Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 189 | novembro-decembro 2019
Comeza o XII Santiago(é)Tapas e o I Santiago(é)Cóctel
O noso labor ĂŠ o de aglutinar aos profesionais da HostalarĂa de Santiago de Compostela e comarca.
a sĂłc i ate
www.santiagohosteleria.net
PÁXINA 4
[Entrevista] Antón Antelo, Xerente de XADE:
PÁXINA 8
[Reportaxe] X I I S a n t i a g o ( é ) Ta p a s e I Santiago(é)Cóctel
PÁXINA 11
[Opinión] Compostela Inserta
PÁXINA 12
[Actualidade] Reunión da comisión Hostalaría – Concello Nacen os Premios Galicia de Turismo
PÁXINA 14
[Novos socios] Pulpería A D’María Bocalino Fo r u m P u b La Galiciana
[EDITORIAL] Tedes entre as vosas mans o número de novembro-decembro da nosa CompHostelería e, como xa é tradición nesta época, tamén chega o Santiago(é)Tapas, que este 2019 cumpre a súa duodécima edición, con máis locais participantes e unha importante novidade: o nacemento de Santiago(é)Cóctel, un concurso no que teremos oportunidade de probar as propostas de cócteles dos nosos hostaleiros. Así que desde o 14 de novembro ao 1 de decembro, -cunha final do 6 ao 8 de decembro entre os dez mellores petiscos- Santiago convertirase de novo na capital das tapas, nunha iniciativa que vén dinamizar a hostalaría compostelá na temporada baixa e que cada ano gana adeptos. Nesta ocasión a nosa Asociación organiza activamente o concurso que promove Turismo de Santiago, patrocina Mahou e no que colabora a Deputación de A Coruña, recuperando así o pulo do certame, do cal estamos moi orgullosos. Desexamos moita sorte a todos os participantes! Por outra banda, neste número poderedes ler a entrevista a Antón Antelo, xerente de XADE, encargada de xestionar o Multiusos Fonte do Sar e o Complexo de Santa Isabel. Dirixindo o recinto dende 2018 e con exitosos espectáculos no seu haber como o concerto de Bob Dylan, fálanos do seu traballo por recuperar o espazo como programador de grandes eventos, entre os que se atopa a visita de El Circo del Sol en febreiro de 2020. Son propostas como esta as que serven para desestacionalizar o turismo na nosa cidade. Tal como o propio Antelo afirma, “sitúannos no mapa”. Desde a nosa Asociación, seguiremos apoiando grandes eventos como os que espera albergar o Multiusos ou concursos como Santiago(é)Tapas e Santiago(é)Cóctel, que sirven para potenciar a nosa hostalaría local, atraen cada vez un maior número de visitantes e axudan a dinamizar a vida da nosa cidade. ❚ Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 comunicacion@santiagohosteleria.org Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Comunicación Asociación Hostelería Compostela Fotografía: Arquivo da Asociación Hostelería Compostela, La Diapo e Iván Barreiro Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010
3
Antón Antelo é o xerente de XADE desde xullo de 2018. Foto: Iván Barreiro
4
Entrevista
[ Entrevista] “Buscamos programar espectáculos de gran formato que resulten atractivos e que contribúan a situarnos no mapa” Antón Antelo, xerente de XADE:
Concerto de Maluma no Multiusos Fontes do Sar. Ano 2017. 6000 visitantes e 461.000 euros de impacto económico da cidade. As cifras pertencen a un estudo realizado pola Universidade de Vigo, no que tamén se indicaba que o 13% dos seguidores do cantante colombiano que asistiron ao show pernoctaron en Compostela, cun gasto medio por persoa de 61 euros. Con este exemplo podemos entender por que en XADE, a sociedade que xestiona o recinto, están a traballar desde hai máis dun ano por recuperar o edificio como un espazo no que albergar grandes espectáculos. Sobre todo, en meses tradicionalmente de menor afluencia turística co obxectivo
de favorecer a desestacionalización. Antón Antelo, o seu xerente, destaca que o Multiusos se caracteriza pola súa versatilidade e pola súa estrutura funcional, que fan que se poida compatibilizar o seu uso diario como centro lúdico e deportivo coa realización de grandes eventos sociais e culturais. Nel conviven tres áreas diferenciadas: o deporte e saúde, o deporte federado e os eventos. E polos tres paga a pena apostar.
O Multiusos de Sar está baixo a súa xerencia desde xullo de 2018. Que balance fai deste tempo de traballo? Neste tempo logramos avances en positivo, como por exemplo,
actualizar as tarifas logo de 9 anos conxeladas. Apostamos máis polas familias, con actividades moi exitosas como o Campus Sar, no que se acadaron cifras récord, con 750 asistentes durante a edición deste verán. Tamén intentamos atender ás demandas dos usuarios, ampliando o horario de apertura aos domingos pola tarde; incorporando novas tendencias, como os adestramentos persoais; ou organizando eventos paralelos á oferta existente, tales como charlas, masterclass, etc. vinculadas co exercicio físico e coa saúde.
Un dos grandes obxectivos deste mandato é o de recuperar o edificio como
5
Entrevista
programador de grandes eventos. Por que é importante apostar por esta liña e como pode beneficiar ao turismo e á cidade en xeral? Primeiro teño que recordar que estamos traballando cunha nova prórroga anual do contrato, coas limitacións que iso conleva, que finaliza o 19 de maio de 2020 (XADE é unha empresa de capital mixto, 66% privado 33% do Concello, que xestiona o Multiusos de Sar e o complexo de Santa Isabel). Aínda así, efectivamente dende hai máis dun ano traballamos co obxectivo de recuperar o seu lugar como epicentro da programación de Galicia. Desta maneira, acollemos, con moito éxito, os concertos de Helloween, Tribalistas ou Bob Dylan – que foi un cheo. A liña marcada é esa, a de programar grandes eventos que deixan un importante impacto económico na cidade. Hai que darse de conta que o Multiusos é o único recinto da capital de Galicia, e un dos dous en toda a comunidade, que reúne as condicións para albergar eventos a cuberto de gran calado. Durante anos acolleu grandes citas como os concertos de Mark Knopfler, Van Morrison, Gary Moore, Chayanne, Chemical Brothers, tres espectáculos do Circo do Sol… E chegou a converterse nunha referencia no noroeste da península. A iso queremos voltar.
De feito, en pouco tempo, volveremos ter outro gran evento no Multiusos… Si, a primeira vez que actuou o Circo do Sol en Galicia foi aquí, no Multiusos. Agora volven en febreiro cun espectáculo, ‘Cor6
teo’, que é, aparte de ‘Alegría’, o máis valorado da compañía. E que será de novo unha estrea na nosa comunidade. Por sorte temos un equipo de produción moi bo, con moita experiencia, no que me gustaría destacar a Chelo Suárez, a nosa coordinadora de eventos e responsable de Marketing. Compañías como Circo do Sol queren traballar connosco, pese a non ter ningunha subvención como si sucede noutros lugares, polo ben que os tratamos, a promo-
“O concerto de Maluma no Multiusos deixou 461.000 euros de impacto económico na cidade” ción que facemos… Por suposto, tamén co apoio das Administracións, que son imprescindibles para sacar adiante este tipo de programas. Tamén tratamos de xerar sinerxias con outros entes da cidade para remar todos na mesma dirección e lograr cun traballo conxunto un éxito de convocatoria e un bo impacto para a cidade de Santiago. Nesta liña asinamos recentemente un convenio de colaboración coa Asociación de Hostelería de Santiago, para
favorecer as pernoctas.
En que máis espectáculos estades a traballar de cara a 2020? No 2020, previo ao Xacobeo, e no 2021, búscase programar espectáculos de gran formato que resulten atractivos e que contribúan a situarnos no mapa. Trátase de colaborar na desestacionalización do turismo de Santiago, coa programación de concertos ao longo de todo o ano, atendendo especialmente aos meses de temporada media-baixa. En concreto para o vindeiro ano estamos traballando en máis espectáculos pero non podemos concretalos todavía porque neste sector os compromisos poden caerse por razón moi diversas. Estamos abertos a todo tipo de modalidades escénicas, non só musicais, incluso tamén de grandes eventos deportivos.
De feito, o deporte federado e, en concreto, os partidos do Obradoiro, supoñen tamén un importante impacto económico e turístico na cidade, non si? Si, segundo un estudio sobre o impacto do Obradoiro CAB en ACB en Santiago, realizado coa Universidade de Vigo, o impacto total anual do club na cidade é de 3.442.000 €, o que supón un gasto por partido de 160.000€. Esta análise tamén amosa que o 80% dos asistentes son alleos ao termo municipal de Santiago, e o 21% acode en familia.
O Multiusos ten xa case 20 anos. Abriu as súas portas en 2001. Está en óptimas condicións para acoller estes
Pois mira, hai pouco que pasou por aquí un dos arquitectos e díxonos que estamos envellecendo ben (Sorrí). E todo iso é polo mantemento preventivo que facemos. O edificio está perfectamente conservado para albergar grandes espectáculos. Conta cun aforo de 8.500 persoas, que pode variar en función das características do evento. Outra cousa é na área de deporte e saúde, onde que si que habería que facer algunha mellora. Un condicionante derivado da nosa versatilidade como edificio
multiusos é que cada vez que hai unha actuación, temos que facer un labor de adaptación do recinto, coa desmontaxe do chan que se utiliza para as competicións deportivas e de montaxe para o evento. Isto, loxicamente, supón un esforzo de tempo e cartos. Fai díficil por exemplo, poder programar dous eventos de diferentes características nunha mesma fin de semana. Pero, por outro lado, grazas a esa multifuncionalidade estamos ofrecendo unha oferta variada que enraiza coa nosa vocación de servizo á cidade.
Entrevista
grandes eventos?
O CIRCO DO SOL, EN FEBREIRO O Circo do Sol traerá a Santiago o seu espectáculo ‘Corteo’, con 51 acróbatas, músicos, cantantes e actores de todo o mundo. Serán 7 sesións no Multiusos Fontes do Sar entre o 5 e o 9 de febreiro de 2020. En ‘Corteo’ o concepto e a disposición do escenario levan ao espectador a unha atmósfera teatral como nunca antes se vira nos espectáculos do Cirque du Soleil nun pavillón. O conxunto de cortinas, inspirado na Torre Eiffel, e as cortinas centrais, que foron pintadas a man, dan unha sensación grandiosa ao escenario. Máis información: multiusos.net
Antelo explica que tratan de programar en tempada baixa para axudar á desestacionalización do noso turismo. Foto: Iván Barreiro
7
s a p a t ) é ( o g a i Sant
14 NOV - 1 DEC 2019 ı FINAL 6-8 DEC 2019
Santiago (é) cóctel 14 NOV - 1 DEC 2019
FINCAVIÑOA
8
Reportaxe
[ Reportaxe] MÁIS DE 70 LOCAIS PARTICIPAN NO XII SANTIAGO(É)TAPAS E I SANTIAGO(É)CÓCTEL
X
a está todo listo para o arranque do XII Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, un evento promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostelería Compostela, co apoio da Deputación de A Coruña e o patrocinio de Mahou. Esta edición celebrarase do 14 de novembro ao 1 de decembro. Entre todas as tapas participantes seleccionaranse dez finalistas que competirán na final prevista para os días 6, 7 e 8 de decembro. Os obxectivos principais deste certame son incentivar a cultura gastronómica, dinamizar á cidade nun mes tradicionalmente de menor afluencia turística e amosar a calidade e o bo facer dos hostaleiros e hostaleiras de Santiago. O concurso estrea unha imaxe que busca afondar no concepto de ubicación, amosando Santiago como o lugar perfecto onde gozar dunhas boas tapas. O novo logo garda tamén relación coa meta do Camiño de Santiago e as rutas de locais – as coñecidas (é) tapas – que poderán percorrer todos aqueles veciños e veciñas, así como visitantes, seguindo candanseu tapasporte.
Tradicionais e creativas Por primeira vez neste concurso, establécense dúas modalidades de tapas: tapa tradicional, cun prezo de entre 1 e 2 euros, e tapa creativa, de entre 2 e 3,50 euros. Así mesmo, haberá un premio maridaxe Mahou, no que poden participar ambas as dúas modalidades, sempre que o seu consumo se maride con calquera das distintas cervexas de Mahou. Co fin de fomentar o uso de produtos autóctonos e de proximidade, fíxase como requisito imprescindible para participar que as tapas inclúan na súa elaboración, cando menos, un produto pertencente a algunha das denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas de Galicia. Outra gran novidade desta edición é a posta en marcha do I Santiago(é)Cóctel, un concurso de cócteles organizado pola Asociación Hostelería Compostela que tamén se celebrará do 14 de novembro ao 1 de decembro. Neste certame establécense dúas modalidades de cócteles: cóctel clásico, cun prezo fixo de 5 euros, e cóctel creativo, cun prezo de 6 euros. En total, participarán máis de 70 locais que presentan aos concursos un centenar de tapas e unha vintena de cócteles.
9
Premios Outra novidade con respecto ao ano pasado é o número e a distribución dos premios. Entre todas as tapas presentadas outorgaranse, mediante o voto ponderado do xurado profesional e do público, un primeiro e un segundo premio á tapa creativa, dotados con 1.000 e 500 euros, respectivamente; un primeiro e un segundo premio á tapa tradicional, tamén con 1.000 e 500; e un premio maridaxe Mahou, con 500 euros en producto e un showcooking nun evento Mahou. Tamén se outorgarán os premios do público á
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, visitou as probas de selección das tapas participantes. Fotos: La Diapo fotografía
10
tapa creativa e á tapa tradicional, dotados con 700 euros cada un. Así mesmo, premiaranse dous cócteles, un creativo e un clásico, con 500 euros cada un. Ademais, tamén haberá premios para os consumidores, que poderán optar a eles por completar as diferentes (é)tapas. Poden consultarse todas as tapas e cócteles participantes, así como as diferentes rutas a percorrer, na páxina web santiagoetapas.gal ❚
[ Ac t u a l i d a d e ] NACEN OS PREMIOS GALICIA DE TURISMO
A
Xunta e o Clúster Turismo de Galicia impulsarán a primeira edición dos Premios Galicia de Turismo, uns galardóns que recoñecerán iniciativas exitosas de persoas, entidades ou empresas co fin de desenvolver e mellorar o sector turístico galego. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, presentaron esta iniciativa nun acto no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) no que tamén estivo presente a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, e a presidente da Asociación Hostalaría Compostela – e membro da directiva do Clúster-, Sara Santos. Na súa primeira edición, os premios contarán con nove categorías. Tres delas terán carácter honorífico e serán outorgados a persoas que contribuíron ao longo da súa vida á consolidación e prestixio de Galicia como destino turístico. Serán as categorías de Embaixador/a Nacional, Embaixador/a Internacional e Pioneiro/a. Outros cinco premios serán concedidos por un xurado composto por representantes da Xunta, do sector e do mundo da universidade e recoñecerán iniciativas vangardistas e relacionadas co turismo sustentable, proxectos dirixidos á posta en valor do patrimonio histórico, artístico ou cultural de Galicia, accións de márketing ou comunicación para potenciar a imaxe da nosa Comunidade como destino turístico ou eventos de promoción turística. Por último, premiarase tamén ao mellor Escenario de Galicia a través dunha votación online aberta ao público entre 24
fotografías de distintos destinos turísticos galegos destacados pola súa beleza, coidado ou conservación. “Vocación de continuidade” O conselleiro de Cultura e Turismo destacou que se trata dunha iniciativa froito da colaboración entre a Xunta e o sector que nace “con vocación de continuidade”. Ademais, Román Rodríguez puxo en valor o peso do turismo como motor económico e xerador de emprego. Recordou que ese sector representa o 10,4% do Produto Interior Bruto de Galicia e o 11% dos empregos que se crean na Comunidade e agardou que estes premios sirvan para visibilizar o traballo dos profesionais e das empresas do sector. “Queremos que estes premios se convertan na gran festa do turismo galego”, resumiu. Engadiu que este evento permitirá amosar máis alá das nosas fronteiras as potencialidades do “modelo turístico galego”, baseado na sustentabilidade, a innovación, a calidade, e a aposta pola mellora da profesionalización e a competitividade co fin de favorecer a desestacionalización e a descentralización dos fluxos turísticos. Pola súa banda, o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, destacou que esta iniciativa forma parte da colaboración entre a Xunta e o sector co obxectivo de promocionar Galicia como destino turístico e seguir favorecendo o desenvolvemento sostible “dunha industria turística moderna e competitiva”.
11
[ Ac t u a l i d a d e ] PRIMEIROS PASOS DA COMISIÓN DE TRABALLO PARA ABORDAR OS PROBLEMAS DO SECTOR CO CONCELLO
R
epresentantes da Asociación Hostelería Compostela e do Concello de Santiago, encabezado polo concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte, mantiveron o pasado mes de setembro a primeira das reunións da comisión de traballo que acordaron crear trala toma de posesión do novo Goberno municipal. O obxectivo principal desta comisión é o de abordar de xeito conxunto todos os problemas do sector da hostalaría e o turismo que existen actualmente en Santiago. Así, entre outros temas, analizouse a situación dos pisos turísticos que de xeito ilegal seguen a funcionar na nosa cidade e que supoñen unha grave competencia desleal para os nosos asociados, ademais de reducir considerablemente o número de vivendas destinadas a aluguer en Compostela. A comisión tamén se está a ocupar de estudar a eliminación da moratoria na apertura de novos hoteis na Zona Vella e a posibilidade de establecer unha nova normativa de terrazas máis homoxénea e que poida resolver cuestións complexas como a convivencia entre turistas e veciñanza no espazo público.
Foto: Iván Barreiro
12
[Opinión]
Por Miguel Fernández Blanco, Administrador único Compostela inserta EIL, S.L
S antiago
de Compostela contabiliza un total de 393 bares segundo as estatísticas do INE no ano 2019, o que supón unha taxa de 4,1 establecementos por cada mil habitantes, e por outra banda contabiliza 158 hoteis. Do total de establecementos hostaleiros podemos indicar que na actualidade na base de datos da empresa de inserción en relación da recollida de aceite vexetal usado aparecen rexistrados un total de 31 bares e 1 único hotel onde se leva a cabo a recollida do residuo. Por que os establecementos hostaleiros non colaboran con Compostela Inserta? A realidade amósanos que no campo da recollida do aceite vexetal usado, ao longo dos anos, abriuse un campo de “piratería” onde se poden atopar empresas legalizadas para facer a recollida e xestión do residuo e outras non tanto que levan, igualmente, a cabo a prestación do servizo. Falamos tanto de empresas a nivel autonómico como a nivel estatal. A xestión do residuo do aceite nos establecementos hostaleiros é contratada e xestionada directamente polos titulares dos establecementos hostaleiros, nos que recae directamente a responsabilidade da correcta ou incorrecta xestión. A falta de coñecemento por parte dos titulares dos establecementos hostaleiros implica que acorden a xestión do residuo con empresas non establecidas de modo legal, non autorizadas nin para o transporte do residuo e incluso incumprindo contratos anteriormente asinados. Xúntanse así varios aspectos que fan que apareza un campo de competencia directa na recollida e xestión do aceite vexetal usado no ámbito hostaleiro, no que nas diferentes empresas con ánimo de lucro, atopan un nicho de mercado, exercendo e levando a cabo practicas de “competencia desleal” e non existindo ningún tipo de control ou practicamente nulo, de esta situación. Queda no esquecemento a importancia e a implicación en responsabilidade social que conleva traballar con Compostela Inserta, axudando á inserción sociolaboral de
persoas en situación ou risco de exclusión social. Estase a colaborar con entidades que soamente buscan oportunidades de lucro, fronte a entidades que buscan responsabilidade social. Podemos atopar empresas que incumpren contratos de recollida xa asinados con anteriores empresas, roubo de bidóns de depósito de aceite, oferta de prezos a cambio do aceite, regalo de produtos e paquetes de limpeza a cambio do residuo. Convértense estas opcións que aparecen no mercado nunha moeda de cambio, sendo e tratándose dun residuo altamente contaminante, e sendo moito mais atractivo para un hostaleiro que a colaboración social. Toda esta situación, leva anos ferindo a Compostela Inserta. Existe unha falta de control, unha falta da sensibilización social, descoñecemento por parte dos produtores do residuo... e sumado todo, está a xerar un grave prexuízo á única empresa de inserción laboral de Galicia que se encarga legalmente da recollida e xestión deste residuo, impedindo o seu crecemento e imposibilitando a finalidade do seu traballo.
Opinión
COMPOSTELA INSERTA INCLUSIVA NO MARCO DA AXENDA 2030 E A SÚA REALIDADE DO SECTOR HOSTALEIRO EN SANTIAGO
Datos recollida bares Santiago de Compostela base datos Compostela Inserta 2016
2017
2018
2019
121 locais
77 locais
29
31
A pesar de que Compostela Inserta ten un convenio asinado co Concello de Santiago e coa Asociación de Hostalaría, segue sendo, a día de hoxe, unha empresa “descoñecida” en Santiago de Compostela, cuestión na que leva traballando moitos anos, e que sería relevante para posibilitar o aumento de volume no seu traballo.
Colaboras con nós? 981 58 05 06/695 66 86 23 ❚
13
[ No v o s Pulpería A D`María Travesía de Cacheiras, 51 Santiago de Compostela 609166523
Atendendo desde 2011, ademais do polbo (á pedra, á feira, en croquetas), outra das especialidades que poderemos atopar neste local é a croca, entre a súa ampla carta que inclúe outras propostas como chipirones, raxo, zamburiñas, zorza, bacallao, ensaladas ou chuletas, con viño da casa e todo tipo de bebidas, incluídos chupitos. De sobremesa temos cousas tan apetecibles como torta de queixo, arroz con leite, filloas ou café de pota. Ten terraza e tres comedores para refuxiarnos no inverno. Abren tódolos días de 12:00 a 23:30 horas, excepto domingo pola noite e luns.
Bocalino Travesía do Franco, 3 Santiago de Compostela 686482984
O Bocalino é un dos veteráns da Rúa do Franco, con mais de 37 anos de historia, que en 2019 pasou á dirección de María e Raúl. Agora máis enfocado no turismo, ofrece racións, tostas e prato do día, acompañados de bebidas de toda clase e máis café. Ten oito mesas e unha terraza.
14
socios] Forum Pub Casas Reais, 22 baixo esquerda Santiago de Compotela 627840250 facebook.com/pg/forumpubsantiago
Recén chegado a Casas Reais, este pub, que se define como “lounge club” e “gay friendly”, vén amenizar as noites compostelás. Entre a súa oferta de bebidas, destacan os combinados, os chupitos e as cervexas sen glute, das que poderemos gozar mentres bailamos a mellor música pop. Espérannos os xoves, venres e sábados de
La Galiciana Gómez Ulla, 1 Santiago de Compostela 600 345 913 mercadolagaliciana.es
Inaugurado en setembro de 2018, veu a innovar no concepto de mercado gastronómico na nosa cidade. Este gran espazo situado nunha das zonas más céntricas de Compostela, dispón de diferentes postos de autoservizo cunha gran variedade tanto de comida como de bebida que van desde o máis tradicional ata o máis moderno, dispostos a satisfacer a tódolos padais. O espazo ofrece ademais una interesante axenda de eventos.
Novos Socios
00:00 a 04:30 horas.
Abre todos os días de 12:00 a 00:00 horas, ampliando ata as 02:00 horas de xoves a domingo.
15