USOS ESPECIAIS DALGÚNS DEMOSTRATIVOS

Page 1

USOS ESPECIAIS DALGÚNS DEMOSTRATIVOS 1- As formas aquel, aquela poden funcionar coma un substantivo e con diferentes significados: Ten moito aquel para xogar ó balón. ( Moito xeito, moita graza ). Preparaba a comida con moita aquela. ( Con moito coidado ). 2- Ás veces úsanse os verbos aquelar e aqueloutrar, con significados moi diferentes segundo o contexto: Hasme aquelar esa radio, se fas o favor. ( Amañar ) Desde que se foi vivir fóra anda moi aqueloutrado. ( Preocupado ) 3- A contracción daquela é moi empregada e ten un dobre valor: Adverbial, equivalente a a entón : daquela bailábase doutro xeito. Valor de conxunción, co sentido de polo tanto: Non estudaches, daquela vas suspender. 4- Nisto, niso, nestas, nesas, con isto, con estas poden funcionar coma adverbios co significado de: entón, de repente, ó momento de acontecer: Prendín o televisor e nisto soou o teléfono. Estabamos na praza e nestas botouse a chover. 5.- A iso de adquire valor de aproximación temporal: A iso das oito verémonos na praza. 6.- Con estas, con estas, esta… teñen valores variados en función do contexto: Con estas non imos a ningures (teimas, pintas…) Esta si que foi boa (trola, situación…) Con estas non vas conseguir nada (substantivo, cousa extravagante)

VALORES ESPECIAIS DO POSESIVO 1.- As formas de meu, de teu, de seu, de noso, de voso, de seu, úsanse para expresar pertenza exclusiva ou calidade propia por natureza: Ten piso de seu (pertenza exclusiva ); É xeneroso de seu (ten esa calidade por natureza) 2- As formas cadanseu/s, cadansúa/s teñen un sentido distributivo: Xogaban con cadanseu balón; As mulleres levaban cadansúa cesta na cabeza. 3- Nalgunhas locucións podemos utilizar o posesivo feminino no canto da preposición de seguida de pronome persoal: Está detrás túa ( de ti ) 4- As formas de primeira persoa poden indicar familiaridade: Senta aquí, meu amigo. Meu canciño. 5- Usados con numerais poden equivaler a unha expresión que indica cantidade aproximada: Ata alí haberá os seus setenta quilómetros. 6.- Outros valores: - Os meus/teus/seus/nosos/vosos/seus equivale a “familiares, achegados…”: Os meus xa marcharon. - Anda a facer das súas (acción habitual). - O seu adquire carácter adverbial con valor de “bastante, suficiente”: Hoxe xa traballou o seu.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
USOS ESPECIAIS DALGÚNS DEMOSTRATIVOS by xoan seca - Issuu