Memoria 2020 Afundación [galego]

Page 1


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

ÍNDICE #RemamosXuntos Unha Fundación con A maiúsculo

Memoria anual corporativa

PADROADO

V O LU N TA R I A D O

DIRECCIÓN

ENVELLECEMENTO ACTIVO

P R E S E N TA C I Ó N

C U LT U R A

RETOS DA COVID-19

O U T R A S I N I C I AT I VA S

EDUCACIÓN E COÑECEMENTO

INFORMACIÓN ECONÓMICA


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

PADROADO

Miguel Ángel Escotet Álvarez

VOGAIS

Presidente

Xosé Carlos Caneiro Pérez Vicepresidente

Jesús Navazo Ruíz Secretario (non patrón)

José Eduardo Álvarez-Naveiro Sánchez M.ª Lourdes Batán Aira Daniel Benavides Alonso Francisco Botas Ratera María Cadaval Sampedro J. Santiago Camba Bouzas Marina Cid Dopazo

DIRECCIÓN

Pedro Otero Espinar

Fernando Filgueiras Feal

Director xerente

Coordinador da área de Responsabilidade social corporativa e institucional

José Luis Vilanova Dacosta Coordinador xeral de Soporte e zona rendible

José Manuel Mourelo González

Pilar Alves Moreno

Coordinador da área de Responsabilidade social corporativa e institucional

Coordinadora xeral de Responsabilidade social corporativa e institucional

Rosario Rodríguez Gómez

María Teresa Cores Fernández Coordinadora da área de Cultura

Sabela Couceiro Núñez Coordinadora da área de Envellecemento activo

Coordinadora da área de Marketing

Gloria Rodríguez López Coordinadora da área de Comunicación

María del Mar Sánchez-Toscano Rial Coordinadora de Intervención e administración

Olga Cuña Blanco

María Barreira Salgado

Juan Carlos Escotet Rodríguez

Juan José Castro Domínguez

Javier Etcheverría de la Muela Eladio Fernández Pérez Paulo Fontán Torreiro Eduardo Fra Molinero José Luis Lolo Celeiro Pedro Raúl López Jácome M.ª Eugenia Pérez Fernández Ramón Sestayo Lestón Jacinto Torres Fraga Berta Veira Fernández Óscar Villar Díaz

Coordinadora adxunta de Capital humano

Coordinador adxunto da área de Envellecemento activo

Gonzalo Cruz Rouco Coordinador adxunto de Oficina de proxectos

Cristina Iglesias Pérez Coordinadora adxunta de Sedes

Verónica Rego López Coordinadora adxunta de Relacións institucionais

Roberto Rodríguez Vázquez Coordinador adxunto de Intervención e administración

Carlota Sánchez-Montaña Puga Coordinadora adxunta de Educación superior

Paloma Vela Garicano Coordinadora adxunta da área de Cultura


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

P R E S E N TA C I Ó N

Miguel Ángel Escotet Presidente de Afundación

O 2020 quedou fixado nas nosas memorias como o ano inicial dun cambio de paradigma. A pandemia de covid-19 irrompeu abruptamente no noso contorno afectando todos os aspectos das nosas vidas, a mobilidade e o contacto interpersoal, a xestión dos espazos públicos e o ámbito privado, desde a actividade dos sectores produtivos e a das entidades sen ánimo de lucro, ata o funcionamento de todo tipo de organismos, corporacións e gobernos. A perda dos nosos concidadáns, dos nosos seres queridos converteuse desde entón nunha realidade cotiá; tamén, a crise económica derivada da pandemia, que reviste maior dureza para certos sectores e colectivos profesionais polas restricións grupais durante un período prolongado. Esta situación demanda de nós responsabilidade, apoio, empatía e cooperación. Unha serie de calidades que implican acción, compromiso e reciprocidade. Comprobamos que o único constante nas nosas vidas é o cambio permanente e é importante asumilo e aceptalo porque a transformación é a lei mesma da evolución, do contrario, só atoparemos escenarios de crises e ruptura.

Así o entendemos en Afundación. Desde que o Goberno decretou o estado de alarma en marzo de 2020, puxémonos a traballar sumando e redobrando esforzos. O salto cara ao dixital, xa moi avanzado na maior parte das nosas áreas de actividade, tomou un impulso decisivo. Necesitabamos implementar de maneira xeneralizada o teletraballo para continuar ofrecendo un servizo á sociedade, tamén para dar protección ao noso cadro de persoal e ás súas familias. Respondemos así, con rapidez, ás necesidades formativas dos nosos estudantes de educación superior e achegamos as nosas diferentes propostas culturais e educativas aos fogares nunha conxuntura na que salvar as distancias e conseguir proximidade se facía máis necesario ca nunca. No referente á educación e nun tempo récord, non só restablecemos en ieside as formacións en curso de maneira virtual, creamos, ademais, «ieside sen Muros», unha plataforma que convertía o noso centro de educación superior nunha entidade pioneira en España na emisión de clases, conferencias e encontros académicos online en directo, gratuítos e abertos a calquera persoa interesada, sen límites nin fronteiras. Nesta plataforma programamos un ciclo de live sessions ao que


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

invitamos prestixiosos especialistas en diferentes disciplinas coa proposta de que reflexionasen sobre o escenario da nova normalidade sobre os desafíos e oportunidades para o ámbito español e o galego, en particular. Unhas reflexións que serviron de punto de partida para unha obra bilingüe en español e inglés divulgativa, singular e pioneira, Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia / After the pandemic: Reflections and challenges for Galicia, que se foi xestando no segundo semestre do ano e viu a luz a comezos de 2021. Con esta obra inaugurabamos o selo ieside Edicións.

ción coas corporacións locais e xestionada polo noso persoal voluntario.

Simultaneamente, e como entidade socialmente responsable que busca dar respostas ás necesidades do noso contorno, orientamos a nosa actuación cara aos colectivos máis vulnerables. Ideamos e puxemos en marcha programas que ofrecían solucións a esas necesidades. Unhas accións que estiveron apoiadas por persoas traballadoras voluntarias de Afundación e de ABANCA, que achegaron máis de 30 000 horas do seu tempo a este labor. O voluntariado, que viñamos impulsando en todas as nosas áreas e liñas estratéxicas, resultou de inestimable axuda nesta particular circunstancia. Concibimos, nesta liña de emerxencia social, o programa «Cubert@s», que achegou, ao longo do período estival e de Nadal, as necesidades alimentarias básicas dos escolares pertencentes a familias das sete principais cidades da comunidades en situación de extrema fraxilidade que se enfrontaban á finalización do curso escolar e ao conseguinte peche de comedores. Entregamos en Galicia máis de 87 500 menús nutricionalmente equilibrados e saudables. Unha iniciativa realizada en colabora-

A nosa vocación social tamén nos impulsou a ir máis alá da situación de emerxencia para definir novas estratexias en ámbitos que xa traballabamos, pero requirían a adaptación das nosas accións ao novo contexto. De aí que na área de Envellecemento Activo desenvolvésemos o programa «+60, acompañámoste» proporcionando contacto diario e escoita por vía telefónica, inicialmente, ás persoas socias dos espazos +60 de Afundación e axiña, a residencias de maiores de toda a xeografía galega. Máis de 10 000 chamadas acompañaron estas persoas durante o 2020.

Nesta mesma liña de atención social e labor de voluntariado, e grazas ao traballo solidario dos seus docentes, no noso Centro de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación de Vigo, a actividade centrouse na produción de equipos de protección, preto de 130 000, para quen estaban loitando en primeira liña contra a pandemia, nun momento en que as cadeas de subministración deses materiais non estaban preparadas para facer fronte ao problema inesperado.

Durante a implementación deste programa, xurdiu a posibilidade de investigar sobre as estratexias para abordar esta crise no ámbito do envellecemento activo e por parte deste sector de poboación. A investigación non só resultou decisiva para reorientar o programa e acompañar especialmente as persoas que a estaban vivindo con maior dificultade, tamén nos permitiu ter unha panorámica máis precisa do conxunto de persoas maiores de 60 anos en Galicia, as

súas necesidades e a importante expansión da cultura do envellecemento activo no momento actual. No referente á cultura como catalizador de crecemento persoal, conseguimos trasladar rapidamente todas as actividades culturais posibles da Obra Social de ABANCA a unha nova plataforma dixital, denominada inicialmente «Afundación en casa» e posteriormente «Afundación TV», na que dinamizamos ao máximo a interacción co público, privilexiando os contidos sobre saúde e benestar, como ioga, xestión de emocións, mindfulness, educación ou aprendizaxe para contribuír a mitigar os posibles efectos da incerteza, programando ciclos e propostas relacionados co medio ambiente e os océanos para concienciar sobre a nosa responsabilidade compartida cara ao planeta. Unha canle que concentrou máis de 95 000 espectadores no seu primeiro ano de vida, o 2020. A isto sumamos a construción dun novo espazo museístico virtual con tecnoloxía 3D, Agalería, unha recreación que permite ao visitante integrarse nun contorno natural entre o mar e a terra, gozando de distintas experiencias lumínicas, segundo o momento do día en que acceda ao museo, ao tempo que goza da exposición de arte programada. Que dúbida cabe de que 2020 foi un punto de inflexión a nivel global, un momento histórico de cambio e da inevitable crise que o precede, e non só no referente á sanidade ou aos aspectos socioeconómicos, senón no relativo aos valores éticos que necesitamos para vivir en paz e pensar en liberdade. Este tempo esixe unha nova revo-

lución ética que saliente a importancia das persoas, que se comprometa coa xustiza e a liberdade, coa beleza das creacións do ser humano e do planeta e a súa biodiversidade. Só así camiñaremos cara a unha sociedade de alma democrática, respectuosa cos demais e co seu contorno, unha sociedade que responde aos valores da aprendizaxe ao longo da vida. Afundación, que percibe este contexto, implícase, desde os seus ámbitos de actuación, achegando programas e liñas de traballo que veñan reforzar eses valores éticos e estéticos que necesitamos para contribuír á transformación dunha sociedade mellor, porque «a fortaleza dunha nación —xa o dicía Confucio— depende da ética das persoas e os fogares que a conforman».

«A fortaleza dunha nación depende da ética das persoas e os fogares que a conforman» Confucio


+ 157 000 axudas sociais

+ 95 000

espectadores en Afundación TV

AFUNDACIÓN, ANTE OS RETOS DA COVID-19

O ano 2020 permanecerá na memoria colectiva como un dos máis excepcionais da nosa historia recente. Todos os nosos ámbitos de socialización —desde familiares ata laborais— experimentaron as consecuencias

da covid-19, o que conduciu á aceleración de modelos dixitais de comunicación e difusión do coñecemento e a cultura, a cambios de paradigma e, mesmo, a reformulacións nas prioridades de actuación.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

Neste sentido, profesorado e estudantado do Colegio Hogar Afundación Vigo, apoiados por exalumnado e persoas voluntarias de Afundación e ABANCA, centrouse en producir, en momentos de intensa escasez de material, máis de 67 385 equipos de protección individual, 45 396 máscaras, 16 879 pantallas e máis de 100 batas, que foron distribuídos entre as diferentes forzas e corpos de seguridade do Estado (Policía local, nacional e comandancias da Garda Civil), a Xunta de Galicia, penitenciarías (cuxa entrega foi posible grazas á colaboración dos voluntarios de Correos Vida), institucións sanitarias, concellos de menos de 30 000 habitantes, empresas colaboradoras ou residencias de maiores, entre outros destinos. Voluntarios, dirixidos por profesores do centro de formación profesional, reorganizaron, desde o inicio do confinamento e ata o mes de maio, o funcionamento e a disposición de todo o material do centro, desde maquinaria ata elementos téxtiles e plásticos, para contribuír a paliar a falta de sistemas de protección nunha conxuntura de parálise produtiva nestas áreas a nivel mundial. Ás persoas voluntarias organizadas en torno ás instalacións do Colegio Hogar Afundación, cómpre sumar o apoio inestimable dunha rede de modistas locais, encargadas do cosido final de todo este material de protección, e de taxistas voluntarios, que colaboraron desinteresadamente na súa distribución.

Utilizamos as nosas habilidades e coñecementos para axudar onde máis se necesitaba

Ao tempo que se reconvertían os usos do Colegio Hogar Afundación, outras áreas da entidade traballaban intensamente por consolidar o xiro ao dixital, xa desde os días iniciais do confinamento, para poder desenvolver o seu

A comunidade do Colegio Hogar e persoas voluntarias fabricaron máscaras e pantallas en plena escasez de material


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

labor social, de modo online e telefónico. Co fundamental apoio da área de tecnoloxía e de todo o equipo dos departamentos de desenvolvemento de contidos, conseguiuse trasladar nun tempo récord a maior parte das actividades da Obra Social de ABANCA a unha nova plataforma dixital: primeiro, «Afundación en casa», e, na actualidade, Afundación TV. Con isto, a Obra Social de ABANCA acompañaba a cidadanía naqueles meses complicados a través das súas propostas en liña, mantendo o mesmo nivel de esixencia, ao tempo que a plataforma «ieside sen Muros» constituía, pola Agalería, o novo espazo museístico virtual de Afundación con tecnoloxía 3D

súa parte, unha iniciativa de educación superior pioneira en España na programación e emisión de clases maxistrais e encontros académicos online en directo. Visitas virtuais ás salas de exposicións de Afundación, mostras integramente en liña a través de Agalería, o novo espazo museístico virtual da Obra Social de ABANCA, vídeos analíticos sobre as diferentes pezas da Colección de Arte Afundación, coloquios, conferencias, audicións de música clásica comentadas, clases de cociña familiar, contacontos, experimentos científicos, encontros literarios, obradoiros musicais, campamentos infantís e xuvenís virtuais de verán, teatro familiar asentado en valores,

seminarios sobre o correcto uso das novas tecnoloxías... Todas estas propostas culturais e formativas, nas que se propiciou a interacción co público, xunto con moitas outras actividades, levaron a Afundación TV a ser un referente durante o período de confinamento domiciliario, afianzando as súas emisións en vivo na súa sección de portada, «Directos de Afundación». Así, desde recitais como o ofrecido pola soprano Ainhoa Arteta, ata os actos de resolución e entrega dalgúns dos certames da institución, foron retransmitidos a través desta nova plataforma. Así mesmo, desenvolvéronse iniciativas centradas na xestión das emocións, a raíz do período de confinamento, dirixidas tanto a pú-

blico adulto como familiar. Un completo programa conducido polo experto Leandro Fernández Macho ou as sesións de mindfulness para practicar en familia coa psicóloga Belén Colomina son dous exemplos das propostas de Afundación para contribuír a mitigar os posibles efectos de estrés ou angustia ao longo desa etapa. Por outra parte, os novos desafíos provocados pola pandemia esixiron un eficaz cambio de enfoque tamén na área +60 de Afundación. A importancia da compañía, do contacto, determinou o desenvolvemento do programa «+60, acompañámoste». A través del, un especializado equipo de persoal de Afundación e


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

persoas voluntarias, mantiña un contacto permanente con persoas maiores que se puidesen sentir afectadas pola soidade derivada das estritas medidas de restrición da relación social. Esta iniciativa, ao comezo circunscrita ás persoas socias dos espazos +60 Afundación e, a continuación, ampliada a residencias do territorio galego, chegou a realizar 10 078 chamadas e foi posible grazas á implicación de 21 persoas do equipo de Afundación e 62 voluntarias e voluntarios. A partir desta iniciativa de acompañamento, a área +60 Afundación, un de cuxos eixes de actividade radica na investigación no ámbito do envellecemento activo, elaborou un estudo sobre as estratexias para abordar esta crise por parte das persoas maiores. A análise cualitativa e cuantitativa das entrevistas telefónicas realizadas durante a fase do confinamento, evidenciou a gran diversidade do colectivo, con características e necesidades moi diferentes e distintos modo de xestionar a crise. O 74 % das persoas maiores abordaron positivamente o confinamento e delas, o 49 % vivírono con serenidade, coas súas necesidades materiais e afectivas resoltas, arroupadas polas súas familias, polos seus veciños e manten-

do a súa independencia. Polo contrario, as entrevistas revelaron que un 26 % abordaron o confinamento con dificultade. Destas, un 11 %, cunha dificultade moderada, mentres outro 11 % viviron esta conxuntura con dificultade severa, experimentando ansiedade, nerviosismo e medo. Neste último grupo foi no que se centrou, de maneira especial, o programa de acompañamento mediante a acción de voluntariado. De maneira simultánea ao xurdimento destes novos focos de carácter social cos que traballar, Afundación centrouse en abordar, coa maior eficacia, unha das preocupacións fundamentais xurdidas a raíz da crise sanitaria: seguir cubrindo as necesidades básicas alimenticias dos escolares tras o fin do curso académico e o conseguinte peche dos comedores dos centros educativos e das bolsas comedor. O programa «Cubert@s» creouse como resposta a esta necesaria intervención, entregando máis de 87 500 menús nutricionalmente equilibrados e saudables ao longo do período estival e de Nadal de peche das escolas e centros de conciliación. Para iso, en colaboración coas corporacións locais e entidades sociais, a Obra Social de ABANCA actuou de maneira determinante

Acompañamos os colectivos máis vulnerables en momentos difíciles Persoal voluntario de Afundación e Cruz Vermella na campaña «Cubert@s Nadal»


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

nas sete cidades galegas, en cuxos puntos concretos habilitados, as máis de 200 persoas, profesionais, voluntarias e voluntarios de ABANCA e Afundación se encargaron de coordinar e realizar o reparto de menús. Dado o elevado grao de cumprimento deste programa social, durante as vacacións de Nadal, Afundación puxo en marcha «Cubert@s Nadal» e colaborou na campaña «Debuxando sorrisos», recadando 32 370 quilos de alimentos e garantindo 2334 xoguetes ás nenas e nenos nesas festas. A implementación de Afundación TV favoreceu o desenvolvemento dunha programación escolar deseñada para adaptarse ás novas realidades no regreso ás aulas tras as vacacións. Mantendo a aposta por contidos baseados no fomento de valores fundamentais, o equipo da Área Educativa de Afundación traballou na implantación dunha programación híbrida, con actividades de perfil virtual e presencial. Desta forma, docentes e estudantes puideron gozar tanto nos propios centros escolares, a onde se desprazaron os profesionais de Afundación, como en streaming a través de Afundación TV de moi diversas actividades, entre as cales destacaba a novidade da aula steam (ciencias, tecnoloxía, enxeñería, artes e matemáticas, polas súas siglas en inglés).

Por outra parte, a reapertura ao público das sedes e centros de Afundación produciuse tras un coidadoso e exhaustivo estudo de cada caso, no que se atendían ao detalle as normas e recomendacións emitidas polas autoridades sanitarias para facer dos espazos de Afundación lugares seguros. Redefiníronse os novos accesos e os fluxos de percorridos, as entradas e saídas, e os horarios de apertura ao público para poder xestionar con eficacia todas esas variables. Reprogramáronse procesos de limpeza e ventilación constantes, e analizáronse de forma individualizada os sistemas de climatización de cada inmoble. Ademais, os centros foron dotados de sinalética específica e de xeles desinfectantes para cada área. En definitiva, o ano 2020 enfrontounos a realidades preocupantes e moi complexas, esixíndonos un elevado nivel de esforzo, implicación, creatividade e reorientación, para, entre todos, paliar, na medida do posible, os efectos adversos da pandemia. En Afundación continuamos ao carón das persoas, acompañando, axudando e ofrecendo propostas sociais, culturais e formativas que nos permitisen seguir progresando como unha sociedade cohesionada, tamén en circunstancias determinadas por complexos desafíos.


85 947

usuarios/as

ED U C AC I Ó N EN VA LO R E S

92 273

estudantes

ED U C AC I Ó N F I N A N C EI R A

4331

estudantes

IESIDE

827

estudantes

FP

33 814

usuarios/as

B IB LI OT EC A S

EDUCACIÓN E COÑECEMENTO

Desde as primeiras etapas da vida académica, ata a formación complementaria para persoas adultas, en Afundación promovemos a aprendizaxe continua. Desenvolvemos, así, unha completa programación impartida en ieside, os nosos centros de formación profe-

2546

usuarios/as

N AT U R N O VA

92

prazas

E . I . Z A L A E TA

139

prazas

RE SIDENCIA E S T UDANTE S

sional, a nosa escola de educación infantil, a nosa rede de bibliotecas, o noso centro de educación medio ambiental Naturnova, así como nas nosas sedes, e desde marzo de 2020, tamén desde Afundación TV e «ieside sen Muros».


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

Campus de Pontevedra

Mantivemos a responsabilidade social, o voluntariado e a sostibilidade ecolóxica como valores transversais na educación

Campus da Coruña e Santiago

Campus de Vigo

EDUCACIÓN REGRADA

IESIDE No ámbito da educación superior, con máis de 60 000 estudantes egresados, ieside é a institución de educación superior privada sen ánimo de lucro de referencia no noroeste peninsular desde 1987. As súas titulacións, oficiais e propias, cobren un amplo espectro no marco da xestión empresarial a través de programas como o Grao en Administración e Dirección de Empresas; mestrados como mba (nas súas vertentes universitaria e executive), Dirección Financeira, Dirección de Marketing, Negocios Internacionais e Marketing Dixital; programas de duración media (Dirección de Vendas, Corporate Compliance ou Big Data); ou proxectos de formación in-company. Conta con tres

campus, unha residencia de estudantes e unha rede de infraestruturas adicionais. é un centro universitario adscrito á Universidade de Vigo e instituto de negocios, no que os principios da responsabilidade social, o voluntariado e a sostibilidade ecolóxica constitúen valores transversais presentes tanto na programación académica como nas propostas extracurriculares desenvolvidas polo instituto e que conduciron á institutición a tomar parte en iniciativas internacionais como Principles for Responsible Managemente Education, a Rede de Solucións para o Desenvolvemento Sostible ou a unep fi (United Nations Environmet Programme Finance Initiative), sendo a primeira institución de ámbito universitario en Europa en adherirse a ela.

ieside


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

A innovación tecnolóxica, un dos seus piares, e que permitiu acadar o nivel TI Avanzado Tipo 2 establecido pola Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (crue Universidades Españolas), revelouse fundamental ao longo deste ano. O novidoso desenvolvemento da súa plataforma online permitiu, ao se decretar o confinamento domiciliario a causa da pandemia, en tan só 12 horas, trasladar todos os programas ao contorno dixital e habilitar as comunicacións telemáticas e por vídeo

E en tempo récord, convertemos o noso campus virtual en espazo de encontro entre profesores e estudantes

sincrónico, mantendo o ritmo de traballo académico. Deste xeito, estudantes, claustro e demais persoal docente e de administración e servizos continuaron cos seus habituais desempeños a través de plataformas online. O propósito do instituto de exercer como centro de ensino superior con vocación de servizo público, proporcionando unha educación de elite aberta ao conxunto da sociedade, motivou o impulso final a un programa xa iniciado e en liña co xiro ao dixital xa implantado: «ieside sen Muros». Trátase dun portal virtual no que se emiten clases maxistrais, seminarios, coloquios, congresos ou calquera outra actividade de índole educativa que, vinculada coas áreas académicas de estudo de ieside, poidan supoñer un interese específico para os seus estudantes e profesores. Así, o «Foro ieside de Sociedad y Economía», iniciado na súa modalidade presencial a principios do mes de marzo cun relatorio do director xeral de funcas, Carlos Ocaña Pérez de Tudela, desenvolveuse nos seus encontros posteriores, neste novo contorno dixital.

Intervención de Carlos Ocaña Pérez de Tudela retransmitida na plataforma dixital «IESIDE sen Muros»


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

IESIDE A Coruña

Ao longo deste ano foron considerables as masterclasses ou os coloquios organizados a través de «ieside sin Muros». Entre eles, cumpriría destacar o ciclo de conferencias a instancias da colaboración entre ieside e Singularity University, de Silicon Valley. A prontitude das análises de reputadas figuras da medicina, a biotecnoloxía, a xeopolítica ou a socioloxía, en torno ao impacto da covid-19 nas diferentes esferas das nosas vidas foi un dos factores de éxito destes 22 encontros que tan só ieside, a raíz dun acordo extraordinario con Singularity University, puido emitir en aberto e de maneira gratuíta.

A través desta mesma plataforma, organizou e retransmitiu as live sessions, coa participación de relatores de prestixio global como Mauro Guillén, catedrático de Dirección Internacional da Empresa de Wharton School of Economics of the University of Pennsylvania; Roberto Álvarez del Blanco, profesor de Estratexia de Marca de nyu Stern School of Business; ou Ana Teresa Tavares-Lehmann, exsecretaria de Estado de Industria do Goberno de Portugal. No ámbito da proxección internacional, en 2020 ieside acometeu un plan de internacionalización transversal en toda a súa oferta formativa. Así, o Exponential mba, o primeiro e único en España

en aplicar un enfoque exponencial aos contidos de mba, contou con estudantes procedentes de seis países e fortaleceuse coa introdución dunha estancia en Lisboa en nova School of Business & Ecnonomics, líder en Portugal e destacada entre as mellores escolas de negocios europeas. No Grao de Administración e Dirección de Empresas iniciouse unha experiencia pioneira en negociación intercultural, o Global Team Project Galicia - China de moda sostible, coa participación de 40 estudantes de ieside e uibe (Beijing). Como resposta ás restricións de mobilidade internacional, en xullo celebrouse a primeira edición virtual da International Summer School con 20 participantes de China.

Así mesmo, potenciouse a formación global en toda a carteira executiva. Mediante o convenio subscrito coa London School of Economics (lse Ideas) e coa Porto Business School, os participantes do Executive mba, en 2021, poderán especializarse en Xeostratexia Mundial e reforzarán a súa networking co tecido empresarial portugués. Nos seis mestrados profesionais incorporouse unha estancia internacional de acordo co ámbito de especialización: Francia (liderado e dirección de persoas), Israel (digital management), ee. uu. (marketing), China (international business), Alemaña (finanzas) e Países Baixos (sostibilidade). Con esta decidida aposta internacional, ieside sitúase como a institución líder en


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

Galicia en formación directiva con enfoque global. En relación coas titulacións universitarias impartidas en ieside, débese sinalar que segundo os resultados das enquisas de satisfacción que a Universidade de Vigo realizou aos estudantes do curso 2019-2020, o instituto volveu destacar pola súa calidade formativa como o centro mellor valorado, cunha puntuación de 3,90 sobre 5,00. Canto ás titulacións oficiais impartidas, o Grao de Administración e Dirección de Empresas (ade) acadou a terceira posición entre os graos, cunha puntuación de 3,69 sobre 5,00 e o Master in Business Administration (mba), a cuarta posición entre os posgraduados, cunha puntuación de 4,29 sobre 5,00. O acordo con Singularity University, consignado en 2019 e que culminou coa creación de SingularityU Galicia Chapter, actuou en 2020 como un dos factores dinamizadores

da nova proposta de mestrado do instituto: o Exponential mba, cuxa primeira edición se desenvolve no curso académico 2020-2021. Trátase do primeiro, e único, mba oficial de toda España que conxuga aplicacións exponenciais para a súa implementación. Esta nova visión en torno ao ámbito empresarial, que transcende o modelo lineal a prol dun exponencial, favorece un maior e máis rápido crecemento e desenvolvemento da liña de negocio. Os estudantes complementan a súa formación co Certificado Superior en Exponential and Digital Business e o From Creativity to Innovation Certificate, expedido pola nova School of Business & Economics de Lisboa. No ámbito da educación executiva, o modelo tecnolóxico desenvolvido por ieside, que permite unha presencialidade dual (física e/ou remota), fixo posible que os estudantes dos programas de mestrado concluísen a súa formación no primeiro semestre


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

de 2020 coas máximas garantías de calidade académica. Durante o segundo semestre, puxéronse en marcha novos programas especializados cun modelo de impartición dual no ámbito da Dirección de Vendas, o Corporate Compliance ou o Business Intelligence. Ademais, ieside acometeu unha completa renovación da súa oferta de educación executiva, co deseño de 18 novos títulos que se implantarán en 2021. A devandita oferta componse de 8 mestrados, 8 programas

especialistas e 2 programas expertos que perseguen mellorar a capacitación de profesionais e directivos en aspectos como a dirección de empresas, o liderado e dirección de persoas, a dirección de marketing, a dirección financeira, os negocios sostibles, international business ou digital management. Con esta renovación, a oferta da institución será máis flexible, especializada e internacional ca nunca, para seguir manténdose como a primeira institución de educación executiva de Galicia.

Unha oferta educativa flexible, especializada e internacional mantennos como a primeira institución de educación executiva de Galicia IESIDE Vigo


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

Colegio Hogar Afundación

Estudantes comprometidos co seu contorno e flexibles ante os cambios do mercado laboral evidencian o resultado do noso método educativo

CPR Afundación A Coruña

Colegio Hogar Afundación

CENTROS DE FORMACIÓN PROFESIONAL Pola súa parte, os dous centros de formación profesional da Obra Social de ABANCA, o Colegio Hogar Afundación de Vigo e o Centro de Formación Profesional Afundación A Coruña, buscan formar estudantes competentes, comprometidos co seu contorno e flexibles ante os cambios do mercado laboral. Todo isto, atendendo á innovación, a internacionalización e a sostibilidade mediante unha educación transformadora, impulsando un currículo académico de alto potencial para a sociedade. Anímaselles, tamén, a potenciar o seu espírito emprendedor mediante a organización de concursos e premios que recoñezan o seu enxeño e creatividade. Por tanto, o modelo educativo implantado en ambos os centros caracterízase por promover unha formación integral fundamentada no coñecemento téc-

nico e o crecemento persoal en valores, para o cal se fomenta a participación en programas de voluntariado en moi diversos ámbitos sociais. Estes centros focalizáronse con intensidade, tras a suspensión das clases presenciais provocada pola pandemia, por afianzaren o seu inmediato xiro ao dixital, pasando dun modelo de formación integramente presencial ao formato virtual, primeiro, e híbrido, a continuación. Nun tempo récord, o Colegio Hogar Afundación de Vigo e o Centro de Formación Profesional Afundación A Coruña habilitaron novos espazos dixitais para continuar co desenvolvemento das clases, grazas ao esforzo por impulsar mecanismos e canles de docencia en liña. Unha vez reanudadadas as


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

aulas presenciais, a combinación do presencial e do dixital converteuse nun valor engadido que caracteriza estes dous centros, referentes de contratación no mercado laboral nas súas respectivas áreas de especialidade en Galicia. A emprendedora e innovadora vocación transmitida en ambos os centros, asentada en valores éticos e de voluntariado, quedou reflectida, por exemplo, na inmediata resposta que desde o Colegio Hogar Afundación de Vigo se deu ante a perentoria necesidade de material de protección. Tanto o persoal do propio centro, como exalumnos, a quen se foron sumando máis colectivos, confeccionaron todo tipo de materiais útiles como elementos de primeira barreira de protección, que foron distribuídos entre

distintos organismos e institucións de labor imprescindibles e de primeira liña de actuación contra o virus xa desde o mes de marzo de 2020. No plano da programación académica, no curso 2019-2020 púxose en marcha no centro da Coruña o ciclo superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web, o que supón ampliar a oferta incorporando un dos programas con maior proxección profesional e a opción de completar a dobre titulación co ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, podendo ser estudada en tres cursos académicos. Esta nova posibilidade súmase á consolidación en 2020 da iniciativa da sección bilingüe, con inglés como segunda lingua, inaugurada no ano académico anterior.

Implicámonos cunha educación transformadora que impulsa un currículo académico de alto pontencial para a sociedade


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

EDUCACIÓN INFANTIL A Escola de Educación Infantil Afundación de Zalaeta é un centro de referencia na cidade da Coruña. Cada ano cóbrense as 92 prazas ofertadas para nenas e nenos de idades comprendidas entre 0 e 3 anos. O centro caracterízase por fomentar un contorno de respecto polo medio ambiente, ao tempo que se promoven iniciativas de voluntariado —nas que se implica toda a unidade familiar— para reforzar a importancia de contar cunha sociedade comprometida con valores de respecto. A clausura dos centros escolares no mes de marzo, motivada polo elevado ritmo de contaxio da covid-19, impulsou a rápida reorientación cara a outras canles de comuni-

O contacto permanente coas familias puxo de relevo a importancia da colaboración da escola-familia

Escola de Educación Infantil Zalaeta

cación do labor das educadoras do centro. Así, o contacto mantívose estable e consolidado a través das chamadas telefónicas periódicas das profesionais da escola infantil Afundación ás nenas e nenos, poñendo de relevo a importancia da implicación escola-familia para a mellora dos procesos educativos. Unha vez finalizado o período de confinamento, ao igual que todos os centros da entidade, a Escola de Educación Infantil Afundación de Zalaeta abriu de novo as súas portas como un espazo seguro, adaptado segundo as recomendacións das autoridades sanitarias e educativas.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

FORMACIÓN EN VALORES

Nesta área promóvese o coñecemento a través de contidos plurais e actualizados mediante contornos participativos entre públicos de todas as idades, desde os adultos ata os máis novos, para quen se desenvolve especificamente unha programación asentada en valores e a través da cal se reforzan aspectos de educación financeira, ambiental e cultural. As actividades escénicas e as didácticas complementarias ás iniciativas de índole artística, inciden na importancia dunha aprendizaxe eticamente fundamentada. Educación en valores e para a sostibilidade ambiental As actividades extracurriculares programadas por Afundación nos ámbitos das artes plásticas, escénico-musicais e de fomento da lectura, dirixidas ao público escolar, están deseñadas para reforzar a transmisión de valores de convivencia e respecto que caodxuven no continuo proceso de mellora social, ao tempo que introducen os máis novos no coñecemento e gozo da cultura.

Programamos contidos plurais que reforzan valores como a convivencia e o respecto

O intenso labor expositivo desenvolvido por Afundación, e cuxa pedra angular é a nosa Colección de Arte, ábrese ao público escolar a través das actividades, teóricas e prácticas, programadas por un equipo multidisciplinar en función do evento organizado. Os retos derivados do contexto singular do ano 2020 demandaron unha rápida e eficiente resposta por parte dos equipos implicados no desenvolvemento Sede Afundación Ferrol


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

das actividades formativas extracurriculares e que se abordaron co firme propósito de seguir desenvolvendo iniciativas de primeiro nivel garantindo o cumprimento de todas as medidas sanitarias, un obxectivo acadado coa implementación do sistema híbrido, coa Aula steam como insignia, na que o dixital e o presencial conviven e se complementan. A suspensión das actividades lectivas nos centros escolares motivou a busca de alternativas para desenvolver a programación que quedaba daquela pausada. A implementación de Afundación TV permitiunos continuar como a entidade de referencia no noso ámbito, tamén na canle dixital, ao organizar nun tempo récord contidos formativos, relativos a cursos de cociña familiar, obras de teatro dirixidas a público infantil de compañías de recoñecido prestixio, obradoiros musicais e de canto, obradoiros de artes plásticas, experimentos científicos, seminarios sobre ciberseguridade e redes sociais... Toda esta programación estruturouse en seccións periodicamente actualizadas, nas que a participación activa das nenas e nenos se animaba a través dos encontros que se desenvolvían en directo. Ademais, todas as sesións se integran nun repositorio vivo accesible en calquera momento e en calquera lugar con conexión a Internet. Unha das seccións fixas desenvolveuna o equipo da Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela, coa emisión de sesións

semanais de contacontos e de información sobre libros e autoras e autores fundamentais do seu completo fondo infantil e xuvenil. Os profesionais da Área Educativa, pola súa parte, levaron a Afundación TV a experimentación con técnicas variadas e innovadoras de artes plásticas a partir de obras vinculadas coa Colección de Arte da entidade e das mostras accesibles a través das visitas virtuais. A estas propostas sumáronse os obradoiros de cociña pensados para a especial conxuntura das familias, presentando receitas sas, nutricionalmente equilibradas e de sinxela elaboración para as nenas e nenos. Tamén desde Naturnova se propuxeron interesantes retos de experimentación científica usando elementos cotiáns e potenciando o valor da reciclaxe e o respecto polo medio ambiente. Durante as vacacións de verán, mantivemos na canle dixital as nosas propostas de campamentos de verán multidisciplinares. Cunha emisión fixa diaria, sempre dispoñible tamén no repositorio de Afundación TV, deseñáronse propostas para todas as idades, desde infantil ata bacharelato, en directo e interactivas. Tras o regreso ás aulas despois do período estival, o equipo de Afundación implicado na Área Educativa puxo en marcha a súa programación escolar híbrida, que leva aos centros escolares a realización das propostas extraescolares. Así mesmo, incorporamos novos formatos, Aula steam (ciencias, tecnoloxía, electrónica, arte e matemáticas, Aula STEAM nos centros escolares de Galicia


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

polas súas inglés) desde outubro de 2020. As artes escénicas, pola súa parte, regresaron aos colexios a través de Afundación TV, emitindo, nunha xornada, a obra de teatro representada ex profeso no Teatro Afundación de Vigo, á que seguía un encontro en directo, na mesma plataforma dixital, co elenco da peza teatral. Os escolares puideron seguir gozando das propostas escénicas de compañías como Mamá Cabra, Odaiko Percussion Group, Caramuxo Teatro, Teatro dos Ghazafelhos, Píscore, On Stage Company ou Percuseve a través de Afundación TV. Programa de actividades de educación financeira ABANCA e Afundación organizaron actividades e programas dixitais de educación financeira que chegaron a máis de 92 000 persoas a través das canles dixitais e as actividades presenciais.

Escolares asistindo desde a aula do seu centro a unha retransmisión escénica de Afundación TV

Afundación T V combinou unha variada oferta ao ser vizo da comunidade educativa

Formación desde a infancia Neste curso escolar, marcado pola crise sanitaria, incorporouse ao catálogo de actividades unha nova proposta en formato virtual para os máis pequenos. Trátase do videoxogo A tola aventura do aforro, no que, a través das aventuras dun grupo de amigos do planeta Moi Tolo, os participantes toman conciencia de que os cartos se conseguen con esforzo, así como da importancia do aforro e a solidariedade. Impulsáronse, ademais, outras propostas deseñadas para este colectivo como o Gran Prix Financeiro, actividade presencial para nenos e nenas de educación primaria na que se aprende a importancia dunha correcta xestión do diñeiro, que se realizou con públicos máis reducidos, e as representacións teatrais, que este curso foron en streaming. Así, os escolares puideron gozar da montaxe teatral Laberinto, na que se abordan temas como o consumo responsable.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

Educación secundaria e bacharelato Para os mocidade estudantil de secundaria organizouse de novo o ciclo de conferencias «Preparados para dar o salto», adaptando o seu formato presencial nos centros escolares a unha versión en streaming. Neste curso ofrecéronse os relatorios «Camiñando pola vida cara a un comportamento financeiramente responsable» e «Es consciente do mundo no que che tocou vivir e en que vas traballar?». Tamén se desenvolveu un novo formato online do programa promovido por Junior Achievement e a aeb «As túas finanzas, o teu futuro». A ac-

tividade, dirixida á rapazada entre 13 e 15 anos, está estruturada en tres sesións nas que o estudantado reflexiona sobre a toma de decisións financeiras de forma prudente e acertada, aprenden a elaborar un orzamento equilibrado e toman conciencia da importancia do aforro e a sostibilidade.

secutivo o acordo que manteñen ambas as entidades co fin de colaborar na mellora do nivel e a calidade dos coñecementos financeiros da cidadanía. En concreto, o banco e a súa Obra Social organizan no marco desta alianza os programas educativos Young Business Talents e Segura-Mente ABANCA.

Alianza de ABANCA con

O primeiro ten como finalidade promover a cultura emprendedora entre a mocidade estudantil preuniversitaria. A través dun simulador empresarial, poden vivir a experiencia de xestionar unha empresa e comprobar como cada decisión que se toma afecta á evolución do negocio. Na última edición participaron máis de 11 000

funcas

Tamén coincidindo co Día da Educación Financeira, o director xeral de rsc, Sostibilidade e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, e o director xeral de funcas, Carlos Ocaña, renovaron por terceiro ano con-

novos estudantes de 447 centros escolares de toda España. A segunda iniciativa, Segura-Mente ABANCA, ten como obxectivo sensibilizar escolares de primaria, secundaria e formación profesional básica da importancia de previr riscos e de realizar unha correcta planificación dos gastos, así como conceptos relacionados cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ods). Nesta terceira edición, o programa mantén a colaboración cos centros escolares e potenciouse a gamificación co fin de conseguir unha proposta máis atractiva e acorde coa idade dos participantes planificando unha viaxe, e recorrendo as dis-

tintas etapas do Camiño de Santiago de forma virtual, para adaptarse á transformación que provocou a covid-19 no ámbito da docencia. Concurso «A galaxia financeira» ABANCA lanzou tamén este ano no seu blog Contas claras a terceira edición do concurso de competencias financeiras «A galaxia financeira», dirixido a persoas de 16 a 65 anos. Os participantes tiveron que poñer a proba o seu nivel de coñecementos, en temas como as finanzas persoais, a ciberseguridade ou conceptos financeiros do glosario especializado do blog.

Afundación TV emitiu un programa de charlas en directo, «Economía e empresa en tempos de covid», de información financeira e vídeos formativos para emprendedores e micropemes. Entre os meses de abril e maio colaboraron con este proxecto varios emprendedores, investidores e empresarios de éxito que compartiron as súas accións para afrontaren e superaren a difícil situación ante a covid-19. Así, durante unha serie de «ceo Talks» presentaron a súa experiencia xestionando as súas empresas durante a actual situación: Miguel Álvarez, de La Tagliatella, falou do sector da restauración e a nova normalidade; Andrés Casal, ceo de Wetaca, sobre


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

novos modelos de negocio e Como crecer un 50 % en tempos de crise; e Roberto Domínguez, ceo de Don Disfraz, de loxística e estratexias B2C.

Actividades para séniors Como parte do programa de educación financeira que desenvolveu o banco en colaboración con Afundación ao longo do último ano, as actividades dirixidas aos maiores de 55 anos centráronse nos obradoiros «Xestiona as túas contas con ABANCA móbil» e «Fai a túa vida máis doada cos caixeiros de ABANCA». Os devanditos obradoiros permitiron, por unha parte, ampliar a formación da autoxestión das finanzas persoais e, por outra, minimizar riscos para este colectivo vulnerable no contexto sanitario actual ao lles posibiliar a redución de visitas ás oficinas bancarias.

O segundo ciclo de charlas, «Economía e empresa en tempos de covid. Investor Tips: vc (Venture Capital)» con investidores, contou coa colaboración de José Bayón, ceo de Enisa (dependente do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade), quen afondou en como afrontou Enisa o seu apoio público de financiamento a startups e pemes durante a pandemia. Adrián García, presidente de Endeavor, abordou como inspirar unha nova xeración de emprendedores de alto impacto. Pechou o ciclo Andrés Fernández, ceo de Zendal, grupo empresarial enfocado á investigación e desenvolvemento de produtos biolóxicos, quen presentou como afronta o sector da saúde o actual escenario da covid-19. Andrés Fernández durante a súa charla no segundo ciclo de «Economía e empresa en tempos de COVID» retransmitida por «Afundación en casa»

Rompemos barreiras adaptando un completo programa de educación financeira ao ámbito dixital


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

FORMACIÓN PARA PERSOAS ADULTAS

A aprendizaxe ao longo da vida, en calquera etapa vital, é un dos nosos campos de actuación esenciais. Cun amplo abano de temáticas abordadas, as conferencias, seminarios, obradoiros e cursos organizados por Afundación inciden na importancia que outorgamos ao coñecemento como mecanismo de consolidación do progreso social. O condicionamento do desenvolvemento presencial de actividades deste ámbito provocado pola covid-19 motivou o traslado de todas estas propostas á nosa canle dixital, Afundación TV. Con programación en directo e a participación interactiva do público habilitada, puxémonos ao servizo da cidadanía para continuar dinamizando o avance e mitigar os posibles efectos adversos da crise sanitaria. Así, as propostas emitidas abranguen unha ampla variedade co fin de resultar de interese para gran parte da sociedade. No ámbito cultural, onde enmarcamos temáticas literarias, musicais ou enolóxicas, Afundación TV emitiu espazos como, por exemplo, «Foro viño xxi», no que Xoán Cannas analizou aspectos vinculados coa viticultura con figuras destacadas deste ámbito; «Audicións de música clásica comentadas», conducidas por Teresa Adrán, con fragmentos musicais interpretados pola

Real Filharmonía de Galicia; «A colección na casa», con análises pormenorizados e individualizados de pezas da Colección de Arte Afundación elaborados por especialistas da entidade; «Diálogos con Pepe Solla», nos que a actualidade artística, literaria ou empresarial galega fue analizada polos destacados persoeiros invitados a este espazo conducido polo aplaudido cociñeiro galego; «Imos ao cine», un repaso ás grandes obras e figuras da sétima arte da man de Asier Mensuro; «Quino: Mafalda, o seu creador e o seu mundo», unha homenaxe con Horacio Altuna, Manel Fontdevila e Asier Mensuro ao emblemático creador arxentino; «Coloquio sobre Sacrificio e ascensión. A exposición de David Rubín», na que Santiago Segura e o propio David Rubín abordaron a traxectoria como historietista deste último; ou «O ceo da boca», un repaso de creacións e figuras indispensables da literatura galega contemporánea coa premiada poeta Estíbaliz Espinosa. A sostibilidade ambiental, como unha das áreas de maior interese científico, foi a temática protagonista de encontros virtuais como «Faladoiros de ciencia», con María Canosa y Andrea Muras; «Mulleres de mar», un proxecto de microrrelatos e mesa redonda protagonizado por tres mulleres, Rita Vidal, Rosa Chapela e Jenifer Suárez, cuxas profesións están vinculadas ao medio mariño; ou «Comprometidos co medio ambiente e os océanos» e o mapa coa recreación Curso de cociña, alimentación para un planeta sostible en Afundación


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

César Bona

Anna Sans

Víctor Arufe

interactiva da elevación do nivel do mar, todas elas, propostas xurdidas para conmemorar o Día do Medio Ambiente e o Día dos Océanos.

rate en casa», un programa de mantemento físico con Sofía de Toro e Martín de la Puente.

de preguntas en que os relatores e público compartiron pareceres, Afundación organizou unha serie de charlas conducidas por Anna Sans sobre certos trastornos da aprendizaxe, cuxa detección temperá contribúe unha regulación que evita problemas posteriores e un alto nivel de frustración nas e nos escolares, como a discalculia, tdah, os trastornos visoespaciais... Nestes encontros animouse, de maneira especial, á participación activa das persoas inscritas.

O deporte, fundamental para o desenvolvemento e benestar das persoas, estivo representado en Afundación TV polas conferencias pronunciadas co gallo de «Retos de altura. fid Ciudad de León ABANCA 2020», coa participación de Edurne Pasabán, Juanito Oiarzabal e Carlos Soria. A proposta deste ámbito de carácter máis participativo protagonizouna «Aventú-

Pola súa parte, o ciclo de conferencias «Educación s. xxi», un foro de encontro e de intercambio de coñecemento no campo da pedagoxía, a atención temperá e a docencia, dirixido a todo o conxunto da comunidade educativa, contou coa participación de relatores de prestixio como José Antonio Marina, César Bona, Rafa Guerrero, Anna Sans, Víctor Arufe e Javier Urra. Ademais das conferencias e as posteriores quendas


+ 30 000 horas de acción voluntaria

+ 500

personas voluntarias

VOLUNTARIADO CORPORATIVO E INSTITUCIONAL

En Afundación impulsamos o programa de voluntariado dentro das nosas liñas estratéxicas como unha vía máis de manifestación do noso compromiso coa sociedade, sendo nestes momentos unha liña privilexiada, conscientes como somos de que o impacto provocado polo coronavirus en 2020 esixe, máis ca nunca, unha resposta rápida e coordinada para facer fronte ás necesidades inmediatas de quen máis o precisa. Nesta liña, secundamos o obxectivo común das administracións e entidades de iniciativa social de mobilizar a solidariedade cidadá e das empresas, fomentando o voluntariado e a responsabilidade compartida na construción dunha comunidade máis xusta e cohesionada.

Por tanto, neste contexto de grandes dificultades, programáronse actividades significativas que, coa súa acollida e resultados, compensaron amplamente o esforzo e a xenerosidade demostrada polas persoas voluntarias. En Afundación sentimos un feliz orgullo pola confianza das máis de 500 persoas voluntarias, traballadoras de ABANCA e Afundación, inscritas nas diferentes iniciativas que propuxemos e as máis de 30 000 horas dedicadas a levar a cabo as devanditas iniciativas. Os e as participantes no programa de voluntariado realizaron actividades en beneficio común, centradas nos ámbitos ambiental, social e educativo.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

A C C I Ó N S A M B I E N TA I S

A limpeza do litoral foi un dos nosos eixes do programa de voluntariado ambiental para o primeiro trimestre do ano, xunto coa plantación de especies autóctonas en contornos naturais de especial interese e a retirada de especies botánicas invasoras. Coas accións organizadas neste marco, conseguimos impactar en catro Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ods): ods 10 Redución das desigualdades, ods 13 Acción polo clima, ods 14 Vida submarina e ods 15 Vida de ecosistemas terrestres. Un grupo de 61 voluntarios e voluntarias de ABANCA e Afundación desprazáronse ao contorno da praia da Lanzada (O Grove), para participar en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, no marco do programa «Traballando pola mellora do patrimonio natural» nunha xornada na que retiraron 422,5 quilos de residuos do areal, declarado Zona Especial de Conservación da Rede Natura 2000. Outro grupo de 20 voluntarios desprazouse ata o contorno de Baldaio, espazo natural protexido tamén pola Rede Natura 2000, para realizar labores de limpeza, unha actividade organizada igualmente en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat e, neste caso, co Concello de

Retiramos máis de 540 quilos de residuos dos areais e 1480 quilos de especies botánicas invasoras

Carballo. Nesta acción conseguíronse retirar 68 quilos de residuos, a maioría deles, obxectos procedentes de artes de pesca, bastóns de algodón e microplásticos. Outra das actividades do programa «Traballando pola mellora do patrimonio natural» son as accións de reforestación. Así, en Coruxo (Vigo) máis de 50 persoas voluntarias participaron nesta iniciativa plantando un total de 300 árbores autóctonas que contribuirán a mellorar a situación actual deste espazo natural. Do mesmo xeito, 16 voluntarios conseguiron retirar 30 metros cúbicos en Guitiriz (Lugo) de Acacia dealbata, unha especie invasora procedente de Australia. Finalmente, 27 voluntarios retiraron 1480 quilos da planta exótica coñecida como unlla de gato (Carpobrotus edulis) e 49,5 quilos de residuos plásticos arrastrados polo mar tras os temporais ata a praia de Doniños (Ferrol). Todas as xornadas concluíron cunha ruta interpretativa organizada co fin de sensibilizar os asistentes, especialmente os máis novos, da importancia de conservar o patrimonio natural e paisaxístico de cada un destes enclaves.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

ACCIÓNS SOCIAIS

Máis de 87 500 menús nutricionalmente equilibrados entregados no programa «Cubert@s» e «Cubert@s Nadal». O pasado ano 2020 Afundación puxo en marcha por primeira vez o programa «Cubert@s», xunto a ABANCA, en colaboración con concellos e entidades sociais, co obxectivo de garantir unha alimentación saudable durante as vacacións escolares a menores en risco de pobreza ou exclusión social. Grazas a este proxecto, entregáronse menús solidarios nas sete principais cidades galegas durante as vacacións de verán e Nadal. Máis de 200 persoas, voluntarias e profesionais de ABANCA e Afundación, encargáronse de repartir os máis de 87 500 menús. Continuamos con esta iniciativa nas vacacións de Nadal e puxemos en marcha «Cubert@s Nadal», que nos permitiu entregar 16 500 menús, entre os cales se incluíron os especiais para gozar en familia os días de Noiteboa e Nadal.

Os menús distribuíronse na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol en colaboración coas administracións locais e distintas entidades sociais, segundo cada municipio. Habilitáronse mútliples puntos de recollida para facilitar a accesibilidade das familias máis vulnerables con localizacións axeitadas ás súas necesidades. Ademais, desenvolvemos a campaña «Debuxando sorrisos», grazas á que puidemos recadar 32 370 quilos de alimentos e 2334 xoguetes. Ao inicio da pandemia, e froito da colaboración entre as áreas de Envellecemento Activo e Voluntariado, creouse a plataforma «+60, acompañámoste» conformada por

Xestionamos más de 10 078 chamadas no programa «+60, acompañámoste»


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

unha rede de voluntarios e profesionais de Afundación para coñecer como afrontaron esta situación os socios e socias dos espazos +60 e aprender da súa experiencia. A iniciativa, que se estendeu posteriormente á poboación +60 de Galicia, permitiu atender 10 078 chamadas grazas á implicación de 21 persoas do equipo de Afundación e 62 voluntarias e voluntarios que tamén proporcionaron información e asesoramento, e escoitaron de forma activa aquelas persoas que se sentiron máis afectadas pola soidade derivada das estritas medidas de distanciamento social.

ACCIÓNS EDUCATIVAS

Un total de 15 persoas voluntarias de ABANCA e Afundación impartiron o novo formato online do programa de educación financeira promovido por Junior Achievement e a AEB «As túas finanzas». A actividade, dirixida á mocidade entre 13 e 15 anos, está estruturada en tres sesións dunha hora á semana, nas que o alumnado reflexiona sobre a toma de decisións financeiras de forma prudente, aprende a elaborar un presuposto equilibrado e faise consciente da importancia do aforro e a sostibilidade.

Renovamos o noso compromiso coa mellora da nosa contorna


12 476

participantes en actividades para maiores

13 379 socios de espazos +60

+ 10 000

chamadas de acompañamento a persoas maiores

ENVELLECEMENTO ACTIVO

En Afundación acompañamos as persoas maiores no seu percorrido vital, ofrecendo propostas e oportunidades para mellorar a súa calidade de vida e benestar. A maior lonxevidade, a heteroxeneidade e os novos perfís de persoas que chegan á etapa da xubilación, con estilos de vida máis activos e independentes, lévannos a innovar continuamente nas nosas propostas, contando para iso coa súa participación directa co fin de axeitarnos ás súas necesidades e expectativas.

Durante o período de confinamento, dentro do seu compromiso social, a entidade implantou un programa de acompañamento telemático para maiores, desenvolvido por traballadores da entidade e persoas voluntarias, a partir do cal se profundou nun estudo de investigación sobre As estratexias das persoas +60 ante o confinamento pola covid-19, seguindo un dos eixes fundamentais desta área, centrado en identificar puntos de actuación clave e mecanismos e estratexias de resolución.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

Seguimos activos na implementación de programas que poñen en valor o papel das persoas maiores

O VALOR DA EXPERIENCIA

Poñer ao servizo das persoas máis novas o talento e os coñecementos das persoas maiores para que poidan aprender da experiencia das xeracións anteriores é a esencia desta liña de actuación, en torno á cal se viñeron desenvolvendo programas tan relevantes como «Fálame da emigración» e «Falamos da escola», dous referentes no seu ámbito. No ano 2020 presentamos unha nova proposta, «Historias vividas», destinada a poñer en valor as traxectorias de vida das persoas maiores, facilitando que estas poidan plasmar o seu legado. Este programa invita os protagonistas a revisar a súa traxectoria vital conectando cos momentos importantes desde unha visión renovada, dando un sentido máis positivo á propia existencia e ao proxecto de vida que se continúa desenvolvendo. Concíbese como unha ferramenta de

coñecemento persoal e un punto de partida para pensar no presente e no que verdadeiramente se desexa para o futuro. «Historias vividas» utiliza como soporte a plataforma web Envita, deseñada especificamente para orientar a recompilación de historias engadindo textos e imaxes de forma guiada e acorde a unha liña temporal. Desta maneira, actívanse os recordos e engádese contido ao libro de vida, capítulo a capítulo, en función das diferentes etapas vitais: infancia, mocidade, vida adulta e madurez. O equipo de profesionais de Afundación acompaña en todo momento as persoas participantes a través de sesións grupais presenciais e/ou en liña, de acordo ás normas sanitarias en vigor e das preferencias individuais. Todo isto acaba conformando unha comunidade para compartir, relacionarse e aprender das experiencias vividas.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

ACOMPAÑAMENTO ACTIVO

Co obxectivo de seguir traballando para erradicar os prexuízos por razón de idade, un fenómeno coñecido como idadismo, a iniciativa do acompañamento telemático de Afundación, «+60, acompañámoste», procurou coñecer como afrontaban a conxuntura do confinamento ás persoas +60, aprender da súa experiencia e as súas estratexias e divulgar este coñecemento. Así, a través dunha mostra realizada a partir das conversacións mantidas, concluíuse que a maioría das persoas maiores, o 74 %, sobrelevaron ben esta etapa, despregando mellores recursos para a abordar positivamente que os máis novos, contradicindo os estereotipos negativos cara aos maiores, nos que adoitan aparecer representados de forma homoxénea e desde unha perspectiva de déficit, de carencia. O estudo realizado entre as persoas contactadas a través de «+60, acompañámoste» detectou diferentes estratexias de crecemento, entre elas, a diversificación das súas fontes de entretemento, a relación social, a capacidade para combater o illamento con recursos dixitais que lles permitiron estar en contacto moi frecuente con amizades e familiares, e tamén o desenvolvemento de actividades creativas que proporcionaron unha válvula de escape ante esta complexa situación.

Mantivemos un diálogo constante coas persoas maiores aprendendo da súa experiencia


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

Así mesmo, obtivéronse datos interesantes relativos, por exemplo, ás diferenzas por xénero. Entre eles, o máis significativo é que as mulleres afrontaron con maior dificultade o confinamento ca os homes, o cal se explica polo feito de que o 30 % das mulleres da mostra viven en fogares unipersoais fronte a tan só un 10 % dos homes. Canto ás diferenzas por tipo de hábitat, outro aspecto salientable, conclúese que as persoas maiores do medio rural viviron o confinamento notablemente mellor que as do medio urbano. Este programa, de enfoque teórico-práctico, reflectiu igualmente que o 26 % das persoas contactadas estaba sobrelevando o confinamento con dificultade, algunhas

incluso con moita dificultade, expresando ansiedade, nerviosismo ou medo. Desde «+60, acompañámoste» centramos os esforzos de acompañamento do equipo de Afundación nas persoas máis vulnerables —que nunha porcentaxe maioritaria son aquelas cunha menor rede social e familiar de apoio—. A preocupación por estar ao lado destas persoas levounos igualmente en Afundación a implementar neste programa outro dos nosos eixes estratéxicos: o voluntariado. Así, progresivamente, persoas voluntarias de ABANCA e Afundación fóronse incorporando a esta iniciativa, ao comezo circunscrita ás persoas socias dos espazos +60 Afundación e, a continuación, ampliada a residencias do territorio galego.

O p r o g r a m a «+ 6 0 , acompañámoste» permitiunos estar ao carón das persoas maiores máis vulnerables Usuarias dun espazo +60 Afundación manexando novas aplicacións


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

EDUCACIÓN PARA A LONXEVIDADE

Co obxectivo de mellorar a comprensión do fenómeno de envellecemento e de impulsar iniciativas innovadoras que contribúan a transformar este proceso nunha fonte de oportunidade, a Área de Envellecemento Activo puxo en marcha en 2020 o proxecto «Educación para a lonxevidade». Como punto de partida desta iniciativa, presentou, en colaboración coa Fundación Xeral csic, «A vivir que son 100 anos», unha exposición deseñada para ofrecer unha visión científica sobre o fenómeno da lonxevidade, que percorre os procesos do envellecemento como individuos e a nivel colectivo como sociedade. Un proxecto poliédrico no que conceptos como lonxevidade, envellecemento saudable, vitalidade na madurez ou

investimento na vellez se abordan desde diferentes perspectivas. Trátase dunha invitación a todas as idades a pensar no seu futuro, e unha invitación directa ás persoas maiores a viviren esta etapa dunha maneira plena.

Conferencia «A vivir que son 100 anos»

Impulsamos iniciativas innovadoras para transformar o proceso de envellecemento nunha fonte de oportunidades


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

Estruturada en cinco seccións, esta exposición invitaba a percorrer o camiño da vida e a se enfrontar co proceso de envellecemento, amosando aqueles factores que poidan determinar que o devandito itinerario se efectúe nas mellores condicións posibles. Así, móstrase que a aprendizaxe continua, unha nutrición óptima, o exercicio físico ou as relacións sociais son algúns dos aspectos que inflúen positivamente, en gran medida, neste proceso. Analízanse tamén cuestións de interese xeral, como os efectos da xubilación en cada persoa, o mantemento actual do estado de benestar, os avances médicos e tecnolóxicos en torno ao envellecemento, ou o funcionamento dos sistemas de pensións e sanitario. Para posibilitar o achegamento a esta nova realidade social denominada revolución da

lonxevidade desde diferentes perspectivas, Afundación deseñou un completo programa de actividades paralelas que incluíu un ciclo de conferencias, inaugurado pola científica titular do csic Dolores Puga, co relatorio «A revolución da lonxevidade», e que se viu interrompido a consecuencia da pandemia. Tamén se puxo en marcha un ciclo de cine temático; organizáronse xornadas de portas abertas no Espazo +60 Afundación de Pontevedra para dar a coñecer as iniciativas que se desenvolven e actividades interxeracionais nas que os escolares dialogaron e reflexionaron con socios e socias do centro acerca do envellecemento, de como os maiores afrontan esta etapa da vida e da importancia para todas as xeracións de estaren conectadas, comprenderse, dialogar e aprender mutuamente.

Programamos actividades inter xeracionais que poñen de relevo a importancia de comprenderse, dialogar e enriquecerse mutuamente


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

365 DÍAS EN AFUNDACIÓN TV +60

A clausura da presencialidade en toda actividade non esencial durante o período de confinamento estrito, e o posterior escalonamento de apertura de espazos decretado polas autoridades sanitarias competentes, foi o detonante do traslado da actividade ás plataformas dixitais, alí onde fose posible. No caso das propostas habitualmente desenvolvidas con persoas +60, o reto era dobre, dada a menor vinculación coa tecnoloxía deste colectivo con respecto a outros grupos sociais. Non obstante, a Área de Envellecemento Activo da Obra Social de ABANCA, a través dos datos recompilados nun estudo sobre novas tecnoloxías e persoas +60 en 2019, puido planificar a súa estratexia neste ámbito cunha completa información.

Constatamos a importancia dos espazos +60 como centros de convivencia que favorecen as relacións sociais e emocionais

O estilo de vida saudable no proceso de envellecemento activo fíxose posible mesmo na etapa de confinamento

Paralelamente á posta en marcha de «+60, acompañámoste», en Afundación TV iniciabamos un programa en directo, con Sandra Roco, Ioga en casa, no que, en sesións semanais dunha hora de duración, as persoas usuarias e espectadoras podían exercitar corpo e mente coa guía desta recoñecida profesional da Coruña. Neste mesmo sentido, ademais, incidían os obradoiros de mellora da situación emocional que tanto Leandro Fernández Macho, como Belén Colomina ou Rafael Guerrero ofreceron desde a nosa plataforma de contidos dixital. Os espazos +60 de Afundación retomaron no último trimestre de 2020 a súa actividade presencial para facer fronte ás repercusións da pandemia sobre as persoas maiores, máis vulnerables á COVID-19, pero que tamén sofren os efectos negativos da inactividade, da diminución de relacións e a alteración de rutinas.

Así, durante o período de desescalada, os integrantes do equipo de Envellecemento Activo realizaron un traballo de redeseño e adaptación da súa actividade habitual ás novas circunstancias sanitarias. O benestar persoal, o adestramento cognitivo, o lecer activo e a cultura dixital, máis relevante ca nunca, regresaron aos espazos +60 Afundación para seguir ofrecendo iniciativas de educación transformadora e crecemento persoal, ao tempo que se daba resposta á demanda das persoas usuarias de recuperaren a actividade presencial nos seus respectivos centros. Neste sentido, unha enquisa realizada con anterioridade á apertura dos espazos xa reflectira que un 83 % das persoas socias se amosaban favorables a recuperaren as actividades presenciais. Cómpre destacar que, aínda sendo usuarios/as maioritariamente dixitalizados (o 80 % das persoas da mostra se conectaran a Internet todas as semanas ou diariamente no último mes), o 86 % manifestaron a súa preferencia por actividades totalmente presenciais ou con algún contido puntual de forma online, e un 75 % consideraron tan importante os contidos das propostas como as relacións que asentan realizándoas. A partir da gradual reapertura dos centros, en setembro, formalizáronse un total de 2407 inscricións en actividades presenciais desta área. En definitiva, os resultados acentúan a importancia dos espazos +60 de Afundación como centros de convivencia nos que as actividades impartidas fomentan, ao mesmo tempo, relacións sociais, nun ambiente de cordialidade, afecto e amizade.


55 150

asistentes en exposicións presenciais

13 379

asistentes en exposicións de rúa

20 818

visitas á web museo virtual Agalería

25 132

asistentes a artes escénicas

1196

asistentes a ciclos de cine

Colección de Arte Afundación

CULTURA

Na Área de Cultura destaca, pola súa visibilidade e repercusión, a Colección de Arte Afundación, unha das máis completas coleccións institucionais da comunidade, cuxo fondo inclúe pezas significativas da crea-

ción española. Integrada por máis de 5000 obras, cobre a máis ampla panorámica da arte galega a partir do século XIX. A súa importancia valeulle a declaración de Ben de Interese Cultural (bic) en 2015 por parte da Xunta de Galicia, ratificando así un proxecto iniciado hai máis de cincuenta anos.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

A cultura é para a Afundación un medio transformador que posibilita o desenvolvemento persoal a través do gozo, a experimentación e o coñecemento, ao tempo que potencia o avance social e a cohesión mediante os valores compartidos e o respecto á diversidade. Os nosos distintos programas nos ámbitos de artes plásticas, escénicas, musicais e audiovisuais, publicacións, premios e certames de ámbito internacional, nos que participan máis de 150 000 persoas, buscan potenciar eses valores. Ao longo do ano 2020 quedou plenamente manifesta a importancia da cultura como unha área de experiencia imprescindible, un recurso de desenvolvemento que incide na calidade de vida, tanto de modo individual como comunitario, e un núcleo de socialización. A través da canle dixital Afundación TV, continuamos ofrecendo

á sociedade exposicións, concertos, audicións comentadas, libros, contacontos, lecturas poéticas, coloquios, conferencias, documentais, entrevistas, teatro, entregas de premios, obradoiros... Con anterioridade a este rápido salto cara á programación dixital, que a situación de pandemia demandou repentinamente, Afundación apostara por implementar tecnoloxía punteira e participativa na súa actividade cultural. Mostras da Obra Social de ABANCA, por exemplo, ofreceron innovacións como a aplicación de realidade virtual que, a través dun algoritmo, permitía o visitante fotografarse cunha obra concreta como fondo da imaxe; ou a realidade aumentada, para, a través dos dispositivos móbiles, ver o proceso creativo detrás de cada obra; ou os dispositivos interactivos adaptados ás normativas sanitarias. Un visitante da mostra «O noso planeta» durante unha experiencia de realidade virtual

A daptamos a nosa programación cultural aos me dios dixitais , facilitando o acceso desde os fogares galegos e de fóra da comunidade


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

ARTES PLÁSTICAS

Na sección de artes plásticas, tras a clausura de todas as actividades presenciais non esenciais decretada polas autoridade sanitarias, en Afundación centrámonos en trasladar a unha nova canle de contidos en liña todas aquelas exposicións susceptibles de se adaptaren a este novo encadre. Durante as primeiras semanas do confinamento domiciliario, o equipo de Afundación desenvolveu un intenso traballo de dixitalización das mostras que neses momentos se exhibían nas sedes da entidade. Deste modo, «O noso planeta», «Fóra de foco. Artistas foráneos na Colección Afundación», «Con D de arte. Unha ollada infantil á Colección de Arte Afundación máis contemporánea», «Castelao grafista (facsímile)» e a exposición antolóxica de «Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín», xunto ás actividades extracurriculares complementarias deseñadas pola Área Educativa da entidade, ás que se engadiron outras propostas formativas desenvolvidas ad hoc, mantivéronse en curso a través de Afundación TV. A nova plataforma de contidos virtuais da Obra Social de ABANCA permitiunos seguir cumprindo cos obxectivos prioritarios tamén no marco da Colección de Arte Afundación, entre eles, a nosa vocación museística. Os primeiros meses de 2020, previos á eclosión da covid-19, evidenciaban este compromiso a través, por exemplo, da exposición «Fóra de foco. Artistas foráneos na Colección Afundación», na que se amosaban unha selección de obras, nunca antes expostas, deste importante fondo. Tamén se perseguía este propósito coa itinerancia da proposta «Con D de arte. Unha ollada infantil á Colección de Arte Afundación máis contemporánea», dirixida ao público máis novo. A irrupción da Mostra «Galicia en vilo» na Coruña

crise sanitaria provocou o traslado de toda esta actividade a Afundación TV, onde se mantivo a vocación de difusión da Colección de Arte Afundación. Nesta mesma liña, creamos unha nova sala de exposicións, integramente dixital, denominada Agalería, un espazo dinámico e interactivo, con técnicas de recreación virtual, un punto de encontro entre o mar e a terra que ofrece o visitante unha experiencia moi singular. Inaugurada no mes de xuño, Agalería acolleu xa a celebración de dúas exhibicións, «O mar nas coleccións ABANCA e Afundación» e «Mirar de novo. A muller contra o tempo». Unha vez autorizada a reapertura gradual da actividade non esencial e establecidas polas entidades sanitarias competentes as normativas de seguridade, desde Afundación reestruturamos as condicións de acceso, de puntos de hixienización e desinfección e os horarios de apertura e peche dos nosos espazos para continuar ofrecendo á cidadanía propostas culturais de primeiro nivel dunha maneira segura. Ademais, conscientes dos riscos maiores nesta conxuntura para determinados colectivos, a Obra Social de ABANCA centrouse en consolidar a súa oferta híbrida, na que o dixital e o presencial conviven e se complementan a prol do progreso comunitario a través da cultura. Deste modo, mostras tan relevante como «Sacrificio e ascensión. 15 anos de cómic de David Rubín», «Castelao grafista (facsímile)», «Cromática. III Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea», «Papiromates. Matemáticas + creatividade = papiroflexia» ou «O noso planeta» puideron ser gozadas de modo presencial e virtual.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

Por outra parte, as actividades expositivas de Afundación enfocáronse, a raíz desta insólita conxuntura, desde unha óptica innovadora que permitise unha ampla difusión entre o público, de modo presencial, garantindo, en todo momento, o cumprimento da normativa sanitaria. Así como no ano 2018 a entidade transgredira o tradicional concepto de exposición cinguida a un espazo limitado, no ano 2020 implementouse a proposta das exposicións a pé de rúa. En colaboración coas cor-

Mostra «Cromática» na Sede Afundación de Santiago

Café Moderno Afundación

David Rubín na sala de exposicións de Afundación en Ourense

poracións locais, os espazos abertos das vilas e cidades se reconvertiron en aireadas salas expositivas. As mostras «Vivir o mar», presentada en diferentes puntos da xeografía galega ao longo do segundo semestre de 2020, e «Galicia en vilo», pertencente ao proxecto dual «Miradas desde o confinamento», na que se exhibían as imaxes de fotoxornalistas sobre esta extraordinaria conxuntura, foron os referentes do novo concepto expositivo de Afundación. Neste último caso establecíase un vínculo entre dúas mostras sobre as vivencias durante o confinamento, unha no espazo aber-

to, a mencionada «Galicia en vilo», e outra no interior, na Sede Afundación A Coruña, onde se expoñía «Primavera tras a ventá», integrada polas imaxes de quen participaron coas súas fotografías sobre este período no concurso fotográfico «Álbum covid de Afundación». A autorización para o desenvolvemento de actividades presenciais significou para Afundación a rápida reanudación, con plenas garantías de cumprimento da normativa sanitaria, do proxecto «Corrente cultural», en colaboración con ABANCA e as corporacións locais. Este

programa esencial para a difusión das artes plásticas ao longo da xeografía galega, transcendendo os circuítos habituais, é unha das liñas de actuación preferentes da Área de Cultura da entidade. Así, «Nós tamén fomos emigrantes», «Auga, o sangue da terra», «Fillos do océano» e «Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló» puidéronse contemplar en localidades como O Grove, Xove, O Carballiño, Chantada, Melide, Tui, Xinzo de Limia e Cedeira, entre outras.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

ARTES ESCÉNICAS

A Obra Social de ABANCA conta con catro espazos de recoñecido prestixio entre as compañías e produtoras escénicas e musicais, tanto a nivel nacional como internacional. Dotados con equipamentos de primeiro nivel, o Teatro Afundación Vigo e o Auditorio da Sede Afundación Pontevedra, o Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela ou o Auditorio da Sede Afundación A Coruña encóntranse en actualización perTeatro Afundación Vigo

manente para favorecer a versatilidade das súas instalacións e acoller distintas actividades. A amplitude e capacidade destes espazos convértenos en referentes no seu ámbito. No eido da programación relativa ás artes escénicas, Afundación impulsa cada ano a súa Tempada de abonos de teatro, que se desenvolve no Teatro Afundación Vigo e na Sede Afundación Pontevedra. En 2020, estes escenarios acolleron, ata o mes de marzo,

as propostas de Curva España, de Chévere; Esperando a Godot, de Samuel Beckett, dirixida por Antonio Simón; La golondrina, de Guillem Clua, dirixida por Josep Maria Mestres; e El coronel no tiene quien le escriba, baseada na novela de Gabriel García Márquez, dirixida por Carlos Saura. O decreto de paralización de toda actividade presencial non esencial motivou a suspensión de toda a programación escénica.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

C U LT U R A

De modo análogo, a Tempada de abonos de clásica da Obra Social de ABANCA, tras o concerto celebrado en modo presencial no primeiro trimestre de 2020 protagonizado pola Real Filharmonía de Galicia, tivo que ser interrompida debido ás restricións provocadas pola pandemia. O equipo de área de Cultura continúa traballando en distintas propostas para recomezar a actividade presencial.

directo os concertos incluídos no Festival ikfem, celebrado na eurocidade Tui-Valença na súa vertente presencial, e entre os que se contaba o recital da aplaudida cantante de ópera Ainhoa Arteta. Ademais da emisión en rigoroso directo da súa actuación, «Canciones del recuerdo», Afundación TV ofreceu para todas as persoas inscritas como público, unha entrevista coa artista o día anterior ao evento.

A rápida creación da plataforma dixital de contidos de Afundación TV permitiu, na medida en que as actividades podían ser susceptibles de reconfiguración, o traslado á canle virtual das propostas presenciais. Así, no mes de outubro de 2020 emitíronse en

A Real Filharmonía de Galicia, unha das agrupacións emblemáticas do ámbito da música clásica, foi a protagonista de dúas retransmisións en directo a través de Afundación TV dos concertos englobados no ciclo «Emocións naturais. Natureza, vida e amor».

Ainhoa Arteta e a Real Filharmonía de Galicia


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

PREMIOS E PUBLICACIÓNS

O impulso á transformación dos contornos vituais foi determinante no ano 2020. Os proxectos de dixitalización xa iniciados nesta liña por Afundación no ámbito das nosas publicacións permitiron poder ofrecer á comunidade lectora parte dos nosos fondos a través da nova plataforma dixital de contidos que implantamos en 2020. Así, por exemplo, volumes tan demandados como 175 debuxos de Castelao, Empresarios de Galicia ou Tempos de festa en Galicia (tomos I e II), entre outros, estiveron dispoñibles para a súa descarga ou consulta en liña de maneira aberta e gratuíta. Afundación conta cun catálogo bibliográfico de case dous mil títulos. As vendas da tenda online superaron os 300 exemplares. Desde que se implementou o portal «Afundación en casa», a mediados de marzo, posteriormente denominado Afundación TV, o departamento de Publicacións incorporou aos recursos en liña unha selección

de máis dunha ducia de libros en formato dixital de acceso libre. As persoas usuarias do portal realizaron máis de 1800 descargas das devanditas obras. Tamén a celebración dos actos de resolución e entrega dos galardóns de Afundación foron retransmitidos en directo a través de Afundación TV. Esta foi, ademais, a canle empregada polos distintos xurados,

A descarga libre de máis dunha ducia de libros dixitalizados permitiu unha meirande difusión de obras de indubidable interese


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

en combinación coa modalidade presencial, en función das normativas sanitarias en vigor, para o desenvolvemento das súas sesións de deliberación. No marco dos dous certames xornalísticos de Afundación, o Francisco Fernández del Riego (galego) e o Julio Camba (castelán), dinamizamos a creación no ámbito de prensa escrita. Cunha orientación dual, galego e castelán, estes premios convidan a unha ampla participación de artigos que transcende o contexto nacional. Neste sentido, a resolución do Premio de Xornalismo Afundación Francisco Fernández del Riego recoñeceu este año a escritora e gaiteira Cristina Pato, cuxa residencia habitual recente se fixa en Nova York, polo seu artigo titulado «Realidades paralelas», aparecido en La Voz de Galicia. Como finalistas recoñeceuse a Míriam Ferradáns e Diego Giráldez. O Premio de Periodismo Afundación Julio Camba, xa na súa XLI edición, distinguiu o escritor e matemático lugués Luis Pousa por «En Madrid llueve mal» (La Voz de Galicia). Acadaron a categoría de fina-

listas nesta edición Marta Villar Rodríguez e Noemí Sabugal. O certame Premio de Poesía Afundación, desenvolvido en colaboración co Centro pen de Galicia, converteuse nunha das citas de maior relevancia do panorama da lírica galega. A promoción do talento neste ámbito é un dos nosos propósitos fundamentais. Nesta nova edición, a XVII, o xurado distinguiu a Oriana Méndez polo seu poemario Interna, confirmando a tendencia xa apuntada nos últimos encontros da existencia dunha potencia poética renovada na Galicia actual. Tamén o tradicional Concurso de Beléns Afundación se desenvolveu nun formato dixital anovador. Así, a partir das fotografías das creacións enviadas polos participantes, resolvéronse os galardóns nas distintas categorías e estas mesmas imaxes integraron a mostra que reflectía a súa creatividade. Esta edición contou 52 creacións presentadas.

Cristina Pato, galardoada co Premio Afundación de Xornalismo Francisco Fernández del Riego na súa XVII edición, no acto de entrega


OUTRAS INICIATIVAS DE ACCIÓN SOCIAL E CULTURAL

De maneira adicional á programación que Afundación desenvolve no marco dos seus eixes estratéxicos centrados en educación e coñecemento, envellecemento activo, cultura, voluntariado e outros ámbitos de carácter social, promóvense unha serie de actividades complementarias e aliñadas cos principios fundacionais da entidade. Así, o Monte de Piedade, un referente da actividade social; Ataquilla, o servizo de venda de entradas líder no noroeste español; e a dinamización cultural, mediante a cesión ou aluguer dos espazos emblemáticos de Afundación no territorio galego, constitúen as tres vías de actuación nesta sección. Os beneficios obtidos mediante estas actividades diríxense

ao desenvolvemento de programas enmarcados nas áreas estratéxicas da Obra Social de ABANCA. No pasado exercicio, se ben en función da emerxencia sanitaria a cesión e o aluguer dos espazos tivo unha actividade moi reducida, no Monte de Piedade, Ataquilla e os centros e sedes de Afundación redobráronse os esforzos para prestar un maior servizo á comunidade, realizar melloras de eficiencia enerxética nos edificios e adaptalos ao novo protocolo de prevención para podelos reabrir en condicións de máxima seguridade á cidadanía, posibilitando as actividades que a situación permitía.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

Reforzamos en todos os nosos ámbitos de actuación o noso compromiso coa sociedade

O MONTE DE PIEDADE, UN MODELO DE CRÉDITO SOCIAL, RÁPIDO, CONFIABLE E TRANSPARENTE

En 2020 máis ca nunca, o Monte de Piedade de Afundación concentrou todos os seus esforzos en seguir prestando un servizo social, facilitando aos seus clientes a posibilidade de obteren fondos para cubriren necesidades económicas, en moitos casos, derivadas ou agravadas pola situación de pandemia. Mantivo abertos todos os seus servizos nos momentos máis duros do confinamento domiciliario, os peches perimetrais e as corentenas que impedían desprazamentos. Esta fórmula de financiación, achegando como garantía unha xoia, foi especialmente utilizada nos últimos meses por empresarios e autónomos, para facer fronte a necesida-

des de liquidez que poden ser temporais. A forte suba que experimentou o ouro ao longo do pasado ano, permitiu axustar o baremo utilizado na taxación e, con iso, incrementar o importe medio dos préstamos concedidos. O noso compromiso fíxose máis forte e, cumprindo sempre coas recomendacións das autoridades sanitarias, atendemos os nosos clientes procurando dar as máximas facilidades para todas as operacións. A nosa misión tamén se estendeu a quen non se podían desprazar, proporcionando asesoramento telefónico e dirixindo a xestión de pagamentos por banca electrónica. Incrementamos, ademais, os informes de taxación de xoias realizados, co obxecto de establecer o seu valor real, o que constitúe unha peritaxe especialmente apreciada polos clientes nas situacións de reparto de herdanzas.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

ATAQUILLA

A pandemia supuxo un punto de inflexión para a industria dos espectáculos en vivo, que viu como a súa actividade entraba en suspenso sen data límite. Ataquilla prestou o seu apoio cun inxente labor de xestión derivado da cancelación e adiamento masivo de espectáculos, o que supuxo proceder a realizar cambios e devolucións de máis de 65 000 entradas.

Tras uns primeiros meses de incerteza, Ataquilla afrontou unha nova etapa, de reapertura dos teatros e de regreso aos escenarios dos artistas, centrada na transformación tecnolóxica da súa plataforma, nunha firme aposta pola innovación e a mellora da experiencia de usuario. Nesta liña, o noso novo sistema propuxo a comercialización de eventos seguros, con todas as garantías sanitarias. Restricións e regulacións tiveron cabida na

configuración dos eventos a través dun novo sistema que se adapta ás limitacións de capacidade establecidas en cada momento e á distancia social, como chaves para preservar unha programación de espectáculos estable en época covid-19. A capacidade intelixente ou dinámica é unha das novas funcionalidades, que permite a configuración e optimización das localidades, aplicando durante as operacións de venda de entradas períme-

tros de seguridade entre grupos de compra. Esta novidosa funcionalidade foi testada por primeira vez o pasado 26 de decembro en Palexco (A Coruña) co espectáculo Somos criminais, acadando un alto grao de satisfacción do organizador e unha boa acollida do público. Pontevedra, Ferrol, Santiago ou Ponferrada son algunhas das cidades que adoptaron con éxito esta nova funcionalidade nos seus espectáculos.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

OS CENTROS E SEDES DE AFUNDACIÓN ANTE A COVID-19

Como consecuencia do confinamento provocado pola covid-19, os nosos centros e sedes de Afundación cesaron a súa actividade presencial o 13 de marzo de 2020. A partir dese momento, establecemos un plan organizativo por cidades, deseñando equipos de traballo para cubrir as necesidades xurdidas en diversas áreas e centrándonos, principalmente, en acometer tarefas de reacondicionamento e mantemento dos nosos espazos. Para desenvolver ese intenso plan de intervencións, conformáronse equipos multidisciplinares. Así, en coordinación coa área de

mantemento, para a compra de materiais e ferramentas necesarias, realizouse unha planificación de labores de acondicionamento. En consecuencia, ao longo dos meses nos que a situación epidemiolóxica impedía a apertura das nosas instalacións, en Afundación centramos os nosos esforzos en reacondicionar os espazos con vistas á súa reapertura. Así mesmo, e como entidade socialmente comprometida, reforzamos a integración do persoal asignado a estes centros nas tarefas de acondicionamento, promovendo, con iso, a súa participación activa nesta etapa de meses de peche ao público.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

Ademais destes esforzos e reenfoques centrados nos ámbitos laboral e de mantemento técnico e de instalacións, a aposta decidida de Afundación por promover dinámicas sostibles e de fondo calado social nos seus ámbitos de actuación e alcance, determinou que as intervencións realizadas nos nosos centros e sedes se planificasen conforme a criterios de eficiencia enerxética e redución de consumos excesivos. Os sistemas de iluminación e de xestión de augas experimentaron unha fonda actualización neste sentido, ao seren substituídos por elementos led e dosificadores, respectivamente.

Sede Afundación Vigo

Con estas iniciativas de actualización técnica e de participación activa de persoal de Afundación nelas, posicionámonos, unha vez máis, como unha entidade intregalmente comprometida cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, especialmente cos ods 8, 10, 12 e 13, tanto de maneira directa como indirecta, ao potenciar a eficiencia enerxética das nosas instalacións e reorientar as estratexias de persoal en aras da estabilidade laboral nun contexto de extraordinaria incerteza.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

ADAPTACIÓN DE CENTROS E SEDES AO PROTOCOLO DE PREVENCIÓN DA TRANSMISIÓN DA COVID-19

Dado o novo escenario no ano 2020, e tras os primeiros meses de incerteza, os espazos culturais e de lecer puideron comezar, lentamente, a súa reapertura a partir do mes de maio. Para garantir unha experiencia segura nas instalacións de Afundación, realizamos un estudo previo por centros para definir os seus accesos, fluxos de percorridos de entrada e saída, e capacidades (consonte as normativas aprobadas para cada etapa específica). Tamén se adaptaron os horarios de apertura ao público segundo as recomendacións das autoridades. A continuación, o noso equipo de Marketing centrouse, nun tempo récord, na colocación de toda a sinalética precisa: carteis nas fachadas cos protocolos; sinais para guiar nos novos accesos e percorrido ao público, marcando no chan a distancia de segurida-

de; ou todo o relativo á hixiene de mans, colocando xeles desinfectantes en todos os puntos clave do centro correspondente. Xunto ás empresas de limpeza, estudáronse en cada edificio os percorridos para establecer os puntos críticos, determinando frecuencias de desinfectado e ventilación de cada centro e de cada sala. Examináronse tamén, de modo exhaustivo, os sistemas de climatización de cada inmoble para garantir as rotacións de aire requiridas. Redeseñáronse, ademais, as entradas aos espectáculos, as físicas e as virtuais, de acordo aos novos protocolos, e adaptáronse as billeteiras dos auditorios. Así mesmo, reconfiguráronse e adaptaron as recepcións dos centros para cumprir con todos os requisitos de seguridade sanitaria.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

ACTIVIDADE DINAMIZADORA

Como xa se indicou, a actividade presencial viuse interrompida de forma repentina o 13 de marzo 2020. Ata entón, a programación habitual dos espazos de Afundación mantiña a súa intensa frecuencia de desenvolvemento de eventos. De entre eles, destacamos os seguintes: os concertos de Ismael Serrano e James Rhodes, respectivamente, a representación de A bela durminte de Chaikovski polo Ballet de San Petersburgo, a posta en escena da ópera La Bohème de Puccini, a cargo da compañía L. G. Artist en colaboración coa Ópera Nacional de Moldova, e os monólogos de Dani Rovira e Miguel Lago. Canto a congresos, celebráronse o «Foro de emprego dixital» e «Oncoloxía de precisión»; cursos e xornadas profesionais, como os de La Voz de Galicia, sergas, etc. Colaboramos tamén en galas benéficas con entidades como unicef, Asociación contra o Cancro e Asociación de Familiares de Persoas con Alzhéimer.

O Teatro Afundación de Vigo e o Café Moderno de Pontevedra foron, entre finais de outubro e mediados de novembro, escenarios para a gravación da serie española de Amazon Original «Un asunto privado». Trátase dunha ficción creada en asociación coa galega Bambú Producciones (responsable de series de grande éxito como «Fariña», «Las chicas del cable» ou «Velvet»). Juan Moreno y Herrera-Jiménez, máis coñecido polo seu nome artístico, Jean Reno, e Aura Garrido protagonizan esta serie de aventuras na que se mesturan misterio, humor e acción. Despois de varios días coas súas noites de transformación, probas e cambios de mobiliario para a gravación da serie, o salón de recepcións do teatro e as súas emblemáticas escaleiras convertéronse nun concello de finais dos anos corenta durante unha gala de conmemoración e o Café Moderno, nun auténtico cabaré. As sedes de Vigo e Pontevedra serviron tamén como puntos de traballo para a figuración, os preparativos do vestiario e maquillaxe.

A bela durminte, de Chaikovski, Ballet de San Petersburgo


€ 24 M recursos empregados

€ 207 M patrimonio neto

€ 73 M activos líquidos

Desde o primeiro trimestre do ano 2020, a actividade de Afundación, como xa se indicou viuse afectada pola grave crise sanitaria, económica e social provocada pola covid-19.

INFORMACIÓN ECONÓMICA

O impacto sobre os ingresos orzados compensouse cun importante traballo de redución de custos operativos, que permitiu garantir tanto a estabilidade do emprego como o mantemento de altos niveis de actividade virtual, así como o lanzamento de novos programas de acción social en resposta ás necesidades xurdidas durante a pandemia.

A iso contribuíu decididamente o mecenado de ABANCA Corporación Bancaria, S.A., ao manter para o exercicio de 2020 a mesma achega, de 10,1 millóns de euros, ca nos anos 2018 e 2019. Ao peche do exercicio de 2020, Afundación presentaba un balance sólido, cun patrimonio neto de 207 millóns de euros e máis de 73 millóns de euros en activos líquidos.


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

Cadro 1: BALANCE DE SITUACIÓN (miles de euros)

ACTIVO

2020

2019

138.226

142.345

Patrimonio neto

340

368,595

Dotación fundacional

8.680

8.680

102.039

105.679

625

676

26.422

26.822

120

119

74.497

75.372

6

Debedores comerciais e outras contas a cobrar Investimentos en entidades do grupo e asociadas a curto prazo

Activo non corrente Inmobilizado intanxible Bens de patrimonio histórico Inmobilizado material Investimentos inmobiliarios Investimentos en entidades do grupo e asociadas a longo prazo Investimentos financeiros a longo prazo Activo corrente Usuarios e outros debedores da actividade propia

Investimentos financeiros a curto prazo Periodificacións a curto prazo Efectivo e outros activos líquidos equivalentes Total activo

PATRIMONIO NETO E PASIVO

2020

2019

207.132

210.656

133

133

210.523

212.497

-3.524

-1.974

Pasivo non corrente

202

206

Débedas a longo prazo

202

206

5.389

6.854

Provisións a curto prazo

291

209

138

Débedas a curto prazo

599

1.496

779

1.018

Beneficiarios-acredores

662

591

400

400

Acredores comerciais e outras contas a pagar

3.288

3.846

71.854

71.765

548

712

66

79

212.723

217.716

1.393

1.972

212.723

217.716

Reservas e outros Excedente do exercicio

Pasivo corrente

Periodificacións a curto prazo Total patrimonio neto e pasivo


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

C a d r o 2 : C O N TA D E R E S U LTA D O S ( m i l e s d e e u r o s ) CONTA DE RESULTADOS

2020

2019

Ingresos da actividade propia

16.227

17.911

Vendas e outros ingresos ordinarios da actividade mercantil

592

1.266

€ 324 mil

Axudas monetarias e outros

-345

-526

Excedente positivo da actividade 2020

Aprovisionamentos

-538

-492

Outros ingresos da actividade

822

1.152

Gastos de persoal

-9.185

-9.248

Sen amortizacións e provisións, o que permite acadar un equilibrio económico e dotar o fondo de reserva consonte as directrices do plan estratéxico.

Outros gastos da actividade

-7.586

-9.956

Amortización do inmobilizado

-4.433

-5.127

Exceso de provisións

287

131

Deterioración e resultado por alleamentos do inmobilizado

34

0

Outros resultados

36

51

-4.090

-4.840

Ingresos financeiros

28

51

Gastos financeiros

-20

-69

Variación de valor razoable en instrumentos financeiros

1.093

1.065

Deterioración e resultado por alleamentos de instrumentos financeiros

-536

1.819

Excedente das operacións financeiras

565

2.865

-3.524

-1.974

Excedente da actividade

Resultado total (variación do patrimonio neto no exercicio)


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

En 2020, Afundación empregou recursos nas súas actividades por importe de 23,56 millóns de euros, dos cales o 88 % destinouse a actividades fundacionais. O reparto por áreas de actuación principais foi o que se recolle no gráfico 1.

46 %

25 %

27 %

2 %

educación superior e coñecemento

envellecemento activo e acción social

cultura

outras actividades fundacionais


RETOS DA COVID-19 | EDUCACIÓN E COÑECEMENTO | VOLUNTARIADO | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | OUTRAS INICIATIVAS | INFORMACIÓN ECONÓMICA

Sementamos futuro para unha sociedade máis informada, crítica e solidaria Somos impulso social, educación, cultura Somos Afundación, a obra social de ABANCA

Textos e imaxes, edición, deseño, produción e coordinación: Afundación Depósito legal: C 1051-2021 © Afundación, 2021



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.