NACIÓN E NACIONALISMOS EN ESPAÑA
O CONCEPTO NACIÓN • NACIÓN = comunidade política, pobo, asociación de individuos vinculados por lazos comúns… cun requisito mínimo: que os seus membros teñan o sentimento de pertencer a ela . (SENTIMENTO NACIONAL)
• PATRIA = terra de nacemento. PATRIA = NACIÓN
• NACIONALISTAS ou patriotas = os que defenden a existencia da nación como comunidade diferenciada. • Consideran que a NACIÓN ten dereito a decidir libre e colectivamente o seu destino= DEREITO DE AUTODETERMINACIÓN • Este dereito implica a capacidade para dotarse dun autogoberno e formar unha NACIÓN SOBERANA cun Estado independente. • Este Estado independente pode ser reclamado e defendido pola violencia e as armas=LOITA DE LIBERACIÓN NACIONAL
NACIONALISMO
CONCEPCIÓN ORGÁNICO-HISTORICISTA A humanidade está dividida de forma natural en nacións, definidas por unha cultura, unha lingua, unha historia e uns costumes particulares e distintos dos demais. A nación é unha entidade viva superior aos individuos, destinada a perpetuarse
CONCEPCIÓN LIBERAL-VOLUNTARISTA Os factores definitorios dunha nación son de carácter político. A nación é entendida como o conxunto de cidadáns libres, iguais e solidarios entre si, que viven nun territio baixo unha lei común para todos e están sometidos a un goberno lexitimado pola participación política e o consentimento dos cidadáns
• Dende o punto de vista da análise histórica, as nacións non están predeterminadas nin existen desde tempos inmemoriais, como consideran os nacionalistas. • Para a Historia as nacións son produto da evolución de distintos factores relativamente recientes vinculados coas transformacións políticas e ideolóxicas orixinadas polas revolucións liberais.
A cuestión nacional en España •
• •
España é un dos Estados máis vellos de Europa, sen embargo a cuestión nacional é un problema inacabado e polémico. O nacionalismo español defende a idea de España como nación. Os movementos nacionalistas periféricos, en especial en Cataluña, Pais Vasco e Galicia defenden a consideración das súas comunidades como nacións distintas da española
O nacionalismo español • A idea moderna de nación española naceu vinculada ás transformacións políticas liberais realizadas polas Cortes de Cádiz e como reacción á ocupación das tropas napoleónicas. • A Constitución de 1812 definiu a nación española como un corpo político independente na que residía a soberanía. Os seus habitantes, por formar parte da mesma nación debían estar sometidos ás mesmas leis. Isto implicaba a abolición de todas as particularidades persoais e territoriais. TÍTULO PRIMERO DE LA NACIÓN ESPAÑOLA Y DE LOS ESPAÑOLES CAPÍTULO PRIMERO De la Nación española. Art. 1º. La Nación española es la reunión de todos los españoles de ambos hemisferios. Art. 2º. La Nación española es libre e independiente, y no es ni puede ser patrimonio de ninguna familia ni persona.
O nacionalismo español conservador •
É a corrente defendida polo liberalismo doutrinario, por tanto por moderados e conservadores (Cánovas) e tamén polos tradicionalistas. • Define a nación española como unha entidade colectiva, superior a vontade dos individuos, froito da historia que estaba destinada a formar unha unidade política inseparable dende épocas remotas. • Os elementos de identidade desa nación española son: – A Coroa, manifestación da unidade fronte a tendencias disgregadoras – O catolicismo, unha especificidade de España e do español fronte aos demais pobos – A Península Ibérica un territorio delimitado polas fronteiras naturais dos Pirineos e o mar. – A unidade da patria, incompatible cos particularismos locais e rexionais. Un modelo de Estado centralizado e uniforme.
Marcelino Menéndez Pelayo “Historia de los heterodoxos españoles” "España, evangelizadora de la mitad del orbe; España martillo de herejes, luz de Trento, espada de Roma, cuna de San Ignacio; ésa es nuestra grandeza y nuestra unidad; no tenemos otra. El día en que acabe de perderse, España volverá al cantonalismo de los arévacos y de los vetones o de los reyes de taifas. A este término vamos caminando más o menos apresuradamente, y ciego será quien no lo vea. Dos siglos de incesante y sistemática labor para producir artificialmente la revolución, aquí donde nunca podía ser orgánica, han conseguido no renovar el modo de ser nacional, sino viciarle, desconcertarle y pervertirle” .
O nacionalismo español liberal-democrático • •
•
Foi a interpretación defendida por demócratas e republicanos (Pi i Margall, Ortega y Gasset, Azaña). Considera que a nación española é unha construcción política, un corpo de asociados unido baixo as mesmas leis, froito da vontade dos individuos na historia (concepción voluntarista e política). Os seus símbolos son: – – – –
A participación democrática do pobo A defensa dos dereitos e liberdades O laicismo, engadido polos republicanos A unidade da patria é compatible co mantemento dos particularismos locais. Uns defenden a descentralización administrativa e outros a autonomía política territorial.
Rexionalismos e nacionalismos periféricos •
•
Na 2ª metade do século XIX xurdiron en España manifestacións culturais e políticas na periferia peninsular, principalmente en Cataluña, Pais Vasco e Galicia, que evolucionaron progresivamente na defensa da existencia de nacións propias, diferenciadas da española. Unha serie de factores se sumaron á orixe destes movementos: – A diversidade cultural e lingüística que se reflicte no emprego de distintas linguas na periferia peninsular: galego, catalán e euskaro. – A imposición do Estado liberal, centralizador e unitario, que suprime as particularidades xurídicas e territoriais e da prioridade aos valores e a lingua castelá, incrementando o enfrontamento centro-periferia. – O desigual desenvolvemento capitalista provocou importantes desequilibrios. Os focos de desenvolvemento económico non coincidían cos centros de decisións políticas. – A débil nacionalización española. É dicir, o débil desenvolvemento dun sentimento nacional español amplamente aceptado por todos os habitantes. – O descontento e a desilusión pola marcha xeral do país, consecuencia do atraso económico, cultural e político e dos fracasos e desastres coloniais, que dificultaba crear un proxecto común e sentirse orgulloso de ser español.
•
Os nacionalismos periféricos rexeitaban a existencia dunha nación española unitaria e defenderon: – unha organización do Estado español compatible co autogoberno no caso galego ou catalán – A independencia total no caso vasco
O proceso de consolidación dunha conciencia nacional propia pasou por diversas fases: – 1ª fase: un número reducido de eruditos burgueses comeza a interesarse pola historia, a lingua e a cultura da súa comunidade, creando as bases para unha solidariedade colectiva. – 2ª fase: súmase a axitación política, que aspira a conseguir cotas de autogoberno. Xorden así o galeguismo, o catalanismo, o biscaitarrismo, o andalucismo…
Rexionalismo e nacionalismo A axitación política reivindicadora evoluciona cara a unha maior radicalización e especificidade: O REXIONALISMO: termo empregado a partir da década de 1880 para cualificar movementos políticos e culturais que reivindican a descentralización administrativa e autogoberno fronte ao Estado unitario, uniformador e centralizador. O NACIONALISMO: movemento en defensa da consideración e do recoñecemento da comunidade propia como unha nación diferenciada con dereito a dispor de soberanía política e de goberno propio. A finais do século XIX e comezos do século XX, aparece así a idea da existencia da nación galega, catalá ou vasca e a creación de partidos nacionalistas que defenden estes dereitos
O CATALANISMO • É un amplo movemento de defensa dos intereses cataláns en todos os ámbitos desde o político ao cultural. • As manifestacións do catalanismo fóron múltiples, destacando as reivindicacións culturais e políticas, que en moitos casos van unidas. • O catalanismo político presenta unha amplia variedade - ideolóxica : desde o tradicionalismo conservador ao federalismo republicano. - social: unhas vinculadas aos grupos burgueses e outras ao proletariado urbano e aos campesiños. - estratéxica : desde a colaboración e a participación no goberno do Estado español á creación dun Estado propio e independente , así como a defensa do autogoberno e do federalismo.
A personalidade diferencial de Cataluña •
•
O desenvolvemento das revolucións industrial e liberal provocou a progresiva exaltación dos valores considerados como específicos dos cataláns, especialmente o sentimento de identidade colectiva fronte ao resto de España. Entre os factores que contribuíron ao fomento destas diferencias destacan: – A existencia dunha lingua propia, empregada maioritariamente por todas as clases sociais , potenciada como lingua literaria a partir da década de 1830. A RenaixenÇa avivou os sentimentos catalanistas e deu orixe a actos divulgadores e publicacións.
– A permanencia dos costumes e do dereito tradicional catalán. – A conciencia dun pasado histórico glorioso do que se sentían orgullosos e do que proceden numerosos símbolos identificativos da personalidade catalá: a bandeira, o himno dos Segadores, a Generalitat. – O desenvolvemento industrial que contrastaba fortemente co resto de España, predominantemente agrario – A marxinación política sentida polos cataláns fronte á centralización na toma das decisións en Madrid acentuaron as críticas do catalanismo sobre a ineficacia das medidas dos gobernos centrais.
•
-
-
-
O rexionalismo catalán
As primeiras manifestacións do catalanismo xurdiron na década de 1880 consistiron na defensa do autogoberno catalán sen discutir a unidade nacional de España. Ideolóxicamante se dividiu en dúas tendencias: Tendencia progresista. Liderada polo federalista Valentí Almirall. Para el a reivindicación política estaba vinculada á idea de modernización e transformación do pais. Fundou o Diari catalá (1879) e o Centre Catalá (1882). Froito da súa iniciativa presentouse o Memorial de agravios ao rei Alfonso XII en 1885. Tendencia conservadora. Foi o que tivo máis capacidade de actuación e influencia na vida política española. En 1857 fundouse a Lliga de Catalunya da que formaron parte Prat de la Riba, Puig i Cadafalch o Cambó, futuros dirixentes do catalanismo. En 1891 fundouse a Unión Catalanista, que na súa primeira asemblea redactou un proxecto autonomista de carácter conservador, as Bases de Manresa.
Valentí Almirall
Puig i Cadafalch Prat de la Riba
O nacionalismo catalán • • • •
O catalanismo político foi evolucionando cara a posicións nacionalistas. Henrique Prat de la Riba foi o primeiro en identificar Cataluña como nación, pois contaba con requisitos para ser considerada como tal: lingua, dereito, territorio, conciencia da súa existencia diferencial e vontade de autogobernarse. Para harmonizar o autogoberno catalán coa unidade de España, propuxo a fórmula da federación das distintas nacións e nacionalidades ibéricas que constiturían España. O nacionalismo catalán conservador partiu das ideas de Prat de la Riba. Os seus partidarios fundaron a Lliga Rexionalista de Cataluña (1901) co obxectivo de participar activamente na vida política catalá e española. Os seus triunfos electorais convertérona na primeira forza política en Cataluña. En 1913 logrou a aprobación da Lei de Mancomunidades. En 1914 constituíuse a Mancomunidade de Cataluña, un goberno interprovincial con finalidade exclusivamente administrativa. Francesc Cambó, o dirixente máis destacado da Lliga formou parte de diferentes gobernos en Madrid entre 1917 e 1922.
•
•
• •
O nacionalismo catalán progresista e republicano foi coetáneo do conservador. O seu principal representante foi Antonio Rovira i Virgili. Nas súas obras insistíu na idea de Cataluña como nación forxada pola historia, pero sobre todo pola vontade dos individuos que a conforman. Defendeu a creación dun Estado catalán baseado e consolidado pola democracia, as liberdades cidadáns, o reformismo social, o laicismo e o republicanismo. No terreo organizativo o catalanismo de esquerda caracterizouse pola fragmentación e a vinculación co republicanismo. Os seus partidarios crearon as primeiras organizacións abertamente independentistas baixo a dirección de Francesc Maciá : – Federación Democrática Nacionalista, 1919 – Estado Catalán, 1922
Todas as reivindicacións catalanistas foron prohibidas pola ditadura de Primo de Rivera, o que contribuíu á súa radicalización e favoreceu o reagrupamento das forzas da esquerda nacionalista e republicana. En 1931 formaron Esquerra Republicana de Cataluña. Antonio Rovira i Virgili
O nacionalismo vasco Orixe histórica: • Durante a Idade Media e o Antigo Réxime , as provincias vascas – Guipúscoa, Biscaia e Álava e o reino de Navarra conservaron numerosos privilexios forais: - estatus de fidalguía para os seus habitantes - sistema fiscal propio - institucións administrativas e xurisdiccionais - aduanas internas que as separaban de Castela - prestacións militares só no seu territorio •
Os monarcas casteláns e españois xuraban estes privilexios forais.
Carlismo e foralismo • • •
•
A Constitución de 1812 eliminou os privilexios forais existentes, provocando un forte sentimento de oposición entre vascos e navarros. A restauración absolutista de Fernando VII reinstaurou o sistema foral do A.R. En 1833 reavivouse o conflito, que se manifestou na 1ª Guerra Carlista. A promesa de D. Carlos de respectar os privilexios forais explica o apoio maioritario das provincias vascas e Navarra a causa carlista. O Convenio de Vergara (1839) puxo fin ao conflito de xeito diferente: Carlos VII - En Navarra. A Lei paccionada (1841) convertía o antigo reino nunha provincia especial que mantiña a súa autonomía fiscal e administrativa. - Nas Provincias Vascas. A negativa dos seus representantes a aceptar modificación no seu estatus levou a Espartero á supresión dos foros en 1841. Ainda que foron parcialmente restablecidos polos moderados, a derrota definitiva en 1876 levou ao goberno de Cánovas a suprimilos definitivamente.
•
•
En 1878 ante as protestas vascas, Cánovas estableceu o Réxime do Concerto Económico que concedeu as Deputacións das provincias vascas a capacidade para: - distribuir as quintas militares - recadar rendas e impostos cos que debían contribuir ás cargas do Estado en virtude dun cupo establecido e negociado co Goberno central Este Concerto económico estivo vixente ata 1937. A abolición dos dereitos forais vascos provocou un sentimento de frustración nos sectores tradicionalistas, que mantiveron viva a reivindicación de conseguir a reintegración foral plena.
•
•
Ao mesmo tempo a rápida industrialización do Pais Vasco conlevou unha importante transformación social e económica e provocou a chegada de inmigrantes procedentes doutras zonas de España. Ambos procesos foron considerados polos tradicionalistas (tamén chamados carlistas) como unha ameaza para a supervivencia da sociedade, da cultura, dos costumes e das tradicións vascas.
Sabino Arana Goiri •
Educado no seo dunha familia carlista, o seu pensamento foi abertamente contrario ás transformacións sociais e políticas que o liberalismo e a industrialización introducían no Pais Vasco.
• •
Creía na liberdade inmemorial dos vascos fronte aos demais pobos. Afirmaba que a incorporación das provincias vascas á Coroa de Castela fora voluntaria e pactada e non por conquista.
•
Ante a abolición dos foros vascos e o perigo de desvasquización, defendeu a independencia dos territorios vascos de España e Francia, e a súa unión nunha nova entidade política que denominou Euzkadi.
•
•
•
Domingo de Pascua de 1882: Sabino Arana decatouse definitivamente de que España non era a súa patria e comezou a elaborar as súas propostas nacionalistas. (por iso o Domingo de Resurrección se celebra o Aberri Eguna, Día da Patria Vasca). En 1894 Sabino Arana fundou en Bilbao o Euskaldun Batzokija, una sociedade político-recreativa que tiña como obxectico defender o rfestablecemento dos dereitos e costumes vascos e a independencia de Euzkadi. A nova entidade política debía basear a súa identidade e o seu goberno en: - un lema: Jaiungoikua eta Lagizarra (Deus e leis antigas) - unha bandeira: a ikurriña - unha lingua: o euskera - un inimigo: os maketos (inmigrantes españoles)
•
Para Sabino Arana, a raza vasca, o integrismo católico, os privilexios vascos, o euskera, os costumes e o folklore tradicional son os elementos que definen a nación vasca. • Xunto a estes valores propios argumentou extensamente sobre os non vascos, os maketos: “Gran numero de ellos parece testimonio irrecusable de la teoría de Darwin, pues más que hombres semejan simios poco menos bestias que el gorila: no busquéis en sus rostros la expresión de la inteligencia humana ni de virtud alguna; su mirada solo revela
.”
idiotismo y brutalidad “Nosotros, los vascos, evitemos el mortal contagio, mantengamos firme la fe de nuestros antepasados y la seria religiosidad que nos distingue, y purifiquemos nuestras costumbres, antes tan sanas y ejemplares, hoy tan infestadas y a punto de corromperse por la influencia de los venidos de fuera. “ “Conste que desde luego que de ese roce del maketo con el bizkaino solo brotan en este país irreligiosidad e inmoralidad. Eso lo
demuestran los hechos y se explica perfectamente
.”
•
En resumen, o nacionalismo vasco integrase dentro da corrente orgánico-historicista e o pensamento de Sabino Arana incorpora evidentes elementos racistas, ademais de machistas.
Sabino Arana e a súa esposa, Nicolasa Achica-Allende, unha moza aldeana pobre e iletrada que escolleu pola pureza das súas orixes vascas.
O Partido Nacionalista Vasco • • •
•
•
•
•
O PNV foi fundado por Sabino Arana en 1895. A partir de 1898 o PNV presentouse ás eleccións logrando os primeiros éxitos. Tras a morte de Sabino Arana en 1903, o PNV dirixido por Ángel Zabala completou a súa organización coa constitución do Euzkadi Buru Batzar. En 1911 os nacionalistas vascos fundaron o sindicato ELA (Solidariedade de Traballadores Vascos) para contrarrestar a influencia anarquista e socialista nos medios obreiros. Dentro do PNV foron diferenciándose dúas tendencias: - os radicais independentistas - os autonomistas moderados e posibilistas. As diferencias internas provocaron rupturas e reconciliacións, ata que en 1923 as organizacións políticas vascas foron prohibidas durante a ditadura de Primo de Rivera. En 1930 as dúas tendencias do nacionalismo vasco reuníronse de novo no PNV.
O galeguismo •
A partir de mediados do século XIX xurdiu en Galicia unha progresiva toma de conciencia das súas particularidades unida á defensa dos seus intereses económicos e políticos. • Configurouse así un movemento heteroxéneo, o Galeguismo, que reivindica, con maior o menor intensidade o recoñecemento dos intereses de Galicia, a defensa da lingua galega e odo autogoberno. • Na evolución do galeguismo diferéncianse tres fases: – Provincialismo (1840-1885) – Rexionalismo (1885-1916) – Nacionalismo (1916-1936)
Os alicerces do galeguismo: o provincialismo •
Á xeración de 1846, na que destacou Antolín Faraldo, debemos o descubrimento de Galicia como unha unidade perfectamente diferenciada. A través dos seus escritos, os seus membros puxeron de manifesto as principais características diferenciadoras de Galicia e os problemas que padecía: ruralización, falta de industrialización, atraso, illamento…
•
Apareceron tamén neste período as primeiras reivindicacións de autogoberno. A primeira posta en práctica manifestouse no Pronunciamento de 1846 encabezado por Miguel Solís Cuetos contra o goberno moderado de Narváez, que propiciou a formación en Santiago dunha Xunta Superior de Goberno
de Galicia. Ainda que o pronuciamento fracasou as súas propostas non quedaron esquecidas.
O Rexurdimento • É un movemento de recuperación histórica e literaria que se desenvolve paralelamente a reivindicación provincialista . •
•
Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Francisco Añón iniciaron o movemento de recuperación e defensa do emprego do galego como lingua literaria. Os historiadores, Benito Vicetto e Manuel Martínez Murguía cos seus traballos de recuperación e interpretación do pasado de Galicia, contribuíron a argumentar o nacente galeguismo, xustificando o dereito a dispor dunha organización política propia que recoñecese: – – – –
a situación xeográfica especial de Galicia, costumes e lingua diferentes, un pasado glorioso as orixes do pobo galego vinculadas á raza celta.
O rexionalismo galego •
•
Aparece na década de 1880 un movemento que busca, xustifica e defende específicamente para Galicia, tanto o emprego da lingua propia como a consecución do dereito á autonomía política e administrativa sen cuestionar a unidade do Estado español. A defensa do rexionalismo galego foi formulada desde dúas posturas ideolóxicas: - A LIBERAL, liderada por Manuel Martínez Murguía. Foi o primeiro en defender a existencia dunha nacionalidade galega diferente ás demais, xustificandoa en razóns étnicas, idiomáticas, xeográficas e históricas. Reivindicou para Galicia o dereito a recobrar a autonomía política, mediante a descentralización administrativa e económica. - A TRADICIONALISTA e CATÓLICA, representada por Alfredo Brañas. Tratou de poñer as bases dun rexionalismo aplicable a todas as comunidades que aspirasen á autonomía política. Defendeu a idea da dobre patria (a grande e a pequena) para conxugar as reivindicacións rexionalistas coa unidade de España. As súas propostas para Galicia incluían o catolicismo e o corporativismo social e gremial.
O nacionalismo galego •
•
A partir de 1916 o pensamento político galeguista afirmou rotundamente que Galicia é unha nación: - Antón Vilar Ponte, Nacionalismo galego, 1916 - Vicente Risco, Teoría do nacionalismo galego, 1920; O problema político de Galicia, 1930 - Ramón Villar Ponte, Doutrina nacionalista, 1921 - Castelao, Sempre en Galicia, 1944 Para os nacionalistas Galicia é unha nación perfectamente diferenciada e caracterizada por: – A súa lingua, o galego – A súa xeografía, a Terra galega – A súa raza, a céltica – O seu espírito, a alma galega, a saudade – A súa cultura, a súa historia Todo isto diferencia a Galicia dos demais pobos de España.
•
O ideario común básico dos nacionalistas galegos: – Denuncia do atraso económico e da opresión cultural de Galicia por Castela – Apoloxía da modernización da producción agropecuaria – Defensa da autonomía integral de Galicia – Rexeitamento do separatismo – O desexo de conseguir unha federación ibérica na que se puidese reintegrar Portugal As diferenzas entre eles xurdiron por motivos políticos e sociais: – O nacionalismo tradicionalista defendía o predominio ideolóxico do catolicismo e a hexemonía social e política da fidalguía (Antón Lousada, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde) – O nacionalismo democrático tomou o pobo galego como referente político das súas actuacións, tratando de alcanzar unha democracia compatible co pleno autogoberno de Galicia (Castelao, Alexandre Bóveda, Xaime Quintanilla)
•
No terreo organizativo o nacionalismo galego manifestouse :
•
IRMANDADES DA FALA. A 1ª fundada na Coruña (1916). Extendéronse rápidamente por toda Galicia. Obxectivos: - Defensa e dignificación do idioma galego - Potenciación da propia identidade - Busca de solucións para os problemas económicos e políticos de Galicia En 1918 as Irmandades da Fala celebraron a sua 1ª Asemblea Nacionalista na que definiron o seu programa político: a busca da autonomía integral de Galicia.
•
A revista Nós (1920), dirixida por Risco, xogou un importante papel na difusión da cultura galega.
•
O Seminario de Estudos Galegos (1923)
•
A xeración Nós, formada por numerosos intelectuais galegos, realizou un intenso labor de estudio, creación e divulgación sobre aspectos literarios, artísticos, históricos, xeográficos, etnográficos.
Sentados de esquerda a dereita: Ramón Sobrino, M. Díaz Rozas, Antón Iglesias Vilarelle, Florentino López Cuevillas, Salustiano Portela Pasos, Ramón Otero Pedrayo, Luís Iglesias, Xesús Carro, Sebastián González, Felipe Cordero Carrete, Xosé Filgueira Valverde, Vicente Risco, Paulino Pedret e Isidro Parga Pondal. De pé de esquerda a dereita: Francisco Ogando Vázquez, Xaime Vidal Rey, Xoán López Durá, Alfonso Vázquez e A. Ramos Pérez Colemán.
•
En 1924 o goberno de Primo de Rivera iniciou a represión das actividades dos nacionalismos periféricos. As actividades galeguistas quedaron reducidas ao ámbito cultural. • A partir de 1929 algúns galeguistas comezaron a reorganizarse xunto cos republicanos. Fundaron a ORGA, Organización Republicana Galega Autónoma. • O desexo de contar cunha organización propia levou a fundación en 1931 do Partido Galeguista, que contou cun gran protagonismo durante a 2ª República.