1 minute read

Uns 70 negocios súmanse á campaña do Concello que sortea 6.000 euros entre os clientes

Next Article
La receta del mes

La receta del mes

A iniciativa, que busca incentivar o consumo nos negocios de proximidade, desenvolverase ata o 28 de febreiro e nela participan comercio, hostalería e empresas

REDACCIÓN / Betanzos

Advertisement

O Concello de Betanzos puxo en marcha a campaña "Merca, tan cerca" que sorteará 6.000 euros en tarxetas regalo entre os clientes dos negocios que se adheriron á iniciativa.

En total son 70 os comercios, locais de hostalería e profesionais que se sumaron a esta acción promocional que busca fomentar o consumo nos negocios do municipio. Ademais de comercio e hostalería, participan profesionais doutros sectores como taxi, gasoliñeiras, xestorías, panaderías, clínicas, etc.

Os clientes que consuman nos establecementos e empresas inscritos, entre o 4 e o 28 de febreiro, recibirán rifas para o sorteo por compras iguais ou superiores a 10 euros.

Sortearanse 6.000 euros repartidos nun primeiro premio de 300 euros, un segundo de 200 euros, cinco de 100 euros e outras 150 tarxetas de 30 euros cada unha.

Os premios poderán gastarse ata o vindeiro 30 de abril en calquera dos negocios participantes na campaña, que estarán identificados mediante un distintivo. As tarxetas poderán empregarse en unha ou varias compras ata que se esgote o saldo.

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, subliñou que a campaña foi consensuada coas asociacións de comercio e de hostalería da localidade e apuntou que coa iniciativa "desde o Concello queremos seguir axudando ao tecido comercial, hostaleiro e, en xeral, aos profesionais de Betanzos nun momento difícil e complicado para a economía", dixo.

This article is from: