TEMA 3: As vangardas poéticas no primeiro terzo do século XX (Manuel Antonio, De catro a catro, 1928) veñen de tan lonxe como as horas do reloxe ...Pero tamén sabemos a maniobra dos navíos que fondean a sotavento dunha singladura ...No cuadrante estantío das estrelas ficou parada esta hora: ...O cadavre do Mar fixo do barco un cadaleito
INTENCIÓNS ...ENCHERÉMO-LAS velas ca luz náufraga da madrugada ...Pendurando en dous puntos cardinaes a randeeira esguía do pailebote branco ....................Cas súas mans loiras ....................acenan mil adeuses as estrelas
.....Fume de pipa......... Saudade .....Noite...... Silenzo.... Frío .....E ficamos nós sós .....Sin o Mar e sin o barco .....nós
...Inventaremos frustradas descobertas ...a barlovento dos horizontes ...pra acelerar os abolidos corazóns dos nosos veleiros defraudados ...Halaremos polo chicote dun meridián innumerado ...Na illa anónima de cada singladura esculcaremos o remorso da cidade .........Ela noitámbula desfollará .........como unha margarida prostibularia .........a Rosa dos Ventos do noso corazón
ADEUS .ENTRE a calima ...........................transpondo o meu ollar ...esquivouse o velame ...Deixounos a baía chea da súa ausencia e a mañá sen perspectiva
...Encadearemos adeuses de escuma pra tódalas praias perdidas ...Xuntaremos cadernos en branco da novela errante do vento ...Pescaremos na rede dos atlas ronseles de Simbad
...Agora en terra ...arredado de min mesmo por un océano de singraduras ...o vento da Ría vai virando a folla de cada emoción
...E cazarémo-la vela sobre o torso rebelde das tormentas pra trincar a escota dunha ilusión.
...-O Sol indiferente ...Serea augardentosa dos vapores ...Un retraio de fume no rompeolas da paisaxe ...As engrenaxes da grúa esmoen a mañán morna-
SÓS ...FOMOS ficando sos o Mar o barco e mais nós
...Debaixo dos meus pasos xorde o ronsel da Vila natal ...Ela cos seus brazos cheos de sono teima salvarme dun naufraxo antigo ...E os meus ouvidos incautos queren dormir no colo das cantigas vellas
...Roubánronnos o Sol ...O paquebote esmaltado que cosía con liñas de fume áxiles cadros sin marco ...Roubáronnos o vento ...Aquel veleiro que se evadeu pola corda floxa do horizonte
...Eu cacheaba tódolos segredos das miñas mans baleiras ...porque algo foi que se perdeu no Mar
...Este oucéano desatracou das costas ...e os ventos da Roseta ourentáronse ao esquenzo ...As nosas soedades
...... alguén que chora dentro de min por aquel outro eu que se vai no veleiro
11