Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 187 | xullo-agosto 2019
REPENSANDO O NOSO TURISMO A investigación da Rede Galabra da USC dá as claves para mellorar o sector
O noso labor ĂŠ o de aglutinar aos profesionais da HostalarĂa de Santiago de Compostela e comarca.
a sĂłc i ate
www.santiagohosteleria.net
PÁXINA 4
[Entrevista] E l í a s J . To r r e s , E m i l i o Carral e Marisa del Río, responsables de ‘ A C i d a d e , o C a m i ñ o e n ó s’
[Actualidade] — Cambios na política turística local — Continúan as excursións gratuítas a Noia — Renovamos convenio co Banco Sabadell — Éxito do xantar popular na Festa do Banquete — Vantaxes para socios na xestión de PÁXINA 9
protección de datos
[EDITORIAL] Estes días a Zona Vella compostelá comeza a estar ateigada de xente. Estamos en plena tempada alta e os turistas, peregrinos e excursionistas enchen fundamentalmente a Catedral e as rúas que a rodean para ver de xeito rápido a nosa cidade e continuar o seu camiño. Algúns pernoctarán nos nosos hoteis e pensións - como media durante un día e medio —e comerán nos nosos bares e restaurantes— pode ata incluso que máis que un bocata ou o menú do día. Marcharán sen facer moito ruído e deixarán espazo —o xusto— para que outros tantos coma eles repitan o proceso e sigamos encadeando récords no número de visitas. Ese é o modelo turístico co que contamos en Compostela e que se reflicte de forma detallada nunha investigación realizada pola Rede Galabra da USC. Neste número puidemos entrevistar a tres dos seus autores: Elías J. Torres, Emilio Carral e Marisa del Río. Os tres coinciden en que o noso sector ten potencionalidade para mellorar e ser verdadeiramente un pulo económico para a nosa cidade. Pero para iso, precísase o compromiso de todos: cidadáns, produtores, hostaleiros e Administración. O Xacobeo 2021 pode ser, en palabras destes investigadores, a nosa grande oportunidade de inflexionar. E xustamente a preparación deste próximo Ano Santo é un dos obxectivos principais do novo Goberno local que, co socialista Xosé Sánchez Bugallo á fronte, acaba de poñer en marcha unha comisión de traballo exclusivamente para este fin.
PÁXINA 14
[Novos socios] - Rock Café ‘O Cum’ - La Piccola Italia - Restaurante Orixe - Restaurante Avenida
No seu discurso de investidura o alcalde prometeu buscar un modelo “sostible, máis rendible economicamente e que permita a convivencia entre a poboación local e o turismo”. Así esperamos que sexa. Porque na defensa dos intereses do noso sector e da cidade en xeral, sempre poderán contar coa Asociación Hostelería Compostela ❚ Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 comunicacion@santiagohosteleria.org Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Comunicación Asociación Hostelería Compostela Fotografía: Arquivo da Asociación Hostelería Compostela e Iván Barreiro Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010
3
Elías J. Torres, Marisa del Río e Emilio Carral. Foto: Iván Barreiro
4
Entrevista
[ Entrevista] “Recibir moitos visitantes non significa que a poboación estea mellor, nin que teña máis traballo ou que os hostaleiros gañen máis” Elías J. Torres, Emilio Carral e Marisa del Río: Entender mellor como somos e como nos ven os que nos visitan son algúns dos obxectivos dunha investigación realizada pola Rede Galabra da Universidade de Santiago que dirixe Elías J. Torres. Xunto a el, ducias e ducias de persoas – entre profesores como Emilio Carral e Marisa del Río, colaboradores, estudantes, etc. – implicáronse neste proxecto que analizou a transformación que viviu Compostela desde os anos 90 por mor, entre outras cousas, do auxe do Camiño. A investigación derivou nunha exposición —‘A cidade, o Camiño e nós’ que albergou a Alameda o pasado mes de xuño—, mesas redondas e varias mostras sectoriais nos centros socioculturais do Concello. Nós falamos con Torres, Carral e del Río sobre algunhas das conclusións deste traballo que
dá moita luz sobre como é e como debería ser o noso turismo.
Segundo o voso traballo, a Compostela actual é identificada por quen nos visita, en boa medida, coa Catedral. Parece que non superamos esa idea… Marisa: Nestes últimos anos non é a Catedral o elemento máis salientable, senón a cuestión do Camiño. Está a Catedral pero incluída como a parte final dun periplo que é o que as institucións e os discursos van vendendo ao longo do tempo. Eu que traballo en Marketing, entendo que esa venda que estamos a facer da cidade para o resto do mundo calou especialmente tamén nos composteláns. De feito, moitos de nós hoxe en día cando preguntamos: “Que pensas que pensan de nós?”
Dicimos: “Catedral, Camiño, Apóstolo”. Mentres que cando preguntabamos que pensabamos nós de nós mesmos non aludimos tanto a esas ideas. Emilio: Segundo resultados do proxecto, cando se lle preguntaba á xente que nos viña visitar que
“Moitos non son turistas. Son excursionistas. E non consomen aquí nin a auga que toman”
5
Entrevista
era o primeiro que se lle viña á cabeza cando falaba de Galicia ou de Compostela, case o 50% tiña que ver coa gastronomía, non coa Catedral. Elías: O Camiño é algo que comeza nos anos 90. Antes non existía. Se ti preguntabas a algún santiagués entón que era o Camiño, dicía: “Pois será o Camiño Novo que vai a Conxo”. E non estou banalizando. Non existía nin o Camiño nin gañar o Xubileo. É certo que a Catedral aparece como primeira imaxe no 44%, pero cando preguntamos aos galegos, no 60% está símbolo, capital e referente de Galicia.
E esa ‘explosión’ do Camiño nos anos 90 serviu para facer crecer á nosa cidade? Viunos ben? Marisa: Non. O feito de que veña moita xente non significa que a poboación estea mellor, nin que teña máis traballo ou que os hostaleiros gañen máis. É dicir, hai que facer un esforzo por coñecer os mercados que temos, a xente que chega e saber que é o que aporta á cidade. E sei que isto soa moi mercantilista, pero tamén o é cando dicimos que o turismo é moi bo para cidade. É moi bo para que? Para coñecer xente? Pode que si. Pero non parece porque non nos relacionamos moito con eles, segundo os nosos datos. É dicir, o turismo é moi bo se respecta a cidade, se deixa cartos, se consome produtos locais e se fai máis agradable económica e socialmente a vida da xente que habita aquí. 6
“Se a xente cre que isto é o final dun Camiño e unha meta, a xente chega á meta e vaise” Algo que realmente non está a suceder, non si? Marisa: Non, porque hoxe en día a mentalidade das administracións, que son as que fan a promoción turística, é que cantos máis turistas, mellor. Constantemente lemos nos medios como aumentan o número de peregrinos… pero moitos dos que chegan a Santiago non son turistas. Son excursionistas. E moitos deles non consomen aquí nin a auga que toman. Isto é moi bo para os hostaleiros das Rías Baixas, por exemplo. Alóxanse alí, mándanos a Santiago co bocata na bolsa, eles ingresan os rendementos e nós proporcionámoslles o atractivo turístico da cidade.
Un atractivo turístico que, ademais, se concentra na Zona Vella… Emilio: Máis do 50% de bares e restaurantes, incluso tendas de alimentación, están concentradas na Zona Vella e no Ensanche. Quere dicir que o resto da cidade o único que ten son problemas
co turismo. Está todo totalmente desregulado. É o que dicía Marisa, que seguramente o rendemento económico que correspondería á propia cidade non o está recibindo. Creo que tampouco sabemos ou non hai ningún estudo serio sobre o impacto económico real. Pero o que non ten sentido é que só a Zona Vella e parte do Ensanche se beneficie económicamente. Elías: Hai unha cousa que complementa isto. E é que todo depende das narrativas, das ideas previas coas que a xente funciona. É dicir, se a xente cre que isto é o final dun Camiño e unha meta, a xente chega á meta e vaise. Hai peregrinos que pensaban que Santiago era un camiño de terra, que chegaba a unha igrexa e non había nada máis.
A cidade pode modificar isto? Elías: Pode. Nós sabemos que ten potencial para facelo. Outra cousa é que o faga. Emilio: Claro que ten potencialidade. Pero iso supón mudar todo o sistema. E iso faise traballando pero comprometéndose. O sistema actual é vertical. E precisamos un sistema de gobernanza horizontal – transversal onde consumidores, produtores, hostalaría, Universidade e Administración se comprometan a buscar o ben común. Falta traballo e falta vontade. E ten que empezar alguén. Marisa: Se te fixas estamos levando a entrevista cara o Camiño, cando os peregrinos están lonxe da metade da xente que chega. Pero nós mesmos ligamos o con-
Entrevista cepto do turista ao concepto do peregrino. E os peregrinos gastan menos en todas as actividades. No aloxamento, por exemplo, van a pensións e albergues, mentres que os que non son peregrinos moitos van a hoteis. E bo que a xente se aloxe en residencias e albergues, pero desde o punto de vista económico non é tan interesante. Que se comportan distinto segundo o que pensen é obvio. A imaxe que traen implica un comportamento diferencial. A xente que, por exemplo, pensa na Universidade como unha das primeiras imaxes de Santiago gasta vinte veces máis en aloxamento. E a xente que se aloxa, aínda que só
sexa un día, gasta máis en todas as partidas: restauración, cultura… É dicir, é un tipo diferente de turista. Elías: E outro apunte. Calculamos que polo menos máis de 200.000 persoas pasan anualmente pola Rúa de San Pedro. Prácticamente ninguén cando lle pides que cite lugares da cidade cita a Rúa de San Pedro. Van ao que van. Como variar isto? Se a cidade pon as súas regras e o seu discurso. Santiago é a capital de Galicia ou non? Santiago é o Camiño ou non? Santiago é a Universidade? Depende do discurso que fagas. Emilio: É como confundir un ecosistema fluvial cun río que só
leva auga. Os peregrinos pasan e non se enteran do que hai ao redor.
En nada, chega o Xacobeo 2021. Que vai pasar? Elías: O Xacobeo 2021, que inevitablemente vai ser un fenómeno masivo, é a grande oportunidade de inflexionar, é dicir, de facer outro tipo de proposta. Marisa: Tamén, en parte, no sector privado. A hotelería, desde o meu punto de vista, polos datos que temos, non presenta problemas. Os hoteis de Santiago están preparados para recibir moita xente en boas condicións. A restauración, menos. Está moi con-
Emilio, Marisa e Elías son membros da Rede Galabra da USC. Foto: Iván Barreiro
7
“O Xacobeo 2021, que inevitablemente vai ser un fenómeno masivo, é a grande oportunidade de inflexionar” centrada xeográficamente, como dixo Emilio, pero tamén no produto. Recoñece aos clientes que chegan de fóra pero non lle fai unha oferta diferenciada con respecto aos de aquí. De feito, predomina o marisco ou o polbo cando non son produtos típicamente de Compostela. Emilio: Tamén detectamos no estudo que a xente que nos visita máis dunha vez ao ano, muda radicalmente o consumo. Pásase á carne, ao peixe e ao pan. Elías: Eu teño unha opinión persoal. Creo que as persoas que visitan Santiago e tamén os propios santiagueses comezan a estar un pouco fartos de que o que se coma sexa sempre o mesmo. Hai, sen dúbida, un estrangulamento da oferta. Antes os menús eran moito máis amplos. Pero en todo caso, a restauración ten unha grande oportunidade de liderar un proceso que, en converxencia co produto local e comarcal, non se limite só a determinados produtos que son foráneos. 8
Sería positivo para a cidade que se establecese unha taxa turística? Marisa: Non diría que non directamente. Pero que tipo de taxa sería? Onde se cobra? A quen se lle cobra? O que penso é que hai que facer un esforzo de segmentación dos mercados. De ver a quen queremos atraer. E non fai falta cobrarlle á xente un euro simbólico porque o di alguén que se lle ocorreu. Eu penso que este tipo de medidas non están baseadas en nada, en investigación. Elías: As taxas non poden ser unha penalización para alguén. Poden ser un bo instrumento se se utilizan para distribuír a riqueza na cidade e nos gastos que poden vir aparellados polo turismo. Emilio: Se é finalista, incluso me parecería ben. É dicir, se o que recaudas é por exemplo para axudarlles aos restauradores a organizar unha rede de suministros de produtos locais...ben. Pero se simplemente é para recadar máis para a caixa común do Concello, non.
Acabamos de vivir un cambio de Goberno local. Que consello lle dariades? Elías: Que escoiten aos axentes sociais, que pensen en termos de cohesión social. Marisa: E á hora de tomar decisións que recaben suficiente información e que non o fagan ao chou.Que consulten e que se apoien nos investigadores. ❚
DATOS A investigación da rede Galabra sobre os impactos do Camiño na cidade comezou no ano 2008. Analizaron os discursos, as imaxes e as prácticas referenciadas en Santiago tanto de comerciantes e habitantes de Compostela, como das persoas procedentes dos países que achegaban os contixentes máis numerosos no momento no que comezaron os seus traballos: o resto de Galicia e de España, Portugal e Brasil. 30% chega peregrinando. As persoas que chegan a Santiago peregrinando supoñen o 30% do conxunto das visitantes. No ano 1970 chegaron a Compostela peregrinando 68 persoas. En 2018, foron máis de 327.000 segundo os datos da Oficina do Peregrino. Consumo na Zona Vella. As persoas de fóra de Galicia escollen a Zona Vella para facer as súas compras: torta de Santiago, souvenirs e, en menor medida, roupa e xoias. Os galegos diversifican máis os lugares e os produtos que consomen e compran tamén en centros comerciais ou na Zona Nova. 75% ofrece polbo e marisco. Con datos de 2018, o 75% dos locais de restauración ofrece polbo e marisco como produtos estrela. A metade de restaurantes, bares e tendas de alimentación sitúanse na Zona Vella. 59% aproba o turismo que temos. Ante a pregunta de que se gusta o turismo que temos, o 59% da veciñanza respondeu que si, mentres que o 29% afirmou que non e o 12% preferiu non opinar. Os habitantes da Zona Vella e das entradas do Camiño Francés e Portugués (San Pedro e a Choupana) foron os máis críticos e os que indicaron ver as súas vidas cotiás modificadas por causa do turismo.
[ Ac t u a l i d a d e ] CAMBIOS NA POLÍTICA TURÍSTICA LOCAL
T
ralas eleccións municipais celebradas en maio, Santiago conta cun novo equipo de Goberno local conformado por dez concelleiros do PSOE e con Xosé Sánchez Bugallo como alcalde. No seu discurso de investidura, o novo rexedor municipal asegurou que cómpre “reformular a nosa aposta polo turismo, nun momento no que parece que a atracción está garantida, e toca buscar a selección e harmonizar a convivencia coa propia cidade”, buscando un modelo “sostible, máis rendible economicamente e que permita a convivencia entre a poboación local e o turismo”. Para Bugallo, o Ano Santo 2021 é o grande reto deste mandato. “Millóns de persoas van vir á nosa cidade ese ano; debemos acollelas nunha cidade ordenada, amable, acolledora, limpa e segura; e para iso, o Goberno Municipal vai pór en marcha, con carácter inmediato, unha comisión de traballo preparatoria, que quere contar co compromiso, o apoio e a colaboración de todos. Non lles oculto tampouco, que a cooperación e o traballo común coa Igrexa, a Xunta e o goberno de España será imprescindible para acadar o éxito neste obxectivo”, sinalou.❚
O ex alcalde Martiño Noriega entrega o bastón de mando a Sánchez Bugallo. Foto: Concello de Santiago
NOVO CONCELLEIRO DE TURISMO
CONTINÚAN AS EXCURSIÓNS GRATUÍTAS A NOIA DESDE SANTIAGO PROMOVIDAS POR HOSTELERÍA COMPOSTELA
Sindo Guinarte. Foto: Concello de Santiago
N
o reparto de áreas do novo Executivo local, nomeouse a Gumersindo Guinarte Cabada concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, ademais de Delegado do Ano Santo 2021 e segundo tenente de alcalde. Profesor de Dereito Penal na USC e decano da Facultade de Dereito, é máis coñecido polo diminutivo de Sindo Guinarte. Foi tamén secretario xeral da Presidencia da Xunta, con Emilio Pérez Touriño como presidente; e vicevaledor do Pobo. ❚
Desde o mes de maio estanse a organizar excursións gratuítas a Noia desde Santiago promovidas polo acordo de colaboración asinado entre o Concello noiés e a Asociación Parte da directiva da Asociación antes da saída da excursión piloto a Hostelería Noia que se celebrou en febreiro. Compostela. Trátase de escapadas dun día con pernoctación de dúas ou máis noites nos establecementos composteláns adheridos. Nestas excursións, que se celebran todos os xoves, visítanse algúns dos lugares máis emblemáticos de Noia, acompañados dun guía turístico. Así, os participantes poden coñecer os bancos marisqueiros (en tempada), o Mercado de Abastos, o Claustro do Concello, a Alameda, a Igrexa de San Francisco, o Museo Laudas Gremiais na Igrexa de Santa María a Nova, as rúas e pazos da vila e os escenarios da serie de televisión ‘Fariña’. PROGRAMA 11:00 h.: Saída dende a dársena de Xoán XXIII. 11:15 h.: Saída dende do Palacio de Congresos. 12:00 h.: Chegada a Noia. Visita aos Bancos Marisqueiros e ás instalacións da Confraría. 14:00 h.: Tempo libre para xantar. 16:00 h.: Visita aos monumentos máis representativos da vila. 18:00 h.: Retorno a Santiago. As prazas son limitadas. Cómpre reservar no teléfono 981 59 27 00. ❚ 9
[ Ac t u a l i d a d e ] SABADELL RENOVA O CONVENIO COA ASOCIACIÓN HOSTELERÍA COMPOSTELA
S
Actualidade 10
abadellGallego (Grupo Banco Sabadell) vén de renovar o convenio de colaboración coa Asociación Hostelería Compostela. En virtude deste acordo, SabadellGallego pon ao dispor dos asociados un conxunto de produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados á súa economía profesional e persoal, sendo extensibles estas vantaxes tamén aos seus familiares e empregados. Pola súa banda, a Asociación Hostelería Compostela aumenta a súa oferta de servizos para que os asociados poidan acceder a unha ampla variedade de servizos financeiros moi competitivos e adaptados ao seu sector e a un asesoramento financeiro personalizado en liñas subvencionadas, renting, factoring, confirming, tpv, etc. O momento da renovación non é casual, xa que trata de reforzar máis se cabe a colaboración entre ambas entidades co lanzamento da campaña “Muy de Santiago”, que se celebrou durante o mes de xuño co obxectivo de dinamizar o sector da hostalaría na localidade e atraer aos cidadáns de Santiago cara a establecementos vinculados á gastronomía (restaurantes, bares, cafeterías e mercados). O convenio inclúe unha oferta global, con produtos de aforro-investimento, de financiamento e de servizos. Destacan, entre outros: A Conta Expansión Negocios-PRO, un pack especialmente deseñado á medida de calquera profesional, traballador autónomo ou empresa que reúne toda unha serie de vantaxes —conta
Juan Luis Candamo e Sara Santos asinando o convenio.
Os socios poden acceder a unha ampla variedade de servizos financeiros moi competitivos e adaptados ao sector sen comisión de administración nin mantemento, transferencias nacionais vía BS Online e ingreso de cheques gratuíto,
BS Online e BS Móbil gratuíto, tarxetas de crédito e débito gratuítas, TPV en condicións preferentes e que ademais durante o primeiro ano abona o 10% da cota social nela domiciliada. Ou a Conta Expansión PRO, para a domiciliación da nómina— sen comisión de administración e mantemento, tarxeta de débito e crédito gratuíta, ingreso de cheques sen comisións, e que o primeiro ano abonará tamén o 10% da cota social nela domiciliada. Inclúe ademais produtos de aforro-investimento con tipos de interese bonificados e máxima rendibilidade fiscal. O acordo foi asinado pola presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos, e por Juan Luis Candamo Fernández, Director Rexional de SabadellGallego.❚
[ Ac t u a l i d a d e ] GRAN ÉXITO DO XANTAR POPULAR NA II FESTA DO BANQUETE
A
Asociación Hostelería Compostela, en colaboración co Concello de Santiago, ocupouse o pasado 5 de maio da organización dun gran xantar popular na Carballeira de Conxo. Foi o día grande da segunda edición da Festa do Banquete, na que tamén houbo teatro, música, artesanía, etc. En total, repartíronse máis de 1000 degustacións de diferentes elaboracións de cabra como producto tradicional e diferenciado non só de Conxo senón de diferentes barrios da cidade. Tamén se serviron outras elaboracións como polbo, churrasco, empanadas… e bebidas. ❚
Diferentes momentos do Xantar Popular celebrado na carballeira de Conxo
XORNADAS GASTRONÓMICAS
A
nosa Asociación foi tamén a encargada de organizar unhas Xornadas Gastronómicas, nas que se serviron pratos e tapas especiais con cabra. Estas xornadas celebráronse do 2 ao 5 de maio e nelas participaron os restaurantes Pulpería Degustación na Bodeguilla de Santa Marta Degustación no Mercado La Galiciana Fuentes, Paz Nogueira, Los Caracoles, O Muiñeiro, A Nave de Vidán, Don Quijote, Pazo de Altamira, Sexto II, María Castaña, Mesón de Lázaro, San Jaime, Pampín, Caney, Amoado, A Ostrería e Frebas. Ademais, a sede da nosa Asociación acolleu a segunda edición do curso de ‘Elaboración de receitas de cabra’, impartido polo profesor David Rodríguez Cebeiro. Para promocionar todas estas accións, celebráronse tres degustacións na Nave 5 do Mercado de Abastos, na Bodeguilla de Santa Marta e no mercado La Galiciana, ás que asistiron membros da Corporación municipal, da directiva da Asociación e outros invitados. ❚
11
[Vantaxes para os nosos socios na contrat
A
Asociación Hostelería Compostela e a empresa compostelá RESOLVE SOLUCIONES EMPRESARIALES SL asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de obter vantaxes na xestión de protección de datos das empresas ou autónomos asociados á nosa entidade. Como consecuencia da entrada en vigor do Regulamento Xeral de Protección de Datos ( RGPD) (UE 2016 / 679), en maio do ano 2016, sendo de aplicación desde maio de 2018, e a publicación da Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, é necesario que todas as empresas que tratan datos de carácter persoal das persoas residentes na UE, se adapten para o cumprimento desta normativa. É responsabilidade da empresa demostrar o cumprimento de toda a lexislación, a través da documentación de todas as accións que debe acometer, de forma proactiva, para garantir a protección de datos persoais. Metodoloxía Para axudar aos asociados a cumprir coa normativa, Resolve establece a seguinte metodoloxía de traballo: 1. Auditoría inicial presencial para toma de datos e analizar as actividades que realiza a empresa e como afectan o tratamento de datos persoais. 2. Formalizar todos os rexistros de actividade de tratamento de datos que afecten á empresa. 3. Relacionar os distintos encargados de tratamento da empresa (Asesoría, Prevención de riscos, servizos de carácter TIC, videovixilancia…) 4. Realizar unha análise dos posibles riscos atopados e proposta de todas as accións a realizar para emendar aqueles riscos de carácter grave ou moi grave. 5. Xerar toda a documentación de carácter legal necesaria en función da actividade da empresa, incluíndo o documento de seguridade con todas os procedementos e recomendacións. 6. Formalización de todos os contratos de tratamento de datos cos distintos encargados que afecten á empresa. 7. Acompañamento da empresa ao longo do ano inicial e os sucesivos (se así o estima) para comprobar o cumprimento de todas as recomendacións destinadas á adaptación á normativa e, introducir todos os cambios que se vaian producindo na actividade da empresa e que afecten á xestión da protección de datos. Nos casos daquelas empresas que xa teñan realizada a adaptación ao RGPD e a LOPDGDD, poderán contratar con Resolve o seguimento das accións xa implantadas nas empresas, para comprobar a súa idoneidade e documentar todo o cumprimento, establecendo as recomendacións que sexan necesarias en función da evolución da propia empresa. En ambos os casos, tanto na adaptación inicial como, no seguimento posterior, a empresa asociada terá un asesoramento de todas aquelas cuestións que, no ámbito da protección de datos, poida necesitar. Este asesoramento poderase realizar tanto de forma presencial, telefónico ou a través de mail. ❚
12
tación da xestión de protección de datos] Táboa 1 (Bar/Café bar/ Cafetería/ Restaurante) Ordenador de xestión TPV
Video vixilancia
Reservas e clientes
Web
Redes Sociais e audiovisuais
Newsletter
Autónomos e empresas
x
80 a 100
40
Autónomos e empresas
x
x
x
101 a 150
50
Autónomos e empresas
x
x
x
x
x
151 a 220
70
Autónomos e empresas
x
x
x
x
x
x
x
221 a 320
90
Autónomos e empresas
x
x
x
x
x
x
x
X
321 a 420
120
Ordenador de xestión TPV
Video vixilancia
Reservas e clientes
Web
Redes Sociais e audiovisuais
Newsletter
Hoteis e asimilados
x
x
x
180 a 240
60
Hoteis e asimilados
x
x
x
x
x
241 a 320
80
Hoteis e asimilados
x
x
x
x
x
x
x
321 a 400
100
Hoteis e asimilados
x
x
x
x
x
x
x
X
401 a 500
120
Tratamentos
Publicidade Comercio € Implantación comercial electrónico (Primeiro ano)
€ Seguimento (Anos posteriores)
Táboa 2 (Hoteis e asimilados) Tratamentos
Publicidade Comercio € Implantación comercial electrónico (Primeiro ano)
€ Seguimento (Anos posteriores)
13
[ No v o s ROCK CAFÉ ‘O CUM’ Rúa da Conga, 5 (Santiago) Facebook: O Cum Santiago
Se es amante do blues e do rock & roll clásicos este é o teu local! Cun ambiente que os seus responsables definen como moteiro e setenteiro, a música é a grande protagonista deste bar pequeno pero acolledor que abriu en setembro de 2016. Aberto todos os días desde as catro da tarde, a diversión prolóngase ata ás 3 da mañá pola semana e ata ás 4:30 horas os venres e sábados. Programan ademais actuacións en directo o primeiro e o terceiro venres de cada mes. Entre as súas especialidades destacan as queimadas, as cervexas artesás e os mojitos, caipirinhas e sangrías.
LA PICCOLA ITALIA Praza de Fonseca, 1 (Santiago) 981571020 info@lapiccolaitaliascq.es
Fai un ano que Giulia tomou as rendas do negocio familiar, o restaurante Gambrinus que rexentaba seu pai. Hoxe, xa como La Piccola Italia, seguen ofrecendo a mellor cociña do país do Mediterráneo, elaborada por auténticas mans italianas e cunha carta ampliada. Dentro dela destaca a súa salsa carbonara – tradicional pero especial – e as pizzas, cunha masa que fermenta durante 72 horas. Abren todos os días da semana de 9:30 a 16:00 horas e de 19:00 a 23:30. Ofrecen un menú de 25 euros no que podes escoller un primeiro, un segundo e unha sobremesa da carta, acompañados dunha bebida, unha botella de viño italiano e café.
14
socios] ORIXE Rúa das Casas Reais, 21 (Santiago) 981115092 orixegastronomiagalega.com
RESTAURANTE AVENIDA Igrexa 1, Reis (Teo) 981809384 Facebook: Chef Pepe Martínez
Novos Socios
Dar a coñecer e valorar o produto galego. Esa é a filosofía do restaurante Orixe, que abriu fai dous anos nas Casas Reais. Por iso todos os alimentos que utilizan na súa cociña proveñen dos mellores produtores da comunidade. Serven, por exemplo, peixes das lonxas de Celeiro, Burela e Muros; carnes de Tenreira Galega Suprema certificada; ou mariscos como ameixas, berberechos ou ostras das zonas de Noia, Carril e a Illa de Arousa. E sempre son produtos de tempada. Nunca atoparás na súa carta pementos de Padrón se non é o seu tempo. Abren todos os días, excepto os martes, en horario de 12:30 a 16:00 horas e de 20:00 a 00:00 horas.
O Restaurante Avenida abriu en maio deste mesmo ano. É un lugar tranquilo situado en Teo onde este verán poderemos gozar dunha fermosa terraza. Na súa carta ofrécenos grella, bacallau, polbo –estes dous últimos tamén á grella se queremos- e medias racións para picoteo, coa especialidade en churrasco. Ademais, dispoñen de dous salóns para eventos e espazo para columpios. Poderemos visitalos de 11:00 a 16:30 e de 19:00 a 23:30 horas, e no verán horario ininterrumpido de 11:00 a 00:00.
15
Banco de Sabadell, S.A., Avda. Óscar Esplá, 37, 03007 Alicante, Inscrito en el Registro Mercantil de Alicante, tomo 4070, folio 1, hoja A-156980. NIF A08000143. Condiciones revisables en función de la evolución del mercado. Serán de aplicación las que estén en vigor en el banco en el momento de la formalización. Documento publicitario. Fecha de emisión: Junio 2019
Una cosa es decir que trabajamos en PRO de su negocio. Otra es hacerlo:
Cuenta Expansión
1 /6
Negocios PRO
Este número es indicativo del riesgo del producto, siendo 1/6 indicativo de menor riesgo y 6/6 de mayor riesgo.
Bonificamos su cuota de asociado
Banco de Sabadell, S.A. se encuentra adherido al Fondo Español de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito. La cantidad máxima garantizada actualmente por el mencionado fondo es de 100.000 euros por depositante.
------------------------------------------------------------------------------------------
10%
+
de su cuota de asociado máximo 50 euros.*
Gratis Servicio Kelvin Retail, información sobre el comportamiento de su negocio.1
+
0 comisiones de administración y mantenimiento.2
+
Gratis Tarjetas de crédito y débito gratuitas, sin cuota de emisión ni mantenimiento, válido para una tarjeta de débito y una de crédito por titular en caso de persona física y por autorizado en caso de que el titular sea una persona jurídica.
-----------------------------------------------------------------------------------------Y muchas más ventajas. La Cuenta Expansión Negocios PRO es la cuenta pensada para que despachos profesionales, autónomos, comercios y pequeñas empresas se hagan grandes.
Llámenos al 900 500 170, identifíquese como miembro de su colectivo, organicemos una reunión y empecemos a trabajar.
-----------------------------------------------------------------------------------------*Abonamos el 10% de la cuota de asociado con un máximo de 50 euros por cuenta para cuotas domiciliadas en una cuenta de la gama Expansión, para nuevos clientes de captación. La bonificación se realizará un único año para las cuotas domiciliadas durante los 12 primeros meses, contando como primer mes el de la apertura de la cuenta. El pago se realizará en cuenta el mes siguiente de los 12 primeros meses. 1. Contará con un servicio periódico de información actualizada sobre el comportamiento de su comercio, sus clientes y su sector, para ayudarle en la toma de decisiones. También le ofrecemos el TPV en condiciones preferentes. 2. Rentabilidad: 0% TAE. Servicio no financiero de asistencia jurídica telefónica y portal web exclusivo, cuota anual del servicio gratuita el primer año. Coste anual a partir del segundo año de 40 euros + IVA, salvo en el caso de colectivos profesionales con convenio Banco Sabadell, en cuyo caso la cuota anual del servicio es de 20 euros + IVA. CRISTALWARE CONSULTING SERVICES S.L.U. es la entidad encargada del servicio de orientación jurídica telefónica y PEOPLE VALUE, S.L. es la entidad encargada del servicio de descuentos y beneficios. Los citados servicios serán prestados de acuerdo con las condiciones que dichas entidades tengan establecidas en cada momento, sin intervención ni responsabilidad alguna de Banco de Sabadell, S.A. El banco es ajeno a cualquier incidencia y/o circunstancia derivada o relacionada con la prestación de los servicios, los cuales, en todo caso, están sujetos a que se mantengan vigentes los acuerdos suscritos entre el banco y las indicadas entidades. El servicio de orientación jurídica telefónica no abarcará las cuestiones o posibles incidencias de la actividad del cliente que puedan afectar a sus relaciones con empresas del grupo Banco Sabadell, filiales o participadas. Las excelentes condiciones arriba mencionadas de la Cuenta Expansión Negocios PRO se mantendrán mientras se cumpla el requisito establecido en el contrato. Debe haber un ingreso mínimo de 700 euros mensuales. Este requisito es de cumplimiento mensual y si al segundo mes no se cumple, automáticamente la Cuenta Expansión Negocios PRO pasará a ser una Cuenta Profesional. Se excluyen los ingresos procedentes de cuentas abiertas en el grupo Banco Sabadell a nombre del mismo titular. Oferta válida desde Octubre 2018.
bancosabadell.com
Captura el código QR y conoce nuestra news ‘Professional Informa’
AHEEEHAPEIALCIENCGDGFPLAIPAHEEEHA BNFFFNBPFPIDELBOFGMDIDMPBPBNFFFNB AAGEMLFNEMAFBMFPJBBLLFMIOHIOFHBIB HFEDIJFICDFIDDJDKJOIFOGHHAOAFDILP ABAMNMFBACGOHHOFHEAPJHEKICCJBADFC EJDLHAFBMGEOOODHMBIDIBLBMOIONKFIJ MFFFFFEPDEODMBACFDDIMIOIAHFHAEMOG APBBBPAPIIFFIHMIDOIGCFHEEHEEGJHJG HHHHHHHPHHHHPHPPPHPHHHPHPPPHHHHPP