Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 184 | xaneiro-febreiro 2019
GRAN FESTA DA HOSTALARÍA COMPOSTELÁ
A Viaxe e Artesana triunfaron no Santiago(é)Tapas 2018
O noso labor ĂŠ o de aglutinar aos profesionais da HostalarĂa de Santiago de Compostela e comarca.
a sĂłc i ate
www.santiagohosteleria.net
PÁXINA 4
[Entrevista] Belén Montero,
directora do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia
PÁXINA 8
[Actualidade] Festa de entrega de premios do XI Santiago(é)Tapas Documentación obrigatoria para os locais de hostalaría
PÁXINA 12
[Toda unha vida] MANUEL FA JÍN, de A Gamela
PÁXINA 14
[Novos socios] Trapeiro Milongas Flamingo Mercromina La Rinconada Rakel
[EDITORIAL] Deixamos atrás 2018, un ano con luces e sombras para a hostalaría compostelá, no que traballamos arreo para defender os intereses do noso sector. Nestes últimos doce meses, reunímonos en varias ocasións cos representantes das distintas administracións para tratar temas como a Lei de Espectáculos Públicos; formulamos as nosas necesidades aos candidatos ás vindeiras eleccións municipais; puxemos en marcha unha campaña en defensa das nosas terrazas; colaboramos na posta en marcha de actividades que dinamizan a cidade como a festa do Banquete de Conxo ou as Uñas de San Lázaro… E, sobre todo, esforzámonos por escoitarvos a vós, os nosos socios e socias, abrindo a nosa entidade ás vosas inquedanzas. Comezamos agora un novo ano cheo de novos retos. Un ano no que queremos seguir sendo a vosa voz. Temos por diante un 2019 que, polo menos, se presenta con boas cifras en materia de congresos. Así nolo conta nunha entrevista a directora do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, Belén Montero. Neste número de CompHostelería dedicamos ademais moito espazo a varios dos nosos compañeiros. Por un lado, informámosvos dalgunhas das últimas incorporacións á nosa asociación e, por outro, despedimos a Manuel Fajín do restaurante A Gamela, xubilado recentemente. Tamén repasamos o que deu de si a festa de entrega de premios do Santiago(é)Tapas. Concurso que nas súas once edicións leva repartidas máis de 338.000 tapas. Un evento xa consolidado pero no que seguimos traballando por mellorar. En 2018 introducimos algunhas novidades como unha final coas dez tapas mellor valoradas. Pero non imos quedar aí. Debemos ser ambiciosos e lograr, por exemplo, atraer a máis público de fóra da cidade. Por iso loitaremos. Aquí nos tedes.
Feliz 2019! ❚
Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 comunicacion@santiagohosteleria.org Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Comunicación Asociación Hostelería Compostela Fotografía: Arquivo da Asociación Hostelería Compostela e Iván Barreiro Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010
3
Belén Montero é tamén vogal no Clúster de Turismo de Galicia. Foto: Iván Barreiro.
4
“O congresista ten un nivel adquisitivo medio-alto, móvese por Santiago, gasta cartos e desestacionaliza o turismo”
Entrevista
[ Entrevista] Belén Montero, directora do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia Belén Montero dirixe o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia desde 2013. Unha vez que conseguiu remontar o máis complicado da crise económica –“as empresas no primeiro que recortaron foi nos congresos”, recorda - encara agora un 2019 con perspectivas moi positivas, logo de pechar un 2018 mellor do previsto, cun total de 91285 visitantes, 10 congresos, 28 xornadas, outros encontros sectoriais como presentacións, convencións, feiras, e mesmo espectáculos escénicos, que tamén forman parte dos servizos do Palacio. Sinala a importancia do turismo de congresos para Santiago, polo tipo de visitante que trae e a dinamización para restaurantes e hoteis que supón. Algunhas destas razóns foron as que a levaron a entrar recentemente como vogal
no Clúster de Turismo de Galicia, xa que os congresos atraen a un visitante de alto poder adquisitivo e que contribúe a desestacionalizar o turismo.
Cal é o balance do 2018 para o Palacio de Congresos? Bastante positivo. Comezamos cunhas previsións máis baixas e a verdade e que rematamos o ano superándoas. As cifras foron mellores do que esperabamos. En outubro e novembro a ocupación foi diaria, xunto coa primavera. Foi un ano de boa ocupación, continuada, e de congresos medianos. Os congresos máis grandes que tivemos foron os de podólogos e áridos, que rondaron as 1000 persoas. En total tivemos máis de 91.000 asistentes e 10 congresos.
“2019 será un bo exercicio, combinándose grandes congresos con eventos de menor tamaño”
5
Montero asegura que o Palacio de Congresos é un dos principais dinamizadores do turismo en Santiago. Foto: Iván Barreiro
Entrevista
Tedes algunha tipoloxía de congresos predominante? Os que máis abundan son os de médicos, pero temos congresos de todo tipo como os de áridos, en 2017 tivemos de notarios… Hai congresos de temas moi variados.
Cales son as perspectivas para 2019? Moi boas. É a primeira vez que me atrevo a dicir isto antes de empezar o ano. Isto é porque os congresos grandes péchanse con dous ou tres anos de antelación, polo que xa desde hai un par de anos sabiamos que en 2019, especialmente en primavera e outono, teriamos congresos grandes. Por eso sabemos que será un bo exercicio. Ademais, a medida que se acercaba o remate de 2018, viñan cousas máis pequenas – xornadas dun o dous días nas que a xente non precisa durmir en Santiago pero si moverse pola cidade -, que se pechan con menos tempo. En resumo, en 2019 combinaranse grandes congresos con eventos de menor tamaño. (Desde o Palacio de Congresos facilítase aos organizadores o listado actualizado de tódolos hoteis da cidade para que poidan traballar con el).
Que esperades para o Ano Santo 2021? Curiosamente os anos santos non son especialmente bos no eido dos congresos porque os organizadores deste tipo de eventos necesitan capacidade hoteleira, e un ano como o 2021 é complicado porque hai moitísimo turismo doutro tipo. 6
Se un organizador quere chamar a un hotel para bloquear habitacións, o hotel non lle bloquea porque a prioridade é outro tipo de turismo.
entidades locais… Temos o calendario bastante saturado a pesares de que normalmente o primeiro trimestre do ano é tempada baixa.
De todas formas, sabemos que haberá outro tipo de eventos como por exemplo convencións, xa que nun Ano Santo todo o mundo quere facer algo en Galicia. O que non haberá tanto será congresos grandes de 2000 persoas de tres ou catro días. En conxunto, no 2021 Santiago vai ter turismo igualmente.
Que tipo de visitante traen os congresos á cidade?
Que eventos destacades para o primeiro trimestre de 2019? A Feira de Antiguedades, Fairway III Forum do Camiño de Santiago, concertos, reunións de
O congresista ten un nivel adquisitivo medio-alto, ven a gozar da cidade, a comer ben, a estar nun bo hotel, móvese por Santiago e gasta cartos. É un perfil que deberiamos de traballar entre todos. Desestacionaliza o turismo porque este tipo de visitante acude en tempada baixa.
Que papel cres que xoga o Palacio de Congresos na dinamización turística de Santiago?
É un dos principais dinamizadores do turismo, sobre todo en tempada baixa. Os congresos contribuén a mellorar a tempada baixa de Santiago: de novembro a febreiro.
Como cres que se podería mellorar o turismo de congresos en Santiago? Virían ben máis apoios por parte da Administración. Canto máis visitemos aos organizadores de congresos, máis posibilidades teremos de traer congresos á cidade.
Cal é o futuro dos congresos? Que deben de ofrecer de novedoso en xeral? Os avances tecnolóxicos (conectividade, audiovisuais, streamings), combinados con medios personais. Seguirá sendo igual a importancia dos congresos ofrecendo as novidades de cada sector.
Entrevista
“Virían ben máis apoios por parte da Administración para o turismo de congresos” Acabas de entrar como vogal na directiva do Clúster del Turismo de Galicia. Por que decidiches aceptar este reto? Porque os Palacios de Congresos somos unha parte moi importante do turismo de Galicia. A pesares de que somos tres palacios en Galicia, movemos a miles de persoas ao ano. É un tipo de turismo interesante para todos. ❚
Que cres que é o máis atractivo que ofrece a cidade para este tipo de turismo? O Apóstolo é o noso mellor embaixador, apoiado pola boa xestión turística, o transporte –mellorable-... Pero a xente principalmente quere vir a Santiago polo Camiño. De feito a xente coñece máis Santiago que Galicia.
Levas dirixindo o Palacio desde 2013, que balance fas? O principio foi moi duro; arrancamos nunha época de crise na que as empresas comezaron recortando no ocio, e os congresos considerábanse ocio, aínda que neles se traballe. Ultimamente vemos que están a saír bastante orzamentos, no cal tamén inflúe o feito de que traballemos con clientes de fóra de Galicia, xa que aquí se entrou na crise máis tarde e tamén se está saíndo máis tarde. O 2019, 2020 e 2021 serán bos.
Foto: Iván Barreiro
7
[ Ac t u a l i d a d e ] “CAPUCCINO” E “MONTADIÑO TENREIRA-ARZÚA-ULLOA” TRIUNFAN EN SANTIAGO(É)TAPAS 2018
A
Sala Malatesta acolleu este 18 de decembro a festa de entrega de premios da undécima edición de Santiago(é)tapas, concurso de tapas compostelás organizado conxuntamente por Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela. Santiago(é)tapas 2018 contou con 68 locais participantes, que presentaron 101 tapas a concurso na primeira fase do 15 de novembro e o 2 de decembro. As mellores dez tapas escollidas polo xurado pasaron á gran final do 7 ao 9 de decembro, onde o público e un novo xurado profesional valoraron ás finalistas. En total, nos 20 días de concurso consumíronse máis de 30.000 tapas e emitíronse 21.700 votos válidos para escoller os dous premios do público, resultado do voto popular da primeira fase, e os tres grandes premios finais, resultado conxunto da valoración do xurado profesional e o voto popular dos tres días da final. As tapas premiadas foron:
Actualidade 8
Primeiro Premio Santiago(é)tapas, dotado con 1.000 euros. “Montadiño Tenreira Arzúa-Ulloa” de A Viaxe. Segundo Premio Santiago(é)tapas, dotado con 500 euros. “Croqueta” de Artesana. Terceiro Premio Santiago(é)tapas, dotado con 500 euros en produto. “A Pataca Quechola” de Doña Ana. Primeira Tapa do Público, dotado con 700 euros. “Capuccino” de Artesana. Segunda Tapa do Público, dotado con 300 euros. “Petisco galego 100% apto” de TS A Casa. Premio(É)Tapas+, ao máis activo dinamizador do concurso nas redes sociais, dotado con 700 euros: @queverensantiago, usuario de Instagram. Na festa de entrega estiveron presentes as anfitrionas Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago, e Sara Santos, presidenta da nosa asociación; así coma a xerente do Turismo de Santiago de Compostela, Flavia Ramil; Carlos Fuertes en representación do patrocinador Mahou; Miguel Sandá, xefe de zona centro de Cash Record, e Jorge Guitián, coordinador do xurado, entre outras personalidades. Ademais da entrega de premios, presentada por Evaristo Calvo, a festa final contou coa participación dalgúns gañadores das pasadas edicións, como Tapería Castelao, O Ferro, A Maceta e Hotel Puerta del Camino, que prepararon en directo as súas tapas galardoadas. Por cuarta edición consecutiva, Santiago(é)Tapas foi organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Ademais, Santiago(é)tapas conta con Mahou como patrocinador principal, o patrocinio xa tradicional de Cash Récord e Coca Cola, e a colaboración institucional da Deputación da Coruña. ❚
O primeiro premio do público foi para Artesana Gastrobar
Artesana levou tamén o segundo premio do xurado
O terceiro premio do xurado recaeu en Doña Ana
[ Ac t u a l i d a d e ] Foto grupal de todos os gañadores
Flavia Ramil entregou o segundo premio do público a TS A CasaHernández.
Marta Lois fai entrega do primeiro premio do xurado a A Viaxe
Tamén asistiron á festa os gañadores doutras edicións, os chefs de Hotel Puerta del Camino, Tapería Castelao, O Ferro e A Maceta
A nosa presidenta, Sara Santos, entrega o Premio(é)tapas+ a @queverensantiago
9
[ Ac t u a l i d a d e ] DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA NOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA
Foto: Iván Barreiro
TURISMO
Actualidade
Libro de Inspección e Follas de Reclamacións. Hospedaxes: Documento de Admisión, Fichas Entrada de Viaxeiros e confección Libro de Rexistro(asinados polo usuario). Carteis anunciadores e expostos ao público: 1. Existen Follas de Reclamacións a disposición dos Sres. Clientes en varios idiomas. 2. Horario apertura e peche do establecemento e apertura e peche do comedor - Aforamento. 3. Normas de Réxime Interior. Exposición no exterior e interior do local de Listas de Prezos Póliza de Responsabilidade Civil (excepto Café-Bar).
SANIDADE Certificados de Manipulador de Alimentos. Inscrición en REGASA (Rexistro Galego de Empresas Alimentarias). obrigatoria para todas aquelas empresas que traballen con alimentación. Inscrición en RGSEAA (Rexistro Xeral de Empresas e Establecementos Alimentarios) obrigatorio para todas aquelas empresas que realicen distribución (catering). Implantación do Manual de Autocontrol Baseado no A.P.P.C.C. (Análise de Perigos e Puntos de Control Críticos). Guía de Boas Prácticas de Manipulación do Sector. Carta de Declaración de Alérxenos.
10
Fichas Técnicas de Produto. Manual de Autocontrol para o Control e Prevención de Lexionella spp, tratamento anual da instalación (limpeza e desinfección) e analíticas de detección de Lexionella spp para todos aqueles establecementos que dispoñan de acumulación de auga, xa sexa fría ou quente Cumprimento Lei Anti-Tabaco (Colocación de carteis anunciadores de prohibición de fumar). Cumprimento da Lei de Alcol a Menores (Colocación de carteis anunciadores de prohibición de administración e consumo de alcol a menores de 18 anos). Ambos carteis hai que colocalos no interior e exterior do establecemento, colocados no interior do establecemento a unha altura de 2 a 2,50 m. e no exterior a unha altura de 1,50 a 2 m. desde o chan, como mínimo en formato DINA4 en castelán e galego.
TRABALLO E SEGURIDADE SOCIAL EMPRESAS SEN PERSOAL ASALARIADO Último recibo de pago da cota de autónomos.
EMPRESAS CON PERSOAL ASALARIADO
Último recibo de pago da cota de autónomo e de cotización de traballadores (TC1 e TC2).
[ Ac t u a l i d a d e ] CONCELLO Certificado de superar o curso de capacitación para o desempeño de funcións de nivel básico en PREVENCION DE RISCOS LABORAIS (avaliación de riscos, medidas de prevención, controis periódicos, etc...) elaborado por unha empresa autorizada de Prevención. Cumprimento normativa Vixilancia da Saúde. Cumprimento normativa Lei de Protección de Datos.
FACENDA Alta da actividade na Axencia Tributaria.
Licenza de Apertura do establecemento. Autorización de Ocupación de Vía Pública (terrazas), se a houbera. Póliza de Responsabilidade Civil con cobertura da terraza. Certificado de ter revisados/retimbrados, os extintores contraincendios, ascensores e alarma (se a houbese) (Expide o certificado a empresa instaladora) e debidamente sinalizados coa cartelería obrigatoria e homologada. Os establecementos de hospedaxe é recomendable ter un Plan de Evacuación/Emerxencia e os carteis de ‘Vostede está aquí’ en cada habitación e en lugares comúns do establecemento. ❚
11
12
[ To d a u n h a v i d a ]
A
caban de cumprirse seis meses desde que Manuel Fajín decidiu traspasar A Gamela, un dos restaurantes máis coñecidos da zona vella compostelá e que vive agora unha nova etapa da man de Silvia González. O hosteleiro e a súa familia dedicaron 37 anos a un negocio que lles dou moitas alegrías pero do que xa necesitaban tomar un descanso. Despois de tanto tempo, como é iso de estar alonxado do mundo da hostalaría? É unha marabilla (risos). De momento non o boto de menos. Necesitaba tomar a vida cun pouquiño de calma. Faciamos unha media de 14 horas diarias e non tiñamos tempo para nada. Agora podemos desfrutar. Pero algo bo tamén tería a hostalaría para dedicarse toda a vida a ela, non si? Si, do que máis me acordo é dos clientes, dos amigos, das charlas que había… Iso si que o boto un pouco de menos. Viñan os avós, os fillos, os netos… e nalgún caso ata os bisnetos. Pero o traballo tiña ganas de deixalo porque estaba moi canso. Cal foi a súa traxectoria antes de coller o Gamela? Estiven traballando 51 anos. Empecei a finais dos 60 no Tixola, que estaba na Raíña; logo no Cañizo en San Francisco; despois no Casablanca nas Casas Reais, na facultade de Mediciña, no Rajoy, no Fornos… e fai 37 anos collimos o Gamela. Entramos primeiro como empregados a miña muller e máis eu e despois o xefe tivo que deixalo e quedamos nós con el. Foron tempos difíciles pero pouco a pouco fomos saíndo adiante. E iso que está un pouco agochado, alí na rúa Oliveira… Si, está bastante oculto, pero grazas ao boca a boca dos clientes a xente empezou a vir. Ao principio faciamos ata 18 horas diarias. E tiñamos clientes de todo tipo. A maioría era de Santiago, desde personalidades ata obreiros ou estudantes. Os que máis nos axudaron foron os da agrupación Cantigas e Agarimos e os da Escola de Artes e Oficios, que viñan moito polo local. E últimamente en verán traballamos moito cos
turistas. Teño tamén moitos amigos no Xapón! De clientes xaponeses que viñan todos os anos. Pero que tiña o Gamela que atraía a tanta xente? Principalmente viñan pola comida: as tortillas, as luras, os cogomelos… Fomos os primeiros en preparar cogomelos aquí en Santiago. Con nata, con viño do Porto… tiñamos unhas doce preparacións distintas. É certo que lle pasou o segredo das súas receitas á nova propietaria? Si, estiven alí axudándolle varios días. E sempre que me chama por algunha dúbida, alí estou. Porque se a nós nos funcionou durante 37 anos, pensaba que debería seguir. Terá moitas anécdotas despois de tantos anos… Si, moitas. Recordo algo que me pasou fai 25 anos. Entraron dous señores cun neno pequeno, duns seis anos. Pediron uns cafés e unha cervexa e cando me din a volta, estaba o neno tomando a cervexa! Pedinlles que abandonaran o local porque era unha situación que non podía pasar. E este ano sucedeume unha cousa curiosa cuns clientes alemáns que tiñan un neno e eu sempre lle dicía ao rapaz: “Cando me traias unhas salchichas de Alemaña, invítote a un pulpo”. Encantáballe o polbo. E en agosto, chamoume o camareiro dicindo que viñera o neno alemán coas salchichas pero eu xa non estaba! (risos). Sempre foron socios da Asociación Hostelería Compostela? Si, fíxenme socio cando levabamos un ano co negocio. Sempre que tiven algún problema ou dúbida, botáronme unha man. Portáronse moi ben. Cambiou moito o sector nestes 40 anos? Moito. E eu creo que para mellor. Aínda que si que facía falla ir mellorando algunhas cousas. Como ter outra actitude hacia o cliente. Ao cliente hai que coidalo. Algúns hostaleiros din que total veñen un día e non volven máis. Pero iso nunca se sabe. Que consello lle daría a alguén que estea empezando na hostalaría? Que hai que traballar moito. E sufrir. Porque o que algo quere, algo lle custa. ❚
Toda unha vida
MANUEL FAJÍN, DO RESTAURANTE A GAMELA
[ No v o s CERVECERÍA TAPERÍA MILONGAS Rúa do Preguntoiro, 9 (Santiago) 981 562 708 www.cerveceriamilongas.com
O Milongas é unha cervecería-tapería situada en plena Zona Vella compostelá, na Rúa Preguntoiro. Un local diferente en canto a decoración e luminosidade cunha terraza privilexiada na zona da Pescadería Vella (moi preto da Catedral e da Praza de Abastos). A súa cociña baséase en tapas e racións, xogando cos produtos frescos acompañados de boas cervezas e viños.
FLAMINGO Alejandro Pérez Lugín, 11 (Santiago) 881 944 686
O Flamingo é un bar e restaurante que ofrece cociña galega e tapas nun ambiente onde non falta a boa música dos 50’s e 60’s. Situado nun dos barrios novos de Santiago de Compostela, O Restollal, o local é toda unha homenaxe dos irmáns Andrés e Fran ao mítico club Flamingo de Londres. Abren todos os días desde ás 12:00 horas, agás o domingo. De luns a venres, ademais da carta, podes decantarte polo seu menú do día de 11 euros. Se queres saber máis deles, sígueos en Facebook como Flamingo Compostela.
MERCROMINA Rúa de San Pedro, 9 (Santiago)
Novos Socios 14
Fai tres anos que o novo Mercromina abriu as súas portas na Rúa de San Pedro. Un local no que gozar das noites compostelás, con boa música, que os propios clientes poden pinchar, e unha decoración na que sobresaen os cadros das súas paredes. Tamén contan cun futbolín e unha terraza para saborear as copas ao aire fresco. Visítaos de martes a xoves desde ás 22:00 ata as 2:30 horas e nas fins de semana ata as 3:00 horas. Pechan os domingos e luns.
socios] TRAPEIRO Lugar de Merelle, 2 (Merelle) 981 821 420 www.otrapeiro.com
Especialistas en comida tradicional galega, en O Trapeiro contan con salóns amplos e independentes para acontecementos tanto íntimos ou privados como de gran envergadura. Ademais dispoñen de varias terrazas con vexetación e unha gran zona de aparcamento. Todo isto fai deste establecemento, que rexenta a mesma familia desde fai tres xeracións, un lugar ideal onde celebrar todo tipo de eventos, reunións ou congresos.
LA RINCONADA Avenida de San Lázaro, 102 e Centro Comercial As Cancelas (Santiago) larinco@larinconadapizzeria.com www.larinconadapizzeria.es
Restaurante especializado en cociña uruguaia. Elaboran os seus pratos de maneira tradicional, coas mellores materias primas, para que os seus clientes degusten a auténtica cociña do país latinoamericano, coma os seus exquisitos chivitos. Na súa carta pódese atopar desde pratos para picar, pizzas artesás elaboradas no seu forno de leña, ata ensaladas, carnes, pastas, hamburguesas e sobremesas. Ademais, ofrecen menú do día, con saborosos e variados pratos, de luns a venres (soamente ao mediodía), con dous primeiros e dous segundos a elixir con bebida e sobremesa ou café.
RAKEL Calle Jaca nº1, Fontiñas (Santiago) 881 975 279
Café bar situado no barrio das Fontiñas, con terraza cuberta. Abre todos os días, excepto os domingos, desde as 7:00 ata as 23:00 horas. Cada consumición vén acompañada dunha tapa caseira e cada café sorprende cos debuxos na escuma. Na súa carta atopamos bocadillos, pratos combinados, hamburguesas, racións… Ademais ofrecen un prato do día que inclúe bebida, sobremesa e café por 6,50 euros.
15
FUTUROS
Documento publicitario
CON 28 ANOS. Hay muchos futuros, los mismos que Soluciones Personalizadas de Jubilación adaptadas a tu vida y a tu edad. Encuentra la tuya en tu oficina o en bancosabadell.com/pensiones
Planes de pensiones individuales: el documento con los datos fundamentales para el partícipe está a disposición del público en las oficinas de Banco Sabadell, así como en la página web del banco www.bancosabadell.com/pensiones.