MEMORIA GRÁFICA DA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA
Van a deixar a patria...! Forzoso, mais supremo sacrificio. A miseria está negra en torno deles, ai! i adiante está o abismo! Pra Habana! «As viudas dos vivos e as viudas dos mortos» Follas Novas Rosalía de Castro
A través das fotografías —algunhas emblemáticas e de gran interese histórico— recollidas nesta «Memoria gráfica da emigración española», proxecto da Dirección Xeral de Migracións. Ministerio de Emprego e Seguridade Social, móstranse tanto a emigración tradicional coma a máis recente, enmarcadas en diversos ámbitos. Aínda que toda escolma implica unha redución da realidade, esta mostra escolle tres eixes para contar o relato da emigración española: a viaxe, o traballo e o tecido social e a vida cotiá.
España é un «país de emigración». O seu nacemento mesmo como estado coincide no tempo (1492) coa chegada de Colón e as súas naves a América e co inicio de tres séculos de emigración de españois ás colonias do centro e sur do continente. Os traballos de investigación cifran en varios millóns o número de españois que ao longo dos séculos se viron na obriga de seguiren os camiños do mar. Durante a segunda metade do XIX a emigración transoceánica incrementouse de maneira notable. Países
PACHECO: Despedida de emigrantes no porto de Vigo, cara a 1915
Os galegos sabemos arranxar os papeis e pedir unha pasaxe de terceira; sabemos agacharnos nas bodegas dun trasatlántico cando non temos diñeiro; sabemos pillar estradas cun fatelo ao lombo ou empurrando a roda de amolar; sabemos abrir fronteiras pechadas; sabemos, en fin, canto debe saber un bo camiñante, aínda que a viaxe sexa a primeira da nosa vida. Castelao, Sempre en Galiza, 1944
con capacidade exportadora e escasa man de obra (Brasil, Uruguai e Arxentina) atraeron a vaga de emigrantes. A Arxentina foi a que mellor soubo utilizar a propaganda e a que recibiu o maior número de persoas, mais o proceso de crecemento económico e diversas convulsións de orde
política levounas tamén a Cuba, Venezuela e México, entre outros, como mostran as cifras de embarque da época nos portos galegos ou canarios. Máis tarde desenvolveuse unha nova vaga migratoria, esta vez dirixida sobre todo a Europa: Suíza, Francia, Bélxica ou Alemaña.
ANÓNIMO: Equipo de fútbol do Centro Asturiano de México, cara a 1940 (Arquivo de Indianos, Colombres)
Cando deixes as costas da nosa terra nin lus nin poesía quedará nela. Cando vaias vaise contigo o ánxel da miña garda. Pombiña mensaxeira de branca pruma, fálalle ós emigrados da patria súa. Dilles, mimosa, que deles apartada Galicia chora. M. Curros Enriquez, Un adiós a Mariquiña, 1886
Homes e mulleres, mozas e mozos, maiores e pequenos, establecéronse en países cunha cultura e uns costumes descoñecidos e, en ocasións, hostís.
rante, a globalización da economía ou os efectos do cambio climático multiplicaron os desprazamentos dos seres humanos por todos os recantos do planeta.
Hoxe, factores coma a celeridade das comunicacións, a facilidade para viaxar, o intercambio educativo, a conciencia coope-
Así, agora conviven no exterior as novas persoas desprazadas coas descendentes daquelas que saíron de España no pasado.
Manuel FERROL: Pai e fillo despiden un familiar que emigra, porto da Coruña, 1957 (Arquivo Patricia Ferrol)
Depósito Legal: C 144-2016
Ángel BLANCO: Equipaxes para A Habana, porto da Coruña, 1925 (Arquivo Blanco)
Estamos en Spotify! Escoita, colabora e comparte a playlist da mostra. A túa opinión conta! afundacion.org