Tempada abonos Teatro Vigo, xaneiro-xuño 2018

Page 1

TEMPADA ABONOS DE TEATRO

VIGO xaneiro - xuño 2018



TEMPADA ABONOS DE TEATRO

VIGO xaneiro - xuño 2018


Dos más dos de Daniel Cúparo e Juan Vera 26 de xaneiro | 20.30 h Duración: 1 h 30 min | Castelán nrm 16 anos

DIRECCIÓN David Serrano e Maite Pérez ADAPTACIÓN Olga Iglesias, Maite Pérez e David Serrano ELENCO María Castro, Daniel Guzmán, Miren Ibarguren e Álex Barahona PRODUCIÓN Pentación Espectáculos

Adrián e Julieta, Tomás e Silvia, son dúas parellas de amigos de toda a vida que ao se achegaren aos corenta xa teñen conseguido éxito profesional e persoal, ou ao menos iso parece. Unha noite, Tomás e Silvia cóntanlles aos outros dous que practican o intercambio de parellas e que lles encantaría compartir esa práctica con eles. O que parece unha confesión inocente, acaba desasosegando por completo o matrimonio, xa que os obriga a facer fronte á falta de paixón en que viven somerxidos desde hai anos.


Tristana de Benito Pérez Galdós 9 de febreiro | 20.30 h Duración: 1 h 30 min | Castelán nrm 18 anos

DIRECCIÓN Alberto Castrillo-Ferrer ADAPTACIÓN Eduardo Galán coa colaboración de Sandra García ELENCO Olivia Molina, Alejandro Arestegui, Diana Palazón e José Luis Ferrer PRODUCIÓN Secuencia 3

Tristana soña con estudar, traballar e ser libre nun mundo dominado polo home. Únese así á explosión de protagonistas femininas que a finais do século XIX claman pola independencia da muller. Galdós funde na personaxe de Tristana as súas experiencias amorosas coa actriz Concepción Ruth Morell e coa novelista Emilia Pardo Bazán. Fronte a ela, coma nun triángulo imposible, o sedutor caduco don Lope e o pintor novo Horacio, incapaces de respectaren os seus desexos de aprendizaxe e emancipación.


Después del ensayo de Ingmar Bergman 8 de marzo | 20.30 h Duración: 1 h 20 min | Castelán nrm 18 anos

DIRECCIÓN Juan José Afonso ELENCO Chusa Barbero, Emilio Gutiérrez Caba e Rocío Peláez VERSIÓN E ADAPTACIÓN Joaquín Hinojosa PRODUCIÓN Iraya Producciones e Grey Garden

Esta é a obra, o testamento como home de teatro, dun Bergman xa maduro, que se autoanaliza de forma implacable, sincera e atormentada… É tamén a demostración da existencia de comportamentos humanos desequilibrados que se repiten e que son imposibles de soportar ou perdoar, aínda que se intente desde o amor. En Después del ensayo, Bergman fálanos da traxedia do desamor, da asunción da soidade e da derrota das crenzas ante o paso da vida.


Raclette de Santiago Cortegoso 5 de abril | 20.30 h Duración: 1 h 15 min | Galego nrm 15 anos

DIRECCIÓN Santiago Cortegoso ELENCO Toni Salgado, Deborah Vukusic, Marián Bañobre, Iria Sobrado e Salvador del Río IMAXE Diego Seixo PRODUCIÓN Ibuprofeno Teatro

Nunha cea con raclette, cinco personaxes cóntannos unha historia terrible que toca temas universais coma a morte, a relación de parella, a maternidade, a cobiza, a culpa e a violencia. A peza, amplamente recoñecida pola crítica, amosa un complexo mosaico humano onde as distintas visións do mundo son incompatibles. O realismo é a base da posta en escena, onde o público senta tamén no escenario e recende os pratos que se están a cear.


Una habitación propia de Virginia Woolf 2 de maio | 20.30 h Duración: 1 h 10 min | Castelán nrm 16 anos

VERSIÓN E DIRECCIÓN María Ruiz ELENCO Clara Sanchís PRODUCIÓN Clara Sanchís DISTRIBUCIÓN Salbi Senante

Peza baseada no famoso ensaio sobre literatura e mulleres de Virginia Woolf, publicado en 1928. Tan famoso como polémico, case un século máis tarde, o libro segue a ser un mito do feminismo. Nel céntrase esta versión teatral onde unha escritora dá unha conferencia perante unhas estudantes. As súas palabras, irónicas e afiadas, son o relato vivo dunha descuberta: «Para dedicarse á literatura, unha muller precisa cartos e unha habitación propia».


Universos paralelos de David Lindsay-Abaire 11 de maio | 20.30 h Duración: 1 h 50 min | Castelán nrm 17 anos

VERSIÓN E DIRECCIÓN David Serrano ELENCO Malena Alterio, Carmen Balagué, Belén Cuesta, Itzan Escamilla e Juan Carlos Vellido PRODUCIÓN Producciones Teatrales Contemporáneas

Patricia e Alberto, un matrimonio acomodado, intentan reconducir as súas vidas tras a morte do seu fillo pequeno. Hai tan só oito meses eran unha familia feliz: agora atópanse inmersos nun labirinto de recordos e culpabilidades dos que lles resulta case imposible saír. Mais lonxe de se renderen, os dous loitarán con todas as súas forzas para dar cun camiño de volta ao equilibrio. Unha fermosa e emocionante historia sobre como os membros dunha familia se enfrontan á perda e á dor.


El funeral de Manuel M. Velasco 9 de xuño | 20.30 h Duración: 1 h 40 min | Castelán nrm 16 anos

DIRECCIÓN Manuel M. Velasco ELENCO Concha Velasco, Antonio Resines... PRODUCIÓN Pentación Espectáculos

Lucrecia Conti, a actriz máis importante do cinema, o teatro e a televisión de España, finou. Asistimos ao gran velorio que o Ministerio de Cultura organiza na súa honra nun teatro para que o público poida despedirse da súa admirada estrela. As súas netas Ainhoa e Mayte poñen orde, porque as mostras de cariño son inmensas. Tamén aparece Miguel, un curmán afastado do que non se sabe ben o parentesco real. Todo muda cando os asistentes quedan pechados no teatro porque a pantasma de Lucrecia fai acto de presenza para despedirse ao grande.


INFORMACIÓN TEMPADA DE ABONO VIGO Venda da tempada completa ou da 1ª parte, do 16 de decembro de 2017 ao 11 de xaneiro de 2018. Días 14 e 15 de decembro só para persoas aboadas á tempada anterior. Venda da 2ª parte, do 14 ao 25 de marzo de 2018. Días 12 e 13 de marzo só para persoas aboadas á 1ª parte. OBRAS 1ª parte Dos más dos (venres 26 de xaneiro) Tristana (venres 9 de febreiro) Después del ensayo (xoves 8 de marzo) 2ª parte Raclette (xoves 5 de abril) Una habitación propia (mércores 2 de maio) Universos paralelos (venres 11 de maio) El funeral (sábado 9 de xuño)

TEMPADA COMPLETA

BUTACA 120,80 €

ANF. 1 109,60 €

ANF. 2 98,40 €

ANF. 3 80,80 €

1ª PARTE

BUTACA 55,20 €

ANF. 1 50,40 €

ANF. 2 45,60 €

ANF. 3 38,40 €

2ª PARTE

BUTACA 65,60 €

ANF. 1 59,20 €

ANF. 2 52,80 €

ANF. 3 42,40 €

Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete.* Outras bonificacións e descontos xerais: • Persoas mozas: carné xove • Maiores de 65: carné de xubilación • Persoas desempregadas: carné correspondente Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono. * Gastos de xestión á parte.

Axúdanos a conservar o medio ambiente gardando este folleto ata a fin da tempada. A programación pode sufrir cambios e as duracións das obras son aproximadas.

902 504 500


A túa opinión conta! afundacion.org

O papel deste folleto é 100 % reciclado e foi producido baixo unha xestión forestal responsable. Depósito legal: C 1971-2017

Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13 986 120 078


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.