BRÉTEMA EDLG IES Antón Alonso Ríos
Empezamos con moito amor... SAN VALENTÍN... EN FRANÇAIS (1º de ESO)
BRÉTEMA 17/18 O curso que remata foi para nós importante por moitas cousas, dende o cambio de nome (adeus, IES de Tomiño; ola, IES Antón Alonso Ríos), o remate do proxecto Erasmus #mémoire(s), o comezo do proxecto E-Dixgal no 1º ciclo da ESO, e outros moitos pequenos grandes cambios na nosa comunidade escolar. Alumnado e profesorado que chega novo, outro que se vai ao mundo, a outros lugares... e algunha ausencia, xa para sempre na nosa memoria: esta revista está dedicada á imborrable memoria do noso compañeiro Miguel Meruéndano.
3
BRÉTEMA 17/18
Índice 3. Editorial 5. Diferentes e por iso...especiais 6. O movemento sen terra 8. Bágoas de sangue 9. Sensibles absterse 11. O neno salvaxe 13. Economía 14. Je me souviens 15. Valise de mots 17. Intercambio epistolar 18. Lugares na memoria de Tomiño 24. Experimentando coa lingua: o rap 25. O día da árbore 28. Coñece as árbores 31. O mago Samu 33. Lingua e patrimonio 35. A brétema 36. Abril 37. Banda deseñada 38. Un antes e un despois 40. haprendendo 41. Deporte escolar 43. Imaxes na memoria 49. Músicas: Mitic 50. O valor de escoitar 51. Literatura, universal 55. A muller no franquismo: A Lola 57. Certame literario 60. Cousas que pasan 61. Os diplomas
4
O pracer de escribir
DIFERENTES E POR ISO… ESPECIAIS
Dende que era moi neno sempre me chamou a atención o comportamento de meu curmán. Era un neno diferente. Só podía velo nas vacacións de verán porque vivía lonxe. Pero non era como o resto dos nenos. Facía cousas que os demáis non facían: falaba con sons raros, berraba moito se estaba cabreado, cheiraba o pelo de súa avoa para recoñecela…Só se deixaba agarimar polas persoas coas que soía estar. E cando se enfadaba berraba e botaba a correr. Foi medrando e fíxose moi alto pero o seu comportamento non cambiou. Seguía sendo un neno pero nun corpo de xigante. Ata nos deu un gran susto unha vez que fuxiu e botou a correr e tivo que buscalo a Garda Civil. Todos tratabamos de que a súa vida fose o máis rutinaria posible. Tiña que seguir un horario e tomar a súa medicación para estar tranquilo. Eu non entendía por que se portaba así ata que me explicaron que tiña unha enfermidade que se chamaba “autismo”. Teño un amigo que tamén é diferente. Dende pequeno eu notaba que non tiña moitos amigos e que era un pouco desconfiado. Chamábame a atención que aínda que daba unhas explicacións moi lóxicas e que lle encantaban as matemáticas tiña problemas no colexio e necesitaba unha profesora só para el, que lle axudaba coas tarefas de clase. Tiña pequenos xestos que repetía moitas veces, como chiscar un ollo. Non lle gustaba que lle deess apertas. E casi non crecía porque coa medicación que lle daban non crecía como os outros nenos. Iso era moi triste porque nunha ocasión foi a un parque de atraccións e non daba a altura para entrar e tivo que mirar para os outros nenos. Agora xa creceu o suficiente para non sentirse pequeno. E agora sei, non hai moito tempo, que ten a enfermidade que se chama “Síndrome de Asperger”. A verdade é que teño a sorte de coñecer a dous rapaces diferentes pero moi especiais. Eu mesmo son diferente porque nacín cun problema de corazón. Fun operado cando era un bebé e aínda que a miña cabeza funciona correctamente, estou seguro de que se meu curmán ou o meu amigo botan unha carreira comigo eu non quedaría de primeiro. Pero non me importa.
Samuel Da Silva Rodríguez - 2ºB 5
O pracer de escribir
O Movemento Sen Terra BRASIL, un país do tamaño de Europa, con máis de 200 millóns de habitantes. Un dos maiores produtores agrícolas e gandeiros pero cun terrible problema: a desigualdade social. Un país onde ducias de millóns de persoas viven na pobreza ou nalgún caso en réxime de semi-escravitude, onde o pago polo seu traballo é só a comida. Nesta situación nace o MST, unha organización para mellorar a calidade de vida dos máis desfavorecidos. Pretende que se leve a cabo a Reforma Agraria (expropiación legal de terras improdutivas que se reparten para proporcionar un medio de vida). Como a Reforma Agraria non é apoiada por moitos dos propietarios destas terras improdutivas, a súa historia está chea de loita, ocupacións e vitorias.
QUEN SON? O Movemento Sen Terra está organizado en 24 estados nas cinco rexións do país. No total, son cerca de 350 mil familias que conquistaron a terra por medio da loita e da organización dos traballadores rurais. Mesmo despois de asentadas, estas familias permanecen organizadas no MST, pois a conquista da terra é só o primeiro paso para a realización da Reforma Agraria. CAL É A SÚA HISTORIA?
6
Nun país cunha das maiores superficies agrícolas do mundo, a terra non é so un dereito é unha garantía de vida. Amparados pola constitución brasileira de finais dos anos 80, este movemento ocupa latifundios improdutivos reivindicando o seu xusto reparto entre aquelas familias que o necesiten. Desta forma e cunha organización sempre asemblearia o MST foi ocupando millóns de hectáreas nos últimos anos e creando asentamentos con escolas e atención médica. Noutras palabras, os integrantes deste movemento conseguiron recuperar a dignidade roubada polos grandes latifundistas
e as oligarquías dominantes. Brasil, hoxe en día, aínda non tivo una verdadeira reforma agraria. O MASACRE DE ELDORADO Chámome Tania Maria Alves da Silva, e vou contar un pouco do que pasou un día de 1996. Estabamos acampado 3000 familias nunha facenda chamada Macaxera, pero como non había axilidade no proceso da desapropiacion da facenda, a militancia do movemento fixo una reunión e unha vez rematada, tomouse a decisión de facer unha marcha do campo á cidade. Camiñamos durante o día e a noite, acampabamos ao lado da estrada onde había mulleres, nenos, homes, anciáns... No terceiro día de andaina chegamos a un punto da estrada chamada “A curva do S”. Alí decidiuse quedar máis días, había un poboado, unha comisión da militancia foi ata a cidade a negociar co goberno sobre a desapropiación da terra, e eu lembro que ao non avanzar o proceso quedamos máis días no “campamento”. Recebemos ameazas do goberno obrigándonos a abandonar pero nós decidimos quedar. Un día pola tarde chegou un camión dun gandeiro, cruzouse no medio da estrada, duns autobuses empezaron a baixar policías con fusil R-15 e metralladoras, comezaron a disparar sen piedade mentres nós estabamos indefensos... Alí, eu embarazada de 6 meses, tiven unha perna queimada por unha bomba, e ollaba como executaban a algúns dos meus compañeiros. Ó pouco a policía colleu a todas as persoas feridas. Armados, arrodeáronos e dixéronnos: -Tedes cinco minutos para desaparecer! Botamos a correr, deron un tiro de metralladora ao ceo. Eu estaba co meu sobriño no campamento e separámonos, el tiña so nove anos, pero encontrámonos no medio da selva foi unha gran alegría. Empezamos a camiñar ata chegar a casa duns señores. Pedimos permiso para entrar, dende alí escoitaba os disparos. As sete da noite vin que non había mais disparos e decidín volver. Alí soamente había xente ferida. Como eu sempre levaba medicamentos púxenme a curar os meus compañeiros. Alí quedamos toda a noite. No día seguinte durmín nun plástico negro, cando despertei estaba rodeada de policías pero dixeron que non me asustase, que viñeran para coller probas. Ata o momento ninguén me volveu chamar. SON TANIA MARIA E SON UNHA SOBREVIVENTE.
Martín Mosquera Alves, 1º ESO D 7
O pracer de escribir
Bágoas de sangue Esta é a historia dunha nena chamada Mara que sabe ben o que é que se burlen dela por ter problemas fisicos. Todo comezou cando se cambiou de instituto. Ao principio pasouno moi mal porque no antigo instituto tiña moitos amigos que xa non volveria a ver. Os primeiros días vagaba soa polos corredores sen ninguén con quen pasar o día, pero coñeceu a Laura e rapidamente as dúas se fixeron inseparables. Un mes despois comezaron as burlas dalgúns compañeiros pero Mara non fixo caso. Pero un día unha nena chamada Nuria, visiblemente a mais popular da clase, invitou a Laura a unha festa na súa casa pero non a Mara, e esta non lle dixo nada á súa mellor amiga Laura por vergoña. Chegou o día e foron as dúas xuntas á festa. En canto Nuria abriu a porta mirou a Mara con cara de noxo e díxolle: -Ti que fas aquí? -Eeeeh...isto...vin con Laura- respondeu Mara. -Cariño aqui baleas coma ti non entran- di Nuria mentres todos se rin. -E ti, Laura, non virás con ela, non? -Non, non, claro que non. Como vou vir con bola de graxa, ha, ha, ha- e todos volven a rir e empezan a insultar a Mara mentres ela sae correndo cos ollos chorosos. Empeza a chover e ela camiña pola rúa mentres grandes bágoas esvaran polo seu rostro. Cando chega a casa non hai ninguén, todo está escuro, diríxese ao baño, lava a cara e mirase fixamente no espello. No reflexo deste mira unha navalla, de repente as voces dos seus compañeiros insultándoa retumban na súa cabeza, enche a bañeira de auga, quita lentamente a roupa e métese dentro dela, colle a navalla e empeza a facerse cortes. Mentres as voces dos seus compañeiros seguen retumbando na súa cabeza, ela desángrase lentamente. Ana Mourón Rey 1ºEso E
8
El placer de escribir
En la clase de Lengua castellana, una actividad que suele gustar mucho es la redacción de una historia que avanza semana a semana eligiendo entre las distintas continuaciones propuestas por el alumnado. Esto es lo que han hecho los alumnos de 1º A partiendo de un párrafo inicial propuesto por la profesora. El resultado no es apto para personas sensibles...
Con ese examen me jugaba la evaluación, pero era incapaz de centrarme. Miraba una y otra vez la mesa vacía de Andrea y me preguntaba qué le había pasado, por qué no había venido al instituto. La noche anterior, su último mensaje me había preocupado: “Tengo que contarte algo importante. Mañana hablamos.” Ese maldito mensaje me estaba matando. No dejaba de pensar en Andrea. ¿Qué le había podido pasar? Esa tarde me dirigí a su casa; las persianas estaban bajadas. Me puse nerviosa. Mi móvil estaba sonando: era ella. Le pregunté qué le había pasado y, con un hilo de voz, me dijo. —Hola. Mi familia y yo estamos recibiendo amenazas… Al oír aquello me asusté. Inmediatamente me fui corriendo a por mi madre, pero en ese instante Andrea me envió un mensaje diciéndome: “No se lo digas a nadie o nos matarán”. Al leerlo me eché a llorar. Comencé a encontrarme mal, hasta que me desmayé. Abrí los ojos y me encontré en casa de mi amiga, sin saber por qué. Me levanté lentamente. Sin pensármelo dos veces, fui hacia la puerta. Cuando iba a abrirla oí una voz: —No huyas —dijo. Asustada, me di la vuelta, pero no había nadie. Pensé que me lo había imaginado, pero cuando abrí la puerta, noté cómo una bala traspasaba mi costado. —Te lo dije —dijo aquella misteriosa voz. Después de oír aquello comencé a dejar de sentir las piernas, hasta caerme en el suelo. Entonces la voz volvió a hablar: —Tú y yo nos vamos a divertir mucho —dijo entre sonoras carcajadas. A pesar del dolor, me di la vuelta y vi a Andrea riéndose mientras sujetaba un cuchillo manchado de sangre. Me quedé pensativa por un instante y le pregunté. —¿Para qué te haces la víctima? Ella me contestó: —No me hice la víctima; me solté y maté a... el director. —¡¡¡¿Cómo?!!! ¿Por qué? —Porque llevo recibiendo sus amenazas de muerte desde 4º. Ella no era la mala, sino que me había salvado de una posible muerte. Yo le dije: —¿Por qué no me lo contaste? —Tenía mucho miedo. Él me dijo que si se lo decía a alguien mataría a toda mi familia. ¡Por eso no te lo conté! Debemos irnos de aquí cuanto antes —continuó—. Él me dijo que tenía un cómplice. También debemos llevarte a un médico. ¡Vamos! 9
Salimos de la casa y cogimos un taxi; era el señor Rogers, el taxista de la ciudad. —Hola, chicas. ¿Por qué Lucía está sangrando? —Seee...cortó con una chapa suelta del parque —le contestó Andrea—. ¿Podrías llevarnos al médico? —Claro —contestó. Por el camino, cerró las puertas. —¡¡Ábrenos!! —dijo Andrea. —¡No! —contestó. Resulta que el Señor Rogers era el cómplice. Entonces el señor Rogers sacó una pistola del bolsillo de su chaqueta y nos amenazó: —Como intentéis escapar, os pego un tiro entre ceja y ceja. ¿Entendido? Pero Andrea no le hizo caso y comenzó a moverse intentando atacar al señor Rogers. Este, rápidamente, le disparó en la cabeza. El cuerpo de Andrea cayó inerte en el asiento. Yo le grité: —¿Qué has hecho? ¿Por qué lo has hecho? Él no me contestó. Yo intenté reanimar a Andrea, pero ya estaba muerta; no había nada que hacer. De repente el coche se detuvo ante un viejo cementerio. Él me obligó a bajar. Le obedecí. Luego me condujo hasta una tumba y dijo: —Aquí enterraremos a tu querida amiga. Entiérrala, o te enterraré yo a ti viva. —¿Por qué lo haces? —dije yo.
—Tu amiga lo sabía todo. El día que te desmayaste te cogió; más tarde, mató al director. Por eso tuve que actuar. Todo quedaría hecho añicos por unas insolentes, entrometidas. Le propiné una patada que hizo que cayera inmóvil sobre una tumba. Cogí su pistola, por si acaso se despertaba. Yo no tenía ni la menor idea de cuál era mi ubicación, pero eché a correr buscando un pueblo o alguien que me llevase a un médico. Me estaba desangrando; el dolor era insoportable. Caminé hasta encontrar una carretera y continué caminando por la cuneta. Al poco tiempo de comenzar a andar, la herida de mi costado dejó de dolerme. Extrañada, seguí caminando. Una hora después me topé con una chica pelirroja de mi edad que estaba de espaldas. La llamé, pensando que podría dejarme hacer una llamada con su teléfono. Ella, al notar que le estaba hablando, se dio la vuelta. Horrorizada, vi que era Andrea. —Hola, Lucía —dijo ella. —Pero... ¡Tú estás muerta! —dije aterrada. —Tú también, desde hace una hora —contestó sonriéndome. FIN
Iván Almeida Rodríguez Laura Baquero Pereira Virginia Beiro Bernárdez Laura Calvo Calzado Mónica Martínez Barbosa
10
O Neno Salvaxe Marcos Rodríguez Pantoja foi abandonado no monte en 1954, cando só tiña 7 anos. Sobreviviu nunha cova de Serra Morena, durante 13 anos, sen contacto con outros seres humanos. É o único caso documentado de neno salvaxe en España. A infancia de Marcos estivo marcada polos malos tratos até que, con seis anos, o seu pai o vendeu a un terratenente. Este deixouno ao cargo dun cabreiro que morreu un ano despois. Illado e só, Marcos sobreviviu … entre lobos. Aos 19 anos atopouno a Garda Civil que tivo que atalo e amordazalo, xa que trababa e ouveaba. Apenas sabía falar, camiñaba a catro patas, descoñecía as convencións sociais e esquecera o seu antigo léxico. Aprendeu a andar, falar, vestirse e comer nun convento. Isto foi insuficiente para evitar os timos e enganos que sufriu cando foi integrado na sociedade. Hai 20 anos trasladouse a unha pequena aldea de Ourense, onde reside hoxe en día rodeado dunha corrente de solidariedade co seu caso. A súa historia foi levada ao cine en 2010 por Gerardo Olivares. “Entre lobos” conta a dura e extraordinaria vida deste neno salvaxe que, na actualidade, imparte charlas por centros educativos e asociacións culturais nas que transmite un profundo respecto pola natureza e a importancia da concienciación na defensa do mundo animal. Cruz Garrido, profesora de Historia
Fotogramas da película “Entre lobos” (Gerardo Olivares), que conta a historia de Marcos Pantoja
Vivir entre lobos Pensamos que o noso mundo é bo. Estamos satisfeitos e cremos que imos avanzando nesta vida cómoda na que nos movemos. Pero, que opina unha persoa que non coñece este mundo? que non medrou neste estilo de vida? Marcos é un home que, no seu momento, viviu entre lobos e, agora, vive neste evolucionado mundo e el díxonos… isto é un inferno! O ”neno salvaxe” veu darnos unha charla na que nos contou a súa vida entre lobos e a súa vida entre humanos. As súas palabras estaban cheas de autenticidade. Falaba desde a experiencia vivida e sorprendeunos a todos deixándonos abraiados. Contaba a súa historia sen esaxerar, xustamente o que lle pasara. De feito, dicía que na rodaxe da película “Entre lobos”, pedía que os feitos que se relataran, fosen exactos á realidade que el viviu, e que non era certo que se caese dunha árbore tan alta. En realidade, o vivido xa era forte, non era necesario acentualo. Sorprendente tamén, o que contou sobre os lobos. Tódolos contos infantís que amosan ao lobo coma un 11
animal perigoso, feroz , do que non te podes fiar… e con todo, el contábanos todo o contrario... eran a súa verdadeira familia. Cando rematou o encontro con Marcos tiven unha sensación de baleiro. Como se todos os problemas que tivera se quedasen en nada comparado cos que tivo el. Como se tódalas cousas polas que chorei na miña vida non fosen nada. Recordoume que sempre hai persoas con problemas maiores e máis duros. Na miña opinión, necesítanse máis charlas como esta, na que unha persoa con esa bagaxe de vida, lle lembra aos rapaces e rapazas a importancia de estudar, e que llo diga desde a experiencia de non ter acceso aos estudos no seu momento e as dificultade para ser independente hoxe en día. Unha persoa que nos fai valorar o que temos e que, tamén, pon en valor o mundo natural que nos rodea. Simplemente impresionante! María Fernández Iglesias 1ºESO D
12
A ECONOMÍA E O TEMPO DA MAN NUBES ECONÓMICAS 1º BACHARELATO- ECONOMÍA Os alumnos de 1º bacharelato fixeron unha exposición nos corredores da primeira planta do instituto coas fotos que eles mesmos fixeron ao finalizar cada tema de economía. As imaxes son a fonte de maior información nos nosos días, por iso buscamos plasmar a economía a través delas. A economía está presente no noso día a día a través do custo de oportunidade, a eficiencia, a ineficiencia, os recursos limitados ou a escaseza, as horas de estudo ou as horas de diversión, os bens complementarios e substitutivos, os incentivos,… como o tempo coas nubes, o sol o vento, as tormentas… Fixemos unha votación na aula, despois de que cada grupo explicase o porqué das súas fotos, a forma e que mensaxe querían transmitir. Aquí temos as mensaxes dos tres gañadores. Nati Iglesias
13
Como se de Georges Perec se tratase, os alumnos e alumnas de 1º Bac expresan en francés, e de maneira moi sinxela un recordo, unha imaxe, un instante no tempo da súa vida.
14
No encontro de Tomiño, os alumnos participantes no proxecto Erasmus crearon unha guía de viaxe francés/español. Esta guía tivo continuidade despois no resto dos encontros, coas diferentes linguas dos países participantes.
Français
Espagnol
Bonjour.
Buenos días, buenas tardes.
Bonsoir.
Buenas noches.
Bonne nuit.
Buenas noches (al irse a dormir).
Enchanté de vous connaître.
Encantado de conocerle.
À tout à l´heure.
Hasta luego.
Comment allez-vous?
¿Cómo está usted?
Excusez-moi.
Perdón.
Bien, merci.
Bien, gracias.
Comment vous appelez-vous/ Comment tu t´appelles
¿Como te llamas?
Je m´appelle …...
Me llamo ..........
Je suis galicien, espagnol,français, portugais, grec, allemand, italien
Soy gallego, español, francés, portugués, griego, alemán, italiano
S´il vous plaît.
Por favor.
Merci beaucoup/ bien. De rien.
Muchas gracias. De nada.
Je t’en prie.
De nada.
Pardon.
Perdón.
Au revoir/ salut
Adiós.
Je ne comprends pas
No entiendo.
Je ne parle pas galicien, espagnol,français, portugais, grec, allemand, italien
No hablo francés, griego, español, griego, alemán, italiano
Parlez-vous galicien, espagnol,français, portugais, grec, allemand, italien?
¿Hablas gallego, español, francés, portugués, griego, alemán, italiano?
Au secours !
¡Ayuda!
Aujourd´hui.
Hoy.
Hier.
Ayer.
Demain.
Mañana.
Combien coûte le billet pour, à ...?
¿Cuánto cuesta el billete para ….?
Combien ça coute?
¿Cuánto cuesta?
Où sont les toilettes ?
¿Donde está el aseo?
L’addition s’il vous plaît.
La cuenta, por favor.
Un billet pour ..., je vous prie.
Un billete para …, por favor.
Un taxi pour..., je vous prie.
Un taxi, por favor.
Essence.
Gasolina.
Diesel.
Gasoil.
Avez-vous des chambres libres?
¿Tiene habitaciones libres?
Où se trouve? La gare, la gare routière, l´aéroport, l´auberge jeunesse, l´hôtel,
¿Donde está? La estación de tren, de autobús, el aeropuerto..
Petit-déjeuner.
Desayuno..
Déjeuner.
Almuerzo.
15
Dîner.
Cena.
Je voudrais … de l´eau, jus de fruit, cocacola, du poisson, du jambon, des saucisses, du fromage, des œufs, une salade, des fruits, du pain, une bière /un vin blanc/un vin rouge
Quisiera … agua, un zumo de fruta, una cocacola, pescado, jamón, salchichas, queso, huevos, pan, una cerveza/ un vino blanco/un vino tinto
C’est loin?
¿Está lejos?
Parlez plus lentement, s’il vous plaît.
Por favor, hable más despacio.
Bon voyage.
Que tenga buen viaje.
Bonne journée!
Que tenga un buen día!
Prends garde.
Tenga cuidado.
Avec plaisir.
Con gusto.
Quel autobus va à…?
¿Qué autobus va a…?
Comment dit-on cela en galicien, espagnol,français, portugais, grec, allemand, italien
¿Cómo se dice eso en español?
Ça en fait rien.
No importa.
Où as-tu mal?
¿Dónde te duele?
Est-ce que tu prends des medicaments?
¿Tomas medicamentos?
Es-tu allergique à quelque chose?
¿Eres alérgico a algo?
Attention.
Cuidado, peligro.
Je veux louer une voiture, une maison,etc.
Quiero alguilar un coche, una casa, etc.
Quel âge as-tu?
¿Que edad tienes?
Je te présente à …
Te presento a …
D`où viens-tu?
¿De donde vienes?
À bientôt.
Hasta pronto.
Tu voudrais faire la fête?
¿Quieres ir de fiesta?
Tu veux sortir avec mes amis?
¿Quieres sdalir con mis amigos?
Laisse tomber!
¡Déjalo!
Ma voiture a une panne.
Mi coche tiene una avería.
Prends la première à gauche/a droite.
Toma la primera a la izquierda /a la dcha.
Va tout droit.
Sigue todo recto.
C´est un sens unique/interdit.
Es un sentido único/ prohibido.
Tourne à gauche.
Gira a la derecha.
Que prendrez-vous?
¿Qué tomareis?
Veux-tu une facture?
Necesita factura?
Tu vas à quel étage?
¿A qué piso va?
Nous sommes à cinq km de ...
Estamos a 5 km de ...
Je mets tout dans un sac?
¿Te lo pongo en una bolsa?
Combien de … désires-tu?
¿Cuántos … quieres?
Je réserve à quel nom?
¿A qué nombre la reserva?
Pour combien de personnes?
¿Para cuantas personas?
Pour combien de nuits?
¿Para cuantas noches?
Prends l’ascenseur!
Toma el ascensor.
Ta carte est refusée.
Tu tarjeta ha sido rechazada.
Nous en prenons pas de cartes de crédit.
No aceptamos tarjetas de crédito.
Comment payes-tu?
¿Cómo vas a pagar?
C´est épuisé.
Está agotado (un producto).
Nous n´échangeons pas.
No cambiamos.
Il faut réserver.
Hay que reservar.
Ça coûte … euros.
Cuesta … euros.
16
Intercambio epistolar
O intecambio epistolar é unha actividade que vimos facendo dende hai varios cursos con distintos centros educativos de Galicia. Este ano os grupos participantes foron 4º ESO A e C, traballamos co IES A Pobra do Caramiñal e o día da xuntanza foi o 25 de maio. Os alumnos e alumnas dos dous centros tiveron ocasión de coñecerse en persoa, visitaron xuntos o museo de Pontevedra, pasearon pola cidade e deron a coñecer a súa terra con mochilas e marcapáxinas. Estes son algúns momentos da xornada.
17
Lugares na memoria
Mirador o Niño do Corvo
Dende el podemos divisar o esteiro do Miño, e toda a contorna que rodea Tomiño. Belvédère d’où l’on peut profiter de l’entourage de Tomiño. (Dans le cas de Niño do Corvo) Vues de l’estuaire du Miño et de la rive portugaise.
Fortaleza de San Lourenzo de Goián. Forteresse de San Lorenzo de Goián.
Foi construída no século XVII, e dende ela os veciños de Goián protexíanse dos ataques dos portugueses. Forteresse construite au XVIIe siècle, pour protéger les habitants des attaques des portugais. 18
O santuario de San Campio .
Santuario de influencia portuguesa. Foi construído en 1804, nel celébrase a romaría en honor ao soldado romano San Campio. Sanctuaire d’influence portugaise, construit en 1804, où l’on célèbre la procession en l’honneur du soldat romain San Campio.
Pedra Furada de Figueiró. Pierre Percée de Figueiró.
Na Pedra Furada, a meteorización química e a erosión do vento dan lugar a marabillosas formas na pedra. La météorisation chimique et l'érosion du vent sur la "Pedra Furada" sont à l'origine des formes merveilleuses de cette pierre. 19
Muíños do Porto de Vilameán. Moulins de Porto de Vilameán.
Os muíños hidráulicos do Porto de Vilamean foron construídos no século XIX . As familias herdaban o seu uso e organizaban as quendas para a súa utilización. Moulins hydrauliques, construits dans la moitié du XIXe siècle. Les familles héritaient son usage et organisaient son utilisation à tour de rôle.
Pazo-Torre de Tebra. Château-Tour de Tebra.
Estamos diante do conxunto renacentista da Torre e o Pazo de Tebra. A Torre actual é unha antiga fortaleza construída no século XVI Ensemble de la Renaissance composé de Tour et Château sur les hauteurs du Val de Tebra. La Tour actuelle est une ancienne forteresse construite au XVIe siècle.
Santa Mª de Tebra. Église romane de Sta María de Tebra. Igrexa do século XII que pertenceu á Orde de Malta. Église romane du XIIe siècle qui appartenait à l’Ordre de Malte. 20
Monte Tetón (Petróglifo de Portaxes). Mont Tetón (Pétroglyphe de Portaxes).
Estamos no Monte Tetón, onde hai probas rupestres que din que estas terras están habitadas dende hai mais de 4.000 anos. Aquí temos o petróglifo de Portaxes que destaca pola súa conservación e tamaño. L’exposition d’art rupestre au mont Tetón prouve que ces terres ont été habitées depuis plus de 4.000 ans. Le pétroglyphe de Portaxes se distingue par sa taille et son entretien.
Ponte Vella de Taborda. Pont vieux de Taborda
A Ponte Vella de Taborda é unha ponte romana sobre o río Cereixo que percorre o concello de Tomiño. Pont romain sur la rivière Cereixo, affluent du fleuve Miño, qui parcours la commune de Tomiño.
Escola Indiana “Aurora del Porvenir”. École Indienne “Aurora del Porvenir”. Escola Indiana “Aurora del Porvenir”, fundada polos emigrantes de Tomiño, no século XX, co obxectivo de escolarizar os máis desfavorecidos. Aquí foi mestre Antón Alonso Ríos que dá nome ao noso instituto. École Indienne “Aurora del Porvenir”, fondée par les émigrants de Tomiño, au début du XXe siècle, afin de scolariser les plus démunis. 21
Área recreativa do río da Pedra. Rivière de la Pedra (zone de récréation). O lugar onde nos reunimos cos amigos para gozar da paisaxe e a auga. Lieu où l’on se réunit entre amis pour profiter du paysage et de l’eau.
Museo Antonio Fernández Gómez. Musée Antonio Fernández (Peinture et sculpture à Tomiño).
Aula-museo de Antonio Fernández Gómez, un dos maiores artistas de Tomiño. Classe-musée du peintre Antonio Fernández Gómez, un des plus grands représentants d’art à Tomiño.
Escultura de Antúnez Pousa. Sculpture de Antúnez Sousa.
Tomiño tamén conta coa obra de escultores internacionais, como é o caso de Antúnez Pousa. Tomiño détient aussi l’œuvre de sculpteurs internationaux, comme celle d’Antúnez Pousa (originaire de Tomiño) 22
Praza do Seixo. Place du Seixo et Marché.
A Praza do Seixo é o principal núcleo urbano de Tomiño, e sede do Concello. Nela destaca a praza de abastos construída no século XX. Praza e mercado foron renovados recentemente. La Place du Seixo est le principal noyau urbain de Tomiño et le siège de la Mairie. On y trouve aussi le Marché, construit dans la moitié du XXe siècle. Les deux, place et marché, ont été renouvelés récemment.
IES Antón Alonso Ríos Este é o noso centro, o IES Antón Alonso Ríos, que está e quedará na nosa memoria. Et voici le lycée Antón Alonso Ríos, nôtre lycée, qu’est et restera dans nôtre Mémoire.
23
Experimentando coa lingua O 21 de marzo foi o DÍA MUNDIAL DA POESÍA e, por iso, a OMIX organizou no IES o día 22 un obradoiro de POESÍA E RAP que tivo moitísimo éxito entre o alumnado de 2º de ESO. Tanto, que os rapaces e rapazas queren repetir. Un xeito práctico de aprender os RECURSOS LITERARIOS
Dous momentos do obradoiro co grupo de 2º ESO A
24
24
2 0 1 8
Os alumnos e alumnas de 1º de ESO saíron un ano máis aos montes dos arredores do IES a coñecer as especies autótctonas , a identificar as especies invasoras, a plantar árbores e a divertirse en contacto coa natureza, coa dirección do Departamento de Forestais e o alumnado de Formación Profesional Básica.
DÍA DA ÁRBORE 25
26
26
27
CoĂąece as nosas ĂĄrbores
28
29
Traballo de Ana Vizoso 1ยบ ESO E
30
O VALOR DE SER
DIFERENTE
O MAGO SAMU Obradoiro de Comunicación. Nati Iglesias- Economía.
Samuel compartiu cos seus compañeiros de 1º Bacharelato o seu paso polo programa de televisión “Got Talent” ( http://www.gottalent.es/el- jovencisimo- mentalista- samuel-moreno-es-capaz-de-adivinar-las-cartas-por-contacto-en-got-talent-2018/ ) no Obradoiro de Comunicación. Nun casting con 10.000 solicitudes como a súa, pasaron a primeira fase 5.000; destas saíron 200 audicións, unha delas a de Samuel. Despois de facerlles algúns dos seus trucos de maxia, Samuel, compartiu cos seus compañeiros algunhas claves importantes para falar en público que ten presentes para preparar as súas actuacións : -Traballo e esforzo. - Dedicación de tempo e repetir. - Pensar en como interactuar co público. - Improvisación. -Paixón, gozar co que fas (estivo 8 horas seguidas preparando o truco no seu cuarto, ata que conseguiu o resultado esperado, só parou para beber). - Crer en ti e no que fas. -Paciencia. 31
Samuel contounos algúns “trucos” que podemos facer antes de falar en público: •Facer vídeos, para verte e superar o teu medo •Falar á parede, ao espello… •Quentar a boca, para poder falar como máis fluidez: “poño un lapis na boca e digo o abecedario”; “abro e pecho a boca moitas veces” •Mover e quentar as mans, para un mago é fundamental. •Respirar profundamente para estar máis tranquilo •Beber auga antes de empezar para transmitir tranquilidade ao teu corpo Unha vez no escenario, é moi importante: •Enfocar a voz, dirixila ao final da sala; tentar falar para o último non para o primeiro; enfocar é distinto a gritar. •A mirada: conectar co púbico cos ollos, coma se estivésemos conectados cun fío invisible. “Onde eu miro mira o público ” , dinos Samuel. •Facer que o público interactúe contigo, transmitíndolle curiosidade, facendo un xogo, preguntas, sacando un voluntario ao escenario… •Lembrar que estás a facer un personaxe, aínda que sexas unha persoa moi tímida pódese aprender, é unha técnica a interpretación.
Samu, nun dos momentos do seu paso polo reality “Got Talent”
CANDO EMPEZOU A INTERESARCHE A MAXIA? O meu adestrador de fútbol, un día fíxonos un xogo de maxia, quedei impresionado e pensei “eu quero aprender a facer iso” COMO LEMBRAS A TÚA PRIMEIRA ACTUACIÓN? Con agarimo, foi no instituto no obradoiro de comunicación. CANTO TEMPO INVISTES EN PERFECCIONAR UN TRUCO? Depende, algúns anos. Todos os días practico un intre, normalmente mais de dúas horas. CALES SON OS MAGOS QUE MAIS ADMIRAS? Juan Tamariz, pola súa forma de ser. Dani Daortiz pola súa técnica. O mago Pop polo nivel ao que chegou. COMO DESCUBRICHES A TÚA PAIXÓN POLA MAXIA? Cando es capaz de facer sorrir á xente e conseguen desenganchar; gústame que a xente se esqueza dos seus problemas e se ría. SAÍUCHE ALGUNHA VEZ UN TRUCO MAL DIANTE DO PÚBLICO? Si, en Got Talent. O truco que levaba preparado non me saíu como eu esperaba, aínda que eles non se deron conta. Sempre teño “ gags” preparados para poder improvisar co público ou para romper o xeo ao principio ou no medio da actuación. AXUDOUCHE O TALLER DE COMUNICACIÓN DO ANO PASADO? Si, axudáronme as exposicións en clase por exemplo “a importancia de ser diferente”.
32
Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional
Este ano o noso alumnado de 1º ESO estivo recollendo, entre os maiores da contorna, léxico relacionado con actividades da vida tradicional, como os xogos populares, a vendima, o pan, a costura, etc. Este proxecto interxeracional “Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional”, dependente do Instituto da Lingua Galega, ten como finalidade o coñecemento e valorización do patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Así, os nosos nenos puideron achegarse, grazas á voz e sabedoría dos seus protagonistas, a unha realidade moi allea a eles e que corre o perigo de esvaecerse cos anos. Alén do material recollido en cadernos, fixeron gravacións de vídeo e audio, actividades interactivas sobre os campos semánticos traballados, e mesmo hai quen elaborou o seu propio caderniño vinculado ao mundo do cabalo, que tanta tradición ten nesta zona. A ver se conseguimos que a cultura de noso se coñeza e manteña nestas novas xeracións!
33
34
Traballos realizados polo alumnado de 1º de ESO sobre a obra de María Victoria Moreno, e que forman parte do vídeo “A brétema” https://www.youtube.com/watch?v=D7svOSlJUPk&t=394s 35
Revolução dos Cravos O IES Antón Alonso Ríos conmemora o 25 de Abril lembrando a obra poética de varios autores e autoras portuguesas. Recollemos aquí algunha delas. 1977 – SOPHIA DE MELLO “REVOLUÇÃO” Como casa limpa Como chão varrido Como porta aberta Como puro início Como tempo novo Sem mancha nem vício Como a voz do mar Interior de um povo Como página em branco Onde o poema emerge Como arquitectura Do homem que ergue Sua habitação 1977 – CARLOS PINHÃO “ELEFANTE DE ABRIL” A Revolução teve uma flor o cravo. Não teve um animal e, como tal, proponho o elefante tão paciente e sofredor durante tanto ano mas quando a paciência se esgotou
36
foi coisa de se ver violento eficaz empolgante. Depois, voltou a ser lento bom rapaz algo distante. Mas, atenção nunca se viu morrer um elefante! SEM DATA – JAIME ROCHA “ABRIL” Tu és aquele astro decisivo, concha rebentada, portão invadido para Maio; O teu ventre lançou figos vulcânicos, morangos, uvas encarnadas, trouxe cestos de toda a fruta, cabazes, cântaros de sonhos, amores despertos; Vieste dentro de um corpo de vidro, com uma alma maior que as mãos, uma canção azul a aprender a andar, tão longe e tão perto como um comboio de brinquedo.
Tu és esse astro sim, e outro ainda e outro, um novelo de pinças que dormem ao ciclo das flores, à espera dos homens do futuro 2004 – MARIA TERESA HORTA “MULHERES DE ABRIL” Mulheres de Abril somos mãos unidas certeza já acesa em todas nós Juntas formamos fileiras decididas ninguém calará a nossa voz Mulheres de Abril somos mãos unidas na construção operária do país Nos ventres férteis a vontade erguida de um Portugal que o povo quis
GUIONIZANDO BANDA DESEÑADA EN FRANCÉS
37
UN ANTES E UN DESPOIS YONATÁN MARTINEZ exalumno do IES ANTÓN ALONSO RÍOS Jonatán Martínez foi alumno do noso centro hai 13 anos. Alumno disruptivo, con máis de 10 expulsións no seu expediente académico, foise do instituto sen o título da ESO, pero despois de retomar os estudos, con esforzo, dedicación e crendo en si mesmo, a día de hoxe é garda civil. Desde que aprobou a oposición a garda civil non parou de estudar. No mes de febreiro pediu un mes sen emprego e soldo para preparar as oposicións internas a sarxento; por iso empezou a vir todos os días á biblioteca do noso instituto para estudar e prepararse. Un martes, despois do Obradoiro de Comunicación, pregunteille se quería contarlles aos mozos e mozas de 4ºESO o seu cambio de actitude e como pasou de non facer nada a estudar e traballar a diario con constancia e dedicación.
tres grupos de 4º ESO para contar a súa vivencia e a importancia de “non tirar a toalla”; déixovos aquí un resumo das súas charlas e as súas “Grazas ao meu adestrador de fútbol deime frases acompañadas da súa enerxía positiva. conta que non tiña ningunha opción para traballar,” iso marcou un antes e un despois no meu; por iso, cursei a ESO a distancia, levaba tanto tempo sen estudar nada, que me resultou dificilísimo; de 20 presentados superámola 2. Co título da ESO, no ano 2008 preparei as oposicións a garda civil e de 300 matriculados na academia superamos a proba 11. Había 71.000 persoas presentadas en toda España para 2.000 prazas. Despois dun ano de moito estudo ingresei no corpo da Garda Civil, onde seguín estudando: bacharelato, no momento actual, estou a facer un master de psicoloxía, coaching. Con esta curta presentación, Jonatán foi a 38 Yonatán cóntanos a súa historia:
É fundamental coñecerte a ti mesmo, as túas calidades persoais e sociais • O éxito é ser feliz facendo o que che gusta. • Quen non se forma non se axuda a si mesmo. • Se fas o de sempre, conseguirás o de sempre. • Date unha oportunidade para cambiar. • As oportunidades creámolas nós • Somos o que pensamos. • É importante: o deporte, a alimentación e a relaxación. • O fácil é afirmar que a culpa é sempre dos demais, no canto de pensar na túa res- ponsabilidade. • Temos que ser responsables co que facemos, co que queremos. • Visiona o que queres porque o podes conseguir, depende de ti e da túa actitude. • O éxito é persoal e intransferible, busca o que che apaixona e loita por conseguilo. • Moitas veces fracásase na vida polas emocións. • O brazo executor somos nós mesmos. • A actitude é fundamental para conseguir o que te propós, non te quedes cos brazos cruzados. • Que podo facer? Resignarme ou loitar?. • Ninguén vai traballar por ti. E ti? con que frase te idéntificas? quizais algunha delas che fixo pensar… o cambio só depende de TI. Departamento de ECONOMÍA Nati Iglesias
INICIACIÓN Á ACTIVIDADE EMPRENDEDORA E EMPRESARIAL
39
https://haprendendo.blogspot.com.es/ Entrada publicada no blog o 9 de Marzo de 2018
As nosas menciñas pendentes de patente Estivemos aprendendo o vocabulario das partes do corpo, a saúde e as doenzas, e deunos por inventar estes medicamentos milagrosos, que deseñamos ata o último detalle: envase, prospecto, etc. Entre eles atoparedes solucións para aprobar os exames e ata poder voar! Tampouco nos esquecemos das nosas mascotas e cos nosos produtos conseguiremos falar con elas.
40
DEPORTE ESCOLAR O noso centro segue a participar en competicións de deporte escolar coma en cursos anteriores. Abría a temporada o zonal de campo a través en Soutelo (Salceda), alí nos representou Alma que rematou en sétima posición e acadaba así unha praza para o campionato provincial que se disputaría no mes de xaneiro en Portas. No campionato provincial Alma, a pesar de estar convalecente dunha gripe, non quixo faltar e deuno todo para conseguir estar na metade da táboa de clasificación.
Xa no segundo trimestre foi a quenda do bádminton. Neste curso tivemos a maior participación na competición individual dos últimos anos, participando un total de 20 alumnos, 12 de elas rapazas. A fase previa da competición disputouse durante a tarde de dous mércores e foi clasificatoria para a final zonal que enfrontaría a 16 dos nosos alumnos (6 homes e 10 mulleres) cos clasificados da zona de Tui, na súa maioría compoñentes do Club Bádminton Tui e algúns deles tamén alumnos do noso centro.
Esta competición era clasificatoria para o campionato provincial de bádminton por equipos, para o cal se formarían equipos con alumnos de varias entidades e baixo o nome de Agrudebam e onde o noso centro tivo moita participación nos equipos infantís e cadetes. En infantil presentaría 4 equipos, dous femininos e dous masculinos, acadando a prata un dos equipos masculinos e o bronce outro feminino. En categoría cadete presentabamos un equipo masculino e outro feminino, conseguindo ambos equipos subir ao terceiro caixón do podio 41
42
O tenis de mesa tiña lugar no terceiro trimestre, e nesta ocasión tamén houbo unha boa participación. Participarían en total 12 alumnos, 6 rapazas e 6 rapaces. Logrando clasificarse todos para o campionato provincial desta modalidade. Ao campionato provincial que se disputou no Pavillón de Romarigo en Cangas, acudirían 4 alumnas e 5 alumnos entre infantís e cadetes. Obtiveron un terceiro posto en infantil masculino e un segundo e un terceiro en infantil masculino. LEDICIA SEOANE
43
IMAXES NA MEMORIA 1945. O Final da II Guerra mundial
Der Jalta-Konferenz
Während des Zweiten Weltkriegs fanden zwischen den Alliierten Mächten häufige Kontakte statt, um die Entwicklung des Konflikts und die Festlegung der Friedensbedingungen zu besprechen. Bei der Jalta-Konferenz im Februar 1945 beschlossen die “Drei Großen” (der britische Premier Churchill, der US-amerikanische Präsident Franklin D. Roosevelt und der sowjetische Führer Stalin), Europa nach dem Ende des Zweiten Weltkriegs zu teilen. Dieses in den Geschichtsbüchern so häufig erscheinendes Bild ist eine von mehr als 50 Abbildungen, die diesen Moment dokumentieren. Es wurde am Nachmittag des 11. Februar in den Gärten des Liwadija-Palastes (Krim) aufgenommen, wo das Treffen stattfand.
A Conferencia de Ialta
Durante a II Guerra Mundial, as potencias aliadas celebraron frecuentes contactos para tratar sobre a evolución da contenda e o establecemento das condicións da paz. Durante a Conferencia de Ialta, en febreiro de 1945, os “Tres Grandes” (o dirixente británico Churcill, o presidente americano Franklin D. Roosevelt e o líder soviético Stalin) decidiron o reparto do territorio europeo coa Segunda Guerra Mundial chegando ao seu fin. Esta imaxe tan repetida nos libros de Historia, é un dos máis de 50 rexistros que se fixeron, para documentar o momento. Esta tomada na tarde do 11 de febreiro, nos xardíns do palacio Livadia (Crimea) onde se celebraba a reunión.
Hissant le drapeau à Iwo Jima
Entre le 19 février et le 26 mars 1945, une brutale bataille eut lieu en plein océan Pacifique, pour contrôler une enclave stratégique de vitale importance pour les armées japonaise et américaine. Iwo Jima devint l’une des plus sanglantes batailles de la Seconde Guerre Mondiale. La bataille, qui ouvrit les portes à l’invasion du Japon, entra dans l’histoire, non seulement comme l’une des plus meurtrières du conflit mondial, sinon aussi comme le scénario d’une des plus fameuses photographies de guerre: celle des six soldats américains hissant le drapeau à bandes et à étoiles sur le mont Suribachi. Les soldats du vingt-huitième régiment de la cinquième division de la Marine américaine lève le drapeau américain sur l’île Iwo Jima le 23 février 1945. La photographie devint très populaire et fut réimprimée à de nombreuses reprises, parvenant son auteur, Joe Rosenthal, à obtenir, grâce à elle, le prix Pulitzer de photographie. Cela fut aussi objet de controverse puisqu’on apprit que ce ne fut pas la première photo prise du moment et que l’identité des soldats protagonistes de l’image était incertaine. Pourtant ceci n’évita pas qu’elle soit considérée comme l’un des instantanés de guerre plus importants de l’histoire et l’une des photographies les plus reproduites du monde. 44
Izando a bandeira en Iwo Jima
Entre o 19 de febreiro e o 26 de marzo de 1945, tivo lugar en augas do océano Pacífico unha feroz loita polo control dun enclave estratéxico de vital importancia para os exércitos de Xapón e Estados Unidos. Iwo Jima converteuse nunha das batallas máis sanguentas da Segunda Guerra Mundial. A batalla, que abriu as portas á invasión de Xapón, pasou á historia, non só como unha das máis cruentas do conflito mundial, senón como o escenario dunha das máis famosas fotografías bélicas: a de os seis soldados norteamericanos izando a bandeira das bandas e as estrelas sobre o monte Suribachi. Os soldados do vixésimo oitavo rexemento da quinta división dos Marines dos Estados Unidos levantan a bandeira americana na illa de Iwo Jima o 23 de febreiro de 1945. A fotografía que fíxose moi popular e foi reimpresa en numerosas ocasións, chegando o seu autor, Joe Rosenthal, a obter por ela o “premio Pulitzer” de fotografía, tamén foi motivo de controversia ao saberse que non era a primeira foto que se realizou dese momento, e ao non ter claro quen eran os soldados protagonistas da imaxe. Iso non evitou que estea considerada como unha das instantáneas de guerra más importante da historia e unha das fotografías máis reproducidas do mundo.
Hissant le drapeau sur le Reichstag
La Bataille de Berlin fut la dernière opération militaire de grande envergure de la Seconde Guerre Mondiale en Europe. Le 25 avril 1945 les soldats soviétiques entrèrent dans la capitale du Reich. Avec l’entrée des troupes russes à Berlín, la guerre terminait pour l’Allemagne. L’aboutissement de l’assaut fut la bataille livrée pour le contrôle du Reichstag, qu’à ce moment était le bâtiment le plus haut du centre-ville et dont sa prise avait une grande valeur symbolique. La lutte pour la prise du bâtiment fut très dure et se prolongea pendant quatre jours mais, finalement, les soldats soviétiques conquirent le Reichstag le trente avril. Le drapeau rouge de la cent cinquantième division d’assaut, ultérieurement appelé drapeau de la Victoire, fut hissé sur le Reichstag. Cette image devint très célèbre et fut réimprimée et utilisée dans des publications pour faire de la propagande au point d’être considérée comme l’une des images les plus reconnaissables de la guerre. De nos jours, elle suscite toujours quelques interrogations concernant ses possibles retouches photographiques, l’identité des soldats ou la provenance du drapeau que l’on observe.
45
Alzando a bandeira sobre o Reichstag
A Batalla de Berlín foi a última operación militar de grande envergadura da Segunda Guerra Mundial en Europa. O 25 de abril de 1945 os soldados soviéticos entraron na capital do Reich. Coa entrada das tropas rusas en Berlín, a guerra remataba para Alemaña. A culminación do asalto foi a batalla librada polo control do Reichstag, que naquel momento era o edificio máis alto do centro da cidade e cuxa captura tiña un gran valor simbólico. A loita pola toma do edificio foi moi dura e prolongouse durante catro días pero, finalmente, o Reichstag pasou a mans dos soldados soviéticos o 30 de abril. Sobre o Reichstag foi izada a bandeira vermella da 150ª división de asalto, que posteriormente recibiu o nome de Bandeira da Vitoria. Esta imaxe fíxose moi popular sendo reimpresa en publicacións con fines propagandísticos e chegando a ser considerada unha das imaxes máis recoñecibles da guerra. Hoxe en día, segue rodeada de algúns interrogantes, como os retoques fotográficos aos que foi sometida, a identidade dos soldados ou a orixe da bandeira que se mostra.
L’explosion de la Bombe Atomique
Les bombardements des villes d’Hiroshima et de Nagasaki en 1945 furent les seuls attaques nucléaires dans toute l’histoire de l’humanité. Les pays alliés, avec les États-Unis en tête, réussirent ainsi la capitulation japonaise, qui ne se rendit pas à la suite de l’invasion de l’Allemagne par les alliés. L’utilisation de la bombe atomique fut exposée comme un acte de désespoir pour mettre fin à la dernière étape de la Seconde Guerre Mondiale ; les États-Unis et le Japon, étant à ce moment-là, les principaux protagonistes. Le 6 août 1945, le président américain Truman décida de lancer la bombe atomique sur la ville japonaise d’Hiroshima. Plus de cent mille personnes, en majorité des civils, moururent sur le coup. Vingt mille autres souffrirent les conséquences de la radioactivité. Le 9 août une deuxième bombe atomique tomba sur Nagasaki. Le résultat fut trente-six mille morts et plus de quarante mille blessés. Les Japonais se retrouvèrent pratiquement sans effectifs de guerre. Jusqu’à l’instant celles-ci furent les deux seules armes nucléaires utilisées en guerre. Cependant, nous sommes conscients du danger caché auquel l’humanité est exposée de nos jours, avec des armes nucléaires, mille fois plus puissantes et plus destructives. La prolifération de ce type d’armes dans des nations qui connaissent des tensions avec de grandes puissances et le déchaînement d’une guerre pourrait mener à la disparition du monde tel qu’on le connait aujourd’hui.
O Estalido da Bomba Atómica
Os bombardeos das cidades de Hiroshima y Nagasaki en 1945 foron os únicos ataques nucleares da historia da humanidade. Os países aliados, con Estados Unidos á cabeza, lograron desta maneira a rendición de Xapón que non se rendera despois de que os aliados invadisen Alemaña. A utilización da bomba atómica, pois, presentouse como unha acción desesperada para poñer fin á última etapa da Segunda Guerra Mundial, sendo, neste momento, Estados Unidos e Xapón os principais protagonistas. O 6 de agosto de 1945, o presidente norteamericano Truman decidiu lanzar a bomba atómica sobre a cidade xaponesa de Hiroshima. Máis de 100.000 persoas, na súa maioría civís, morreron no acto. Outras 20.000 sufriron as consecuencias da radioactividade. O 9 de agosto, unha segunda bomba atómica cae sobre Nagasaki. Os resultados foron 36.000 mortos e máis de 40.000 feridos. Os xaponeses quedaron practicamente sen efectivos bélicos. Estas foron, polo de agora, as dúas únicas armas nucleares usadas en guerra, pero somos conscientes do perigo oculto ao que a humanidade está exposta, actualmente, con armas nucleares, mil veces máis potentes e máis destrutivas. A proliferación deste tipo de armas en nacións que presentan tensións con grandes potencias e o desencadeamento dunha guerra podería levar á desaparición do mundo tal como o coñecemos hoxe en día. 46
Beijo em Times Square
No dia 14 de agosto de 1945, os nova-iorquinos ocuparam a praça de Times Square. O fotógrafo Alfred Eisenstaedt transmitiu ao mundo a alegria de um marinheiro e uma enfermeira, através de uma imagem que se tornou imortal. Os protagonistas da fotografia (na realidade, dois desconhecidos) celebravam com um apaixonado beijo o triunfo definitivo das tropas norte-americanas sobre as forças japonesas. A imagem teve um êxito instantâneo pelo seu alto valor propagandístico. Um beijo entre um marinheiro e uma enfermeira simbolizava o trabalho em comum que tanto se tinha fomentado nos Estados Unidos durante a Segunda Guerra Mundial. A foto segue a ser reproduzida em incontáveis ocasiões e já faz parte do nosso subconsciente coletivo.
Bico en Times Square
O 14 de agosto de 1945, os neoiorquinos tomaron a praza de Times Square. O fotógrafo Alfred Eisenstaedt transmitiu ao mundo a alegría dun mariñeiro e unha enfermeira, a través dunha imaxe que quedou inmortalizada. Os protagonistas da fotografía (en realidade, dous descoñecidos) celebraban cun apaixonado bico o triunfo definitivo das tropas estadounidenses sobre as forzas xaponesas. A imaxe tivo un éxito instantáneo polo seu alto valor propagandístico. Un bico entre un mariñeiro e unha enfermeira simbolizaba o traballo en común que tanto se fomentara nos Estados Unidos durante a Segunda Guerra Mundial. A foto segue sendo reproducida en innumerables ocasións e xa forma parte do noso subconsciente colectivo.
η Ιαπωνία υπέγραψε την παράδοσή
Στις 2 Σεπτεμβρίου 1945, στον κόλπο του Τόκυο, στο θωρηκτό Μισούρι, η Ιαπωνία υπέγραψε την παράδοσή της στις αμερικανικές αρχές, που εκπροσωπούσε ο στρατηγός Μακ Άρθουρ. Μερικές μέρες πριν, οι ατομικές βόμβες κατέστρεψαν τη Χιροσίμα και το Ναγκασάκι. Ήταν το τέλος του πολέμου.
Rendición de Xapón
O 2 de setembro de 1945, na baia de Tokio, a bordo do acorazado Missouri, Xapón firmaba a súa rendición ante as autoridades norteamericanas representadas polo xeneral MacArthur. Poucos días antes, as bombas atómicas asolaran Hiroshima e Nagasaki. Era o final da guerra.
47
Processo Principale di Norimberga
Dopo la guerra, i vincitori della Seconda Guerra Mondiale, processarono nella città tedesca di Norimberga i collaboratori del regime di Adolf Hitler. Il processo più famoso e di più grande impatto sull’opinione pubblica viene conosciuto come il Processo Principale di Norimberga e si tenne nel novembre 1945 contro 24 dei principali leader sopravvissuti del governo nazista catturati. Alcuni dei responsabili dell’Olocausto furono processati e condannati ma molti altri poterono fuggire perché si nascosero in altri paesi (America Latina, Spagna) o perché non furono mai accusati.
Xuízo de Nuremberg
Rematada a guerra, os vencedores da Segunda Guerra Mundial, xulgan, na cidade alemana de Nuremberg, os colaboradores do réxime de Adolf Hitler. O proceso que tivo maior repercusión na opinión pública mundial foi o coñecido como o Xuízo Principal de Nuremberg, en novembro de 1945, contra 24 dos principais dirixentes superviventes do goberno nazi capturados. Algúns dos responsables do holocausto foron xulgados e condenados, pero moitos outros puideron escapar, porque agocháronse noutros países (América Latina, España) ou porque nunca foron acusados.
48
A música A GAITA ROCKEIRA SOLEA EN TUI O pasado 19 de agosto o público puido gozar dunha das actuacións do grupo MITIC na vila de Tui. O grupo foi creado polos irmáns Álvaro e Suso Costas, dous músicos galegos que levan a música no sangue. Mitic comezou a súa carreira musical en 2008 con outro nome, Álvaro Costas & Hot Band, e con outro estilo, o folk moderno. O seu repertorio cinguíase á música celta, pero un bo día, ensaiando, ocorréuselles tocar o tema principal de Rocky coa gaita como instrumento principal e así é como naceu esta peculiar combinación. O seu nome actual, Mitic, fai referencia á música que tocan: a música rock de sempre, a mítica, a que todos coñecemos. Devandito día tocaron a famosa canción de Guns N’ Roses Sweet Child Ou’Mine. Nalgúns momentos do concerto, a gaita estaba desafinada, sobre todo cando se combinaba coas voces dos vocalistas, que á súa vez tamén estaban desafinados e mal empastados, aínda que na segunda repetición do refrán pareceron darse conta e tentaron melloralo obtendo unha mellor afinación. Ademais, había voces que sobresaían por encima doutras e facían escóitaa un pouco desagradable.
Tendo en conta que a gaita é un instrumento tradicional galego que normalmente non asolla en concertos de rock, Álvaro Costas realizou unha excelente interpretación converténdose na voz de Axl Rose, vocalista de Guns N’ Roses. Tamén hai que ter en conta que as notas increiblemente agudas que chegou a tocar requiren o coñecemento e a utilización dunha técnica innovadora, pois a gaita non afai tocar sons tan agudos. Aínda así, no só de gaita e guitarra, propio deste instrumento na canción orixinal, predominaba o son da gaita.
Os membros do grupo tentaron animar ao público incitándoos a aplaudir para que gozasen máis do concerto. Nun principio pareceu que a xente se implicaba e palmoteaba nun intento de marcar o ritmo da canción, pero a medida que ía avanzando a actuación, deixaban de participar. Talvez foi pola gran sorpresa que levaron ao descubrir que a solista era a gaita. A calidade sonora non era a mellor, poderían lucirse máis se tivesen un bo son. Ademais a gaita sobresaía por encima de todos os demais instrumentos chegando a tapalos en ocasións. Non deberían poñerlle tanta amplificación porque o seu son xa é moi potente sen tela. Isto provocou que a gaita soase un pouco chillona, abrigo cando tocaba aquelas notas tan agudas mentres asollaba coa guitarra. En canto ao recinto, ao ser ao aire libre esixe unha amplificación de mellor calidade e eles non a tiñan. Apreciouse mellor o espectáculo se fose nun auditorio. Ademais había xente camiñando de aquí cara alá que entorpecía escóitaa doutros espectadores e moitos estaban a falar sen prestar atención á actuación, o que resta calidade ao concerto. O grupo está composto por trece músicos que tocan unha gran variedade de instrumentos, entre eles a frauta travesera, o saxofón ou o clarinete. Con todo, nesta actuación non participaron, pois se cadra a obra que interpretaron non se adaptaba ao estilo destes instrumentos. Persoalmente, gustaríame ter a oportunidade de poder escoitalos nun auditorio cunhas condicións sonoras mellores e coa totalidade dos instrumentos que compoñen o grupo porque se atreveron a facer unha mestura diferente e innovadora, sacando á gaita do seu terreo tradicional. Son uns bos músicos cunha longa e exitosa carreira por diante.
Paula Fernández Iglesias 4º B
49
TEMPO DE MEDIACIÓN:
O VALOR DE ESCOITAR "Valor é o que se necesita para levantarse e falar, pero tamén é o que se require para sentarse e escoitar" Winston Churchill
MOITAS GRAZAS CHIC@S POR FACER POSIBLE O INICIO DO PROXECTO!!!! Estamos rodeados de valentes, persoas que falan, que propoñen, que actúan, que seguen para adiante a pesar das dificultades, persoas que admiramos pola súa autodeterminación, pero tamén hai outros valentes máis silenciosos, aqueles que se sitúan fronte a ti e só escoitan, pero non o fan de calqueira forma, o fan utilizando todos os seus sentidos para implicarse, para estar contigo ese anaco de tempo que compartes con eles. Toleaches, queres dicir que valentía é escoitar? Entón o que me estás a querer dicir é que todos somos valentes xa que todos escoitamos. Eu sempre pensei que a valentía era enfrontarse a situacións arriscadas e difíciles. Certo, hai valentes que fan cousas extraordinarias, pero tamén todos somos heroes e heroinas potenciais, xa que todos vamos a ter que superar situacións adversas, de todas formas, da valentía que falo é máis delicada, xa que todos a posuimos pero hai que domala. Dacordo, todos sabemos escoitar pero creo que o tipo de escoita da que me falas non é habitual, non? Non, a maioría das veces cando escoitamos estamos pensando o que queremos responder, e desexando que o outro cale para empezar a falar. Da escoita que estamos a falar coñécese como ESCOITA ACTIVA e trátase de estar presente, de non ter présa, de non xulgar e non aconsellar, e especialmente, de escoitar o que non se di coa voz. Trátase de escoitar o que a persoa que tes enfronte está transmitindo realmente e que lle vai permitir a súa vez escoitarse a si mesma, e aquí está realmente a valentía.... en escoitarse a un mesmo e facer fronte aos teus sentimentos e necesidades verdadeiras. E onde podemos aprender a escoitar? Hai moitos libros e páxinas webs que ensinan os principios de este tipo de escoita, pero o máis importante e querer facelo, tomar conciencia e incorporalo ao teu día a día, así que sempre que fales con alguén tes a oportunidade para aprender a escoitar. Gústame a idea, pero que gano incorporando a escoita activa nas miñas conversas? Conexión, confianza e autocoñecemento. Ana, Kiya, Marta, María, Mateo, Nerea A, Nerea G, Paola, Paula, Sofía e Xulia participaron nun obradoiro de mediación, e como eles xa aprenderon, a ferramenta principal durante a mediación é a comunicación baseada na escoita activa, apoiada pola asertividade e a empatía. Tamén é importante saber facer preguntas para dirixir todo o proceso, coa fin de recoñecer os intereses reais das persoas que se atopan en conflito, permitindo pensar dunha forma distinta para resolver as diferenzas iniciais.
50
Literatura, universal
O pracer de escribir
A sextina A sextina é unha composición poética integrada por trinta e nove versos de arte maior cunha particular e complexa estrutura. Ao longo das súas seis primeiras estrofas, nas posicións finais do versos aparecen sempre as mesmas seis palabras, aínda que en distinta orde. A sextina remata cun terceto final no que se retoman de novo esas seis palabras, incorporando dúas en cada verso. Atribúese a invención desta estrutura ao grande trobador occitano Arnaut Daniel. Tras del, cultivaron tamén este modelo algúns dos máis importantes autores da literatura occidental. É o caso de Petrarca ou Cervantes, pero tamén de autores do século XX como W.H. Auden ou Ezra Pound, na literatura inglesa; Joan Brossa, na catalá; ou Jaime Gil de Biedma, na castelá. A sextina “Apología e petición” escrita por Gil de Biedma en 1961 é moi coñecida. Estas son as súas dúas primeiras estrofas:
¿Y qué decir de nuestra madre España, este país de todos los demonios en donde el mal gobierno, la pobreza no son, sin más, pobreza y mal gobierno, sino un estado místico del hombre, la absolución final de nuestra historia? De todas las historias de la Historia la más triste sin duda es la de España porque termina mal. Como si el hombre, harto ya de luchar con sus demonios, decidiese encargarles el gobierno y la administración de su pobreza. Compoñer unha sextina non é unha tarefa doada. Pero hai valentes dotados de talento que o intentan, como Luis Miguel Souto, alumno de Literatura Universal, que elaborou esta “media sextina” (tres sextetos e terceto final) de grande mestría:
¿Y qué pensar de la detestable vida cuando se acerca inexorable la muerte, a quien muchos temen en la oscuridad encendida, en la que una fría noche, como impaciente, espera al hombre para alejarlo cada vez más del mundo? Y que sea la única vereda real de este mundo, un camino angosto que se pierde en la oscuridad latente de una cárcel mal llamada vida. Solo un destino para toda mujer y hombre,
51
que en un vano intento de burlar la muerte huye incansable donde no llegue la noche. Pero donde llegue el gélido aliento de la noche nada ni nadie podrá huir jamás de la oscuridad y de su eterna hermana que se alimenta de vida, viaja por este paraje de tristeza que es el mundo y acecha a su presa que exhala un llanto de muerte. Solo el destino es dueño de la vida del hombre. El hombre que no teme no es hombre y el viento que no hiela no es más que la vida enviando un último sentimiento cálido en la fría noche. LUIS MIGUEL SOUTO ÁLVAREZ
Yo, me, mí, contigo (y a veces sin ti) Como din eses manuais tan sabios que estudamos, a lírica é o xénero literario que centra a súa atención na manifestación dos sentimentos. A literatura lírica pode ser un magnífico instrumento de introspección, de exploración do propio eu, para coñecérmonos mellor e para achegar aos demais o que somos, buscando neles comprensión ou, se cadra, ofrecéndolles un espello no que ver reflectido o que senten e non saben dicir (tan ben). Na lírica, pois, buscamos e damos beleza e consolo. Os alumnos de Literatura Universal puxeron a súa careta lírica, inventaron unha personaxe (¿ou falan deles mesmos?) e intentaron expresar o que son, o que senten. E en moitos casos, como non, foi inevitable que falaran do amor e o desamor. Estes poemas son algunhas mostras do seu traballo. Se alguén se ve neles, a creación lírica cobrará aínda maior sentido.
Si la niña de diez años que jugaba sola en el parque se viese a sí misma varias botellas de tequila más tarde preguntaría llorando quién le ha hecho eso; yo la miraría a los ojos y prometería no delatarla jamás. Me hice inmune a mis mentiras después de pasarme la noche haciéndome heridas, convenciéndome de que eran los demás los culpables del rastro que yo había dejado de sangre.
52
Recuerdo cuando mi madre empezó a perder primero el pelo, luego la fuerza, más tarde la esperanza; recuerdo cómo la enfermedad sin ni siquiera tocarme me hizo perder la vida.
Recuerdo cómo un día, escuchando la tormenta, afirmó que el cielo era el espejo del alma y desde entonces no deja de llover. PATRICIA ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ Te echo de menos, y decirlo hace que te eche más de menos. Aquí todavía es invierno, a pesar de estar en julio. Sigo esperándote en la vieja estación, aunque sé que no volverás. ¿Sabes? Creo que los copos de nieve empezaron a caer con tu partida. ¿Cuánto tiempo tengo que esperar? ¿Cuántas noches tengo que quedarme despierta para verte… para estar contigo? Los copos de nieve siguen cayendo, pero parece que el tiempo no fluye. ¿Cuándo acabará el invierno? Te echo de menos. Te odio, porque te fuiste, pero no he dejado de pensar en ti ni un solo día. Creo que me odio más a mí misma por no poder olvidarte, porque, al fin y al cabo, eso duele menos que odiarte. La nieve se está acumulando en los raíles. Parece que la primavera no va a venir, y tú tampoco. Te echo de menos. Quizás, si espero sólo un poco más… si me quedo despierta solo algunas noches más… estarás aquí para verme… para estar conmigo. AITANA VARELA CURRÁS
53
Quiero que te des la vuelta, que te despidas de estos labios a los que no besas. Que mires por última vez los ojos de quien ya no conoces, que le digas a mis piernas que al final del camino no estarás tú. Gírate y dime “ingrata”. ¿Que por lo menos te he tenido? He estado mirando pero no viendo, acariciando un papel que nunca se llegó a escribir. Siempre la impotencia de al que quieren a medias. Pero no, ya no más. Gírate, coge tus cosas y vete. Explícale a mis palabras por qué no escuchaste. Despídete de aquella noche preciosa, que nunca tuvimos. Acuérdate de la chaqueta, la que me pusiste en los hombros, la que le pusiste a ella. Despídete de las mejillas, que nunca sonrosaste. Pero a mí no me digas que te vas cuando nunca has estado. ALBA GONZÁLEZ LÓPEZ Vivo en un mundo de suerte en el que ser libre es cuestión de vida o muerte. Vivo en una realidad que querría evitar un día cerrar los ojos y despertar en otro lugar. Vivo en un caos, permanente, que vaya a donde vaya me persigue. Así funcionan las cosas aquí, y a veces, cuando crees ser aceptado, solo es hipocresía. Vivo en una sociedad que me oprime, me dicen cómo he de ser, cómo tengo que actuar, y hasta me imponen lo que debo pensar. Tan solo vivo en un constante engaño, que poco a poco me va marchitando. AINHOA PARDO FREIRE
54
Represión da muller polo franquismo
A Lola podería haberse chamado María, ou Ana, ou Marina, ou Elsa… Podería ser calquera das mulleres que foron vítimas de abusos sistemáticos durante a guerra civil e a posguerra franquista. Podería ser calquera das mulleres que permanecían nos pobos, a cargo da súas familias e en plena miseria, mentres eles morrían no combate, ou eran executados, ou fuxían. Aínda que, a documentación e as investigación son escasas, e non hai rexistro escrito de quen o padeceu, moitas destas mulleres eran xulgadas e condenadas por tribunais que decidían quen debía ser vexada e marcada por ser familiar dun republicano. Estendeuse a práctica de raparlles o pelo, obrigarlles a inserir aceite de rícino para provocarlles diarreas, e pasealas polas las poboacións, acompañadas por bandas de música, para a mofa dos seus veciños. A inxesta de rícino foi copiada do fascismo italiano. Os rituais públicos de humillación xa se usaran na Inquisición española. E así, coa humillación pública como forma de castigo exemplarizante, estas mulleres sufriron unha dobre represión; ideolóxica (por ser “rojas”) e de xénero (por ser mulleres) O rapado do pelo e as purgas de rícino non foron as únicas vexacións ás que someteron ás republicanas. Tamén foron torturadas, violadas e encarceradas. Moitas foron fusiladas, como
55
é o caso das Trece Rosas, ás que tamén se lles rapou o pelo, antes de ser executadas. As viúvas e solteiras quedaban desprotexidas, os seus bens eran saqueados e os seus fillos ou netos foron vendidos, estando implicadas monxas, médicos, enfermeiras e notarios adeptos ao réxime.
Avelaíña Teatro A LOLA O tema central da obra A Lola é o das mulleres represaliadas. As que se clasificaron como “roxas” durante a etapa franquista. A peza transcorre en dous tempos: un primeiro na Guerra Civil e outro antes da morte do ditador Franco. Concretamente nos anos 36 e 65. Vemos como o pasado, o sucedido nos anos de represión, segue a determinar as vidas e as condutas de varias xeracións. Lola é a viúva dun mestre republicano fusilado. Foi rapada e marcada nos anos da Guerra Civil Española. Sometida a continuas vexacións, Lola só quere seguir adiante cos seus fillos, pero tamén está marcada polo vivido. Pasados vinte anos, o fillo de Lola volve á casa e dille que quere casar cunha rapaza dunha familia cunha ideoloxía contraria á súa. O rapaz é fillo da represaliada, de familia de ideas republicanas. A familia da moza ten ideas conservadoras e franquistas. Ese choque provoca que os mozos atopen oposición a súa voda. O fillo non coñecía o pasado da súa nai. Lola resistíase a falar dese tempo tan triste, pero vese empuxada a facelo. A rapaza da outra familia pasou pola universidade en París, nun tempo da loita polos dereitos da muller, polo que se enfronta aos pais, polo seu futuro. Durante o relato, a confrontación entre as dúas formas de entender a sociedade, condiciona a vida dos personaxes, pero tamén se nos fai presente esa parte da nosa historia na que o corpo da muller foi, una vez máis, usado como campo de batalla.
CRUZ GARRIDO 56
O pracer de escribir
CERTAME LITERARIO DO IES ANTÓN ALONSO RÍOS CHARLIE Hoxe, día 24 de decembro, trouxéronme á casa un can palleiro, xusto o que eu quería polo Nadal. O can é moi fermoso e decido chamarlle Charlie. Un nome que me gusta moito porque me recorda a historia dun rapaz que decidiu vivir no monte, xa que todos lle facían bullying no instituto, e que escribiu un libro contando as súas aventuras. É o meu libro preferido xa que me identifico moito co protagonista. El sentíase só e, despois de varias semanas vivindo no monte, encontrouse un día cunha rapaza que decontado se fixo amiga del e mesmo escapaba da casa para ir velo. Ela tiña que gardarlle o segredo xa que ninguén podía saber onde se atopaba o seu refuxio. Un día, que estaba moi aburrido, marchou do seu refuxio río abaixo e comezou a camiñar sen rumbo. Na metade do camiño encontrou unha casa un pouco rara. Decidiu investigar e como non había ninguén na casa decidiu entrar. Unha vez dentro, escoitou de súpeto unhas voces cerca da porta e escondeuse debaixo dunha das camas. Entraron tres persoas que tiñan uns trazos un tanto especiais. Cando ergue a mirada cara ás persoas e as contempla dáse conta de que son meigas e éntralle o medo no corpo porque pensaba que non existían. Pasaron as horas e elas seguían no seu caldeiro remexendo sen parar nin un segundo. De súpeto, unha delas decidiu deitarse na cama, debaixo da cal estaba Charlie. Pasaban os minutos e por fin quedou durmida. As outras dúas decidiron marchar na procura de froitos para a beberaxe máxica. Nese momento, Charlie saíu correndo pola porta sen pensalo dúas veces e decidiu ir en busca da súa amiga. Aínda co susto no corpo, cóntalle todo o que lle sucedeu. Porén, ela non o cre porque estaba convencida de que as meigas non existían. A amiga proponlle algo: levar o seu dron para sobrevoar a casa e poder observalas. Charlie acéptao, pero dille que ten que acompañalo porque ten medo de que o pillen. Pola noite decidiron ir en busca da casa das meigas. Fixeron arrancar o dron pero… fixo moito ruído! Daquela, as meigas espertaron e saíron enseguida na súa busca. Correron polo monte ata despistalas. Ata que, por fin, chegaron ao refuxio de Charlie e, despois de todo o sucedido, decide contarlle a ela que está namorado e que quere que veña a vivir con el. Ela dálle un bico e dille que o sinte pero que ten que marchar. Outra vez séntese só….. Non quere volver saír xa que non ten a ninguén ao seu redor e a única amiga que tiña acababa de deixalo tirado. Botouse a durmir e desexou non volver espertar deste mundo tan inxusto... Casavella Alejandro González Fernández (4º D)
CHÁMOME SOIDADE Chámome Soidade. Si, Soidade. Non minto. Soa lúgubre, verdade? Pois é o único que me deu a miña familia que de verdade aprezo. O segredo da miña familia sempre me perseguirá coma unha sombra que reflicte desgraza e desacougo. Sigo sen entender por que razón o meu tío fixo iso. Por que lle causou tanto dano a miña nai estando a piches de matala? Por que sen sentir o máis minimo remorso na súa vil conciencia nos deixou a ela e máis a min soas? Sen un míserento migallo de pan e cun can palleiro ao que alimentar ás costas. Co paso do tempo, cheguei a pensar que todo era culpa miña; por esa razón, deixei de ir á escola e empezei a 57
traballar no campo para outros granxeiros de comarca, e polo mesmo motivo tivemos que acubillarnos na casa duns amigos. Mais isto non podería durar moito tempo, tiñamos que buscar unha solución. A miña nai, Trinidade, díxome que non me preocupase e que debiamos retornar á vella aldea de Breiginton, onde ela nacera e onde aínda podería quedar algo para nós. A viaxe foi moi longa, non tiñamos nada máis que as nosas escasas pertenzas e a pouca comida que quedaba na casa. Pasamos moita fame e na recta final do camiño eu xa tiña a boca reseca pola falta de auga. Ao alcanzar o noso destino, petei na porta. Tardaron en abrila xa que era de noite e debían de estar a durmir. Ao saíren fóra, víronnos e sen dicir nada puxéronse a un lado para deixarnos pasar. Eran os meus avós, mais eu non os coñecía de nada, non os vira nunca na miña vida e sorprendeume o parecido entre a miña nai e a avoa. Eran coma dúas gotas de auga. -Filla que fas ti aquí? Hai moito tempo que non te vexo, xa pensaba que te olvidaras das túas raíces e que non te volvería ver nunca máis. Quen é esa mociña que traes contigo? - Pero, muller, non ves que é a súa filla?! Non ves o parecido?! Velaquí a nosa filla retornando á nosa casa co rabo entre as pernas como ben lle dixen que ocorrería se marchaba con ese lampantín, que da vida non sabía nada, e como ven podes observar, das responsabilidades, aínda menos. - Nin se che ocorra falar mal do meu difunto marido! As bágoas empezaron a esvarar pola súa face. Puiden observar como o avó se sorprendía ao escoitar o que dixo a miña nai e como se ía ensombrecendo a súa mirada de tristura ao ver as súas bagoas. -Sintoo, filla, non o sabía… - Achegouse a ela rapidamente e abrazouna -Sintoo de verdade! -E eu sinto vir sen avisar e cunha filla da que non sabiades nada, mais a verdade e que xa non sei o que facer. Aguantei tres anos despois da morte de Luis, mais o seu irmán fíxome a vida imposible despois de saber o meu segredo. Xa sabedes cal… -Mamá, xa estas outra vez?! Aínda que non o creas son o suficientemente maior como para saber ese segredo que me intentas agochar con todas as túas forzas. -A verdade, filla, e que debes dicirllo. -Pero, mamá, aínda non é maior dabondo como para sabelo. - Filla, dillo xa! - Está ben, papá. Soidade, a túa avoa é unha meiga e…eu tamén. - Iso non pode ser, as meigas non existen estasme a tomar o pelo para que deixe de molestar, seino ben, mais tampouco fai falta que me mintas tan descaradamente. -Non che estou a mentir, filla, síntoo mais é a verdade. Ti tamén es meiga aínda que como che falta aínda un ano para cumprir os dezaoito non descubriches os teus dons, que por certo son moitos, xa que pertences a unha das familias de meigas máis antigas e fortes do mundo. -Pero mamá, que dis? toleaches ou que? Non pode ser certo, non pode ser verdade o que me estades a dicir. -Sei que é difícil de aceptar, por iso me afastei deste lugar de meigas, no que viven os meus pais, para que non tiveses que vivir no mesmo ambiente onde tiven que facelo eu de pequena. - Que sabes ti o que eu quero ou o que quería de pequeña?! Ao mellor quería coñecer as miñas raíces, como debería de facer todo o mundo. Non podo crer que me dixeras que os meus avós estaban mortos e que de súpeto me traias aquí e mos presentes. Non te dás conta de que o feito de que mo ocultaras é peor que o segredo en si? A miña nai pediume disculpas e rogoume que tentase comprendela e perdoala, Eu fíxeno e quedamos alí, na casa dos avós: ela, o can e mais eu. Co paso do tempo fun acostumándome a aquel fermoso lugar que, aínda que non formase parte da miña infancia, agora si que podería formar parte do meu futuro. Un futuro duro e dificultoso polo segredo que debía gardar, pero nunca soa; mamá equivocarase. Si, por primeira vez equivocarase. Alí, naquel lugar que parecía tan afastado do mundo real, por fin empecei a encontrar persoas que se sentían igual ca min. Comecei tamén coa axuda da miña avoa a practicar diferentes conxuros e a estudar sobre a historia das meigas ao longo de tempo. Agora mesmo, xa moitos anos despois, encóntrome no campo das minervas tumbada no chan e deixándome levar cara a un novo lugar sexa cal sexa, que me espera despois da morte, mentres lembro todos eses anos. E xa dou o meu último suspiro á vez que un dron percorre o ceo. Pecho os ollos e déixome levar sabendo que nunca estiven, nin estarei, soa. Nemerline Nerea Goberna Garrido 4º B 58
AS HISTORIAS DO MEU AVÓ Ola, chámome Iria, e o meu avó chámase Xoán. El xa non está comigo, pero sempre recordo as súas historias de antes de durmir. Ao meu avó encantáballe contarme historias ao pé da lúa para que tivese soños incribles, cheos de fantasía. El sempre me falaba dun lugar máxico, encantador, e cheo de segredos. Ese lugar estaba nas Fragas do Eume. Dicíame que en cada árbore habitaba unha fada, e que, se a espertabas petando na madeira da árbore, contábache un conto. Unha noite moi estrelada, o meu avó, como sempre, sentouse ao meu carón para contarme unha historia. Esta historia sucedera nas fragas do Eume, nunha casiña agochada entre as infinitas especies de árbores que alí habitaban. Nesta casa vivía unha meiga e o seu can; non un can calquera, non, era un can de palleiro un tanto peculiar, xa que sabía falar. O nome era Loski. A meiga atopouno un día osmando pola súa casa pero non se sabía o porqué. Un día, mentres a meiga e Loski ían dar un paseo polo bosque, como de costume, viron unha fervenza. Pero, ao chegar alí, notaron como a auga do río comezaba a cambiar, pasando dun ton verde a un ton branco con destellos grises. Non sabían por que este acontecemento xurdira, porén seguiron o rumbo do río ata chegar ao final do caudal. Alí atoparon unha sorpresa: ao rematar o caudal, toda a auga se xuntaba e xurdía unha máxica cascada cunhas fermosas cores azuis, verdes, brancas.... Sen pensalo dúas veces, seguiron pescudando e atoparon un aparello que lles chamou a atención. Non sabían moi ben o que era, e decidiron ir en busca do sabio máis sabio de todos os sabios que habitaban nas fragas. O sabio atendeunos con ledicia, e explicoulles que era un Dron... - Un dron?- contestaron os dous abraiados e cos ollos abertos coma pratos. – Si, si un dron! Un dron!- exclama a meiga ilusionada. – Un dron! Un dron!- dixo Loski emocionado. - Si! Un dron...- refungou o sabio- e...que é un dron? - preguntaron Loski e a meiga ao compás. O sabio encheuse de valor e comezoulles a explicar o que era coas típicas palabras dunha persoa que entende de todo. - Un vehículo é un tipo de aeronave sen persoas a bordo, deseñado para cumprir tarefas de carácter civil ou militar, controlado por un humano a distancia ou cun certo grao de autonomía. Hainos de moitos tipos e formas e teñen un gran abano de aplicacións, pero xeralmente son empregados en traballos repetitivos, de transporte ou de traballo en sitios perigosos, onde os humanos non poderían facer o traballo con seguridade. Loski mirou a meiga e a meiga mirou a Loski. - E... agora explícanos iso con palabras sinxelas e fáciles de entender, por favor! -di a meiga. - Vaaale!, évos un aparello que voa conducido por un mando a distancia. - Un mando a distancia? Como o da televisión?- pregunta Loski intrigado. - Non exactamente- responde o sabio. - Moi ben, e agora podería explicarnos que facía un dron no medio dun río flotando como se fose un peixe?pregunta a meiga. - Pois non, non sei que facía alí; seguramente os axentes da CIA andaban buscando ouro por esta zona- confesa o sabio – Si, tanto poden buscar ouro, como poden buscar osos- afirma Loski. – Ao mellor véñenme a buscar a min, como son tan fermosa!!...- di a meiga con fachenda. - Ben, se xa sabedes que era ese aparello... que seguides facendo aquí? Pensades que non teño vida ou que?! -Vale don sabio, non pensabamos que tiñas tantas cousas que facer -contesta a meiga cun pouco burlona. -Pois si, si que teño cousas que facer. Deica logo! A meiga e Luski marcharon para destapar a verdade sobre ese dron tan falado. Colleron o dron, e marcharon a investigar. E.... o que pasou, foi un segredo xamais coñecido. Meu avó acostumaba deixar as palabras en suspense e por iso non me contou o final do conto. Só dixo que aquel lugar estaba cheo de segredos agochados baixo as rochas. Flavia Iria Rodríguez Fernández (1º ESO B)
59
Cousas que pasan
60
IES ANTÓN ALONSO RÍOS 2º Bacharelato A 2017/2018
IES ANTÓN ALONSO RÍOS 2º Bacharelato B 2017/2018
61
IES ANTÓN ALONSO RÍOS 2º Bacharelato 2017/2018
IES ANTÓN ALONSO RÍOS Instalacións de Telecomunicacións 2017/2018
62
BRÉTEMA 2017/18 Edición realizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, coa colaboración do Claustro de Profesores e dos Departamentos Didácticos do IES Antón Alonso Ríos. Textos: Cruz Garrido, Nati Iglesias, Fran Albertuz, Ledicia Seoane, Iria Giráldez, Isabel Acea, Laura Lago, Luis Lechuga, alumnado do IES. Imaxes: Cruz Garrido, Luis Lechuga, Nati Iglesias, Isabel Acea, Ledicia Seoane, alumnado do IES, banco de imaxes libres de Internet. Maquetación: Luis Lechuga. Esta revista foi rematada de editar en xuño do ano 2018 no IES Antón Alonso Ríos.
EDLG IES Antón Alonso Ríos Curso 2017/18 Erasmus #mémoire(s)
63
BRÉTEMA EDLG do IES Antón Alonso Ríos