na procura de microbios 2

Page 1

Á Procura de Microbios

Rexistro das observacións.

1. Descrición do cultivo en caldo nutritivo: a. Mostra recollida de o tubo de escape de un coche en repouso durante horas para que non incidise a calor na mostra. b. Incubado a +-20 ºC durante 48 hrs(este período temporal seria o adecuado , neste caso as mostras microbianas recollidas nun caldo , non foron tratadas con tempo adecuado o que causou un posible deterioro da mostra ) c. Presenza de turbidez: Si / Non

Homoxénea:

d. Presenza de floculacións: Si / Non e. Presenza de sedimentos/posos: Si / Non f.

Presenza de película superficial: Si / Non

g. Cambiou a cor do medio? Si / Non. En caso afirmativo: Cor do medio logo da incubación: ____________________________________________


2. Descrición das colonias sobre Agar Nutritivo. (Usa unha liña para cada morfoloxía diferente) Descrición morfolóxica das colonias recollidas do contorno Mostra: Mostra microbiana outorgada por Carlos o dia 29/10/2012

Diámetr o

Incubación 37 ºC 24/48 hrs Na mostra obtida pódense diferenciar dende unha zona no comezo da creación da estría , na que a mostra e inferior a metade dun milímetro con cepas puntiformes , que alteranan a cantidade e o tamaño a medida que se separan as estrías da mostra , creando pequenos núcleos de cepas ou cepas illadas dun máximo de un milímetro de tamaño, sendo deste , o tamaño superior das cepas mais illadas ou solitarias no agar, que o manterse separadas puideron desarrollarse mellor.

Aparenc ia

A mostra microbiana obtida , posúe una aparencia circular , entre semiesponxosa e cerosa , na que se aprecia a simple vista que posúe releve, asemellando pequenos semicircunferencias que se distribúen na placa dende unha zona repleta de pequenas cepas , a múltiples cepas illadas ou semi-illadas que mostran un maior crecemento evidenciando a circularidade do microorganismo.

Bordo

Observase que este microorganismo posúe un bordo liso ou enteiro que delimita perfectamente esa forma circular tan esaxerada que comentamos na aparencia do cultivo .

Elevació n

A simple vista pódese notar que as mostras de maior e medio tamaño posúen elevación , mostrando certa curvidez de fácil recoñecemento denotando quizais unha forma pulvinada , e incluso as pequenas formas atopadas nas partes mais densas do cultivo asemellan ter un baixo releve que asemella , inda que de pequeno tamaño , elevacións convexas nas cepas.

Cor

Os microorganismos que aparecen no cultivo amosan certa cor blanquecina ou


beixe , cun certo brillo quizais semellante a cera . Número

A mostra parece ben lograda deixando un numero amplo no comezo da estriación de microorganismos pequenos e moi cercanos que quizais se a mostra posuíse diversidade microbiana esaxerada dificultaría a diferenciación do cultivo , pero no resto do cultivo, en gran parte da placa diferéncianse entre 75 e 150 microorganismos mais illados , de maior tamaño , e polo tanto óptimos para un cultivo puro, xa que non son un numero esaxerado que dificulte o illamento, pero tampouco un déficit de seres que poidan dificultar a duplicidade do microorganismo.


Cuestións: 1. Ante un tubo con medio líquido, ¿en que condicións podes dicir que hai crecemento bacteriano? En condiciones de turbidez , floculacións , sedimentos o posos, biopelicula,cando a mostra inicial varia de forma visible ou sensible, dando a entender que nas condicións nas que se atopa de asépsis en un medio de cultivo que facilita o crecemento de certos microorganismos houbo algún tipo de modificación dando lugar a hipótese probable de desarrollo de seres vivos. 2. ¿Cal e o número mínimo de bacterias diferentes que hai na placa que menos bacterias ten? ¿Por que o sabes? O numero mínimo de bacterias que podes atopar nunha placa sempre serán 0 xa que si a mostra microbiana non produce crecemento pode ser por utilizar un medio de cultivo no que , no caso de existir microorganismos , non sexa o medio adecuado para o seu desenvolvemento.Inda que por outra banda,ou cometer un fallo na localización da mostra estando esta por condicións especificas estéril , pouco probable pero posible tendo en conta altas temperaturas , zonas recen desinfectadas con produtos químicos , … .No caso de conseguir unha boa practica e unha transferencia adecuada que produza microorganismos , o mínimo podería ser un tipo de microorganismos nun numero de indeterminado de eles xa que non se sabe con certeza o tipo de microorganismo que poderiamos ter na recollida de mostras e tampouco o porcentaxe en tempo que este microorganismo neste medio de cultivo posúe para a aproximación de calculo de duplicidades, así pois vería dado pola porcentaxe derivada entre tempo e duplicidade que podería ter ese microorganismo determinado. 3. ¿Pensas que creceron sobre o agar nutritivo tódolos microorganismos presentes na zona de recollida da mostra? Razoa brevemente. Como comentaba na pregunta anterior, hai microorganismos que non se poden desenrolar nun medio especifico de cultivo, se este medio non lles aporta as necesidades básicas nas que este microorganismo consegue vivir , alimentarse e multiplicarse. Extremizando a resposta , nun medio de cultivo de aporte alimenticio básico , como seria para microorganismo que podes atopar en calquera sitio nas condicións de temperatura , humidade e hixiene habituais, non aportaría por exemplo alimento nin condicións adecuadas a microorganismos que normalmente viven nas zonas abisais, ou na periferia dunha boca dun volcán , etc… Entón sabemos e determinamos que non todos os microorganismos da mostra non teñen porque medrar ou subsistir neste medio de cultivo xa que o descoñecer a simple vista a diversidade dos microorganismos existentes na zona, pódese dar que estes non poidan subsistir nas condiciones do cultivo.


4. ¿Qué avantaxe presenta o crecemento sobre medios sólidos fronte os líquidos? Tendo en conta a visualización nun medio sólido mais concreta na diferenciación das colonias , na posibilidade de illamento, e a nula posibilidade, e a complexidade de illamento nun caldo por a súa consecuente turbidez e mezcla dos pequenos seres que neste ámbito manexamos, o medio sólido ofrece mellores condicións ademais no desenvolvemento do cultivo , e por outra banda analizando a pregunta dende o punto de vista cauto , o medio de cultivo sólido tamén ofrece melloras nos casos de desprenderse nun inesperado accidente e verter parte do contido . o agar fronte o caldo posúe tanto comodidade engadida como precaucións ante derrames inesperados que atenten contra a saúde no entorno . 5. ¿Cal é a importancia da técnica aséptica? As principais importancias da técnica aséptica e manter nun estado inalterado a mostra de microorganismos , eliminando factores externos para así poder diferenciar o mais adecuadamente as características do estudio e da obtención de cultivos puros, como manter a precaución debida contra a contaminación ante a saúde persoal ou no entorno. 6. ¿Que aportan as placas Petri á microbioloxía? Grazas a creazion das placas Petri ,creadas por Richard petri quen lle da o nome , conséguese prescindir dos antigos materiais mais pesados e de menor facilidade para a manipulación e estudio que otorgaban a asépsis necesaria no pasado , contando cun material que consegue contar coas capacidades asépticas e con melloras nas condiciones de peso , de dimensións e por conseguinte de manipulación , sendo menos pesadas e fáciles de manipular, así como permitir a simple vista , debido a súa transparencia , visualizar posibles faios ou logros da mostra.Que no dia a dia no traballo en laboratorio conseguen un porcentaxe menor de posibles accidentes na asépsis, grazas as vantaxes xa comentadas.  Ademais do indicado na resposta 4, as Placas Petri permiten ter cultivos bacterianos de forma moi sinxela cuns medios materiais baratos, facilitando o control de posibles contaminacións.  Permiten a realización de múltiples probas sobre a superficie do agar cun campo de traballo de traballo amplo.  Permiten unha identificación preliminar basada nas características das colonias (morfoloxía, cor, … . )


 Aplicando técnicas de dilución pódese cuantificar o número de unidades formadoras de colonias.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.