Estratexia, sostibilidade e innovaciรณn: fortalezas para un futuro sรณlido
Memoria 2018
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
ÍNDICE
INTRODUCIÓN COMPROMETIDOS COA EDUCACIÓN Educación superior IESIDE Innovación A internacionalización Inserción laboral e desenvolvemento profesional A responsabilidade social corporativa Espazos de dinamización do coñecemento e a experiencia en IESIDE A oferta académica Os centros de IESIDE A formación profesional Centro de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación Centro de Formación Profesional Afundación A Coruña Coñecemento Apoio á educación Actividades formativas COMPROMETIDOS CO ENVELLECEMENTO ACTIVO Envellecemento activo Investigación e formación O valor da experiencia 365 días de actividades nos espazos +60 Maiores que necesitan coidados: colaboración co plan «Como na casa» COMPROMETIDOS COA CULTURA Cultura Artes plásticas Artes escénicas, musicais e audiovisuais Publicacións, premios e certames Máis culturas COMPROMETIDOS COA SOCIEDADE Voluntariado e outras accións de carácter social Foro ABANCA responsable Outras accións sociais OUTRAS INICIATIVAS DE ACCIÓN SOCIAL E CULTURAL INFORMACIÓN ECONÓMICA
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
UNHA FUNDACIÓN CON A MAIÚSCULO
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
PADROADO
Miguel Ángel Escotet Álvarez
Vogais
Presidente
Ángel Sicart Giménez Vicepresidente
Jesús Navazo Ruíz
Marcelino Agís Villaverde Francisco Botas Ratera
Secretario (non patrón)
María Jesús Budiño Rodríguez
José Eduardo Álvarez-Naveiro Sánchez
Xosé Carlos Caneiro Pérez
Asesor xurídico
Olga Cuña Blanco Ricardo Díaz-Casteleiro Romero Juan Carlos Escotet Rodríguez Javier Etcheverría de la Muela Eladio Fernández Pérez José Fernández Pernas Paulo Fontán Torreiro José Luis Jiménez Martínez Xosé Luis Liñares Barbeito José Luis Lolo Celeiro Pedro Raúl López Jácome Laura Mosquera Escudero Mercedes Rozas Caeiro Ramón Sestayo Lestón Jesús Santiago Vázquez San Luis Óscar Villar Díaz
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
DIRECCIÓN
Pedro Otero Espinar Director xerente
José Luis Vilanova Dacosta
Coordinador xeral de Soporte e zona rendible
Pilar Alves Moreno
Coordinadora xeral de Responsabilidade social corporativa e institucional
Beatriz Lorenzo Míguez
Coordinadora xeral de IESIDE
María Teresa Cores Fernández Coordinadora da área de Cultura
Sabela Couceiro Núñez
Coordinadora da área de Envellecemento activo
Fernando Filgueiras Feal
Coordinador da área de Responsabilidade social corporativa e institucional
José Manuel Mourelo González
Coordinador da área de Responsabilidade social corporativa e institucional
Rosario Rodríguez Gómez
Coordinadora da área de Marketing
Gloria Rodríguez López
Coordinadora da área de Comunicación
María del Mar Sánchez-Toscano Rial
Coordinadora de Intervención e administración
María Barreira Salgado
Coordinadora adxunta de Capital humano
Juan José Castro Domínguez Coordinador adxunto da área de Envellecemento activo
Gonzalo Cruz Rouco
Coordinador adxunto de Oficina de proxectos
Cristina Iglesias Pérez
Coordinadora adxunta de Sedes
Verónica Rego López
Coordinadora adxunta de Relacións institucionais
Roberto Rodríguez Vázquez
Coordinador adxunto de Intervención e administración
Carlota Sánchez-Montaña Puga
Coordinadora adxunta de Educación superior
Paloma Vela Garicano
Coordinadora adxunta da área de Cultura
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
PRESENTACIÓN
Hai agora máis de catro anos que na Obra Social de ABANCA, Afundación, implantabamos o noso plan estratéxico previsto ata o final de 2019. Un proxecto que marcaba o noso norte, orientándonos cara ao obxectivo de superacións e mellora colectiva dentro da busca permanente da excelencia. A clara idea de que somos unha institución ao servizo dunha comunidade e a firme vontade transformadora son os motores que nos impulsan a reflexionar na acción, avanzar e innovar. Con esta visión planificamos a estratexia para cinco anos. Agora, preto de concluír o seu período de aplicación e atendendo os resultados do exercicio de 2018, máis dun millón trescentas mil persoas participaron nas nosas propostas e actividades, de modo que podemos verificar que o camiño marcado era o correcto e que nos levou a nos reafirmar como a primeira entidade privada galega sen ánimo de lucro nos nosos ámbitos de actuación e unha das máis relevantes do espectro español.
prometida. As nosas áreas estratéxicas —educación, envellecemento activo, cultura e voluntariado— contan cunha programación que se determina de acordo cos valores da RSC. De igual maneira, todas as persoas que integramos a Obra Social de ABANCA rexémonos, baixo os parámetros da profesionaliade e da ética, con arranxo a unhas normas de conduta recollidas no noso código deontolóxico, un documento que vela pola súa aplicación non só a nivel interno, senón que debe ser tamén observado polas entidades colaboradoras nos proxectos de Afundación.
Estes logros débense atribuír a un grande equipo con profesionalidade e vocación de servir, que abrangue tanto cada un dos membros do Padroado, os profesionais e traballadores en todas as áreas e sedes de Afundación e, especialmente, a nosa institución de mecenado, ABANCA, cuxa actitude, compromiso e determinación foron fundamentais para poder dar á sociedade a nosa achega á educación, á mellora da calidade de vida e ao desenvolvemento da cultura e do lecer creativo.
Ademais da transversalidade da responsabilidade social corporativa e institucional en toda a actividade de Afundación, a sostibilidade do medio ambiente, a innovación e a internacionalización son outros dos principios sobre os que se sustenta o proxecto da nosa entidade. Deste xeito, en 2018 desenvolvimos novos programas académicos, actualizamos os medios dixitais dos nosos tres campus de IESIDE, levando a cabo un intenso proceso de renovación e innovación canto a metodoloxías, procesos, dispositivos e instalacións para os axeitar aos sistemas dinámicos de comunicación nas aulas, no campus virtual e de interactuación entre docentes e estudantes. No ámbito internacional, consolidamos as colaboracións con prestixiosas institucións de educación superior en Europa, Asia e América, sumando novos convenios de intercambio de estudantes e profesores.
Desde Afundación impulsamos iniciativas cun retorno positivo para a sociedade. Así, toda a nosa actividade está permeada polos principios esenciais dunha institución socialmente com-
A nosa predisposición para contribuír á dinamización do coñecemento motivou que, en 2018, presentásemos á Xunta de Galicia a proposta de creación da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE),
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Teatro Afundación Vigo
un centro de educación superior especializado nas organizacións empresariais, privado e sen ánimo de lucro, que sexa referencia non só no noroeste peninsular, senón internacionalmente e asentado na frutírfera experiencia de IESIDE. Converterase na primeira universidade privada de Galicia e a súa oferta académica e innovadora e todas as súas propostas estará enfocada a complementar e achegar valor engadido ás tres universidades xa existentes. Sempre expresei que todo o que fagamos en beneficio da educación e da saúde é insuficiente en calquera parte do mundo, dada a magnitude das necesidades das persoas e do conxunto da sociedade. Opoñerse a iso é unha transgresión de lesa humanidade. As dicotomías do coñecemento, nas súas dimensións de transmisión e creación non están clasificadas entre universidades públicas e privadas, senón entre universidades malas e boas, entre universidades públicas e de servizo público. A nosa intención é ser unha universidade de calidade e de servizo público. Na área de envellecemento activo, pola súa parte, a nosa posición de liderado en Galicia conduciunos a seguir profundizando nas potenciais necesidades do sector de poboación de máis de 55 anos. Tras o estudo que en 2017 se levou a cabo coa Universidade de Santiago de Compostela para avaliar os nosos programas, en 2018 apostamos por continuar esta vía de investigación, co propósito de orientar de maneira certeira as nosas propostas, mediante o impulso de dous estudos fundamentais: o primeiro deles, en colaboración con ABANCA, abordou a análise de perfís, motivacións e necesidades de persoas maiores activas. O segundo estudo, desenvolvido coa Fundación Matia de Gipuzkoa, centrouse en analizar a importancia
na atención ás emocións como cuestión determinante para o desenvolvemento vital pleno na etapa que comeza tras a xubilación. Os resultados de ambos os traballos permítennos seguir ofrecendo á sociedade unha innovadora programación nesta área que nos sitúa en posicións de primeiro nivel internacional na atención ao envellecemento activo. As nosas propostas na área de cultura reflicten, así mesmo, a nosa vocación de entidade innovadora e dinamizadora da relación con outras culturas. Neste sentido, en 2018 na área de cultura aproximámonos dunha maneira diferente ás actividades expositivas ao poñer en marcha un concepto que traspasa a mera visión estática e tradicional das mostras, para ofrecer unha mirada integral sobre aspectos de interese universal, como a música, as letras ou a pintura. Así, e con motivo da inauguración de «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» na nosa sede da Coruña, deseñamos un amplo programa multidisciplinar co que conseguimos levar a programación alén da propia exposición, rebasando as fronteiras das nosas salas, fomentando a proximidade e a apertura á sociedade e integrándonos na urbe. Todo iso cunha visión cosmopolita, ao impulsar a creación artística galega, a nacional e a desenvolvida fóra das nosas fronteiras. O voluntariado constitúese como unha das principais liñas estratéxicas de Afundación, a Obra Social de ABANCA. As numerosas actividades desenvolvidas neste ámbito foron experiencias tan gratificantes e estimulantes que nos animaron a impulsar esta área de maneira decisiva. Mediante o voluntariado expresamos o noso compromiso persoal coa ética, a solidariedade, a participación e, en definitiva, co
respecto polo medio en que vivimos e convivimos. O programa de voluntariado que iniciamos aspira a ser unha ponte de cooperación entre ABANCA, a súa obra social e as institucións que conforman as diferentes dimensións da sociedade e o seu contorno. En 2018, en Afundación, fomos distinguidos con diferentes mencións internacionais no campo da RSC, a educación superior e a formación profesional. A ONU invitounos a integrarnos en dúas das súas iniciativas globais no ámbito da responsabilidade social: Principles for Responsible Management Education (PRME) e a Rede de Solucións para o Desenvolvemento Sostible (SDSN). Pola súa parte, a revista Actualidad Económica premiou o proxecto deseñado por estudantes do Colegio Hogar Afundación denominado «FP sobre ruedas», e outros dous traballos desenvolvidos neste mesmo centro se alzaron co primeiro premio en Deseño e o segundo en Eficiencia outorgados pola empresa Marine Instruments. De cara ao peche do plan estratéxico en vigor, e ao enfrontar a nova planificación para o seguinte período de aplicación, continuamos, desde hoxe, pensando en futuro, poñendo a nosa vontade, ilusión e recursos á disposición da sociedade, co propósito firme de a dotar dos recursos necesarios para facela máis humana, ética, avanzada e de pensamento libre.
Miguel Ángel Escotet Álvarez Presidente de Afundación e reitor presidente de IESIDE
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
INTRODUCCIÓN
Un ano máis, Afundación, a Obra Social de ABANCA, ratificaba en 2018 o seu liderado como primeira fundación galega, pola calidade, cantidade e diversidade das súas actividades, así como pola extensión da súa cobertura na comunidade, superando o millón trescentas mil persoas usuarias.
mas en liñas estratéxicas que complementan a oferta do resto de institucións galegas públicas e privadas. As devanditas liñas estratéxicas céntranse no ámbito da educación, do envellecemento activo e o fomento da formación, e o desenvolvemento das persoas a través da cultura.
Recompilamos nesta memoria a información máis destacada da devandita actividade no pasado exercicio.
A actividade de Afundación distínguese pola realización dunha gran variedade de actos, eventos, programas, cursos, ciclos e obradoiros de recoñecido prestixio. Estes desenvólvense nunha rede de infraestruturas socioculturais propias nas principais cidades galegas e a través de multitude de colaboracións en proxectos sociais, culturais, medioambientais, de promoción económica ou de difusión das novas tecnoloxías.
Unha fundación para a innovación A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) é unha institución galega privada e sen ánimo de lucro que se constrúe co obxectivo de dar resposta ás demandas dunha sociedade en permanente cambio, baixo os parámetros da ética e a profesionalidade. Unha institución que nace da vontade de servir á sociedade galega, dentro e fóra de Galicia, e da intención de contribuír á súa evolución. Afundación é o principal axente de responsabilidade social corporativa da primeira entidade financeira galega, ABANCA, que naceu cun marcado carácter socialmente responsable. É a Obra Social de ABANCA. O seu forte compromiso e a súa clara vocación de servizo fan de Afundación un factor de transformación fundamental para o seu contorno, contribuíndo ao desenvolvemento integral das persoas e buscando sempre a eficiencia, a relevancia, a innovación e a sostibilidade. Con este propósito, desenvolvemos progra-
Constitúen a devandita rede 30 centros, situados nas catro provincias galegas, que suman máis de 74 100 m² á disposición da cidadanía, mantendo así unha ampla presenza territorial. Trátase na súa maior parte de edificios dun gran valor arquitectónico, localizados no centro dos núcleos urbanos e equipados cos medios tecnolóxicos axeitados aos servizos que prestan. Sete sedes, unha en cada unha das principais cidades galegas, 11 espazos para persoas maiores de 60 anos, tres centros de educación superior, dous centros de formación profesional, unha residencia de estudantes, catro bibliotecas, unha escola infantil, un centro interactivo de educación medioambiental, un teatro, dous auditorios e varios edificios de apoio para actividades diversas constitúen esta rede.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Sede Afundación A Coruña
En Afundación tense moi presente que o principal activo dunha organización é o seu capital humano. Constitúen o cadro de persoal 222 profesionais altamente cualificados e especializados, con perfís multidisciplinares e unha idade media de 46 anos, cunha antigüidade promedio de 16 anos e unha taxa de rotación do 8 %. Ocupámonos de potenciar e reter o talento e iso permítenos ser líderes nos nosos distintos eixes estratéxicos de actuación. As correccións das desiguladades de xénero son, así mesmo, moi relevantes en Afundación, non só canto aos salarios, senón tamén no acceso das mulleres ao emprego e a súa permanencia nel. O 55,40 % do noso capital humano son mulleres e conforman o 76,47 % dos postos directivos da entidade. A intensidade e alcance da nosa actuación non sería posible sen unha axeitada xestión, que, unida ao mecenado de ABANCA, garante o seu equilibrio orzamentario. O pasado ano destinamos máis de 24 millóns de euros a investimento social. Un novo proxecto para a educación superior: a Universidad Internacional de la Empresa (UIE) En Afundación entendemos que mellorar e crecer implica propoñernos novos e estimulantes retos. Por iso concibimos a creación dun ambicioso proxecto: a Universidad Internacional de la Empresa (UIE). O noso propósito é elevar IESIDE, actualmente adscrito á Universidade de Vigo, con máis de 30 anos de experiencia na formación de profesionais para a empresa, á categoría de universidade, creando a partir
del unha institución de educación superior, de servizo público, con forte orientación internacional e unha variada oferta interdisciplinar de calidade. A Universidade Internacional de la Empresa pretende ser a primeira universidade privada do noroeste e a única en España especializada no ámbito empresarial. O noso compromiso social En Afundación desenvolvemos o noso labor de acordo con catro principios fundamentais de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) que se basean na ética e a transparencia: confiabilidade, innovación, calidade e responsabilidade. Neste sentido, ademais do desenvolvemento de diferentes vías de voluntariado e a transmisión práctica de valores, toda actividade en Afundación está orientada cara a e permeada por estes principios. Actualmente en IESIDE, a RSC conta cun módulo en todas as nosas titulacións. Esta presenza foi recoñecida en 2018 pola ONU, incluíndo IESIDE en dúas das súas iniciativas globais de desenvolvemento RSC: Principles for Responsible Management Education (PRME) e a Rede de Solucións para o Desenvolvemento Sostible (SDSN). A propia Universidad Internacional de la Empresa nace como un proxecto de responsabilidade social corporativa e institucional, orientado á creación de valor económico, social e cultural para Galicia. Responsabilidade, en definitiva, non é outra cousa que habilidade para responder os retos e demandas da sociedade de maneira eficiente e construtiva.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
EDUCACIÓN SUPERIOR IESIDE
O Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE) é unha iniciativa de ABANCA e Afundación, avalado por máis de 30 anos de experiencia, para potenciar a cooperación entre a empresa e a universidade. Orientado á creación de valor económico, social e cultural para Galicia, IESIDE constitúese como servizo público, sen ánimo de lucro, que complementa a oferta actual e cuxa porcentaxe de empregabilidade se sitúa no 96 % en menos dun ano. Conta con 168 profesionais, titulares, asociados e colaboradores, cunha dilatada experiencia docente e con recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional. A través dun modelo académico diferencial, adaptable e innovador, que engloba as distintas etapas da vida profesional, IESIDE desenvolveu unha exhaustiva oferta académica para o curso 2018-2019. Para iso conta cunha sólida rede de convenios educativos con centros de educación superior e universidades de recoñecido prestixio, o que redunda na potenciación de dúas liñas estratéxicas de IESIDE: internacionalización e innovación. En consonancia con estas liñas, actualizamos os medios dixitais dos nosos campus, ao tempo que consolidamos as colaboracións internacionais con prestixiosas institucións de ensino en todo o mundo. O compromiso de IESIDE coa RSC, un módulo presente en todas as nosas titulacións, foi en 2018 recoñecido pola ONU. O organismo supranacional incluíu IESIDE en dúas das súas iniciativas globais de desenvolvemento RSC: Prin-
ciples for Responsible Management Education (PRME) e a Rede de Solucións para o Desenvolvemento Sostible (SDSN). Debemos resaltar que IESIDE liderou en 2018 as enquisas de satisfacción da Universidade de Vigo, elaboradas cada ano a partir da opinión dos seus estudantes. A institución logrou destacar pola súa calidade formativa durante o curso 2017-2018 e así se reflectiu nos resultados da sondaxe elaborada pola Área de Calidade que indica que o Mestrado en Dirección e Administración de Empresas (MBA), nas súas distintas modalidades, foi a titulación de posgraduado mellor valorada, figurando entre as 7 primeiras posicións do ranking. O Grao en Administración e Dirección de Empresas conseguiu a segunda posición. Respecto á satisfacción global dos estudantes cos centros onde se imparten as diferentes titulacións, IESIDE foi considerado o mellor da universidade. Afundación, a Obra Social de ABANCA, trasladou formalmente á Xunta de Galicia, en outubro de 2018, a solicitude pertinente para crear a que sería a primeira universidade privada de Galicia, a Universidad Internacional de la Empresa (UIE), que proxecta o inicio das súas actividades para o curso 2021-2022. Os estudos que se impartan, que deberán ser acordados na última fase do proceso de tramitación, está previsto que se centren no ámbito empresarial, con ramas sociais e de enxeñería.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Presentación «Centro ABANCA Innova Ourense. Provincia intelixente»
Campus IESIDE Vigo
Innovación Ao longo do ano 2018 IESIDE experimentou un intenso proceso de innovación de dispositivos e de instalacións para os axeitar a novos sistemas dinámicos de comunicación nas aulas e de interactuación entre docentes e estudantes. O campus virtual viuse en 2018 fortemente potenciado cunha ferramenta avanzada de detección de plaxio, servizos de videoconferencia, ligazóns á biblioteca dixital e outros recursos xestionados directamente polos docentes, converténdose no epicentro da estratexia dixital de IESIDE no que a formación se refire, xa que se evoluciona na metodoloxía de ensino
desde unha baseada nun modelo presencial cara a novos paradigmas blended que flexibilicen o proceso de formación e aprendizaxe. Os estudantes e profesores comunícanse, ademais de nas salas durante as clases en persoa, a través do campus virtual, podendo propoñer cuestións e dúbidas utilizando a plataforma desde calquera lugar, dispositivo e sempre que o necesiten. O campus virtual de IESIDE conta, ademais, cunha app para iOS (iPhone e iPad) e Android desde a que se pode acceder aos recursos electrónicos contidos nel.
terese para os estudantes dos distintos cursos co fin de mellorar a súa formación. Instaláronse en varias salas, tanto no campus da Coruña como no de Vigo, avanzados sistemas de cámaras e equipos de gravación de última xeración con seguimento intelixente do docente mediante recoñecemento facial. Desta maneira é posible gravar as clases, e os estudantes, a través dun recurso do campus virtual, pódenas volver ver sempre que queiran, o que permite afianzar coñecementos e repasar o exposto durante as sesións e mellorar, con iso, os seus resultados académicos.
A biblioteca dixital viuse tamén reforzada este ano. Incorporáronse novos recursos electrónicos que o claustro docente considerou de in-
Estes sistemas de cámaras e gravación, rotafolios e pantallas interactivas multitáctiles permiten tamén retransmitir en streaming en direc-
to masterclasses e outros acontecementos ou compartir información xerada nos campus de IESIDE e que se queira difundir internamente ou ao exterior a través de Internet. Este interese polo punteiro conduciunos tamén a desenvolver, a través de IESIDE, o «Centro ABANCA Innova Ourense. Provincia Intelixente», un proxecto no cal colaboran ABANCA, Afundación e a Deputación de Ourense. Este novo centro supón a xeración de novas oportunidades de progreso e o fomento de liñas de innovación e desenvolvemento tecnolóxico prioritarias para os distintos sectores económicos da provincia.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Presentación programa DARI 2018 na Sede Afundación Vigo
Estudantes programa DARI 2018
A internacionalización No contexto da internacionalización, o ano 2018 viu consolidarse a colaboración coa UIBE (University of International Business and Economics) de Beijing coa participación de estudantes procedentes deste centro no programa DARI, Diploma Avanzado en Relacións Internacionais, quen compartiron materias cos matriculados no Diploma Asiático en Relacións Internacionais, a outra opción de itinerario deste curso intensivo.
O papel cada vez máis destacado que China xoga no actual taboleiro económico convértea nunha potencia mundial de máximo nivel e a estreita relación académica que IESIDE mantén coa UIBE sitúa o noso centro de estudo e, por extensión, a Galicia, nunha posición de privilexio na dinamización de intercambios universitarios e de negocios. Co gallo do desenvolvemento do programa DARI neste ano 2018, estudantes da UIBE e de centros de ensino superior galegos participaron nas diferentes sesións lectivas e visitas formativas que se inclúen
neste curso. Galicia é a comunidade autónoma que máis investimento chinés recibiu nos últimos cinco anos, por iso IESIDE puxo en marcha a xornada de «Global Forum China-Galicia» co obxectivo de ofrecer unha perspectiva actual da política internacional de Galicia, afondar no impacto das novas políticas socioeconómicas de China e compartir con directivos do sector agroalimentario, un dos de maior potencial no mercado chinés, as súas diferentes estratexias e a súa visión sobre os obstáculos e oportunidades que se presentan. Estivo dirixido a profesionais
e directivos de toda Galicia cuxas compañías tivesen interese en abordar un plan de expansión no xigante asiático ou que se encontrasen xa operando no devandito mercado. IESIDE fortaleceu en 2018 a súa aposta pola internacionalización como valor fundamental na etapa de formación académica mediante a rúbrica dun convenio de intercambio de estudantes, a través do programa Erasmus +, coa Université Toulouse III-Paul Sabatier, en concreto co seu Institut Universitaire Technologi-
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
6.279
85
estudantes en IESIDE
empresas clientes de programas IESIDE
176
85
estudantes con perfil internacional Datos destacados
97
estudantes con bolsas á excelencia
55
ofertas de emprego xestionadas
profesores con perfil internacional
+49 %
de estudantes con perfil internacional respecto ao 2017
que na súa sede en Auch, no sur de Francia. A raíz deste acordo, a partir do ano académico 2019-2020, estudantes do Grao en ADE de IESIDE poderán cursar un semestre no centro francés do seu programa de Gestion des Enterprises et des Administrations, realizando os módulos de Management des Organisations e de Outils de la Gestion et du Management des Organisations, integramente en francés. IESIDE, pola súa parte, será centro de acollida de estudantes procedentes do IUT ‘A’ Paul Sabatier que se incorporarán ao terceiro curso do grao para cursalo na súa totalidade. A Université Toulouse III-Paul Sabatier está recoñecida a nivel internacional como unha das 500 máis prestixiosas do mundo e de maior antigüidade, na liña das de Oxford, Bolonia, A Sorbona ou Salamanca. Este novo acordo súmase á histórica colaboración de IESIDE con universidades estranxeiras, iniciada en 1994 coa University of Wales para a
posta en marcha do Bachelor in Business Administration (BBA), xa que o Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa ve a internacionalización como un medio que favorece a transferencia de coñecemento e a empregabilidade dos estudantes, brindándolles unha formación cunha visión universal acorde cos tempos e mercados actuais, á vez que contribúe á mellora do tecido empresarial local. IESIDE propúxose dar un relevante impulso a este proceso de internacionalización mediante convenios con universidades de Europa, América e Asia. Estes convenios súmanse aos xa existentes con institucións académicas tan prestixiosas como Haute École de Gestion de Genève, Dublin Business School, Flensburg University of Applied Sciences de Alemania, Memorial University of Newfoundland de Canadá, University of Applied Sciences of Vienna, Poznan University of Economics ou Georgetown University, entre outras.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
As aulas dispoñen de sistemas robotizados de gravación
Novos dispositivos electrónicos en todas as instalacións
Inserción laboral e desenvolvemento profesional
• Presentacións de empresas. Ao longo do curso académico convídase as empresas interesadas en incorporar novos profesionais a presentaren a súa empresa, os seus procesos de recrutamento, os perfís requiridos...
A área de Desenvolvemento Profesional de IESIDE ofrece apoio e asesoramento para a plena evolución da carreira profesional dos estudantes matriculados en programas en curso e dos membros de Alumni. O servizos prestados son, fundamentalmente, os seguintes: • O Programa de Iniciación Profesional, mediante o que se xestionan as prácticas laborais dos estudantes en empresas, e cuxo obxectivo principal é posibilitar que o estudante poida trasladar á aplicación real os coñecementos adquiridos nas materias fundamentais e incremente a súa destreza no uso das metodoloxías e ferramentas utilizadas no seu posto de traballo. O proceso de asignación de prácticas de IESIDE baséase en conxugar as necesidades das empresas coas preferencias dos estudantes. Ata o mes de outubro, 114 estudantes de IESIDE realizaran prácticas en 74 empresas diferentes.
Durante o curso 2017-2018 celebráronse varias xornadas, nas que empresas como ABANCA, Deloitte, EY, PwC, KPMG, Everis, Leroy Merlin, Hijos de Rivera (Estrella de Galicia), Inditex, Grupo Nueva Pescanova, R, Cable y Telecomunicaciones de Galicia, Consorcio de la Zona Franca de Vigo, Grupo Pérez Rumbao, Grupo PSA, BDO Auditores y Consultores ou Grupo Levantina presentaron aos nosos estudantes os seus programas de captación de talento. • Asesoramento para o desenvolvemento da carreira profesional. Trátase de mellorar aspectos clave que van incidir na competitividade do estudante á hora de acceder ao mercado laboral: orientación na definición de obxectivos profesionais, elaboración do seu curriculum vitae e de cartas de presentación, autoanálise de fortalezas e de competencias mellorables, criterios de comportamento adecuado en dinámicas de grupo, adestramento
Todos os programas de posgraduado e o grao en ADE-BBA inclúen un módulo dedicado á RSC
na realización de entrevistas de selección e, en xeral, en procesos de selección, coñecemento da realidade do mercado laboral, presenza en redes profesionais...
de globalización ou a transcendencia de alicerzar en valores a toma de decisións.
A responsabilidade social corporativa
Este compromiso coa RSC de IESIDE foi recoñecido pola ONU coa súa admisión en Principles for Responsible Management Education (PRME) e na Rede de Solucións para o Desenvolvemento Sostible (SDSN). Deste modo, o instituto de educación superior da empresa de referencia en Galicia é distinguido pola ONU polos seus esforzos de contribución a un modelo de xestión das corporacións baseado en principios de sostibilidade e responsabilidade.
A responsabilidade social corporativa é unha das liñas que maior empuxe veu tomando en IESIDE, ao se contar entre as materias que se ensinan no centros e cuxa presenza nos temarios foi medrando de forma progresiva ata chegar a se converter nunha materia autónoma debido á súa relevancia para o éxito das empresas. Así, todos os programas de posgraduado e o grao ADE-BBA inclúen un módulo dedicado á RSC co obxectivo de que os mozos comprendan o sentido e a realidade da responsabilidade social en todas as súas dimensións, o papel das organizacións nun contorno
A inclusión de IESIDE nestas iniciativas vai favorecer un contacto máis directo e maior retroalimentación con entidades punteiras a nivel internacional no compromiso co desenvolvemento sostible e a responsabilidade social. As sinerxías que desde estes dous foros internacionais se potencian contribuirán a que IESIDE poida desenvolver plans nestas áreas concretas alén das súas propias instalacións e en comunicación constante con entidades de primeira magnitude implicadas na mellora social. Para iso, IESIDE intégrase, a raíz destas admisións, nunha comunidade de aprendizaxe dinámica,
• Bolsa de traballo. Servizo gratuíto de recrutamento ofrecido ás empresas para que incorporen perfís de membros de Alumni de IESIDE. En total, IESIDE xestionou 97 ofertas de emprego no ano 2018.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Cerimonia de entrega dos títulos de grao en ADE-BBA no Teatro Afundación de Vigo
tanto a nivel local como mundial, na que as organizacións subscritoras dos principios de responsabilidade colaboran en proxectos e eventos consecuentes coas seis premisas da PRME. Espazos de dinamización do coñecemento e a experiencia en IESIDE A organización e participación en foros e eventos de dinamización das liñas estratéxicas de IESIDE e de contidos estreitamente relacionados cos dos seus programas formativos é outra das vías de actuación fundamentais do noso centro. O presidente de Afundación e reitor presidente de IESIDE, Miguel Ángel Escotet, participou en setembro, xunto a outros tres expertos no ámbito da educación, no «Foro de la Educación Superior en España», organizado polo diario ABC. Nel abordouse o futuro da educación superior e tratáronse cuestións como as novas tendencias de ensino superior, a formación continua fronte ás titulacións, o «talento fronte ao talante» ou a diferenza entre os formadores funcionarios fronte aos formadores vocacionais. Durante as súas intervencións, Miguel Ángel Escotet fixo unha análise exhaustiva do contexto actual dun ensino superior que «está moi lonxe de manter o ritmo dos cambios» e que, na súa opinión, ten cinco desafíos de urxente implementación. Para o presidente de Afundación, a Obra Social de ABANCA, «é capital resolver a relación de crise entre o profesor e o estudante. Uns ensinan e outros aprenden, cando no fondo ambos son suxeitos que aprenden, un do outro. As relacións no proceso de ensino-aprendizaxe débense transformar». Miguel Ángel Escotet destacou que esa é a orixe da maior das crises: «por un lado, a constitución dunha aristocracia da educación: o profesor universitario; por outro, un estudante que busca máis as certificacións profesionais que a aprendizaxe» e avogou por unha universidade na cal profesores e estudantes «deben ser, ante todo, aprendices permanentes, respondendo así ao que pretendía ser nas súas orixes, unha gran familia de coñecemento». O ensino universitario en España enfróntase, en opinión de Miguel Ángel Escotet, a outros tres desafíos: eliminar o etnocen-
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
trismo universitario e acadar a calidade integral mediante a creación dunha relación estable entre universidade e sociedade; rixidez fronte á flexibilidade e enfrontarse ás explosións do coñecemento. O presidente de Afundación apuntou, así mesmo, que no contexto actual de «educación á carreira», alén da formación regrada, «a universidade e o sistema educativo no seu conxunto deben facer máis énfase na educación para a creatividade, base estética para a arte, o emprendemento, a innovación e a investigación». O Teatro Afundación de Vigo acolleu o 13 de xullo o acto académico de entrega dos títulos de grao en ADE-BBA de IESIDE aos estudantes da promoción 2018. Os 33 estudantes de IESIDE estiveron acompañados por Ana Pastor, presidenta do Congreso dos Deputados, quen pronunciou unha conferencia maxistral; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; e o reitor presidente de IESIDE, Miguel Ángel Escotet. Durante a súa conferencia maxistral, a presidenta do Congreso dos Deputados tivo palabras para destacar o labor educativo de entidades galegas como IESIDE, «que soubo converterse nun referente de primeira orde para a formación do liderado empresarial galego grazas á aplicación dun modelo formativo dinámico e práctico no que se establecen frutíferas e necesarias sinerxías coa investigación, a universidade e a empresa» e a Unversidade de Vigo, da que destacou que figura no ranking elaborado por Time Higher Education para as 50 mellores do mundo fundadas entre 1986 e 1999.
Pastor quixo tratar temas moi apegados á actualidade, como a situación económica da comunidade galega, para o que tomou como referencia o informe A Economía Galega, a publicación decana de Afundación, a Obra Social de ABANCA. «Galicia pasou a ser parte das rexións máis desenvolvidas da Unión Europea e os datos de previsión son alentadores, xa que a economía galega medra por enriba do 3 %, sete décimas máis que o crecemento da Unión Europea e da eurozona». Tamén subliñou a importancia da igualdade de oportunidades, «o que esixe un gran esforzo en educación», e destacou o número en España de mulleres doutoras e investigadoras, «que supera a media europea», e directivas, «que aumenta progresivamente». O Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela acolleu en abril «Hoy es marketing», o maior evento de management e marketing en España. O foro, organizado por ESIC e IESIDE, celebrouse por segundo ano en Santiago de Compostela tras o éxito conseguido na edición do ano pasado. «Hoy es marketing», que se celebra anualmente desde hai quince anos, consolidouse como un foro de referencia das últimas tendencias do marketing, o management e o mundo empresarial, no que participan os profesionais e directivos das empresas máis importantes a nivel nacional e internacional. Todos os relatores compartiron cos asistentes os segredos das súas marcas, analizaron o presente e futuro das súas compañías e mostraron a través das súas experiencias as claves máis innovadoras para entender os novos paradigmas nun contexto global. Ademais, fíxose a presentación do estudo Next marketing trends & skills, elaborado por ESIC e GFK no que par-
ticiparon máis de 26 directores de marketing de diferentes empresas multinacionais e que analiza o futuro dos departamentos de marketing, cales serán as funcións a futuro e que é o que vai marcar a diferenza. Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, foi o encargado de presentar a Ignacio Rivera, CEO de Hijos de Rivera, relator no ciclo «O valor da experiencia como xerador de coñecemento», unha iniciativa desenvolvida en colaboración entre IESIDE e a Asociación Galega da Empresa Familiar, cuxo lema é «Empresas familiares de éxito ensínanche como o fixeron». Tivo lugar o 31 de maio no campus da Coruña de IESIDE. Na súa introdución, destacou dúas das grandes prioridades da entidade financeira que «se fan realidade a través da celebración deste evento». Por un lado as empresas, «en especial as familiares, que constitúen unha parte esencial do tecido económico», e por outro o compromiso co contorno no que a entidade desenvolve a súa actividade financeira, que se traduce, entre outras cuestións, nunha «constante preocupación polo coñecemento e a aprendizaxe». «A creación de valor de marca como estratexia para o crecemento e a penetración de novos mercados» versou sobre a estratexia tanto empresarial como de marca desenvolvida por Hijos de Rivera. Ignacio Rivera tratou tamén a internacionalización da marca, con seis filiais e presenza en máis de 50 países. O campus da Coruña de IESIDE acolleu o 12 de xullo a xornada «Talento e marca: piares do éxito internacional» organizada polo Foro de Marcas Renombradas Españolas, ICEX e People-Matters coa participación de IESIDE. O acto contou coa presenza de Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria da
Xunta de Galicia; Antonio Abril, secretario xeral e do Consello de INDITEX e vicepresidente do Foro de Marcas Renombradas Españolas; e Pedro Otero, director xerente de Afundación e secretario xeral de IESIDE, quen foron os encargados de abrir a xornada. Durante o evento realizouse a presentación do informe Gestión de talento y marca para la internacionalización de las empresas españolas, unha análise levada a cabo co obxectivo de identificar boas prácticas, necesidades e retos no proceso de internacionalización das compañías españolas. Os resultados demostran que as compañías valoran moi positivamente as habilidades persoais, a actitude e o coñecemento do idioma. Porén, non outorgan a suficiente importancia a cuestións relacionadas coa preparación internacional, como o coñecemento do mercado de destino, a experiencia internacional previa ou aspectos relacionados coa conciliación familiar. Canto á análise por áreas, a que máis dificultades presenta para atraer e reter talento, identificada por case a metade das empresas consultadas, é a que máis directamente incide nos resultados do negocio: a área comercial. Ademais, identificouse unha dependencia de mandos e profesionais de confianza, xa que unha pequena porcentaxe das empresas considera que aproveitar talento local é un factor de éxito. A importancia do cliente como centro de todo, a supervivencia nun contorno sobreinformado e sobreestimulado e a adaptación aos novos modelos tecnolóxicos centraron as mensaxes do Digital Business Summit, organizado por IESIDE en colaboración con ESIC, que se celebrou por primeira vez en Galicia, na Sede Afundación A Coruña no mes de novembro. A temática do encontro versou sobre a adaptación das empre-
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
«Hoy es Marketing» no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela
sas ao contorno de economía dixital. Para iso, os relatores se dirixiron a analizar este proceso mediante o estudo e a presentación de 3 retos, 3 oportunidades e 3 consellos, como recollía o título deste encontro. ABANCA e a súa obra social, Afundación, organizaron no mes de novembro a terceira edición do Campus ABANCA, unha iniciativa que buscaba estimular o emprendemento, a innovación social e as competencias persoais da mocidade. Nesta ocasión, o evento integrouse na I Feira de Innovación USC ABANCA, que se desenvolveu no edificio CINC da Cidade da Cultura. O obxectivo desta acción, que é parte do programa de educación financeira, é mellorar a competitividade e empregabilidade dos mozos
universitarios e os estudantes de bacharelato, poñendo á súa disposición un conxunto de técnicas e habilidades que faciliten a súa inclusión no mercado laboral. Todos os obradoiros e relatorios deste encontro centráronse no emprendemento arredor das profesións do futuro: creación de startups, e-commerce, marketing, community management e outras actividades relacionadas co deporte, a música, as artes, a innovación social, a sostibilidade, a investigación e a industria 4.0, como youtuber, instagrammer, blogger o gamer. Tamén no mes de novembro, o campus de IESIDE A Coruña acolleu o coloquio «Claves del futuro en la empresa», que era parte do programa da Mobile Week Coruña, impulsada por Mobile World Capital Barcelona e desenvolvida polo Club Fi-
III Campus ABANCA en Santiago de Compostela
nanciero Atlántico, coa participación de IESIDE e o patrocinio de ABANCA. Trátase dun espazo aberto á reflexión sobre o impacto da transformación dixital na vida das persoas a través da arte, a ciencia ou a tecnoloxía. Este ano puxéronse en marcha as primeiras Xornadas «Que non che conten historias». Trátase dun novo proxecto para acompañar os mozos recentemente graduados na decisión de cara a onde encamiñar as súas carreiras profesionais. As xornadas tiveron lugar en xullo en Vigo, no Pazo de San Roque, e no campus da Coruña de IESIDE. Os asistentes puideron potenciar as súas capacidades comunicativas, creativas, de liderado, de traballo en equipo e negociación co asesoramento de profesionais do ensino e da empre-
sa, convertidos por un día en personal trainers para o desenvolvemento de habilidades. Ademais, recibiron un informe personalizado no que se identificaban diferentes competencias profesionais e a súa puntuación en cada unha delas, unha ferramenta para recoñecer as súas debilidades e potenciar as súas fortalezas. Este informe é o resultado dun test de competencias que deberon cumprimentar unha vez se confirmaba a súa participación nas Xornadas «Que non che conten historias». Afundación, a Obra Social de ABANCA, colaborou xunto a máis de 35 entidades públicas e privadas co proxecto Pont-Up Store liderado polo campus CREA de Pontevedra da Universidade de Vigo, en setembro, en Pontevedra. O obxectivo residía en crear un ecosistema de apoio ao emprendemento e converterse así no
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Estudantes de MBA Full-Time no campus IESIDE da Coruña
punto de encontro das mellores iniciativas empresariais. Nesta edición de 2018, o Pont-Up Store reivindicou o «talento transformador» como enerxía xeradora de cambios e presentou un programa baseado na tecnoloxía, a gamificación e o desenvolvemento de competencias dixitais. A oferta académica IESIDE renovou a súa oferta académica para os cursos 2017-2018 e 2018-2019, a través dun modelo académico diferencial, adaptable e innovador, que engloba as diferentes etapas da vida profesional e que se estrutura en módulos, que permiten unha dedicación flexible e axeitada ao tempo dispoñible en cada caso. Así, os programas ofertados nestes períodos
Campus IESIDE na Coruña
abranguen desde os estudos universitarios de grao, no Grao en Administración e Dirección de Empresas, a mestrados oficiais e profesionais e programas especializados. Adicionalmente, IESIDE desenvolve programas especializados, de media e curta duración, cos que se achegan novas solucións aos desafíos que se presentan tanto na dirección de organizacións como nas áreas de traballo específicas. Co fin de dinamizar a actualización permanente, IESIDE organiza numerosos seminarios, xornadas e conferencias que achegan novos enfoques para os retos constantes das empresas. Ademais, a través da Formación in-company deséñanse os programas formativos específicos á medida de cada empresa.
IESIDE promove, ademais, un programa de bolsas destinado a apoiar os estudantes, que tamén teñen á súa disposición un programa de financiamento de estudos, ABANCA Estudia, deseñado pola primeira entidade financeira de Galicia. Con estas iniciativas, IESIDE preséntase como unha institución de ensino e de aprendizaxe de elite, pero non para as elites. Grao en Administración e Dirección de Empresas IESIDE deu comezo á 24.ª edición do Grao en Administración e Dirección de Empresas que se imparte desde o 10 de setembro no seu campus de Vigo. Un total de 55 novos estudantes súmanse aos 945 que xa cursaron esta titulación nas 23 promocións anteriores.
O Grao en Administración e Dirección de Empresas de IESIDE é o primeiro con dobre titulación internacional de Galicia. O programa está dirixido a preparar os estudantes para as necesidades do contorno empresarial, por iso imparte formación alén da simple adquisición de coñecementos, mediante unha aprendizaxe eminentemente práctica na que se fomenta o traballo en equipo e que permite a paulatina adaptación dos estudantes ás necesidades do mercado laboral. Deste xeito, durante os catro anos que dura a súa formación, asisten a conferencias e encontros con directivos, introdúcense en situacións reais e acceden a un programa de prácticas xestionado polo servizo de orientación profesional de IESIDE. Deseñouse, para iso, un programa enfocado ao mercado: centrado no estudante, dirixido ao desenvolvemento das súas competencias e pensado para
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
o profesional moderno, cunha formación integral que atende a adquisición de sólidos coñecementos empresariais e garante un axeitado desenvolvemento das competencias máis demandadas no mercado laboral. De feito, a empregabilidade do Grao en ADE de IESIDE sitúase no 70 % en menos dun mes tras a realización das prácticas, mentres que o 30 % restante opta por estudar un posgraduado antes de se incorporar definitivamente ao mundo laboral.
nas técnicas máis recentes de adestramento directivo.
Ademais, pódese participar nalgún dos programas de intercambio que IESIDE mantén con prestixiosas universidades estranxeiras, como a Dublin Business School (Irlanda), a Memorial University of Newfoundland (Canadá) e a Haute École de Gestion de Genéve (Suíza). Así, os estudantes do grao en ADE-BBA poden obter a dobre titulación internacional especializada en: Business, Marketing, Marketing with Event Management, Financial Services, Marketing with Digital Media ou Business Information Systems.
Outra das modalidades de MBA, pero orientada cara a profesionais con experiencia en cargos de responsabilidade directiva, é o Executive MBA. Para competir no escenario económico actual, as empresas necesitan directivos con capacidade de xestión e liderado, capaces de mobilizar as súas organizacións en contornos cambiantes onde é preciso descubrir oportunidades alí onde outros só encontran ameazas.
Master in Business Administration (MBA): full-time, part-time e executive O MBA de IESIDE é o único oficial privado de Galicia. O seu programa articúlase en dúas modalidades, full-time ou part-time. A modalidade de full-time, con dedicación exclusiva, está orientada a novos titulados de calquera rama académica que queiran desenvolver a súa carreira profesional no mundo da empresa. A opción part-time, pola súa parte, está dirixida a profesionais en activo que queiran completar a súa formación para dar un impulso á súa carreira, conxugando a súa actividade profesional coa lectiva. O Mestrado en Dirección e Administración de Empresas de IESIDE basea a súa metodoloxía
O MBA de IESIDE constitúe unha firme aposta por unha formación de primeiro nivel orientada a un pleno desenvolvemento profesional no ámbito da administración e dirección de empresas. O 97 % dos estudantes egresados de MBA full-time encontra traballo en menos dun ano e o 84,5 % faino en menos dun mes.
Master in International Business O Master in International Business (MIB), único plenamente bilingüe en Galicia, foi deseñado como un programa transformador con enfoque específico cara á diversidade cultural e a toma de decisións en contornos altamente cambiantes, cuxa principal liña de traballo reside no coñecemento práctico de ferramentas operativas de import-export, ao tempo que se abordan as decisións de innovación e expansión global. Mestrado en Marketing Dixital O Mestrado en Marketing Dixital, realizado en colaboración con ESIC, aborda as oportunidades dunha revolución imparable: as posibilidades de segmentación no contorno dixital, de comunicación bidireccional, a medición de
resultados, o acceso a un mercado global... Estruturado en seis ciclos temáticos, permite dominar as disciplinas máis avanzadas e efectivas en marketing, comunicación, publicidade e venda online.
gocios. Cunha revisión anual dos seus contidos, a diferenciación deste programa fronte a outros é o seu grao de actualización ás últimas necesidades do mercado e o seu enfoque dixital, no que se desenvolverá o mundo empresarial do futuro.
Mestrado en Dirección Económico-Financeira Programas superiores e especializados O Mestrado en Dirección Económico-Financeira de IESIDE foi deseñado co obxectivo de axudar as persoas que o cursan coa súa adaptación a novas esixencias do contexto actual: o dinamismo do contorno, a liberalización dos mercados e as dificultades para competir nunha economía cada vez máis globalizada. Mestrado SAP en Xestión Integrada da Empresa Ao longo dos últimos anos foise confirmando o liderado de SAP como empresa subministradora do software para a xestión da información, asociada aos procesos de negocio das empresas grandes e medianas. En IESIDE contamos cunha experiencia avalada polos máis de 200 profesionais que se formaron nos nosos campus en diferentes academias específicas de SAP: Finanzas, Compras, Vendas, RR. HH., Netweaver, Business Intelligence, Orzamento e Consolidación Financeira. Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión Comercial (GESCO) O Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión Comercial (GESCO), desenvolvido en colaboración con ESIC, ten unha duración dun curso académico. O Mestrado en Dirección de Marketing e Xestión Comercial (GESCO) é o de referencia para asumir funcións directivas no ámbito do marketing, a organización comercial e os ne-
A oferta académica de IESIDE compleméntase con programas específicos categorizados en experto, especialista e programas executive e dirixidos a profesionais con experiencia laboral con interese en continuar actualizándose. Programa Executive en Dirección e Xestión de Empresas O Programa Executive en Dirección e Xestión de Empresas (PDGE) de IESIDE, desenvolvido no campus da Coruña, foi deseñado para acadar a actualización no ámbito da dirección de empresas, cun enfoque centrado na realidade empresarial galega e nun contorno altamente cambiante. Programa Executive de Desenvolvemento Directivo O Programa Executive en Desenvolvemento Directivo de IESIDE, impartido no campus da Coruña, foi deseñado para favorecer a transformación do comportamento directivo en aquelas persoas profesionais que queiran desenvolver o seu talento e capacidade de liderado, potenciar o pensamento estratéxico e impulsar a toma de decisións e a execución de accións de forma eficaz.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Programa Superior en Dirección de Vendas IESIDE e ESIC aúnan esforzos para impulsar o desenvolvemento de profesionais globais para a empresa, o marketing e a economía dixital, formando persoal directivo comercial capaz de enfrontarse con éxito á cada vez maior esixencia dos mercados. A través do Programa Superior en Dirección de Vendas achégase aos asistentes unha visión global da dirección de vendas traballando as diferentes estratexias empresariais que afectan a área, incorporando as características dos novos consumidores e os novos modelos de negocio. Programa Especializado en Xestión e Dirección de Proxectos A crecente complexidade da realidade empresarial e dos mercados puxo en valor nos últimos anos o concepto de proxecto, que se define como un esforzo temporal para obter un resultado único en forma de produto ou servizo. A súa posta en marcha provoca un importante impacto, tanto na estratexia como na organización das empresas, á hora de se adaptar a esta nova metodoloxía de traballo. Programa Especializado en Xestión de Operacións Internacionais O Programa Especializado en Xestión de Operacións Internacionais de IESIDE, impartido nos campus de IESIDE da Coruña e de Vigo, foi deseñado por abordar con éxito o proceso de internacionalización da empresa. Toda operación de import-export implica o coñecemento de aspectos loxísticos, xurídicos e financeiros complexos e cambiantes en función dos diferentes países involucrados no proceso. O Programa de Especialización en
Xestión de Operacións Internacionais diríxese a profesionais do sector con experiencia e con interese no coñecemento das innovacións e melloras. Programa Especializado en Marketing Internacional O Programa Especializado en Marketing Internacional, impartido integramente en inglés, conta cun equipo docente conformado por persoal de perfil directivo con amplo coñecemento das tendencias máis innovadoras en estratexias de marketing. O curso está dirixido a brindar soporte para o efectivo lanzamento de produto e posicionamento de marca, tanto online como offline, ao tempo que se reforzan as destrezas en comunicación intercultural. Programa Superior de Marketing Digital
Educación continua Formación in-company Os resultados na área de formación in-company durante o ano 2018 reflicten un total de 96 empresas participantes en programas de formación aberta e in-company. O abano de programas e clientes ampliouse, debido, entre outras cuestións, aos seguintes aspectos destacables. En primeiro lugar, percibiuse un notable incremento na demanda de propostas vinculadas con aspectos comerciais, mellora de habilidades directivas, a formación integral desde un enfoque xerencial e a inmersión en cuestións vinculadas directamente coas temáticas do mundo dixital e o seu impacto directo nos procesos das compañías.
Co Programa Superior de Marketing Digital desenvolvido por IESIDE e ESIC no campus de Vigo, búscase maximizar o potencial dos medios dixitais nas súas estratexias de marketing e publicidade da marca. Apréndese desde como crear unha web de éxito a como posicionala, así como a deseñar un plan de contactos e comunicacións cos clientes e prospects, utilizando todos os medios dixitais e as novas formas de comunicación.
Os datos de 2018 amosan un fortalecemento da formación in-company de IESIDE que se reflicte nas enquisas de satisfacción completadas polas empresas participantes nestes programas. Os aspectos que máis recoñeceron os participantes foron o enfoque práctico, o dinamismo das sesións e os coñecementos e habilidades docentes dos relatores.
Programa Especializado en Planificación e Control de Xestión
A formación continua, especializada e actualizada define a proposta de seminarios e masterclasses que IESIDE desenvolve ao longo do ano nos seus campus. Centrados nas áreas de coñecemento da súa oferta académica, estes foros proporcionan un espazo de formación impartida por profesionais de prestixio internacional.
O Programa de Especialización en Planificación e Control de Xestión diríxese a profesionais con experiencia en postos de responsabilidade en áreas económicas e/ou financeiras para afondar en novas ferramentas para a xestión e perfeccionar os seus coñecementos.
Seminarios e masterclasses
IESIDE acolleu en xaneiro, no seu campus de Vigo, a masterclass «Neuroinfluencia: como liderar e influír co cerebro en mente» a cargo de Leandro Fernández Macho, na que se abordou o neuroliderado, unha perspectiva revolucionaria canto á conceptualización do liderado e dos factores máis importantes para o seu exercicio eficaz. Esta masterclass integrábase na programación do Executive MBA de IESIDE. No mes de febreiro tivo lugar, tamén no marco do Executive MBA de IESIDE e no campus de Vigo, a masterclass «Como son os líderes do século XXI?» a cargo do experto en marketing e liderado Ramón Romero Boquete. Nela abordouse o concepto de liderado na actualidade e como se basea en elevar a visión dunha persoa, levar o seu rendemento a un maior estándar e construír unha personalidade máis alá das súas limitacións. O profesor de ESIC e experto en ferramentas mobile Jesús Hernández Ruiz conduciu, a finais do mes de febreiro e no campus IESIDE de Vigo, a masterclass «Mobile marketing e innovación», con motivo da presentación do Programa Superior en Marketing Dixital, desenvolvido en colaboración con ICEMD-ESIC. «Novas tendencias na economía mundial: o impacto nos investimentos en América Latina» foi o título da masterclass a cargo do conselleiro do Banco Mundial e profesor de posgraduado de IESIDE, Mario Weitz. O evento tivo lugar en abril no campus de Vigo de IESIDE e nel Weitz explicou as tres novas tendencias sobre as que se sustentan os cambios na economía mundial: a intelixencia artificial, a dixitalización da economía e a robótica. No mes de maio, o campus de IESIDE da Coruña acolleu a masterclass «Xa tes moitos datos,
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
e agora que?» a cargo de Javier Consuegra, Business Optimization Manager en Improving Metrics. Este seminario abordou os procesos imprescindibles para coñecer a importancia dunha boa xestión dunha «estratexia de datos» á hora de manexar a información ao alcance. IESIDE presentou a masterclass «Modelo e implicación das últimas transaccións do private equity nas valoracións de compañías» no seu campus de Vigo da man de Alfonso Rojo e David Serra no mes de maio, quen explicaron o modelo de valoración por múltiplos. Este evento enmarcouse nos actos de presentación do Mestrado en Dirección Económico-Financeira sobre o deseño de estratexias financeiras que garantan o crecemento rendible das organizacións e incrementen o valor para os accionistas. IESIDE desenvolveu unha completa programación de masterclasses da man de reputados profesionais durante a primeira semana de outubro no seu campus de Vigo. Iniciouse con «Operacións corporativas desde Consellos de Administración» da man de Eva Castillo Sanz, actual conselleira de Bankia e exconselleira de Telefónica, quen describiu a actividade dunha conselleira implicada en numerosas operacións corporativas, un novo modelo de gober-
Masterclass «Novas tendencias na economía mundial» no campus IESIDE de Vigo
no impulsado polos consellos de administración das compañías españolas. A continuación, a especialista en social selling Ainhoa Gómez Beltrán impartiu a masterclass «LinkedIn para directivos: evoluciona a túa presenza dixital». Nese obradoiro de presentación do Mestrado en Liderado nas Organizacións e Dirección de Persoas de IESIDE, os asistentes abordaron as pautas de uso correctas das redes sociais profesionais. Esta sesión tamén se desenvolveu ao día seguinte no campus da Coruña de IESIDE. Estas xornadas concluíron coa masterclass «Ti es de Marte e os teus clientes de Venus» a modo de presentación do Mestrado en Marketing Dixital. Os asistentes trataron a cuestión das relacións cos seus clientes e as novas pautas de consumo e comportamento baseadas na revolución tecnolóxica. O encargado de impartila foi José Alcañiz, CEO de Esterea Comunicación Digital e profesor de ESIC e IESIDE. «A marabillosa dura historia de conseguir visitas e transformalas en vendas» tivo lugar no campus IESIDE de Vigo da man de Javier Hernández Racionero, responsable de E-commerce de Marketing de IBERIA Express. Tratouse dunha masterclass de presentación do Mestrado en Marketing Dixital na que se abordaron as estratexias de captación de tráfico orientadas aos resultados.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Campus IESIDE da Coruña
Campus IESIDE de Pontevedra
Os centros de IESIDE Os tres campus situados na Coruña, Pontevedra e Vigo, cuxas instalacións están integramente destinadas a usos formativos, súmanse ás tres bibliotecas multicampus de acceso virtual e á Residencia de Estudantes Afundación, a Obra Social de ABANCA, en Pontevedra como instalacións de referencia de IESIDE. A elas cómpre engadir as unidades satélite localizadas nas cidades de Ferrol, Ourense e Santiago, que contan con medios tecnolóxicos e docentes específicos, con postos de traballo individuais, salas para reunións e auditorios, que favorecen a capilaridade de IESIDE en Galicia. Ademais, o instituto de educación superior especializado na empresa de referencia no noroeste peninsular conta co soporte adicional das sedes e centros de Afundación e ABANCA. En definitiva, IESIDE dispón de máis de 74 100 m² ao longo da xeografía galega.
Campus IESIDE de Vigo
O campus de IESIDE en Vigo componse dun inmoble de catro plantas, o aparcamento e zonas verdes circundantes. O campus da Coruña consta dun inmoble de catro plantas que albergan distintos espazos ao servizo dos estudantes e docentes. O campus de IESIDE en Pontevedra, situado na última planta da Sede Afundación nesta cidade, dispón de aulas, salas de reunións e seminarios, e alberga os programas formativos que se desenvolven en colaboración con outras universidades. A Residencia de Estudantes Afundación, a Obra Social de ABANCA, situada no centro de Pontevedra conta con 129 prazas, distribuídas en 44 habitacións dobres e 41 individuais. Ademais do edificio principal, ofrece aos residentes instalacións de uso deportivo.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Centro de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación, Vigo
A FORMACIÓN PROFESIONAL No marco da promoción do coñecemento como un dos motores fundamentais para o pleno desenvolvemento social, Afundación, a Obra Social de ABANCA, incorporou ao seu modelo de educación superior orientado á empresa a divulgación da investigación e da experiencia práctica nos diferentes sectores produtivos. Para iso, conta con centros como o de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación en Vigo e o Centro de Formación Profesional Afundacion na Coruña, cuxas actividades se desenvolven en torno a este ámbito académico, no que, tras adquirir unha gran capacidade de adaptación aos diversos plans educativos implantados ao longo das últimas décadas, destacan os valores de orientación ao mercado laboral. As modificacións curriculares das materias, así como o incremento da oferta, máis axustada ás novas realidades e áreas de coñecemento, produciron un xiro na metodoloxía de ensino e na conexión entre os centros de aprendizaxe e o proceso produtivo. A demanda por parte das empresas de profesionais cualificados en postos técnicos vén sendo obxecto de análises por organismos supranacionais como a OCDE. Nun dos seus últimos informes ao respecto, estimaba que, ata o ano 2020, preto de dous terzos do crecemento da empregabilidade procederían de maneira directa de profesionais técnicos titulados de formación profesional en grao medio e superior. Os estudos sobre contratación laboral en España poñen, así mesmo, de manifesto que a formación profesional, en 17 das 23 ramas disciplinares nas que se articula, presenta unha porcentaxe de inserción laboral que rolda o 70 %. Centro de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación Presentación O Centro de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación, emprazado na rúa Filipinas, 6, en Vigo, é un centro de referencia na formación de profesionais e na súa inserción laboral. Nesta liña, o Colegio Hogar Afundación constatou no ano 2018 unha taxa de empregabilidade do seu estudantado do 70,98 % tras a
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
FCT, acadando taxas de empregabilidade superiores ao 75 % en varias das familias profesionais que se imparten no centro, como Soldadura e Caldeirería ou Automatización e Robótica Industrial. O centro é punteiro no ámbito da formación profesional, cun recoñecemento nos resultados obtidos no proceso de formación de mandos intermedios para as empresas que se foi gañando ao longo dos setenta anos de historia, cumpridos en 2018. Este prestixio é o resultado tanto da calidade dos seus programas como do recoñecemento das empresas ás que se dirixiron os estudantes xa graduados. O obxectivo prioritario do equipo do centro é, coa súa programación anual e con iniciativas como a «Semana Técnica », na que participan máis de 57 empresas, achegar cursos axeitados para incrementar progresivamente as porcentaxes de inserción laboral. Nesta liña, debemos destacar que un total de 139 empresas foron colaboradoras en prácticas FCT. En decembro de 2018, a revista de tiraxe nacional Actualidad Económica premiou o proxecto desenvolvido por estudantes do Centro de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación denominado «FP sobre rodas». No mes de xullo de 2018, dous proxectos desenvolvidos no centro participaron na regata de creación de barcos impulsados por enerxía solar patrocinada pola empresa Marine Instruments. Alzáronse co primeiro premio en Deseño e o segundo en Eficiencia.
académico. Das 9 titulación de ciclos formativos que se imparten no centro, seis son de grao medio —Preimpresión Dixital, Impresión Gráfica, Soldadura e Caldeirería, Mecanizado, Instalacións Eléctricas e Automáticas e Instalacións de Telecomunicación— e tres de grao superior —Programación da Produción en Fabricación Mecánica, Automatización e Robótica Industrial e Mantemento Electrónico—. Todos eles se estruturan en módulos de formación teórico-práctica, axeitada aos diversos campos profesionais, cunha duración variable especificada en horas. A maior parte dos cursos constan dunha dedicación lectiva de 2000 horas ou de dous cursos académicos. En total, as matrículas para este novo curso académico ascenderon a 580, cubrindo o 100 % da cota asignado ao centro para alumnado de primeiro curso pola Xunta de Galicia. XI Semana Técnica Centro de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación Os estudantes do centro implicáronse co lema da súa XI Semana Técnica, «saboreando a profesión», ao que se dedicaron durante a semana do 5 ao 9 do pasado mes de febreiro. Durante estes cinco días, puideron gozar dun total de 66 actividades, entre conferencias, exposicións e demostracións prácticas organizadas por cada departamento do centro, todo iso da man de máis de 60 recoñecidas empresas, tanto de dentro como de fóra de Galicia, e outros tanto grandes profesionais do ámbito industrial. V Xornadas Gráficas «La cocina gráfica»
Vida académica O Centro de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación, a Obra Social de ABANCA, iniciou en setembro de 2018 un novo curso
Paralelamente á XI Semana Técnica, os días 6, 7 e 8 de febreiro tivo lugar a celebración das V Xornadas Gráficas organizadas por «A cociña gráfica», o grupo que actúa de lugar
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Os centros de formación profesional de Afundación son un referente en inserción laboral
de encontro de todas aquelas persoas vinculadas dunha ou doutra forma ás artes gráficas do Colegio Hogar Afundación, a Obra Social de ABANCA. O obxectivo desta proposta é achegar aos estudantes do centro, aos profesionais do sector e ao público en xeral, a tecnoloxía, materiais e maquinaria máis innovadoras relacionadas coas artes gráficas.
En setembro de 2018 tivo lugar en Madrid a feira máis importante do sector das artes gráficas, «CPRINT 2018» e na que participaron activamente os estudantes e os docentes vinculados con esta temática nos stands das empresas colaboradoras.
Centro de Formación Profesional Afundación A Coruña Presentación O Centro de Formación Pofesional Afundación da Coruña imparte actualmente tres ciclos de grao superior nas ramas de Administración e Informática: Asistencia á Dirección, Administración e Finanzas e Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.
Vida académica O Centro de Formación Profesional da Coruña de Afundación, a Obra Social de ABANCA, comezou o 17 de setembro un novo curso académico das tres titulacións que nel se imparten: Administración e finanzas, Asistencia á dirección e Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma. En total, as matrículas para este novo curso académico ascenderon a 174.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
COÑECEMENTO
O obxectivo de Afundación, a Obra Social de ABANCA, neste campo está definido pola vocación en torno a unha educación comprometida mediante a defensa dun sólido sistema educativo integral no que se inclúen as catro bibliotecas e a Escola Infantil Afundación Zalaeta. Partindo da importancia da escola como centro de aprendizaxe, as propostas de Afundación pretenden complementar a ensinanza académica, especialmente a instrución, presentando uns espazos e unhas actividades que conxuguen o lúdico e o formativo co fortalecemento de valores esenciais para unha sociedade cohesionada. Deste xeito, a entidade está comprometida coa tolerancia, co respecto, coa solidariedade e, por suposto, coa adquisición por parte de cada nena e de cada neno das ferramentas necesarias para perseverar na adquisición da súa autonomía persoal. As propostas da área Educativa de Afundación abranguen múltiples disciplinas e fomentan o desenvolvemento de competencias transversais, sempre desde unha firme base de educación en valores. Así, o seu programa inclúe actividades culturais en artes escénicas e plásticas e de fomento da lectura; actividades interxeracionais que reforzan o respecto e o intercambio de coñecementos entre mocidade e xente maior; actividades de educación ambiental para abordar a importancia do respecto polo medio; actividades de novas tecnoloxías, necesarias para o emprego das ferramentas imprescindibles nun contorno que innova de maneira permanente; e actividades de cociña que ensinan os beneficios dunha alimentación saudable.
Biblioteca Teatro Afundación Vigo
Apoio á educación Bibliotecas Afundación conta cunha rede de catro bibliotecas en Galicia, tres delas de ámbito xeral, situadas en Vigo, e unha especializada en literatura infantil e xuvenil, en Santiago de Compostela. Biblioteca Afundación Santiago de Compostela A Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela é a biblioteca especializada en literatura infantil e xuvenil máis antiga de toda España fundada en febreiro de 1974. Entre os seus fondos conta con toda a produción deste campo publicada en lingua galega ata o momento. Dirixida especialmente a nenos e nenas maiores de 4 anos e menores de 18, conta tamén con usuarios doutro perfil, como pais e nais, profesorado ou estudantes de maxisterio. Para todos estes perfís de usuarios, ofrécense servizos de información bibliográfica, guías de lectura e préstamos de libros e audiovisuais. O fondo actual é de case 20 500 libros e 700 DVD. Biblioteca Teatro Afundación Vigo Situada no enclave privilexiado do Teatro Afundación Vigo, en pleno centro da cidade olívica, a biblioteca é un dos lugares de referencia no seu ámbito e na zona á que ofrece cobertura. De feito, as cifras anuais de usuarios das súas instalacións e servizos ascenden a, aproximadamente, 167 000 persoas. O seu completo fondo bibliográfico está composto por 32 605 volumes.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Usuarios na Biblioteca Afundación Travesas (Vigo)
Voluntarios do Espazo +60 Afundación na Escola Infantil Afundación Zalaeta (A Coruña)
Biblioteca Afundación Travesas
Biblioteca Afundación Calvario
Esta biblioteca situada no barrio das Travesas de Vigo posúe unha sala de lectura con capacidade para 100 persoas. Conta con case 18 000 monografías impresas para a súa consulta e préstamo.
A Biblioteca Afundación Calvario está situada nunha zona popular de Vigo cun tránsito de xente moi fluído, ao se situar nunha área completamente peonil. A Biblioteca Afundación Calvario conta con 11 000 persoas usuarias y 6463 socias.
No ano 2018 este centro aumentou en 272 o número de novos carnés, acadando o total de 15 161 persoas socias e xestionando 6513 préstamos ao longo do exercicio.
Escuela Infantil Afundación Zalaeta A nosa escola infantil, situada na Coruña, é un centro no que, coa fundamental participación
da familia, desde o respecto, o afecto e a confianza, potenciamos, asistimos, favorecemos, acompañamos e estimulamos a riqueza de posibilidades de cada nena e neno desde 1977. A escola ofrece 92 prazas e tanto para o curso 2017-2018 como para o de 2018-2019 contouse cunha ocupación do 100 %. A Escola Infantil Afundación Zalaeta organízase nun réxime propicio á boa relación afectiva entre as nenas e os nenos, as educadoras e a comunidade maternoparental. Neste sentido, todas as actividades que desenvolvemos están
dirixidas á satisfacción persoal da infancia, de forma que reforce a súa imaxe positiva con experiencias motivadoras. A atención integral da escola reflíctese nos servizos que ofrecemos: comedor propio, proxectos educativos adaptados por idade, psicóloga, pediatra, actividades complementarias e extraescolares, servizo de madrugadores e horario ampliado. Ademais, as nosas instalacións localízanse no centro da cidade e contan con patios exteriores e interiores, sala de usos múltiples e aulas perfectamente equipadas en función das necesidades das nenas e nenos.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Actividades formativas Educación financeira O programa de Educación financeira ten como obxectivo achegar a toda a cidadanía, independentemente do seu rango de idade, coñecementos, habilidades, comportamentos, valores e aptitudes, facilitando para iso, o acceso á formación nos conceptos máis importantes de índole financeira. En 2018 máis de 22 147 persoas se beneficiaron do programa, que comezou no último trimestre de 2015, e que se estrutura en función de tramos de idade, con 4 colectivos diferenciados. De 6 a 11 anos O «Gran Prix Financeiro. Xogamos a ser maiores? Divírtome aprendendo a aforrar!» é un divertido xogo co que se pretende amosar ao público infantil que o diñeiro non aparece por arte de maxia. A través de situacións cotiás os máis de 1215 nenos e nenas que participaron ao longo de 2018 aprenderon a xestionar o diñeiro grazas ás distintas fases do xogo. En 2018, en colaboración coa Xunta de Galicia e outras institucións, participaron 13 centros. Dos contos ás contas. Este formato innovador serviu para introducir conceptos económicos básicos entre nenas e nenos a través do teatro. Dirixida a escolares de 4.º, 5.º e 6.º de primaria, pretende trasladar aos pequenos como as súas accións poden contribuír tamén a mellorar a economía e o aforro familiar. A peza, producida especialmente para o programa de Educación financeira de ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, chegou en 2018 a un total de 11 630 escolares e máis de 170 centros de Vigo,
Pontevedra, Ourense, Ferrol, A Coruña, Santiago, Vilagarcía de Arousa, Lalín, Lugo, Monforte de Lemos, Avilés e León. A iniciativa foi recoñecida como o mellor proxecto para a mocidade nos premios á Obra Social e á Educación Financeira 2016 que organiza a revista Actualidad Económica en colaboración coa Confederación Española de Cajas de Ahorro (CECA). «Segura-mente ABANCA. Un planeta tolo!». Trátase dunha das principais novidades posta en marcha neste 2018. É un programa pensado para axudar a que os alumnos e alumnas adquiran unha capacidade crítica canto á asunción de responsabilidade e toma de decisións, fomentando unha cultura da prevención. Aprendendo a crear o seu propio sistema de valores para usalo de forma coherente e dese modo poder afrontar de forma segura decisión e conflitos. O seu obxectivo é sensibilizar a nenos e mocidade na prevención de riscos e valorar a importancia dos seguros como un investimento ante os imprevistos da vida. Así, os estudantes de 4.º, 5.º e 6.º de primaria traballan cunhas tiras cómicas e constrúen con elas un mural no que plasman aquilo que aprecian e que lles gustaría asegurar; mentres que en secundaria e ciclos formativos participan nun concurso co obxectivo de que creen a súa propia aseguradora (start-up ficticia) onde ofrezan o primeiro seguro novo. A iniciativa foi recoñecida como o mellor proxecto para a mocidade nos premios á Obra Social e á Educación Financeira 2018 que organiza a revista Actualidad Económica en colaboración coa Confederación Española de Cajas de Ahorro (CECA).
Por outra parte, e nesta ocasión dirixido a fillos e fillas de empregados e empregadas, na Coruña e Vigo, levouse a cabo o campus de Nadal «Laboratorio circular», durante a última e a primeira semana do novo ano. O campamento é parte do programa de Educación financeira de ABANCA e foi impartido polos profesionais de Líbolis. O obxectivo era fomentar os valores do emprendemento, a innovación e creatividade dunha forma lúdica. Ademais, os participantes, a través de diferentes retos, tiveron que obter solucións imaxinativas aplicando os conceptos da economía circular. A partir de aí, divididos por equipos de idades homoxéneas, elaboraron un vídeo colaxe sobre a súa proposta con equipos audiovisuais e materiais reciclados denominado «Salvemos o oso polar».
un comportamento responsable, centrado na xestión do diñeiro, a elección de produtos financeiros e a planificación e o aforro.
Escolares de 12 a 17 anos Imatxina é un programa que se levou a cabo en colaboración coa Fundación Escola Rosalía, para a extensión e promoción do ensino matemático e a cultura financeira en nenos de 12 a 16 anos. En 2018, realizáronse obradoiros didácticos e presenciais de resolución de problemas e actividades coas calculadoras nas sedes de Afundación, a Obra Social de ABANCA, da Coruña e Vigo nos que participaron máis de 3696 nenos, 300 profesores e máis de 60 centros.
Young Business Talents by ABANCA é un novo programa educativo posto en marcha en 2018 que incorpora a aprendizaxe experiencial, mediante a práctica, no ámbito dos estudos preuniversitarios xerais e especializados. Lévase a cabo mediante unha competición cun simulador empresarial dirixida a alumnos de 4.º de ESO, bacharelato e formación profesional que permite practicas tomando todo tipo de decisións dentro dunha empresa.
«Preparados para dar o salto?: As necesidades financeiras ao longo da vida». A conferencia impartida por IESIDE continúa un ano máis chegando aos centros educativos de Galicia e en 2018 serviu para expoñer a un total de 1453 mozos e mozas a necesidade de estar atentos aos cambios que o mercado laboral está vivindo coa evolución da economía e a situación dos mercados, esixindo transitar do emprego á empregabilidade, e a necesidade de ter
III edición do programa «As túas finanzas, o teu futuro» da Asociación Española da Banca (AEB), que se leva a cabo en coordinación coa Fundación Junior Achievement. Os voluntarios xubilados de ABANCA impartiron o programa en 7 cidades de Galicia, realizando varias sesións en cada un dos colexios participantes, a alumnas e alumnos de 3.º e 4.º de ESO, onde ensinan conceptos básicos e fundamentais como a elaboración dun orzamento equilibrado, a diferenza entre crédito e débito, un bo uso dos créditos, a importancia do aforro e unha boa planificación da economía persoal.
A iniciativa foi recoñecida como un dos mellores proxectos para a mocidade nos premios á Obra Social e á Educación Financeira 2018 que organiza a revista Actualidad Económica en colaboración coa Confederación Española de Cajas de Ahorro (CECA). Educación financeira nos espazos +60 Afundación As actividades previstas por ABANCA e a súa obra social, Afundación, no marco do seu programa de educación financeira teñen como obxecti-
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Dos contos ás contas. Programa de educación financeira
vo abordar algunhas das carencias que reflicte a investigación recente, impulsada por estas dúas entidades, sobre cuestións financeiras, novas tecnoloxías e persoas de máis de 55 anos. Algunhas das cuestións que necesitan atención específica son, no ámbito da xestión da economía familiar e a relación co banco, a mellora a nivel xeral dos seus coñecementos financeiros, a facilitación de formación sobre bolsa e investimentos e tamén acompañamento no uso do novos servizos, como os dispositivos de autoservizo ou as aplicacións de banca móbil, para que poidan ser utilizadas con maior seguridade e tranquilidade. Todos os obradoiros enmarcados neste programa se desenvolveron nos once espazos +60 cos que conta Afundación nas principais localidades galegas.
Concerto de ABANCA ReSuena no Palacio da Ópera da Coruña
Educación artística e creativa Afundación, a Obra Social de ABANCA, comezou un novo curso académico en setembro de 2018, presentando a súa proposta de actividades educativas para escolares 2018-2019 co obxectivo de reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas, como unha ferramenta que complemente os programas curriculares dos centros escolares. Así, a programación deseñada, na que participaron en 2018 máis de 114 800 nenas e nenos, promove unha educación en competencias transversais, transformadora da sociedade, que potencia nos estudantes o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, a autoestima ou o traballo en equipo.
ABANCA ReSuena ABANCA ReSuena comezou a fraguarse a finais de 2014. O proxecto arrancou cun núcleo no Centro Cívico de Monte Alto e en decembro de 2015 o banco deulle un impulso definitivo coa doazón de 150 instrumentos musicais que facilitaron a creación dun segundo núcleo no CEIP Alborada de Elviña. No 2018 ampliouse o programa coa creación do coro e a orquestra Mini ReSuena, formada polos estudantes de menor idade. Na actualidade participan no programa 258 nenos e nenas. O compromiso con este proxecto responde a súa visión da música como ferramenta para o estímulo da aprendizaxe que, ademais, axuda a transmitir valores como a dedicación, o esforzo e a busca
da excelencia, fundamentais para acadar o éxito en calquera faceta da vida. Co gallo do Día da Música, máis de 1400 persoas encheron o Palacio da Ópera da Coruña para gozar co concerto que ofreceron 243 nenos e nenas do proxecto ABANCA ReSuena. Os estudantes, practicamente todos os que participan na actualidade no programa, ofreceron un repertorio variado, no que se mesturaron temas populares con composicións clásicas e contemporáneas aprendidos durante o último curso de estudos e ensaios. No concerto debutaron os 34 alumnos e alumnas que compoñen o coro ABANCA ReSuena,
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
creado este ano no marco do programa. Tamén foi a primeira actuación deste nivel para os 26 estudantes de 5 e 6 anos que integran a orquestra Mini ReSuena, que abriu o concerto acompañada por toda a formación musical e o Coro de Mans Brancas do Colexio Nosa Señora do Rosario. Artes plásticas para escolares O proxecto deseñado para o ámbito de artes plásticas componse de diversas didácticas para os diferentes proxectos expositivos programados por Afundación, a Obra Social de ABANCA, nas súas sedes, adaptadas ás idades dos participantes, desde primeiro de infantil ata bacharelato e ciclos formativos. Os contidos das máis de 90 didácticas que se deseñan cada curso escolar están adaptados ao currículo dos centros escolares e pretenden ser un reforzo das súas programacións, utilizando ferramentas orixinais que xunten diversión e aprendizaxe. Durante este curso, ademais, Afundación amplía a oferta a aquelas localidades nas que desenvolvemos o proxecto «Corrente cultural», unha proposta realizada en colaboración con ABANCA e os concellos galegos para levar propostas culturais a localidades nas que non dispoñemos de espazos propios. Artes escénicas para escolares O obxectivo da programación teatral, musical e audiovisual de Afundación, a Obra Social de ABANCA, dirixida a escolares é fomentar o interese dos máis novos pola arte dramática, a música e o cine, así como favorecer o seu desenvolvemento na transición cara á idade adulta baseado na educación en valores. Ademais, as actividades que os alumnos realizan fóra das aulas complementan e enriquecen a súa educación, brindán-
dolles a oportunidade de compartir, aprender e madurar. En concreto, as artes escénicas, consideradas como unha das ferramentas máis útiles para estimular a capacidade de observación dos estudantes, posibilitar o diálogo e a reflexión e desenvolver habilidades sociais. Por outro lado, co obxectivo de que os máis novos se acheguen á música clásica, a Obra Social de ABANCA conta co programa «Quedamos no palco, quedamos coa clásica», que pon á disposición dos estudantes de secundaria entradas gratuítas para os concertos da súa tempada de música clásica. Ademais, a proposta elaborada pola Área Educativa da Obra Social de ABANCA tamén inclúe un ciclo de cine submarino, organizado en colaboración coa Universidade de Vigo, no que os estudantes puideron ver Planeta azul II: Costas, un documental elaborado pola BBC, e Secretos de la marea, unha curta sobre a riqueza biolóxica dos mares de Galicia. Actividades medioambientais. Naturnova Naturnova, o Centro Interactivo de Educación Ambiental de Afundación, conta con máis de 125 000 visitantes desde a súa apertura no 2003. Trátase dun espazo de referencia en Vigo, ideado para ilustrar algúns dos aspectos máis interesantes da natureza mediante unha aprendizaxe lúdica. Co obxectivo de promover e reforzar a conciencia ambiental na sociedade, Naturnova organiza e participa en diferentes iniciativas ao longo do ano. Deste xeito, en 2018 cómpre resaltar o Día Mundial do Medio Ambiente, «A Noite Branca» e a exposición «O mundo das árbores», unha mostra vinculada a Naturnova, composta de vinte fotografías das especies de árbores máis importantes e raras da península ibérica. Ade-
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
iclo «Educación século XXI», con Xuxo Ruiz, finalista do Global Teacher Prize 2018
Naturnova, Centro Interactivo de Educación Ambiental Afundación (Vigo)
mais, durante o meses de verán desenvolvéronse actividades específicas para grupos de nenas e nenos consistentes nunha xincana para o centro. Naturnova contou cun total de case 8500 asistencias. No mes de decembro, estreouse un novo módulo no que o visitante pode explorar contidos relacionados coa paisaxe e a topografía de Galicia dun modo interactivo. Instalouse unha mesa virtual Sandbox, unha ferramenta didáctica que desenvolve un sistema de realidade aumentada que permite realizar unha representación topográfica en tempo real mentres o usuario manipula a area dun caixón. O sistema, que está instalado nos principais centros de divulgación científica do mundo, como o Nemo de Amsterdam ou o Exploradome de París, permite ao usuario interactúar coa area, construíndo de forma virtual cordilleiras, encoros, vales, zonas con auga, etc. Conferencias, cursos e xornadas «Educación siglo XXI» Afundación, a Obra Social de ABANCA, retomou en 2018 o seu ciclo de conferencias «Educación século XXI», con novos relatores e temas, consolidando esta firme aposta da entidade pola difusión de modelos formativos diversos, en consonancia cos desafíos e as realidades sociais actuais. Afundación procura tamén ofrecer foros de intercambio de coñecemento que apelen o conxunto da comunidade educativa, incluíndo tanto docentes, como nais e pais. «Os menores ante as novas tecnoloxías: beneficios e riscos» foi o título da conferencia que ofreceu José Torres o 18 de xaneiro na Sede Afundación de Ferrol.
José Torres é experto en seguridade e privacidade nas TIC e actualmente é o responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra. Na súa conferencia, Torres falou sobre os innumerables beneficios do uso de Internet e das TIC, pero tamén da necesidade de que pais, nais e docentes sexan conscientes dos riscos que implica o seu uso. José Torres estivo tamén na Sede Afundación Ourense o 24 de abril e na de Vigo, o 13 de decembro. O reputado xenetista Ángel Carracedo presentou o relatorio «Diversidade humana e educación» o 25 de xaneiro no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo. Nela, Carracedo explicou as causas da diversidade e a súa necesidade biolóxica, non só física, senón tamén no comportamento e nas calidades. En medicina estas diferenzas explican, por exemplo, a resposta distinta aos medicamentos, de aí que, actualmente, estea cobrando cada vez maior importancia o concepto de medicina personalizada. Ángel Carracedo é catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago. Actualmente é director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, director do Centro Nacional de Xenotipado-ISCIII e xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do IDIS. A especialista en pediatría e neuroloxía pediátrica Anna Sans Fitó abordou no seu relatorio «Os trastornos da aprendizaxe. A causa máis frecuente de dificultades escolares». Sans estivo na Sede Afundación da Coruña o 14 de febreiro, e no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela o día 15. Dislexia, déficit de atención e hiperactividade (TDAH) ou discalculia, entre outros, foron algúns dos trastornos que analizou Sans na conferencia, dando algunhas claves para a súa detección e a súa boa xestión.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Trátase dun tema de interese actual, xa que en España o fracaso escolar é un problema de primeira magnitude, con cifras que superan á maioría dos países do noso contorno. A psicóloga e terapeuta Gestalt Belén Colomina ofreceu o relatorio «Mindfulness para familias. Educar para ser feliz» na Sede Afundación de Lugo o 5 de abril, e na sede de Pontevedra o día 6. Nesta charla, Colomina falou sobre temas relacionados coa familia como grupo social primario, un dos sistemas onde se xesta a educación da mocidade. As novas configuracións familiares e as múltiples demandas ás que se enfrontan converten o feito de educar nun reto, polo que a relatora presentou a técnica de mindfulness en familia como unha boa ferramenta para enfrontarse a el. O profesor de matemáticas, física e química e youtuber Sergio Castro presentou a súa comunicación «Profe, para que serven as mates?» o 23 de maio no auditorio ABANCA de Santiago de Compostela e o 24 na Sede Afundación de Vigo. Con esta conferencia, Sergio Castro pretendeu demostrar que aprender matemáticas supón un reto apaixonante e que é posible facelo dunha forma entretida e á vez didáctica. Sergio Castro é o creador da canle de Youtube Profesor10demates, a través da cal intenta transmitir a súa paixón polas matemáticas e a física e química, ensinando de modo ameno, divertido e próximo aos máis de 200 000 subscritores tanto españois como latinoamericanos que xa son parte da súa comunidade internauta.
chea de consellos e recursos útiles para familias, profesorado e estudantado, cuxo segredo radica en aplicar o ilusionismo nos centros educativos ou na propia casa, e explicou como facelo. Mestre e ilusionista, Xuxo Ruiz é especialista en maxia infantil e maxia educativa. As sedes de Afundación na Coruña e Ourense acolleron, o mércores 14 de novembro e o xoves 15, respectivamente, a conferencia do doutor en Bioloxía David Bueno i Torrens «Educar a través da sorpresa: como aprende o cerebro». Esta conferencia centrouse en dous aspectos fundamentais das aprendizaxes e do desenvolvemento das habilidades cognitivas: as emocións, entre as que cómpre destacar a alegría, o pracer e a sorpresa (e, por oposición, o medo), e a socialización, xa que é o principal mecanismo de recompensa e motivación que percibe o cerebro, o que contribúe a forxar as redes neurais. Cursos de arte culinaria e enoloxía • Arte culinaria na Sede Afundación Vigo Afundación, a Obra Social de ABANCA, incluíu na súa programación de cursos de cociña para a tempada 2018-2019 na súa sede de Vigo un total de 29 obradoiros dirixidos a nenos, nenas e adultos, tamén en formato interxeracional para que os máis pequenos aprendese e gozasen da cociña xunto aos seus pais, nais, avós ou avoas. • Arte culinaria para adultos
Xuxo Ruiz, finalista dos Global Teacher Prize 2018, centrouse en «Educando con maxia» o 13 setembro na Sede Afundación de Santiago de Compostela. Tratouse dunha conferencia
Entre os meses de outubro e maio impartiuse o programa de cursos para adultos, quen puideron escoller entre 16 propostas diferentes,
centradas tanto na gastronomía internacional como na focalizada nun ingrediente central. En función das épocas do ano, tamén se realizaron obradoiros enfocados aos pratos típicos de cada unha das estacións ou festexos. Para quen desexaban comezar a adestrar as súas habilidades culinarias, celebráronse catro cursos de «Cociña para principiantes», dous de nivel I en outubro e febreiro e outros dous de nivel II en outubro e marzo. • Programación para os pequechefs e minichefs Os nenos e nenas de entre 7 e 14 anos puideron participar en tres propostas de temática de Nadal durante os meses de decembro e xaneiro. No curso «Os pequechefs e o abeto-piñata de Nadal» cociñaron e decoraron un abeto de Nadal, e nos obradoiros, «Os pequechefs de Nadal» e «Os pequechefs de Reis», que se impartiron en quendas de mañá e de tarde, aprenderon a elaborar receitas ideais para esta época. Fomentar a cociña familiar e interxeracional, animar os máis pequenos a estimular a curiosidade natural, satisfacer os seus sentidos e explorar unha nova parte da vida a través da cociña eran os obxectivo desta proposta de traballo en equipo, na que puideron participar nenos e nenas de entre 7 e 14 anos acompañados polos seus pais, nais, avós e avoas. Os obradoiros que se impartiron neste formato foron «Cociña & family», nos meses de outubro e febreiro, e «Cociña co teu mellor pinche» en novembro e abril. «Os minichefs na Sede Afundación Santiago de Compostela» foi o programa de cociña
para nenas e nenos desenvolvido por Afundación e impartido por Vanessa Sende Cardoso. Celebrouse en diferentes momentos do ano, coincidindo con vacacións escolares, e neles elaboráronse pratos típicos de Entroido, Pascua, Samaín e Nadal. Tamén se impartiu o curso «Arte na cociña dos minichefs», os nenos e nenas cociñaron mentres coñecían os grandes protagonistas da pintura. «Os pequechefs na Sede Afundación A Coruña» puideron elaborar os pratos típicos do verán, Samaín e Nadal nos diferentes obradoiros organizados pola Obra Social de ABANCA e dirixidos a un público de entre 8 e 14 anos. Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentou un programa de cociña infantil nas súas sedes de Ferrol, Lugo e Ourense, ao longo dos diferentes períodos vacacionais e nos que se realizaron as receitas típicas de cada época do ano. Denominado «Os minichefs», estivo dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos. Enoloxía Afundación, a Obra Social de ABANCA, e o Instituto Galego do Viño convocaron en 2018 un novo programa de cursos de cata de viños, coordinado polo catador e director do Instituto Galego do Viños, Xoán Cannas. A proposta ofrecía catro modalidades: unha certificación de nivel básico, dirixida a amantes e afeccionados da cultura vitivinícola que buscasen un primeiro achegamento ao mundo do viño, e tres de nivel avanzado. O obxectivo do programa era achegar aos amantes do viño os conceptos necesarios para a súa interpretación e gozo, ademais de desenvolver as súas capacidades de cata. Nesta edición incorporouse un novo
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
«Os minichefs de Afundación en Santiago de Compostela»
curso, o nivel avanzado IV, que se ofreceu en Vigo e Santiago de Compostela.
sociedade do seu tempo.
En total, en 2018 realizáronse 26 cursos que contaron coa participación de 358 persoas.
O curso 2018-2019 titúlase «Diferentes estéticas musicais ao longo da historia con audicións comentadas».
Audicións comentadas e cursos de arte
• Cursos de arte
• Audiciones comentadas Afundación continuou coa programación do «Ciclo de música clásica con audicións comentadas 2017-2018» na súa sede de Ourense todos os xoves ata o mes de xuño.
Iniciados en outubro do ano 2017, ata o mes de abril de 2018, desenvolvéronse en Vigo os cursos de arte «De Piero della Francesca a Banksy: vida e obra de trinta figuras da historia da arte» e «Arte e sociedade na España moderna e contemporánea».
O curso 2017-2018 desenvolvido en Vigo tiña por título «Iniciación á música clásica e o seu contexto con audicións comentadas», unha viaxe a través da historia da música clásica, coñecendo o significado e o papel que desempeñou no devir da vida do ser humano e da
No segundo semestre de 2018, Afundación albergou a nova proposta deste programa: «Da maxia á arte: a creación artística desde a Prehistoria ata o Renacemento» e «Linguaxes escultóricas contemporáneas: do monumento á instalación e da estatua á performance».
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Na Área de Envellecemento Activo de Afundación, a Obra Social de ABANCA, temos o reto de seguir innovando para desenvolver un modelo axeitado ás necesidades e demandas das persoas de máis de 50 anos. No pasado exercicio colaboramos coa Universidade de Santiago de Compostela para levar a termo un estudo de avaliación sobre os nosos programas de envellecemento no que se aplicou por primeira vez o Índice Persoal de Envellecemento Activo (IPEA), desenvolvido pola experta Sara Masillas. Esta nova ferramenta, que permite analizar o grao de envellecemento de cada persoa, axudou a identificar os programas deseñados por Afundación máis beneficiosos para os usuarios e abriu unha nova orientación de traballo na que afondamos en 2018: a promoción da investigación e a formación para a detección de desafíos no ámbito do envellecemento activo. Neste sentido, impulsamos dous estudos fundamentais cuxos resultados abren interesantes vías de actuación. No primeiro deles, en colaboración con ABANCA, abordouse a análise de perfís, motivacións e necesidades de persoas maiores activas. O segundo, desenvolvido coa Fundación Matia, centrouse en analizar como un dos aspectos menos abordados no marco do envellecemento activo, as emocións, resultan determinantes para o pleno desenvolvemento vital.
Seguimos apostando por desenvolver a liña de «O valor da experiencia» para impulsar o aproveitamento do talento e o coñecemento vital e profesional do colectivo sénior en beneficio de toda a sociedade e, de maneira particular, para favorecer o intercambio coa mocidade e o enriquecemento mutuo. Ademais, de forma transversal en todas as nosas actuacións, queremos dar visibilidade a persoas maiores reais e diversas para contribuír a desterrar estereotipos negativos aínda presentes na nosa sociedade. Os programas de voluntariado que impulsamos inciden nesta transformación da imaxe social. A iso contribúen tamén a realización de encontros entre mocidade e maiores, así como a implantación de sedes e centros de vocación interxeracional. No ano 2017 Afundación aplicou este novo enfoque ao seu Espazo +60 de Vigo e en 2018 este foi o centro que maior número de altas netas tramitou: 495 novos socios e socias, o que representa un incremento do 40 % respecto ao ano anterior, acadando a cifra de 1818 persoas socias e converténdose desde xeito no terceiro centro da rede por número de socios. Os espazos +60 de Afundación son centros con actividades diarias enfocadas a promover o lecer relacional, o coñecemento da cultura dixital, os hábitos saudables e un gran número de alternativas de formación e de recreo que contribúen ao noso obxectivo de dinamizar a nova etapa vital que comeza tras a xubilación.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
A investigación realizada reflicte o interese entre os socios dos espazos +60 por achegaren a súa experiencia
borando así unha oferta de accións conxunta e complementaria para este colectivo, ABANCA e Afundación realizaron un estudo cualitativo en colaboración coa consultora Big Band e outro cuantitativo, a través dunha enquisa a persoas socias dos espazos +60. Os resultados de ambos presentáronse o día 1 de outubro, coincidindo coa celebración do Día Internacional das Persoas Maiores, que en 2018 coincidiu co Día da Educación Financeira.
INVESTIGACIÓN E FORMACIÓN
O desenvolvemento de novas dinámicas e programas na Área de Envellecemento Activo de Afundación acompáñase dun exhaustivo período de estudo e investigación para verificar os aspectos que se deben potenciar en cada unha das liñas de actuación programáticas.
Investigación sobre perfís, motivacións e necesidades das persoas maiores activas Coa finalidade de analizar as principais motivacións, intereses e necesidades das persoas maiores activas en xeral e, en particular, as referidas ás persoas socias dos espazos +60, ela-
Unha das principais conclusións destes estudos é que este colectivo se caracteriza de forma xeral pola súa actitude positiva ante a etapa de madurez, a cal afrontan con consciencia do paso do tempo, que á súa vez lles ensinou a importancia de vivir o presente con plenitude. Así mesmo, vense en moitos casos liberados total ou parcialmente de certas responsabilidades, o que lles permite volver ser o centro das súas propias vidas. Séntense atraídos por un estilo de vida no que as amizades ocupan un lugar fundamental, así como practicar actividades con significado que lles satisfagan, viaxar e coñecer novos lugares, máis ou menos afastados. Tamén existe un medo latente á soidade e á dependencia. A mentalidade de considerar a vivenda, caso de tela en propiedade, como un patrimonio para os fillos entra a miúdo en contradición co seu dereito a gozar con solvencia da xubilación. O sexo, o nivel de renda e o seguir en activo ou estar xubilado son variables que determinan o seu estilo de vida e o seu modo de relación cos aspectos financeiros.
Por outro lado, os datos extraídos da enquisa realizada entre os socios dos espazos +60 de Afundación indican que un 66 % realiza con frecuencia actividades deportivas, o 52 % participan con asiduidade en actividades culturais e formativas e un 49 % realiza habitualmente viaxes particulares. Ademais, un 70 % estarían interesados en participar en accións de voluntariado nas que puidesen achegar a súa experiencia. As respostas obtidas poñen de manifesto que se están incorporando progresivamente ao mundo dixital: a maioría posúe un dispositivo smartphone e usa servizos de mensaxería instantánea (80 %) e correo electrónico (66 %). Utilizan en menor medida as redes sociais (35 %) e son máis renitentes a realizar compras online (17 %). No ámbito financeiro, o 73 % decántase pola atención presencial na oficina, aínda que o 63 % manifesta que utiliza os caixeiros automáticos e arredor dun 50 % coñece a banca electrónica. No caso da banca móbil, a porcentaxe redúcese ao 33 %. Danlle importancia a ter cuberta unha posible situación de dependencia (79 %), pero a gran maioría, un 89 %, non ten contratado ningún produto ou servizo que garanta algún tipo de axuda, caso de que poida necesitala. Tamén manifestan interese por obter asesoramento en relación coa sucesión e as herdanzas (37 %). As súas principais preocupacións son a saúde (76 %) e a situación económica persoal (65 %) ou a dos seus descendentes (54 %).
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Curso «Envellecemento activo e saudable. Base conceptual, tendencias e ferramentas prácticas para entender a revolución da lonxevidade» Este curso, enfocado a profesionais do sector sociosanitario do ámbito do envellecemento activo, a profesionais que ofrecen servizos ao público sénior e a estudantes e emprendedores con interese en orientar a súa carreira cara a este campo, foi organizado por Afundación en colaboración con Activiza, e celebrouse no mes de xuño, na Sede Afundación de Vigo. Tendo en conta o cambio de paradigma social que representa a revolución da lonxevidade e os cambios que demanda respecto aos retos que supón vivir máis e vivir mellor, ambas as entidades consideraron necesario ofertar unha acción formativa novidosa e especializada para reflexionar sobre a necesidade de levar a termo unha fonda transformación do sector de atención e acompañamento ás persoas maiores. Este proxecto formativo incluíu unha introdución ao modelo de envellecemento activo e saudable e ao modelo de atención centrado na persoa, desde unha abordaxe teórico-práctica e da man de profesionais expertos no campo da xerontoloxía, a psicoloxía, a intervención terapéutica, o modelo de atención centrado na persoa e o coaching. Ademais, expuxéronse e aplicáronse ferramentas áxiles e de pensamento creativo para o deseño de actividades e, finalmente, expúxose no caso dos espazos +60 de Afundación, como unha experiencia
global no ámbito do envellecemento activo e saudable.
clusión de iniciativas que potencien o benestar ou o aspecto emocional.
Un aspecto relevante deste programa foi a participación de persoas social do Espazo +60 de Vigo en dinámicas conxuntas cos profesionais asistentes, en concreto, para dialogar sobre o proceso ideal de xubilación e o bo trato ás persoas maiores.
Para deseñar estas iniciativas, a Fundación Matia, por encargo de Afundación, realizou un estudo cualitativo nos espazos +60 de Pontedeume e Pontevedra utilizando a ferramenta de grupos focais, que permitiu coñecer as percepcións, actitudes e crenzas das persoas participantes cara ás emocións e á súa forma de as regular. Ademais, identificáronse certas diferenzas entre as persoas que acoden aos centros do contorno urbano e semirrural, así como entre as persoas casadas e viúvas.
Programa «Emocións» en colaboración coa Fundación Matia Nos últimos anos, o paradigma do envellecemento activo foi callando na sociedade actual e iso viuse reflectido na creación de multitude de programas e actividades para fomentalo. A maioría están encadradas no ámbito da aprendizaxe continua, a actividade física ou a realización de viaxes e excursións, con notables beneficios para as persoas que as realizan. Non obstante, outras dimensións do envellecemento activo adoitan quedar sen un espazo propio nestes programas, como a área afectiva ou emocional. Tras a avaliación do programa de envellecemento activo de Afundación co Índice Persoal de Envellecemento Activo (IPEA), detectouse un nivel moderadamente alto de envellecemento activo entre os seus participantes, aínda que o estado emocional amosou un nivel algo máis baixo en comparación coas restantes dimensións asociadas á saúde. Como resultado da devandita avaliación elaboráronse unha serie de recomendacións, sendo unha delas a in-
De acordo á análise da información colectada, elaborouse un prototipo de proposta de formación cuxos contidos integran estratexias e recursos para promover o benestar emocional, como por exemplo a promoción de emocións positivas, a xestión do malestar emocional ou o fomento do propósito de metas individuais importantes que, ademais, serán significativos para os seus destinatarios, tanto desde o punto de vista das súas necesidades como das súas preferencias, ao se centraren nos contidos que eles mesmos consideraron importantes para as súas vidas. Durante o ano 2019 levarase a cabo unha implantación piloto deste programa formativo para validar a frecuencia, duración das sesións, o formato e o contido do programa, entre outros aspectos, cos participantes nos grupos focais, coa intención de estendelo posteriormente a toda a rede de espazos +60 e a outras entidades interesadas en favorecer o benestar emocional das persoas maiores.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
O VALOR DA EXPERIENCIA Co gallo do XX Congreso Estatal de Voluntariado celebrado en Ourense os días 28 e 29 de novembro, Afundación participou en dúas mesas redondas. Na primeira delas expuxo o proxecto de voluntariado corporativo de ABANCA «Unha nova árbore», e, na segunda, «Experiencias de persoas voluntarias», participou unha socia do Espazo +60 de Ourense, explicando aos asistentes os proxectos de voluntariado de maiores de Afundación. Tendo en conta os datos da enquisa realizada a socios dos espazos +60 en 2018, un 70 % estarían dispostos a participar en accións de voluntariado baseadas na súa experiencia. Esta ampla porcentaxe colócanos ante o reto de identificar e deseñar coa colaboración activa das persoas interesadas novos espazos de participación e novas accións que sexan significativas para elas e que, á súa vez, resulten útiles á sociedade. Programas interxeracionais
Os programas da Obra Social de ABANCA poñen en valor o talento e a experiencia vital e profesional das persoas maiores
Co obxectivo de ampliar as oportunidades de participación social das persoas maiores, aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital e profesional, a área de Envellecemento Activo de Afundación, a Obra Social de ABANCA, organiza durante todo o ano unha serie de propostas no marco do seu proxecto «O valor da experiencia», a través do que desenvolve accións de voluntariado social e comunitario, educativo e cultural, así como programas interxeracionais, destinados a favorecer o diálogo e o traballo conxunto entre maiores e mocidade. Estas accións involucraron 584 voluntarios e voluntarias socios dos espazos +60 da entidade en diferentes accións populares e recorrentes. De todas elas, 205 persoas ratificaron acordos de voluntariado con Afundación, vinculados a proxectos concretos cuxa duración se mantén estable no tempo.
Os obxectivos xerais dos nosos programas interxeracionais son, en primeiro lugar, que as persoas maiores lles transmitan ás novas os coñecementos e experiencias adquiridos ao longo de toda a vida, ao tempo que se enriquecen do diálogo con xente moza e se favorece o entendemento mutuo. En segundo lugar, que os novos se beneficien do legado e da experiencia das persoas maiores, que os coñezan e comprendan mellor, dialoguen e cooperen con eles, favorecendo o respecto ás persoas en todas as etapas da vida. Por último, que a comunidade educativa incorpore novas modalidades de aprendizaxe non formal que aproveiten a experiencia das persoas maiores,
fomenten o diálogo, a cooperación e o entendemento entre as distintas xeracións. «Fálame da emigración» «Fálame da emigración» é unha das actividades de Afundación na Área de Envellecemento Activo con maior proxección. Trátase dun programa que propicia a realización de encontros entre estudantes de secundaria de centros escolares de toda Galicia e maiores voluntarios socios dos espazos +60 de Afundación para dialogar sobre as súas vivencias na emigración. Esta proposta supón unha oportunidade para coñecer un dos aspectos da nosa historia contemporánea da man dos seus protagonistas. O estudantado escoita, grazas a este programa, a descrición dunha etapa complexa en España na que, baixo a ditadura, a emigración era moitas veces percibida como unha saída cara á aprendizaxe e o progreso. A comunidade educativa experimenta, deste xeito, con novas modalidades de aprendizaxe non formal que permiten espertar a curiosidade e motivación dos estudantes ao poder establecer unha relación directa cos protagonistas destas historias. Este programa desenvólvese naquelas localidades ou proximidades, onde Afundación dispón dun espazo +60 —Viveiro, Lugo, Ferrol, A Coruña, Pontedeume, Betanzos, Santiago de Compostela, Pontevedra, Monforte de Lemos e Vigo—. Celebráronse tres edicións do proxecto sendo a última, en 2018, a que máis éxito de participación acadou: na primeira edición contamos con 65 voluntarios, 11 centros educativos e 465 escolares, cifras que no último curso escolar aumentaron a 80 voluntarios e voluntarias, que compartiron as súas experiencias con 1019 es-
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
tudantes de 20 centros de toda Galicia. Estes datos reflicten a boa acollida dun proxecto que pretende reunir distintas xeracións e favorecer o diálogo, a aprendizaxe mutua e o traballo conxunto, necesario para avanzar cara a unha sociedade onde todos acheguemos en función das nosas capacidades, independentemente da nosa idade, aproveitando, desta maneira, o enorme caudal de experiencia dos maiores. A mocidade aprecia as circunstancias difíciles que tiveron que afrontar as xeracións anteriores e a súa capacidade de superación; para os maiores esta experiencia permitiulles sentírense escoitados, útiles e recoñecidos e para todos os centros participantes, en consonancia coas valoracións das dúas partes participantes, os beneficios son moitos, ao se racharen os estereotipos e comprender o que poden aprender os uns dos outros. O proxecto articúlase a través de dous encontros interxeracionais, aos que precede unha fase de preparación por parte do alumnado e dos maiores. Os primeiros, a partir dunha guía didáctica e material de apoio documental achegados por Afundación, traballan sobre o contexto social e histórico da emigración galega, mentres que os segundos constrúen o relato das súas historias de vida e preparan as sesións nos centros escolares. No primeiro encontro, os maiores contan as súas experiencias na emigración e dialogan cos estudantes. No segundo, tras investigar a historia das súas propias familias, os mozos relatan tamén as súas relacións coa emigración e xuntos reflexionan sobre as diferentes motivacións para emigrar, as dificultades e os aspectos positivos ou as diferenzas coa inmigración en Galicia. Co obxectivo de que o programa amplíe o seu alcance e teña un carácter colaborativo, Afun-
dación publicou a páxina web falamedaemigracion. afundacion.org, que recolle o material didáctico do proxecto e o material documental que xorde de cada encontro (fotografía, vídeos, testemuños...). Tras tres anos de rodaxe cun balance moi positivo reflectido nas avaliacións de todos os grupos participantes, Afundación proponse dar un paso máis en 2019-2020 para ampliar o alcance deste programa, levándoo a outras localidades e abríndoo á participación de novos voluntarios e entidades colaboradoras. «Falamos da escola» Así mesmo, tras validar a metodoloxía de traballo interxeracional con «Fálame da emigración», Afundación valora ampliar de maneira progresiva a oferta de programas que incorporen a experiencia das persoas maiores como un valioso recurso educativo, de maneira especial nos centros de secundaria. Por iso, a proposta do IES Francisco Aguiar de Betanzos, creouse un grupo de traballo, durante o curso 2017-2018 para deseñar un novo proxecto denominado «Falamos da escola» no que o fío condutor para o diálogo interxeracional é a experiencia escolar dos maiores. No mes de marzo de 2018 realizouse unha experiencia piloto no instituto, na que participaron 5 persoas voluntarias e 100 estudantes, para validar o deseño coa finalidade de facer extensivo o seu desenvolvemento a toda a rede de espazos +60 de Afundación no curso académico 2018-2019. Actividades interxeracionais e con vocación internacional Como parte dos programas de «O valor da experiencia», desenvolvéronse ao longo do ano
diversas actividades interxeracionais tanto con mozos residentes na propia zona de influencia do espazo +60 en cuestión como con mozos europeos que, a raíz de diferentes programas de intercambio ou de mobilidade europeos, viaxaron ata diferentes localidades galegas.
O Espazo +60 Afundación de Viveiro acolleu un encontro no que 15 nenas e nenos de infantil do Colexio Landro participaron nunha clase de ximnasia de mantemento coas persoas socias visitando, despois, unha mostra de maquetas de coches antigos no mesmo centro.
Actividades interxeracionais
Con vocación internacional
Durante o ano 2018 sucedéronse numerosas propostas interxeracionais en diferentes localidades.
Dentro dunha modalidade de actividades interxeracionais, a Obra Social de ABANCA promove o desenvolvemento de iniciativas nas que participan persoas tanto de distintas franxas de idade, como de diversas nacionalidades.
O grupo de teatro lido «A Berenguela», do Espazo +60 de Ourense, interpretou para 785 escolares de 9 centros educativos as obras Las princesas traviesas e A la doctora Cabrera la marean. Pola súa parte, o grupo de teatro lido, do Espazo +60 de Ferrol, interpretou para 60 nenos e nenas de segundo e terceiro de primaria do CPI de Esteiro a obra El bosque encantado en Navidad. O grupo de monicreques «La Tarara», do Espazo +60 da Coruña, realizou 4 actuacións durante o curso, ante 863 escolares: na Escola de Música de Novo Mesoiro, na Escola Infantil Zalaeta, no Colexio Internacional de Eirís e no Colexio Xesuitinas da cidade. No obradoiro de contacontos interxeracional do Espazo +60 de Betanzos celebraron o Día das Letras Galegas, dedicado a María Victoria Moreno, representando a súa obra A festa no faiado e no mes de decembro interpretaron o conto El zapatero y los duendes dos irmáns Grimm, para 300 estudantes do CEIP Francisco Vales Villamarín.
O Espazo +60 de Ferrol proseguiu a súa colaboración coa asociación xuvenil de voluntariado internacional, Xeración, a través do proxecto «Bibliotecas humanas», desenvolvido o 22 de marzo na sede de Afundación de Ferrol. Esta iniciativa consistiu en que mozos e socios do Espazo +60 son presentados como libros pertencentes ao catálogo dunha biblioteca humana. O público asistente, entre o que se encontraban os mozos europeos invitados da asociación Xeración, logo de consultar ás recensións, solicita o préstamo do libro humano que lle interesa, iniciando unha conversa que lle permitirá descubrir a historia de vida que se agacha nel, establecendo lazos de empatía entre persoas que, doutro modo, non terían a oportunidade de se coñeceren. O Espazo +60 Afundación de Ourense e a Asociación Sustinea levaron a cabo no mes de marzo, e por terceiro ano consecutivo, un obradoiro interxeracional de risoterapia. Ademais dos 18 socios e socias da entidade, participaron tamén un grupo de 25 mozos de entre 18 e 30 anos de Marrocos, Romanía e
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Proxecto «Bibliotecas humanas»
España membros do programa de intercambio cultural «Mobilízate». Os obxectivos deste obradoiro son favorecer o encontro interxeracional ente persoas mozas e maiores, adquirir habilidades que permitan utilizar o sentido do humor, desdramatizar as situacións da vida diaria, aprendendo a mirar as cousas o máis favorablemente posible, aprender a se riren dun mesmo e a racharen estereotipos vinculados á idade.
Grupo de teatro sénior Afundación, Espazo +60 A Coruña
O Espazo +60 de Pontedeume acolleu no mes de abril un encontro entre os seus socios e socias con historias de vida na emigración e un grupo de estudantes de intercambio procedentes de Finlandia e Islandia. Esta actividade foi froito da colaboración co IES Bréamo no proxecto Erasmus + Words over Walls - The Value of Experience, do que tamén son parte o centro islandés Vogaskóli e dúas institucións educativas de Juuka, en Finlandia. Este proxecto ten por obxectivo o estudo do fenómeno
Programa «Fálame da emigración»
migratorio a través do testemuño dos seus protagonistas, persoas maiores que no seu tempo coñeceron a emigración en primeira persoa. Voluntariado cultural e solidario Ademais dos proxectos interxeracionais, a liña estratéxica «O valor da experiencia» da Área de Envellecemento Activo de Afundación, inclúe un conxunto de accións articuladas a través dun programa de voluntariado cultural e so-
lidario, cuxos beneficiarios son outras persoas maiores ou persoas en situación de vulnerabilidade social, a través da colaboración con ONG. Entre elas encontramos actividades nas que os voluntarios transmiten os seus coñecementos ou habilidades, como obradoiros de idiomas, coñecemento do patrimonio histórico e natural, artesanía, cociña, aulas de saúde ou música, entre outras, obradoiros de obxectos artesanais para a súa posterior venda con fins solidarios, ata representacións teatrais e
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
musicais en residencias e asociacións, a cargo dos grupos culturais dos espazos +60.
porte emocional a pacientes e familiares que conviven coa enfermidade.
No mes de febreiro, os membros do Espazo +60 Afundación de Ferrol entregaron o importe da recadación da súa Tenda Solidaria, cuxos produtos se elaboran no espazo +60 da cidade, a representantes da Cociña Económica de Ferrol. En Monforte, o Espazo +60 Afundación desenvolveu nos meses de xaneiro e febreiro, como todos os anos desde 2001, un obradoiro de confección de comadres e compadres. No mes de maio puxo en marcha unha campaña solidaria de recollida de alimentos.
O grupo de monicreques La Tarara actuou ao longo do ano 2018 en diferentes centros xerontolóxicos de toda a comunidade.
Destaca tamén a actividade solidaria dos grupos escénicos. Así, por exemplo, en 2018 o grupo de teatro sénior do Espazo +60 da Coruña versionou a Castelao na súa peza Os vellos namorados, representándoa no Centro Ágora da Coruña, no Teatro Afundación de Vigo e no auditorio da sede de Pontevedra. A recadación total destinouse a colaborar en proxectos de investigación do cancro hematolóxico, informar e sensibilizar sobre a importancia da doazón de medula ósea e dar so-
Grupo de monicreques La Tarara do Espazo +60 A Coruña
Dentro das accións de voluntariado vinculadas ao obxectivos solidarios, a Asociación Española Contra o Cancro premiou en 2018 a Afundación en recoñecemento ao traballo de colaboración realizado polos socios e socias do Espazo +60 de Ourense, onde se instala periodicamente unha tenda solidaria para poñer á venda os traballos realizados durante o curso polos seus 38 socios e socias voluntarios nos obradoiros artesanais. O Espazo +60 Afundación da Coruña desenvolveu o seu tradicional «Mercado solidario» de Nadal. Esta actividade ten como obxectivo tamén promover a creatividade, a imaxinación, a solidariedade e a cooperación entre os participantes, así como o desenvolvemento de hábitos de reciclaxe.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
365 DÍAS DE ACTIVIDADES NOS ESPAZOS +60
Programa «Fálame da emigración»
Afundación conta cunha rede de 11 espazos +60 nas cidades de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo y Ferrol y en las localidades de Monforte, Betanzos, Viveiro e Pontedeume, cuxo número total de persoas socias acadou as 14 026 en 2018, 958 máis que en 2017. A acción da Obra Social de ABANCA na rede de espazos +60 consiste en facilitar oportunidades para que as persoas maiores sigan desenvolvendo o seu proxecto a través de accións que respondan ás súas necesidades, intereses e ex-
Xadrez interxeracional no Espazo +60 de Lugo
pectativas, adaptándonos aos novos e diversos perfís que se incorporan, cun maior nivel de instrución e de manexo de Internet. O obxectivo é que as persoas maiores continúen tendo oportunidades de medrar persoalmente, de achegar á comunidade, de se formar, de conectarse coa realidade, ao tempo que poñen en práctica hábitos de vida saudables e manteñen unha rede de relacións dinámica. En 2018 impartíronse 20,5 mil horas de formación na rede de espazos +60 e realizáronse máis de 15 mil inscricións en actividades en
Encontro interxeracional no Espazo +60 Ferrol
torno a cinco liñas de traballo: cultura dixital, hábitos saudables, formación e coñecemento, cultura e expresión artística e ocio activo e relacional. Cultura dixital A dixitalización é unha das prioridades da área de Envellecemento Activo de Afundación para as persoas de máis de 60 anos. A nosa proposta para o colectivo consiste nunha programación formativa centrada nas utilidades prácticas das
novas tecnoloxías para a vida e que, ademais, incorpora contidos transversais que ofrecen as claves para entender os novos conceptos da revolución dixital. Así mesmo, potenciamos as TIC como oportunidade de relación explorando todas as súas posibilidades, desde a creación de contas de correo electrónico, ás app de mensaxería, o uso das redes sociais ou a videoconferencia. Outro elemento diferenciador da nosa proposta formativa é a potenciación do uso do software libre na maioría das utilidades propostas nos
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Aula de cociña +60 Afundación Vigo
cursos. Ademais, estruturamos a nosa oferta en tres niveis de competencia: básico, intermedio e avanzado, adecuados ás necesidades de cada persoa. Canto aos contidos, a nosa estratexia para mellorar os niveis de uso das TIC entre o colectivo consiste nunha proposta temática que resulte atractiva e que aborde os contidos instrumentais —como manexar os dispositivos tableta, móbiles e portátiles— e as utilidades prácticas dos dispositivos. Por outra parte, promocionamos o descubrirlles aos participantes os recursos, as aplicacións e os contidos dispoñibles en Internet que teñen unha utilidade e un impacto na vida diaria dos usuarios: desde escoitar música ou ler a prensa online, á xeolocalización de billetes de transporte, planificación de viaxes, comparadores de produtos e de prezos ou consultar o tempo nun lugar a través de webcams, entre moitos outros. En 2018 ofertamos 3125 horas de formación e cultura dixital e contamos con máis de dous mil participantes, dos cales 880 se inscribiron en cursos sobre as utilidades da informática e Internet e 461, en cursos relacionados coas utilidades dos móbiles e tabletas. O resto das participacións —735 persoas— repartíronse en cursos monográficos de cultura dixital. Tamén se realizaron cursos de temáticas específicas que requiren da aplicación da tecnoloxía: utilidades da app Curae, un servizo de teleasistencia para a seguridade e localización
das persoas maiores caso de emerxencia a través do móbil, e un curso sobre a app AlertCops 4.0 da Policía Nacional e a Garda Civil para ter unha comunicación directa coas forzas de seguridade. Ademais da proposta formativa, potenciamos a dixitalización mediante o uso de canles online para a comunicación con persoas socias dos espazos +60, a través do proceso de inscrición online, das newsletters mensuais coas novidades de programación de cada localidade, das enquisas de satisfacción online e dos perfís en redes sociais de Afundación. Hábitos saudables A saúde é a principal preocupación dos nosos socios e socias +60, segundo a enquisa sobre motivacións, intereses e necesidades realizada en 2018. Por esta razón, as actividades de hábitos saudables contaron con maior número de inscricións, chegando a 7652 en 2018. Máis do 80 % correspóndese con actividades dirixidas á mellora do benestar físico; un total de 1321 persoas participaron en actividades de benestar persoal e emocional, como obradoiros de relaxación e mindfulness, obradoiros de psicoloxía e benestar, técnicas para liberar o estrés e a ansiedade ou musicoterapia. Por outro lado, en 2018 impulsamos unha acción anovadora dirixida ás persoas máis fráxiles: os obradoiros de prevención de caídas. Dado
que as consecuencias destes incidentes poden representar complicacións ás persoas maiores, traballar na súa prevención é un avance. Este obradoiro contou cun software de control dos participantes para avaliar os cambios de comportamento e logros ao longo das sesións. Neste capítulo destaca tamén a «Aula de cociña saudable», a cargo dunha socia voluntaria do Espazo +60 de Vigo, quen semanalmente imparte clases de cociña a socias e socios para promover estes bos hábitos alimentarios. Ademais, realiza periodicamente sesións con mozos, como por exemplo, a celebrada no mes de xuño cun grupo de 20 alumnos americanos participantes nun intercambio de estudos co IES Primeiro de Maio, aos que ensinou a preparar pratos típicos da gastronomía galega. Todos os espazos +60 programaron actividades puntuais en formato de charlas e conferencias ou ciclos sobre diversos temas. Así, por exemplo, o Espazo +60 de Ourense desenvolveu en 2018 unha nova edición da súa «Aula de saúde», organizada en colaboración co Centro Médico El Carmen e a Escola de Saúde de Ourense. Os obradoiros foron impartidos por colexiados médicos para formar a cidadanía en aspectos básicos relacionados co autocoidado, o coñecemento e a participación activa dos pacientes no tratamento e control das súas propias enfermidades.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
permite establecer redes sociais e compartir os seus coñecementos, vivencias e opinións sobre a súa realidade máis próxima. Esta actividade está sendo replicada en centros doutras localidades, como por exemplo en Santiago.
Ademais, ao longo de 2018 sucedéronse numerosas actividades culturais, como as visitas guiadas ás exposición que tanto ABANCA como a súa Obra Social, Afundación, promoveron ao longo do ano.
En Betanzos, socios voluntarios conducen os paseos mensuais pola historia de cultura de Betanzos e o seu contorno nos que as persoas participantes achegan os seus coñecementos para descubrir recunchos e coñecer vestixios da historia do concello. En Viveiro, pola súa parte, realizaron actividades para incentivar esta actividade con charlas coloquio sobre o patrimonio histórico e cultural da Mariña.
As conferencias e faladoiros foron igualmente unha constante e entre elas destacan os encontros mensuais de Ferrol no que os participantes recompilan información sobre o tema elixido e o expoñen ante o resto de asistentes, debatendo sobre el.
A maiores, en todos os espazos +60 sucedéronse conferencias sobre variados temas relacionados coa seguridade, violencia de xénero, primeiros auxilios, o Camiño de Santiago, dereitos sanitarios, etc.
Neste epígrafe inclúense a programación de viaxes nacionais e internacionais e as visitas culturais a museos, ademais da realizacións de festividades tradicionais. Así, en 2018 programáronse cinco viaxes, dos cales tres foron internacionais, a Italia, Alemaña e os fiordes noruegueses, e dous nacionais, a Euskadi e Castela e León, nos que participaron máis de 600 viaxeiros.
Cultura e expresión artística Ensaio de teatro no Espazo +60 da Coruña
Formación y conocimiento Os idiomas constitúen o grupo de actividades con maior número de participación nos espazos +60, cun total de 2155 inscricións, das que máis do 70 % se corresponden con diferentes niveis de competencia en inglés e o resto cos outros idiomas: francés, italiano, portugués e alemán. Por outra parte, as actividades de historia e arte son as terceiras por número de participantes nos espazos +60 e contaron con 1046 inscricións en 2018.
Dentro deste capítulo de actividade destacaron as rutas históricas e naturais do Espazo +60 de Ferrol, que naceron hai cinco anos con máis de 150 persoas participantes e máis de 20 saídas. A actividade está deseñada para redescubrir o contorno máis próximo, desde o punto de vista histórico, artístico, cultural e natural. Os participantes realizan semanalmente sesións formativas interactivas na aula e unha saída mensual que, ademais de dar novos significados ao seu contorno, lles
Este capítulo de actividade contou con 1907 inscricións en 2018. Destacamos que un total de 624 persoas maiores desenvolveron o seu talento artístico nos obradoiros de debuxo e 473 persoas nas actividades musicais. No epígrafe literario contamos cunha actividade de longa tradición nos espazos +60: os clubs de lectura de Betanzos, Viveiro, Lugo, Santiago e Monforte, que en 2018 contaron con 264 participantes. Con menos participantes, pero con enorme relevancia pola calidade do seu traballo, destacan os obradoiros de artes escénicas e teatro, nos que se rexistraron 111 inscricións en 2018.
Lecer activo e relacional
Os espazos +60 Afundación de Vigo e Pontevedra ofrecen unha programación mensual conxunta de rutas de sendeirismo, que incluíron tramos da senda litoral do Camiño de Santiago, rutas pola illa de Cortegada ou Sálvora, ou sendas pola costa de Asturias. Pola súa parte, Monforte programou rutas de sendeirismo polo contorno de Ribasaltas e diferentes visitas pola Ribeira Sacra. Viveiro organizou excursións a vilas mariñeiras de Asturias e Pontedeume á illa de San Simón, a Vigo e a Santiago de Compostela.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
MAIORES QUE NECESITAN COIDADOS: COLABORACIÓN CO PLAN «COMO NA CASA» O obxectivo do concurso de ideas é definir un concepto de centro residencial moderno
Aínda que moitas das persoas maiores de 65 anos residentes en Galicia presentan unha capacidade funcional que lles permite desenvolver unha vida autónoma, independente e activa, unha parte importante dos maiores galegos dependen fisicamente doutros. É previsible que
esta cifra vaia en aumento nos próximos anos, debido ao envellecemento poboacional e ao crecemento do grupo de poboación maior de 80 anos. Para garantir á poboación en situación de dependencia unha atención de calidade e centrada nas persoas e reducir a lista de espera
en centros residenciais, faise necesario contar cunha maior oferta pública naqueles lugares con maior demanda facilitando que as persoas poidan permanecer preto dos seus fogares e do seu contorno.
tros asistenciais. Así, a súa principal acción é a construción de sete novos centros residenciais en Vigo, A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Ourense e Lugo, cun investimento de 66 millóns de euros.
Por esta razón, tendo en conta que as persoas maiores son un dos colectivos prioritarios para ABANCA e Afundación e que unha axeitada atención daqueles especialmente vulnerables é esencial para garantir o seu benestar, ambas as entidades decidiron apoiar o plan «Como na casa», da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, destinado a crear 900 novas prazas residenciais e arredor de 500 novos empregos. Así, ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, convocaron no mes de decembro un concurso de ideas ao que se deberán presentar deseños arquitectónicos de vangarda, anovadores e que constitúan un referente na prestación dos servizos residenciais de atención a persoas maiores. Ambas as entidades, que colaboran con este proxecto en calidade de expertas no ámbito do envellecemento activo, destinan 220 000 euros a este concurso.
O obxectivo do concurso de ideas é definir un concepto de centro residencial moderno, que teña en conta as tendencias do modelo de atención integral centrada na persoa, os avances arquitectónicos e tecnolóxicos, a sostibilidade e eficiencia enerxética e dea prioridade ao benestar e calidade de vida das persoas. A solución que se presente ao concurso, en formato de concepto elemental e esquemático, servirá de base para a redacción dos anteproxectos que se utilizarán para a licitación do desenvolvemento das sete residencias. A proposta debe ser versátil e adaptable aos sete emprazamentos.
O plan «Como na casa», posto en marcha pola Xunta de Galicia, contempla a ampliación da cobertura asistencial á poboación galega que se encontra en situación de dependencia, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida e reducir as listas de espera para acceder a cen-
Un xurado, integrado por representantes das diferentes entidades e do Colexio de Arquitectos de Galicia, seleccionará as tres mellores ideas, cuxos autores serán distinguidos por ABANCA e Afundación con premios que suman unha dotación de 20 000 euros. Ademais, a idea gañadora do concurso dispoñerá de 200 000 euros para a redacción dos anteproxectos das sete residencias que conforman o plan «Como na casa».
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
11 Espazos +60 nas principais cidades galegas Crecemento dos Espazos +60 desde 2015
A Coruña, Betanzos, Ferrol, Lugo, Monforte de Lemos, Ourense, Pontedeume, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Viveiro + 9.000 m2
20 %
+160 %
anual de socios netos
participación
Récord
+1.900
de participación en 2018
altas de socios
26.392
26.392
12 %
participantes en actividades
novas altas
22.948
Evolución 2015-2018
Datos destacados
14.049
19.487
7%
socios na rede de centros
Media anual de crecemento neto
12.233
11.339
13.127
14.127
10.397
4,7/5
valoración da nosa actividade
2015
2016
2017
2018
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
CULTURA
En Afundación consideramos a cultura como un marco privilexiado para o exercicio e gozo da creatividade, para a transmisión de valores e a difusión de ideas que inciden no desenvolvemento das persoas e no progreso da sociedade. A través da cultura encontramos expresión para o individual e o comunitario, o local e o global, lugares de transmisión e difusión, de encontro e de intercambio, de aprendizaxe e de gozo das artes nas súas múltiples manifestacións.
aposta foron fundamentalmente dous: ampliar a programación alén da propia exposición, amosando na práctica diálogos posibles entre as distintas disciplinas artísticas, e desenvolver a actividade cultural fóra dos espazos tradicionais. En palabras do presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, «trátase de saír das nosas salas e sumarnos ao ambiente das rúas, que as exposición deixen de ser algo pechado entre catro paredes e se abran á cidade achegando a cultura a todo tipo de públicos».
A nosa achega neste ámbito, que constitúe un dos eixes estratéxicos que poñemos en práctica, contén un amplo abano de iniciativas que contribúen a xerar e difundir esas expresións, á vez que poñen en valor o rico patrimonio artístico que custodiamos. A nosa importante colección de arte e os espazos culturais, situados en edificios singulares, proxectan á sociedade unha ampla proposta de actividades.
Resaltamos, ademais, a boa acollida ás diferentes propostas incluídas en Acreativa, nas que música, coloquios e cine dinamizaron a actividade cultural deseñada e enfocada a novos públicos.
No ano 2018 Afundación puxo en marcha un concepto cultural que sobrepasaba a visión estática e tradicional das exposicións. Co gallo da inauguración de «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» na Sede Afundación A Coruña, desenvolvemos un amplo programa multidisciplinar ao longo de seis meses, co fin de combinar o lúdico, o didáctico, o interactivo e as novas tecnoloxías. Os nosos obxectivos para esta anovadora
O pasado exercicio rexistramos récords de asistencia, máis de 203 900 persoas achegáronse en 2018 a visitar as nosas exposicións, máis de 127 800 asistiron ás nosas propostas de actividades escénicas e máis de 11 000 acudiron ás proxeccións dos nosos ciclos cinematográficos. Os nosos espazos son tamén elixidos por outras entidades, colectivos e agrupacións para presentar as súas propostas, iniciativas que apoiamos e difundimos. Todo isto convértenos nun dos maiores axentes socioculturais da nosa comunidade.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
ARTES PLÁSTICAS Destacamos no pasado exercicio a relevancia das mostras vinculadas á nosa colección e á Colección de Arte ABANCA. Ademais da xa mencionada «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación», amosamos á cidadanía a amplitude e diversidade dos nosos fondos con «Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación», «A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración» e «Latexos na Colección de Arte Afundación».
En consonancia con esta liña, o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, asinaron o pasado ano un protocolo no que as dúas entidades se comprometían a colaborar na promoción das súas respectivas coleccións de arte, a través de iniciativas como a organización de exposicións, o intercambio de pezas ou a realización de estudos que redunden na difusión da arte e a cultura galegas, entre outras.
Promocionamos o coñecemento do talento galego en mostras como as dedicadas a Jorge Castillo, Antonio Quesada, Segura Torrella, Baldo Ramos e Pepe Cáccamo, entre outras.
Por outra parte, a Sede Afundación de Vigo dispón dun espazo de exhibición permanente da colección que vai variando periodicamente diferentes propostas a partir dos nosos fondos, apuntando as numerosas lecturas que permite unha colección desta pluralidade e riqueza. Na actualidade acolle a exposición «Latexos na Colección de Arte Afundación». Esta nova selección, co asesoramento de Mercedes Rozas (autora tamén dos textos que contextualizan as pezas), ofrece unha mirada poliédrica sobre a súa diversidade, tanto en canto a técnicas e estilos como canto á temática; podemos percorrer Galicia ou viaxar polo mundo, descubrir os significados menos evidentes das obras contemporáneas aparentemente máis lúdicas ou reflexionar sobre o papel das mulleres como representadas e como artistas.
A Colección de Arte Afundación Integrada por máis de cinco mil obras, a Colección de Arte Afundación é unha das máis completas no seu xénero, cuxo fondo, ademais de incluír pezas significativas da creación española, cobre as etapas esenciais da arte galega desde o século XIX. A súa importancia valeulle a declaración de Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia no ano 2015, ratificando, así, un proxecto iniciado hai máis de cinco décadas.
Exposición «Latexos na Colección de Arte Afundación», Sede Afundación Vigo
A Colección de Arte Afundación naceu coa vocación de apoiar e divulgar o labor dos artistas galegos dentro e fóra das fronteiras da nosa comunidade, coa clara intención de contribuír a incrementar o escaso número de coleccións de arte existentes en Galicia e co propósito de darlle un impulso á creatividade e ao desenvolvemento do mercado galerístico galego. Outra premisa básica desta colección é a súa finalidade museable, é dicir, está concibida para ser exposta e para ficar á disposición e, por tanto, para o seu gozo público.
De forma paralela a esta exposición permanente, como xa indicamos, a nosa entidade programa outras de carácter temporal nas súas diferentes sedes que permiten afondar no coñecemento e difusión da Colección de Arte Afundación desde diferentes perspectivas, cumprindo, deste modo, coa súa vocación divulgativa. É, en definitiva, unha colección de arte ao servizo da cidadanía e de Galicia.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Les Luthiers visitan a exposición «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» na sede da Coruña
Exposicións No ano 2018, entre as numerosas exposicións de Afundación, destacan as que a continuación salientamos. Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación Esta mostra, co asesoramento de Diego Rodríguez Paz, presentou en outubro, na Sede Afundación A Coruña, unha proposta ampliada da selección de obras, que incorporaba para
esta ocasión pezas de artistas tan importantes como Kandinsky ou Picasso, despois de itinerar polas sedes de Ferrol (xaneiro) e Ourense (marzo). Supuxo a implementación dun novo concepto comprensivo de exposicións, no que se dinamizan unha serie de propostas paralelas que, en conxunto, transcenden a visión clásica destes eventos. A inauguración contou cun concerto da orquestra ABANCA ReSuena. A través de 50 pezas pertencentes ás coleccións de arte ABANCA e Afundación asinadas por artistas como Wassilly Kandinsky, Pablo
Arpegios de Rafael Úbeda, Colección de Arte Afundación
Picasso, José Manuel Broto, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Elena Gago ou Susana Solano, entre outros, este proxecto expositivo ilustraba a relación entre a música e as artes plásticas. Amosaba a iconografía musical, é dicir, a representación visual de escenas, festas e danzas, de instrumentos musicais, relacionaba a infancia, cos seus atributos e espontaneidade e candidez, con instrumentos de timbre doce, como o violín, o laúde, a frauta ou a voz humana e exploraba a sinestesia ou hibridación sensorial. As propostas paralelas abrangueron concertos,
intervencións artísticas, obradoiros de reciclaxe de instrumentos musicais, mesas redondas, animación na rúa, performances e pasacalles. As actividades, que aplicaron novas tecnoloxías e incluíron tamén accións interactivas e concursos, tiveron lugar en distintos espazos da Sede Afundación A Coruña e tamén no exterior do edificio.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
«Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación» «Galicia universal» tivo lugar o pasado ano, de marzo a outubro, no Museo Centro Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia, como a mostra máis ambiciosa dentro da arte galega. A través das coleccións de arte de ABANCA e Afundación, que custodian unha parte fundamental do legado artístico e cultural de Galicia, propúxose un percorrido desde os inicios da arte galega, cando podemos comezar a consideralo como tal, no século XIX, ata a actualidade. A inauguración desta exposición foi un destacado evento cultural do ano e contou coa actuación especial de Alejo Amoedo, ao piano, e Asterio Leiva, ao clarinete, para interpretar dúas pezas e dunha sonata de Jesús Bal y Gay, un dos compositores máis importantes do século pasado, integrante da Xeración do 27, que tivo unha vinculación moi estreita coas correntes artísticas do momento. A mostra reuniu un total de 192 obras realizadas por 115 das e dos artistas máis relevantes dos últimos 150 anos, como son Jenaro Pérez B de Antía Moure, Colección de Arte ABANCA
Villaamil, Fernando Álvarez de Sotomayor, Urbano Lugrís, Francisco Lloréns, Serafín Avendaño, Laxeiro, Virxilio Viéitez, Manuel Colmeiro, Luís Seoane, Arturo Souto, Maruja Mallo, Eugenio Granell, Julia Minguillón, Francisco Leiro, Antón Patiño, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Berta Cáccamo, Antón Lamazares, Pamen Pereira, Elena Colmeiro ou Antía Moure, entre moitos outros. Pintura, escultura, fotografías e instalacións conformaron este percorrido, grazas ao cal se puido visitar un mosaico representativo do nacemento e a consolidación da arte propia de Galicia, resultado da confluencia de dous factores: o compromiso dos artistas coa identidade propia e a súa vocación de universalidade, reflectida na ligazón coas tendencias e movementos internacionais. A exposición complementouse cun amplo programa de visitas e actividades superando os 34 000 visitantes.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Laughing Chinese man with mirror de Juan Muñoz, Colección de Arte ABANCA
Colección ABANCA. Novas lecturas. Diálogos no tempo e no lugar A proposta expositiva que se puido ver no Museo de León desde setembro a xaneiro de 2019 ofreceu unha visión renovada dos fondos da Colección ABANCA, a través de 36 creacións dalgúns dos artistas máis relevantes da arte española e internacional, entre os que destacan Julião Sarmento, Soledad Sevilla, Juan Muñoz, Paul Klee ou Joaquín Sorolla. «Novas lecturas» supuxo a posibilidade de achegarse a unha selección de obras da colección agrupadas en diversas temáticas, como a mirada íntima, a arte como espectáculo, memoria e soño ou a luz e a paisaxe. Os diferentes diálogos propostos supuxeron unha invitación ao espectador para crear as súas propias lecturas e outro modo de achegarse á arte hoxe a partir de novas coordenadas de interpretación. A Arte no Cómic Un total de 73 debuxantes e artistas da novena arte reinterpretaron as grandes obras da historia da pintura universal na exposición «A Arte
Después del baño de Joaquín Sorolla, Colección de Arte ABANCA
no Cómic», comisariada polo historiador Asier Mensuro e producida por Fundación Telefónica. Amosábase en Galicia grazas á colaboración con Afundación, a Obra Social de ABANCA, e estruturada en tres espazos: a presenza do cómic nos grandes museos (Louvre, D’Orsay, Pompidou, Thyssen-Bornemisza...); historias desenvolvidas por autores galegos; e a homenaxe dalgúns debuxantes a pezas de arte emblemáticas. A exposición amosaba, entre outras, obras do Museo do Louvre, do Museo Nacional do Prado ou do Museo Thyssen-Bornemisza, que actuaron como colaboradores desta orixinal exposición. «A Arte no Cómic» estudou o modo no que a banda deseñada se aproximou ao mundo da pintura e incidía especialmente na actual corrente museográfica que avoga por un achegamento á novena arte como unha disciplina que debe estar presente na programación dos museos e grandes centros de arte. Afundación encargou a Jacobo Fernández Serrano unha historia baseada nalgunhas das obras máis sobresaíntes da súa colección, 26 en total, e
Jacobo Fernández Serrano realiza unha ilustración na sala para a mostra «A Arte no Cómic», Sede Afundación Vigo
que se incorporou aos seus fondos. Entre outras, nas páxinas de Pikiblinder aparecen obras como Molido (Leiro, 1999), El regreso del indiano (Castelao, 1918), Máscaras (Mallo, 1942), Romería (Lugrís, 1953), Cencerrada e La enana pintora (Laxeiro, 1950 e 1970, respectivamente), Tríptico marinero (Sobrino, 1931), Tyla y yo (Minguillón, 1943) ou Paisaje (Pérez Villaamil, 1848). As sedes de Afundación de Santiago (xaneiro) e Vigo (abril) foron os lugares nos que se puido contemplar esta proposta. Nesta última cidade desenvolvéronse actividades complementarias á mostra, que incluíron desde ciclos de charlas, de cine, mesas redondas ou a creación de obras efémeras na sala de exposicións a mans de novos creadores galegos. Jorge Castillo. A visión dunha obra Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentou no mes de febreiro, en colaboración co Museo de Pontevedra, a exposición «Jorge Castillo. A visión dunha obra», un percorrido pola obra do artista pontevedrés desde 1952 ata 2017.
A través de case cincuenta pezas, entre pinturas e debuxos, o espectador púidose internar no enigmático e rico mundo creativo do artista, froito de máis de medio século de continuada actividade, condensada para esta mostra pola comisaria Pilar Corredoira. A singularidade e independencia do universo creado por Castillo outórganlle un lugar relevante dentro da arte europea da segunda metade do século XX. Proba diso é o recoñecemento internacional do que gozou desde o comezo da súa carreira plástica. A súa obra é poesía pintada, cun maxistral dominio do debuxo e de técnicas clásicas como o claroescuro. O seu sentido da liña, da luz e da transparencia dos obxectos únense á súa singular capacidade de establecer unha máxica relación entre obxectos e persoas. Figuras illadas ou en grupo, naturezas mortas, paisaxes urbanas, plantas, animais ou obxectos aparecen enmarcados en escenarios onde se diría que tanto o tempo como o espazo se encontran suspendidos nunha visión que se move entre a realidade e a fantasía.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Terras de salitre. Cristina Mittermeier Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentou nas súas sedes de Santiago de Compostela, en maio, e de Vigo, en setembro, a exposición fotográfica «Terras de salitre. Cristina Mittermeier», un percorrido polas zonas do mundo nas que o ser humano explota os recursos marítimos dunha forma respectuosa e sostible realizado pola fotógrafa mexicana Cristina Mittermeier. A mostra estivo comisariada por Silvia Oviaño (Cáravan Proyectos Culturales) e conta coa colaboración do Festival Mar de Mares. Máis de 70 fotografías e 2 vídeos conformaban esta viaxes pola natureza de Groenlandia, Hawai, India, Madagascar, Columbia, Abralhos, a Antártida e Galicia; este último bloque amosábase por vez primeira ao mundo no marco da exposición de Santiago. A fascinación polo océano é o fío condutor de vida e obra de Cristina Mittermeier. A costa representa para ela o singular punto de encontro entre ser humano, mar e terra, e mediante as súas instantáneas intenta concienciar o espectador do moito que dependemos as persoas dos océanos e do ricos e delicados que son. Na Antártida puido comprobar os efectos do cambio climático: «Amosando as diversas formas do cambio, desde as penurias dos osos polares ata a transformación dos patróns meteorolóxicos da península antártica, trato de que a xente conecte emocionalmente co problema máis importante da nosa xeración». O seu outro grande empeño é visibilizar as mulleres que fan posible que o mar sexa unha fonte de riqueza: o 67 % da forza pesqueira global está en mans femininas, pero apenas hai mulleres nos postos directivos. A mostra presentou en primicia unha selección de fotografías realizadas nas costas galegas en setembro de 2017. Partiu da Guarda, onde retratou as redeiras, «arrastráronme como un remuíño a coñecer o seu traballo, arranxar as redes, algo imprescindible para a pesca, pero invisible para a sociedade». Continuou cara a Baiona para compartir xornada coas percebeiras, «algunhas das mulleres máis valentes que coñecín nunca». Tras Moaña, a Costa da Morte foi a súa última parada para coñecer como se captura o polbo e o proceso de etiquetado e venda na Lonxa de Fisterra.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Mostra «Vida» de Gervasio Sánchez, Sede Afundación Santiago
Vida. Gervasio Sánchez No mes de xuño, na súa sede da Coruña, Afundación presentou a mostra «Vida», obra do recoñecido xornalista e fotógrafo Gervasio Sánchez, que cubriu conflitos armados desde os anos oitenta nos cinco continentes. Previamente, esta exposición comisariada por Gerardo Mosquera, exhibiuse na Sede Afundación Santiago, onde permaneceu ata xaneiro de 2018. Tratábase dunha selección de 70 fotografías que amosaban o triunfo da vida sobre a traxedia da guerra e da violencia. Esta mostra aspiraba a presentar unha nova visión da obra de Sánchez, baseada na forza visual e a riqueza comunicativa das súas imaxes. O autor non buscaba unha
Instalación de Héctor Francesch
mera documentación dos conflitos bélicos, senón capturar a vida mesma que xorde entre as ruínas da guerra. Gervasio Sánchez amosaba a extraordinaria capacidade de resistencia e superación do ser humano e como as persoas intentan normalizar as súas vidas tras os desastres producidos polos conflitos bélicos. Enviado especial pola paz da UNESCO desde 1998, Sánchez foi galardoado con numerosos premios. Firmemente comprometido coa defensa dos dereitos humanos, dirixe o seu obxectivo cara ás vítimas civís: nenos soldados, vítimas das minas antipersoa, familiares de desaparecidos..., sempre cunha clara intención de denuncia, antepoñendo a súa dignidade por enriba de todo.
MIIC. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea O mes de decembro, na nosa sede de Santiago de Compostela, tivo lugar a segunda edición da «Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea», na que se presentaron máis de 200 obras de artistas recoñecidos nacional e internacionalmente. A exposición contou coa colaboración da Xunta de Galicia e a participación do Concello de Santiago. Un total de 19 pezas, 16 individuais e 3 colectivas, estruturaron esta nova edición, que se centrou no valor artístico que a ilustración ten
como medio de expresión de moitas creadoras e creadores contemporáneos, o que a converte nunha das ramas da comunicación máis libres e imaxinativas que existen. Un elemento que, ademais, admite un amplo abano de técnicas e que está en constante evolución. Destacaba a presenza de creadores tan influentes como Christoph Niemann ou María Hesse, Héctor Francesh, das galegas Laralars, Iria do Castelo ou Bea Lema, xunto cunha sección completa dedicada á ilustración en ABANCA, onde se expoñía o traballo feito por varios artistas para as campañas de publicidade da primeira entidade financeira de Galicia.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Presentación a medios da mostra «Superpoderes. David Aja e David Rubín» na sede da Coruña
Superpoderes. David Aja e David Rubín Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentou no mes de xullo na súa sede da Coruña a exposición «Superpoderes. David Aja e David Rubín». A mostra conformaba un percorrido por máis de 350 obras que reflexionaban sobre o símbolo do superheroe no século XXI, da man de David Aja e David Rubín, dous dos artistas máis importantes do panorama actual de autores de cómic, tanto nacional como internacional, que desenvolven a súa carreira no mercado norteamericano. Entre outros, neste proxecto expositivo púidose gozar dos traballos máis importantes para a editorial Marvel do creador de Valladolid David Aja, como Inmortal Iron Fist, Haweye, Wolverine, Avengers ou Captain America, e para a edi-
torial Dark Horse, como algunhas páxinas de The Seeds, que os espectadores desta exposición puideron contemplar en primicia. Durante o tempo que leva traballando en Estados Unidos, David Aja conseguiu cinco premios Eisner, o máximo galardón da industria do cómic norteamericano. Baixo a sinatura do autor ourensán David Rubín, a mostra incluía a obra El Héroe, unha sentida homenaxe aos cómics do pioneiro do xénero Jack Kirby e unha lúcida reflexión sobre as orixes mitolóxicas do concepto de «superheroe»; ou Aurora West, un spin-off da popular serie Batling Boy de Paul Pope e un dos cómics actuais que mellor amosan a fusión entre a estética dos comic-books americanos e o manga xaponés. Tamén expuxo ilustracións de personaxes como Batman, Spirit ou Private Eye. Rubín deu o seu salto á industria norteamericana
Inauguración da mostra «Quesada. Dende o sentimento» na sede de Vigo
no ano 2014, onde a súa particular estética foi moi ben recibida, sendo candidato no presente ano a catro premios Eisner. Antonio Quesada. Dende o sentimento Afundación presentou en febreiro, na sala de exposicións do Teatro Afundación de Vigo «Antonio Quesada. Dende o sentimento», un amplo percorrido polos seus traballos máis relevantes, a punto de se cumprir o terceiro aniversario do seu pasamento. Foi producida en colaboración coa Xunta de Galicia, comisariada por Teruca Cendón e a familia do artista, e coa participación da Zona Franca de Vigo e a Fundación Celta de Vigo. Tomando como eixes definitorios da mostra a presenza de Ourense na súa obra, a influen-
cia de Velázquez ou a potencia da cor, podía observarse a evolución do seu estilo pictórico a través de 32 obras, datadas entre 1975 e 2005. Desde a representación figurativa da paisaxe, formal, estática e rigorosa, a súa produción evoluciona cara a unha pintura na que as referencias realistas e tanxibles esvaecen a prol dun estilo máis emotivo, sensible e intimista. O resultado son as súas «paisaxes da alma», espazos intanxibles, ambientes idealizados que, máis que observarse, se senten. A cor xoga aquí un papel moi importante, xa que nestas paisaxes son os matices, as transicións e a perspectiva as que van dando forma ao cadro. Antonio Quesada sempre se caracterizou polo seu compromiso co mundo da arte. Membro do Padroado do Museo Municipal Quiñones
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
O emigrante. Castelao, Colección de Arte Afundación
de León e implicado desde o comezo na colección municipal de pintura que hoxe en día atesoura ese museo, foi tamén membro do comité de asesores que apoiaba co seu criterio a confección da Colección de Arte de Afundación nas décadas dos oitenta e dos noventa. A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración ABANCA e Afundación presentaron en Ferrol no mes de outubro a exposición «A fronteira infinda. Os artistas galegos e a emigración», un percorrido pola historia da arte galega do século XX a través de obras de artistas que viviron na emigración. Este proxecto reunía 40 obras de 19 artistas galegos procedentes de fondos das coleccións
«Fotógrafos da natureza», Hastiger Hamster de Christoph Kaula, no Café Moderno Afundación (Pontevedra)
de arte de ABANCA e Afundación. Castelao exercía de punto de partida deste percorrido, en cuxa obra a emigración é un tema recorrente, e continuaba con traballos de artistas exiliados en América tras a guerra civil, como Manuel Colmeiro, Arturo Souto, Eugenio Granell, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo ou Laxeiro. A través deles observouse a evolución da súa produción artística, na que está presente o país que deixaron atrás e a nova realidade americana, adoptando as expresións dunha sólida renovación formal que os conecta coas correntes internacionais máis avanzadas. O percorrido finalizaba cunha representación das novas xeracións formadas na posguerra, un colectivo que protagoniza un novo fenómeno migratorio, esta vez principalmente cara a Madrid, o centro do sistema da cultura dominante, e outras cidades como Nova York ou
París. Algúns dos representantes desta época que aparecían na mostra son Leopoldo Nóvoa, Jorge Castillo, Manuel Mampaso, Luis Caruncho, Antonio Lago ou Tino Grandío. Premio Galicia de Fotografía Contemporánea Afundación, a Obra Social de ABANCA, e o festival Outono Fotográfico presentaron unha exposición conxunta de dous dos gañadores do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, Eva Díez con «Renacer» e Jon Gorospe con «Environments». A mostra abriuse ao público en xaneiro na Sede Afundación da Coruña e, posteriormente, na sede de Ferrol, no mes de maio. A serie «Renacer», de Eva Díez, recibiu o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea na súa terceira edición. As fotografías que a con-
formaron amosaban casas e edificios abandonados ou en ruínas, aos que Díez fai revivir iluminando o seu interior. Segundo palabras do comisario da mostra, Vítor Nieves, «Ese espazo concibido como guarida de sosego, algo recorrente na súa obra, no que ela cambia o concepto de habitabilidade, rompendo cos estereotipos». Pola súa parte, «Environments», de Jon Gorospe, foi galardoada na cuarta convocatoria do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. Nesta serie o artista retrataba o instinto do ser humano de afastar e soterrar os residuos que produce, a maneira en que os move dun contorno a outro, expulsándoos do seu espazo vital para os abandonar en vertedoiros que por si mesmos acaban conformando novas paisaxes e arquitecturas.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Fotógrafos da natureza 2016. European Wildlife Photographer of the Year A exposición «Fotógrafos da natureza 2016. European Wildlife Photographer of the Year» continuou no mes de xaneiro no Café Moderno Afundación de Pontevedra. A mostra estivo composta por 84 fotografías seleccionadas entre as 20 000, procedentes de 37 países europeos, que se presentaron nesta edición ao concurso. Este certame, que cumpriu 24 anos de historia, é un referente da fotografía da natureza, tanto a nivel profesional como amateur. Todas as imaxes eran instantáneas non manipuladas co obxectivo de concienciar o espectador sobre a necesidade de preservar o medio natural e animalo a contribuír persoalmente á súa protección. A obra gañadora desta edición, asinada polo noruegués Audun Rikardsen, amosaba a imaxe dunha candorca emerxendo á superficie para respirar nunha mañá fría e escura. Acompañaban esta imaxe outras instantáneas estruturadas en 9 seccións: aves, mamíferos, outros animais, eloxio das plantas, paisaxes, o mundo submarino, o ser humano e a natureza, forma e composición e novos fotógrafos. Salvador Dalí, contador de historias Afundación acolleu en febreiro, na súa sede de Lugo, a exposición «Salvador Dalí, contador de historias», conformada por 72 gravados e estampas pertencentes aos chamados ciclos literarios de Dalí, ilustracións evocadoras dalgúns dos libros que máis profundamente impresionaron o pintor. As pezas que se presentaron nesta exposición proviñan da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital.
A mostra, comisariada por Gloria Patón e coa coordinación de Charo Sanjuán, estaba formada por tres series que incluían estampas e gravados que xiraban arredor de diferentes obras literarias. A primeira serie, «Les songes drolatiques de Pantagruel», para a que Dalí colleu o título da obra de François Rabelais Los sueños caprichosos de Pantagruel. A segunda, «Le bestiaire de La Fontaine dalinisé», formada por gravados nos que Dalí confire ás fábulas do poeta Jean de La Fontaine o seu toque persoal. A última serie estaba baseada en El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, e a través dela Dalí amosaba a súa particular relación co personaxe de don Quijote ao introducilo na súa mitoloxía persoal. Prémio Estação Imagem A Sede Afundación de Vigo acolleu no mes de febreiro unha exposición conformada polas imaxes gañadoras do certame internacional de fotoxornalismo Premio Estação Imagem Viana do Castelo.
Segura Torrella Afundación presentou en abril a exposición «Segura Torrella», no Centro Obra Social ABANCA de Santiago de Compostela, en colaboración con ABANCA, dedicada a este artista ferrolán e conformada por 33 obras. Segura Torrella pintaba intuitivamente, a busca dun estilo non lle supoñía unha preocupación. A partir dunha detida observación da realidade e con grandes doses de enxeño e creatividade, abordou diversos xéneros, entre os que destacan o retrato, a paisaxe e o bodegón. Empregaba unha miscelánea de fórmulas a nivel compositivo, formal e espacial, nas que predomina o gusto colorista, dando lugar a lenzos de moita expresividade. Gran coñecedor da estética como disciplina filosófica, a produción artística de Segura Torrella transita polos mesmos camiños que o fixo o seu pensamento, nos que a busca da verdade e o sentido da existencia foron unha constante vital. A dobre páxina. Baldo Ramos e Pepe Cáccamo
Nesta mostra exhibíronse as series fotográficas gañadoras do certame de 2017, a serie «Río de Janeiro – Preço pelos eventos desportivos», de João Pina, Incendio, do fotógrafo galego Filipe Carnotto, premio á «Fotografía do ano», e O suicidio dos refuxiados, do tamén galego Gabriel Tizón, que recibiu a «Mención de Honra». Amosáronse, así mesmo, as reportaxes gañadoras nas categorías de «Premio Noroeste Peninsular – Camiños de Santiago», «Noticias», «Temas de actualidade», «Vida cotiá», «Artes e espectáculo», «Ambiente», «Retratos», «Deportes» e a «Bolsa Estação Imagem 2017 Viana do Castelo».
Inicialmente na súa sede de Vigo, no mes de abril, e logo na súa sede de Ourense, en setembro, Afundación presentou «A dobre páxina. Baldo Ramos e Pepe Cáccamo». Nesta exposición, o diálogo artístico entre ambos os autores desenvolveu unha nova modalidade comunicativa, no proceso de interacción entre a poesía discursiva e a poesía obxectual. O libro, plataforma clásica da palabra, constituíu un soporte físico da intervencións, tensións e conversas entre os dous artistas, transformándose en libros-obxecto de gran valor literario e estético: libros de vello, guías, atlas
ou novelas abertas a dobre páxina, intervíñanse con materiais ás veces vinculados ao texto ou presentados ao chou. «A dobre páxina» pódese entender como o terceiro proxecto de ambos os artistas en conxunto, despois de «Cara inversa», en 2014, e «Libros conversos», no 2016. O obxectivo era, ademais de fortalecer os vínculos expresivos co seu diálogo creativo, a solución dun reto: construír pezas artísticas unitarias nas que se fundan, sen se confundiren, e complementen as propostas individuais de cada autor. Co gallo do Día do Libro organizáronse visitas guiadas específicas á mostra. De mar a mar Turismo de Galicia e Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentaron no mes de maio en Pontevedra «De mar a mar. O Camiño de Santiago en 3D», unha exposición fotográfica sobre as rutas atlánticas do Camiño de Santiago en Galicia integrada por 33 imaxes de gran formato e en alta resolución. A principal novidade deste proxecto expositivo era a nova perspectiva para se achegar ás paraxes por onde diariamente pasan os peregrinos coa utilización da tecnoloxía 3D nas fotografías, pensadas para seren contempladas utilizando os lentes vermello-cian e conseguir así o efecto das tres dimensións. Amosábase o Camiño de Santiago, primeiro Itinerario Cultural Europeo, como unha ruta universal, espiritual, histórica e monumental.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Fotografía da exposición «Idade do Ferro»
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
A Idade do Ferro En colaboración co Museo do Pobo Galego, presentamos en maio na nosa sede de Lugo a exposición fotográfica «A Idade do Ferro», obra do fotoxornalista José M. Salgado. Esta exposición constituía o froito do traballo de catro anos, entre 2014 e 2018, dentro da área xeográfica das cuncas ríos Eo e Navia, tanto na súa vertente luguesa como asturiana, na procura dos últimos ferreiros das comarcas da Fonsagrada, Terra de Miranda, Oscos e Taramundi, así como dos ferreiros de Lugo e O Corgo, respectivamente. Este ensaio fotográfico dá a coñecer intimamente as xentes do ferro, os maiores, xa retirados en moitos casos, aos traballadores en activo e ás novas incorporacións que dan alento a unha profesión milenaria expresando a difícil adaptación aos contornos cambiantes que moitas áreas rurais experimentaron. O traballo de José M. Salgado explora, ademais da paisaxe humana, os escenarios xeográficos e os vestixios industriais da idade moderna. Son uns sesenta ferreiros, máis de medio cento de historias persoais na área europea con maior concentración, aínda hoxe, de forzas en activo. O fotógrafo tivo en mente os pioneiros da fotografías etnográfica de hai un século: Ferrer, Suárez, Ruth Mathilda Anderson ou W. Ebeling, así como as correntes contemporáneas do foto-documentalismo.
de Compostela de Afundación, a exposición «Alzhéimer. Camiño da memoria», obra do fotógrafo Alejandro Hurtado e o xornalista Antonio Ortín, quen percorreron o Camiño de Santiago visitando as distintas asociacións que traballan con esta enfermidade. A mostra organizouse no marco do VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas que se celebrou eses días na capital galega. «Alzhéimer. Camino de la memoria» constituía un relato gráfico e persoal da experiencia no Camiño de Santiago dos seus dous autores, que se completaba cunha serie de paneis divulgativos que afondaban no concepto, evolución e tratamento do alzhéimer. Da razón de Goya aos monstros de Dalí En colaboración co Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira presentamos a exposición «Da razón de Goya aos monstros de Dalí», no Café Moderno Afundación de Pontevedra, no mes de setembro.
Alzhéimer. Camiño da memoria
Neste proxecto expositivo, deseñado expresamente para Afundación, Goya e Dalí establecían un diálogo a través da serie «Los caprichos», abordada por Goya entre 1796 e 1799 e revisada por Dalí dous séculos máis tarde apoiándose na técnica do heliogravado para realizar réplicas exactas dous gravados goiescos e intervir sobre elas. Os vicios e os desacertos humanos eran os temas que protagonizaban estas obras.
A Súa Maxestade a raíña emérita dona Sofía inaugurou en setembro na Sede de Santiago
Un total de 80 pezas asinadas por Dalí xunto con gravados de Goya conformaban a mostra
comisariada por Julio Niebla, encargado de realizar exposicións internacionais sobre Dalí e grande estudoso da obra de Goya. Marcelo Macías. 175 aniversario No mes de outubro inaugurouse na Sala de Exposicións Afundación de Ourense a mostra «Marcelo Macías. 175 aniversario». O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense presentou este proxecto, con motivo da efeméride do seu nacemento, para dar a coñecer, e recoñecer ao mesmo tempo, o inxente labor de Marcelo Macías, un astorgano afincado en Ourense que xerou un importante movemento cultural na cidade das Burgas durante os últimos anos do XIX e as primeiras décadas do XX. Historiador, epigrafista, numismático e mestre, o sacerdote Marcelo Macías representou un destacado papel en diferentes planos da cultura ourensá. A raíz dos seus numerosos estudos e a súa implicación coa historia e arqueoloxía provinciais, conseguiu erixir entidades para a conservación do patrimonio, como o propio Museo Arqueolóxico Provincial e se implicou noutras como a Escola de Artes e Oficios, o Ateneo e a Comisión Provincial de Monumentos. A mostra, que recollía unha colección de elementos de diversas temáticas, incidía nas súas inquietudes, afeccións e estudos, que se materializaron en consecucións de interese para a cultura galega. Con esta exposición, ademais, buscábase achegar o traballo dos museos como depositarios e transmisores da memoria colectiva, na conservación, estudo e difusión do noso patrimonio cultural.
Son de Galicia «Son de Galicia» foi unha exposición do Consello da Cultura Galega (CCG) que afondaba nos arquivos dos catro coros históricos (Toxos e Froles, Cántigas da Terra, Coral De Ruada e Cantigas e Agarimos), para reconstruír a historia de Galicia a través da traxectoria destas formacións, dando conta da música, do teatro e da organización social dunha época. A exposición presentouse no mes de decembro na Sede Afundación da Coruña. A través de 30 paneis transmitíase a historia destas catro formacións de maneira individualizada, ao tempo que se podía realizar unha lectura moito máis ampla que permitía recoñecer o seu traballo en común: especialmente o labor etnográfico de recuperación de música e cantigas populares, a preocupación por conservar a lingua, así como os traballos de recuperación dunha vestimenta típica de Galicia para as súas actuacións. Ademais dos paneis, en colaboración co Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), dedicouse un espazo para material audiovisual con imaxes históricas destas sociedades. Os coros, á súa vez, seleccionaron pezas sonoras representativas da súa propia traxectoria que o público puido escoitar na mostra. Completouse coa exhibición de instrumentos, escritos, discos, vestimenta e decorados.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
ARTES ESCÉNICAS, MUSICAIS E AUDIOVISUAIS Un público cada vez máis numeroso, que o pasado exercicio incrementou notablemente a súa asistencia aos escenarios de Afundación, puido gozar de teatro, danza, concertos e musicais dos máis variados xéneros, tanto na programación para adultos como para escolares.
Carmelo Gómez e Ana Torrent en Todas las noches de un día
Teatro Tres escenarios da nosa entidade, o Teatro Afundación de Vigo, o auditorio da Sede Afundación de Pontevedra, así como o Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela, constitúen referentes a nivel estatal para as compañías en xira e, moi especialmente, para as formacións galegas. Actrices e actores de consolidada traxectoria, como Concha Velasco, Emilio Gutiérrez Caba, Luma Gómez, Magüi Mira, Ana Fernández, Kiti Mánver, Antonio Resines, Carmelo Gómez, Eloy Arenas, José Luis Ferrer, Imma Antonio, Ana Torrent, Clara Sanchís, Malena Alterio, Manuel Cortés ou Patricia de Lorenzo, déronse cita nas táboas de Afundación en 2018, xunto a compañeiros e compañeiras que mostraron
a súa madurez escénica, como Chusa Barbero, María Castro, Olivia Molina, Miguel Hermoso, Rocío Peláez y Gorka Otxoa, entre outros. Directores como Alberto Castrillo-Ferrer, Juan José Afonso, María Ruiz, David Serrano ou XRon deron vida a obras baseadas en pezas literarias ou guións cinematográficos anteriores, como Tristana, de Benito P. Galdós, Una habitación propia, de Virginia Woolf, Divinas palabras Revolution, baseada na obra de Ramón M.ª del Valle-Inclán, Después del ensayo, de Ingmar Bergman, e Dos más dos, de Daniel Cúparo e Juan Vera. Universos paralelos, El funeral, Todas las noches de un día, Burundanga, Juntos, Estado de graza, La culpa, El nombre, el musical La familia Addams e o espectáculo cómico Malo será!, protagonizado por recoñecidos rostros da TVG, foron outras das obras que Afundación puxo á disposición do público.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Ópera e ballet No mes de marzo, o Teatro Afundación de Vigo albergou a representación da ópera Aida, de Giuseppe Verdi, interpretada pola Orquestra e o Coro da Ópera Nacional de Moldavia. En setembro tivo lugar a posta en escena de El holandés errante, a cargo da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Paul Daniel e do Coro da Orquesta Sinfónica de Galicia, dirixido por Joan Company. A sede da Coruña de Afundación acolleu un ano máis as actividades paralelas da programación lírica organizada pola asociación Amigos da Ópera da Coruña. Deron comezo en setembro cunha conferencia sobre a ópera Il Pirata de Bellini a cargo de J. A. Vela del CamRepresentación de O lago dos cisnes polo Ballet de San Petersburgo
po, recoñecido crítico colaborador do programa La ventana da Cadena Ser. O Teatro Afundación de Vigo foi tamén o escenario para a actuación do Ballet de Víctor Ullate, coa súa reinterpretación do clásico Carmen de G. Bizet, en xaneiro. No mesmo mes tivo lugar a posta en escena de El lago de los cisnes, de P. Tchaikovsky, a cargo do Ballet Clásico de San Petersburgo. E en abril o Ballet de Moscova representou, tanto no noso teatro de Vigo como no noso auditorio da sede de Pontevedra, unha das pezas emblemáticas do romanticismo, Giselle, con música de Adolphe Adam, coreografía de Jean Coralli e Jules Perrot e libreto de Jules Henry Vernoy e Théophile Gautier.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Kamerata Stradivarius no Teatro Afundación Vigo
Música Temporada de clásica Afundación Vigo Abriu a programación de clásica o concerto de xaneiro a cargo da Real Filharmonía de Galicia interpretando obras de J. B. Georg Neruda, Heitor Villa-Lobos, Pacho Flores, Silvestre Revueltas e Alberto Ginastera, baixo a batuta de Manuel Hernández-Silva. Posteriormente, a Real Filharmonía de Galicia ofreceu outros sete concertos ao longo do ano, dirixidos por Paul Daniel, Jonathan Webb, James Dahlgren, Jaime Martín e Maximino Zumalave. A Orquesta Sinfónica de Galicia ofreceu cinco concertos baixo as respectivas batutas de Dennis Russel Davies, David Grimal, Dima Slobodeniouk, Víctor Pablo Pérez e Iván Martín. A Old Timers Jazz Band de Praga, baixo a dirección de Josef Krajník, deu, pola súa parte, un concerto de jazz no mes de marzo. A Kamerata Stradivarius, baixo a batuta de Razvan Stoica, actuou en outubro. En decembro, cerrou a tempada o Orfeón Terra A Nosa, dirixido por Miro Moreira. Outras músicas Afundación albergou en marzo, no auditorio da súa sede de Pontevedra, un concerto a cargo da cantante Rosana dentro da súa xira de presentación do seu novo disco En la memoria de la piel. En abril, un concerto a cargo do cantautor Ismael Serrano incluído na súa xira de celebración dos seus 20 anos de carreira musical, «20 anos. Hoy es siempre». Neste mesmo escenario tivo lugar en maio o Concerto das Letras Galegas, interpretado pola Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave, en homenaxe a María Victoria Moreno. En outubro tivo lugar no Café Moderno Afundación de Pontevedra un concerto en homenaxe a Alejandro de la Sota, un dos mestres da arquitectura española do século XX, a cargo do pianista e amigo persoal do homenaxeado, Josep Colom. No Teatro Afundación de Vigo, Treixadura presentou o seu novo traballo, Inda canto, no mes de abril. Pola súa parte, Carlos Núñez ofreceu en decembro un concerto incluído na súa tradicional xira de Nadal, incorporando ao escenario novas promesas da música folk.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
A sede Afundación da Coruña albergou no mes de setembro a presentación en concerto de Pulsaciones, o segundo disco de Mar de fondo, a banda liderada por Jesús Suárez. Con este segundo disco, a banda deu un xiro e madurou cun son máis intenso no que as guitarras adquiren un protagonismo fundamental. Pequenas referencias ao panorama grunge ou do rock americano, pero sen deixar atrás a súa influencia das bandas de rock nacionais como Héroes del Silencio, Extremoduro, Marea ou Barricada.
marzo e abril, o ciclo «Mulleres», con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller. Proxectáronse as películas La familia Bélier, Sufragistas, Locas de alegría e Las inocentes.
Ciclos de cine
De outubro a novembro, tivo lugar o ciclo «Voces rotas», cunha programación formada por obras que afondan e dan visibilidade a diferentes problemáticas, como o racismo, as guerras, o paro, a inmigración, a relixión ou a adopción. As películas Verano 1993, Ida, Mustang e Yo, Daniel Blake foron as escollidas para integrar o cartel deste ciclo que pasou polas sedes de Compostela, Ourense, Lugo, Vigo, Ferrol, A Coruña y Pontevedra.
«Cinema de outono» finalizaba na sede de Santiago de Compostela coa proxección, en xaneiro, da película Yves Saint Laurent en versión orixinal subtitulada. A Obra Social de ABANCA e a Alianza Francesa de Santiago de Compostela organizaron o pasado ano un novo ciclo fílmico entre xaneiro e febreiro, «Mulleres de onte e de hoxe», na sede compostelá. As proxeccións programadas foron Camille, Les châteaux de sable, La fille du patron, Les malheurs de Sophie, Pas son genre e Victoria. Todas as sedes de Afundación (excepto a de Santiago de Compostela), acolleron, entre Ciclo de cinema «Mulleres», As sufraxistas
Na sede de Santiago proxectouse tamén entre abril e maio o ciclo «Cine e educación», posto en marcha polo Ateneo compostelán. Constou de catro longametraxes de marcado compromiso social proxectadas en VOSE: La ola, Hoy empieza todo, A lingua das bolboretas e Diarios de la calle.
De outubro a decembro, Afundación programou nas súas sedes de Ferrol, Lugo e Ourense o ciclo de cine infantil «A porta laranxa», articulado por películas de animación aplaudidas por crítica e público. Así, La vida de Calabacín, El malvado zorro feroz e Del revés foron as proxeccións destinadas aos pequenos.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
PUBLICACIÓNS, PREMIOS E CERTAMES
En 2018 editouse na colección Arte de Trobar o XVI Premio de Poesía Afundación. A obra, editada polo Centro PEN Galicia, Afundación e a Xunta de Galicia, levaba por título A vida salvaxe, a nova aposta creativa de Gonzalo Hermo. Sonoro empeño. La música en las colecciones ABANCA y Afundación é o catálogo da mostra homónima que, tras itinerar polas sedes de Ourense e Ferrol, se viu ampliada na súa exhibición na Sede Afundación A Coruña. O catálogo aborda en profundidade a relación entre dúas formas de expresión artística, música e artes plásticas no último século, a través de obras de Pablo Picasso, Wassilly Kandinsky, José Manuel Broto, Urbano Lugrís, Laxeiro ou Castelao.
Catálogo da exposición «Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación»
Publicacións A Economía Galega. Informe 2017. Resumo executivo. O novo formato da publicación periódica decana de Afundación, iniciado xa en 2017, consiste nun resumo executivo que, de forma sintética, aborda os principais fitos económicos do ano vencido e avanza o comportamento dos primeiros meses do exercicio no que se publica, así como os desafíos futuros. Con iso preténdese unha lectura áxil e un rápido aos datos, co fin de identificar os puntos fortes e débiles da economía. A análise de A Economía Galega viuse ampliada coa publicación habitual en formato electrónico editada en xullo. A publicación impresa contou coas versións galega e castelá.
Como me presento? 17 encontros fotográficos para recoñecerse nas persoas con TEA. O catálogo recolle os 17 encontros que tiveron lugar entre personalidades destacadas na sociedade galega e persoas con TEA (Trastorno do Espectro Autista), invisibilizadas socialmente. Nestes encontros, os fotógrafos Esteban de la Iglesia e Manu Suárez, do colectivo La Diapo Fotografía, invitan a reflexionar sobre a gran fenda existente entre estes dous perfís. Editado pola Xunta de Galicia, contou coa participación de Afundación. Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación, Xunta de Galicia. Trátase do catálogo da exposición que se presentou non só como a maior realizada sobre arte galega nos últimos anos, senón tamén como unha grande oportunidade para comprender o proceso de construción da identidade cultural galega desde o século XIX ata a actualidade. Unha obra editada pola Xunta de Galicia,
a Fundación Cidade da Cultura de Galicia, co apoio de ABANCA e Afundación. Quessada. Sociedade e represión. O catálogo realizouse no marco da mostra homónima producida pola Fundación Xaime Quesada Blanco e Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Ourense. Un total de 47 obras conformaron esta exposición que amosaba a versión máis socialmente comprometida de Xaime Quessada, co obxectivo de outorgar a este artista ourensán o seu lugar na historia da arte de Galicia e reflexionar sobre o seu compromiso estético, social e intelectual. Antonio Quesada. Dende o sentimento. A raíz da exposición homónima celebrada na Sala de Exposicións de Teatro Afundación de Vigo, publicouse esta carpeta de láminas, ás que acompaña un pequeno catálogo. Na súa edición implicáronse a Xunta de Galicia, a Zona Franca de Vigo e a Fundación Celta de Vigo, e contaron co apoio de Afundación. As andrómenas e outros contos. A Asociación Etnográfica de Codeseda e a editorial A formiga rabicha editaron no mes de decembro este libro de contos do que son autores Avelino Jácome e Manuel Blanco. Premios e certames Premio de periodismo Julio Camba e premio de xornalismo Fernández del Riego Afundación e Ámbito Cultural de El Corte Inglés celebraron o 19 de decembro no Café Moderno Afundación de Pontevedra o acto de
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Entrega de premios de xornalismo Afundación
entrega do XXXIX Premio de Periodismo Julio Camba a Ricardo F. Colmenero polo artigo «La comunidad» (publicado en El Mundo o 1 de abril de 2017), e o XV Premio de Xornalismo Fernández del Riego a Santiago Jaureguizar polo texto «Pólvora sen Magnolia na Discoteca Clangor» (aparecido en El Progreso e Diario de Pontevedra o 31 de decembro de 2017). No transcurso do acto, o xornalista de investigación de RTVE Xaquín López pronunciou a conferencia «La línea de Arousa. Estereotipos y estigmas en la narco-información».
Gonzalo Hermo, Premio de Poesía Afundación
a ciencia, a astronomía e a intelixencia artificial, os temas principais do poemario premiado. Gonzalo Hermo recibiu o 22 de novembro de mans do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, o XVI Premio de Poesía Afundación que a entidade convoca xunto ao Centro PEN Galicia e co patrocinio da Xunta de Galicia. O acto de entrega celebrouse na Sede Afundación de Santiago de Compostela e o galardoado ofreceu un recital poético acompañado dunha videocreación de Xes Chapela.
Premio de poesía Afundación No mes de maio, Estíbaliz Espinosa, galardoada co XV Premio de Poesía Afundación, recibiu o seu recoñecemento nun acto que tivo lugar na Sede Afundación da Coruña pola súa obra As neuronas irmás, que, en palabras do xurado, «destaca pola coherencia dun discurso poético sólido, a potencia evocadora das imaxes, así como a orixinalidade das referencias que apelan á dimensión científica do ser humano biolóxico e emocional». Durante o acto, Espinosa recitou algúns dos seus poemas acompañada pola pianista Isabel Gómez Alonso e pola proxección dun booktrailer con imaxes relacionadas coa muller, a sororidade, a literatura,
O xurado escolleu A vida salvaxe de entre 31 obras presentadas por «ofrecer desde a sobriedade e a contención un regreso á natureza que incorpora o autobiográfico e o metapoético. Esta obra entronca con poéticas abertas na creación contemporánea tanto na súa busca do salvaxe como no recurso dun misticismo estético». Quedou tamén convocado a finais de 2018 o XVII Premio de Poesía Afundación. XXIII Premio San Clemente Rosalía ABANCA Os escritores Xosé Monteagudo e Fernando Aramburu recolleron, no mes de marzo, os galardóns do XXIII Premio San Clemente Rosa-
Entrega dos premios San Clemente Rosalía ABANCA
Concurso de beléns Afundación
lía-ABANCA no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela. Os autores foron recoñecidos polas súas obras Todo canto fomos e Patria, gañadoras nas categorías de lingua galega e lingua castelá, respectivamente. O autor alemán Ralf Rothman resultou premiado na categoría de lingua estranxeira pola súa novela Morir en primavera.
dicional e nos que o feminino é protagonista. Deste modo, Gaita Galega MIDI, Boina Galega e a plataforma Minervas Voice foron os galardoados. No acto de entrega estivo presente Elsa Punset, referente internacional no campo da intelixencia emocional.
Os dous escritores presentes estiveron acompañados no acto de entrega por diversas autoridades e tamén por un bo número de estudantes membros do xurado procedentes de diferentes institutos de ensino secundario de Galicia. Por segundo ano consecutivo, tamén participaron na selección da obra premiada na categoría de lingua castelá estudantes que cursan esta materia en centros educativos de Inglaterra, Francia, Alemaña, Portugal e Rusia.
Afundación resolveu o 11 de decembro o seu tradicional Concurso de beléns, que este ano cumpría a súa 53.ª edición. O xurado decidiu conceder o primeiro premio na categoría individual ao centro terapéutico ocupacional Doral Residencias. O segundo galardón recaeu na asociación ASPANAEX e o terceiro foi concedido a María Teresa Núñez Freire.
VI Premios Emprende Gaiás Sixto-Seco No mes de novembro entregáronse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela os VI Premios Emprende Gaiás Sixto-Seco, impulsados pola Fundación Cidade da Cultura, coa colaboración do IGAPE e a Obra Social de ABANCA. Nesta ocasión, o xurado premiou proxectos que reinventan o tra-
Concurso de beléns
Na categoría para colectivos formados por menores de 16 anos, o xurado decidiu conceder o primeiro premio ao CEIP Igrexa-Candeán, o segundo ao belén feito pola Fundación Menela Cee e, finalmente, o terceiro premio ao CEIP Valle Inclán. Ademais, foron concedidos dez accésits, o número máximo permitido polas bases do certame.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
MÁIS CULTURAS
Corrente cultural Co obxectivo estratéxico de promover o desenvolvemento das persoas a través da cultura, Afundación continúa cun programa para achegar proxectos culturais a distintas poboacións, fóra do circuíto das principais cidades galegas. A iniciativa nutriuse en 2018 de exposicións fotográficas de carácter etnográfico e medioambiental. «Oficios entre lusco e fusco. Un proxecto de Xosé Abad», realizada en colaboración co Museo do Pobo Galego, reflexiona sobre a desaparición de moitos oficios pola mecanización do traballo e a produción en masa no ámbito da sociedade de consumo, ensinando como a calidade da produción, a experiencia ou a consideración cara aos profesionais son valores que están en claro retroceso. A través de 34 fotografías, o traballo de Xosé Abad permitiu contemplar moitas profesións que nalgúns anos só permanecerán nos libros de historia como é o caso de tipógrafos, reloxeiros, carpinteiros de ribeira ou fareiros. Esta mostra, que puido contemplarse o pasado ano na Sede Afundación de Ferrol, viuse complementada pola celebración de diferentes obradoiros de artesanía estreitamente vinculados coa temática reflectida nas imaxes. Posteriormente, itinerou por diferentes localidades da xeografía galega. «Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia», realizada en colaboración con The Hispanic Society of Ame-
rica, tivo lugar en febreiro no Café Moderno Afundación de Pontevedra e no mes de xullo, na Sede Náutica Afundación de Sanxenxo. A mostra presentaba 70 imaxes que constitúen un completo relato documental dunha época de transición. Ruth Matilda Anderson, por encargo do fundador de The Hispanic Society of America, Archer Milton Huntington, recolleu en imaxes e minuciosas anotacións o que encontrou nas súas expedicións a Galicia —a primeira co seu pai entre 1924 e 1925 e a segunda, coa súa compañeira na Hispanic Society, Frances Spalding, entre 1925 e 1926—. Trátase dun dos relatos máis próximos e fieis da realidade social de Galicia, de interior e de costa, de principios do século XX. Seguidamente a mostra itinerou por varios municipios. «Auga, o sangue da terra» é a aposta do fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel. A exposición componse de diferentes imaxes de cursos de auga representativos para unha selección de poboacións de todo o mundo. Nelas plásmase desde a necesidade de protección e coidado destas arterias de vida, ata a sacralidade que nalgúns casos determinadas sociedade lles outorgan. As mostras que se integran neste proxecto de «Corrente cultural», desenvolvido en colaboración con ABANCA e coas diferentes entidades locais que a el se suman, recalou en 2018 en Xinzo de Limia, Narón, Baiona, Sanxenxo, Redondela, Culleredo, O Barco de Valdeorras, Tui, Ribadavia, Ordes, Foz, Fisterra, Sarria, A Guarda e Nigrán.
Inauguración de «Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» en Sanxenxo
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Exposición «Como me presento?», Sede Afundación Vigo
Culturas para a diversidade As mostras que se inclúen nesta liña de traballo da Obra Social de ABANCA consideran a arte, nas súas diversas manifestacións, como un potente elemento de inclusión social, xa que favorece a integración e contribúe a romper estereotipos. Desde Afundación apoiamos iniciativas como estas pola súa intensa cara social, artística, emocional e en defensa da igualdade das persoas. Ademais, promovemos e adaptamos os nosos programas didácticos ás capacidades de cada persoa facendo así accesibles os contidos e programamos actividades que teñen as persoas con capacidades diferentes como protagonistas, poñendo o foco nas súas habilidades e favorecendo unha visión positiva para a sociedade.
Exposición «Bailamos bajo la lluvia», Sede Afundación A Coruña
Afundación presentou, xunto ao colectivo de fotógrafos a Diapo Fotografía formado por Esteban de la Iglesia e Manu Suárez, e en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a mostra «Como me presento? 17 encontros fotográficos para recoñecerse nas persoas con TEA», no mes de xuño na Sede Afundación de Vigo e na Sede Afundación da Coruña en xullo. Comisariado por Monse Cea, este proxecto invitaba á sociedade a cuestionarse a forma en que se constrúe a identidade social das persoas con capacidades diversas, nunha proposta de coidada linguaxe e estética, para descubrir a arte inclusiva e contribuír ao recoñecemento dos seus protagonistas.
Este proxecto retrataba 17 encontros entre personalidades destacadas na sociedade galega, como o actor Luís Tosar, a cantante Sés, o científico Ángel Carracedo ou o cociñeiro Pepe Solla, e persoas invisibilizadas socialmente, representadas neste caso en persoas con TEA (Trastorno do Espectro Autista). Mediante estas reunións, fotógrafos e comisaria invitaban a reflexionar sobre a gran fenda existente entre estes dous perfís e a cuestionarse a forma en que se constrúe a identidade social das persoas con capacidades diversas. O propósito final: promover o coñecemento das persoas con TEA a través das imaxes resultantes deste proceso creativo afastado do ámbito terapéutico, familiar ou educativo aos que a imaxe pública destas persoas se asocia habitualmente.
A Sede Afundación da Coruña acolleu no mes de xuño a exposición fotográfica «Bailamos bajo la lluvia», obra dos fotógrafos Ana Amado e Rober Amado e organizada pola Asociación Down Coruña coa colaboración da Xunta de Galicia e Afundación, a Obra Social de ABANCA. «Bailamos bajo la lluvia» estivo composta por 54 fotografías que ofrecían instantes da actividade cotiá dos usuarios do centro da Asociación Down Coruña, fuxindo así da condescendencia habitual coa que se adoitaba presentar este colectivo. Os protagonistas aparecían bailando, representado escenas de coñecidas películas musicais para achegar o espectador unha das actividades que mellor saben facer e que máis gozan. A mostra resultou finalista na categoría «Contemporary issues» dos premios
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Representación de Peter! Voamos!, na Sede Afundación Pontevedra
Sony World Photography Awards celebrados en Londres. No ámbito da cultura para a diversidade, desenvolveuse «Diálogos de papel» na Sede Afundación Pontevedra no mes de febreiro. Con posta en escena da compañía de danza da Fundación Igualarte, esta proposta estivo realizada por bailaríns con capacidades diversas e propuxo unha reflexión sobre a comunicación tomando o papel como base e fío condutor.
Afundación presentou, en colaboración con Special Olympics Galicia, o Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual 2018. Desde xuño ata outubro, diferentes colectivos subíronse ao escenario dos espazos de Afundación para amosar as variadas capacidades escénicas das persoas con discapacidade intelectual. A primeira representación no marco deste festival foi no Teatro Afundación de Vigo a cargo do grupo de teatro da Área de adultos de ACE-
Festival de Artes Escénicas de Persoas con Discapacidade Intelectual
ESCA, quen ofreceron unha versión de La ratita presumida de C. Perrault; exploraron o formato do teatro de sombras con A que sabe a lúa, e finalmente representaron a obra de clown O salón, creada para persoas con diferentes niveis de discapacidade.
•
A Fundación ADCOR interpretou El árbol de nuestra vida na Sede Afundación de Ferrol.
•
No Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela púidose ver a obra Un mal día a cargo de PRODEME.
O festival continuou coa participación de diferentes agrupacións:
•
Na Sede Afundación de Pontevedra concluíu o programa coa obra Peter! Volamos! da man da Fundación ASPAS.
•
Os membros do Centro Méndez Núñez na Sede Afundación da Coruña.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Carmen Boza en Acreativa
Javiera Mena en Acreativa
Acreativa
Laboratorio
O pasado ano, Afundación presentou a segunda edición de Acreativa, proxecto co obxectivo de amosar as novas tendencias e vangardas culturais a través de diferentes experiencias creativas. Nesta edición o foco centrouse na música como fío condutor, pola súa ampla capacidade para se ramificar e influenciar outras escenas, e nas mulleres e o seu papel na industria musical, que tiveron un espazo relevante, xa que o 80 % das actividades que se desenvolveron no marco de Acreativa estiveron protagonizadas por artistas femininas.
Este encontro, pensado para a experimentación e a vangarda e por iso denominado «Laboratorio», centrouse en transgredir as marxes e nos sons non comprometidos coa arte. Sen impedimentos nin ataduras, sen límites nas propostas artísticas e musicais, ofreceron o 17 de novembro un produto para descubrir e experimentar. Comisariado por WOS, 981Heritage e Pop Torgal, coa presenza dos británicos AK/DK, o dúo xamaicano Equiknoxx ft. Shanique Marie, o norteamericano Ensemble Economique e os galegos Corvax.
Acreativa 2018 organizouse en tres epígrafes ou «cápsulas» diferentes: Acreativa Live, un espazo para presentacións e actuacións musicais que reflectisen as tendencias da actualidade; Acreativa Talks, onde as entrevistas, charlas e mesas redondas se fundiron coa música en directo; e Acreativa Screen, un punto de encontro entre a música e o audiovisual.
Ala·ni O 21 de novembro clausurou Acreativa Live Ala·ni, nome artístico de Alani Charal, cantautora londiniense de orixe antillana que empezou a exercer de corista para un variado elenco de artistas. Foi a intérprete da BSO da película La librería de Isabel Coixet, cuxo compositor, Alfonso de Villalonga, resultou candidato á Mellor Música Orixinal nos Goya 2018.
Acreativa Live Maridaxes
Acreativa Talks
Javiera Mena, Carmen Boza e Marem Ladson, nomes propios dentro da escena independente, presentaron os seus novos traballos en exclusiva dentro de Acreativa Live. As tres artistas protagonizaron «Maridaxes», un formato de cata-encontro dirixido pola sumiller galega Cristina V. Miranda, coa colaboración das adegas González Byass, Pernod Ricard e Martín Códax. Posteriormente cada artista ofreceu un concerto coa banda completa.
I Encontro da Asociación de Mulleres da Industria da Música de Galicia (MIM) O 17 de outubro celebrouse o I Encontro da Asociación de Mulleres da Industria da Música de Galicia (MIM), no que interviron como relatoras a presidenta de MIM, Carmen Zapata, e a vocal da asociación Patricia Hermida. Posteriormente ao encontro celebrouse un DJ Set co grupo Agoraphobia, conxunto boirense de indie garage rock conformado por catro mulleres, ganadoras do VodafoneYu Music Talent.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
«Londres cidade okupada: unha charla con Richard Dudanski e Esperanza Romero»
cións audiovisuais influenciadas ou conceptualizadas desde a experiencia musical.
O 31 de outubro tivo lugar o encontro «Londres cidade okupada: unha charla con Richard Dudanski e Esperanza Romero», co gallo da presentación do libro de Dudanski. A actividade rematou cun concerto a cargo de Arias & Alfaro.
A primeira actividade no marco desta cápsula foi o 9 de novembro coa presentación, a cargo de Fernando Vacas e Soleá Morente, do documental Omega sobre o disco de flamenco-rock do mesmo nome de Enrique Morente xunto ao grupo Lagartija Nick. Un traballo revolucionario no que Morente adaptou temas de Leonard Cohen e puxo música a poemas de Federico García Lorca.
Antonio Arias e Fernando Alfaro, considerados os pais do indie en España, ofreceron un concerto despois do coloquio. Marcas e música Acreativa Talks continuou coas charlas «Marcas & Música», unha oportunidade para coñecer de preto as estratexias das marcas comerciais dentro da industria musical. O penúltimo coloquio correo a cargo, o 3 de novembro, de SON Estrella Galicia, xunto cun concerto de Joel Sarakula. O 10 de novembro desenvolveuse a segunda parte desta sección con Jägermeister e un recital a cargo de D’Valentina. 10 anos de American Autumn A última actividade tivo lugar o venres 16 de novembro con «10 anos de American Autumn», co director David Pedrouzo e, a continuación, o recital de Madison McFerrin. Acreativa Screen Omega Acreativa Screen concibiuse como un punto de encontro entre o audiovisual e a música, un espazo para o cine, os documentais e proxec-
Despois da proxección, Soleá Morente ofreceu un concerto no que presentou o seu disco Ole Lorelei, un traballo que combina diferentes estilos, encontrando sempre novas rutas ao flamenco.
Cultura
127.866
11,004
asistentes artes escénicas
asistentes a ciclos de cinema
203.922
2.489
asistentes a exposicións Datos destacados
asistentes a conferencias educativas
Cinemix O sábado 10 de novembro desenvolveuse «Cinemix», un proxecto audiovisual no que músicos traballaban nunha nova banda sonora para unha película e a interpretaban en directo mentres se proxectaba en pantalla. Nesta ocasión a película foi The Hill e a actuación correu a cargo do dúo experimental Elle Belga. «Cinemix» naceu para explorar as posibilidades creativas de hibridar música en directo e cine. A idea era sacar os músicos dos seus procesos creativos habituais, empuxándoos a compoñer sobre as imaxes, estética e narrativa da película elixida. Unha experiencia singular e moi exclusiva, pois a película nunca volvería ser a mesma.
114.856
49 %
asistentes a actividades para escolares
centros escolares de Galicia atendidos
+10 %
de asistencia respecto a 2017
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
VOLUNTARIADO E OUTRAS ACCIÓNS DE CARÁCTER SOCIAL
Afundación, a Obra Social de ABANCA, é unha entidade socialmente responsable que, ademais de contribuír ao progreso na súas áreas estratéxicas de educación, envellecemento activo e cultura, promove a mellora activa dos ámbitos social, económico e ambiental do contorno no que se enmarca. Na nosa entidade poñemos en práctica un modelo de xestión asentado nun conxunto de estratexias e sistemas cuxo propósito persegue o equilibrio social. Deste modo, en Afundación desenvolvemos o noso traballo de acordo a cinco principios fundamentais da RSC baseados na ética e a transparencia: a confiabilidade, a innovación, a calidade, a responsabilidade e a sostibilidade. O noso elevado grao de compromiso coa sociedade e a intensa colaboración con numerosas iniciativas de RSC convértennos nunha entidade que desenvolve un modelo de atención ao contorno que moi poucos programas de responsabilidade social conseguen acadar.
Apoiamos, así mesmo, a Axenda 2030 do Desenvolvemento Sostible impulsada pola ONU. Neste sentido, poñemos en marcha iniciativas encamiñadas a promover a sostibilidade como motor do cambio cara a un mundo máis responsable.
En Afundación contamos cun programa transversal de voluntariado, a través do que atendemos actividades centradas na diversidade, a sostibilidade ou as boas prácticas medioambientais. As persoas que tomamos parte da Obra Social de ABANCA entendémolo como unha fonte de satisfacción propia que reforza o sentido de pertenza e integración en calquera dos contextos nos que focalizamos as nosas actuacións. Por iso, esta é unha das liñas estratéxicas principais da nosa entidade.
Voluntariado corporativo
A realización de encontros favorecendo o intercambio de ideas constitúe para Afundación un foco de interese importantísimo, dado o seu enorme valor engadido, tanto a través de foros específicos, como dinamizando xornadas deportivas que potencien o traballo en equipo e o espírito de colaboración. Nesta liña, desenvolvemos o Foro ABANCA Reponsable, un espazo no que dinamizamos a implementación de modelos de RSC na rede empresarial galega. Así mesmo, estamos comprometidos co apoio ao deporte e a transmisión de valores de RSC a través da súa práctica, como sucede no Foro Internacional do Deporte Cidade de León ou nos torneos solidarios entre empresas.
Co gallo dos graves incendios sufridos en Galicia en outubro de 2017, a reforestación converteuse no eixe central do voluntariado de ABANCA e a súa obra social en 2018. Desde o mes de marzo, os empregados estiveron inmersos en diversas tarefas de recuperación dos montes galegos, acompañados tamén de familiares, clientes e outras persoas que quixeron sumarse a esta iniciativa solidaria.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Grazas a estas accións, en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, púidose axudar na recuperación das zonas queimadas, cun total de 6965 árbores plantadas e importantes actividades de limpeza nos montes afectados. As iniciativas desenvolvéronse entre marzo e novembro nalgunhas das áreas máis damnificadas, como Coruxo (Vigo) e Chandebrito (Nigrán), a considerada zona cero da devastadora vaga de incendios. Os voluntarios tamén se desprazaron a outras localidades, como como A Mezquita (Ourense), As Neves (Pontevedra), Camos (Nigrán), Santiago, Miño e Monte Xalo (A Coruña), co propósito de dar a oportunidade de colaborar coa campaña de mellora do contorno natural galego a toda a xente interesada. Co fin de consolidar a calidade dos traballos, os 862 voluntarios que participaron no programa de reforestación contaron co asesoramento técnico dos integrantes do Grupo Naturalista Hábitat, que determinaron as especies idóneas para cada terreo e explicaron aos participantes o proceso de plantación. Especies autóctonas e froiteiras, como castiñeiros, carballos, maceiras, pereiras ou bidueiros foron as elixidas.
nada estivo enmarcada dentro do Give & Gain 2018, a VII Semana Internacional do Voluntariado Corporativo de Forética. Os nenos convertéronse en biólogos para realizaren identificacións de especies e descubriren os rastros de fauna que se encontran habitualmente nun paseo polo campo, un bosque ou unha praia (plumas, pegadas, exuvias, etc.). O 2 de xuño realizouse unha actividade de conservación do medio natural no contorno da illa de Ons, dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas. A actividades estivo enmarcada na conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, celebrado o 5 de xuño. A iniciativa centrouse na eliminación de especies exóticas invasoras, conseguindo erradicar 765 kg de Arctotheca calendula, unha planta herbácea procedente da península sudafricana de El Cabo.
Ademais de Hábitat, a campaña contou coa colaboración doutras 14 entidades, concellos e comunidades de montes das localidades onde se desenvolveron as distintas accións.
No mes de outubro realizouse unha nova acción medioambiental no Parque Botánico de Montealegre (Ourense), co fin de limpar o espazo de especies foráneas invasoras. Tamén se desenvolveron actividades de conservación do medio natural en Miño, dentro da campaña de coidado do patrimonio natural que promoven ABANCA e a súa obra social, na que os participantes construíron pozas e muros de pedra, axudando, así, a xerar espazos beneficiosos para a fauna.
Ademais, celebrouse o Día da Terra, o 22 de abril, cunha actividade en Miño onde, xunto ás habituais iniciativas de reforestación, levouse a cabo un obradoiro de biodiversidade destinado aos máis pequenos. Nesta ocasión, a xor-
Tamén en outubro, un grupo de voluntarios trasladouse ao Centro de Conservación e Estudo da Natureza Casa das Insuas, en Rábade (Lugo), para colaborar na construción de refuxios de fauna. Nesta expedición, os voluntarios
Reforestación da contorna do Camiño de Santiago. Miño (A Coruña)
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Voluntarios reforestando na campaña «Unha nova árbore»
estiveron novamente acompañados polos expertos do Grupo Naturalista Hábitat, que asesoraron nenos e maiores na fabricación destes refuxios. A actividade tamén contou coa colaboración da Asociación Galega de Custodia do Territorio, encargada de impulsar e xestionar a Casa das Insuas. O 24 de novembro realizouse en Becerreá (Lugo) unha acción de conservación e protección do patrimonio natural, en colaboración coa Asociación Castaño y Nogal, co obxectivo
Xornada de limpeza nas praias de Baldaio e Razo (Carballo)
de descubrir diferentes especies dun bosque autóctono e realizar unha posta en valor, concienciación e defensa activa dunha parte importante do medio ambiente da zona. Dentro do voluntariado social, os voluntarios de ABANCA e a súa obra social participaron na duodécima edición do Día Solidario das Empresas, que se celebrou o 20 de outubro con diferentes actividades benéficas organizadas na Coruña, Vigo e Madrid, cuxo obxectivo reside en promover o voluntariado corporativo e
Xornada de voluntariado na Cociña Económica da Coruña
sensibilizar desde o ámbito empresarial sobre os problemas reais do noso contorno. Na cidade herculina, os voluntarios colaboraron na preparación das comidas que serviu ese día a Cociña Económica aos usuarios do seu comedor social. Os de Vigo desprazáronse ás instalacións da ONG Aldeas Infantís en Redondela, para preparar cos nenos e nas que residen alí unha comida saudable. E, por último, en Madrid, participaron nunha xornada de goalball, organizada pola ONCE, coa idea de
que puidesen coñecer este deporte específico para persoas con discapacidade visual, que se xoga cunha pelota sonora e os ollos tapados, así como para compartir unhas horas con deportistas que o practican. No mes de novembro tivo lugar o XX Congreso Nacional de Voluntariado na cidade de Ourense, onde o labor dos voluntarios de ABANCA e a súa obra social estivo presente a través dun stand no que se amosaban vídeos das diferentes actividades.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
IV Foro ABANCA Responsable
O Foro ABANCA Reponsable é un espazo que ten como obxectivo contribuír ao fomento e aplicación de modelos de xestión responsable nas empresas galegas. A iniciativa comezou a andar en novembro de 2016 cunha conferencia da activista social mauritana Aminetou Mint Ely.
FORO ABANCA RESPONSABLE
incorporar este concepto nas súas propias empresas para avanzar na sostibilidade medioambiental. A sesión finalizou cun market place de escaparate doutros proxectos galegos emerxentes de economía circular. IV Foro ABANCA Responsable: O deporte como motor de cambio social, igualdade e valores
IV Foro ABANCA Responsable: Economía circular No mes de maio Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, abriu a cuarta edición do Foro ABANCA Repsonsable ante 70 empresas, institucións e organizacións do terceiro sector que se reuniron no Pazo de Iñás, para afondar no concepto de economía circular e coñecer varios casos de negocios galegos exitosos neste ámbito. A actividade coincidiu coa celebración da Semana Verde da Unión Europea, o maior evento anual da axenda medioambiental do continente. A xornada comezou con tres relatorios que serviron para coñecer a experiencia de tres empresas galegas de referencia neste ámbito, a sociedade pública Sogama, a viguesa Revertia e a luguesa Agroamb, que fixeron da xestión e reutilización de residuos o seu modelo de negocio. Logo das charlas, desenvolveuse unha dinámica de grupo que permitiu aos participantes afondar nos principios da economía circular, debater sobre as posibilidades de negocio que ofrece e, tamén recompilar ideas sobre como IV Foro ABANCA Responsable
V Foro ABANCA Responsable
En novembro, o campus de IESIDE na Coruña acolleu o V Foro ABANCA Responsable, no cal se reflexionou sobre o deporte como elemento clave para o progreso social. A xornada contou coa presenza de tres recoñecidos especialistas no ámbito deportivo: Pepu Hernández, Francisco del Río e Iván Clavel. No encontro abordouse a importancia da promoción do deporte para acadar o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) e as metas establecidas na Axenda 2030. Máis de medio cento de empresas, clubes deportivos e institucións participaron na xornada de traballo, onde se tratou a importancia de apoiar o deporte base e de establecer relacións entre organziacións para crear proxectos conxuntos capaces de impulsar o impacto positivo da práctica deportiva. Tras o relatorios de Pepu Hernández, Francisco del Río e Iván Clavel, desenvolveuse unha dinámica de grupo na que os asistentes traballaron sobre a vinculación entre o deporte
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) aprobados pola ONU en 2015 e como desde as súas organizacións poden contribuír a os alcanzaren. Todos os participantes coincidiron en destacar que a práctica deportiva pode xogar un papel fundamental na consecución dalgunhas das metas que establece a Axenda 2030, como o fin da pobreza, a saúde e o benestar, a educación de calidade, a igualdade de xénero ou as alianzas para lograr os obxectivos. Outras accións sociais II Foro Internacional do Deporte Cidade de León (FID) ABANCA e a súa obra social volveron facer posible que León fose a capital española do deporte no mes de maio, cando se celebrou o II Foro Internacional do Deporte Cidade de León. A través da implicación coa celebración deste II Foro Internacional do Deporte Cidade de León, ABANCA e a súa obra social, Afundación, reiteran a súa aposta polo compromiso con León e a súa provincia, reflectido en diferentes actividades nos ámbitos económico, social e cultural, e pola promoción do deporte como Foro Internacional do Deporte ABANCA Cidade de León
ferramenta de desenvolvemento social e educación en valores. O FID, organizado pola Asociación Golden Dreams Team, desenvolveu un programa que arrancou cunha xornada centrada na evolución do papel da muller no deporte. As deportistas Lydia Valentín, Eli Pinedo, Jennifer Pareja e Nuria Marqués tamén visitaron as instalacións de ABANCA para atender a clientes e admiradores. Ademais, estiveron acompañadas por David Cal, embaixador do FID, o competidor español con máis medallas da historia. Finalmente, as catro deportistas reflexionaron sobre a situación da muller no deporte nun coloquio desenvolvido no Teatro San Francisco. O foro tamén contou co encontro dun dos equipos máis icónicos da historia da cidade de León, o Elosúa, que se volveu xuntar varias décadas despois para rememorar os anos dourados do baloncesto local. O evento serviu tamén para fomentar o deporte como medio de desenvolvemento social e persoal, para promover a inclusión social a través da práctica deportiva, para apoiar o deporte local e, en xeral, para impulsar a cultura do deporte entre a cidadanía leonesa.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
OTRAS ACCIONES SOCIALES
Iniciativa «Corre con ABANCA e Fermín Cacho», León
A iniciativa «Corre con ABANCA e Fermín Cacho» reuniu no centro de León centos de persoas que gozaron dunha clase práctica para todas as idades, cun percorrido entre a praza de San Marcos e ao longo da ribeira do río Bernesga, repetindo a experiencia do pasado ano co maratoniano Martín Fiz. Tras a carreira, o atleta participou nunha mesa redonda no Teatro San Francisco xunto a outros ídolos do deporte, como Rafael Martín
V Torneo Solidario Obra Social ABANCA
Vázquez, Juan Antonio Corbalán e Iván Pedroso, onde falaron sobre a súa experiencia profesional.
Campaña solidaria de recollida de xoguetes
o deporte elixido na quinta edición, coa participación de oito equipos de empresas como Bahía Software, NETEX, OESÍA e Colegio de Abogados, entre outras.
Torneos solidarios entre empresas Coa idea de continuar apoiando entidades e iniciativas sociais, celebrouse unha nova edición do «Torneo Solidario ABANCA Obra Social», en colaboración con Coca-Cola e Cruz Vermella. O baloncesto, en modalidade 3x3, foi
A recadación do torneo a través das inscricións e achegas dos participantes, ademais dos donativos realizados polo público asistente, foi destinada a Cáritas Mondoñedo-Ferrol para o apoio aos seus proxecto de inserción social e laboral.
Campaña de recollida de xoguetes Un ano máis, ABANCA e a súa obra social levaron a cabo a campaña de recollida de xoguetes «A ilusión crece cando se comparte» que, nesta ocasión, conseguiu reunir un total de 4270 xoguetes para repartir en Nadal. O éxito acadado logrouse grazas a todos os compañeiros e compañeiras, clientes, comercios e outras persoas que se desprazaron ata
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
os locais destinados á recollida no mes de decembro. Así mesmo, habilitouse un número de conta solidario para facer doazóns. Para que a campaña funcionase correctamente, 89 compañeiros e compañeiras participaron como voluntarios para a recepción e clasificación das doazóns. ABANCA e Afundación, ademais, contribuíron con esta iniciativa mediante a adquisición dun lote de xoguetes adicional, froito dunha acción en colaboración coa Federación Galega de Comercio, para que as compras realizadas polos clientes se transformasen en Nadal en sorrisos infantís. Por cada transacción realizada coas tarxetas de crédito e débito de ABANCA ata o 21 de decembro, acumuláronse puntos que posteriormente se cambiaron por regalos que se sumaron aos recollidos nos locais físicos. Colaboración co Banco de Alimentos ABANCA e a súa obra social desenvolveron unha acción solidaria en todo o territorio galego, coincidindo cos seus encontros de Nadal nas principais cidades. A campaña de recollida de alimentos impulsada é parte do noso compromiso cos cidadáns con menos recursos e vénse realizando de maneira continuada nos últimos anos.
Xornada Corresponsables A Sede Afundación A Coruña acolleu a presentación do Anuario 2018 de Corresponsables, «La Gestión de la RSE y el Negocio Responsable», no que se afondou nas mellores prácticas en materia de responsabilidade social e se destacou a aposta pola sostibilidade como unha oportunidade de apertura cara ao contorno, aproveitar as oportunidades de negocio, pensar no longo prazo e maiores doses de innovación. Ademais de abordar as boas prácticas de ABANCA e Afundación, a xornada contou coas intervencións de representantes de GADISA, ENDESA e R nunha mesa redonda de empresas. Festival Intercentros A mediados de marzo celebrouse unha edición máis do Festival Intercentros, unha actividade que une a destreza dos máis de mil nenos e mozos participantes da provincia da Coruña cos valores da educación, a amizade e a solidariedade.
Voluntariado e outras accións sociais
26.392
+60
participantes en educación financeira
organizacións V Foro ABANCA
Datos destacados
+700
44.522
participantes en accións de dinamización cultural
persoas en programa de voluntariado
97
ofertas de emprego xestionadas
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
OUTRAS INICIATIVAS DE ACCIÓN SOCIAL E CULTURAL
De maneira adicional á programación que Afundación desenvolve no marco dos seus eixes estratéxicos centrados en educación, envellecemento activo, cultura e outros ámbitos de carácter social, promóvense unha serie de actividades socioculturais complementarias e aliñadas cos principios fundacionais da entidade. Así, o Monte de Piedade, un referente da actividade social, Ataquilla, o servizo de venda de entradas líder no noroeste español, e a dinamización cultural, mediante a cesión ou aluguer dos espazos emblemáticos de Afundación no territorio galego, constitúen as tres vías de actuación neste epígrafe. Os beneficios obtidos mediante estas actividades diríxense ao desenvolvemento de programas enmarcadas nas áreas estratéxicas da Obra Social de ABANCA. Monte de Piedade O Monte de Piedade de Afundación, creado hai 135 anos, concentra os seus esforzos en concienciar os seus usuarios e o público en xeral das vantaxes que supón o préstamo en prenda con todas as garantías ao longo do proceso. Especialmente pensado para aqueles sectores da poboación cun acceso complicado á concesión de crédito, esta unidade de Afundación ofrece as máximas facilidades para afrontar os compromisos de pago, ao se asentar en valores de calidade, garantía e compromiso social. A mediados de 2018 revisáronse os baremos de cotización do ouro utilizados á hora de realizar a taxación, o que permitiu unha mellora nas condicións de valoración da garantía e unha
ampliación do importe a formalizar en cada préstamo. Adicionalmente, realizouse unha reforma das instalacións, dotándoas de moderna tecnoloxía e favorecendo un mellor servizo, que, en conxunto, ofrecen unha imaxe renovada do Monte de Piedade. No pasado exercicio, o importe da carteira ascendeu a 1 822 187 euros e tramitáronse un total de 3844 préstamos. A totalidade dos beneficios obtidos polas actividades desenvolvidas polo Monte de Piedade Afundación destínanse á implementación dos programas estratéxicos determinados pola entidade nas áreas de educación e coñecemento, envellecemento activo, cultura e voluntariado. Ataquilla Ataquilla, a plataforma de servizos de venda e distribución de entradas de Afundación, a Obra Social de ABANCA, consolidou en 2018 a súa posición de líder do sector no noroeste español. A súa aposta por unha comunicación áxil e directa, ademais de contar coas últimas tecnoloxías para a venda, distribución e control de eventos, con atención os 365 días do ano, converteuna na palataforma de referencia para público e entidades promotoras de eventos. En 2018 Ataquilla tramitou máis de 500 000 entradas para eventos, en espazos tanto de pequena como de gran capacidade, proporcionándolles os medios necesarios para a correcta distribución e difusión dos espectáculos. En consonancia cos seus principios fundacionais e como entidade sen ánimo de lucro, Afundación inviste a totalidade dos beneficios de
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
Instalacións do Monte de Piedade Afundación en Vigo
Ataquilla nos programas formativos, culturais e sociais que desenvolve. Ao longo de 2018 comercializáronse eventos de moi diferentes tipos. Desde entradas para xornadas ou obradoiros gastronómicos, pasando por musicais, concertos ou espectáculos de acrobacias deportivas. Así, en Ataquilla realizouse a xestión en 2018 dos eventos ofrecidos, por exemplo, por Ara Malikian, Beatout, Bad Bunny, Rozalén, God save the Queen, Motocross Freestyle, 17.º Ribeira Sacra, Acustiquísimos —L.A. y Tulsa, Elefantes, Ángel Stanich y Depedro—, Luz Casal, Les Luthiers, Love of Lesbian, Nacho Vega, Carlos Núñez, Pablo López, Sergio Dalma, Luis Piedrahita, Dirty Dancing, El jovencito Frankenstein, MIT Ribadavia, Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas ou Rock en familia, entre moitos outros. En total, 1805 espectáculos xestionados que consolidan o liderado de Ataquilla en Galicia. Dinamización cultural Ademais da actividade propia que Afundación planifica ao longo do ano, os nosos espazos concíbense tamén como lugares abertos á sociedade nos que teñen cabida outro tipo de propostas de dinamización cultural. Deste modo, ao longo de 2018 desenvolveron evento nos nosos edificios, con acordos de cesión, numerosas entidades cuxo obxectivo esencial
se centra en promover o progreso sociocultural, o apoio a colectivos minoritarios ou en situación de vulnerabilidade, en definitiva, asociacións que se constrúen baixo o principio da solidariedade. Entre elas, podemos citar a Asociación Española contra o Cancro, Mans Unidas, AFACO, AEDIPE Galicia, Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol, UNICEF, Asociación Down Coruña, COGAMA, Asociación de Familiares de Alzhéimer, Instituto Terapéutico Galego, Fundación Menela, Asociación Querendo, AGAXEDE ou ASANOG, por mencionar unha breve mostra. Así mesmo, os espazos puxéronse tamén á disposición de diferentes entidades para o seu aluguer e posterior desenvolvemento dos eventos programados. O Consello da Cultura Galega, Consorcio Zona Franca de Vigo, CONXEMAR, Etiqueta Negra, Asociación de Amigos de la Ópera de Vigo, European Fisheries Control Agency, Premio da Crítica de Galicia, Asociación de Amigos de la Ópera de A Coruña, Promoconcert, Concerlírica, Alianza Francesa de Santiago, Colegio de Economistas de Ourense, Manarte Producciones, Rossini Centro de Enseñanza Musical, CSIC, UIMP, Tertulia Producción, Rockschool Center, UIMP, COFANO, Ageinco, MARINETEA, Alen Space o World Compliance Association son un exemplo das máis de 600 institucións que desenvolveron iniciativas nos nosos espazos Afundación en 2018.
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
INFORMACIÓN ECONÓMICA
No exercicio de 2018 Afundación continuou traballando de cara a garantir a súa sostibilidade económica, e a evolución do resultado de explotación nesta anualidade así o demostra. Cuadro 1: Balance de situación (miles de euros)
ACTIVO Activo non corrente 146.850 151.624 Inmobilizado intanxible Bens de patrimonio histórico Inmobilizado material Investimentos inmobiliarios Investimentos en entidades do grupo e asociadas a longo prazo Investimentos financeiros a longo prazo Activo corrente 73.027 76.150 Usuarios e outros debedores da actividade propia Debedores comerciais e outras contas a cobrar Invetimentos en entidades do grupo e asociadas a curto prazo Investimentos financeiros a curto prazo Periodificacións a curto prazo Efectivo e outros activos líquidos equivalentes
2018
2017
146.850
151.624
406
468
8.680
8.680
109.696
113.952
729
783
27.222
27.622
117
119
73.027
76.150
147
269
1.123
992
424
430
69.885
71.665
116
31
1.332
2.762
219.877
227.774
2018
2017
212.630
220.991
133
133
220.858
227.532
-8.361
-6.674
205
228
205
228
7.042
6.555
173
77
Débedas a curto prazo
1.172
1.203
Beneficiarios-Acredores
1.315
774
Acredores comerciais e outras contas a pagar
3.554
3.527
Total activo
PATRIMONIO NETO E PASIVO Patrimonio neto Dotación fundacional Reservas e outros Excedente do exercicio Pasivo non corrente Débedas a longo prazo Pasivo corrente Provisións a curto prazo
Periodificacións a curto prazo Total patrimonio neto e pasivo
828
974
219.877
227.774
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
O mecenado de ABANCA Corporación Bancaria, S.A. é fundamental para a sostibilidade de Afundación, así como para o incremento na intensidade, calidade e alcance das súas accións. A achega de ABANCA en 2018 ascendeu a 10,1 millóns de euros. Por outra parte, os ingresos por vendas e de actividade propia aumentaron nun 37 %, permitindo realizar máis propostas, novas dotacións en tecnoloxía e levar a cabo investimentos e melloras necesarias para preservar o importante patrimonio do que Afundación é propietaria.
O excedente da actividade foi un 23 % mellor do previsto, cumprindo os obxectivos de actividade e alcance planificados. Esta eficiencia na xestión permitiu absorber parte do efecto dos resultados financeiros derivados, principalmente, da variación razoable en instrumentos financeiros da carteira de investimentos, cuxo valor se espera recuperar, como xa está ocorrendo en 2019, a medida que se restableza a normalidade nos mercados financeiros.
Cadro 3: liquidación orzamentaria 2018 (miles de euros)
ESTADO DE LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO
Cadro 2: Cadro de resultados (miles de euros)
CONTA DE RESULTADOS
2018
2017
Ingresos da actividade propia
17.544
12.110
1.259
1.598
Axudas monetarias e outros
-957
-467
Aprovisionamentos
-488
-424,4
Outros ingresos da actividade
1036
955
Gastos de persoal
-8.997
-8.661
Outros gastos da actividade
-9.439
-8.545
Amortización do inmobilizado
-5.597
-5.912
87
379
Vendas e outros ingresos ordinarios da actividade mercantil
Exceso de provisións Deterioración e resultado por alleacións do inmobilizado Outros resultados Resultado de explotación Ingresos financeiros Gastos financeiros Variación de valor razoable en instrumentos financeiros Deterioración e resultado por alleacións de instrumentos financeiros
0
53
111
467
-5.441
-8.448
73
96
-59
-38
-3.087
244
153
1472
Resultado financeiro
-2.920
1.774
Resultado do exercicio
-8.361
-6.674
Ingresos de explotación Subvencións oficiais á explotación Prestacións de servizos e outros Achegas privadas, patrocinios e convenio de colaboración Rendas patrimoniais Outros ingresos de xestión Gastos de explotación Aprovisionamentos e outros gastos de explotación Gastos de persoal e outros Dotacións para amortizacións Excedente da actividade Resultados financeiros positivos (negativos) Excedente negativo do exercicio
Real 2018
Pto. 2018
Dif
20.075
18.738
1.337
2.076
2.044
32
1.259
1.103
156
10.100
10.122
-22
979
769
210
5.661
4.700
961
-25.516
-25.766
250
-10.922
-10.919
-3
-8.997
-9.132
135
-5.597
-5.715
118
-5.441
-7.028
1.587
-2.920
1.260
-4.180
-8.361
-5.768
-2.593
menú navegable
EDUCACIÓN | ENVELLECEMENTO ACTIVO | CULTURA | VOLUNTARIADO | OUTRAS INICIATIVAS | DATOS ECONÓMICOS
En 2018, Afundación empregou recursos nas súas actividades por importe de 30,25 millóns de euros, dos cales o 81 % se destinaron a actividades fundacionais. O reparto por áreas de actuación principais foi o que se recolle no gráfico 1.
3% 17 %
34 %
46 %
Educación superior e coñecemento Envellecemento activo e acción social Cultura Outras actividades fundacionais
Sementamos futuro para unha sociedade máis informada, crítica e solidaria Somos a Obra Social galega, somos a Obra Social de ABANCA
Textos e imágenes, edición, diseño, producción y coordinación: Afundación Depósito legal: C 1772-2019 © Afundación, 2019
afundacion.org