PREPOSICIÓNS
e CONXUNCIÓNS poden agruparse dentro dunha clase especial de palabras (conectores) que só teñen valor e función estrutural ao relacionaren uns sintagmas con outros, e aínda que desde o punto de vista formal ofrecen idénticas características (a súa invariabilidade), cómpre atendérmolas por separado por mor das súas especificidades semánticas e sintácticas.
1. As conxuncións Ao igual que ocorre coa preposición, a conxunción é un tipo de palabra invariable que pode estar constituída por un único elemento, conxunción simple,(se, que, cando, e, ou, porque…), ou por varios elementos, conxunción complexa ou locución conxuntiva,(aínda que, para que, por conseguinte, sempre que…). En realidade o número de conxuncións é reducido, se ben este paradigma vese incrementado notoriamente pola transferencia de palabras provenientes doutras categorías (relativos, adverbios…) que pasan a asumir os seus valores funcionais e semánticos: cando, onde, como, por iso, por causa de que, mentres tanto, sempre que… As conxuncións poden establecer una relación de coordinación e de subordinación entre dous ou máis sintagmas, polo que hai conxuncións coordinantes ou coordinativas e subordinantes ou subordinativas. As conxuncións coordinantes: Segundo a relación lóxico-semántica que establezan as conxuncións coordinantes entre os sintagmas coordenados estas poden dividirse en:
Adversativas: (opón) pero, mais, senón, que, porén… sen embargo, aínda que, con todo, quitado que, sacado que…non obstante Copulativas: (suma) e, nin, mais… e mais Disxuntivas: (exclúe) ou, ou…ou Distributivas ou alternativas: (alterna) ou, ou…ou, ora…ora, ben…ben, xa…xa, cal…cal, que…que, volta…volta, nin…nin
As conxuncións subordinantes: Hai diferentes tipos de conxuncións subordinantes segundo a relación lóxica que establezan co núcleo do sintagma ao que modifican. Son as seguintes:
Causais: (Indican a razón ou motivo polo que se realiza a acción principal) porque, pois, que, como, xa que, posto que, por causa de, por mor de… Comparativas: (comparación) ca, (do) que, como, coma. Completivas: (introducen oracións subordinadas substantivas: quero que mo digas ti; preguntou se había exame) que, se. Condicionais: (Expresan unha condición para que se cumpra a acción principal) se, cando, con que, con tal (de), sempre que, a nada que, a non ser que, a menos que, sacando que, salvo que… Consecutivas: (Expresan unha consecuencia que se deduce do cumprimento da acción principal) (así) que, (así) pois, logo, por tanto, polo tanto, xa que logo, por conseguinte, entón, daquela, de xeito que… Concesivas: (Indican un obstáculo que dificulta a acción principal)aínda que, mesmo que, nin que, así, pese a que, por pouco que, por máis que, por moito que… Finais: (Indican a finalidade da acción principal) que, para que, a que, porque, a fin de que, a favor de que… Locativas: (circunstancia espacial) onde, onde queira que… Modais: (xeito, modo) (tal) cal, (tal) como, coma/como se, sen que, de modo que, de xeito que… Temporais: (circunstancia temporal) cando, mentres, en tanto, entre tanto, non ben, a penas, así que, axiña que, logo que, despois que, desde que, deica que, sempre que, cando queira que…