TEMPADA ABONOS DE TEATRO VIGO / PONTEVEDRA setembro - decembro 2016
Los vecinos de arriba de Cesc Gay Vigo 22 de setembro | 20.30 h Duración: 1 h 30 min nrm 18 anos
DIRECCIÓN Cesc Gay ELENCO Candela Peña, Pilar Castro, Xavi Mira e Andrew Tarbet ESCENOGRAFÍA Alejandro Andújar ILUMINACIÓN Carlos Lucena
Ana e Julio convidan a cear a Gloria e Brian. A medida que pasa a noite, van descubrindo as tendencias sexuais dos seus veciños e comezan a reflexionar sobre a súa propia relación, chea de reproches e de monotonía. Así, a cousa enléase ata que rematan cun enfrontamento entre os catro, que os leva a tomaren decisións definitivas... Cesc Gay reflexiona nesta comedia sobre a convivencia, a valentía, o sexo, o amor e a aparencia cun texto áxil, cargado de ironía e humor.
Gibraltareña de Juan Luis Iborra Vigo 5 de outubro | 20.30 h / Pontevedra 6 de outubro | 20.30 h Duración: 1 h 15 min nrm 18 anos
DIRECCIÓN Juan Luis Iborra ELENCO Elisa Matilla ESCENOGRAFÍA Asier Sancho ILUMINACIÓN Juanjo Llorens
Gibraltareña é unha muller tenra, afouta, xenerosa e divertida, que se dedica á prostitución no difícil Xibraltar dos anos setenta, cando o valo, que permanecía pechado, separaba moitas familias. A venda do seu corpo non lle carrexa ningún prexuízo moral, sente que cada servizo é máis ca un acto sexual, é un acto de amor, por iso lle ten paixón ao oficio máis antigo do mundo. É respectada por todos e iso lévaa a se sentir importante e a encherse de confianza.
El pequeño poni de Paco Bezerra Vigo 20 de outubro | 20.30 h / Pontevedra 21 de outubro | 20.30 h Duración: 1 h 20 min nrm 9 anos
DIRECCIÓN Luis Duque ELENCO María Adánez, Roberto Enríquez PRODUCIÓN Celestino Aranda ESCENOGRAFÍA Mónica Boromello
A obra, baseada nun caso de acoso escolar acontecido nos Estados Unidos en 2014, reflexiona sobre a ineptitude e os prexuízos dos adultos, e sobre o medo e a liberdade. A Grayson, de 9 anos, tras sufrir varios ataques no seu centro escolar, élle prohibida a entrada ao mesmo, alegando que levar á clase unha mochila de O meu pequeno poni, os seus debuxos animados favoritos, é «detonante de acoso». Esta é a decisión tomada pola dirección do colexio, disque como estratexia para acabar co problema.
Milagro en casa de los López de Miguel Mihura Vigo 18 de novembro | 20.30 h / Pontevedra 19 de novembro | 20.30 h Duración: 1 h 30 min nrm 18 anos
VERSIÓN E DIRECCIÓN Manuel Gancedo ELENCO Nuria González, Nacho Guerreros, Juan Antonio Molina, Elisa Lledó, Ana Mayo, Nacho del Valle ILUMINACIÓN Eduardo Vizuete ESCENOGRAFÍA Dharma
Mercedes e Jerónimo, un matrimonio acomodado, viven encerrados nunha mansión desde hai dez anos cos seus criados Teresa e Jacinto. Malia que esta situación foi escollida voluntariamente, están aburridos de tanta monotonía e desexan que algo excitante ocorra, como ter xente hospedada na casa! Un misterioso taxista leva unha moza á mansión. Ela acaba de chegar á cidade e ten o enderezo e os datos persoais dos protagonistas escritos nun papel... Este é o detonante dunha das máis divertidas e surrealistas comedias de Miguel Mihura.
Héroes de Gérald Sibleyras Vigo 18 de decembro | 19.30 h Duración: 1 h 30 min nrm 15 anos
DIRECCIÓN Tamzin Townsend ELENCO Juan Gea, Iñaki Miramón e Luis Varela ILUMINACIÓN Felipe Ramos ESCENOGRAFÍA Ricardo Sánchez Cuerda
Henri ten unha perna eivada, Gustave agorafobia e Philippe sofre desmaios ocasionados por un cacho de metralla aloxado no seu cerebro. Son tres veteranos de guerra que pasan os seus últimos días nun hospital militar ensarillados en batallas verbais de esquecidas campañas e reflexionando sobre as súas vidas. A súa camaradería vólvese tensa cando Gustave propón un plan de fuxida... Hilarante e conmovedora obra de Gérald Sibleyras, escollida Mellor Comedia 2006 polo Lawrence Olivier de Londres.
INFORMACIÓN TEMPADA DE ABONO VIGO Venda da tempada do 21 de xullo ao 9 de setembro de 2016 OBRAS Los vecinos de arriba (22 de setembro) Gibraltareña (5 de outubro) El pequeño poni (20 de outubro) Milagro en casa de los López (18 de novembro) Héroes (18 de decembro) BUTACA 86,40 €
ANF. 1 78,40 €
ANF. 2 70,40 €
ANF. 3 58,40 €
INFORMACIÓN TEMPADA DE ABONO PONTEVEDRA Venda da tempada do 21 de xullo ao 9 de setembro de 2016 OBRAS Gibraltareña (6 de outubro) El pequeño poni (21 de outubro) Milagro en casa de los López (19 de novembro) ZONA A 49,60 €
ZONA B 43,20 €
Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete
Outras bonificacións e descontos xerais: Persoas mozas: carné xove Maiores de 65: carné de xubilación Persoas desempregadas: carné correspondente Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono
902 504 500
Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13 986 120 078
A túa opinión conta! afundacion.org
O papel deste folleto é 100 % reciclado e foi producido baixo unha xestión forestal responsable. Depósito legal: C 1186-2016
Sede Afundación Pontevedra Augusto González Besada, 2 - 4 986 100 404