4 minute read

O Concello organiza festas de Entroido nos locais sociais

Next Article
La receta del mes

La receta del mes

Haberá tamén un baile para a terceira idade, festas infantís nas pistas do Carregal e o Enterro da Sardiña

REDACCIÓN / Betanzos

Advertisement

De esquerda a dereita: o escritor e xornalista Xesús Fraga, a alcaldesa, María Barral, e o director do Anuario Brigantino, Ángel Arcay / FOTO ARUME

Xesús Fraga presentou o Anuario Brigantino 2021

É o número 44 e o primeiro que se publica baixo a dirección de Ángel Arcay Barral

REDACCIÓN / Betanzos

O escritor e xornalista, Premio Nacional de Narrativa, Xesús Fraga, foi o encargado de presentar o pasado 13 de xaneiro o Anuario Brigantino número 44, correspondente ao ano 2021, nun acto presidido pola alcaldesa, María Barral, e no que tamén interviu o director da publicación, Ángel Arcay Barral. Precisamente este é o primeiro volume desta publicación que se edita baixo a dirección de Arcay, director da Biblioteca, do Arquivo e do Museo das Mariñas desde xullo de 2022.

Na súa intervención, a alcaldesa agradeceu o traballo do anterior director, Alfredo Erias Martínez, e de Ángel Arcay quen tomou o seu relevo. Barral subliñou que, dos 19 traballos publicados nesta edición, o 80% están vencellados directamente a Betanzos ou aos municipios da contorna e moitos deles son investigacións de xente nova.

Xesús Fraga fixo un percorrido polos seus recordos da nenez e adolescen- cia vencellados a Betanzos, á Biblioteca -á que gostaba de acudir os venres para poder coller dous libros en lugar de un-, ao Museo das Mariñas... e fixo fincapé no seu temperán interese pola historia: "Como non emocionarse coa historia se estaba por todas partes!", dixo. Falou dos seus recordos do Pasatempo, das Escolas García Naveira, da xeladería Maíno, do edificio do Secadoiro, da Pista Rey Brigo... poñendo o foco nas transformacións positivas e negativas que sufriu a cidade nestes anos: "Hai edificios que só sobreviven en fotografías, reliquias do Museo ou no Anuario", dixo.

Fixo un repaso dos traballos que se inclúen na publicación e salientou a súa utilidade para documentar, entender e divulgar o patrimonio.

Ángel Arcay, pola súa parte relatou as diferentes iniciativas que se levaron a cabo na Biblioteca, no Arquivo e no Museo dende que asumiu o cargo fai seis meses: visitas guiadas ao museo, creación dun clube de lectura, colaboracións con entidades, promoción en redes sociais, etc.

Portada do libro de Javier Ares Yebra. Fotografía de Editorial Alvarellos

Javier Ares Yebra presenta en Betanzos o seu libro Poética musical. Ígor Stravinski

REDACCIÓN / Betanzos

Javier Ares Yebra (Betanzos, 1983) presentará o 1 de marzo ás 19.30 horas na libraría Biblos o seu libro Poética musical en forma de seis leccións. Ígor Stravinski (Alvarellos, 2021). Na presentación estará acompañado polo director da editorial, Henrique Alvarellos.

O músico, investigador e doutor en Comunicación, Javier Ares Yebra, actualmente membro da Universidade Internacional de Valencia, traduce por primeira vez ao galego as conferencias que Ígor Stravinski pronunciou na Universidade de Harvard no curso 1939-1940. Ademais, afonda na relación que Stravinski tivo coa cultura galega, concretamente, a súa influencia sobre o músico e compositor betanceiro Carlos López García-Picos, e a súa amizade co lucense Xesús Bal y Gay. Durante o proceso de investigación utilizou os manuscritos do propio músico redactados en francés e en ruso, conservados na Fundación Paul Sacher de Basilea (Suiza), o que lle aporta un valor engadido á traducción. A publicación coincide co 50 aniversario do pasamento do compositor ruso, un dos músicos máis relevantes do século XX.

O Concello de Betanzos organizará festas infantís de Entroido nos diferentes locais sociais dende o domingo 12 ata o luns 20 a partir das 17.00 horas. O domingo 19 haberá unha festa infantil con inchables nas pistas cubertas do Carregal que comezará a partir das 16.30 horas.

O luns 20 o protagonismo será para o colectivo da terceira idade, cun baile de entroido que se celebrará na Aula de Cultura Xulio Cuns a partir das 18.00 horas. Haberá sor-

A Agrupación Teatral Mariñán pechará o XIV Encontro de Teatro Afeccionado con "Crime desorganizado"

A Aula de Cultura Xulio Cuns acollerá durante os sábados de febreiro o XIV Encontro de Teatro Afeccionado, organizado pola Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos. A entrada ás funcións é de balde.

O ciclo comezou o día 4 co grupo Teatro Airiños, de Rianxo, que puxo en escea "República Sideral" e continuará o sábado 11 coa actuación de Carrachanacacha do Aturuxo de Melpómene, de Narón, que representará "A pena do cu do mundo", unha comedia musical para público adulto. O día 18 RemocicArte, de Puerto de Vega (Asturias) interpretará "El crédito", unha comedia de 85 minutos para teo de tres cestas con produtos típicos destas datas.

O martes 21 ás 16.30 horas celebrarase unha festa infantil nas pistas cubertas do Carregal no que haberá desfile de disfraces con sorteo de agasallos entre os nenos e nenas que participen e ao remate haberá chocolate con biscoitos.

O programa de Entroido pechará o mércores 22 co Enterro da Sardiña que sairá ás 20.00 horas do Edificio Arquivo ata o Malecón, ao regreso queimarase o deus Momo na praza García Irmáns.

Cartaz do XIV Encontro de teatro afeccionado de Betanzos todos os públicos. A encargada de poñer o peche ao Encontro será a Agrupación Teatral Mariñán, de Betanzos, o sábado 25 coa representación de "Crime desorganizado", unha comedia de 75 minutos para maiores de 12 anos.

Salón unisex · Plaza Pepito Arriola 1 ( BETANZOS ) 981 97 07 44

SERVICIOS PARTICULARES Y DE CUALQUIER COMPAÑIA

Si Ud. tiene una póliza, sea de la compañía que sea, Ud. puede elegir su servicio y si tiene alguna duda o necesita de nuestro servicio, llámenos

NUESTRO TELEFONO PERMANENTE ES EL 981 79 20 28

ESTAMOS PERMANENTEMENTE A SU DISPOSICION VELATORIOS

C/ La Marina, 80 (Paseo del Malecón) - BETANZOS - Telf. 981 771306

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, coas representantes de Aire Limpo nas Mariñas, Esperanza González e Azucena Guerreiro; Asociación A-Legre, Eva Rodríguez; e Asociación SOS Patrimonio Montes do Gato, Mónica Fernández Aceytuno

This article is from: