OS CONECTADORES Os conectadores son un tipo de marcadores que vinculan un fragmento do texto con outro anterior. Os conectadores relacionan tanto oracións no interior dun parágrafo como diferentes parágrafos entre si. Constitúen un mecanismo de cohesión textual. Poden pertencer a diversas clases de palabras: adverbios e locucións adverbiais ou conxuncións e locucións conxuntivas. Caracterízanse polos seguintes trazos:
Non admiten morfemas flexivos. Poden aparecer en posición inicial, medial ou final no enunciado, por máis que algúns ocupen adoito a mesma posición. Polo xeral, figuran entre comas ou despois dun punto, na lingua escrita, e adquiren unha entoación especial na lingua falada. Non desenvolven función sintáctica ningunha dentro da oración na que aparecen inseridos, xa que se trata de elementos externos a ela. Distingue: Non sabía se rir ou chorar. (ou, nexo). Parecedes uns larcháns. Ou é que non vos gusta bailar? (Ou, conectador).
Clasifícanse segundo o tipo de relación que establecen entre os contidos dos fragmentos que enlazan.
CLASES
DEFINICIÓN
EXEMPLOS
Marcadores aditivos
Acrecentan novas ideas na mesma liña argumentativa do texto previo.
Incluso, é máis, máis aínda, ademais, así mesmo, de igual forma, tamén…
Marcadores de contraste
Expresan a oposición entre dúas ideas.
Polo contrario, en troca, pola contra, pero, mais, iso si, porén, non obstante, agora ben…
Marcadores de consecuencia
Establecen unha relación de causa-efecto entre dous enunciados sucesivos.
Pois, por iso, por conseguinte, xa que logo, por tanto, daquela, de maneira que, así pois, entón…
Ordenan as distintas accións a que se alude nun texto.
Logo, despois, a seguir, a continuación, así mesmo, máis tarde, posteriormente…
Indican as distintas partes en que se organiza ou se distribúe un texto.
En primeiro lugar, en segundo lugar, por unha banda, pola outra, por último, finalmente…
Marcadores explicativos
Aclaran palabras, ideas ou expresións que apareceran anteriormente.
Isto é, ou sexa, é dicir, a saber, noutras palabras, mellor dito, de todas as maneiras, de todos os xeitos, en calquera caso, deste xeito…
Marcadores de concreción
Ilustran mediante exemplos as afirmacións ou ideas aparecidas con anterioridade.
Así, por exemplo, en especial, en particular, en concreto, nomeadamente…
Marcadores de contacto
Chaman a atención para a mensaxe que se transmite, reforzando os seus razoamentos.
Ho, home, muller, anda, mira, olla, non é?, non si?, sabes?, entendes?...
Marcadores temporais Marcadores de orde
Conectadores incorrectos A influenza do castelán está a causar que determinados conectores, nomeadamente de tipo textual, escoen no galego e para moitos falantes sexan habituais, aínda que non son correctos. Estes son os principais: *ASIMESMO: Debe ser substituído por ademais, alén diso.* EN CANTO: Debe ser substituído por así que, axiña que, da que. *POR CERTO: A propósito. *POR SUPOSTO: Debe ser substituído por certamente, sen dúbida, loxicamente; claro.*RESPECTO A: A forma correcta é a respecto de.*RESULTA QUE: Debe ser substituído por acontece/aconteceu que, pasa/pasou que, sucede que, é que.