15 minute read

O CCB-BECANI inicia a tempada coa estrea do equipo xuvenil de féminas

REDACCIÓN/ Deportes

Parte dos integrantes dos tres equipos de liga do Clube Xadrez Betanzos

Advertisement

Os tres equipos do Clube Xadrez

Betanzos comezan a Liga Galega

REDACCIÓN/ Deportes

O Clube Xadrez Betanzos, patrocinado por Lugami Artes Gráficas, Concello de Betanzos e Porto de Paula, acaba de iniciar a súa participación na Liga Galega con tres equipos, dous na Segunda División e un na Terceira. Este último formado polo alumnado das escolas de xadrez.

Na primeira xornada, os dous equipos de Segunda enfrontáronse na casa con resultado de 4-0 a favor do equipo A. O de Terceira, perdeu por 1-3 fronte a Mirko B. Na segunda xornada, o CXB Lugami

A gañou por 0,5-3,5 ao Círculo Ferrolano D mentres que o B empatou 2-2 co Xadrez das Mariñas. O CXB Porto de Paula, na Terceira División, gañou 4-0 contra o Smyslov Promoción B de Sada.

Por outro lado, os nenos e nenas das escolas do clube participarán os días 12 e 26 de marzo na fase comarcal do torneo escolar Xogade, promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

O clube imparte clases de xadrez os venres de 16.30 a 17.30 para nenos e nenas e de 17.30 a 18.30 para adultos no seu local social da Pescadería. As persoas interesadas poden informarse no teléfono 656231787.

O Club Ciclista Betanzos-Becani iniciou a tempada cun bo debut do equipo xuvenil de féminas na primeira proba da Copa de España que se disputou en Noja (Cantabria) e á que se desprazaron as sete corredoras que compoñen a formación. Lucía Ballester, Sara Veiga e Andrea Prado repetían nesta competición mentres que Uxía Gómez, Laura Anes e Xiana Camiña participaban por primeira vez nesta proba. Non competiu a outra integrante do equipo, Lucía Torres, que aínda se recupera dunha lesión. Xiana Camiña foi sétima e ademais a mellor clasificada galega.

O clube ten posta unha gran ilusión neste proxecto de ciclismo feminino que ve a luz tras anos de traballo. O equipo, formado por sete corredoras, terá un calendario no que se compaxinan a Copa de España, a Copa de Galicia de estrada e algunha outra proba en Asturias, León e Portugal. Este ambicioso proxecto conta co apoio económico dun dos principais patrocinadores do Club Ciclista Betanzos, Comercial Beca- ni, ao que se suman outras cinco marcas máis Hyundai Hyupersa Motor, Canlemar, Oxidine, Bropemor e Automoción Fene, ademais dos restantes patrocinadores e colaboradores do clube.

A dirección deportiva do equipo corre a cargo de Iván Bralo e Patricia Roel a quen se suman Víctor Rivas e Jose Rodríguez en labores auxiliares e mecánicas.

O clube quere transmitir o seu agradecemento a toda a masa social da entidade, formada principalmente por nais e pais dos deportistas das escolas, que este ano se inician con 45 rapaces e rapazas."Lograr manter viva a ilusión en nenos e nenas para conseguir co tempo sacar adiante proxectos como este do equipo xuvenil de féminas, ten moito ue ver co esforzo vital e económico que durante toda a tempada mostran eses pais e nais acompañando e animando aos seus fillos e fillas por moitas das carreiras dos circuitos galegos de mini btt e estrada", explicaron dende a directiva do Club Ciclista Betanzos.

Equipo

O Santo alevín leva o torneo de Carnaval de Xixón

Os betanceiros gañaron con solvencia o xa tradicional torneo de minibásquet

REDACCIÓN/ Deportes

Seguen os bos resultados do Alevín Masculino do Santo Domingo Betanzos. Logo de chegar á 2ª fase da Liga galega de Minibásquet sen perder un só partido na pista, os rapaces adestrados por Jorge Iglesias veñen de gañar a VIII Edición do Torneo de Carnaval de Gijón, organizado polo Real Grupo de Cultura Covadonga. Se o luns 20 á tarde vencían por 40 puntos ao Cantbasket04 de Santander, primeiro clasificado da Liga de Cantabria, esa mesma noitiña deixaban a mesma diferencia a favor fronte ao CB Pumarín asturiano. No último encontro, disputado o Martes de Entroido ao mediodía, os que vían como os betanceiros pechaban marcador eran precisamente os anfitrións, o Real Grupo de Cultura Covadonga, equipo que ocupa a primeira praza da liga asturiana.

O equipo que viaxou a Xixón estivo formado por Martín Buyo,

Hugo Seijo, Román López, Sergio Doval, Antón Iglesias, Mateo Abrodos, Diego Caamaño, Tomás López, Carlos Pérez e Alex Camaño, sen que Marcu Buzera, o último compoñente do equipo, puidese desprazarse por motivos persoais.

Representación na selección Minibasket

Por outro lado, e como proba do excelente traballo dos adestradores do club, tres rapaces forman parte da lista de 15 que a FGB remitiu á Federación Española de baloncesto cara ao Campionato de España de seleccións autonómicas.

Así, mentres Sergio Doval Amor estará entre os 12 xogadores que disputarán o torneo en Cataluña, Román López e Hugo Seijo forman parte do listado de tres reservas cos que se completa a convocatoria en prevención de calquera eventualidade.

P Irag Ismo

Campionatos Galegos

PABLO FERNÁNDEZ/ Deportes

Comezou a tempada para o Club Ría de Betanzos coa disputa dos Campionatos Galegos en distancia longa para as categorías: Infantís, Cadetes, Junior, Senior e Veterán tanto en embarcacións de equipo coma individual, acadando bos resultados en cada unha desas categorías. Os Cadetes e Infantís achegáronse a Castrelo de Miño (Ourense) onde se celebraría a modalidade de K4-C4, acadando os seguintes resultados: Muller Cadete K4: Aroa, Alma, María e Noa foron primeiras e Daniela, Sofía, Sara e Sabela foron terceiras; home Cadete C4: Pablo, Alejandro, Guillermo e Pedro foron primeiros e Antón Lagares, Antón Couce, Diego e Javier foron segundos. Por Clubs a categoría Cadete feminina e masculina foron primeiros e a Infantil feminina terceira e na modalidade K2-C2, celebrada en Muíños (Ourense). A muller Cadete C2, Sara e María foron primeiras; home Cadete C2:

A Tletismo

O Club Atletismo

Antón Lagares e Javier foron segundos e Antón Couce e Diego foron terceiros; home Infantil-B C2, Pablo e Pedro foron terceiros. Por Clubs, nas categorías Cadete feminina e masculina conseguiron o primeiro posto.

Os Junior, Senior e Veteráns desprazáronse a Castrelo de Miño (Ourense), onde o K4 da muller Senior de Emma, Laura, Carla e Irene acadaron o terceiro posto e o K4 Veterán-A de Nef, Xosé, Adolfo e Javito foron primeiros. Por Clubs, a categoría Senior feminina e Veterán masculina acadaron o terceiro posto.

As mesmas categorías celebraron en Barbantes (Ourense) a modalidade K2-C2 e a individual

K1-C1. En muller Senior K2, Irene e Carla foron segundas; en muller Veterán-B K2, Esther e Patricia foron terceiras; en home Veterán-A C1, Xosé e Alex foron primeiros; en home Veterán-B K2, Adolfo e Nef foron primeiros. Por Clubs, a categoría Senior feminina e Veterán masculina foron segundos.

Nos barcos individuais de K1-C1, a muller Sub23 K1: Irene primeira e Carla segunda; muller Veterán 40-44 C1, Xosé primeiro e Alex segundo; home Veterán 45-49 K1, Adolfo terceiro e en home Veterán 65-69, Che segundo. Por Clubs, a categoría Veterán feminina foi primeira e a Senior feminina e Veterán masculina foron segundos.

Foto da plantilla do equipo EBA do Santo Domingo Betanzos

Febreiro de altibaixos para os EBA

REDACCIÓN/ Deportes

Nun mes fundamental para o devir da competición, os EBA do Santo Domingo Betanzos fixeron patente a irregularidade que caracteriza esta tempada 202223.

Se os de Xoel Folgueiras lograban vencer fóra a Cultural Leonesa (85-88) e na casa ao Solgaleo Bosco Ourense (94-90) caían derrotados en Marín fronte ao Peixegalego (82-63) e facían o propio no Carregal fronte ao Hereda Ávila Auténtica (63-70).

Calendario marzo

12 de marzo:

Santo Domingo Betanzos

Calvo Basket Xiria

18 de marzo:

PBB Godoy Maceira

Santo Domingo Betanzos

26 de marzo:

Santo Domingo Betanzos

Círculo Gijón

REDACCIÓN/ Deportes

Febreiro foi un mes de intensa actividade para o Club Atletismo Betanzos que ademais estreou a súa nova sección de Montaña e asisitiu ao debut de novos deportistas.

Os nenos e nenas das Escolas participaron no Cross de Sanda, onde Mencía Villar conseguiu a clasificación para o Campionato Galego.

O grupo de adultos participou na Carreira Popular de Padrón, no Quiroga Trail Challengue (Trail do Castelo e Trail do Lor), no Trail da Filloa, na Media Maratón da Coruña, onde obtiveron boas marcas e que supuxo un bo test para ver como comezan o ano Joaquín, Antonio, Domin, César, Pablo, Julio, Conchi e José Ángel, e na Xacorun onde Pablo logrou o primeiro posto. Dende o clube destacaron os dous podios de Vanessa Mella no Quiroga Trail Challengue e de Pablo Teijo, entrando no Top 20 nun Trail de moito nivel.

O clube quere agradecer a todos os seus competidores que levan cada fin de semana o nome de Betanzos por toda Galicia. Por outro lado, acaban de estrear unha nova sección de Montaña e lembran que todas as persoas que desexen sacar licencia da Federación Galega de Montaña deben enviar un correo electrónico a: clubmontanabetanzos@gmail.com

Os adestramentos da Escola de Atletismo son os luns e mércores de 16.00 a 17.15 horas e o do grupo de adultos, os luns, mércores e xoves de 20.00 a 21.00 horas. As persoas que desexen inscribirse ou recibir información detallada da actividade do clube poden enviar un correo electrónico a: clubatletismobetanzos@ gmail.com

BETANZEANDO POR... AS RÚAS DE BETANZOS E AS MULLERES

O 8 de marzo conmemorase o Día Internacional da Muller, con este motivo este mes propoñemos un roteiro para coñecer as mulleres presentes no rueiro da cidade. Betanzos conta cun total de 160 rúas no casco urbán, delas só 13 levan un nome de muller. Apenas un 8% do total. George Steiner (filósofo francés do século XX) dixo que “o que non se nomea non existe” e pódese aplicar claramente no caso do noso rueiro. Non houbo mulleres na historia de Betanzos que foran merecedoras de ter unha rúa na súa cidade? Si, algunhas houbo pero non están todas. Facemos un repaso das diferentes rúas con nome de muller e porque se lle adica unha rúa ou praza:

- Dona Águeda, praza: Filla de Don Juan García Naveira. Naceu en Arxentina, trasladouse a Betanzos coa súa familia, casando aquí cun primo. No lugar onde se atopa a praza antigamente erguíase a súa casa, regalo de vodas do seu pai. Unha fermosa vila de estilo inglés, cun xardín traseiro que chegou a albergar bustos do Pasatempo, desaparecida co urbanismo dos primeiros anos 70.

- Azougue, rúa: No casco histórico ao carón da igrexa que leva o mesmo nome. Todos os indicios apuntan a que é unha deturpación da palabra “azoque” que significaba mercado. Neste lugar na idade media tiña lugar o mercado máis importante de Betanzos.

- Clara Sanches, rúa: O seu sepulcro custódiase no Museo das Mariñas, sendo un dos mellores exemplos de escultura funeraria do século XV en Galicia. Clara estaba casada con Afonso de Carvallido, mercader da cidade e un dos líderes da revolta irmandiña. Así como o sartego do home sufriu violencia, o de Clara (seguramente por ser unha muller) consérvase case en perfecto estado. Aparece vestida á moda das clases altas do momento o que nos da unha idea do seu poder, alomenos económico.

- Concepción Arenal, rúa: Nada en Ferrol en 1820 foi escritora, activista e pioneira do feminismo español. Tivo que disfrazarse de home para poder estudar na universidade. Moi coñecida polo seu traballo social especialmente nos cárceres e na condición de vida dos presos.

- Condesa, grupo: Barrio construído á beira do Mosteiro de Nosa Señora das Donas ou As Cascas, de onde toma o nome. A primeira abadesa foi Dona Urraca, a filla de Bermudo Pérez de Traba, en 1138, trátase polo tanto do edificio documentado máis antigo de Betanzos.

- Emilia Pardo Bazán , rúa: Insigne escritora coruñesa, moi ligada á nosa cidade, por ter o seu pazo, As Torres de Meirás, nas cercanías de Betanzos. Escribiu varios artigos sobre Betanzos e tiña moita relación con ilustres betanceiros coma os irmáns García Naveira, especialmente D. Xesús, que a convidaba ás Xiras dos Caneiros.

- Estefanía de Valencia rúa: unha das grandes descoñecidas da historia de Betanzos. Xunto co seu home, Antonio Sánchez de Taibo, e despois de residir en Flandes, fundan en Betanzos o hospital de beneficencia de San Antonio situado nun lateral do Campo da Feira. Consérvase un retrato dos patróns na Sala Rubéns do Museo das Mariñas.

- Mestra Paquita Zuluaga rúa: unha das mestras de Betanzos no século XX.

- Magdalena, rúa: toma o seu nome do barrio no que se atopa. Barrio histórico de extramuros de Betanzos que foi a leprosería. A capela está adicada a San Lázaro pero ten moita pegada a histórica romaría do luns de Pascua (de aí a Magdalena) que se celebra aquí.

- Monxas embarcadoiro: Toma o nome do Convento das Agostiñas Recoletas, é o lugar de embarque para Os Caneiros.

- Nosa Señora do Camiño, rúa: Barrio histórico extramuros que toma o nome do santuario de peregrinación que se atopa na parte alta.

Microhistorias da @BAMbetanzos

MULLERES NO @BAMbetanzos

[Ángel Arcay Barral - Director da Biblioteca Municipal, do Arquivo e do Museo das Mariñas]

Aquí confluían os peregrinos dos diferentes camiños que chegaban a Betanzos. Popularmente é coñecida como Os Remedios.

- Rosalía de Castro rúa: Adicada á mellor escritora de Galicia, unha precursora no uso da lingua galega.

- Sancha Rodríguez rúa: Foi a primeira muller de Fernán Pérez de Andrade, O Boo, co que tivo 3 fillos (dúas rapazas e un neno). Estaba enterrada no Convento de San Francisco xunto co seu home. Hoxe en día o que se conserva do seu sepulcro pódese ver no Museo das Mariñas. O conxunto funerario é sostido por dous leóns que falan da súa familia xa que era filla de Aras Pardo e Tareyga Afonso de quen herda a casa forte de Veríns, así como cotos en Verís, Muniferral e Feás. E a través do matrimonio entre O Boo e Sancha cando el pasa a formar parte dos grandes señores feudais do século XIV.

- Santa María rúa: Situada tamén o carón da igrexa que lle da nome. Santa María é a copatroa da cidade de Betanzos.

- Úrsula Mélendez de Texeda rúa: En 1629 decide doar a súa gran fortuna para unha casa de recollemento de nenas orfas. Neste lugar as nenas aprendían a ler e escribir, a levar unha casa e relixión. Podían logo, ao facerse adultas, casar ou ingresar monxas, correndo cos gastos da dote a patroa.

Estas son as que temos pero podería haber moitas máis: Isabel de Lucerna , Aurora e Josefa Rodríguez Carballeira Marisa Couceiro Rosina Martínez, as augadoras, as panadeiras, as lavandeiras e todas esas mulleres que fixeron historia aínda que non sempre aparezan recoñecidas. Dende Turismo de Betanzos organízase o roteiro "Betanzos en feminino" para dar a coñecer a estas e outras mulleres que son historia da cidade. Tamén

Continuando cas pequenas historias que custodiamos na Biblioteca, no Arquivo e no Museo das Mariñas, este mes toca falar dalgunhas das mulleres que destacan entre os nosos fondos para conmemorar o 8 de marzo. Alén dos sepulcros de Sancha Rodríguez e Clara Sanches, ou da colección da Fundación Jiménez-Cossío, queremos presentarvos a dúas figuras que estamos estudando nos últimos meses: o das pintoras Rosina Martínez Barral e Sofía Felíu Toledano, que dende finais do 2022 teñen un lugar destacado no Museo das Mariñas. No caso de Sofía Felíu falamos dunha betanceira de adopción, xa que realmente ela nace en Navalmoral de la Mata, en 1926. Iniciouse moi nova na pintura, chegando a Betanzos por motivos familiares e acabou traballando como mestra de debuxo no Instituto Laboral. No Arquivo contamos con varios dos seus debuxos cos que o seu amigo Vales Villamarín ten ilustrado varios traballos, ou o cadro enviado para a Exposición Nacional de Bellas Artes, Misa de las candelas en San Francisco que xa temos exposto no Museo das Mariñas. Rosina Martínez procede da familia Martínez Santiso, da que seguramente falaremos nalgunha ocasión. Era filla de Francisco Javier Martínez Santiso e participou das súas clases de pintura onde acompañaba a outras mulleres da cidade (ás fillas de Juan García Naveira, a Dolores e María García Ramos, a María Couceiro, a Concha Costas Amenedo, a Pilar Touza, a María Montoto, a Manola Zuloaga, a María Lago Pereira, a Amparo Álvarez ou a Lola Naveira Beade, outras pintoras que é necesario investigar). Segundo os padróns municipais, Rosina nunca se dedicou profesionalmente á pintura, senón que estaban dedicada “a las labores del hogar” malia que tivo unha importante obra, asinando pinturas de diferentes rincóns da cidade. Incluso chegou a publicar debuxos e traballos nos comezos do Anuario Brigantino. No Arquivo Municipal contamos co fondo fotográfico do seu marido, Luís Vega, que agocha unha cantidade inmensa de fotografias inéditas, tanto de Betanzos coma das súas viaxes familiares polo resto do mundo. Coñecedes o lugar no que posa Rosina?

Misa de las candelas en San Francisco. Sofía Felíu, 1960

O Final De El Porvenir

No número 11 de El Porvenir do 29 de xuño de 1845, o seu director Antolín Faraldo laiábase da situación que estaba a vivir:

“¡En que momentos escribimos! Predicamos la libertad intelectual, la emancipacion absoluta, i los eunucos de la autoridad labran la mortaja de la inspiracion i estan abriendo el sepulcro del pensamiento...”. Non se equivocaba: o 1 de setembro decretábase a suspensión da revista. Catro días antes saíra o número 14, o derradeiro no que camparon os lemas “Todo para Galicia” e “¡Abajo las reglas, las escuelas i los maestros!!”, síntese do que el chamaba “anarquía literaria”. Nun solto no número inaugural de La Aurora de Galicia , xornal compostelán que saía polo mesmo tempo, advírtese xa a comezos de maio a amenaza que pendía sobre a revista de Faraldo, ao tempo que marca posicións entre ambas publicacións: “La Posdata anuncia al Porvenir su próxima muerte, y dice que la Aurora asistirá a sus funerales con una linterna sorda. Consuelese el dicho periódico, porque tal vez a la Aurora le está guardada igual suerte. Pero hay esta diferencia, que el Porvenir morirá suicidado ; pero la Aurora si muere, será por falta de alimento, de hambre, muerte en sentir de Sancho Panza adminícula y pésima”. É dicir, que o colega compostelán consideraba que a liña adoptada por El Porvenir levábao á desaparición. Ainda que esta non viría pola propia man, senón pola da autoridade gubernativa. En realidade, o madrileño La Posdata non anunciara a morte de El Porvenir, senón a da literatura en Compostela, mais cada quen entende o que quere. Así o dicía nos “Retazos” do 28 de abril: “La ciudad de Santiago no solo será célebre por guardar las reliquias de algunos santos, sino también por haber servido de sepul- cro a la literatura gallega: El Recreo compostelano le abrió el nicho, el Porvenir la enterrará y la Aurora de Galicia asistirá al funeral con una linterna sorda.”

Esta xa adiantara no seu prospecto de presentación: “Nuestra literatura será pacífica, afectuosa, moral y religiosa; condescendiente con los hombres y con las opiniones, pero severa é inflexible con los errores y estravagancias, bajo cualquier disfraz con que se cubran”. E, se non estivera claro: “Lejos de nosotros la idea de abajo las reglas, las escuelas y los maestros”.

O 2 de xullo inaugurárase na Coruña a Escola Normal de mestres, acto no que o xefe político e o director da escola deron senllos discursos. El Porvenir (nº 13, 2 de agosto) publicou o breve discurso do xefe político, o brigadier D. José Martínez (pretendían calmar a fera?) mentres que vituperaba o do director da Normal, que “contiene tantos errores así en la forma como en el fondo de las ideas, que por honor de la literatura gallega no nos ocuparémos de él”. Discurso o deste publicado anteriormente por La Aurora de Galicia en dous números sucesivos (6 e 7 do 18 e 31 de xullo, respectivamente).

Esta incluía no número 8 este solto sobre a cuestión:

“El Porvenir manifiesta no haberle agradado el discurso de nuestro colaborador D. A. M. de la Iglesia, que nosostros hemos insertado en los números anteriores [...] Tal vez lo que mas repugnancia causó al Porvenir fué la conclusion del referido discurso que tenemos el gusto de repetir: “El Maestro y no el cañon será el árbitro de los destinos del mundo”.

Aludían así de novo ao lema “Abajo reglas, escuelas i maestros”. Mais o lema non se refería aos mestres de ensino primario, ensino que Faraldo defendera nun escrito dous anos antes: “ridículo por no llamarle otra cosa, es el establecimiento de escuelas de un orden superior, cuando no ecsiste aun la mas elemental instruccion primaria, i la inmensa mayoria de los españoles no ha visitado las primeras escuelas”. Referíase aos considerados mestres da literatura e do xornalismo que tentaban impoñer normas e fomentar escolas literarias continuístas, sen innovacións; o estancamento, en definitiva.

Outro xornal madrileño, monárquico absolutista, La Esperanza, daba a noticia case un mes despois de producirse: “Por órden del gefe político de la Coruña se ha suprimido el Porvenir, curioso periódico literario que se publicaba en Santiago” (27-09-1845). Aínda continuaría cebándose co “difunto” días despois:

“-El periodico compostelano, El Porvenir, ha muerto. Se avanzó en guerrilla, haciendo locuras; y uno de los suyos, avergonzado de tanta extravagancia, tiró sobre él y le acertó en el corazon.

-En parte es lástima que haya desaparecido El Porvenir . Como nos ahorraba los maestros y las reglas , tal vez por medio del gruñido, de la coz y del mordisco, nos habría llegado a ahorrar las palabras

-El Porvenir se ha vuelto pasado: ¡Dios quiera que suceda pronto lo mismo al presente, que es quien procrea siempre tal especie de monstruos!” (30-091845).

El Porvenir morría de morte “matada”. Malos tempos aqueles para a liberdade. Como decía Antolín: “¡En que momentos escribimos!”

Somos Viajo Como

Quiero , una pareja formada por una betanceira y un catalán de adopción a los que les apasiona viajar por encima de todo. En esta sección os contaremos curiosidades, anécdotas y experiencias vividas durante nuestros viajes que esperamos os gusten. Si te quedas con ganas de más puedes encontrarnos en: www.viajocomoquiero.com

Homenaxe A Rosal A

This article is from: