
1 minute read
O Han's Horang-i logra sete medallas no Campionato de España de poomsae
REDACCIÓN/ Deportes
O Han's Horang-i de Betanzos regresou do Campionato de España de poomsae con 7 medallas e 6 clasificacións, tres delas en equipos, nun torneo de gran nivel no que se reuniron os mellores deportistas nacionais para optar por puntos para representar a España no Campionato de Europa que se celebrará en novembro.
Advertisement

Obtiveron a medalla de ouro Ana Llin Shin Veiga en trío junior feminino e Jessy Sun Shin Veiga en trío cadete feminino. Begoña Veiga Rodríguez foi prata en master 1 feminino. Conseguiron o bronce Jessy Sun Shin Veiga en cadete feminino, Seung Han Shin Jang en master 2 masculino e en parella, xunto a Begoña Veiga Rodríguez. Por outro lado, un deportista do clube participou na modalidade de Parataekwondo representando á Selección Galega nas competicións de combate e poomsae. Luís
Alberto Castro Rodríguez logrou a medalla de ouro en categoría K44 e a prata en poomsae P40.
Outra das probas nas que participou o clube foi o Open de Zaragoza Santa Isabel ao que acudiron cinco deportistas que lograron medalla nas sete categorías nas que competiron.
Obtiveron a medalla de ouro:
Ana Llin Shin Veiga (junior feminino), Seung Han Shin Jang (master 2 masculino e parellas); Begoña
Veiga Rodríguez (master 1 feminino e parellas); Jessy Sun Shin Veiga (trío cadete feminino) e Iván
Pena Pérez (parella cadete).
Tamén lograron a medalla de bronce Jessy Sun Shin Veiga e Iván Pena Pérez en categoría cadete.
REDACCIÓN/ Deportes
A ciclista miñense María Filgueiras vén de sumar un novo logro á súa exitosa carreira. No seu primeiro ano na categoría junior logrou cumprir o obxectivo de participar no Campionato do Mundo de Ciclocross celebrado en Hoogerheide (Países Baixos), representando a España.
A deportista suma este logro a unha gran tempada na que obtivo a victoria na Copa de España de Ciclocross, por terceiro ano consecutivo, e conseguiu o segundo posto no Campionato de España, así como o primeiro posto no ranking nacional.
María Filgueiras participou tamén en varias probas da Copa do Mundo, onde conseguiu dous top-20 e no Campionato de Europa da especialidade. Ademais, rematou no posto 14 do ranking UCI, sendo a mellor junior española neste ranking.
María Filgueiras destacou que "el objetivo principal de todos los deportistas es participar en unos Juegos Olímpicos, salvo en algunos casos como el ciclocross... En este caso el objetivo es participar en un Campeonato del Mundo y,
María Filgueiras no Campionato do Mundo de Ciclocross a poder ser, que se celebre en Bélgica o Países Bajos", dixo.
Este é tamén un gran logro para o Club BTT Caimanes Betanzos, xa que ela é a primeira rapa- za saída das escolas do clube que logra participar nun Campionato do Mundo e nun Campionato de Europa nunha mesma tempada.