1 minute read

ACEBE CCA pon en marcha unha campaña por San Valentín

Next Article
La receta del mes

La receta del mes

Para participar é preciso cubrir un cuestionario online antes do 12 de febreiro. As persoas participantes optarán a un premio de 100 euros en acebecheques

REDACCIÓN / Betanzos

Advertisement

ACEBE CCA sorteará o vindeiro 14 de febreiro un premio de 100 euros en acebecheques dentro da súa campaña de San Valentín. Para participar será preciso respostar a un cuestionario ao que se pode acceder a través dos perfís de Instagram ou Facebook de ACEBE CCA e dun código QR impreso nos carteis promocionais que terán os establecementos asociados. Unha vez respostado o cuestionario, a persoa participante recibirá, nun prazo de 24 horas, un correo electrónico confirmando a súa participación e recomendándolle catro posi- bles agasallos para San Valentín que pode atopar nos negocios asociados.

O cuestionario deberá respostarse antes das 00.00 horas do 12 de febreiro para que a participación no sorteo sexa válida, indicando o seu nome e apelidos, teléfono, correo electrónico de contacto e o nome do seu perfil de Facebook ou Instagram, se o ten.

O sorteo realizarase o 14 de febreiro ás 12.00 horas mediante unha ferramenta dixital que seleccionará ao azar a unha persoa de entre todas as participantes.

O gañador ou gañadora publicarase nas contas de Facebook e Instagram de ACEBE CCA.

A asociación contactará coa persoa premiada para a entrega do premio e, se non resposta antes das 12.00 horas do 16 de febreiro, realizarase un segundo sorteo que terá como prazo de resposta ata o 18 de febreiro.

Os acebecheques por valor de 100 euros poderán gastarse en calquera dos 169 establecementos asociados a ACEBE CCA ata o día 6 de marzo. Esta acción promocional está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos.

This article is from: