Santiago e Comarca w xullo 2010 Número 148 Precio: 0,90 €
Hostelería Compostela quere que a nova Lei de Turismo aposte pola autorregulación do sector
>> Hostelería Compostela participa na campaña “Restaurantes contra a fame”. Páx. 19 >> Medra ata o 76% a ocupación hoteleira na cidade no mes de xuño. Páx. 22
A
>> A Xunta inviste 400.000 euros este ano en promover o turismo de reunións. Páx. 24 >> Os hostaleiros piden ao Goberno un estudo económico do impacto da prohibición total de fumar. Páx. 25 >> O director do CGAC, o portugués Miguel von Hafe, expón a súa visión de Compostela. Páx. 32
Dous establecementos asociados gañan os primeiros premios de Santiago(é)Tapas
P
C
asado o ecuador do Ano Santo, o conselleiro de Cultura e Turismo amósase satisfeito co rumbo do Xacobeo e aspira a superar as previsións iniciais de oito millóns de turistas. Roberto Varela critica a pouca implicación do Goberno do Estado na celebración do Ano Santo e márcase como obxectivo consolidar Galicia como destino tamén no 2011. Analizamos con el a modificación da Lei de Turismo e o futuro da Cidade da Cultura, e preguntámoslle pola súa postura fronte a prohibición total de fumar nos locais de hostalería. Páx. 4 a 7
Foto: Santi Alvite
Roberto Varela: “Aspiramos a superar o noso obxectivo de oito millóns de viaxeiros”
Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo.
oncluíu a terceira edición de Santiago(é)Tapas, un evento que se consolida xa como unha cita de referencia a nivel nacional. Durante 24 días, degustáronse máis de 35.000 tapas nos 56 establecementos participantes, que ofertaron 109 creacións distintas. O restaurante Calderón conseguiu o “Premio Estrella Galicia á Mellor Tapa” polo seu “xurelo afumado”, mentres que a tapa preferida polo público foi a “hamburguesa de xoubiña” da tapería Castelao. Os dous son establecementos asociados a Entrega do premio ao restaurante Calderón. Hostelería Compostela Páx. 16 e 17
Foto: Santi Alvite
Foto: Santi Alvite
Asociación Hostelería Compostela vén de presentar 29 alegacións ao anteproxecto modificado da nova Lei de Turismo de Galicia, en nome e representación de Cehosga. As alegacións recollen algunhas das principais demandas do sector de cara á mellora do marco legal do turismo, no camiño de potenciar a autorregulación responsable, cunha maior participación das propias asociacións do sector na regulación dos asuntos que lles afectan. Entrevistamos a catro socios e socias de Hostelería Compostela para que opinen sobre os Turistas en Santiago de Compostela. cambios previstos nesta reforma. Páx. 9 a 13