Tempada de abonos Teatro Vigo xaneiro - xu単o 2016 afundacion.org
REVIVE O TEATRO!
Tempada de abonos Teatro Vigo xaneiro - xu単o 2016 afundacion.org
La buena gente de David Lindsay- Abaire 23 de xaneiro | 20.30 h
VERSIÓN E DIRECCIÓN David Serrano ELENCO Verónica Forqué, Juan Fernández, Pilar Castro, Susi Sánchez, Diego París ESCENOGRAFÍA Ricardo Martín Cuerda ILUMINACIÓN Felipe Ramos
Na vida real a boa xente non vive en mansións de luxo, non conduce un deportivo, e cada mes ten que facer números para pagar as facturas. Na vida de Margarita, unha muller de case sesenta anos, nai solteira dunha moza discapacitada de corenta, os únicos bos momentos son os que pasa no bingo coas amigas, a onde nin sequera sabe se vai poder seguir indo porque acaba de ser despedida. Mais todo pode cambiar nun segundo, e Margarita atópase de novo con Raúl, o amor da súa adolescencia, que vive nunha mansión de luxo e conduce un deportivo.
Cosas de papá y mamá de Alfonso Paso 11 de febreiro | 20.30 h
DIRECCIÓN José Manuel Pardo ELENCO María Luisa Merlo, Marta Valverde, Naim Thomas, Juan Meseguer y Alberto Delgado ESCENOGRAFÍA Telón Corto S. L. ILUMINACIÓN Jorge Abad
Dous viúvos coñécense na consulta dun médico ao que asistiron afectados por un montón de enfermidades que en realidade non teñen, mais que a súa terrible soidade e tristeza lles fai padecer. Na consulta namóranse e comezan un bonito romance ao cal se opoñen rotundamente o fillo del e a filla dela. O médico convértese no aliado destes dous doces personaxes, facéndolle ver ao espectador o importante que a compañía e o cariño son a calquera idade.
Tricicle Bits 18 de marzo (abono) | 20.30 - 19 de marzo | 18.00 e 20.30 h
GUIÓN E DIRECCIÓN Tricicle ELENCO Carles Sans, Joan Gràcia e Paco Mir ILUMINACIÓN Luis Martí ESCENOGRAFÍA Paula Bosch
Os bits son as unidades mínimas de información binaria que alimentan o mundo dixital. Tricicle son bits, e coma bits, nun milimilimilimilisegundo pasan dun sketch a outro á velocidade dun clic de rato virtual, saltan de tema, de decorado, de personaxes, de gafas, de sexo, e incluso recuperan a vellos coñecidos para facérense unha auto-homenaxe; iso si, sempre polo ben do espectáculo e buscando a maior taxa de Densidade de Gags por Minuto Posible dgmp. Bits é, segundo Joan Gràcia, Paco Mir e Carles Sans, un espectáculo dixital en código de gags trinario.
Palabras malditas de Eduardo Alonso 1 de abril | 20.30 h
DIRECCIÓN Eduardo Alonso ELENCO Miquel Insua, Sara Casasnovas, Luma Gómez COMPOSICIÓN MUSICAL Fernando Alonso ESCENOGRAFÍA Paco Conesa
Clara Campos, unha renomeada poetisa, regresa a España para recibir un importante premio das letras. Á súa chegada confesa nunha entrevista o seu gran segredo: unha parte da súa poesía, a publicada baixo o pseudónimo de Vicente Rincón, é en realidade de Vicente Rincón, un poeta descoñecido e represaliado nos anos máis escuros da posguerra española. Naqueles tempos complicados o seu salón era un fervedoiro de cultura e creatividade. Mais un día Vicente foi detido e Clara fuxiu a México levando consigo as poesías de Vicente, que iría publicando ao longo dos anos.
Nuestras mujeres de Eric Assous 27 de abril | 20.30 h
DIRECCIÓN Gabriel Olivares ELENCO Gabino Diego, Antonio Garrido, Antonio Hortelano ESCENOGRAFÍA Anna Tusell ILUMINACIÓN Carlos Alzueta
Tres vellos amigos quedan para xogar a partida de cartas habitual, sen embargo un deles atrásase inexplicablemente. Ten unha razón de peso: asasinou a súa muller. Temas universais coma o valor da amizade, o deber, a idea de xustiza e, por enriba de todo, a loita entre o correcto e o incorrecto. A mentira, o machismo, a permisividade, a manipulación... Un conflito que pon a proba a Max, Paul e Simón nunha noite que pode supor a ruína dos tres, unha reflexión profunda que se presenta de maneira sutil, case irónica, ao estilo do vodevil francés.
Páncreas de Patxo Tellería 4 de maio | 20.30 h
DIRECCIÓN Juan Carlos Rubio ELENCO Fernando Cayo, Alfonso Lara, Santiago Ramos ESCENOGRAFÍA José Luis Raymond ILUMINACIÓN José Manuel Guerra
Tres amigos: o primeiro precisa urxentemente un transplante de páncreas; o segundo ten previsto suicidarse nun futuro non moi afastado para esquivar a decrepitude e a vellez; o terceiro xúntaos para propoñerlle ao segundo que se suicide canto antes para que lle doe ao primeiro o seu páncreas. A partir dese momento os acontecementos precipítanse, obedecendo un axioma da física moderna: todo o que pode suceder, por estraño que pareza, acabará por suceder máis tarde ou máis cedo.
Atchúusss!!! de Antón Chéjov 2 de xuño | 20.30 h
VERSIÓN Enric Benavent e Carles Alfaro DIRECCIÓN Carles Alfaro ELENCO Adriana Ozores, Malena Alterio, Fernando Tejero, Ernesto Alterio, Enric Benavent VESTIARIO María Araújo
Trátase de cinco escenas enmarcadas a modo de diálogo de dúas vellas pantasmas do teatro que recordan outros tempos gloriosos. Cinco escenas de cinco protagonistas que ata entón só serviran de fondo doutros personaxes moito máis poderosos; cada un deles coas súas mesquindades, os seus heroísmos, as súas covardías, avaricias e ansiedades, as súas enfermidades e ilusións, as súas ridiculeces, pequenas ousadías e grandes arrepentimentos. E non en bloque, senón un a un, como sen dúbida merecían; é dicir, nos merecemos. Deles (e de nós) trata esta obra.
INFORMACIÓN TEMPADA DE ABONO Venda da tempada completa ou da 1ª parte, do 22 de decembro de 2015 ao 15 de xaneiro de 2016. Venda da 2ª parte, do 4 ao 18 de abril 2016. Días 4 e 5 de marzo só para aboados da 1ª parte.
OBRAS
1ª PARTE 2ª PARTE
La buena gente (23 de xaneiro) Cosas de papá y mamá (11 de febreiro) Tricicle. Bits (18 de marzo) Palabras malditas (1 de abril) Nuestras mujeres (27 de abril) Páncreas (4 de maio) Atchúusss!!! (2 de xuño)
TEMPADA COMPLETA
BUTACA 129,60 €
ANF. 1 116,00 €
ANF. 2 102,40 €
ANF. 3 83,20 €
1ª PARTE
BUTACA 75,20 €
ANF. 1 66,40 €
ANF. 2 57,60 €
ANF. 3 45,60 €
2ª PARTE
BUTACA 54,40 €
ANF. 1 49,60 €
ANF. 2 44,80 €
ANF. 3 37,60 €
Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete
902 504 500 Tamén podes consultar a nosa política de bonificacións e descontos xerais
DESCONTOS COLECTIVOS Persoas mozas: carné xove Maiores de 65: carné de xubilado Persoas desempregadas: carné correspondente Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono
A túa opinión conta! afundacion.org
O papel deste folleto é 100 % reciclado e foi producido baixo unha xestión forestal responsable. Depósito Legal: C 2268-2015
Teatro Afundación Policarpo Sanz, 13 986 120 078 afundacion.org