Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 185 | marzo-abril 2019
MUNICIPAIS 2019
SEIS PREGUNTAS PARA SEIS CANDIDAT@S Falamos sobre hostalaría e turismo con Martiño Noriega, Agustín Hernández, Xosé S. Bugallo, Goretti Sanmartín, Xoán Bascuas e María Vilas
O noso labor ĂŠ o de aglutinar aos profesionais da HostalarĂa de Santiago de Compostela e comarca.
a sĂłc i ate
www.santiagohosteleria.net
[SEIS PREGUNTAS PARA SEIS CANDIDAT@S] Fa l a m o s s o b r e h o s t a l a r í a e turismo con: Martiño Noriega
PÁXINAS 4 A 9
[COMPOSTELA ABERTA],
px. 4
Agustín Hernández [PARTIDO POPULAR], px. 5 Xosé S. Bugallo, [PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA] px.
6
Goretti Sanmartín [BLOQUE NACIONALISTA GALEGO],
px. 7
Xoán Bascuas [COMPROMISO POR GALICIA],
px. 8
María Vilas [CIDADÁNS], px. 9
PÁXINA 12
PÁXINA 10
[Actualidade] O Pleno aproba a Ordenanza Municipal de Terrazas Visita a Fitur Volve a Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro
[Na mesa con...] A VIAXE, g a ñ a d o r e s d o S a n t i a g o ( é ) Ta p a s
[Novos socios] PÁXINA 14
adega da muiña embora la bicicleta gastro bar fuco lois
[EDITORIAL] O 26 de maio é a data das vindeiras eleccións municipais, uns comicios que darán a alcaldía a algún dos seis candidat@s que entrevistamos neste número de CompHostelería. Trátase do actual alcalde, Martiño Noriega, de Compostela Aberta; os representantes da oposición: o popular Agustín Hernández, o socialista Xosé Sánchez Bugallo e a nacionalista Goretti Sanmartín; así como Xoán Bascuas, de Compromiso por Galicia e María Vilas, de Cidadáns. Quixemos formularlles as mesmas seis preguntas relacionadas coa hostalaría e o turismo para presentárvolas a vós, os nosos lectores, tanto nesta revista en papel como na páxina web santiagohosteleria.net (onde podedes lelas nas súas versións completas). O obxectivo era saber cales son as súas principais ideas e que están dispostos a facer por un dos sectores clave da economía compostelá. Neste número tamén entrevistamos aos gañadores da pasada edición do concurso Santiago(é)Tapas, informávosmos sobre a Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro e celebramos a aprobación definitiva da Ordenanza Municipal de Terrazas. Unha normativa na que conseguimos sacar adiante as demandas da Asociación. Foron moitos meses de asambleas, reunións, comisións de traballo… en definitiva, de diálogo cos diferentes actores para tratar de lograr un consenso que contentase a ambas partes. Grazas a todos os que vos implicastes no proceso! E, como diciamos na campaña que puxemos en marcha o pasado verán: ‘As terrazas fan cidade. Por unha normativa dialogada e de convivencia’ #terrazasnoproblem ❚
Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 comunicacion@santiagohosteleria.org Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Comunicación Asociación Hostelería Compostela Fotografía: Arquivo da Asociación Hostelería Compostela e Iván Barreiro Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010
3
MARTIÑO NORIEGA SEIS PREGUNTAS PARA SEIS CANDIDAT@S
COMPOSTELA ABERTA
Que espazo ocupará a hostalaría e o turismo no seu programa? É un dos nosos principais activos económicos, que xera miles de empregos na cidade. Compostela é impensable sen un turismo e unha hostalaría fortes que tamén precisan seguir camiñando para mellorar as condicións laborais das persoas que se dedican a ela. Descentralizar e desconcentrar o turismo, moi ligado ao casco histórico, é tamén indispensable. Por estes motivos, terán un espazo central no noso programa, concebidos como sectores específicos e como ámbitos transversais que precisan que coidemos con agarimo dende múltiples ámbitos da administración. O obxectivo é claro: mellorar a calidade do turismo, ao mesmo tempo que conciliemos a vida das persoas residentes na cidade coas actividades das persoas que nos visitan.
Que medidas tomarían para desestacionalizar e aumentar a estancia media? Por unha banda, o turismo de congresos e incentivos que é un dos de maior calidade e que máis retorno económico deixan. Cómpre lembrar que este 2019 será un gran ano no sector dos congresos, coa confirmación de 11 congresos médicos con máis de 20.000
4
participantes. Tamén fomentamos no último ano, e así seguiremos facendo, a celebración de concertos de primeiro nivel en inverno, como será o de The Eels ou Bob Dylan e tamén eventos como a Supercopa de España de Baloncesto. Cremos fundamental incrementar aínda máis a promoción internacional da cidade, non só nos países europeos cos que temos conexións internacionais directas, senón tamén en EEUU, que é o terceiro mercado máis importante para cidade só tras Italia e Alemaña e en Xapón e Corea do Sur, onde cada vez temos máis presenza.
Que posición teñen con respecto ao Plan Especial da Zona Vella? É un documento fundamental no que estivemos traballando durante este mandato para actualizalo e adaptalo á realidade actual do noso Concello. Ten que vir acompañado dun Plan de Xestión que defina os usos da cidade histórica e que aposte por optimizar o potencial da zona vella como foco de coñecemento, de creación artística e actividade cultural.
Debería instaurarse unha taxa turística? Sería moi útil para incrementar a calidade do noso turismo e para coidar a cidade (limpeza, recollida de lixo, etc) xa que é unha ferramenta coa que conseguir máis recursos que mellorarán a promoción e oferta de Compostela. Cada vez son máis as cidades europeas (incluso con menor presión turística que a nosa) que contan con esta ferramenta. Nós somos partícipes de instaurar una taxa turística moderada que permita que incrementemos dun xeito sustancial os recursos cos
que contamos para a promoción turística sen afectar directamente ás persoas residentes na cidade.
Contemplan accións que axuden a fomentar o consumo nos bares e restaurantes? O noso compromiso pasa por reforzar a colaboración coa Asociación Hostalaría Compostela e o sector hostaleiro da cidade para continuar consolidando eventos gastronómicos como Santiago(é) tapas ou a Festividade das Uñas de San Lázaro, nos que xa dimos un salto adiante, e apostar tamén por un novo evento capaz de atraer a turistas nos meses de menor demanda. A nosa intención é que este evento, que deseñaríamos conxuntamente coa Asociacións Hostalaría Compostela, poida organizarse en febreiro.
Cal é o Santiago que se imaxina dentro de catro anos? Vexo un municipio vivo, un concello referente como capital do país e construído cos latexos dos corazóns de Compostela, deses homes e mulleres que están detrás de todo ese patrimonio que se foi construíndo nas últimas décadas. Vexo tamén un concello sustentable, solidario e diverso cun casco histórico vivo onde o comercio de proximidade sexa o gran atractivo. E tamén onde o turismo conviva de maneira pacífica coas persoas residentes. Isto sería a plasmación final do traballo que comezamos hai catro anos, do noso modelo de cidade que aposta pola Compostela Cultural e Activa, a Compostela Verde e sustentable e a Compostela Social e Capital dos coidados, sen esquecer a conservación e xestión do patrimonio e por unha Compostela que se afai aos seus veciños e veciñas. ❚
PARTIDO POPULAR
Que espazo ocupará a hostalaría e o turismo no seu programa? Terán un apartado importante no programa electoral porque son un dos motores económicos e sociais da cidade, cuxo efecto multiplicador permite xerar emprego e ingresos indirectos. Estamos, ademais, ante dous fitos salientables: o Ano Santo de 2021 e a chegada do AVE. Dúas cuestións que debemos saber aproveitar para consolidar o destino Santiago no panorama turístico nacional e internacional.
Que medidas tomarían para desestacionalizar e aumentar a estancia media? Temos a sorte de contar cun produto turístico como é o Camiño que permite alongar a temporada, xa que os peregrinos chegan ao longo dos 12 meses. Dito isto, considero que a mellor forma de loitar contra a estacionalización é dando razóns para viaxar a Santiago en calquera momento do ano. Debemos apoiar aqueles segmentos e produtos turísticos nos que somos moi competitivos, como o segmento MICE, a cultura, a gastronomía.... ofrecer unha axenda cultural intensa e estable que se poda paquetizar, xunto a outros recursos. E saír do eixo Catedral-praza do Obradoiro-Rúas. Os turistas deben saber que Santiago ten moito que ofrecer, por iso
tamén hai que dar a coñecer recursos que permanecen ocultos, mesmo para os habitantes da cidade.
ten que alcanzar un amplo consenso e determinar claramente o fin para o que se establece.
Que posición teñen con respecto ao Plan Especial da Zona Vella?
Contemplan accións que axuden a fomentar o consumo nos bares e restaurantes?
O PP impulsou a súa revisión no convencemento de que é necesario un novo pulo para rexeneración e rehabilitación do corazón de Santiago. Por iso, no ano 2014 licitou esta revisión. Catro anos despois, está en vía morta pola incapacidade de Compostela Aberta. É necesario que todos os axentes sociais, económicos e políticos, tanto públicos como privados, acaden un documento de consenso que permita o desenvolvemento sostible do Casco Histórico para que se recupere o parque edificado e se determinen os seus usos, primando a función residencial. Un plan que aborde a carencia de servizos básicos e a mellora da prestación dos servizos para que sexa atractivo para a cidadanía, pero que facilite tamén a instalación de negocios e establecementos que contribúan á súa recuperación. Xunto a ese novo Plan Especial temos que falar do Plan de Xestión, un documento que esixe a UNESCO para todos os bens patrimoniais declarados, como unha folla de ruta na que a cidade debe xestionarse cunha actitude adaptativa a longo prazo.
Cómpre facer un plan específico sobre a gastronomía como recurso principal pero tamén como recurso acompañante doutros produtos turísticos. A renovación da praza de Abastos deulle un pulo a unha estrutura e a unha zona que ía deteriorándose ata convertela no segundo lugar máis visitado da cidade. Porén a ausencia de modelo de Compostela Aberta para a Nave 5 lastra un proxecto que debería ser singular. Debe haber un acordo coa asociación de restauración e con comercios especializados en produtos gastronómicos e enogastronómicos para desenvolver unha estratexia de promoción, na que as restauradoras e os restauradores e, particularmente, os que son punta de lanza, deben de xogar un papel fundamental.
Debería instaurarse en Santiago unha taxa turística? Este debate ten que darse nun contexto global de país. É certo que é unha práctica instaurada en moitas cidades europeas, e ao final vemos que se comporta como un mero instrumento recaudador. Todo é posible e todo se pode estudar, pero unha medida deste tipo
SEIS PREGUNTAS PARA SEIS CANDIDAT@S
AGUSTÍN HERNÁNDEZ
Cal e o Santiago que se imaxina dentro de catro anos? Unha cidade máis sostible e solidaria. Unha cidade amable que recuperou o peso político e institucional que debe ter a capital de Galicia. Debe ser esa cidade que se asoma ao futuro con confianza porque fomos capaces de consolidar un modelo e un estilo de vida que reforzan a singularidade dunha cidade universal. Debe ser exemplo dos principais valores que impregnan o Camiño: a tolerancia, a solidariedade, a fortaleza, o respecto, para converterse nunha cidade acolledora tanto para os seus veciños e veciñas como para os que nos visitan, nunha completa simbiose. ❚ 5
SEIS PREGUNTAS PARA SEIS CANDIDAT@S
XOSÉ A. SÁNCHEZ BUGALLO PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA
Que espazo ocupará a hostalaría e o turismo no seu programa? Tanto a hostalaría como o turismo constitúen unha parte moi importante da economía da nosa cidade e, de feito, representan bastante por enriba do 20% do seu PIB. En ambos casos, son principais xeradores de emprego e determinantes no modelo de cidade. En consecuencia, ocuparán unha parte significativa, tanto do programa como das prioridades da acción de goberno no caso de que así o decida a cidadanía nas eleccións do 26 de maio.
Que medidas tomarían para desestacionalizar e aumentar a estancia media? Santiago ten que ter un proxecto turístico propio, unha producción turística específica, un traballo cos turoperadores e unha oferta orientada a consolidar a cidade como centro turístico. Iso quere dicir que, a maiores do que acabo de expoñer, hai que promover un programa de actividades na nosa cidade e dende a nosa cidade, que teña como obxectivo incrementar a estadía media dos turistas: actividades culturais (exposicións, concertos, etc), deportivas (coa organización de todo tipo de campeonatos) ou mesmo a organización de excursións dende Santia-
6
go. Nada impide, coas distancias que hai en Galicia, que Santiago sexa o punto de partida para ir dende aquí un día ás Rías Baixas, outro día ás Rías Altas, outro á Ribeira Sacra e outro a cidades como A Coruña ou Vigo. Debemos aproveitar a posición central de Santiago en Galicia, territorialmente e tamén en relación coas vías de comunicación. Todo isto plasmarase na actualización e desenvolvemento dun Plan Estratéxico de Turismo.
Que posición teñen con respecto ao Plan Especial da Zona Vella? Somos partidarios de facer un balance e unha diagnose de execución do Plan Especial, corrixindo, modificando e mellorando aqueles aspectos que se entenda que xa non corresponden ás necesidades actuais ou que simplemente non deron o resultado desexado. Non somos partidarios de meternos en procesos sen saber a donde nos levan e, así, cremos que é preferible determinar previamente os cambios a facer e, despois, poñelos en práctica. Por último, pensamos que unha asignatura fundamental que está fracasando estrepitosamente é a xestión do Plan Especial, dende o punto de vista do apoio á rehabilitación e da tramitación de licenzas. Non é aceptable un prazo superior a tres meses para tramitar unha licenza.
Debería instaurarse en Santiago unha taxa turística? A día de hoxe, a verdade, non o vemos. Debemos ter en conta que
Santiago está no centro de Galicia e para adoptar unha decisión deste calado, debemos avaliar o impacto que tería no sector e na cidade. Sen saber a repercusión, non se pode tomar unha medida como é a taxa turística, sobre todo cando temos na cidade centos de pisos turísticos en situación irregular e fóra de control aos que a taxa non se lles aplicaría. Así, habería un incremento do agravio comparativo coa hostalaría regulamentada.
Contemplan accións que axuden a fomentar o consumo nos bares e restaurantes? Evidentemente, é necesario impulsar a realización de eventos que sirvan para incentivar a mellora dos servizos de restauración e para a súa posta en valor, como foi no seu día o Forum Gastronómico. Dun xeito específico, consideramos moi importante recuperar un evento desas características e desa trascendencia, entre outras iniciativas similares.
Cal é o Santiago que se imaxina dentro de catro anos? Penso que as cidades non se
modifican nun prazo de catro anos, senón que normalmente requiren de períodos máis longos. Pero hai que dar pasos e eu imaxínome unha cidade que superou con éxito o reto e a oportunidade do ano Xacobeo 2021, unha cidade moito máis atractiva e acolledora dende o punto de vista do investimento e para os residentes, e unha cidade amable e con servizos de calidade que melloren notablemente os que se están prestando a día de hoxe. ❚
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Que espazo ocuparán a hostalaría e o turismo no seu programa? Un espazo central. Cómpre revisar o modelo de turístico actual para que evolucione acorde cun crecemento sustentábel, fuxindo da masificación e procurando a calidade e a innovación, con propostas especializadas e audaces, integradas nos nosos valores culturais e patrimoniais e con alicerces sólidos nunha gastronomía baseada en produtos de primeira. O futuro do sector pasa por unha maior profesionalización, diversificación, desestacionalización, polo aumento do gasto medio e da rendibilidade, co fin de se converter nun factor económico capaz de xerar riqueza e postos de traballo de calidade.
Que medidas tomarían para desestacionalizar e aumentar a estancia media? Propoñemos ampliar a oferta a turismo idiomático, con vínculos á lusofonía; deportivo, con captación de campionatos internacionais; gastronómico, con produtos de tempada; de congresos, en colaboración coa USC; infantil e xuvenil, para coñecer o patrimonio; ecolóxico, poñendo en valor as zonas verdes e a importancia dos ríos; e interno, para visitar a capital do país. Cómpre tamén realizar un plan director da oferta museística, ademais de completar as dotacións
das infraestruturas existentes e integralas na oferta turística municipal. Sen deixar de entender a catedral e a cidade histórica, cómpre ampliar ese radio e promover círculos concéntricos que atraian visitantes tanto do noso país como de fóra. Hai que incorporar espazos como a Colexiata, o Castelo da Rocha; pór en valor o importante pequeno comercio do ensanche, descubrir o patrimonio de barrios e parroquias...
Que posición teñen con respecto ao Plan Especial da Zona Vella? O obxectivo principal do Plan debe ser gañar e fixar poboación, conseguir que non pase a ser unicamente un lugar de postal carente de vida propia e autenticidade. É prioritario mellorar os servizos, instalar internet e banda larga, gas cidade... Hai que solucionar tamén o tema da recollida de lixo, da carga e descarga de mercadorías e eliminar coches innecesarios ao tempo que facilitar o acceso ás persoas residentes para os usos que se xulguen necesarios. E son imprescindíbeis espazos dotacionais de carácter sociocultural e de tempos de ocio e lecer.
Debería instaurarse en Santiago unha taxa turística? Depende de para que. Se é para recadar máis evidentemente non. Se temos un interese de utilizar ese diñeiro en recuperacións específicas urxentes de utilidade pública pode ser unha ferramenta útil. É por iso que a nosa aposta é someter a consulta popular a creación da taxa turística. En paralelo, cómpre un estudo pormenorizado do método e da súa aplicación. A súa implantación recente en Porto contribuíu ao mantemento dos espazos públicos, limpeza urbana, mellora da sinalécti-
ca e animación nas rúas; lonxe de diminuír o turismo acrecentouno cunha suba do 50% das estimacións iniciais ao tempo que recadan 750.000 euros por mes de media.
Contemplan accións que axuden a fomentar o consumo nos bares e restaurantes?
SEIS PREGUNTAS PARA SEIS CANDIDAT@S
GORETTI SANMARTÍN
Compostela precisa de maneira urxente descentralizar as actividades de rúa e de interior e facer que, sexa cal for a celebración de que se trate, se estendan actuacións e propostas artísticas, culturais, gastronómicas ou deportivas por espazos diversos, cunha planificación eficaz que cubra a maior parte do seu territorio. Ademais de apostar por paquetes turísticos de gastronomía, xulgamos acaído organizar eventos culinarios de enxalzamento de produtos galegos e de promoción de profesionais destacados, coa colaboración das administracións.
Cal é o Santiago que imaxina dentro de catro anos? Imaxino un Santiago cheo de vida, con moito ambiente nas rúas. Con propostas innovadoras arredor da universidade que conseguise que o estudantado tivese ofertas laborais de calidade no seu concello. Con residentes na zona vella e onde o Concello sexa un lugar áxil, eficiente, e non un mecanismo burocratizado que non responde ás necesidades da veciñanza. Vexo un Santiago limpo e ecolóxico, comprometido co feminismo e onde a maioría das persoas que o habitan saiban que apostar polo polo pequeno e mediano comercio é o que xera máis riqueza e calidade de vida. Unha cidade que aposte por unha ordenación do turismo de xeito que sexa un modelo amigábel e con recursos de que tamén poidan participar as persoas que habitan en Compostela. ❚ 7
XOÁN BASCUAS SEIS PREGUNTAS PARA SEIS CANDIDAT@S
COMPROMISO POR GALICIA
e así superar o horizonte dos tres millóns de pasaxeiros.
Que posición teñen con respecto ao Plan Especial da Zona Vella?
Que espazo ocupará a hostalaría e o turismo no seu programa? Calquera forza política que queira gobernar este Concello terá que asumir o papel principal que a hostalaría e o turismo ten na economía local. Velaí que vaia ocupar un lugar central no noso programa, non son só con propostas específicas, senón con outras que estarán relacionadas con ambos sectores, como poden ser a xeración de emprego, a iniciativa empresarial ou o financiamento a través do Instituto Municipal de Crédito que formulamos desde Compromiso por Galicia.
Que medidas tomarían para desestacionalizar e aumentar a estancia media? Hai que recuperar a cidade como destino e non como lugar de paso. Ser unha cidade universitaria recoñecida, cunha intensa actividade científica e profesional, e tan viva culturalmente, son potencialidades suficientes para aumentar o volume de actividade de congresos e de eventos no Concello. Isto debe ir acompañado do diálogo e a concertación co resto das administracións públicas para formular políticas turísticas sostidas no tempo. Por exemplo, é necesario apelar ao acordo entre todas elas para que se asuma, de vez, que Lavacolla debe ser o aeroporto principal de Galicia 8
Debería ser unha deses Pactos de Cidade, así, con maiúsculas, que requirise un grande acordo non só entre as diferentes forzas políticas, para que non dependera de a quen lle toque gobernar, senón tamén o resultado do diálogo entre a veciñanza, o comercio e a hostalaría afectada. Desde Compromiso asumimos que o Plan Especial debe ser tan ambicioso como realizable, que debe ter distintos graos de esixencia, e que tamén deben alongar o seu ámbito de acollida.
Debería instaurarse en Santiago unha taxa turística? Debería. Pero é unha competencia autonómica e o goberno da Xunta non está polo labor. Con todo, non paga a pena laiarse. Desde o Concello fican alternativas para facer que aquelas persoas que veñen gozar da nosa cidade podan contribuír ao financiamento do gasto turístico. De feito, a negativa de Feijóo a que haxa unha taxa turística debe agudizar a nosa imaxinación: a taxa turística está pensada para a xente que fai noite en Santiago e nos últimos tempos só o 29% dos turistas quedan aquí máis de dúas noites. Existen fórmulas que poden facer que sexan as empresas que organizan excursións as que paguen un canon por volume de clientes que traian.
Contemplan accións que axuden a fomentar o consumo nos bares e restaurantes? Hai cousas nas que o mellor que se pode facer é non estorbar. Isto
é, a obriga do goberno municipal debe ser o de atraer máis xente a Santiago para convertelos en clientes potenciais e que sexa o negocio local quen desenvolva a oferta. Iniciativas como Santiago(é)tapas están máis que consolidadas e desde Compromiso estamos sempre abertos a calquera medida que estimule a actividade económica da cidade. Outra posibilidade é a de potenciar as festas de barrio ou promover a difusión da gastronomía e a cociña compostelá.
Cal é o Santiago que se imaxina dentro de catro anos? Imaxino unha cidade na que calquera persoa que resida nela poda desenvolver o seu proxecto vital. Coido que poucos obxectivos poden ser tan ambiciosos como o de facilitarlle á veciñanza a posibilidade de materializar o seu soño laboral, empresarial, académico ou familiar. Compromiso traballará para que Santiago sexa ese lugar onde a creatividade, o emprego e o emprendemento sexan centrais na acción política. E todo isto é compatible cun Santiago con 100.000 habitantes; cun desemprego por debaixo do 10%; coa capacidade de crear tanta riqueza como para volver a ser a terceira cidade en produto interior bruto de Galicia; en definitiva, unha cidade no que ser capital non sexa só un valor administrativo, senón a vocación de ser o verdadeiro motor de todo o país. Non sei se en catro anos, pero si que imaxino un futuro no que nos restantes 312 concellos galegos, cando queiran enfrontar un problema ou encarar un reto, pensen “como fixeron en Santiago?”. ❚
CIDADÁNS
eventos cíclicos fóra dos meses de maior ocupación e establecer unha ruta de dinamización cultural. Ademais consideramos necesario incrementar as conexións aéreas tanto nacionais como internacionais.
Que posición teñen con respecto ao Plan Especial da Zona Vella? Que espazo ocupará a hostalaría e o turismo no seu programa? No noso proxecto de cidade, de capital, que nos merecemos en Compostela, Cidadáns leva no programa o “Plan TurismoSOS”, que fomentará un turismo sostible baseado na riqueza patrimonial da cidade, na importancia de Santiago como meta e fin do Camiño e na promoción da nosa cultura e da gastronomía. Pero para que esta non sexa a típica descrición que se fai deste sector, e que se desvanece tras as eleccións, nós comprometémonos a contar co apoio e asesoramento das principais asociacións e operadores turísticos da cidade, buscando consensuar tanto os obxectivos como tódalas accións a realizar, convocando de modo periódico unha mesa de traballo conxunta entre a administración e os diferentes actores do sector turístico e hostaleiro da cidade.
Que medidas tomarían para desestacionalizar e aumentar a estancia media? É fundamental situar a Santiago como destino cultural por medio da innovación, da promoción do turismo de interior, a posta en valor da nosa gastronomía e volver a recuperar o protagonismo que merece no sector do turismo de congresos. Debemos promover unha actividade diversificada e atractiva incluíndo
Defendemos que se realice unha efectiva revisión do Plan, que respectando o valor patrimonial e monumental da nosa Cidade Vella atenda aos cambios que sufriu a sociedade no últimos vinte anos e que dea solución aos problemas de servizos, mobilidade, rehabilitación e sobreutilización dos espazos públicos que fan incómoda a vida aos veciños da parte histórica de Compostela e que están a provocar un despoboamento da Améndoa.
Debería instaurarse en Santiago unha taxa turística? Consideramos que a proposta de implantar unha taxa turística en Santiago está pouco madura e non é oportuna neste momento. Cremos que se debe realizar un estudo sobre o impacto que este imposto podería ter sobre un dos principais motores económicos e de emprego da cidade, así como dun plan de turismo no que se definan os obxectivos a conseguir, os recursos dispoñibles e o financiamento necesario. Esta nova taxa suporía unha carga administrativa adicional para moitos pequenos negocios, que son a maioría dos establecementos hostaleiros da nosa cidade. Pero hai ademais outros temas que deberían valorarse: a forma de aplicar a taxa a todas as persoas que visitan a cidade e non só as que dormen nela; como se vai a cobrar aos visitantes
que se aloxan en vivendas de uso turístico; se se establecerá a mesma taxa na tempada alta que na probrísi-
ma tempada baixa; etc.
Contemplan accións que axuden a fomentar o consumo nos bares e restaurantes?
SEIS PREGUNTAS PARA SEIS CANDIDAT@S
MARÍA VILAS
O noso obxectivo é converter a Santiago nun centro de referencia no turismo gastronómico, creando un proxecto innovador e atractivo. Buscaremos o apoio dos principais axentes turísticos e gastronómicos da nosa comunidade mediante a colaboración público - privada que converta a Santiago nun referente gastronómico tanto nacional como internacional, programando eventos, obradoiros e xornadas de divulgación. Santiago non só pode ser un escenario marabilloso para dar a coñecer ao mundo enteiro a nosa riqueza gastronómica, senón que tamén pode ser un escenario global para albergar outras culturas, tendencias e os avances e vangardas neste eido.
Cal é o Santiago que imaxina dentro de catro anos? Imaxino un Santiago responsable, inclusivo e de oportunidades. Unha cidade capital, sen complexos, onde o cidadán sexa o centro. Onde o desgoberno destas últimas lexislaturas sexa soamente un mal recordo. Aposto por un goberno local ambicioso, que queira traballar para os cidadáns con sacrificio e humildade, con profesionais que aporten á política e non con profesionais políticos ao servizo deles mesmos. En definitiva, imaxino un Santiago vivo, unha cidade onde vir e quedarse a vivir e traballar, dotada de servizos modernos e accesibles, que aposte pola conciliación e sexa amigable para todos. ❚ 9
[ Ac t u a l i d a d e ] APROBAN A ORDENANZA DE TERRAZAS COA ALEGACIÓN PRESENTADA POR HOSTELERÍA COMPOSTELA
O
Actualidade
Pleno da Corporación aprobou de maneira definitiva a ordenanza municipal reguladora de terrazas e quioscos de hostalería. O texto, que incorporou a alegación presentada pola Asociación Hostelería Compostela tras a aprobación inicial da ordenanza, contou cos votos a favor de Compostela Aberta e a abstención do resto de grupos municipais. Na sesión plenaria, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, explicou que “cos cambios do texto, o Goberno atende ás demandas do sector hostaleiro mantendo o espírito da norma, que pretende regular e limitar a ocupación do espazo público”. Así, o texto recolle que, con carácter xeral, a terraza deberá situarse acaroada á fachada do establecemento e a súa lonxitude limitarase á da fachada do local do que é auxiliar; e xustificadamente, poderá estar separada do local ata un máximo de 20 metros. Tamén inclúe que cando a terraza se sitúe acaroada á fachada ou na liña de bordo da beirarrúa e sempre que non se soliciten ambas ocupacións simultaneamente, poderá autorizarse superar os límites da fachada do establecemento, previa solicitude debidamente fundamentada á que debe achegarse autorización dos propietarios dos
locais comerciais estremeiros. Do mesmo xeito, será precisa unha solicitude debidamente fundamentada para situar a terraza separada do establecemento. Nos dous casos, a concesión da autorización terá en conta cuestións técnicas como as características e morfoloxía dos espazos, o impacto visual, os fluxos de persoas e vehículos ou a afectación da accesibilidade universal. Sinálase ademais que “en ningún dos supostos de ocupación poderá ocuparse espazo fronte ou acaroado a portais de entrada de vivendas”. Duarte tamén explicou que “se permitirá que as terrazas con pechamento esgoten o
Asamblea celebrada na nosa sede para tratar a modificación da Ordenanza de Terrazas.
prazo de concesión (10 anos) sempre que respecten escrupulosamente as condicións polas que lles foi outorgada”, e adiantou que o obxectivo é que “na zona histórica non haxa terrazas con pechamento porque entendemos que teñen demasiado impacto nunha área que ten que ser protexida”. Tamén se introduce unha nova redacción no artigo que regula os horarios das terrazas, segundo explicou Duarte, “atendendo ás demandas do propio sector hostaleiro”. Así, a limpeza e a retirada do mobiliario da terraza deberá facerse no prazo máximo de 30 minutos unha vez rematado o tempo de permanencia permitido.
HOSTELERÍA COMPOSTELA, EN FITUR
A
presidenta da nosa Asociación, Sara Santos; así como o noso xerente, Ramón García; e outros membros da directiva, asistiron á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que un ano máis se celebrou en Madrid. Alí puideron participar en diferentes actos de promoción da nosa cidade, como a presentación da Semana Santa de Santiago como Festa de Interese Turístico de Galicia e os catro ámbitos específicos nos que traballa Turismo de Santiago: o Turismo Literario, o Turismo dos Amores, o Turismo MICE e o Turismo do Cine; os compromisos que se marca o Clúster de Turismo de Galicia para os vindeiros anos; ou os avances na organización do Xacobeo 2021 que presentou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.❚
10
[ Ac t u a l i d a d e ] VOLVE A FESTA DAS UÑAS DE SAN LÁZARO ENTRE O 5 E O 8 DE ABRIL
S
an Lázaro acollerá de novo a Festa das Uñas entre o 5 e o 8 de abril . Trátase dunha das exaltacións gastronómicas máis antigas de Galicia e na que participan locais no só deste barrio, senón tamén doutras zonas da cidade. A Asociación Hostelería Compostela e o Concello de Santiago colaboran desde hai anos na promoción deste evento, co obxectivo de poñer en valor a súa tradición e singularidade e dinamizar a vida da cidade antes do inicio da Semana Santa. E é que esta Festa ten lugar
cada ano no Quinto Domingo de Cuaresma, tamén chamado ‘Domingo de Lázaro’, antesala de Semana Santa co Domingo de Ramos. A festa ten un dobre carácter: relixioso e gastronómico. Ao santo hónraselle con misa e procesión, ao que se une a tradición dunha romaría moi antiga que segue a celebrar a poxa dos pés de porco como ofrenda ao santo. A parte culinaria baséase nas pezuñas acompañadas de bertóns, patacas e chourizo que serven os restaurantes participantes. Como en tódalas festas, tampouco falta a verbena.❚
Poxa das uñas na pasada edición da festa. Foto: Concello de Santiago
11
O equipo de A Viaxe. Foto: Ivรกn Barreiro.
12
[Na mesa con ….]
B
ianca e Tomás son parella e tamén responsables do restaurante ‘A Viaxe’, situado na Praza do Matadoiro. Abriron o seu local, onde practican o que eles denominan unha cociña de matices, o pasado 31 de outubro, só 15 días antes do arranque da undécima edición do Santiago(é)Tapas. E gañaron! O seu ‘Montadito Tenreira Arzúa-Ulloa’ recibiu o primeiro premio deste concurso organizado pola Asociación Hostelería Compostela e Turismo de Santiago.
Por que decidistes participar en Santiago(é)Tapas? Tomás: Foi unha aventura. Estabamos na última semana de inscrición, fomos case os últimos. Non sabiamos se o local ía estar listo. Chegamos no último momento. E ao final saíu ben! Bianca: A experiencia foi moi boa. Para nós que acababamos de abrir foi boísimo porque atraeu a moita xente ao local, a probar a tapa. Foi un empurrón estupendo. Tomás: E non esperabamos para nada gañar. Fixemos dúas tapas. A gañadora era un pan como con masa de brioche pero salgada rechea con queixo de Arzúa Ulloa e unha terneira galega por enriba. Tiña moitos matices de sabores. E penso que iso foi o que gustou á xente.
xuntos. Coñecímonos nun terceiro país que non é ningún dos nosos, viaxamos por todo o mundo e rematamos aquí, nunha cidade pequena, na que nos gusta vivir, que nos acolle moi ben. A filosofía que transmitimos é que ‘A Viaxe’ é unha cociña que recorda a Perú, que respecta a Galicia e que viaxa por moitas partes do mundo. Facemos unha cociña con matices do mundo, pero con alma peruana e corazón galego. Levades pouco tempo abertos pero que tal a resposta dos composteláns? Tomás: Moi boa. A nosa preocupación na primeira etapa era ver se a xente local entendería a nosa cociña. Porque fai dez anos, cando cheguei aquí e empecei a traballar en hostalaría, ninguén sabía o que era un ceviche ou outro tipo de cociña peruana. Pero pouco a pouco, coas novas tendencias de gastronomía, fai que a xente se anime a vir e probar. E ao final, gusta.
Como xurdiu a idea de A Viaxe? Tomás: Levaba rondando na
miña cabeza moito tempo. Son de Perú. Levo en Santiago dez anos e penso que ‘A Viaxe’ é o cúmulo das historias que vivimos os dous
A tapa gañadora do Santiago(é)Tapas 2018. Foto: Iván Barreiro
Bianca, no teu caso, non tiñas nada que ver coa hostalaría. Como acabas aquí? Bianca: A culpa é de Tomás (risos). Empecei axudándolle coa parte de administración porque queríamos montalo como un proxecto de familia. A idea non era que eu estivera tanto tempo tan pronto, pero unha vez que vin o proxecto nacer tamén me apetecía velo crecer. É un mundo totalmente novo para min porque son Técnico de Comercio Exterior. Aínda estou adaptándome, pero estou moi contenta. Tomás está na cociña e eu ocúpome da sala. Comenzar un negocio en hostalaría sempre é arriscado. Que vos motivou? Bianca: Porque ou era agora ou non era nunca. Eu xa traballara moito fóra. Tomás tamén, xa tiña moita experiencia en hostalaría en moitas cidades. E queríamos ter o noso propio negocio.
Na mesa con ...
A VIAXE, GAÑADORES DO SANTIAGO(É)TAPAS 2018
Que é o mellor e o peor da hostalaría? Bianca: O peor, que require invertir moitas horas. Pero é moi gratificante. Cando alguén se marcha dicindo que estivo boísimo, espectacular, as horas que botaste xa se sinten menos. Ou cando gañamos o Santiago(é)Tapas. Foi moi reconfortante non só para nós, senón para todo o equipo. Tomás: Para min tamén é moi gratificante que o equipo estea contento. Temos un equipazo. Non somos moitos. Somos catro, pero os rapaces que están con nós, tamén cren no que facemos. E iso é moi importante. ❚ 13
[ No v o s ADEGA DA MUIÑA Rúa da Muíña, 56 – San Lázaro (Santiago) 665 441 918
No próximo mes de maio cumpriranse 21 anos desde que o hostaleiro Manuel Antelo puxera en marcha a Adega da Muiña, un bar especializado en viños, queixos, cervexas e embutidos, que xa é todo un clásico no barrio de San Lázaro. Cada mañá podemos gozar nel dun moi bo café e con cada consumición sempre teremos a nosa correspondente tapa, distinta en cada xornada, máis fresca en verán e de culler en inverno. Se queres coñecela, a Adega está aberta todos os días de 9:30 a 15:30 horas e de 19:00 a peche (excepto os domingos pola tarde).
EMBORA Tras San Fiz, 2 (Santiago) facebook.com/barembora wencesworld@gmail.com
En poucos días comeza a primavera e con ela a ocasión perfecta para gozar da molona terraciña do Embora. Abertos de luns a sábado de 18:00 a 2:30 horas, ademais de servir cafés,e infusións especiais, contan cunha rica gama de cervexas, copas e algún cóctel (Margarita Granizado ou Bloody Mary). Cunha oferta artística e cultural ampla e versátil, o local funciona tamén como o ambigú da casa de microteatro A Regadeira de Adela.
Foto: Compostela es bien
14
socios] LA BICICLETA GASTRO BAR Avda. Peregrina, 26 – Local 4 (Bertamiráns-Ames) 691718482 labicicletagastrobar@gmail.com
Aberto desde xullo do ano pasado, La Bicicleta Gastro Bar achega ata Bertamiráns o mellor da cociña venezolana, país de orixe das súas dúas socias. Cunha decoración moi colorida e coidada, maiores e pequenos gozan desta cafetería onde sempre reciben aos seus clientes cun sorriso. Entre as súas especialidades destacan os almorzos, as tostas e a miniburguer de carne galega. Contan tamén cun rincón con latas de paté. Pechan os domingos e o resto da semana podes atopalos abertos desde as 7:00 ata as 21:30 horas (venres e sábado ata ás 22:30).
FUCO LOIS Rúa de Xelmírez, 25 (Santiago)
A escasos metros da Catedral, no corazón de Santiago de Compostela, podes atopar un dos locais máis antigos da Zona Vella, o Fuco Lois. Local famoso polas suas especialidades de caipirinhas, mojitos, sangría e sobre todo a queimada. O interior está amenizado por unha selección de excelente música de estilo rock, blues, jazz, soul, etc... Alí gozarás dun ambiente especial e único para pasar unha noite con amigos, en boa compañía, onde a cercanía da xente faise notar.
Novos Socios
677 604 129
15
Banco de Sabadell, S.A., Avda. Óscar Esplá, 37, 03007 Alicante, Inscrito en el Registro Mercantil de Alicante, tomo 4070, folio 1, hoja A-156980. NIF A08000143. Condiciones revisables en función de la evolución del mercado. Serán de aplicación las que estén en vigor en el banco en el momento de la formalización. Documento publicitario. Fecha de emisión: Marzo 2019
Una cosa es decir que trabajamos en PRO de su negocio. Otra es hacerlo:
Cuenta Expansión
1 /6
Negocios PRO
Este número es indicativo del riesgo del producto, siendo 1/6 indicativo de menor riesgo y 6/6 de mayor riesgo.
Una cuenta que pone a su alcance financiación a la medida de su negocio.
Banco de Sabadell, S.A. se encuentra adherido al Fondo Español de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito. La cantidad máxima garantizada actualmente por el mencionado fondo es de 100.000 euros por depositante.
------------------------------------------------------------------------------------------
Gratis
+
Servicio Kelvin Retail, información sobre el comportamiento de su negocio.1
0 comisiones de administración y mantenimiento.2
+
TPV Terminal punto de venta en condiciones preferentes.
+
Gratuitas Tarjetas de crédito y débito gratuitas, sin cuota de emisión ni mantenimiento, válido para una tarjeta de débito y una de crédito por titular en caso de persona física y por autorizado en caso de que el titular sea una persona jurídica.
-----------------------------------------------------------------------------------------Y muchas más ventajas. La Cuenta Expansión Negocios PRO es la cuenta pensada para que despachos profesionales, autónomos, comercios y pequeñas empresas se hagan grandes.
Llámenos al 900 500 170, identifíquese como miembro de su colectivo, organicemos una reunión y empecemos a trabajar.
-----------------------------------------------------------------------------------------1. Contará con un servicio periódico de información actualizada sobre el comportamiento de su comercio, sus clientes y su sector, para ayudarle en la toma de decisiones. También le ofrecemos el TPV en condiciones preferentes. 2. Rentabilidad: 0% TAE. Servicio no financiero de asistencia jurídica telefónica y portal web exclusivo, cuota anual del servicio gratuita el primer año. Coste anual a partir del segundo año de 40 euros + IVA, salvo en el caso de colectivos profesionales con convenio Banco Sabadell, en cuyo caso la cuota anual del servicio es de 20 euros + IVA. CRISTALWARE CONSULTING SERVICES S.L.U. es la entidad encargada del servicio de orientación jurídica telefónica y PEOPLE VALUE, S.L. es la entidad encargada del servicio de descuentos y beneficios. Los citados servicios serán prestados de acuerdo con las condiciones que dichas entidades tengan establecidas en cada momento, sin intervención ni responsabilidad alguna de Banco de Sabadell, S.A. El banco es ajeno a cualquier incidencia y/o circunstancia derivada o relacionada con la prestación de los servicios, los cuales, en todo caso, están sujetos a que se mantengan vigentes los acuerdos suscritos entre el banco y las indicadas entidades. El servicio de orientación jurídica telefónica no abarcará las cuestiones o posibles incidencias de la actividad del cliente que puedan afectar a sus relaciones con empresas del grupo Banco Sabadell, filiales o participadas. Las excelentes condiciones arriba mencionadas de la Cuenta Expansión Negocios PRO se mantendrán mientras se cumpla el requisito establecido en el contrato. Debe haber un ingreso mínimo de 700 euros mensuales. Este requisito es de cumplimiento mensual y si al segundo mes no se cumple, automáticamente la Cuenta Expansión Negocios PRO pasará a ser una Cuenta Profesional. Se excluyen los ingresos procedentes de cuentas abiertas en el grupo Banco Sabadell a nombre del mismo titular. Oferta desde octubre 2018.
bancosabadell.com
Captura el código QR y conoce nuestra news ‘Professional Informa’
AHEEEHAPEIALCIENCGDGFPLAIPAHEEEHA BNFFFNBPFPIDELBOFGMDIDMPBPBNFFFNB AAGEMLFNEMAFBMFPJBBLLFMIOHIOFHBIB HFEDIJFICDFIDDJDKJOIFOGHHAOAFDILP ABAMNMFBACGOHHOFHEAPJHEKICCJBADFC EJDLHAFBMGEOOODHMBIDIBLBMOIONKFIJ MFFFFFEPDEODMBACFDDIMIOIAHFHAEMOG APBBBPAPIIFFIHMIDOIGCFHEEHEEGJHJG HHHHHHHPHHHHPHPPPHPHHHPHPPPHHHHPP