1 minute read

O Vales Villamarín celebrará o 3 de marzo un encontro de ex alumnado con mestres xubilados

Next Article
La receta del mes

La receta del mes

O pasado 3 de febreiro avós e avoas que estudaron no centro compartiron recordos nun encontro cos seus netos e netas escolarizados no Vales

Advertisement

REDACCIÓN / Betanzos

O vindeiro 3 de marzo ás dez da mañá os ex alumnos do Vales Villamarín que o desexen están emprazados a un gran encontro con ex compañeiros e con mestres e mestras xubilados. Esta iniciativa forma parte dos actos do 50 aniversario do centro e a comisión organizadora agarda que esta xuntanza sexa moi numerosa.

Todas as persoas das diferentes xeracións que cursaron os seus estudos no Vales están convidadas a esta reunión na que poderán compartir recordos con antigos compañeiros e compañeiras e cos profesores e profesoras da súa infancia. O centro agradece a confirmación de asistencia por correo electrónico: 50aniversariovales@gmail.com para facilitar as tarefas organizativas.

Os avós volven ao cole

No marco da conmemoración do medio século de vida do centro, o 3 de febreiro celebrouse un emotivo encontro de avós e avoas cos netos e netas que estudan no mesmo colexio no que eles o fixeran cincuenta anos atrás.

Os pequenos recibiron na entrada do cole aos emocionados avós e avoas para compartir unhas horas moi especiais. Tralas apertas iniciais, acompañaron aos nenos e nenas ás aulas para relatar ao alumnado os seus recordos.

Manuel Seijo e a súa esposa Aurita

Picado foron uns deses avós que par- ticiparon nesta xornada para eles moi especial, ao igual que para o resto da ducia de asistentes cos que rememoraron entrañables lembranzas.

Manuel e Aurita entraron no Vales en marzo de 1973 e gardan moi bos recordos daqueles tempos nos que para eles se produciu un gran avance da educación que permitiu ofrecer as mesmas oportunidades á rapazada do rural e á que residía no casco urbán. Os pequenos sorprendéronse cando lles contaron que naquela época non había ximnasio, nin biblioteca, nin mestres que vixiaran o recreo, tal e como lembrou Manuel. Que os nenos e as nenas xogaban case sempre por separado: eles ao fútbol, elas ao brilé, á corda ou á goma... e xa en sétimo e oitavo mais que xogar paseaban coas amigas ao redor do recinto, como recordaba Aurita. Que non tiñan pantallas dixitais, nin ordeadores, que

This article is from: