polo concello de Paderne, o amiño inglés adéntrase por San Martín de Tiobre, onde está situado Betanzos O Vello. Logo pasa á zona dos Remedios e xa de aí ao casco histórico de Betanzos. Despois de cruzar a Praza dos Irmáns García Naveira diríxese xa a terras de Abegondo.

A construción do templo gótico de San Francisco débese ao Conde Fernán Pérez de Andrade en 1387. Ten planta de cruz latina cunha soa nave. Preto deste templo atópase a igrexa de Santa María, compoñendo ambas unha das máis fermosos lugares de Betanzos.


2. Dende A Coruña. Un total de 68 km. Pasa por: O Burgo, (Cambre, unha variante), a outra por Alvedro (a máis seguida), de Carral, Bruma (Mesía), onde se une co tramo de Ferrol, Ordes, A Igrexa (Oroso), Sigüeiro e Santiago de Compostela. 27

A Torre de Hércules constitúese no símbolo por excelencia da Coruña. Construída no século I foi declarada Patrimonio da Humanidade o 27 de xuño de 2009.

A igrexa de Santa María de Cambre dispón de tres naves, cruceiro e unha curiosa cabeceira con xirola e cinco capelas radiais, como se dunha catedral de peregrinación se tratase.


28

Unha vez que se cruza aponte medieval sobre o río Tambre, o camiño faise practicament urbano. Axiña entramos no termo municipal de Santiago. O monumento ao peregrino en San Caetano acolle a todos os peregrinos que despois de moitas xornadas chegan a Santiago.

A Vía da Prata. Con este nome faise referencia á calzada romana que partía de Emérita Augusta, capital da Lusitania e actual cidade de Mérida, e que chegaba ata Astúrica Augusta, hoxe Astorga.

Anfiteatro romano de Mérida.


Seguindo esta ruta hai 490 quilómetros ata Santiago de Compostela. Dende hai moitos anos, moitos peregrinos amplían este camiño e parten dende Sevilla e enlazan en Astorga co Camiño Francés. 29

Pobra de Sanabria.

Xunto coa Vía da Prata xorde o denominado Camiño Sanabrés que en realidade se constitúe como unha continuación desta. Non se chega ata Astorga xa que na localidade zamorana de Granxa de Morezuela os peregrinos desvíanse da Vía da Prata e entran na provincia de Ourense pasando por Pobra de Sanabria.

Camiño de Fisterra-Muxía. Xorde este camino como prolongación da peregrinación a Santiago de Compostela xa que, cada vez é máis frecuente, os peregrinos deciden achegarse ao cabo Fisterra para contemplar o remate do mundo occidental romano.


En tres etapas (90 km en total) situámonos no faro de Fisterra. Algúns seguen despois ata Muxía para visitaren o Satuario de Nosa Señora da Barca.

30

Vista xeral de Fisterra, a fin do mundo

Ruta marítima do Mar de Arousa Esta ruta conmemora a chegada por mar a Galicia do corpo do Apóstolo Santiago o Maior no ano 44 logo do seu martirio en Xerusalén. Segundo a tradición, os discípulos que transladaron o corpo do santo entraron pola Ría de Arousa e remontaron o río Ulla ata chegar á cidade de Iria Flavia. A ruta marítima fai un interesante percorrido por toda a ría visitando lugares como O


Grove, A Pobra do Caramiñal, as illas da Toxa e de Arousa, ata chegar a Padrón onde enlaza xa por terra co Camiño Portugués.

31

Solpor na Ría de Arousa.


5. A catedral de Santiago de Compostela.

A Catedral de Santiago, concibida como unha pequena cidade de pedra en torno a unhas reliquias e dotada de vida propia, evolucionou con vitalidade ao longo dos anos, amosándose hoxe como un conxunto heteroxéneo de estilos e tendencias de diferente signo e cronoloxía que se foron superpoñendo sucesivamente.

A Catedral románica, trazada seguindo o modelo francés das igrexas da peregrinación, ergueuse (10751211) sobre os restos das primitivas igrexas construídas no lugar onde apareceran as cinzas do Apóstolo, a última destruída por Almanzor no verán do ano 997. A auxe das peregrinacións e as riquezas dun dos señoríos feudais máis grandes da Península Ibérica

32


permitiron o inicio da construción da Catedral baixo o episcopado de Diego Peláez. Organízase o espazo sobre a tradicional planta de cruz latina e tres naves. O deambulatorio rodea o altar maior coa finalidade de facilitar o acceso ás reliquias a través dun pequeno corredor transversal onde se atopan as cinzas apostólicas. As naves érguense sobre piares cruciformes con columnas anexas. Os volumes distribúense sobre elegantes arcos de medio punto. A tribuna constrúese sobre as naves laterais. O seu espazo percorre o tramo lonxitudinal do templo e continúa polos brazos do cruceiro e o deambulatorio. Na parte exterior ou triforio consta de arcadas con tramos que inscriben dous arcos máis pequenos. A tribuna é unha construción característica das igrexas de peregrinación, pola necesidade de ampliar o aforo para acoller moitos visitantes. A nave central de 97 m. de longo e 20 de alto, está cuberta por bóveda de canón e as laterais con bóvedas de aresta. O actual ciborio gótico substituíu a antiga torre románica que se erguía sobre o altar maior. Baixo o ciborio sitúase a estrutura deseñada no século XVI para accionar o botafumeiro, un grande incensario de latón prateado que voa de extremo a extremo do cruceiro, e que se usou para purificar o

33


ambiente cando os peregrinos durmían dentro da Catedral. No conxunto ábrense tres portas: a da Acibechería, a de Praterías e a que dá paso ao Pórtico da Gloria desde o Obradoiro. Ideouse un recorrido segundo o cal o acceso debía facerse desde a porta do norte antes coñecida como porta do Paraíso, continuando polo cruceiro ata a o altar maior e o deambulatorio para visitar a tumba do Apóstolo, desembocando no brazo leste con iconografía escultórica baseada no Novo Testamento. A porta oeste, na que se situou o Pórtico da Gloria, identificada como a do solpor, simboliza o remate dos tempos e o xuízo final. A porta norte foi reformada totalmente no século XVIII e na oeste

levantouse a fachada do Obradoiro tamén no século XVIII. Na porta sur ou das Praterías, a única que se conserva das primitivas, debeu existir un programa iconográfico facilmente entendible, pero sucesivas reformas e alteracións fixeron que resulte incomprensible, pois nos cambios perdéronse figuras e encaixáronse outras da desaparecida porta románica do norte substituída pola da Acibechería.

34


6. ¿Quen foi Santiago?

Santiago e Xoán eran fillos do Zebedeo. Orixinarios de Betsaida, en Galilea, dedicábanse á pesca no lago Xenesaret na cidade de Cafarnaún. O seu nome orixinario era Jacob, nome que se transformou en Santiago, Xacobe, Xaime, Diego ou Iago. De familia humilde, ambos imáns foron chamados por Xesucristo para formaren parte do seu reducido grupo de doce apóstolos, de igual xeito que outros pescadores da zona como Simón (San Pedro) ou Andrés. Coñécese como Santiago “O Maior”, para non confundilo co outro apóstolo Santiago “O Menor”. A súa festividade conmemórase o 25 de xullo e é patrón de España e Iberoamérica. Segundo unha antiga tradición, Santiago O Maior foi a España. Primeiro a Galicia, onde estableceu unha comunidade cristiá, e logo á cidade romana de Cesar Augusto, hoxe coñecida como Zaragoza. Xesús outorgoulle o alcume de “fijo do trono” pola súa valentía, decisión, impetuosidade, arroubo e paixón. Trala morte de Xesús forma parte da igrexa primitiva de Xerusalén. Nos Feitos dos Apóstolos descubrimos que foi o primeiro apóstolo martirizado. Cara ao ano 41 ou 44 Santiago foi decapitado en Xerusalén por orde do rei Herodes Agripa I.

35


A Santiago Galicia. edificada

tradición tamén relata que os discípulos de recolleron o seu corpo e trasladárono a Os seus restos mortais están na basílica na súa honra en Santiago de Compostela.

Segundo a lenda, os discípulos de Santiago no ano 42 roubaron o corpo de Palestina, onde o decapitaran, e embarcárono nunha nave que cunha tripulación anxelical chegou a Iria, na confluencia do Sar e o Ulla (actualmente a ría de Arousa). En canto atracaron, o cuerpo do apóstolo foi levado polos aires 12 millas ata o lugar onde hoxe se venera. Na catedral de Santiago consérvase a roca onde din que foi atada a barca que trouxo o cadáver do santo.

36


7. O Códice Calixtino.

Trátase dunha compilación anónima de textos relacionados co apóstolo Santiago, realizada entre os anos 60 e 70 do século XII. Recibe este nome debido a que o papa Calixto II (1119-1124) aparece como responsable e autor de gran parte dos textos que o forman. Sen embargo, semella que a persoa que ordenou, clasificou e compilou todo ese conxunto heteroxéneo de textos foi Aymeric Picaud, crego de ParthenayVieux. Tamén é coñecido polo nome de Liber Sancti Jacobi. Os distintos textos aparecen distribuídos nos seguintes libros, de contidos e extensión desigual: Libro I: Constituído por sermóns e homilías en honra do apóstolo; dous relatos do seu martirio e oficios litúrxicos para o seu culto asinados por Calixto II e outros pais da igrexa. Libro II: Contén vinte e dúas narracións nas que se describen algunhas milagres realizadas polo apóstolo Santiago. O libro vai precedido dun prólogo no que se sinala a universalidade de beneficiarios e de nacións dos acontecementos milagreiros.

37


Libro III: Composto pola epístola do papa León; o relato da transladación do apóstolo Santiago; un capítulo sobre as solemnidades de Santiago, e outro sobre as virtudes das caracolas mariñas que adoitaban comprar a mdo de reordo os peregrinos. Libro IV: Crónica de Turpín, arcebispo de Reims, máis coñecido polo nome do Pseudo-Turpín. Narra a campaña de Carlomagno en España por orde do apóstolo Santiago e a historia de Roldán, coa derrota de Roncesvalles e a súa morte.

Libro V: Máis coñecido como Guía do Peregrino (Liber Peregrinationis), trátase das notas dunha viaxe realizada a Compostela na que se fixan as rutas dun itinerario marcado pola presenza de 31 corpos santos que se deben visitar e venerar e descríbese ademais a cidade de Santiago e a súa catedral. Apéndices: É unha miscelánea de varias composicións litúrxicas, varios himnos, unha bula atribuída a Inocencio II para confirmar a autenticidade da compilación, milagres en prosa e verso.

38


8. As lendas do camiño.

A orixe da tumba de Santiago sempre estivo envolta en dous grandes misterios: primeiro, se son realmente os restos do apóstolo os que se atopan no sartego, e segundo, como puideron chegar dende Oriente ata Galicia.

A versión máis tradicional conta que Santiago foi decapitado en tempo de Herodes Agripa, que os seus restos foron recollidos de xeito clandestino polos seus discípulos, os que nunha barca de pedra iniciaron unha ruta marítima na que Deus os guiou ata Galicia.

39


Deste xeito, no ano 813, o bispo de Iria Flavia, Teodomiro deu cos restos do apóstolo logo de ser avisado polo ermitán Pelaio duns misteriosos resplandores. Teodomiro descobre que eses raios luminosos sinalan a posición exacta na que os discípulos de Santiago o Maior deran sepultura ao seu mestre. Pasados os días, o bispo mostroulles ao pobo e ás autoridades o sartego. Todos viron como do lugar saíron centos de luces que se espallaron disparadas cara ao ceo, dando lugar á Vía Láctea, que dende entón marca o camiño de Santiago. A popularidade de Santiago estendeuse rapidamente, especialmente tras a súa aparición montando un cabalo branco na batalla de Clavijo (844), na cal as minguadas tropas cristiás derrotaron as tropas sarracenas grazas á axuda do apóstolo. Santiago converteuse así no estandarte dos exércitos cristiás. Empeza a recibir o nome de Santiago Matamouros. O caudillo musulmán Almanzor chegou ata Santiago de Compostela en 997 e saqueou a cidade, levando cnsigo incluso as campás da catedral, aínda que a arca onde se atopan os restos de apóstolo quedou intacta. A lenda cóntanos que este saqueo enfureceu a Deus, quen lles provocou aos soldados de

40


Almanzor unha cegueira. Temeroso, Almanzor pediulle clemencia; Deus foi misericordioso ante a súplica e parou a súa vinganza. Almanzor detivo o saqueo da cidade e abandonou o lugar. As campás levounas Almanzor para Córdoba para o cal obrigou a prisioneiros cristiás ao seu transporte. Logo, cando Córdoba é conquistada polos cristiáns en tempos de Fernando III o Santo (1236), este decidiu vingar aquela humillnte travesía e, de mans de prisioneiros islámicos, as campás percorreron o mesmo camiño, a´nda que esta vez de volta a Santiago de Compostela. O Santo Grial é o cáliz que Xesucristo usou na última cea e no que Xosé de Arimatea recolleu o sangue de Cristo cando o soldado Loginos o feriu cunha lanza. No Cebreiro, produciuse o Milagro do Santo Grial. A principios do século XIV, un labrego de Barxamaior subía todos os días ao Cebreiro para oír misa. Un día de gran nevada celebraba a misa un monxe e a igrexa estaba baleira. De súpeto entrou un home na igrexa e o crego

41


murmurou: “¡Pobre home, vir con este tempo dende tan lonxe, expoñéndose a morrer no camiño e soamente para se postrar ante un pouco de pan e viño!” Nese intre, o cregoviu como a Hostia se transformaba en carne e o viño se transformaba en sangue. Sabedores os Reis Católicos do milagro, cando peregrinan en 1486, doaron o relicario que, xunto co cáliz, se expón pra a contemplación dos fieis que acoden á Igrexa de Santa María no Cebreiro. Os peregrinos alemáns espallaron o milagro e Wagner incluíuno na súa obra Parsifal. Fálase tamén do milagro que obrou Deus no mar polo Apóstolo Santiago, antes de chegar o seu corpo a Iria Flavia. O milagro ocorreu cando os discípulos de Santiago estaban xa nas costas de Galicia, probablemente á altura de Bozas, en Vigo. Había en terra unha grande festa xa que estaban a celebrar un casoiro. Estaban a se divertiren na praia e vendo o noivo unha embarcación en perigro, non dubidu en procurarlles axuda e montado nun cabalo adentrouse no mar, con tan mala fortuna que un golpe de mar levounos para o fondo. Logo dun tempo no que xa todos pensaban que afogaran, apareceron o cabalo e o noivo a carón da embarcación que querían socorrer, que en realidade era a que trasportaba o corpo do Apóstolo Santiago, todos cubertos de vieiras. Unha voz explicoulles que de agora en

42


diante as “cunchas de Santiago” pasarían a ser as insignias coas que andarían adornados os devotos e peregrinos de Santiago. No século XIV peregrinou a Santiago de Compostela Hugonell, un mozo alemán acompañado dos seus pais. Atopándose en Santo Domingo da Calzada (A Rioxa), no mesón no que se hospedaban, foi acusado inxustamente pola filla do pousadeiro dun roubo que non cometeu. Foi declarado culpable e condenado á forca. Os pais non podenfacer nada por el máis que rezarlle a Santiago. Ao achegárense ao corpo aforcado do seu fillo para se despediren oen como este lles fala dende a forca e dilles que está vivo pola graza do Santo. Os pais, felices, vanlle contar a nova ao correxidor quen xusto nese intre estaba a cear unhas aves. O correxidor búrlase do que oe e di: “O voso fillo está tan vivo como este galo e esta galiña que me dispoñía a comer antes de que me importunarades”. Nese momento, as aves brincan do prato e póñense a cantar e a cacarexar ledamente. Parece ser que de aí vén o dito popular En Santo Domingo da Calzada, cantou a galiña despois de asada. En Ponte a Raíña, lugar no que conflúen os dous camiños que veñen dos Pirineos: o de Somport e o de

43


Roncesvalles, na ponte dos peregrinos, a que mandou edificar a raíña dona Maior, esposa de Sancho III o Maior, de Navarra, nun lugar de moi difícil acceso, había unha imaxe da Virxe. Nas datas nas que se celebraba algo importante para a cidade ou para o resto de Navarra sempre acodía un paxariño que mollba as súas ás no río e con elas lavaba a imaxe e desois co peteiro quitaba a restante porquería.

44


9. Outros santuarios de peregrinación.

Xerusalén e Roma. Xunto con Santiago de Compostela, Xerusalén e Roma foron os destinos principais para os peregrinos. Xerusalén é cnsiderada unha cidade sagrada para as tres grandes relixións monoteístas: o xudaísmo, o cristianismo e o islam. Os peregrinos a Xerusalén eran denominados palmeiros, xa que os que logranban regresar, facíano con palmas. As perigrinacións a Xerusalén e Terra Santa existían dende a antigüidade debido a que nestas terras foi onde viviran as personaxes sagradas do Novo Testamento e onde Cristo morreu para a salvación da humanidade.

Os que ían a Roma chamábanse romeiros. O seu obxectivo era alcanzar a basílica de San Pedro e a visita dos sepulcros de San Pedro e San Pablo. Ademais, Roma ten numerosas igrexas con reliquias de santos e

45


mártires da antigüidade. A principal ruta de acceso a Roma foi a Vía Francíxena que partía de Canterburi e atravesaba de noroeste a sureste Francia e Suíza, para penetrar en Italia polos Alpes. Iniciouse a partir da visita do arcebispo de Canterburi, Sixerico o Serio a finais do século X e os seus escritos coa descrición das etapas. Tamén existiron camiños alternativos para chegar ao lugar de enterro do sucesor de Cristo na Terra. O momento máis importante das peregrinacións a Roma comeza en 1300 ao proclamar o papa Bonifacio VIII a indulxencia plenaria aos romeiros.

A Catedral Basílica da Nosa Señora do Pilar, Zaragoza. A Virxe do Pilar é a patroa da Hispanidade e tamén da Garda Civil. Venérase na Basílica do Pilar en Zaragoza.

46


A lenda relata que no ano 40 a Virxe aparecéuselle a Santiago o Maior en Caesaraugusta. Como testemuño da súa visita esta deixou una columna de xaspe, coñecida popularmente como “o Pilar”. En torno a este piar, o propio Santiago e os sete primeiros convertidos da cidade edificaron un primeiro santuario.

O santuario orixinario foi ampliado e reconstruído ata chegar a se converter nun importante templo barroco. As obras iniciaronse en 1681 e rematáronse en 1730. Do antigo santuario románico soamente se conserva o tímpano da igrexa, colocado na fachada sur. A Catedral Basílica da Nosa Señora do Pilar articúlase sobre tres naves de igual altura cubertas con bóveda de canón. O exterior é de ladrilllo, seguindo a tradición de construcción aragonesa. O interior está revocado en estuco. O altar está presidido por un retábulo da Asunción. Baixo una das tres cúpulas dispúxose a Capela da Virxe do Pilar.

47


A Basílica da Covadonga, Asturias.

Nosa

Señora

de

A Virxe de Covadonga, coñecida popularmente como a Santina, e unha imaxe da Virgen María que se atopa nunha cova en Covadonga, concello de Cangas de Onís, Principado de Asturias. É a patroa de Asturias. A talla actual –a primitiva perdeuse nun incendio- data do século XVI e foi doada pola Catedral de Oviedo en 1778. A Basílica foi levantada entre 1877 e 1901. É de estilo neorrománico e construida íntegramente en pedra caliza rosa. Substitúe a outro edificio antigo que foi pasto do lume en 1777. A talla da Virxe é de madeira poicromada cuberta de roupaxe e manto. O manto está pintado nunha cor azul verdosa adornado con flores vermellas. A Virxe suxeita o Neno Xesús na súa man esquerda e na dereita suxeita una flor. Foi coroada canónicamente en 1918, coincidiendo co duodécimo centenario da histórica batalla de Covadonga.

O

Mosteiro

de

Montserrat,

Cataluña. A Virxe de Montserrat, coñecida popularmente como “A Moreneta" é a patroa de Cataluña.

48


Converteuse nun punto de peregrinaxe para os crentes e visita obrigada de turistas.

49

Segundo a lenda, a primeira imaxe da Virxe de Montserrat atopárona uns nenos pastores cara ao ano 880. Logo de ver una luz na montaña, econtraron una imaxe da Virxe nunha cova. Cando o bispo se enterou quixo transladala ata Manresa, mais foi imposible xa que a estatua pesada demasiado. Esa circunstancia foi entendida polo bispo como odesexo da Virxe de permanecer naquel lugar. Ordenou a construción da ermida de Santa María, orixe do actual mosteiro beneditino que se atopa na montaña de Montserrat, a 720 metros sobre o nivel do mar.


A imaxe que se venera na actualdade é una talla románica do século XII realizada en madeira de álamo. Representa á Virxe co neno sentada no seu colo. Na súa man dereita sostén una efera que simboliza o universo. O neno ten a man dereita levantada en sinal de benzón mentres que na esquerda sostén una pina. A talla mide uns 95 centímetros de altura. Agás a cara e as mans de María e o neno, a imaxe é dourada. A Virxe, sen embargo, é de cor negra; de aí venlle o apelativo popular de “moreneta”.

Capela de Cedeira, Galicia.

San

Andrés

de

Teixido,

A capela de San Andrés é o santuario ao que vai de morto quen non foi de vivo. É un templo cacterístico do gótico mariñeiro. A nova fachada e a torre do campanario construíronse en 1781. A capela maior data de 1789. Os romeiros tiñan o costume de tirar unha pedra nos milladoiros que se atopaban a ambos os dous lados do camiño para verificaren que tiñan cumprida a súa promesa de visitar a San Andrés.

50


A tradición indícanos que debemos facer a romería en vida, levando unha pedra que depositaremos nun dos milladoiros. Debemos beber na fonte dos tres canos e botar na auga un anaco de pan. No caso de que non se afunda, traerá a boa fortuna á nosa vida, cando menos durante un ano. O que non se ofreceu a San Andrés e non foi de vivo, debera ir de morto. Para esa viaxe deberá contar coa axuda de dous familiars que acompañarán na viaxe a alma do finado. Antes, deberán ir ao camposanto onde repousa o morto paa pedírenlle permiso á súa alma para iniciar a viaxe.

51


Santuario da Nosa Señora da Barca, Muxía, Galicia. O Santuario foi construído en 1719, aínda que sufriu reformas posteriores. Ten unha nave de planta de cruz latina. A fachada ten dúas torres, construídas en 1958, con dous corpos de arcadas. No seu interior alberga os sartegos dos condes de Maceda, que foron

os que financiaron a obra, e varios retábulos. É un dos santuarios máis antigos de Galicia; a el acoden unha gran cantidade de romeiros. A tradición conta que cando Santiago Apóstolo predicaba por Fisterra e sufría penalidades e desalentos, aparecéuselle a Virxe nunha barca de pedra guiada por ánxeles. Como testemuño desta aparición está a barca, coñecida como "Pedra de Abalar" e a vela, "Pedra dos Cadrís", que cura o reúma a todos os que pasen por debaixo dela.

52


Santuario da Nosa Señora de Fátima, Portugal. A coñecida Virxe de Fátima aparecéuselle a tres nenos pastores en Fátima, todos os días 13 dende maio a outubro de 1917 (con excepción do mes de agosto, xa que a aparición foi o día 19).

Lucía dos Santos, de dez anos, e os seus curmáns Xacinta e Francisco, de seis e nove anos respectivamente, contan que sentiron o reflexo dunha luz que se aproximaba e viron como una señora vestida de branco xurdía dunha encina. Os nenos aseguraron que se trataba da Virxe María e que lles pediu que regresaran ao mesmo lugar o día 13 de cada mes durante seis meses. Os días seguintes, os nenos voltaron, pero neste caso seguidos por milleiros de persoas que os acompañaban. Unha das recomendacións da Virxe foi o rezo do Rosario; de aí lle

53


vén tamén a denominación da Virxe do Rosario. No tempo que sucederon as aparcións, a Virxe realizou varias profecías e entregou tres mensaxes coñecidas como “os tres segredos de Fátima”. O actual Santuario de Nosa Señora do Rosario de Fátima recibe anualmente catro millóns de peregrinos.

Basílica de Nosa Señora de Lourdes, Francia. O Papa Pío IX deulle o título de Basílica en 1874. Lourdes é un dos lugares de maior peregrinaxe domundo, millóns de persoas acoden anualmente e moitos efermos aseguran ser sandados nas súas augas milagreiras. A festa de Nosa Señora de Lourdes celébras o día da súa primeira aparición, o 11 de febreiro. O espazo que compón este inmenso lugar ten 52 hectáreas con 22 lugares de culto. Máis de 30 sacerdotes transitan polo santario para recibir e acompañar a peregrinos e celebrar e administrar os sacramentos. Pertencen a catro congregacións relixiosas. Ademais, existen cinco comunidades femininas que están tamén ao servizo do santuario.

54


55

O 11 de febrero de 1858, Bernadette, unha nena de catorce anos, recollía leña nos arrabaldos de Lourdes, cando achegándose a unha gruta, viu a unha señora vestida de branco, cos seus pés descalzos cubertos por dúas rosas douradas que parecían apoiarse sobre as polas dunha roseira, no seu van tiña unha fita azul, as súas mans xunta estaban en posición de oración e levaba un rosario. Esta foi a primeira das 18 aparicións. Na novena, a señora mandoulle á nena beber e lavarse os pés na auga dunha fontenla no fondo da gruta. Aí apareceu o primeiro manancial de auga milagrosa.


Basílica da Nosa Señora de Guadalupe, México. A basílica de Nosa Señora de Guadalupe, o segundo santuario católico más visitado do mundo (despois da Basílica de San Pedro no Vaticano), con máis de 14 millóns de visitantes todo o ano en innumerables peregrinacións dende todas as partes do país. O gran templo no que se venera a Vrxe de Guadalupe atópase no norte da cidade de México.

De acordo coas crenzas católicas, a Virxe de Guadalupe aparecéuselle no 1531 catro veces a Juan Diego Cuauhtlatoatzin no cume do Tepeyac. Logo da cuarta aparición, a Virxe ordenoulle a Juan Diego que se presentara ante o primeiro bispo de México para construír o santuario. Como testemuño da aparición, Juan Diego presentouse cun ramillete de rosas acabadas de cortar, flores que non se coñecían no lugar.

56


Santuario de Luján, Arxentina. Antonio Farías Sáa era un rico terrateniente de Santiago do Estero que quería colocar na súa facenda unha capela para a Virxe. Encargou en Brasil dúas imaxes que representaran a Inmaculada Concpción de María. En maio de 1630 as imaxes chegaron a Luján (a 67 km de Bos Aires) procedentes de Sao Paulo. Os carreteiros que transportaban as imaxes non puideron proseguir a súa viaxe por máis que colocaran máis bois para tiraren do carro que levaban as dúa pequenas imaxes. Retirou unha imaxe e os bois puideron proseguir o seu camiño. Foi ese sinal inequívoco de que o desexo da xa Nosa Señora de Luján escollera o lugar no que quería permanecer. A noticia correu por toda a rexión e pouco a poucoa aldea Pobo de Nosa Señora de Luján foi medrando ata se converter nunha populosa poboación. O santuario é de estilo gótico. Está construído en pedra labrada e conta con dúas torres de 100 m de altura. Cada 8 de decembro, e cada primeirosábado de outubro, miles de peregrinos marchan a pé cara á basílica de Luján dende a cidade de Bos Aires.

57


10. Santos peregrinos.

San Francisco 58

Francisco de Asís (Italia, 1181/1182) foi fundador da orde franciscana. De ser fillo dun rico comerciante da cidade na súa mocidade, pasou a vivir baixo a máis estrita pobreza e observancia do Evanxeo. En Exipto, intentou infrutuosamente a conversión de musulmáns ao cristianismo. A súa vida relixiosa foi austera e simple, polo que animaba aos seus seguidores a facelo de igual maneira. A peregrinación de Francisco de Asís a Santiago sitúase no ano 1214, se ben hai quen dubida da súa estadía en Compostela. Francisco de Asís veu imposibilitado o seu proxecto de anunciar o evanxeo aos musulmáns. Non podendo embarcar con rumbo a Siria, emprendeu o seu regreso a Italia seguindo dende Cidade Rodrigo o Camiño de Santiago, ben pola súa devoción a Santiago, ben por tomar o camiño máis coñecido da cristiandade. Outras tradicións falan de que San Francisco entrou en España polo camiño aragonés.


Santo Domingo. Domingo García, coñecido como Santo Domingo da Calzada. Padrón dos enxeñeiros civís. Fillo dun labrego. Logo do falecemento de seus pais intentou ser admitido nos mosteiros beneditinos de Valvanera e San Millán da Cogolla, pero non o conseguiu. Tras este fracaso retirouse a un lugar afastado levando unha vida contemplativa ata 1039. O bispo Gregorio outorgoulle a ordenación sacerdotal. Xuntos construíron unha ponte de madeira sobre o río Oxa para facilitar o paso dos peregrinos cara a Compostela. Tras morrer Gregorio, volveu ao seu lugar de retiro onde emprendeu un labor de colonización. Talou bosques, roturou terras e comezou a construción dunha calzada de pedra que supuxo unha desviación do camiño tradicional pola calzada romana entre Logroño e Burgos, pero que se converteu, a partir de entón, na ruta principal entre Náxera e Redecilla do Camiño. Por este labor é coñecido como Domingo da calzada. Para mellorar as condicións dos peregrinos que empezaron a transitar a nova calzada, substituíu a ponte de madeira que construíra con Gregorio por unha máis robusta de pedra, e construíu un complexo integrado por hospital, pozo e igrexa, para atender as necesidades dos viaxeiros, onde na actualidade se atopa a Casa do Santo, utilizada como albergue de peregrinos.

59


Alfonso VI de Castela responsabilizoun das obras viarias que se realizaban ao longo do Camiño de Santiago. As boas obras de Santo Domingo en favor dos peregrinos de Santiago non semellan cesar coa súa morte xa que varias miragreiras curacións de peregrinos ocorridas na vila atribúense á súa influencia.

San Roque. San Roque naceu, segundo a tradición, en Montpellier en 1295 e foi un peregrino que se desprazou a Roma. Hai quen tamén o sitúa en Santiago de Compostela, a pesar de que é pouco probable. Recorreu Italia e dedicouse a curar a todos os infectados da peste. Faleceu en 1327 en olor a santidade. A súa devoción estendeuse moi rápido a partir do século XV. Dende Venecia estendeuse o culto cara ao mundo xermánico e aos Países Baixos. Toda Europa e incluso América Latina están salferidas de templos dedicados a San Roque. O seu santoral é o 16 de agosto. Santo protector ante a peste e andazos, a súa intervención era solicitada polos habitantes de moitas vilas e, ante a desaparición da peste estas recoñecían a súa intervención polo que era nomeado Santo padrón da localidade.

60


San Rafael. San Rafael Arcánxel é o que cura. É o arcánxel que está preto dos homes para aliavialos na súa dor e sufrimento. É o que asiste e axuda os peregrinos no camiño. Aparece representado coa vestimenta do peregrino, caxato e cantimplora. Tamén co peixe do que sacou a fel para curar ao pai de Tobías.

San Amaro. Foi Amaro un varón nobre galego que dedicou a súa herdanza para fundar hospitais que sandasen enfermos, asilos para lles procurar compaña e atención aos anciáns e mosteiros para lle render culto e oración ao noso Señor. Pertrechou unha embarcación para lanzarse á busca do paraíso, único ideal da súa vida cristiá. Pasou días, meses e anos pregándolle a Deus que lle permitise acadar o seu desexo. Deus compadeceuse del e mais da súa tripulación e trazou que chegasen a un seguro e acubillado porto nun lugar descoñecido para el. Amaro sentiu que chegara á terra buscada e deixou a súa tripulación naquel porto ao que lle puxo o

61


seu nome. Adentrouse en terra sen outro apoio que o dun caxato de toxo. Ante si apareceu unha grandiosa serra e por máis que camiñaba día e noite, semellaba que nunca chegaba ao seu cume. A pesar das moitas dificultades que o camiño lle opoñía por fin chegou ao cume do monte, dende o que albiscou un florido e fermoso val. Cando chegou descubriu un muro que pechaba un inmenso xardín. Golpeou timidamente co seu báculo a porta que daba acceso ao que con toda seguridade era o paraíso buscado. Un vello de poboada barba branca acudiu á chamada e docemente preguntoulle quen era aquel que ousaba perturbar a paz daquela santa mansión. Amaro pregoulle que o deixara pasar aínda que somentes fose un anaquiño para contemplar o paraíso. O patriarca Henoch, que así se chamaba o ancián, fíxolle saber que a súa demanda non podía ser atendida xa que ningunha persoa mortal podía entrar no lugar no que habitan os xustos e benaventurados. Mais Amaro faloulle do obxecto da súa viaxe. O vello patriarca, conmovido pola súa historia, e seguindo instruccións do Señor deixouno mirar por unha fenda da porta un intre. Aflixido polo pouco que durara a súa contemplación voltou en procura da súa nave e da súa xente. O camiño de volta durou moi pouco e, por máis

62


que miraba, non atopaba nin a embarcación, nin a súa tripulación. Pensaba que se equivocara de camiño. Agora aquel lugar illado no que deixara o barco e a tripulación era unha cidade. O porto estaba cheo de naves, e a cidade, de casas e de persoas. Sobresaían dúas torres enormes que xurdían dunha igrexa. Decidiu acudir á cidade. Ao beber nunha fonte viu reflectida na auga clara do manancial a súa cara. O seu pelo era branco, a súa barba longa e descoidada, o seu aspecto o dun ancián. Preguntou pola igrexa para ir orar e descubriu que estaba erixida en honra de San Amaro, o mesmo nome que lle puxeran á cidade, en memoria dun venerábel peregrino que trescentos anos atrás chegara a aquel porto apacíbel e que no mesmo día da súa chegada adentrárase no país en busca do paraíso e que nunca máis del se soubera. A tripulación seguiu agardando por el e puxeron os cimentos da cidade xa no primeiro aniversario da chegada. Agora, cada ano celebraban o progreso da cidade e recordaban o seu fundador: San Amaro, aquel peregrino ao que xa consideraban santo. Así Amaro entendeu o grande que é o poder e a sabedoría de Deus e como este llo amosou no que el considerou un intre, un intre de trescentos anos. Logo de achegarse á igrexa e postrarse ante a Santidade de Xesús Sacramentado, antes de repousar definitivamente, relatoulles aos fieles polo miúdo todo o que lle acontecera para louvanza eterna do Señor.

63


San Xulián o Hospitalario. Padrón de remeiros, barqueiros, peregrinos e hoteleiros. De acuerdo coa lenda, Xulián foi un cabaleiro que ao volver dunha cacería descubriu durmindo no seu leito a unha parella. Pensando que se trataba dun adulterio, matounos aos dous. Logo decaouse de que realmente matara os seus pais. Fuxiu coa súa esposa pra expiar os seus pecados. Viviu nas beiras dun río e axudaba como barqueiro a todos os que por alí pasaban.

Santa Isabel de Portugal. Santa Isabel ou Isabel de Portugal, raíña de Portugal dende 1282 ata 1325, era filla do rei Pedro III de Aragón e de Constana de Sicilia. Muller moi devota dende a infancia. Casou co rei Dionisio I de Portugal. Como raíña dedico gran parte do seu tempo en atender a enfermos, vellos e esmolantes. Ordenou construír hospitais, escolas gratuítas e refuxios para orfos. Tamén varios conventos. Cando enviuvou, renunciou ás súas riquezas e entrou nun convento. Viaxou a Santiago de Compostela para recibir o hábito da orde das clarisas.

64


San Guillermo San Guillermo de Vercelli naceu en 1805 en Italia. Poucas ousas se saben da súa infancia. Cando era mozo fixo unha peregrinación a Santiago de Compostela, pero dun xeito diferente: cargouse de cadeas que case non podía arrastrar. Adoitaba dicirlle aos monxes que trataban de imitar a súa vida de mortificación, oración, sacrificio, axuda e conversión dospecadores: “Cómpre que a través do traballo das nosas mans nos procuremos o substento para o corpo, as vestimentas aínda que probres e medios necesarios para socorrermos os pobres. Pero iso non nos debe ocupar todo día, xa que deberemos encontrar tempo suficiente para o dedicar ao coidado da oración coa que gañaremos a nosa slvación e a dos nosos irmáns”. Fundou un célebe mosteiro e purificou a corte e os pazos facendo que príncipes e labregos seguisen o seu exemplo. Morreu en 1142.

65


11. Léxico do camiño.

Ábsida: Parte sobresaínte, normalmente semicircular, da fachada posterior dunha igrexa que forma a súa cabeceira e na que antigamente estaban o presbiterio e o altar. Tamén recibe o nome de ousia. Acibecheiro: Persoa que traballa o acibeche, variedade do lignito, dura e compacta, de cor negra moi brillante. Alfaia: Obxecto de adorno fabricado con metais e pedras preciosas; xia. Alfaiate: Persoa que se dedica á confección de traxes de home; xastre. Arquivolta: Conxunto de molduras que, a maneira de faixa curva, forman a cara exterior frontal dun arco. Conxunto de arcos inscritos uns noutros que artellan unha portada abucinada. Báculo: Pau ou caxato longo para apoiarse. Caxato cerimonial que levan os bispos, abades e abadesas como símbolo de autoridade. Poste alto co extremo curvado para colocar anuncios, lámpadas. Persoa ou cousa que serve de axuda ou apoio nunha circunstancia adversa. Bóveda: Obra arquitectónica de forma arqueada que cobre un espacio entre muros, piares ou columnas.

66


Estrutura anatómica convexa pola súa parte superior e cóncava pola inferior, coma a do cranio. B. de abano, aquela na que os nervios semellan varas de abano. B. de aresta, a resultante do cruzamento perpendicular de dúas de canón. B. Vadía, a esférica cortada por catro planos verticais e perpendiculares entre si. B. De canón, a orixinada polo desprazamento lonxitudinal dun arco apuntado. B. Claustral ou esquifada, a formada pola intersección de dúas bóvedas de canón sobre un soporte continuo, cadrado ou rectangular. B. Estrelada, a de forma de estrela. B. De forno, a de cuarto de esfera. B. Celeste, o ceo, o firmamento. B. Cranial, a parte superior do cranio. Bordón: Bastón ou caxato de peregrino de altura superior a unha persoa, que lle serve de apoio mentres camiña. Bula: 1. Documento pontificio, relativo a materia de fe ou de interese xeral, expedido pola cancelería apostólica e autorizado polo selo do seu nome estampado con tinta vermella. 2. Trato preferente que se lle conced a unha persoa; beneficio, prvilexio. Cabido: Comunidade de eclesiásticos capitulares dunha igrexa. Campa: 1. Lousa ou pedra que cobre unha sepultura. 2. Peza longa de pedra,disposta horizontalmente,que cobre unha anta ou dolmen; lousa, tampa, tampella. Canzorro: 1. Peza arquitectónica que sobresae do plano vertical dunha parede para termar do peso dunha solaina, dun balcón, dos beirais do tellado, etc.; poden

67


ser de pedra ou de madeira e en moitas casas van decorados con figuras de animais ou con algún símbolo. 2. Vara gallada que se utiliza para colgar os porcos antes de cortalos. 3. Poste sobre o que xira a porteleira. 4. Taco cravado na parede para pendurar obxectos. Carreiro: Camiño estreito para o paso dunha persoa. Castro: 1. Aldea ou recinto fortificado da Galicia prehistórica (séc. VI a.C. ó I d.C.) que presenta unha estrutura oval ou circular de carácter defensivo, provista dun ou varios muros concéntricos xeralmente rodeados de candanseu foxo; adoitaban estar situados no cume ou na ladeira dos outeiros; citania. 2. Outeiro no que queda algún vestixio de tales contrucións; citania. // pl. 3. Mollos que están na parte interior do palleiro ou meda. C.romanizado, o que se presenta con influencias romanas sobre todo coa inclusión da planta rectangular. Caxato: Vara ou bastón coa empuñadura curvada que serve para apoiarse. Cenobio: Comunidade de frades. Mosteiro, edificio ou lugar no que habitan esas comunidades. Reunión en colonias de organismos vexetais ou animais unicelulares que se manteñen unidos nun conxunto de formas para cada especie. Códice: Manuscrito antigo que se presenta en forma de libro encadernado. Confraría: Asociación de persoas, especialmente con fins relixiosos; congregación. Conxunto de persoas que

68


exercen a mesma profesión ou que teñen as mesmas ideas e sentimientos. Lugar onde se reúnen os mariñeiros. Congostra: Camiño de carro estreito e fondo que discorre por terreo irregular entre valados, sebes ou cómaros; corga, corgo, córrago, corredoira. Carreiro de paso. Corredoira: Camiño de carro estreito e fondo que discorre entre valados; congostra, corga, corgo, corrágo, corredoiro. Camiño estreito serve de paso dun lugar a outro ou dunhas leiras a outras; carreiro, congostra. Cúpula: Elemento arquitectónico que se emprega para cubrir un espazo de planta circular ou poligonal. Ten forma característica de cunca. Normalmente cobre o espazo que se produce no cruzamento dos brazos da cruz que conforman a planta dunha igrexa, catedral… Compostelana: Certificado que acredita que se ten realizado o Camiño de Santiago. Déan: Dignidade catedralicia inmediatamente inferior á de bispo, cóengo que preside o cabido nas igrexas catedrais. Diocese: División administrativa do imperio romano. Demarcación territorial baixo a xurisdición eclesiástica dun bispo; bispado ( parroquia pertencente á diocese Tui-Vigo).

69


Dolmen: Palabra bretona que significa “mesa de pedra” e que se corresponde coa galega anta: primitiva construción monumental pétrea de carácter funerario, do período megalítico ( 4º e 3º milenio a.C.), ás veces recuberta por un túmulo que a oculta, formada por varias pedras verticais xigantescas chantadas na terra e unha ou varias laxes horizontais que lle serven de cuberta ; anta, arca, pedra moura. Fachada: Aspecto exterior dun edificio por cada un dos lados que pode ser mirado. Parte exterior e xeralmente principal dun edificio. Portada dos libros. Aspecto externo dunha persoa; aparencia, facha. Gremio: Corporación profesional de artesáns dun mesmo oficio que se asocian para defender os seus intereses e facilitar o control da súa produción por parte dos poderes públicos; confraría. Conxunto de persoas que teñen ou pertencen a unha mesma profesión (o gremio de comerciantes). Mainel: Elemento arquitectónico que divide verticalmente unha porta ou ventá en dúas metades iguais. Ventá. Xeralmente de pequeno tamaño, que se abre no tellado ou no alto dunha parede. Ventá de abertura vertical, na que a folla móbil baixa e sobe por unhas guías. Fiestra pequena da cociña. Mámoa: Túmulo ou sepulcro propio do período megalítico galego; está formado por un amoreamento de terra elevado de forma brusca sobre o terreo circundante, cunha planta circular ou oval, que no seu interior ten ou tivo unha tumba construída con grandes pedras,denominada anta ou dolmen, medoña, medorra,

70


modia. Mausoleo: Sepulcro suntuoso e monumental. Mendicante: Aplícase ás ordes relixiosas, e ós seus membros que fan voto de pobreza e viven da caridade pública. Persoa que se dedica a mendigar, a pedir esmola. Persoa pertence a unga orde relixiosa que obriga aos seus membros a faceren voto de probeza e a viviren da caridade pública. Mosteiro: Edificio onde viven monxes ou monxas en comunidade. Parteluz: Columna delgada que divide o oco dunha fiestra, porta ou van en dúas partes; montante. Pórtico: Espazo cuberto á entrada dun edificio, co teito sostido por columnas ou por arcos. Pichel: Vasilla con dúas asas, colo ancho e boca cunha apertura pequena e progresiva que se usa para conter e servir líquidos. Feito tradicionalmente de follalata. Retábulo: Obra de arte situada detrás dun altar. Pode estar construido en madeira, mármore ou incluso algún metal. O máis normal é que combinen cadros e figuras escultóricas. Son quizais os elementos máis relevantes na decoración interior das igrexas. Rosetón: Abertura circular na parede dunha catedral ou dunha igrexa, cerrada con vidreiras decoradas; é característica principalmente da arquitectura románica e gótica.

71


Sartego: Túmulo de pedra á beira da igrexa. Arca na que enterraban aos principais. A lápida estaba tallada e figuraban nela os elementos característicos da familia á que pertencía o finado. Tímpano: Espazo limitado entre o dintel e as arquivoltas da fachada dunha igrexa ou do arco dunha porta ou ventá. Tamén é definido dentro do espazo fechado do frontón dos templos clásicos. Tiraboleiros: Persoas encargadas de desprazar o botafumeiro na Catedral de Santiago de Compostela. Triforio: unha característica arquitectónica localizada en corredores centrais, logo por riba dos arcos que dan aos corredores. Formada por unha liña de fiestras, xeralmente geminate aberto na espesor das paredes. Vieira: Molusco lamelibranquio comestible da familia dos pectínidos, de valvas desiguais, unha plana e outra convexa, percorridas por pregues radiais. É a cuncha característica dos peregrinos. Xamba: cada unha das pezas verticais situadas aos dous lados do oco dunha porta ou dunha fiestra para soster a lumieira. Xexún: É a abstinencia dalgunha ou de todas as comidas, e nalgún caso tamén da bebida, durante un período de tempo. Xirola: A xirola é un elemento característico da arquitectura románica que logo se fixo extensivo á

72


gótica. A súa utilidade xurdiu coa peregrinación masiva aos lugares de devoción popular, cando unha multitude de fieis concorría nunha igrexa e se aprestaba a venerar as reliquias que nela se atesouraban. Este corredor proporcionaba a necesaria fluidez de circulación para que todos alcanzasen a reverenciar as sacras reliquias e para non interromper a cerimonia relixiosa que se puidese estar oficiando na capela maior.

73


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.