2 minute read

O Betanzos CF encadea catro vitorias consecutivas

Despois das dúas últimas vitorias colle aire e pode ver máis preto a permanencia.

O equipo infantil xogarase neste mes o subcampeonato de liga mentres que o equipo alevín está a un paso de ser campión de liga e obter o ascenso a liga galega.

Advertisement

Benxamíns e prebenxamíns manteñen o seu bo ritmo formativo mellorando día a día.

Para Semana Santa o Troula FS Betanzos comprometeuse xa para asistir ao Torneo Vila de Redondela en categoría benxamín (luns 3 de abril) e infantil (mércores 5 de abril). Nesta mesma categoría infantil daranse cita equipos de toda Galicia para disputar un torneo o venres 7 e o sábado 8, coincidindo cos festivos, no pavillón municipal de Betanzos, organizado polo Troula FS.

Calendario marzo

11 de marzo: FS Pontedeume

Troula Betanzos FS

18 de marzo: Troula Betanzos FS

5 Coruña FS B.

25 de marzo:

SDC y R Narón O Freixo

Troula Betanzos FS

1 de abril:

Troula Betanzos FS

CP Casás

REDACCIÓN/ Deportes

Dezaseis de dezaoito puntos posibles é o balance impecable do Betanzos CF no inicio da segunda volta do grupo Norte da Preferente Galicia. As últimas catro vitorias encadeadas desde a goleada na casa por 5 a 2 ante o CF Portomarín. Un partido que se resolveu nos seus primeiros compases xa que no minuto 25 o Betanzos CF xa gañaba por 4 a 1. Os goles de Pablo Vigo, Juan de Dora (2), Xusto e un rival (p.p.) decidiron unha vitoria no municipal García Irmáns.

Na xornada seguinte o Betanzos CF visitou un dos campos míticos do fútbol galego, o "Pepe Barrera" de Ribadeo. Un partido a priori complicado pola boa marcha dos ribadenses pero no que novamente os de Noé López deixaron visto para sentenza na primeira metade, índose ao descanso cun claro 3 a 0. Nesta ocasión os goles de Xusto (2), Juan de Doura e Edu sentenciaron o partido. De volta a casa esperaba a SD Fisterra, colista do grupo e onde o Betanzos CF volveu despregar un fútbol directo e eficaz con Iago Blanco, recente fichaxe, como protagonista ao anotar tres goles que se uniron aos dous de Murilo e ao gol de Pájaro para redondear un contundente 6 a 1.

Na última das xornadas disputa- das o equipo desprazouse ata A Coruña. Un intenso At. Coruña Montañeros púxolle as cousas moi difíciles aos betanceiros que aínda que se adiantaron con gol de Xusto, en racha goleadora, viron como un gol de falta directa igualaba o marcador. Antes de finalizar a primeira metade Murilo aproveitaría un erro da defensa local para poñer o 1 a 2 definitivo nun marcador que xa non se movería na segunda metade. O equipo segue sumando sabendo que non pode cometer ningún erro se quere manter as súas aspiracións para meterse entre os tres primeiros. De momento o Boiro está a dous puntos na terceira posición. Máis afastado parece o segun- do posto, a sete puntos. O primeiro obxectivo da tempada, a permanencia, parece logrado cos 48 puntos actuais. A partir de agora todo o que se consiga será un premio á tempada.

Calendario marzo

12 de marzo:

Betanzos CF - San Tirs SD

19 de marzo:

Club Lemos - Betanzos CF

26 de marzo:

Betanzos CF - CD As Pontes

2 de abril:

SD Dubra - Betanzos CF

This article is from: