Relacións semánticas

Page 1

AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS A semántica é unha disciplina lingüística que se ocupa do significado das palabras. Entre os seus temas de estudo principais están os casos de sinonimia, homonimia, polisemia e campos semánticos. POLISEMIA: Unha mesma palabra ten varios significados. Teñen a mesma orixe, un só significante no seu étimo. Normalmente pertencen á mesma clase de palabras e hai algunha semellanza no seu significado. Unha única entrada no dicionario. Serra: 1. Instrumento cortante. 2. Sucesión de montañas. HOMONIMIA: Coincidencia formal de dúas palabras (dous significantes) orixinariamente distintas (étimos diferentes) con distintos significados. Xeralmente pertencen a diferentes clases de palabra. Non hai ningunha semellanza nos significados. Distintas entradas no dicionario: Golpe (colpu): pancada, choque / Golpe (vulpu): raposo. Dentro das palabras homónimas distinguimos: palabras homófonas, dúas palabras homónimas que se pronuncian de igual xeito aínda que se diferencian graficamente: baca/vaca, botar/votar. Palabras homófonas, dúas palabras que se escriben de igual xeito pero que se pronuncian de distinta maneira: bóla/bola; pé/pe. SINONIMIA: Dúas palabras coinciden nos seus significados. Debemos distinguir entre dúas clases: Perfectos ou absolutos, cando se dá a identidade total de significados: xabaril/porco bravo; bágoa/lágrima. Imperfectos ou parciais, cando non hai identidade total entre os significados e só son intercambiables nalgún contexto: cabelo/pelo; ancián/vello. ANTONIMIA: Prodúcese entre palabras que presentan oposición de significados. Hai tres tipos de antonimia: Complementaria, afirmar un termo implica negar o outro: entrar/saír; vivo/morto. Gradual, cando admiten gradación intermedia: grande/mediano/pequeno; frío/morno/quente. Recíproca ou inversa, implícanse mutuamente, se hai un, hai outro: mercar/vender; avó/neto; gañar/perder. HIPERONIMIA, HIPONIMIA E COHIPONIMIA: Son relacións de inclusión de significados; un significado está incluído noutro. Os hiperónimos son aquelas palabras xerais ou de maior extensión que abranguen a outras máis particulares ou específicas que se chaman hipónimos. Asento é o hiperónimo, banco, cadeira, sofá, son os hipónimos. Aos distintos hipónimos dun hiperónimo denominámolos cohipónimos. Banco, cadeira, sofá son cohipónimos do hiperónimo asento.

HIPÓNIMO

HIPERÓNIMO asento

cadeira

COHIPÓNIMO

banco

COHIPÓNIMO

sofá

CAMPO SEMÁNTICO: Conxunto de palabras que están relacionadas polo seu significado: Familia (pai, nai, avó, neta, fillo…).


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.