A restauración borbónica

Page 1

ESTADO E NACIÓN NA RESTAURACIÓN BORBÓNICA


O Pensamento Político de Cánovas O sistema baseáse en dúas institucións: a COROA: representa a tradición e a unidade de España

as CORTES: representan a vontade da nación.


Características do sistema: -

-

-

Monarquía constitucional doutrinaria como forma de Estado e de goberno Sistema da dobre confianza. Para que o goberno conte sempre con maioría parlamentaria se recurre á fraude electoral e a actuación dos caciquesSistema de partidos baseado no bipartidismo. Alternancia pacífica de dous partidos que aglutinan as diferentes forzas políticas que aceptasen o sistema monárquico. Alternancia pacífica. Quenda de mútuo acordo entre as forzas políticas Sometemento do poder militar ao poder civil. Transaccionismo en materia de dereitos.


CONSTITUCIÓN DE 1876 • Modelo político: Monarquía constitucional doutrinaria conservadora • A Coroa: comparte a soberanía coas Cortes. Conta con importantes prerrogativas • Cortes bicamerais: – Congreso elexido por sufraxio censitario – Senado: senadores vitalicios nomeados polo rei, altas xerarquías do Estado, maiores contribuíntes

• Dereitos e liberdades redactados de forma imprecisa • Catolicismo de Estado


REINADO DE ALFONSO XII (1875-1885) • Foi un reinado breve. • O rei casou coa súa curmá María de las Mercedes de Orleans que so tiña 17 anos. • A raiña morreu de tifus 5 meses despois da boda


REINADO DE ALFONSO XII (1875-1885) • O rei volveu casar en 1879 con María Cristina de Habsburgo-Lorena coa que tivo tres fillos: • Mª de las Mercedes • Mª Teresa • Alfonso XIII


PARTIDO CONSERVADOR • Liderado por Cánovas o artífice do sistema • Incluía aos antigos moderados e a membros da Unión Liberal. • Eran partidarios da limitación dos dereitos políticos.


PARTIDO LIBERAL • Liderado por Práxedes Mateo Sagasta. • Estaba formado polos antigos progresistas e por demócratas moderados. • Eran partidarios da concesión de maiores dereitos e liberdades: -Lei de imprenta de 1883 -Lei de asociacións de 1887 - Lei de sufraxio universal de 1890


A QUENDA •

O sistema se baseaba na idea de que cando un Goberno tiña dificultades para gobernar o sufría desgaste a Coroa nomeaba presidente do Goberno ao líder do outro partido.

Ambos líderes aceptaban pacíficamente a situación.

Co nomeamento do presidente do Goberno o rei firmaba o decreto de disolución das Cortes e a convocatoria de eleccións xerais.

Dende o poder o novo goberno “preparaba” as eleccións para ter maioría nas Cortes.


A REXENCIA DE MARÍA CRISTINA (1885-1902)


O PACTO DO PARDO (Novembro de 1885) • Ante a morte do rei Alfonso XII para evitar a incerteza e garantir a permanencia do sistema, Cánovas e Sagasta acordaron: - Esperar ao nacemento do fillo que a raiña esperaba para proclamar ao herdeiro por se nacía un varón. - Continuar coa quenda. Cánovas dimitiu e a rexente nomeou a Sagasta presidente do goberno.


ALFONSO XIII


A guerra de Cuba • Cuba, Puerto Rico e Filipinas eran os restos do imperio colonial español. • En 1895 se reinicia en Cuba a guerra contra España, foi o “grito de Baire”, liderado por José Martí e o Partido Revolucionario Cubano


A insurrección en Filipinas • En 1896 iniciouse a insurrección en Filipinas, liderada por Andrés Bonifacio e

• Emilio Aguinaldo


• As autoridades españolas enviaron numerosos efectivos. • O exército español presentaba amplas carencias e debilidades: - mal dotado - con soldados mal equipados e mal preparados - recrutados entre as clases máis pobres - As enfermidades tropicais causaban mortes e enfermidades


A explosión do Maine • O insurrectos recibían apoio dos EE.UU. que estaban interesados en desprazar a España do Caribe e o Pacífico. • A explosión dun cruceiro norteamericano ancorado na Habana deu a escusa a o goberno dos EE.UU para enviar un ultimato a España.


A guerra con EE.UU. • A exaltación patriótica en España levou ao goberno a declarar a guerra a EE.UU. confiando nunha rápida victoria. • A guerra foi rápida e contundente. • A armada norteamericana era catro veces superior a española e moito máis moderna • Houbo tres batallas: Santiago de Cuba, Cavite e Manila. • A derrota española foi rápida e contundente. • España se viu obrigada a solicitar o armisticio


A GUERRA con EE.UU


A resistencia dos soldados espaĂąoles foi heroica a pesar das circunstancias adversas


Tratado de París • Firmouse o 10 de decembro de 1898 • España cedía Cuba, Puerto Rico, Filipinas e a Illa de Guam aos EE.UU. • Puerto Rico pasou de ser colonia española a ser colonia norteamericana • España recibía unha compensación económica de 20 millóns de dólares


Liquidación do imperio colonial • As illas Marianas e as Carolinas foron vendidas a Alemaña en 1899


O desastre do 98 • A derrota foi cualificada de desastre e causou un forte impacto na opinión pública, nos partidos políticos, nos intelectuais e nas clases medias. • Non provocou a quebra do sistema político nin unha grave crise económica, pero si puxo de manifesto a incapacidade da oligarquía para modernizar o pais. • Os militares sentiron unha profunda frustración e resentimento, responsabilizaron aos políticos da derrota, e se foron pechando en actitudes de defensa corporativa,desprezo a sociedade civil e ao sistema liberal.


O rexeneracionismo e a xeración do 98 • É unha corrente intelectual, política e literaria que impregnou a vida pública a finais do s. XIX e comezos do s. XX. • Fixo un profundo análise dos males do pais e criticou o sistema da Restauración. • Buscaba un remedio, un camiño para renovar e modernizar a realidade política e económica de España


Principais ideas do Rexeneracionismo • Os problemas de España: - A existencia dun Estado ineficaz e dunha clase política corrupta e oligárquica. - O escaso e ineficiente desenvolvemento dos recursos económicos. As solucións: - Sanear e democratizar o Estado, rexeneralo - Reforzar a estrutura produtiva


Joaquín Costa • Foi o máis destacado representante do Rexeneracionismo • Político, jurista, economista e historiador. • Defendeu o seu programa renovador nos seus escritos e na súa actuación persoal. • O seu programa resúmese no lema “Escola e despensa”. • A fortaleza que mantiña o caciquismo levoulle a xustificar a necesidade dun “cirurxián de ferro”, un gobernante que actuase de maneira autoritaria de xeito temporal para acabar cos males do país. • As súas propostas renovadoras tuveron unha gran influencia na opinión pública e nos políticos


"Después de medio siglo de (...) pronunciamientos, manifiestos, revoluciones, (...) cambios de régimen y de dinastía, proclamación de Constituciones (...), tenemos lo que se pedía, constitución liberal, (...) sufragio universal, derechos individuales y, sin embargo, seguimos lo mismo que estábamos: el pueblo gime en la misma servidumbre que antes, (...) su mísera suerte no ha cambiado en lo más mínimo, (...). ¿Y sabéis por qué? Porque esa libertad no se cuidaron más que de escribirla en la "Gaceta", (...) porque no se cuidaron de afianzarla dándole cuerpo y raíz en el cerebro y en el estómago, promoviendo una transformación honda de la agricultura, que haga producir doble que al presente y disminuya el precio de las subsistencias, y, mediante la difusión de la propiedad territorial, elevando a los braceros a la condición de terratenientes. (...) No vieron que la libertad sin garbanzos no es libertad. No vieron que por encima de todas las Constituciones y de todos los derechos individuales (...) el que tiene la llave del estómago tiene la llave de la conciencia, y, por tanto que el que tiene el estómago dependiente de ajenas despensas no puede ir a donde quiere, no puede hacer lo que quiere, no puede pensar como quiere, no puede el día de las elecciones votar a quien quiere; no reflexionaron que el que no sabe es como el que no ve, y que el que no ve tiene que ir conducido por Lazarillo a donde el Lazarillo quiere llevarle, que raras veces es a donde al ciego le conviene, que casi siempre es a donde le conviene al lazarillo, (...) la revolución no pudo rendir fruto alguno, quedó estéril". Joaquín Costa. "La tierra y la cuestión social"


O reinado de Alfonso XIII • En 1902 Alfonso XIII foi proclamado maior de idade con 16 anos. • Mostrou forte inclinación a intervir en asuntos políticos e militares. • En moitos casos esas intervencións resultaron pouco afortunadas


• En 1906 casou con Victoria Eugenia de Battemberg. • O día da boda foron víctimas dun atentado anarquista. • O pasar polo número 88 da Calle Mayor de Madrid Mateo Morral lanzou unha bomba oculta nun ramo de flores. • Morreron 23 persoas entre membros da guardia real y persoas que admiraban o desfile. A explosión non feriu a os reis nen aos gardas que ían na carroza

.

• A raiña presentouse ante os invitados co traxe manchado de sangue dos mortos que provocara o atentado


• Tiveron sete fillos. • A raiña, neta de Victoria de Inglaterra, era portadora do gen da hemofilia, que transmitiu ao Príncipe de Asturias



A crise da Restauración borbónica (1902-1923) • A partir de 1902 o sistema da Restauración foi desarticulándose progresivamente. • Os factores que a provocaron foron:


Excesivas e pouco afortunadas intervenciĂłns do monarca en asuntos polĂ­ticos e militares


O fraccionamento e descomposición dos partidos dinásticos • Os partidos non tiñan líderes sólidos tras a desaparición de Cánovas (asasinado nun atentado en 1897) e Sagasta (falecido en 1903)


PARTIDO CONSERVADOR Francisco Silvela

Eduardo Dato

Antonio Maura

Juan de la Cierva


PARTIDO LIBERAL

José Canalejas

Eugenio Montero Ríos

Manuel García Prieto

Álvaro Figueroa, Conde de Romanones


Fraude electoral e caciquismo • As súas prácticas continuaban inalteradas e eran cada vez máis insoportables para a opinión pública.


Crecente contestación política • As clases medias, favorecidas polo desenvolvemento económico e o crecemento das cidades apoiaron opcións republicanas e os nacionalismos periféricos. • Romperon o monopolio dos partidos dinásticos e lograron controlar a vida municipal nas principais cidades-


A auxe dos nacionalismos periféricos • En 1901 fundouse a Lliga Regionalista de Cataluña que rápidamente converteuse na forza política decisiva nesta rexión. • En 1895 Sabino Arana fundara o Partido Nacionalista Vasco


Incremento da conflictividade social • As organizacións obreiras anarquistas e socialistas aumentaron os seus afiliados e a súa capacidade de actuación. • O movemento obreiro español tivo unha importante carga revolucionaria como resposta as duras condicións de vida e a represión da patronal.


Atentados anarquistas • Eran a expresión da vinganza dun sector das masas obreras contra a actuación das autoridades e da oligarquía: • 1893. Bomba no Teatro do Liceo • 1897. Asasinato de Cánovas • 1906. Bomba contra el cortejo nupcial de Alfonso XIII e Victoria Eugenia • 1912. Asasinato de Canalejas • 1921. Asasinato de Dato


Incremento das correntes anticlericais • Enfrontamento irreconciliable entre o catolicismo intransixente da Igrexa, apoiado pola Coroa e as correntes anticlericais dos republicanos e as organizacións obreiras


Sucesivas derrotas militares • • • • •

Entre 1904 e 1906 os acordos hispano-franceses garantiron a España o territorio do norte de Marrocos entre Larache e Melilla. Zona e orografía montañosa e de clima moi árido habitada por tribos hostís a presencia occidental A ocupación do territorio foi lenta e difícil. O exército tivo que facer fronte a ataques esporádicos e baseados na sorpresa e na guerra de guerrillas, que causaban numerosas baixas. A “cuestión marroquí” converteuse nun problema de primeira magnitude


O intervencionismo do Exército • Intervención crecente do exército na vida política en defensa dos seus intereses corporativos. • Os militares aumentaron o seu resentimento contra as autoridades, os partidos políticos, a prensa, a sociedade civil e os nacionalismos periféricos. • Adopta posturas ideolóxicas cada vez máis conservadoras e autoritarias en reacción as críticas pola súa actuación. • Os militares se consideran os salvadores da patria e da unidade nacional.


Lei de Xurisdiccións, 1906 • En 1905 oficiais da guarnición de Barcelona asaltaron as redaccións de prensa de revistas nas que se criticaba ao Exército e se defendían ideas catalanistas. • O goberno non se atreveu a castigar aos culpables


• Aprobouse, co consentimento do rei, unha nova Lei de Xurisdiccións pola que se sometía a Código militar e xuizo militar os delitos de opinión e obra contra a unidade da patria ou contra o exército. • O poder militar impúxose así sobre o poder civil


As reformas de Maura Maura, político liberal conservador, era partidario de facer reformas dende arriba, sen modificar a estrutura económica e social, para evitar unha revolución dende abaixo, das clases populares. • Lei de reforma electoral de 1907. Pretendía dar efectividade ao sistema sen ter que recurrir aos métodos fraudulentos. Logrou o efecto contrario pola aplicación do artigo 29 que establecía que se nunha circunscripción electoral o número de candidatos era igual al de postos a cubrir, nos sería necesario sometelos a consulta electoral. • Lei de Administración local. Pretendía incrementar as competencias e a autonomía dos concellos e contemplaba a posibilidade das mancomunidades provinciais. Non chegou a ser aprobada.


A ocupación de Marrocos El Raisuni

• Tras os acordos de 1904 e 1906 España conseguiu de Francia a concesión do Norte de Marrocos como zona de influencia exclusiva. • Ás dificultades naturais houbo que sumar a resistencia das tribos -cábilas de orixe bérberlideradas por caudillos locais baixo a teórica autoridade do sultán de Marrocos

Abd-el-Krim



A derrota do Barranco do Lobo • En xullo de 1909 o exército español sufríu unha grave derrota no Barranco do Lobo, moi preto de Melilla onde se estaba a construir un ferrocarril mineiro. • O goberno, presidido por Antonio Maura e as clases dominantes consideraron que estes ataques ameazaban o prestixio internacional, ainda que o que esta en xogo eran intereses económicos de grupos capitalistas. • O goberno decretou a mobilización dos reservistas dos continxentes entre 1903 e 1907. • A opinión pública de esquerdas e as organizacións obreiras manifestáronse en contra.



A Semana Tráxica de Barcelona • O embarque das tropas en Barcelona provocou o inicio dunha folga xeral o 26 de xullo de 1906. • A folga foi un éxito e a protesta obreira radicalizouse: fixéronse barricadas, queimaronse igrexas e conventos… • Durante unha semana as masas obreiras foron donas das cidade, pero a falta de obxectivos máis aló da protesta antimilitarista e anticlerical, xunto co envío de reforzos militares, fixo fracasar a insurrección. • Houbo unha forte represión posterior – os fusilamentos de Montjuic- sendo acusado como autor intelectual dos feitos Francisco Ferrer i Guardia.


FRANCISCO FERRER I GUARDIA • Pedagogo y librepensador, de ideas anarquistas e masón. • Fundou a Escola Moderna, un centro de ensino mixto, laico e anticlerical. • Foi condeado sen probas a pesar das protestas internacionais.


Consecuencias políticas da Semana Tráxica • A crise forzou a caída do conservador Maura. Los liberais, presididos por Canalejas, volveron ao poder. • Favoreceu a reagrupación das forzas opositoras á monarquía: formouse a coalición electoral republicano-socialista, que permitiu a elección de Pablo Iglesias como deputado. • Nese ano os anarquistas fundaron a CNT, que convocará a primeira folga xeral en España en 1911

José Canalejas

Pablo Iglesias Posse


As reformas de Canalejas • O o liberal propuxo unha serie de reformas que pretendían ampliar a base social do sistema atraendo ás clases populares. • LEI DE ASOCIACIÓNS RELIXIOSAS (1910). Popularmente coñecida como “lei do cadeado”, limitaba o establecemento de novas ordes relixiosas en España. A forte oposición dos católicos máis conservadores e do Vaticano obrigou a retirala. • LEI DE MANCOMUNIDADES PROVINCIAIS (presentada en 1911 e aprobada en 1913 polo goberno conservador de Dato). Pretendía canalizar as reivindicacións rexionalistas mediante a formación de mancomunidades de municipios e a concesión dunha reducida autonomía rexional. • LEI DE RECRUTAMENTO (1912). Establecía o servizo militar obrigatorio e abolía a lei de quintas de 1835 – dando resposta a unha vella demanda das clases populares- pero estableceu os “soldados de cota” que mediante pago reducían considerablemente o tempo do seu servizo.


A crise de 1917 •

• •

O goberno de Eduardo dato mantivo a España neutral na 1ª Guerra Mundial, pero o conflito tivo un grave impacto na sociedade española. Dende o punto de vista ideolóxico a opinión pública dividiuse entre aliadófilos e xermanófilos. Dende o punto de vista económico a guerra converteu a España en subministradora de todo tipo de productos aos países belixerantes. Isto tivo un efecto positivo sobre o desenvolvemento comercial e industrial, pero provocou un aumento dos prezos, especialmente dos productos de primeira necesidade . Os salarios non subían ao mesmo ritmo que os prezos. As condicións de vida das clases populares se deterioraron, acentuándose o malestar social e político.


A crise militar: as Xuntas de Defensa •

• • • •

En 1916 se crearon en Barcelona as Xuntas de Defensa militares, asociacións de carácter corporativo formadas por oficiais de media e baixa graduación, para defender os seus intereses profesionais en materia económica. A perda de poder adquisitivo dos salarios e a precaria situación económica da oficialidade fixo que se estenderan rápidamente por toda España. Engadiron outras reivindicacións: regulamento dos ascensos, defensa do honor dos militares, represión contra o socialismo, o anarquismo e os separatismos nacionalistas. O goberno disolveu as Xuntas e os seus dirixentes foron detidos, pero a aberta rebelión solidaria dos oficiais obrigou ao Goberno a recoñecelas. O poder militar se impuxo novamente ao poder civil. A partir de entón os militares interviñeron no nomeamento do ministro da Guerra e se converteron nos máximos garantes da orde pública. Conseguiron as súas reivindicacións en materia de salarios e ascensos. Os problemas graves do exército non se solucionaron: orzamentos insuficientes, equipamento deficiente, exceso de oficiais, divisións internas entre oficiais de distintas armas e entre africanistas e xuntistas.


A crise política: a Asemblea de Parlamentarios • A debilidade do Goberno provocada pola crise das Xuntas de Goberno, a división dos partidos dinásticos, o desprestixio do rei polas súas intromisións en asuntos políticos… foi aproveitada por Francesc Cambó, líder da Lliga Rexionalista de Catalunya, para presionar ao goberno e lograr a autonomía para Cataluña.

Francesc Cambó


• Ante a intransixencia do Goberno de Madrid, a Lliga convocou, o 5 de xullo, unha reunión de deputados e senadores cataláns que demandaba unha inmediata reunión das Cortes con carácter de constituíntes para que deliberasen sobre a organización do Estado e a autonomía rexional e municipal. A maioría dos deputados e senadores cataláns acudiu. • No caso de que o Goberno non accedese, invitábase a todos os parlamentarios españois a unha Asemblea Extraordinaria como representantes da vontade do país. • A Asemblea de Parlamentarios celebrouse o 19 de xullo en Barcelona a pèsar da prohibición gubernativa. Acudiron 71 dun total de 760. So socialistas, republicanos e catalanistas. Insistiron na convocatoria de Cortes constituíntes. • O goberno a considerou ilegal, sediciosa, e separatista. • A iniciativa fracasou pola falta de apoios e as divisións internas ante a folga xeral de agosto. • A Lliga Rexionalista, defensora dos intereses da burguesía, abandonou as súas pretensións ante o medo á revolución social e buscou un acordo coas autoridades centrais


A crise social: a folga revolucionaria • A masiva exportación de productos españois durante a Gran Guerra, especialmente de alimentos, provocou a alza dos prezos e o incremento do malestar social. • En decembro de 1916 UXT e CNT, as principais centrais sindicais convocaron unha folga xeral de 24 horas contra a carestía da vida. O seguimento foi maioritario entre as clases traballadoras


• No verán de 1917, coincidindo coa Asemblea de Parlamentarios en Barcelona, os ferroviarios valencianos iniciaron unha folga laboral. • O conflito estendeuse ante a actitude intransixente do Goberno. • A UXT e o PSOE convocaron unha folga xeral revolucionaria para o 13 de agosto de 1917 co obxectivo de derrocar ao goberno e lograr a convocatoria de Cortes constituíntes. • A folga contou coa colaboración da CNT e dos republicanos. • A incidencia foi desigual. O seguimento foi maioritario entre o proletariado de Madrid, Barcelona, Levante, Pais Vasco e Asturias. • A resposta do goberno foi a represión: imposición da lei marcial, disolución violenta das manifestacións, emprego das armas de fogo polas forzas da orde, detencións masivas, cadea perpetua para os asinantes da convocatoria de folga… • A folga fracasou pola dura represión e a falta de estratexia dos folguistas


Síntese da crise de 1917 • En 1917, en poucos meses, unha parte do exército, unha parte dos parlamentarios e unha fracción organizada da clase obreira ameazaron con botar abaixo a orde constitucional e o sistema da Restauración. • O Goberno logrou controlar a situación pola falta de obxectivos e estratexias comúns dos protagonistas. • Os partidos republicanos e nacionalistas, formados por burgueses, decidiron renunciar as súas pretensións e poñerse ao lado do Goberno, xunto co Exército, para restablecer a orde.


A quebra da quenda • Desde 1917 a inestabilidade política e social foi en aumento. • A debilidade dos gobernos e o desprestixio da clase política foi unha consecuencia desta situación. • O fraccionamento dos partidos dinásticos e as tensións entre os líderes dificultaba a formación e duración dos gobernos. • Alfonso XIII recorreu a formación de gabinetes de concentración, compostos por políticos de distintos grupos ou incluso de distintos partidos.


• Sirva como exemplo o primeiro Goberno de Coalición Nacional integrado por (de esquerda a dereita con faxins) Santiago Alba, Romanones, Antonio Maura,o rei Alfonso XIII, Dato, García Prieto, González Besada e Cambó .


O agravamento da conflictividade social e política • Causas do aumento da conflitividade: – Crise económica despois da fin da 1ª Guerra Mundial – Triunfo da Revolución Bolxevique en Rusia (aumenta o número de afiliados a partidos e sindicatos obreiros)

• Folgas e conflitos sociais entre o proletariado industrial, especialmente en Barcelona. • Revoltas campesiñas en Andalucía e Estremadura. • Radicalización e violencia: – Aumento dos atentados anarquistas. – Represión gubernamental


• Os republicanos aumentaron e acentuaron as críticas ao sistema. – Mantiveron a conxunción electoral cos socialistas. – Desenvolvéronse organizacións republicanas autónomas nos distintos territorios (Valencia, Cataluña…). – Xurdiron novos líderes e partidos, como Alejandro Lerroux, que fundou o Partido Republicano Radical. – En Galicia seguiu destacando a presenza republicana na Coruña

• Proseguiu o incremento da actividade dos movementos rexionalistas e nacionalistas periféricos: a Lliga Rexionalista en Cataluña, o Partido Nacionalista vasco nas Provincias vascas e as Irmandades da Fala en Galicia.


A cuestión marroquí e o desastre de Annual • En 1912 os gobernos español de francés delimitaron as súas zonas de influencia e crearon o Protectorado. • España avanzaba moi lentamente na ocupación e pacificación do Rif, tanto polas dificultades do terreo, como pola resistencia das tribus locais.


• O Goberno incrementou os gastos militares. • Creáronse corpos específicos: – O corpo de Regulares indíxenas, en 1911, que integraba tropas indíxenas ao mando de oficiais españoles. Foi creado polas protestas da poboación española que era recrutada para loitar no Protectorado – A Lexión Española o “Tercio de Estranjeros”, en 1920, polo Teniente Coronel Millán-Astray, formada por voluntarios españoles o de outras nacionalidades. Pretendía ser un corpo profesional entrenado específicamente para guerra no Rif.


O desastre de Annual • En 1921, o xeneral Silvestre, estimulado polo rei, realizou unha manobra arriscada, pretendendo ocupar Alhucemas, pero non asegurou a retagarda. • As cabilas rifeñas, mandadas por Abd-el-Krim, atacaros as tropas españolas. Houbo máis de 10.000 baixas.


• Mal adestrados, dirixidos por oficiais ineptos, aterrorizados pola brutalidade do inimigo, se producíu unha retirada desordeada cara a Melilla. • El general Silvestre murió en el campo de batalla. Se suicidó? • Os rifeños controlaron a zona rápidamente e proclamaron a independencia da República do Rif


Consecuencias do Desastre de Annual • Provocou un forte impacto na opinión pública e aumentou a impopularidade da guerra e do exército. • Abriuse unha investigación para depurar responsabilidades: o “Expediente Picasso”. O xeneral Juan Picasso, instructor do expediente, atopouse con innumerables atrancos para levar adiante as averiguacións. Se difundiron as sospeitas de que o Alto mando e incluso o rei eran responsables.O golpe de Estado do Xeneral Primo de Rivera interrumpiu definitivamente a investigación. • Ante o cúmulo de problemas o réxime tiña dúas alternativas: democratizarse ou impor unha solución de forza “un cirurxían de ferro”. • A oposición da oligarquía dominante e da Coroa á democratización favoreceu a imposición dunha ditadura militar en 1923.


A ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) • O 13 de setembro de 1923, Miguel Primo de Rivera, capitán xeneral de Cataluña, contando co apoio de diversas personalidades políticas e militares deu un golpe de Estado en Barcelona. • Os protagonistas o xustificaron pola situación política e económica de España: – – – – –

Fracaso da guerra de Marrocos Críticas ao rei Radicalización das manifestacións catalanistas Auxe do terrorismo Medo a subversión social e política


• O goberno, presidido por García Prieto, tratou de que o rei aprobase a destitución dos xefes militares implicados. • A falta de apoio do monarca provocou a dimisión en pleno do Goberno. • O día 14 de setembro o rei chamou a Primo de Rivera para que asumise o poder, aceptando así o golpe. A Coroa uniu así o seu destino o da ditadura.


• O golpe de Estado contou inicialmente cunha gran aceptación popular polo malestar político e social e porque se presentaba como unha medida excepcional e transitoria. • Os políticos conservadores, os terratenentes, a burguesía comercial e financeira, os pequenos e medianos propietarios apoiaron a nova situación política. • Os socialistas non se opuxeron e incluso colaboraron. • Os anarquistas da CNT e o Partido Comunista mantiveron unha total oposición á ditadura. • Os intelectuais, os estudiantes e os republicanos, así como algúns dos vellos políticos monárquicos amosáronse críticos.


O xeneral Primo de Rivera presentouse a si mesmo como o rexenerador, o “ciruxián de ferro” que o pais necesitaba para solucionar os problemas máis urxentes: caciquismo, corrupción política, separatismo, terrorismo, enfrontamentos sociais, escaso desenvolvemento económico, guerra en Marrocos… Non tiña formación intelectual nin política, o seu pensamento era simplista e inxenuo: - De base ideolóxica católica e conservadora - Matizado pola mentalidade e principios militares de orde e autoridade - Fortemente influenciado por Mussolini e fascismo italiano. O réxime establecido por Primo foi esencialmente autoritario, populista, paternalista e excesivamente optimista.

O xeneral Miguel Primo de Rivera


O Directorio Militar, 1923-1925

• •

Formado so por militares, o novo gabinete gobernou mediante decretos dando prioridade aos seguintes aspectos: O desmantelamento do sistema político da Restauración co obxectivo de acabar co caciquismo e rexenerar a vida política – Suspensión da Constitución de 1876 – Destitución das autoridades vixentes – Creación dos delegados gobernativos – Reforma da normativa electoral – Elaboración de novos estatutos municipal e provincial – Formación dunha organización cívica: a Unión Patriótica, que oscilou entre un movemento de apoio e propaganda da ditadura e o partido único do novo réxime.


• O restablecemento da orde pública, tratando de controlar o movemento obreiro. – Decretouse o estado de guerra ata 1925 – Quedaron prohibidas as reunións – As organizacións obreiras vinculadas á CNT e ao PCE foron perseguidas – Estendeuse o Somatén a toda España, unha organización creada en Cataluña, formada por paisanos armados baixo a autoridade dos mandos militares. A súa función era colaborar coa Garda civil para manter a orde e a paz pública.


A defensa da unidade da patria: – Desenvolvéronse campañas de afirmación dos símbolos nacionais de España – Reprimíronse as reivindicacións e manifestacións nacionalistas de cataláns, vascos ou galegos, coa prohibición de bandeiras, símbolos ou himnos que non fosen os españois, a clausura de institucións e diarios nacionalistas; a persecución e detención de dirixentes; a prohibición doutras linguas que non fosen o castelán en actos públicos, nas escolas


• A fin da guerra de Marrocos Primo de Rivera era partidario de abandonar Marrocos, pero a presión dos militares obrigoulle a cambiar de idea. • Abd-el Krim, tras a derrota española en Annual, decidiu atacar territorio francés. • Os gobernos español e francés coordinaron a súa actuación e aumentaron os efectivos na zona • A estratexia española foi un desembarco na baía de Alhucemas en setembro de 1925. A estratexia foi un éxito e permitiu conquistar o Rif. • En 1926, tras sucesivas derrotas Abd-el Krim asinou a rendición e entregouse aos franceses. •

En xullo de 1927 rematou oficialmente a guerra, contribuíndo ao prestixio do exército e a popularidade do ditador


O Directorio Civil (1925-1930) • En decembro de 1925, tras o éxito do desembarco de Alhucemas e restablecida a orde pública, Primo de Rivera decidiu afianzarse no poder, por fin a ditadura militar e constituir un directorio formado maioritariamente por civís vinculados á Unión Patriótica, para “volver á normalidade”. • Contou co apoio do rei.


Intento de instauración dun réxime corporativo. • Primo consideraba fracasado o parlamentarismo liberal e o réxime constitucional, por iso intentou instaurar un réxime corporativo inspirado no fascismo italiano. As pezas esenciais dese réxime serían: - A Organización Corporativa do Traballo (1926). Pretendía regulamentar as relacións entre obreiros e patróns a través dos comités paritarios, formados por igual número de obreiros e de patróns e presididos por un representante do Goberno. Os comités contaron co apoio e participación da UXT e dos sindicatos católicos. • Paralelamente elaborouse unha ampla lexislación laboral e social, co obxectivo de mellorar as condicións de vida dos traballadores, como o Código de Traballo (1926). • Tamén se adoptaron numerosas medidas de carácter populista como: a distribución de comida e roupa ás familias necesitadas, a construcción de casas baratas, a asignación de fondos para a formación profesional dos obreiros, os subsidios para as familias numerosas, a regulamentación do traballo nocturno feminino


A Asemblea Nacional. Constituída en 1927. - Tiña un carácter consultivo. - A súa función era elaborar e presentar proxectos de leis ao Goberno. - Estaba formada polos representantes das diferentes corporacións do Estado (concellos, deputacións), dos sectores económicos e da Unión Patriótica. - En 1929 presentou o proxecto dunha nova Constitución que establecía:  Unha organización territorial unitaria e centralizada.  Unha Asemblea única, de composición tripartita e desigual (a metade dos deputados escollidos por sufraxio universal, outros designados polo rei e os demais de representación corporativa).  A relixión católica como oficial do Estado  Un consello do Reino consultivo para a designación do xefe de Goberno As fortes críticas –tanto dos políticos liberais como dos partidos de esquerdas- coas que foi acollido este proxecto levaron a súa retirada


A potenciación do desenvolvemento económico. • O Directorio Civil puxo en marcha unha política económica baseada no intervencionismo estatal no marco do capitalismo, conformando un sistema denominado corporativismo autoritario. As principais medidas se inspiraban no fascismo italiano, e foron: – Forte proteccionismo arancelario – Regulamentación da producción e da competencia creando organismos supervisores – Control do mercado interior e dos prezos – Fomento da producción nacional mediante medidas crediticias e encargos estatais – Formación de monopolios para garantir a subministración de determinados servizos, como os telefónicos –ITT- ou os derivados do petróleo CAMPSA – Potenciación das vías de comunicación e das obras públicas: estradas, ferrocarrís, pantanos e regadíos – Intento de reforma fiscal que incluía un imposto progresivo sobre rendas e ganancias; foi abandoado pola oposición dos contribuíntes máis poderosos.


Balance das medidas económicas • As medidas económicas adoptadas se viron favorecidas pola prosperidade económica mundial (os felices vinte despois da 1ª Guerra Mundial) e a paz social lograda polo control da orde pública e a represión da axitación obreira. • O crecemento económico foi apreciable pero non solucionou problemas de fondo: – A producción española, amparada polo proteccionismo, seguiu sendo pouco competitiva – O elevado gasto do Estado fixo aumentar o déficit público – A agricultura seguía a ter graves problemas pola ausencia de reformas estructurais – Os máis beneficiados foron a gran burguesía terratenente, financeira e industrial


O incremento da oposición e a caída de Primo de Rivera •

O intento do réxime de perpetuarse fixo arreciar as críticas, que proviñan de caseque tódolos ámbitos: – Os republicanos formaron en 1926 a Alianza Republicana na que se integraron diversos grupos e personalidades. En 1929 fundouse en Galicia a ORGA (Organización Republicana Galega Autónoma). – Os políticos liberais demandaba o retorno ao sistema constitucional e apoiaron unha conspiración militar coñecida como a Sanjuanada (24-61926) que fracasou. Os seus líderes foron detidos e multados, pero contribuíu ao desafecto á Monarquía. – Os estudantes acentuaron as súas protestas polos proxectos do goberno de modificar os planes de estudos favorecendo ás universidades privadas – Os anarquistas organizaron atentados frustrados contra o rei. Os máis radicais fundaron en 1927 a FAI (Federación Anarquista Ibérica) – Os nacionalismos periféricos, sobre todo o catalán, radicalizaron as súa oposición ante a prohibición dos seus símbolos en linguas. – Os militares do corpo de Artillería eran contrarios á reforma militar e á política de ascensos que quería levar a cabo Primo de Rivera (primando os méritos de guerra fronte a antigüidade). En 1929 disolveuse o corpo de Artillería e moitos dos seus oficiais engrosaron as filas republicanas.


• • • • •

Ante estas dificultades, e querendo comprobar se contaba co apoio do exército para seguir gobernando, en xaneiro de 1930 Primo de Rivera preguntou aos xefes militares se contaba co seu apoio. As respostas caracterizáronse pola ambigüidade e a falta de entusiasmoO ditador, sentíndose so e sen apoios, presentou a dimisión ao rei o 29 de xaneiro de 1930. O rei aceptou a dimisión. Primo de Rivera marchou ao exilio cara a Francia onde faleceu o 16 de marzo de 1930.


A fin da monarquía (1930-1931) • Tras a dimisión de Primo, o rei encargou ao xeneral Dámaso Berenguer a formación dun novo goberno. • O seu obxectivo era restablecer o sistema constitucional de 1876. • A idea dunha España republicana tiña cada vez máis adeptos. En Galicia, no denominado Pacto de Lestrove (marzo de 1930) creouse a FRG (Federación Republicana Galega) na que se integraron os diferentes grupos republicanos. • En agosto de 1930 un importante grupo de personalidades políticas (republicanos, antigos monárquicos, nacionalistas, socialistas) reuníronse en San Sebastián e estableceron un pacto verbal, coñecido como Pacto de San Sebastián.


O Pacto de San Sebastián Os reunidos comprometéronse a: - derrocar á monarquía e proclamar a república parlamentaria - garantir a liberdade política e relixiosa - convocar eleccións a Cortes Constituíntes - abrir a posibilidade do recoñecemento da autonomía política das rexións - formar un Comité revolucionario que actuaría como goberno provisional no inicio da nova república


• A lentitude do goberno de Berenguer – cualificado pola prensa e a opinión pública como “dictablanda”- na realización das reformas necesarias para o restablecemento das liberdades, intensificou as críticas antimonárquicas.

Os heroes de Xaca: os capitáns Fermín Galán e García Hernández

• O rei non contaba con máis defensores que a aristocracia e algúns tradicionalistas católicos. • En decembro houbo dous intentos frustrados de proclamar a república pola forza; un en Xaca e outro en Madrid.

O xeneral Queipo de Llano e os comandantes Ramón Franco e Hidalgo de Cisneros organizaron o intento do aeródromo de Catro Ventos.


• En febreiro Berenguer foi substituído polo almirante Xoán Bautista Aznar. • O novo goberno decidiu convocar primeiro eleccións municipais e despois xerais. As eleccións se convocaron para o 12 de abril. • Dadas as circunstancias as eleccións adquiriron un carácter de carácter de plebiscito a favor ou en contra da monarquía. • O goberno e o exército declararon que aceptarían o resultado. • Ainda que nas zonas rurais predominaron as candidaturas monárquicas, nas cidades triunfaron as candidaturas republicanas (41 das 50 capitais de provincia e as principais poboacións). • Isto foi interpretado como un apoio maioritario ao establecemento da república.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.