155

Page 1

Número 155 | maio-xuño 2012 | Prezo 5€

Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca



Rúa Salvadas, 29-31, Bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 | Fax: 981 598099 informacion@santiagohosteleria.org | comunicacion@santiagohosteleria.org www.santiagohosteleria.com | www.santiagohosteleria.net Facebook: comphostaleria e hosteleria compostela Twitter: #comphosteleria | Youtube: comphosteleria Director:

Aser Álvarez

Textos:

Redacción CompH!ostelería, Miguel Vila, Manuel Gago, Xosé Manuel Santos, Raquel Pérez, Adrián Pájaro, Mónica Novas, José Antonio Liñares e Aser Álvarez

Fotografía:

Iván Nespereira, Javier Amosa, Concello de Santiago e Fórum Gastronómico

Ilustración:

Andreia López

Diseño, Fotomecánica e Impresión:

Tórculo Artes Gráficas, S.A. Vía Edison, 33-35. Polígono do Tambre (Santiago de Compostela) Teléfono: 981 95 83 20

ISSN: 217 3-545X Depósito Legal: C 3544-2010

Esta publicación conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

“Santiago es equilibrio y compromiso entre tradición y modernidad” Joan Roca

04 A fondo Santiago é gastronomía: Hostelería Compostela patrocina o Fórum Santiago 2012 11 Paseos por Compostela Parque de Galeras y río Sarela: Truchas a un paso de la Catedral 12 Na barra con... Joan Roca, ponente do Fórum e cociñeiro do Celler de Can Roca 14 A escapada O Barbanza, tierra de sabores 18 Persoeiros en Compostela Oriol Rovira, Paco Pérez, Xavier Pellicer e Nuno Mendes 20 Na mesa con... María Castelao, concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestructuras 23 O socio opina | O potencial gastronómico de Santiago e comarca 25 Blogstronomía selecta e a opinión dos expertos Manuel Gago, Miguel Vila, Xosé Manuel Santos e Mónica Novas Dios 28 Aperturas | Cervexería Xuntanza, Café Bar 3C, Restaurante San Jaime e Café Bar Especial Agarimo Ameas 30 Novos socios 32 Axenda cultural | Santiago é Cultura 34 As novas do sector 40 Crítica e cata 43 Historia da Hostelería Hotel-Restaurante O Pino e Casa Peto de Outes 44 Toda unha vida | Gumersindo Rajo. Restaurante Carballeira 46 Na cama con... Lydia B. Smith, directora dun documental sobre a Ruta Xacobea

Santiago é gastronomía Se o turismo é a industria da ilusión, Santiago debera ser actualmente un oasis no medio da crise, pois non hai ningunha cidade galega onde esta actividade socioeconómica sexa tan importante coma en Compostela. O verdadeiro motor da nosa economía é o sector hosteleiro. Pola contra, vemos que o índice de paro aumenta e que hai negocios de toda a vida que van pechando as súas portas, o mesmo que algúns hoteis e restaurantes, que están a vivir nos últimos meses os efectos da escasa demanda e da excesiva dependencia do sector do turismo nacional, polo que deciden pechar temporalmente para evitar perdas. Aínda que a situación é moi complicada, os que traballamos na industria da ilusión non podemos caer no desánimo. Lonxe diso, Hostelería Compostela traballa cada día para promocionar o destino, diversificando a oferta turística e tratando de facer máis con menos, colaborando coas diferentes administracións para conseguir atraer a máis visitantes dun xeito intelixente e creativo. Santiago é unha oportunidade para Galicia dende o punto de vista da súa proxección exterior e da súa capacidade para atraer viaxeiros de todo o mundo. Do incremento do turismo internacional depende o futuro do sector turístico e da reactivación económica de Galicia. A gastronomía tamén é un aspecto fundamental á hora de valorar un destino turístico. Trala visita á Catedral, a segunda actividade máis importante dos turistas que viñeron a Santiago durante os últimos meses foi gozar da oferta dalgún restaurante da cidade. Nove de cada dez turistas sentáronse na mesa dalgún local de restauración en Compostela e a valoración desta experiencia foi moi boa, de 4,83 sobre 5. A valoración dun destino depende dos profesionais da hospedaxe e da restauración, pero tamén hai intanxibles tan potentes coma a hospitalidade, un atributo que forma parte do noso patrimonio máis valioso, o mesmo que a imaxe de calidade dos productos galegos e o potencial de Compostela e Comarca no eido culinario. Crise tamén significa oportunidade. Estamos a vivir un momento ideal para pensar cara onde imos e como podemos chegar ao noso destino. Non podemos sentar as bases do crecemento só recurtando, e menos nun sector con tantas posibilidades. Precisamos, máis que nunca, da unión de todos para facer cidade e para facer país. A saída desta situación tan complicada non pasa por unha guerra de guerrillas, senón polo entendemento entre os distintos actores públicos e privados: Secretaría Xeral de Turismo, Consorcio, Deputación, Turismo de Santiago, Concello, Universidade, Hostelería Compostela e outros colectivos que conforman o tecido social e produtivo de Santiago, cuxa principal industria é o turismo. Precisamos dun gran pacto social que propicie consensos para seguir sendo un dos motores de Galicia. Os Camiños de Santiago son o noso mellor e maior atractivo. Por iso un colectivo que aglutine aos empresarios de todos os territorios polos que pasan as rutas xacobeas podería captar fondos europeos para proxectar internacionalmente unha imaxe de excelencia enogastronómica arredor dos múltiples encantos que xa posúe o fenómeno xacobeo. Niso andamos...

03


CompH!ostelería

Santiago é G Hostelería Compostela promociona o turismo gastronómico co patrocinio do Fórum Santiago 2012

S

antiago de Compostela é unha das cidades máis acolledoras do mundo. Pero esta hospitalidade non se pode entender actualmente sen un sector empresarial realmente comprometido coa formación, a excelencia e a posta en valor dos mellores productos de proximidade e de tempada como sinais de identidade da enogastronomía dun territorio. O turismo

04

móvese cada vez máis na procura dun valor engadido nas súas escapadas, e a boa mesa é un dos elementos máis singulares da identidade cultural dos pobos. Santiago e Comarca teñen moito que ofrecer neste eido, xa que máis do 90% dos que nos visitan fan uso dalgún local de restauración durante a súa estadía e o seu grao de satisfacción é extraordinario.

Hostelería Compostela aposta pola consolidación de Santiago e Comarca como destino de turismo gastronómico a nivel nacional e internacional. Nesta estratexia enmárcase o patrocinio e a implicación decidida deste colectivo empresarial na celebración do evento máis importante de Galicia e un dos máis potentes de España no eido da gastronomía. O balance


Santiago é Gastronomía

maio-xuño 2012

Co éxito desta terceira edición do Fórum, Santiago e Comarca consolídanse como un referente culinario a nivel nacional e internacional

Á esquerda, imaxe do concurso de pulpeiras e Pepe Solla durante a súa ponencia para celebrar o 50 aniversario de Casa Solla. Sobre estas liñas Jesús Sordo e José Antonio Liñares, en representación de Hostelería Compostela, na entrega dos premios do Fórum Gastronómico durante a sesión de clausura.

Gastronomía da terceira edición do Fórum non podía ser máis positivo. Con máis de 15 mil visitantes e actividades e obradoiros nos que participaron máis de 2.500 persoas e case 350 empresas, o Fórum foi un oasis no medio da crise económica, un punto de encontro e de intercambio de ideas e experiencias para que os profesionais puideran coñecer as últimas tendencias no mundo da enogastronomía. Pero sobre todo, foi unha demostración da fortaleza e do compromiso do sector coa cidade, para contribuir á dinamización da actividade económica e á saída da crise. A presenza dalgúns dos máis importantes xornalistas gastronómicos neste evento debe contribuir a proxectar unha

imaxe de Santiago e Comarca como referente neste eido. A potenciación do turismo gastronómico é esencial dentro da estratexia de desestacionalización e diversificación da oferta turística de Hostelería Compostela. A formación profesional, a celebración de eventos potentes e os cursos de inserción laboral coma os que desenvolvemos no Centro de Formación e Cultura Gastronómica, polo que xa pasaron máis de 8.000 alumnos, son fundamentais para o futuro. E por iso a implicación de Hostelería Compostela nesta edición do Fórum foi máis aló do patrocinio, participando activamente no Fórum Cidade, acollendo nos nosos hoteis a todos os cociñeiros, organizadores e xornalistas que participaron neste

evento e ofrecendo unha Cea de Gala, que foi a benvida gastronómica para todos os patrocinadores, convidados e profesionais que participaron nesta edición do Fórum. Velaquí o noso xeito de facer cidade, demostrando que Santiago tamén é gastronomía e hospitalidade. Dado que o Pazo de Congresos resultou pequeno para acoller este evento, coidamos que sería interesante estudar a celebración de vindeiras edicións deste tipo de actividades na Cidade da Cultura de Galicia, contribuíndo así a poñer en valor este espazo, potenciando a súa imaxe exterior da man dun evento gastronómico de referencia a nivel nacional e internacional. 05


A BENVIDA Apartado

Os socios de Hostelería vólcanse co Fórum

06

CompH!ostelería

Imaxe da cea de benvida de Hostelería Compostela no Fórum Gastronómico e intervención de Jesús Sordo duranto o aperitivo no AC Palacio del Carmen.


FÓRUM TAPAS Casal do Cabildo Bolo do pote e lacón sobre crema de grelos e escuma de chourizo Antonio Amado Ingredientes: fariña de millo, lacón, grelos, chourizo, aceite, sal, clara de ovo e unto. Elaboración: cociñamos o lacón un par de horas, cocemos os grelos co chourizo, retiramos un pouco do caldo e picamos o chourizo para agregalo ao caldo, engadímoslle fariña de millo, rectificamos de sal e cocemos ata conseguir a masa compacta que formará o bolo. Facemos unha crema quente cos grelos e metemos os tacos do lacón no caldo 5 minutos. Preparamos unha escuma coa clara de ovo, nata e chourizo. Montaxe: pomos unha base da crema de grelos sobre a que colocamos o taco de lacón acompañado do bolo e da escuma.

O Curro da Parra Ravioli de carne ao caldeiro Equipo de o Curro da Parra Ingredientes: pasta wanton, xarrete de tenreira, patacas, claras de ovo, unto, pementón doce, leticina, ceboliño, aceite de oliva, sal e auga. Elaboración: cocemos as follas de pasta durante un minuto e enfriamos en auga con xeo, para escoar e reservar estirada. Cocemos o xarrete e o unto durante dúas horas e media, antes de limpar e desmigar; nunha tixola pór unto para que solte a graxa, engadir a carne, pementón, sal e a pataca cocida triturada con auga da cocción da carne. Facemos un caldo coando a auga da carne, engadimos as claras semimontadas e poñemos a ferver a lume moi baixo ata que queda un caldo transparente e filtrar. Mesturar auga, pementón doce e leticina, infusionar e triturar incorporando o aire. Montaxe: formar os raviolis e turbinar o aire. Nunha cunca quente verter o caldo, pór enriba o ravioli e unha culler de aire. Rematar cunhas gotas de aceite de oliva e ceboliño picado sen que toque o aire.

Puerta del Camino Lombo de xurelo ao punto sobre escalibada ecolóxica e suave de crema de allo Salvador Lucena Ingredientes: lombo de xurelo, pemento verde, pemento vermello, berenxena, cebola, piñóns tostados, xamón ibérico tostado, vinagre de Xerez, perexil, leite, nata, allo e aceite de oliva. Elaboración: para a escalibada, limpar e secar as verduras deixándoas ca pel, asar ao forno a 180º, 30 minutos pementos e berenxenas e 50 minutos as cebolas. Para a emulsión de allos tenros, confitar os allos coa pel durante 2 horas a 70º, pelalos e cocelos cubertos de leite, sacar, quentalos coa nata, pór a punto de sal e pemento e emulsionar con aceite de oliva a chorro. Para o aceite de piñóns e ibérico, picar os piñóns, o xamón e o perexil, mesturar con aceite e unhas gotas de vinagre. Montaxe: coar formando un cadro coas verduras asadas, mornas e cortadas en pequenas tiras, botar unhas gotas de aceite e sal. Poñer con manga un pouco de emulsión de allos tenros nos dous extremos. Cocer o lombo de xurelo durante 3 minutos e colocar no centro do prato. Agregar o aceite de piñóns e ibérico sobre o lombo e unhas gotas decorando o prato.

Mesón de Lázaro Bertón con berberechos Pepe Mata

Calderón Pescada á galega Siro González

La bodeguilla de San Lázaro Tarrina de polbo co seu cachelo Mª Carmen Mogo

Ingredientes: bertóns, berberechos, alioli, sal. Elaboración: cocer os bertóns durante 40 minutos, abrir os berberechos e preparar un alioli. Montaxe: revolcamos os bertóns co alioli, colocamos nun prato e por riba colocamos os berberechos. É unha homenaxe a esta verdura estacional e moi descoñecida fóra de Compostela, unha reivindicación dos bertóns. Como novidade a presentación da tapa inclúe un pergamiño coa descrición e unha breve historia da mesma para o cliente.

Ingredientes: pescada, chourizo de Lalín afumado, pan de molete, aceite de oliva, chícharos e patacas. Elaboración: cocemos a pescada a 57º durante 4 minutos, facemos un puré coa pataca e co chourizo e o pan facemos unhas migas, licuamos os chícharos e poñémolos a punto de sal cun pouco de allo e cebola e facemos unhas vainas. Montaxe: colocamos as vainas sobre unha pizarra, poñemos a pescada enriba e engadimos o escume de patacas e as migas.

Ingredientes: patacas de Coristanco, polbo da ría, sal en escamas, aceite de oliva virxe extra e pementón doce e picante. Elaboración: cócese o polbo ao estilo tradicional e na mesma auga cócense as patacas, resérvanse algunhas enteiras e co resto faise puré. Montaxe: un cuarto de cachelo enteiro cunha cama de puré e o polbo picado enriba do puré, salpementamos e engadímoslle o aceite. 07


FÓRUM VIÑOS

Apartado

Nunca antes os viños tiveran tanto protagonismo no Fórum coma nesta edición, na que algunhas adegas mesmo estiveron presentes en diferentes establecementos da cidade, da man de viticultores e adegueiros, dando a coñecer aos clientes a calidade dos viños galegos. O restaurante A Moa, na rúa de San Pedro, acolleu ao adegueiro de Pedra Longa que puxo á disposición dos clientes diferentes viños entre os que destaca o Vendetta. A Adega do Ferreiro estivo no local do ensanche A Viña de Xabi, onde se degustaron cal-

FÓRUM NOITE A Gastronomía é moito máis que cociña. Por iso o Fórum Noite, no que participaron varios socios de Hostelería Compostela, marcou o ambiente nocturno do Forum Gastronómico 2012. O Malandro, que preparou un Tequila Sunrise, composto de tequila, zume de laranxa e granadina, foi un dos establecementos que participaron neste evento acollendo tamén unha exhibición de gintonics, o mesmo que o restaurante A Moa. O Atlántico foi outro dos locais que prepararon unha copa especial para o Fórum Noite, un Martini de fresa e chocolate chamado La Vie en Rose e unha opción b, un gintonic con froitos vermellos.

OS OBRADOIROS

Os nenos foron os protagonistas dalgúns obradoiros gastronómicos, o mesmo que os profesionais e afeccionados que participaron nas diferentes actividades.

08

CompH!ostelería dos coma o Cepas Vellas, que provén dun viñedo de máis de cen anos. Xosé Lois Sebio estivo na Bodeguilla de San Lázaro para dar a coñecer viños como o Huss ou o Isuee, caldos que superan os vinte ou trinta euros por botella. La Bodeguilla de San Roque recibíu no seu establecemento á bodega Dominio do Viveiro que presentaba dous caldos, un tinto e un branco. O Curro da Parra acolleu a presentación dun viño de Valdeorras só feito con mencía, pero a cita tivo pouca repercusión por un erro na data que puña no programa.


maio-xuño 2012

Compromiso de Hostelería Compostela coa formación e a inserción laboral dos máis novos

O

Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela acolle por primeira vez este ano tres cursos gratuítos dirixidos a menores de 30 anos en situación de desemprego, sendo o único centro homologado en Galicia para impartir este tipo de accións formativas do Ministerio. Un curso de Cociña de máis de 800 horas e dous cursos de operacións básicas de Cociña e de Restaurante-Bar, de máis de 300 horas. Son tres cursos pero o obxectivo é o mesmo: aprender un oficio e atopar un posto de traballo no sector hostaleiro. Os trinta alumnos dos dous cursos de operacións básicas comezan estes días o seu período de prácticas, trala formación recibida no centro por Rafa García e Pedro Sestayo, para incoporárense a traballar en distintos establecementos asociados. A maior parte dos mozos e mozas non tiñan ningún tipo de contacto previo co oficio, pero agora van pór en práctica o que aprenderon e van coñecer a realidade

do traballo no sector. Un sector que, a pesar da crise económica, segue a demandar profesionais ven formados. A tempada alta está a piques de comezar e moitos destes alumnos teñen posibilidades de atopar unha saída laboral na hostalería e sumárense a ese terzo dos case 8.000 alumnos que dende o ano 1.997 pasaron por algunha das accións de formación contínua organizadas polo Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela e que atoparon un posto de traballo no sector tralo seu paso por estas instalacións, boa mostra do compromiso deste colectivo empresarial coa formación profesional e coa integración laboral dos máis novos.

09


Santiago é Gastronomía

CompH!ostelería

ALUMNOS DO CURSO DE SERVIZOS DE RESTAURANTE-BAR

SILVIA DE LA FUENTE 19 anos - Santiago

NOEL CORRALES 19 anos – Perú

SANDRA PALLARES 22 anos – Cacheiras

A Silvia chamárona do servizo de emprego para facer o curso e como sempre lle gustou ser camareira logo se apuntou. Ten claro que quere seguir formándose neste sector.

Noel conta que no curso aprendeu cousas que nunca antes vira e asegura estar nervioso polo período de prácticas, a proba definitiva, pero tamén ten moitas ganas de traballar.

De pais hostaleiros, Sandra comezou o curso querendo aprender as cousas que facían seus pais e remata con moitas ganas de estar á altura do sitio no que vai facer prácticas.

JUAN RAMOS 25 anos – Outes

ADRIÁN POSE 21 anos – Camariñas

CARLOTA OTERO 24 anos – Santiago

Juan asegura estar moi entretido cun curso no que aprenden moito. Espera que o período de prácticas sexa aínda mellor e gustaríalle ir de prácticas ao Hostal dos Reis Católicos.

Animado polos seus amigos, Adrián entrou no curso de cociña. Del destaca que non só aprenden a preparar platos, senón temas de optimización de producto e sanitarios.

Carlota levaba moito tempo querendo facer cociña e non dubidou en apuntarse ao curso. Destaca que o profesor é excelente e ter atopado a súa auténtica vocación polos fogóns.

ALUMNOS DO CURSO DE COCIÑA

servicios gráficos a la carta

902 905 024 · www.torculo.com

10


maio-xuño 2012

Paseos por Compostela: Parque de Galeras y río Sarela

Truchas a un paso de la Catedral Continuamos con las propuestas para conocer el Santiago más verde y desconocido con un recorrrido por el parque de Galeras, donde podemos conectar con un sendero de pescadores que discurre por el río Sarela, desde Ponte do Romaño hasta Vidán.

Más información en www.santiagodecompostela.org

E

l parque de Galeras está a sólo cinco minutos a pié de la plaza del Obradoiro. Con apenas una década de existencia, esta zona verde, con más de 30 mil metros de extensión, está cruzada por el río Sarela y por un pequeño regato llamado Corgo. Esta gran extensión, con amplias zonas de césped, áreas de recreo y arbolado, limita con la Finca do Espiño, donde podemos adentrarnos en un denso jardín con árboles de gran porte y admirar algunos vestigios de un antiguo palacete modernista. Con la llegada de la primavera y tras la apertura de la temporada de pesca es habitual encontrar pescadores por esta zona, pues la reciente recuperación del entorno del Sarela ha per-

mitido que las truchas vuelvan a vivir en este tramo, sobre todo, río arriba, donde el sendero de pescadores nos lleva a bordear fincas y huertas de vecinos del barrio de Vista Alegre y Romaño, serpenteando bajo un bosque de ribera, con abundante presencia de flora y fauna autóctonas, propias de este ecosistema tan característico de Galicia. Río abajo, el sendero atraviesa Galeras y se adentra por el Carme de Abaixo, en una zona de río más estrecha y con mayor desnivel, donde econtramos restos de molinos, puentes de piedra y algunos tramos con pasarelas de madera, donde conviene tener mucho cuidado con los resbalones.

Galeras, donde hay un panel explicativo con un plano del sendero, al lado del parque infantil, sea un buen motivo para conocer también el Sarela. El parque está en el punto medio del paseo, de apenas 7 km, que llega, río arriba, hasta Ponte do Romaño y río abajo, hasta Vidán. No hay grandes pendientes ni excusas para no recorrer uno de los dos cursos fluviales que rodean la zona monumen-

tal de Santiago. El otro es el río Sar, que todavía presenta algunos problemas, pero el Sarela ya está plenamente recuperado para el disfrute de vecinos, visitantes y pescadores. Pocos turistas de los que admiran la plaza del Obradoiro pueden imaginar que las truchas viven a sólo un paso de la Catedral de Santiago. Vosotros habéis tenido la suerte de conocer uno de nuestros pequeños secretos.

Recomendamos, por lo tanto, que la visita al parque de 11


Texto: Aser Álvarez Imagen: Iván Nespereira

na barra con

Joan Roca Amable, brillante e gran divulgador da gastronomía tradicional e de vangarda, Joan Roca está entre os cociñeiros máis prestixiosos do panorama internacional. Distinguido con tres estrelas Michelín, El Celler de Can Roca, o restaurante que dirixe en Girona canda os seus irmáns, Jordi e Josep, está considerado actualmente coma o segundo mellor do mundo. Máis amigo do ritmo lento da mesa que da comida rápida na barra e máis afeccionado aos brancos que aos tintos, Roca defende, ante todo, o bo producto. Entende o seu oficio coma artesanía, aínda que a búsqueda da precisión o leve a usar a ciencia en toda a súa plenitude e mesmo a procurar, coma os artistas, emocionar coas súas creacións. Restaurante do Hotel Gastronómico Puerta del Camino http://www.cellercanroca.com

Joan Roca, ponente do Fórum e cociñeiro do Celler de Can Roca

O mellor restaurante do mundo

É

un verdadeiro luxo conversar con Joan Roca (Girona 1.964) en calquera momento ou lugar, pero facelo só uns minutos antes de presentar a súa ponencia no Fórum Gastro-

nómico de Santiago é unha boa mostra da súa extraordinaria xenerosidade. Roca pertence a un clan de cociñeiros que foi medrando arredor do restaurante familiar, o mesmo que os seus irmans, Jordi e Josep, cos que dirixe a virtuosa orquestra culinaria do restaurante El Celler de Can Roca, posiblemente o mellor restaurante do mundo. Mais o seu equipo de cociña vai todos os días comer e cear á casa de xantar que os pais dos Roca teñen na súa Girona natal. E iso fainos manter sempre os pés na terra, a pesar do éxito internacional deste xenial triunvirato que ostenta tres estrelas Michelín. “Me formé en casa pero tuve la suerte de que entonces una

12

de las dos escuelas de hostelería que había en España era la de Girona. La formación académica fue allí pero, como todos los cocineros, viajamos mucho, especialmente por Francia, en la época de la nueva cocina, y allí completamos nuestra formación para poder construir después un discurso propio,” lembra Roca mentres desfruta da tapa que Salvador Lucena, cociñeiro do Puerta del Camino, preparou para o Fórum Tapas. Roca leva o oficio no sangue e non pode evitar preguntar polos tempos de cocción do peixe. “Después de estos años de intensa evolución, en los que posiblemente se han generado más técnicas y conceptos que en toda la historia de la

cocina anterior, el oficio ha alcanzado un estado de madurez que tenemos que saber aprovechar y proyectar hacia el futuro para hacer que tenga recorrido. Por eso defiendo la cocina artesanal y creo que somos más artesanos que artistas, usamos la ciencia e incluso podemos aspirar a emocionar, como en el arte, pero es algo que ya depende del comensal. Nosotros tenemos que mantener los pies en la tierra y aplicar, sobre todo, lo que siempre ha sido la cocina, un oficio artesanal”, conclúe Roca, trazando unha sutil terceira vía nesa dialéctica da gastronomía contemporánea entre ciencia e arte. “Tener tres estrellas Michelin es maravilloso, pues este


“Santiago es compromiso y equilibrio entre tradición y modernidad” sistema ha permitido establecer un estándar de calidad y una unidad de medida internacionalmente aceptados, aunque también genera una enorme responsabilidad que nos obliga a estar a la altura de esos niveles de exigencia”, asegura, aínda que os Roca asuman encantados esa responsabilidade e mesmo gocen cos novos retos. Están a vivir un momento moi bo, a pesar da crise, cun prestixio internacional incuestionado que lles permite ser dos poucos restaurantes do mundo que hoxe marcan novos vieiros e tendencias culinarias.

ciudado equilibrio entre innovación y tradición gracias a que la gastronomía gallega ha sabido evolucionar. Y ello con el valor añadido de gozar de unos productos extraordinarios y una cocina tradicional muy rica, que convive y dialoga con cocineros comprometidos con la modernidad, con ganas de innovar, lo que hace que Galicia sea un país de referencia con un futuro muy prometedor”, asegura mentres nos imos achegando xa ao Pazo de Congresos onde está a piques de empezar a ponencia estrela do Fórum Gastronómico.

A primeira viaxe a Santiago Roca lembra a súa primeira visita a Compostela, aínda como alumno da escola de hostelería en viaxe de fin de curso, e destaca a boa impresión que lle causou. “Santiago es compromiso y equilibrio entre tradición y modernidad, tanto desde el punto de vista arquitectónico, social y cultural, como en el ámbito gastronómico, donde hay un

Compromiso é a palabra que máis repite cando lle preguntamos polo mellor de xeito de atraer viaxeiros grazas á gastronomía: compromiso social, político, económico e cultural para consolidarnos como destino gastronómico. Roca considera que os cociñeiros deben liderar a evolución do sector para sentar as bases do futuro neste eido, en colaboración con outros axentes e coas administracións.

“Cuando decidimos hacer un viaje buscamos, ante todo, experiencias y emociones. Y la gastronomía es un motivo cada vez más potente para animarnos viajar y un recurso económico y cultural importantísimo para cualquier territorio, pero muy especialmente para Galicia, que tiene un enorme potencial en este ámbito. Sólo hace falta articular un discurso coherente y global para integrar esas vivencias singulares en una dirección que tenga sentido,

que esté pensada y meditada, con un objetivo claro, vinculando producto, territorio, cultura y gastronomía, desde una perspectiva global pero diferenciada y singular”, conclúe Roca. “Por eso entiendo que proyectos gastronómicos colectivos, de ciudad, como el de Hostelería Compostela para el Mercado de Abastos de Santiago, del que me hablas, tienen todo el sentido del mundo y las administraciones tiene el deber de apoyarlos”, conclúe.

13


CompH!ostelería

tier Esta comarca condensa lo mejor de la gastronomía de Galicia, con una oferta culinaria que incluye los sabores del mar y las mejores carnes

A

escasos minutos de Santiago se encuentra la comarca de O Barbanza, lugar de visita

obligada para los amantes de la buena gastronomía que nos visiten. Centramos el foco de nuestra propuesta culinaria

en Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Boiro, Noia, Porto do Son y Lousame, municipios que pertenecen a una comarca que condensa las esencias de lo mejor de la gastronomía gallega. Su orografía abrupta, dominada por el imponente monte de A Curota, de 500 metros de altura, con vistas a las indómitas costas del Atlántico, conjuga lo mejor de la gastronomía de mar con la de interior. Nada más llegar a estas tierras, el olor a mar nos envuelve. Los numerosos puertos existentes bullen de actividad en la comarca y surten cada día de materia prima fresca y

14

de primera calidad a los restaurantes para la elaboración de suculentos platos. Los mariscos y pescados son un primer plato excepcional y en O Barbanza pueden presumir de ser uno de los enclaves de Galicia donde estos manjares reciben mejor trato. Vieiras, almejas, pulpo, mejillones, bogavantes, camarones y rodaballos se descargan en las lonjas de los puertos de O Barbanza. Los establecimientos de la zona ofrecen al visitante platos elaborados con estos productos de temporada, que pueden ser degustados en parajes tan extraordinarios como A Curota, la playa de Carragueiros, la zona


La escapada: Ciudad de la Cultura

maio-xuño 2012

O Barbanza, rra de sabores portuaria de Rianxo o la costa de Ribeira. La isla de Sálvora y la panóramica de toda la ría de Arousa nos acompaña.

Mucho más que mar Para un segundo plato la comarca ofrece también buenas carnes de buey y de ternera. Las carnes son distinguibles por el sabor de unos animales que son criados en las montañas de A Serra do Barbanza. Los verdes campos que cubren las cumbres de la sierra ofrecen sustento a los animales. Acompañadas de

una buena guarnición estos platos se convierten en una delicia para los sentidos. Los establecimientos hosteleros ofrecen al visitante múltiples formas de disfrutar de esta oferta gastronómica centrada en el producto de temporada y de proximidad. No puede faltar para acompañar una buena comida un gran vino que esté a su altura. En O Barbanza cuentan con caldos autóctonos que pertenecen a la denominación Terras do Barbanza-

Iria. Estos vinos cultivados entre otros lugares en los los valles del río Lérez y del río Pedras, conservan el sabor Atlántico y terminan cautivando nuestro paladar por su excepcional sabor. Son vinos ricos en aromas, de cuerpo ligero y sabor fresco con un toque ácido. Maridan bien con los pescados y mariscos y con las empanadas de maíz, tan características de la zona. Y ya para terminar, nada mejor que un buen postre. Hay muchas opciones para esco-

ger, pero los restaurantes de esta zona hacen las mejores filloas de Galicia, un postre que puede combinarse con chocolate, crema o miel. Pero la gastronomía quedaría deslucida si no fuera acompañada por el buen trato que nos ofrecen los habitantes de este enclave mítico de Galicia, que se caracteriza por su carácter abierto y hopitalario. Sus paisajes, sus gentes y su gastronomía hacen de esta comarca un punto de obligada visita para todo viajero que llegue a Santiago.

15


CompH!ostelería

comer, beber, durmir Hostal y Restaurante Miramar

Café Bar Riazor Sotano

Hotel Cabio

Pensión Residencia Arnela Ii

Rebordelo, 117 15931 Boiro | 981844544 www.ghboiromiramar.com info@ghboiromiramar.com

Avda. De Compostela, 61-Sotano 15930 Boiro | 981847600

Lg. Lombiña, 1-Rua 1-Nº 3 15994 Pobra do Caramiñal 981833032 - 981833128 www.hotelcabio.com

Av. 13 de Septiembre, 4 15970 Porto do Son | 981767344 arnela2@yahoo.es

Restaurante O Lagar

Playa Ornanda - Miñortos 15970 Porto do Son | 981766188

Pensión Residencia y Restaurante Hamburgo Rua Principal, S/N 15931 Boiro | 981844154 Casa Turismo Rural Casa da Posta do Valmaior Valmaior - Cespon 15931 Boiro 981862548 / 981846253 www.casadaposta.com casadaposta@casadaposta.com Casa Turismo Rural os Petroglifos San Ramón De Beal 15990 Boiro 658911720 - 981862975 www.ospetroglifos.com info@ospetroglifos.com Restaurante Adria Pablo Iglesias, 10 15931 Boiro | 981848328 www.pizzeriaadria.com info@pizzeriaadria.com

Merelle, S/N 15214 Lousame | 981821420 www.restauranteotrapeiro.com info@restauranteotrapeiro.com Hotel Park Ría Noia Río do Porto, 25 - Barro 15200 Noia | 981823729 www.hotelpark.es reservas@hotelpark.es Hotel Residencia y Restaurante Elisardo Ferrador, 12 - 1º 15200 Noia | 981820130 Hotel Residencia Noia Rua Curros Enriquez, S/N 15200 Noia | 981823458 www.hotelnoia.com info@hotelnoia.com

Pensión Costiña

Restaurante Albores Escultor Ferreiro, 7 15200 Noia | 981820152

Lg. Barraña, 72-Bajo 15931 Boiro | 666112211 asascuas1@hotmail.es

Restaurante Atlántico Fernández Varela, 13 15940 Pobra do Caramiñal 981830171 Restaurante Cervecería Nosa Terra

Restaurante Xanxo

Abanqueiro - Egipto 15931 Boiro | 981844495 www.chicolino.es chicolino@chicolino.es

Restaurante Parrillada As Ascuas

Lg. As Xunqueiras, O Xobre O Maño (Santa María) 15940 Pobra do Caramiñal 981830037 www.restaurantelagar.com info@restaurantelagar.com

Boa 15200 Noia | 981823736

Restaurante Chicolino

Vilariño, S/N - Cespon 15931 Boiro | 981846253

Restaurante Pazo Dos Xunqueiras

Diaz De Rabago, 11 15940 Pobra do Caramiñal 981832569

Amanecido, 7 - Puente Beluso 15930 Boiro | 981 861553

Restaurante Florida

Condado 5 - Urb. Lagar 15940 Pobra do Caramiñal 981830037 www.restaurantelagar.com info@restaurantelagar.com

Hotel Residencia Singapore

Obre, 7 15200 Noia | 981820900 www.hcostina.com info@hcostina.com

Restaurante Bahía

16

Restaurante O Trapeiro

Restaurante O Peto Rúa Castelao, 1 15200 Noia | 981820785 Café Bar Cacheiro Ousoño 15200 Noia | 981820475 Café Bar Colegio Jaime Balmes

Devesa, 44 15940 Pobra do Caramiñal 981830428 Café Bar Curotiña Cinco Calles, S/N 15940 Pobra do Caramiñal 981831453 Café Bar Nuevo Díaz de Rabago, 9 15940 Pobra do Caramiñal 981830055 Hotel Residencia O Noso Lg. Mariño, 9-Portosín 15998 Porto do Son | 981 766 062 www.hotelonoso.com reservas@hotelonoso.com

Pensión Residencia y Restaurante Furnas As Furnas - Xuño 15970 Porto do Son | 981769272 www.asfurnas.com Pensión Residencia y Restaurante Universal Nebra | 15999 Porto do Son | 981767121 Camping Fraga-Balada Xuño, 1 | 15970 Porto Do Son 981769848 - 981769171 - 609819814 Camping Punta Batuda Miñortos, S/N 15970 Porto do Son 981766542 - 981766582 Casa Turismo Rural Casa do Fieiro O Fieiro, 12 - Miñortos 15970 Porto do Son | 981824994 www.casadofieiro.com info@casadofieiro.com Restaurante A Cociña das Monadas Mendez Nuñez, 9 15970 Porto do Son | 981853108 info@acocinhadasmonadas.com Restaurante Arnela Arnela, S/N 15970 Porto do Son | 981854131 Restaurante Bandin Lg. Carballal, S/N-Xuño 15970 Porto do Son | 658667643 Restaurante Casa Carou General Franco, 24 15970 Porto do Son | 981767688

Hotel Residencia Villa del Son

Restaurante Di Pietro Rua da Rambla, 1 - Portosin 15999 Porto do Son | 981 766630

Café Bar Manuela

Café Bar Marisquería

Rebordelo, 4 Bajo 15939 Boiro | 981844517

Trincherpe, 11 - Portosín 15970 Porto do Son | 981853049 www.hotelvilladelson.com hotelvilladelson@yahoo.es

Praza Américas, S/N 15200 Noia | 981821249

Pensión Residencia Ancora da Ría

Café Bar Mesón Boiro

Café Bar Especial Joe Bar

Rúa Principal, 134 15931 Boiro | 981847680

Mazacañamos, S/N 15200 Noia | 981824680

Devesa Do Marques, 16 15210 Noia | 981 820 214

Pensión Residencia Leon Ii

Trincherpe, 16 15970 Porto do Son | 981767443 www.ancoradaria.com pensionrestauranteancoradaria@gmail.com

Restaurante Portonadelas Avda. de Galicia-Vila 15970 Porto do Son | 981854007 Café Bar Acuario Calvo Sotelo, 18 15970 Porto do Son | 981767216

Café Bar Arenal Playa Ornanda - Miñortos 15970 Porto do Son 981766559 Café Bar Carpe Noctem Plaza Del Curro, 11 - Portosín 15970 Porto do Son Café Bar Eugenio Plaza Italia, 3 15970 Porto do Son | 981767336 Café Bar Moreira de Rio Av. de Galicia, 19 15970 Porto do Son | 981853433 Café Bar Taita Av. de Galicia, 22 15970 Porto do Son 981767440 Pension Residencia Punta Palleiro Lg. Palleiro - Leiro 15928 Rianxo | 981866665 Restaurante O Taberneiro Muelle de Carga 15920 Rianxo | 981866496 Café Bar Xardin Paseo Manuel Antonio, 35 15920 Rianxo | 981860286 Café Bar Xens Araño, S/N 15920 Rianxo | 981861549 Pensión Residencia las Carolinas Paseo de las Carolinas, S/N 15960 Ribeira 981870275 - 981870439 www.pensioncarolinas.com pensioncarolinas@gmail.com Pensión Balieiros Corrubedo-Faro 15969 Ribeira | 981865183 Café Bar A Esmorga Rua Campo de Marte, S/N 15960 Ribeira | 981873160 Café Bar A Galeguiña Garcia Bayón, 52 15960 Ribeira | 981873859 Café Bar Stop Porto-Corrubedo, 5 15969 Ribeira 981865239


maio-xuño 2012

Publicidade

Oferta para: ASOCIACIÓN HOSTELERÍA COMPOSTELA

17


Persoeiros en Compostela

CompH!ostelería

Pechando círculos Na imaxe vemos a Oriol Rovira, extraordinario divulgador e chef do restaurante Els Casals e da bocadillería Sagàs, durante a súa participación no Fórum Gastronómico de Santiago para impartir un estimulante obradoiro onde falou do seu interesantes proxecto empresarial, totalmente apegado á terra e á actividade gandeira e agrícola da familia Rovira. Os cinco irmáns decidiron volver á casa tralo tráxico incendio que arrasou a facenda, nos anos 90. Daquela cinza agromou unha granxa sustentable e modélica que hoxe comercializa xa case un cento de productos de extraordinaria calidade e que abastece de materia prima ao seu hotel rural-restaurante, cunha estrela Michelín, na súa aldea natal do Berguedá. Para Rovira iso é pechar círculos, da granxa á cociña. Porque para este payés a gastronomía, que vai sempre ligada ao producto da terra, debe ser tamén unha expresión da paisaxe. http://es.hotelelscasals.com/

A conexión atlántica Amigo e discípulo de Ferrán Adriá, Paco Pérez é o chef do afamado restaurante gastronómico Miramar, en Llançá (Girona), na Costa Brava que foi fundado en 1.939 pola familia Serra e actualmente posúe dúas estrelas Michelín. Este presitixioso cociñeiro catalán, que se achegou a Compostela para participar nesta terceira edición do Forum Gastronómico, é unha boa mostra da capacidade deste evento para xerar sinerxias, contactos e lazos de unión entre Galicia e Cataluña. Os productos do mar das nosas rías conquistaron xa hai anos a este chef de vangarda e exerceron sempre un potente magnetismo marítimo sobre Pérez, que desta vez trouxo a Galicia unha mostra das súas novas propostas, que mesturan a cociña mediterránea e atlántica. As súas achegas destacan pola búsqueda constante da precisión a través da complexidade na elaboración, e a máxima sofisticación combinada cunha sutil limpeza minimalista, mesturando productos gastronómicos de diferentes lugares e tradicións. http://www.restaurantmiramar.com/ 18


maio-xuño 2012

Persoeiros en Compostela

Capitán biodinámico Xavier Pellicer é o chef estrela do restaurante Can Fabes, o proxecto gastronómico do sempre polémico e estimulante cociñeiro catalán, Santi Santamaría, falecido hai un par de anos e antítese, cando menos mediática, de Ferrán Adriá nese debate entre quen entende a cociña como un arte ou como unha ciencia. Pellicer estivo no Fórum Gastronómico falando das súas novas propostas e do xiro que tivo que dar un dos mellores restaurantes do mundo trala morte prematura do seu capitán. O do Can Fabes, restaurante agora capitaneado por Pellicer, foi un cambio de rumbo só relativo, e dérono da man dun labrego payés que lle ensinou a apreciar a exquisitez máxima dos productos agricultura biodinámica, que non é nada máis que cultivar como o facían os nosos bisavós. A cenoria, a acelga e a escarola foron os tres productos cos que traballou o chef durante a súa presentación, aínda que a escarola non procedía deste tipo de cultivos, pola climatoloxía adversa. Son as cousas da biodinámica. http://www.canfabes.com/es/

A cociña viaxeira Posiblemente a crise económica fixo que esta fose unha das poucas estrelas internacionais do Fórum Gastronómico Santiago 2012. Nuno Mendes, afamado chef portugués, formado en medio mundo, abandonou durante uns días as tarefas como director da singular orquestra do seu equipo no restaurante El Viajante, de Londres, que conta cunha estrela Michelín, para achegarse a Compostela e presentarnos as súas elaboracións máis recentes. Viaxeiro empedernido, Mendes adoita dicir que o seu oficio non é máis que o resultado das influencias e das experiencias culinarias vividas, pero o que fai único e brillante o seu traballo é precisamente a súa capacidade para peneirar esas vivencias e facer unha lectura persoal das mesmas a través da súa creatividade. O seu hotel-resturante, nun edificio histórico do East London, e o seu divertido proxecto experimental The Loft Project, de mesa comunitaria, fixeron deste chef atrevido un persoeiro de referencia no panorama gastronómico internacional. http://www.viajante.co.uk/ | www.theloftproject.co.uk/ 19


Apartado na mesa con

CompH!ostelería

María Castelao, concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestructuras

A forza da xuventude

M

aría Castelao (Val do Dubra, 1.984) é actualmente a concelleira máis nova da corporación municipal e dirixe un dos departamentos con máis áreas de traballo e algunhas das de maior complexidade do goberno local. É moi nova pero sobradamente preparada e está a dar probas da súa capacidade de traballo dende que foi designada para o cargo. Estudante brillante e traballadora incansable, que xa desenvolveu a súa actividade profesional na empresa privada durante uns anos, Castelao posúe tamén unha longa traxectoria política a pesar da súa xuventude, pois con só con 16 anos entrou nas

20

Novas Xeracións do PP de Santiago. A pesar da súa idade, sentada da outra beira da mesa, transmite confianza e experiencia, pero sobre todo, honestidade, valentía e rigor. A vocación política precoz desta concelleria, que vivíu ata os sete anos en Bembibre, cando o seu pai, empregado de banca, foi destinado a Santiago, posiblemente lle veña de familia, “o meu pai xa era afiliado do PP, cando eu era unha cativa, aínda que nunca tivo ningún cargo”. Aquela moza independente, estudante exemplar, que pasou por Cluny, o Rosalía e a USC, onde se licenciou en Xeografía antes de facer un Máster en Xestión do Me-

dio Ambiente, decidíu, aínda no instituto e sen comentar nada na casa, afiliarse. Posiblemente xa daquela aspiraba a poder tomar decisións importantes na súa cidade, aínda que non sobre temas tan diversos coma hoxe e nun contexto económico tan complicado coma o actual. A forza da xuventude fai que poida manter o seu ritmo de traballo. Dende o asfalto das obras e infraestructuras ata o coidado dos parques e xardíns ou os casos de contaminación e os posibles problemas de salubridade, a Castelao case non lle chegan as horas do día para atender aos asuntos do seu departamento e poder estar á altura do

seu compromiso coa cidade. “Cando entras en política, a administración local é a base, non para formarte, que xa hai que estar formado previamente, pero si para curtirte no contacto co cidadán, que é fundamental para non perder nunca a conexión coa realidade”, asegura Castelao mentres desfruta da salada de carabineiros e langostinos nunha mesa habilitada para a ocasión na cociña do Centro de Formación e Cultura Gastronómica, unhas instalacións que non coñecía e que a sorprenden agradablemente. Do seu pasado lamenta non ter botado unha boa tempada no estranxeiro durante a súa época de estudante “po-


Texto: Aser Álvarez Imagen: Iván Nespereira

María Castelao Para María Castelao, licenciada en Xeografía e Máster en Xestión do Medio Ambiente, a mellor palabra que define a alma de Compostela é internacional. Esta moza encantadora e doce no falar é máis de carne que de peixe e gústalle máis o viño que a cervexa, sobre todo o branco. O seu pai aínda fai algo de viño en Vedra, aínda que o producto estrela na casa é o licor café da Ulla que fai a súa avoa. Está moi unida á súa familia e gústalle a boa música indie. Foi unha estudante e adolescente exemplar, fixo o bacharelato internacional pero arrepíntese de non ter viaxado durante a súa época de estudante. Crente e sobriña dun crego ao que adoraba, as súas especialidades na cociña son as ameixas á mariñeira e a tarta de limón, receita da avoa. Entra no Concello en 2009 e preside as Novas Xeracións do PP de Santiago.

Cea no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela Menú elaborado polos alumnos do Curso de Cociña - Salada de langostinos e carabineiros - Rodaballo ao forno con patacas - Vaso de tiraprarriba galego

“O trato cos cidadáns é fundamental, especialmente na política local, para ter sempre os pés na terra e non perder o contacto coa realidade”.

siblemente por comodidade e porque sempre estiven moi ligada á familia e amizades do colexio, que seguen a ser as miñas mellores amigas”, e do seu presente, aínda que é unha traballadora infatigable e apaixoada, bota en falla algo máis de tempo libre para desconectar de cando en vez e poder volver con máis frecuencia aos lugares da súa infancia. Agora está aprendendo a xogar ao pádel, aínda que confesa non ser moi afeccionada ao deporte, “pero as clases, ás que vou cunha boa amiga, son moi divertidas e desconecto totalmente”.

damental pola situación que estamos a atravesar. Cos poucos recursos que temos priorizamos e axustamos ao máximo para facer máis con menos e conseguir mellores servizos para os veciños”, asegura, plenamente convencida da importancia de manter o contacto directo coa xente e de que a complicada época que lles tocou débese “á mala xestión do anterior goberno, xa que aínda hoxe seguen aparecendo irregularidades e expedientes mal tramitados”, conclúe Castelao, deixando unha boa tallada de rodaballo no prato.

“Fixemos cousas importantes dende que chegamos a Raxoi e tentamos transmitir a ilusión perdida despois de tantos anos, pero recoñezo que aínda queda moito por facer. Avanzamos moito en servizos sociais, algo fun-

Santiago é verde “Temos a asignatura pendente de meter os parques e xardíns de Santiago, os roteiros verdes e os centros de interpretación no circuíto turístico para que este patrimonio estea dentro das visitas ha-

bituais dos viaxeiros, sobre todo os xardíns máis próximos ao casco histórico, como Belvís, Bonaval, Galeras ou o paseo polo Sarela. Penso que a sección que empezamos en CompHostelería, Paseos por Compostela, pode axudar a divulgar estas zonas da cidade entre os turistas”, afirma Castelao, quen cre que hai zonas da comarca cun enorme atractivo dende o punto de vista turístico que deberan ser incorporadas ás visitas habituais e que poden contribuir a alongar a estadía media dos viaxeiros. Compartindo mesa e conversa con ela podemos comprobar que María Castelao gaña moito na distancia curta, xa que convence e seduce coa súa sinxeleza e proximidade, pero sobre todo, contaxia o seu entusiasmo pola política e as súas ganas de facer

cousas para mellorar a vida dos veciños da cidade. Está moi identificada co grupo municipal popular e cre que o gran mérito de Gerardo Conde foi precisamente o de apostar pola xente nova, “algo fundamental en política, propiciar a renovación xeracional con xente preparada e con formación. Son a máis nova de todos pero a media de idade do grupo de goberno pode darche unha pista da enerxía e da ilusión coa que traballamos cada día e da proxección de futuro deste equipo”, asegura esta boa conversadora, dando conta da súa sobremesa. Continuamos falando longo tempo, xa coa gravadora apagada, e comprobamos que hai correspondencia plena entre a persoa e o persoeiro e que a forza da xuventude permanece combinada, iso si cunha gran sensibilidade. 21


Publicidade

22

CompH!ostelerĂ­a


maio-xuño 2012

O socio opina

Enquisa socios

A comarca de Santiago posúe un enorme potencial gastronómico

S

omos conscientes do gran potencial da cidade e dos concellos dos arredores para conseguir atraer a máis turistas, grazas a unha oferta gastronómica variada e de calidade. Falamos con algúns profesionais e empresarios de restaurantes de dous tenedores da comarca para coñecer a súa opinión e saber que podemos facer para promocionar o turismo gastronómico.

Que se pode facer dende o punto de vista individual e colectivo para potenciar Santiago de Compostela e a comarca como destino de turismo gastronómico?

Fina Fernández, Restaurante Marcos Mesón

José Luís Pérez, Restaurante Vía da Prata

María Sol Souto, Restaurante Terra de Melide

A contestación é ben doada. O máis importante é a satisfacción do cliente, por iso temos que dar unha moi boa atención e un servizo de calidade. Se temos e somos conscientes diso e facemos as cousas ben, teremos ao cliente contento e satisfeito, falará ben de nós e regresará aos nosos establecementos dicindo que tamén para comer... Santiago e a comarca.

O certo é que xa está todo inventado, pero dentro diso temos que saber potenciar o producto galego, que é o que nos distingue doutros destinos turísticos e facer eventos e xornadas de divulgación gastronómica. O importante é que sigamos a facer as cousas o mellor posible. E outra cousa importante é mellorar as comunicacións para que sexa máis fácil chegar aquí.

Moita publicidade e promoción, ampla, extensa, ben feita e chegando onde temos que chegar. Agora mesmo é difícil facer promoción pola falla de recursos pero aí é onde a Xunta e os concellos poderían botar unha man dando apoio aos colectivos empresariais. Nós tamén podemos facer promocións individuais ou mesmo baixar os prezos para ir sobrevivindo e atraer máis clientes.

23


O socio opina

24

CompH!ostelería

José Antonio Caamaño ”Totó”, Restaurante Tamara

María Ares, Restaurante Marinovo

Óscar Corral, Restaurante Los Robles

Eu penso que un evento semellante ao Fórum Gastronómico podería estar ben. Pero neste caso habería que apostar máis polo producto gastronómico galego, pola cociña de tempada e polos profesionais da zona, con representación de xente de aquí para que a xente de fóra teña neste evento un escaparate do que facemos e que sexa nunha especie de feira de mostras do mellor que temos.

A comida aquí é moi especial e iso xa é un bo inicio, un bo punto de partida. Para min deberíase seguir polas liñas de actuación que estamos desenvolvendo co Fórum Gastronómico, o Santiago é Tapas, promocións como Compostela Destino 5 estrelas, pero hai algo pendente, que é implicar a outros colectivos e institucións e facer promoción conxunta como destino gastronómico.

Ademais de conseguir un apoio por parte das administracións para facer máis forte a marca Santiago de Compostela e Xacobeo, creo que se poderían facer moitos máis eventos de promoción turística. E pola nosa parte, temos calidade no producto, profesionalidade e prezos moi competitivos, así que o obxectivo é dar o mellor servizo e conseguir a satisfacción do client, que será o noso mellor embaixador.

Miguel González, Restaurante San Martiño

Carlos Devesa, Restaurante Asador O Carmelo

Fernando Villaverde, Restaurante Villaverde

Traballar con productos da nosa terra, pórlle cariño e vender as cousas cun prezo axeitado, ofrecerlle o mellor de nós mesmos e da nosa enogastronomía aos nosos clientes. Galcia e Santiago e a comarca teñen os mellores productos e aquí sabemos facer ben as cousas, así que o que temos que facer é coidar sempre ata o último detalle e proxectar fóra esta imaxe de calidade.

A mellor propaganda que existe é facer as cousas ben, conservar a calidade do producto e dar un bo servizo e deixar facer ao boca a boca. Un cliente satisfeito é a nosa mellor promoción. Tamén é importante organizar eventos cos que proxectar fóra de Galicia esta imaxe de calidade e chamar a atención para que veña máis turismo exterior atraído pola nosa gastronomía.

A clave é a honestidade. Temos que ofrecer a calidade que hai que dar polo prezo que hai que dar. Temos moi bos productos e moi bos profesionais, pero o que non se pode facer para atraer á clientela é ofertarlles un prezo baixo se aí lle estamos dando un producto de calidade inferior. É esta honestidade co cliente e co producto debe ser coñecida e recoñecida fóra para atraer máis turismo.


Blogstronomía selecta

maio-xuño 2012

Papa Ventos e Ruletas Rusas Manuel Gago. www.manuelgago.org/blog

Son moi habituais en Internet os mapas humorísticos que reinventan o nome das rexións en función dos tópicos dos seus habitantes, atrévense a imaxinar como no futuro se estructurarán politicamente os continentes ou tentan transmitir como interpreta en realidade a xeografía internacional algunha culta personaxe: poñamos por caso un cowboy americano ou un presidente francés. Se cadra o creador deste xénero do humor gráfico sexa Hitler: contáronme –non sei se é certo ou non- que o ditador tiña un mapa de Europa dividido polos pingües recursos económicos que lle fornecería nun futuro moi distante ao III Reich cada unha das rexións controladas. Sobre o cornecho noroccidental da Península Ibérica –antes chamado Galicia-, os nazis substituíran o nome do noso país por “Kartoffeln” (é dicir, “Patacas”). O certo é que máis alá do cachondeo, as persoas tendemos a estructurar as xeografías en función dos límites caprichosos da nosa vida. Os compostelanitas temos por veciñanza unha auténtica despensa gastronómica que dá lugar a unha auténtica etnografía desa fermosa figura que é a antiga Rosa dos Ventos da que que antes valía para orientarse nun territorio e que agora chamaremos Rosa dos Papaventos –aínda que este non voe prendido da man dun rapaz. Figúrense: atopámonos nun sábado ocioso no que apetece xantar fóra. O que lle prestaría á nosa parella hoxe serían zamburiñas. Pois poñemos a Rosa dos PapaVentos mental en dirección W-SW e enfiamos cara algún bo local de Cambados (que tamén os hai). Que pola contra nos apetecen percebes, longueiróns, peixes de mar bravo? Viramos contra o NO e deixámonos caer nalgún porto da Costa da Morte. Que o que nos apetecen son carnes? Pois o noso PapaVentos primeiro volverase tolo ante o cinto de parrilladas que beirea Compostela, pero é posible que se ande fino, remate por virar dirección SE-E –dirección Vedra, Vila de Cruces, Silleda, Lalín, Rodeiro- na procura de proteína vacuna en estado puro. Os máis caprichosos poden mesmo axustar o PapaVentos en dirección pura SE ata bater cos montes

do Candán e procurar especificamente a carne richada nas tabernas da Terra de Montes. E que dicir do Leste? Unha lixeira rectificación de rumbo en dirección NL-L permitiranos baternos co vello camiño a Lugo e repousar en casas de comida antigas de tradición secular. Igual que no SO, onde se poderá repousar nas casas de comidas da comarca do Sar e Padrón, o noso particular Castell’ Gandolfo arcebispal desde a Idade Media, onde os prelados composteláns –contan as crónicastiñan hortas cheas desas laranxas galegas tan saborosas como ignoradas. Na veiga de Padrón fica case miragreiramente o gusto pola gastronomía ilustrada, eu creo que aprendida dos gustos de prelados, coengos de Iria e marqueses de memoria perdida. Con todo, confésollo. A un aventureiro domingueiro-gastronómico coma min –que un día o vai pagar caro-, máis que botar man da Rosa dos Papaventos, gústame xogar á Ruleta Rusa da gastronomía da contorna compostelana. E adentrarme as fins de semana polas pistas rurais de Touro, Boqueixón, Val do Dubra, Vila de Cruces, Lousame, ata dar con algún suxestivo caserío con moitos coches na porta, fume de leña saíndo pola cheminea e un anuncio de Mirinda, algo comesto polo sol, pendurado na porta. Ás veces hai sorte, e un prato fumegante de caldo sae dunha cociña aberta á veciñanza, disposto a darte a benvida.

25


Blogstronomía selecta

CompH!ostelería

HAS DE CANTAR, QUE CHE EI DE DAR ZONCHOS Miguel Vila Pernas. www.colineta.com

que xa se aproxima, como Día das Letras Galegas. Non é este o único poema rosaliano no que as cousas de comer aparecen coa mesma forza. En “Follas Novas” Rosalía inclúe un longo poema titulado “A probiña que esta xorda”. A pobre de pan pedir prométese un bo fin do día nunha casa de montañeses: Que hoxe, seica… seica… seica… has de comer sete cuncas de bon caldo, coa da cea e mais compango de porco ou de sardiñas salpresas que os montañeses son homes que cando dan, dan de veras. Din os que pouco saben de nós que coma os galegos cociñamos pouco escribimos moito sobre cociña. Demostran, sen dúbida, unha grande ignorancia sobre a cociña galega, que reducen aos peixes e mariscos cocidos, renunciado á enorme riqueza da nosa gastronomía, o mesmo sexa a máis tradicional que a máis anovadora. Posiblemente a súa ignorancia abarque da mesma maneira a literatura galega, inda que acerten de cheo na segunda parte dese comentario que enceta hoxe o artigo. Certo é que en Galicia se escribe moito sobre gastronomía e, o que para min resulta máis interesante, a gastronomía está case permanentemente presente na obra literaria dos máis diversos autores galegos. A todos nos veñen á cabeza, é inevitable, Álvaro Cunqueiro ou Julio Camba e a poucos, tamén é inevitable polo amplo descoñecemento da súa obra, se lles vai ocorrer que Rosalía de Castro, a nosa convidada de hoxe nestas páxinas, tamén levase os praceres da mesa á súa obra, inda que sexa a partir dun estado previo de grave necesidade. Na pasada edición do Forum Gastronómico de Santiago lembramos a Cunqueiro pouco despois do seu centenario, nunha sesión na que se deu a circunstancia de que tivo lugar dous días antes da celebración do cabodano do arousán Julio Camba e dous días despois de festexar o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro no antigo Hospital Real, que hoxe acolle un dos símbolos da hostalería compostelá: o Hostal dos Reis Católicos. 26

Lembraba ese día que “Cantares Gallegos”, a obra de Rosalía considerada como a primeira gran obra da literatura galega contemporánea, publicada en 1863 cando a poetisa ten 26 anos, comeza cunhas estrofas nas que as cousas de comer son protagonistas esenciais e serven, o mesmo entón que agora, para seducir e namorar. Escribe Rosalía: «Has de cantar, que che hei de dar zonchos; has de cantar, que che hei de dar moitos. Canta, meniña, na veira da fonte; canta, dareiche boliños do pote. Canta, meniña, con brando compás, dareiche unha proia da pedra do lar. Papiñas con leite tamén che darei; sopiñas con viño, torrexas con mel. Patacas asadas con sal e vinagre, que saben a noces, ¡que ricas que saben! Da importancia de “Cantares Gallegos” na nosa literatura da fe o feito de que se elixira o día da súa publicación, o 17 de maio

E abofé que tiña razón a probe da xorda, que non é tal senón que se fai, e todo remata en festa ben comida, bebida e cantada, como nos gusta aos galegos: Foron chegando, chegando, mais de nove ulindo a festa, i a ningún botou da porta a rica da montañesa; que hai para todos, o día que alí cocen, carne fresca por arrobas, e se fan Papas de arroz en caldeiras. Matouse un carneiro, grande como un boi, e unha tenreira como unha vaca, e gordiña como unha cocha pequena. Hai viño a Dios dar, un viño do Ribeiro, que é canela; e para a xente de menos haino tamén do da terra, un pouco agriño, mais fresco e saboroso como fresas. Coceuse unha gran fornada de millo branco que albea, con mixtura de centeo i unha pouca de manteiga. Parece biscoito a broa, iun non se ve farto dela, que inda é miuto máis sabrosa que os moletes que en tres cestas, escollidos, de Santiago trouxeron as panadeiras. En fin, a comida rodapolos pés, i o viño alegra as xentes tanto, que rabia de envidia a negra tristeza.


Compostela é gastronomía Xosé M. Santos Solla

se de algo se lle acusaba a Galicia neste terreo

Ademais observamos que a súa importancia

Director do CETUR-USC

era da incapacidade para crear e innovar a par-

increméntase ano tras ano, sendo máis eleva-

tir de productos de tanta cualidade.

do entre os turistas que entre os excursionistas. Tamén cómpre destacar que a restauración

A gastronomía é un dos elementos máis singulares de identidade cultural dos po-

Nos últimos anos isto ten mudado de xeito

e a gastronomía reciben unha alta valoración

bos. Polo tanto representa un valor de cre-

significativo. Centros de formación, como o de

nos nives de satisfación, en concreto no 2011

cente importancia na atractividade turística

Lamas de Abade ou o CSHG ámbolos dous en

foi de 4’83 sobre 5 puntos, por riba da media

dun destino. Isto non é novo aínda que é

Santiago, foros especializados, concursos de

global; neste aspecto existe igualmente unha

nos últimos anos cando está a acadar unha

tapas ou espazos para a innovación e a recicla-

mellora a respecto de anos anteriores.

maior relevancia. Nalgunhas ocasións é uti-

xe como o que ten a Asociación de Empresa-

lizada para destacar o cosmopolitanismo,

rios de Hostelería de Santiago e comarca son

Un par de datos máis axudan a comprender a

como fai Londres, e noutras para pór de

en boa medida responsables desta transfor-

importancia da gastronomía no turismo com-

manifesto as cualidades dun territorio e da

mación que se visibiliza ademais en magníficos

postelá. Un deles é que o 84% dos visitantes

xente que o habita.

profesionais de amplo recoñecemento público.

comen na cidade convertíndose nunha das

España é un exemplo paradigmático da posta

Turismo de Santiago outorga un papel signifi-

tamén aquí un incremento a respecto de anos

en valor da gastronomía, nomeadamente en

cativo á gastronomía, tal e como se recolle na

anteriores. Finalmente sinalamos que dentro

comunidades autónomas como Euskadi ou

súa páxina web, resultando de grande interese

da estructura de gasto do excursionista o

Cataluña que se sitúan na vangarda mundial

a relevancia que lle dá ao mercado de abastos.

44% do total vai para comidas sendo a parti-

da innovación. As implicacións turísticas direc-

Outras cidades de peso turístico seguen o mes-

da principal. Pola súa parte, para quen pasa

tas sobre afluencia e indirectas sobre a marca

mo camiño. É o caso de Barcelona que ten un

a noite tamén ocupa o primeiro lugar, case á

e imaxe do destino son evidentes. Por esten-

programa específico denominado Barcelona

par que o aloxamento, coa vantaxe de que o

sión podemos falar o mesmo en relación ao

Gastronomía ao tempo que pertence á rede de

monto total é máis elevado.

viño, agora co caso relevante da Rioxa.

cidades gourmets do mundo. O mesmo acon-

actividades máis practicadas, observándose

Galicia non é unha excepción e mesmo é bo

tece con Madrid que ademais ten apostado

É bo polo tanto manter a aposta pola gastro-

por grandes eventos como o Madrid Fusión.

nomía. A magnífica imaxe de marca dos nosos productos, aínda que non sempre sexan

lembrar o carácter pioneiro dunha campaña perdurable na memoria colectiva do País como

Voltando ao caso de Santiago a gastronomía

nosos, é unha garantía para o éxito. Con todo

foi E para comer Lugo. Por unha vez temos

ten un protagonismo crecente. Os datos do

hai que seguir avanzando en temas centrais

unha vantaxe que nos destaca: as excelentes

Observatorio turístico permiten afirmar que

como a innovación co obxectivo de engadir

materias primas que inclúen peixes e mariscos,

este é un dos elementos máis sinalados na

valor e mellorar os resultados non só econó-

carnes, vexetais en xeral, viños ou tamén pro-

atractividade do destino so por detrás da ca-

micos senón tamén os relacionados coa cul-

ductos básicos elaborados, como o pan. Porén

tedral e da cidade histórica no seu conxunto.

tura por exemplo.

Mónica Novas Dios

produce en nuestro cerebro que se liberen

ciendo inapetencia”. Al igual que en el sexo,

Psicóloga clínica y sexóloga.

endorfinas, sustancias placenteras que tam-

en la gastronomía es necesario una contínua

www.gastrosexologia.com

bién se segregan en las fases preliminares del

estimulación de los sentidos, donde cada uno

GASTROSEXOLOGÍA

sexo, donde la sugestión influye en las futuras

de los sentidos tiene que cobrar su importan-

El concepto de gastrosexología surge de la

fases de la excitación. August Escoffier ya lo

cia en su momento adecuado para no llegar a

fusión de la psicología, la sexología y la co-

comentaba en su libro “Mi cocina” 1934: “Una

ser monótono e inapetente.

cina. Esta disciplina trata de explicar y aplicar

comida buena y delicada debe terminarse

los mecanismos de excitación que subyacen e

con frutas excelentes que al perfumar la boca

Os invito a partir de ahora a hacer un viaje a

influyen en el placer que nos proporciona el

hacen olvidar el gusto de las carnes. En una

todas esas prácticas que se podrán explicar y

mundo de la gastronomía. La gastrosexología

palabra, las frutas constituyen el apoteosis de

aplicar en nuestra vida cotidiana, en nuestros

se sirve de la explicación de estos mecanismos

la comida, especialmente cuando van acom-

platos y en nuestras experiencias culinarias.

psicológicos - sexológicos y de la sugestión

pañadas con deliciosas cremas heladas”. En

inducida para que platos, bebidas, simbolos

esta frase se explica una de las variables que

gastronómicos o determinados productos nos

afectan al placer en un plato. Es importan-

produzcan un placer incrementado.

te lograr dentro del plato o del menú unos cambios importantes tanto en temperaturas,

Esta sugestión previa se logra a través de

texturas, colores, presentaciones, etc para no

imágenes, películas, música, aromas que nos

llegar a la habituación y por lo tanto a saturar

preparan para recibir el plato en el que se con-

a nuestro cerebro con los mismos estímulos.

jugarán varias de las variables que influyen en

August Escoffier finalmente sentencia con

el placer. Esta explicación y sugestión previa

gran claridad: “La monotonía termina produ27


Aperturas

CompH!ostelería

Cervexería Xuntanza Rúa Xelmírez, 28, Santiago de Compostela | 669 266 639

Unha taberna contemporánea na zona monumental de Compostela Transformación total deste local acolledor da zona vella compostelá. A cervexería Xuntanza reabre as súas portas tralo cambio no mobiliario e na distribución dos espazos para empezar unha nova etapa. A nova decoración está presidida pola propia madeira de castiñeiro e a singularidade das súas vetas. Con este material están feitos o mobiliario da sala e a cómoda barra. A madeira, canda a pedra da zona de Compostela, tan propia dos locais do casco vello santiagués, danlle un auténtico ambiente de taberna contemporánea a este local. Na barra tamén se inclúe unha pequena cociña para dar servizo de tapas e racións baseadas no producto galego e de tempada, con algún que outro prato e proposta máis internacional. Dende Xuntanza buscan crear un local cómodo e agradable, tanto para tomar un café ou petiscar algunha tapiña, como para compartir polas noites copas e licores nun espazo confortable.

Café Bar 3C Rúa Doutor Maceira, 21 baixo, Santiago de Compostela | 635 121 133

Inicio dunha nova etapa cunha aposta polo servizo de calidade

REVISTA-FALDON-185MM-x-50MM.pdf 1 16/12/2011 11:47:05

Despois de pasar dez anos pechado, o matrimonio que agora rexenta o 3C deulle ao establecemento un bo lavado de cara que o puxo ao día e xa está listo para empezar a traballar, cunha proposta moderna e funcional de local hostalería profesional cun servizo de calidade. Foi un cambio completo e unha transformación total do local, que pasou pola remodelación, as reparacións de fontanería ou electricidade e a dotación de novo mobiliario e decoración para facer que este establecemento tivera non só un simple cambio estético senón un cambio de atmósfera e de ambiente. Cunha oferta especializada en pratos de cociña caseira e de calidade, este proxecto familiar de resatauración nace con vocación de comezar unha nova etapa para fidelizar aos clientes e poder ir facéndose un oco na hostalería de Santiago de Compostela e a súa comarca. Este café bar destaca pola súa sinxeleza, polo servizo de calidade e pola atención ao cliente.

¿Mesas Vacías en tu restaurante?

C

La solución para llenar, ahora en Santiago de Compostela

M

Y

CM

MY

Contáctanos, no seas el último:

CY

CMY

902 07 05 60

@Unamesaporfavor

info@unamesaporfavor.com

facebook.com/unamesaporfavor

K

28


maio-xuño 2012

Restaurante San Jaime Rúa da Raiña, 4, Santiago de Compostela | 981 572 257

Remodelación integral dun clásico da zona vella sen perder a súa identidade Recambio xeracional nun local dos máis senlleiros da rúa da Raíña. As novas xeracións da familia fixéronse cargo deste emblemático restaurante da zona monumental compostelá e durante dous meses a casa histórica compostelá na que se empraza foi rehabilitada para adaptarse aos novos tempos que corren. O cambio é notable na decoración, onde combinan o rústico da pedra con materiais máis actuais como o cristal ou o aceiro, cunha estética máis contemporánea pero sempre mantendo o trato familiar e a comida caseira como sinais de identidade que caracterizan este establecemento senlleiro e un referente da restauración en Santiago. Iso si, as croquetas e a tortilla seguen a ser as estrelas da cafetería que é un dos lugares máis concorridos da zona para ir de tapas ou tomar unha caña. O primeiro piso é ideal para ceas de empresa, reunións de amigos, un xantar ou una cea nun lugar especial.

Café Bar Especial Agarimo Ameas Rúa das Ameas, 8, Santiago de Compostela | 629 343 410

Copas, tapas e pinchos neste agradable gastro pub no Mercado de Abastos O propietario do Agarimo, establecemento de hostalería situado na praza de Cervantes, abría hai algo máis dun mes un novo local no casco histórico da cidade, á beira do Mercado de Abastos, co nome Agarimo Ameas. Este gastro-pub é unha proposta diferente en Compostela, ofrecendo o propio dun local de copas, pero combinado cunha oferta gastronómica contemporánea que inclúe a preparación de pinchos e tapas, cunha moi boa relación calidadeprezo. O Agarimo Ameas quere ser un espazo agradable cunha proposta gastronómica e de coctelería ideal para atraer a nova clientela, que busca algo diferente, pero tamén apto para os moitos clientes que xa son habituais do Agarimo da praza de Cervantes, que é outro tipo de establecemento rexentado polo propietario deste novo local. A decoración do Agarimo Ameas combina o rústico e o moderno, tradición e modernidade, e mestura a pedra e a madeira.

29


Novos socios 2921

CompH!ostelería

RESTAURANTE O CURRO DA PARRA Rúa Travesa, 20. Santiago de Compostela Teléfono: 981 556 059 www.ocurrodaparra.com reservas@ocurrodaparra.com

Sinxeleza e creatividade con sabor tradicional e vangardista Situado en pleno casco antigo, O Curro da Parra nace a finais do ano 2010 coma un proxecto gastronómico innovador nun local singular da zona monumental, da man de Adrián Comesaña e Sergio Arias, profesionais do sector que se coñeceron traballando en Londres. Dende entón foron gañando un espazo de seu, cun discurso propio e diferenzado, na moi rica e variada oferta gastronómica de Compostela. A súa localización, a escasos metros do mercado de Abastos, permítelles traballar diariamente cos mellores productos e ofertar aos seus clientes producto de tempada seguindo as actuais tendencias. Para O Curro da Parra o materia prima e o cliente son os protagonistas e a súa cociña caracterízase pola frescura e a contemporaneidade, mantendo sempre as raices da gastronomía galega. O restaurante dispón de dúas zonas perfectamente diferenciadas: unha máis informal, para tapas e viños, abaixo, e outra máis formal, de sentarse, situada na primeira planta, cun pequeno comedor onde os comensais poderán desfrutar dunha coidada oferta de pratos e dun menú do día cunha relación calidade prezo moi boa.

2922

RESTAURANTE SAMANÁ Rúa Gradín, 45. A Estrada Teléfono: 986 180 346 www.samanarestaurante.com info@samanarestaurante.com

A mellor gastronomía galega na Estrada Aberto dende hai catro anos, o restaurante Samaná xa é unha referencia do bo comer e do bo beber na comarca. Este proxecto empresarial nace co propósito de ofertar unha boa cociña de mercado baseada fundamentalmente na calidade dos productos de tempada, potenciando os mellores pratos de Galicia dende unha perspectiva contemporánea. Na súa oferta gastronómica están presentes as elaboracións da cociña clásica e tradicional galega e as preparacións culinarias máis vangardistas e atrevidas, pero sempre fuxindo dos artificios innecesarios e elevando as materias primas á súa máxima expresión. Na súa extraordinariamente ben nutrida adega atopamos caldos de importantes denominacións de orixe do país e de fóra de Galicia e de España. Este restaurante conta con diferentes salóns e espazos amplos, modernos e ben equipados para realizar todo tipo de eventos, dende pequenos espazos reservados para 20 persoas ata un amplo comedor para 300 comensais. Dispoñen tamén dunha zona de vinoteca, un comedor de menú do día e á carta e un espazo interior semicuberto tipo chill out pensado para os fumadores.

2923

HOTEL-RESTAURANTE PAZO DE ALTAMIRA Rúa Altamira, 18. Santiago de Compostela Teléfono: 981 558 542 www.pazodealtamira.com monicafv@pazodealtamira.com

Cociña de producto e habitacións con encanto Cunhas habitacións modernas, luminosas e confortables, con vistas ao mercado de Abastos de Compostela, o Pazo de Altamira é un pequeno hotel con encanto no que os clientes poderán disfrutar de todo o atractivo dun casco antigo que é Patrimonio da Humanidade. Aberto dende hai dous anos, este hotel restaurante ocupa un fermoso edificio rehabilitado onde conflúen o tradicional da estructura co estilo minimalista da decoración, tanto nas súas 16 habitacións dobres, coma no restaurante e no salón social, estancias que o fan ideal para unha escapada de fin de semana, un xantar de traballo ou a celebración dun pequeno evento. Pódese acceder en ascensor a todas as prantas. A oferta do seu restaurante, que ofrece un bo menú do día, xira arredor da cociña de tempada e do producto fresco do mercado de Abastos. O Pazo de Altamira distínguese polo trato directo co cliente e por buscar a satisfacción das súas necesidades, dende o aluguer dun vehículo ata excursións, escapadas por Galicia ou calquera outra cousa que precise. Traballan moito con familias, turismo cultural, gastronómico, de negocios e peregrinos.

Santiago de Chile, 18 - Bajo Santiago de Compostela

30

Fax 981 599 285


maio-xuño 2012 2927

HOTEL-RESIDENCIA SUÍZA Lugar de Rio Vello s/n. Arzúa Teléfono: 981 500 862 – 981 500 908 www.hsuiza.com informacion@hsuiza.com

Comida tradicional, hospitalidade e trato familiar no Camiño Francés En pleno Camiño Francés, o hotel-residencia Suíza conta con 24 habitacións pensadas para acoller tanto a peregrinos coma a viaxeiros e visitantes, que son os principais clientes deste establecemento de hospedaxe que se diferencia, ante todo, polo trato próximo e familiar e a extraordinaria hospitalidade do persoal que o atende. Alberto e Belén son o matrimonio que rexenta este hotel residencia que conta tamén cun bo restaurante centrado na comida tradicional e de tempada, cun bo menú do día e servizo á carta. Este establecemento tamén conta cunha terraza cuberta e dous comedores para 50 persoas cada un, onde se poden festexar pequenos eventos como bautizos, comuñóns e calquera outro tipo de celebración ou comidas de traballo. A súa ubicación, nas proximidades do polígono de Arzúa, permite que parte da súa clientela, tanto de hospedaxe como de restauración, sexan tamén traballadores e viaxantes, aínda que o que marca o auténtico carácter hospitalario deste establecemento é o Camiño de Santiago e a presenza de peregrinos que se dirixen a Compostela.

2929

CAFÉ BAR XUNTANZA Vidal Cepeda, 4. Padrón Teléfono: 687 097 397

Viños, cafés e tapas na vila de Padrón Os veciños, os turistas e os visitantes que se acheguen a Padrón xa poden disfrutar de bos viños, tapas e cafés en pleno centro da vila, no café bar Xuntanza. Os ribeiros e os mencias son os caldos máis solicitados polos clientes deste local de hostalería que se diferencia, sobre todo, polo seu ambiente agradable, o bo trato ao cliente e polas populares tapas de tortilla española e de empanada que acompañan as consumicións. No Xuntanza non se sirven comidas propiamente, pero as fins de semana e sobre todo os domingos é obrigado facer unha parada neste pequeno local da vila para desfrutar da atmósfera animada da tradicional feira padronesa e degustar as súas tapas cun viño ou cunha caña. Unha das vantaxes adicionais desta cafetería é que conta con dous espazos de terraza, un diante e outro detrás do local, polo que os seus clientes van poder escoller entre a zona de sol ou de sombra para tomar as consumicións nos días bos. Leva cinco anos aberto e o seu horario de apertura é continuado, dende as dez da mañá ata pasada a medianoite.

2937

PENSIÓN-ALBERGUE EDREIRA Rúa Fonte, 19. Arca. O Pino Teléfono: 981 511 365 www.albergue-edreira.com info@albergue-edreira.com

En bicicleta ou a pé, unha parada obrigada no Camiño A hospitalidade é o seu sinal de identidade. Por iso os peregrinos que pasan polo concello Do Pino, na antesala de Compostela, e buscan un albergue económico, agradable e limpo saben ben onde ir pasar a noite. O albergue Edreira conta con catro habitacións cunha capacidade total para 52 persoas, ademáis de servizo de lavandería, sala polivalente, máquinas de bocadillos e refrixerios e unha terraza na que pasar o tempo de ocio e de repouso do peregrino. O Edreira non oferta comidas nin ceas, pero os arredores deste aloxamento para peregrinos están cheos de bos restaurantes e a súa localización céntrica fai que teñan os supermercados a un paso. O ritmo do Edreira está marcado polo Camiño. Durante a noite respírase unha atmósfera de tranquilidade e pola mañá cedo xa se escoitan os pasos silandeiros dos que reanudan o Camiño. A atención é contínua durante todo o día e sempre hai unha persoa para atender as necesidades que poidan ter os clientes. O albergue pecha ás once da noite para asegurar o descanso dos peregrinos.

Alberto García Varela Pasadizo de pernas, 4-6 3ºizq. 15005 A CORUÑA Teléfono 981 15 42 12

31


Axenda cultural

CompH!ostelería

Música Santiago es piedra y rock

Sonidos de la diversidad

El “Compostela Rock” es uno de los ciclos musicales más potentes de 2012, ya que cuenta con una nutrida presencia de bandas internacionales de primer nivel, como Toy Dolls, que actúa con Novedades Carminha el día 7 de mayo, en la Sala Capitol, y artistas nacionales tan populares como Leiva, que estará el 10 de mayo en esta misma sala. Dentro de este programa musical, La Habitación Roja estará el día 24 de maio en el Teatro Principal de Santiago y el rock continúa con The Last Internationale, ya el día 6 de junio, en la Sala Capitol. Porque Santiago es mucho más que piedra. Compostela es rock.

Otras de las propuestas musicales ya consolidadas en Santiago es el ciclo “Sons”, que en esta edición de 2012 trae hasta Compostela, en las próximas semanas, diferentes propuestas que atienden a un criterio de diversidad cultural, del que hace gala Santiago, meta de todos los caminos. La banda de Chicago Tortoise actúa el 12 de mayo en el Auditorio de Galicia. El gran Eliseo Parra actúa el día 20 de mayo en el Teatro Principal, donde va a presentar su nuevo trabajo. Dentro de la sección del festival, Divas do Fado, actúan Mafalda Arnauth, el día 1 de junio, y Ana Lains, el 9 de junio, en el Teatro Principal de Santiago. La violinista irlandesa Sharon Corr, miembro de la saga que formó The Corrs, estará el día 21 de xuño en el Auditorio de Galicia.

7 de mayo: Toy Dolls a las 20 h. en la Sala Capitol. 10 de mayo: Leiva a las 21 h. en la Sala Capitol. 24 de mayo: La Habitación Roja, a las 21 h. en el Teatro Principal. 6 de junio: The Last Internationale, a las 21.30 h. en la Sala Capitol.

12 de mayo: Tortoise a las 21 h. en el Auditorio de Galicia.

Entradas a las venta en: http://entradas.novagaliciabanco.es

20 de mayo: Eliseo Parra a las ás 21 h. en el Teatro Principal. 1 de junio: Mafalda Arnauth a las 21 h. en el Teatro Principal. 9 de junio: Ana Lains a las 21 h. en el Principal. 21 de junio: Sharon Corr en el Auditorio de Galicia. Entradas a las venta en: http://entradas.novagaliciabanco.es

32


maio-xuño 2012

Para escuchar en la intimidad Dentro del ciclo “Íntimo y Acústico”, el famoso músico argentino Ariel Rot actuará el día 7 de junio a las 21 h. en el Teatro Principal de Santiago, a donde llega con su nuevo disco bajo el brazo. 7 de junio: Ariel Rot a las 21 h. en el Teatro Principal de Santiago. Entradas a las venta en: http://entradas.novagaliciabanco.es

Biophilia en la Ciudad de la Cultura de Galicia El calendario musical gallego tiene una de sus actuaciones estrella para este año 2012 en el concierto que dará Björk en Santiago el 22 de junio, dentro de una gira para presentar su nuevo trabajo multimedia, titulado Biophilia. Se trata del retorno de Galicia al universo de la grandeza pop, tras un tiempo sin demasiadas figuras de primer nivel a nivel internacional en los escenarios gallegos. Va a ser la primera vez que la cantante islandesa actúe en Galicia, y lo hará en un marco incomparable, llamado Ciudad de la Cultura de Galicia. Promete ser de esos conciertos que hacen historia. 22 de junio. Björk en la Ciudad de la Cultura de Galicia. Entradas en http://www.ticktackticket.com/

Jazz en azul en Compostela Dentro del ciclo “Jazz in Blue”, el trío de jazz contemporáneo The Bad Plus, formado en el 2000 en Minneapolis (Estados Unidos) por Ethan Iverson (piano), Reid Anderson (bajo) y David King (batería), recala en Santiago el día 13 de mayo, donde actúa en el Teatro Principal. Su música combina elementos del jazz tradicional, free jazz, rock y pop, realizando versiones de Nirvana, Ornette Coleman, Blondie, Pixies, David Bowie, Black Sabbath, Neil Young o Radiohead. 13 de mayo: The Bad Plus a las 21 h. en el Teatro Principal Entradas en http://www.ticktackticket.com/

Toda la información cultural de Santiago en www.compostelacultura.org

Ascensión 2012 Del 16 al 20 de mayo Santiago celebra las fiestas de la Ascensión, que este año vienen cargadas de propuestas musicales con sabor gallego. El plato fuerte desde el punto de vista musical es el festival SONA, el día 16, donde a partir das 19:30 horas desfilarán por el escenario del Multiusos Fontes do Sar, Novedades Carminha, The Blows, Eladio y los Seres Queridos, Xoel López, Iván Ferreiro y Triángulo de Amor Bizarro. Los días 17 y 18, la cita es el la Praza da Quintana, con los conciertos gratuitos que organizan 40 Principales y Cadena 100. Entradas en http://www.ticktackticket.com/

33


Novas

CompH!ostelería

Santiago é hospitalidade Hostelería colabora na promoción da cidade para desestacionalizar o turismo e reactivar a economía e o emprego en Compostela

F

acer cidade a través da dinamización do sector turístico, que implica tamén o desenvolvemento de actividade noutros sectores da economía, é o obxecto básico da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca, á que pertencen 1.500 asociados. Dende que as novas xuntas directivas se puxeron á fronte do colectivo, a finais de 2011, Hostelería Compostela desenvolveu diferentes accións promocionais, en colaboración con administracións e outros colectivos, co obxectivo de contribuir a desestacionalizar o turismo en Santiago e a Comarca, reactivando así a economía e o emprego da cidade galega onde o turismo posúe unha maior importancia. “Compostela destino cinco estrelas” foi a primeira destas accións promocionais, que se presentou en Santiago poucos días antes de repartir en Fitur e noutras feiras de turismo milleiros de tarxetas de convite para vir a Santiago. Grazas a esta camapaña houbo máis de cen reservas en diferentes hoteis da cidade, onde o simple feito de presentar a tarxeta promocional supón que os clientes reciben un paraugas, un almorzo e unha visita guiada a cidade, todo de balde. E tamén se presentaba en Fitur o libro “Recursos turísticos de Santiago de Compostela”, con ampla información sobre Santiago, as rías, os pazos e os Camiños, o noso polo de atracción máis potente, sobre todo a nivel internacional, que é onde o destino presenta aínda un enorme potencial de desenvolvemento. Durante o mes de febreiro, moitos dos hoteis asociados de Hostelería Compostela ofreceron unha estadía a un grupo de xornalistas portugueses con motivo dun especial de Santiago na prensa portuguesa e do mesmo

34

xeito, tamén se puxeron a disposición dos organizadores da Volta Ciclista a España aloxamentos para que unha etapa desta competición recale en Santiago durante o verán. A implicación de Hostelería Compostela no Fórum Gastronómico Santiago 2012 foi máis aló do patrocinio, pois os socios do colectivo volcáronse coas actividades, dende o Fórum Cidade ata a organización da Cea de Benvida para xornalistas, conferenciantes e participantes deste evento ou a posta a disposición da organización de moitas habitacións para todos os cociñeiros, ponentes, xornalistas e participantes nas actividades do Fórum Gastronómico. Unha representación de Hostelería Compostela estivo na Feira de Turismo de Berlín, onde se distribuíron diferentes folletos, libros, guías e material promocional da cidade e dos seus atractivos turísticos. Xa no mes de maio, Hostelería Compostela colaborou con Turgalicia no desenvolvemento dunha viaxe de familiarización que trouxo a Santiago a trinta operadores turísticos nacionais. Do 4 ao 6 de

maio os representantes das distintas axencias de viaxe e turoperadores recibiron información da cidade, dos lugares de maior interese dende o punto de vista turístico e sobre todo, da pranta hoteleira de Santiago e Comarca, unha das máis modernas, competitivas e mellor valoradas polos clientes, tanto a nivel nacional como internacional.

Promoción turística Hostelería Compostela colaborou activamente nunha viaxe organizada por Turismo de Santiago para xornalistas italianos, contribuíndo así a promocionar os novos enlaces de Volotea entre Santiago e Venecia, un press trip que se denselvolveu días atrás, o mesmo que outra viaxe para xornalistas filipinos no que tamén colaborou Hostelería, aportando habitacións e comidas. Ao longo do ano vanse seguir a desenvolver accións promocionais, entre elas un ambicioso proxecto de desestacionalización, coordinado por Hostelería Compostela, e financiado pola Deputación da Coruña, no que tamén participan as asociacións de hospedaxe e restauración de

A Coruña e Ferrol, un proxecto que promove o potencial gastronómico do Camiño Inglés no mercado internacional. Santiago é hospitalidade e Compostela é un destino de cinco estrelas que aínda posúe un enorme potencial, sobre todo dende o punto de vista da capacidade de atraer máis turismo estranxeiro para contribuír a alongar a tempada alta e facer que superemos as cen mil pernoctacións mensuais durante eses cinco ou seis meses do ano en que non somos quen de manter uns niveis de ocupación aceptables. A promoción turística, e sobre todo o fomento do turismo internacional son imprescindibles para garantir un nivel de actividade que permita o mantemento do emprego nas empresas de hospedaxe e restauración, cunha actividade que contribúa a dinamizar outros sectores coma o comercio, a industria, o ocio ou os transportes. De aí o compromiso decidido de Hostelería Compostela coas diferentes administracións para a promoción turística e, sobre todo, para facer cidade.


maio-xuño 2012

Apróbase a nova ordenanza de terrazas incoporando moitas das alegacións dos socios de Hostelería

Trala presentación das modificacións introducidas e incoporadas moitas das alegacións presentadas por Hostelería Compostela, tralas xuntanzas mantidas cos asociados, o Pleno do Concello aprobou a nova ordenanza de terrazas. Entre os cambios máis importantes aparece a ampliación do horario, tal e como se solicitaba dende o sector. En maio, xuño e setembro, durante a semana, poderán ter terrazas ata a 1 da madrugada, mentres que os venres e os

sábados poderán abrir ata as 2. En xullo e agosto o horario de peche será todos os días as 2:30. O resto do ano o horario de peche será as 11:30, entre semana e as 12:30 venres e sábados, podendo prorrogarse en época de festas. Tamén se inclúe no novo texto un período de adaptación dun ano para poder mercar o novo mobiliario e autorízase a colocación de televisores, calefactores e cubertas nalgunhas zonas.

Os mellor valorados de España na Internet Do boca a boca á reputación online. Velaquí a transformación que está a vivir o sector turístico. Co apoio do Concello, Hostelería Compostela desenvolveu o pasado mes de marzo dous cursos pioneiros no sector da hostalería para adaptarse a este cambio. Durante dúas xornadas, tanto os responsables dos establecementos de hospedaxe coma os da restauración puideron coñecer as claves para xestionar a reputación dos seus establecementos na rede e as críticas que se fan dos mesmos, algo fundamental cando a maioría das prazas de hospedaxe se comercializan a través de Internet e os restaurantes tamén teñen unha enorme proxección online. Santiago é dos destinos con mellor reputación na Internet de toda España.

Presentación de luxo de CompHostelería

Portas abertas no Centro de Formación

É a primeira vez na historia do Hostal dos Reis Católicos que a suite do Cardeal acolle a presentación dunha publicación. Foi o número 154 de CompHostelería, titulado “Santiago é Hospitalidade”, o que se deu a coñecer neste espazo de luxo, con vistas ao Pedroso, polo que pasaron moitos dos máis ilustres persoeiros que visitaron a cidade. Entrevistas, reportaxes e novidades do sector e da comarca para presentar un número especial da nosa publicación para lembrar que a hospitalidade forma parte do patrominio máis valioso de Santiago de Compostela e Comarca.

En febreiro, marzo e abril, Hostelería Compostela abría as súas instalacións na rúa Salvadas con diferentes xornadas de portas abertas para presentar e dar a coñecer as actividades que se están a desenvolver nas aulas do Centro de Formación e Cultura Gastronómica. Durante estas exitosas xornadas, os asistentes puideron coñecer as novas instalacións e presenciar en directo as clases de enoloxía, cociña de caza e setas, coctelería, corte de xamón, gobernanta de pisos, cata, cociña e servizos de restaurante e bar. Tanto os desempregados coma os profesionais en activo do Sector teñen no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela un referente para incorporárense ao mercado laboral e para mellorar as súas competencias profesionais. Máis de 8.000 alumnos pasaron xa por estas instalacións, cuxa mellor carta de presentación é o grao de inserción laboral das accións formativas para desempregados, xa que un de cada tres alumnos atoparon traballo no sectot despois de pasar por aquí.

INSTALACIÓN Y MANTENIMIENTO DE: EXTINTORES EXTINCIÓN AUTOMÁTICA COCINAS INDUSTRIALES

CCTV (cámaras conectadas a central receptora) BARRERAS ANTIHURTO

DETECCIÓN DE INCENDIO

BIES (mangueras de incendio)

DETECCIÓN DE CO

CAJAS FUERTES

SISTEMAS DE INTRUSIÓN, (alarmas conectadas a central receptora)

SEÑALIZACION DE SEGURIDAD 35


Novas

CompH!ostelería

Hostelería Compostela participa no Congreso Nacional da FEHR

Lavacolla aposta pola internacionalización

Máis de 600 empresarios, profesionais e directivos de asociacións de toda España participaron no XIV Congreso Nacional de Hostelería organizado porla FEHR en San Sebastián. Unha representación de Hostelería Compostela estivo presente neste evento que foi clausurado cunha cea de gala. Na imaxe vemos a Arguiñano, Berasategui, Andrés Condide, xerente de Hostelería Compostela, Subijana, Jesús Sordo, presidente de Hospedaxe de Hostelería Compostela, e Hilario Arbelaitz, trala cea de clausura do Congreso Nacional de Hostelería de San Sebastián, onde tamén participou Javier Sexto, para dar a coñecer as actividade do Centro de Formación e Cultura Gastronómica, todo un referente neste eido a nivel nacional.

O aeroporto central de Galicia terá durante este verán novas conexións con destinos internacionais e dúas máis en voos chárter para conectar cos principais mercados emisores de turistas no estranxeiro: Alemaña, Reino Unido, Italia e Francia. Entre as actividades para a promoción e consolidación destas novas rutas destaca a acción promocional organizada por Turismo de Santiago co apoio e a colaboración de Hostelería Compostela, unha viaxe de xornalistas venecianos para promover a cidade neste mercado concreto. Conexións internacionais e compañías en Lavacolla: Ryanair

Londres, Frankfurt, Milán

Vueling

París, Zürich

Easyjet

Xenebra

Aer Lingus

Venecia

Air Europa

Caracas

Sata Adria Airways

36

Dublín

Volotea

Funchal (Illa de Madeira) Liubliana (Eslovenia)


maio-xuño 2012

Somos noticia 21 febreiro/12 marzo/3 abril

Previsións de ocupación hoteleira para Semana Santa. TVG, La Opinión Coruña, La Voz de Galicia.

21-23-24 febreiro

Presentación do último número de CompH!ostelería. El Correo Gallego, Cadena Ser, RNE.

28 febreiro/2-12 marzo/23-25 abril

Cursos de cociña, bar-restaurante, coctelería e outros. El Correo Gallego, V Televisión, TVG, TVE, La Voz de Galicia, COPE, Radio Galega, Correo TV.

9-10-20 marzo/4 abril

Hostelería pide tres anos para cambiar mesas e cadeiras da nova ordenanza de terrazas. El Correo Gallego, La Voz de Galicia.

14 marzo

Datos de ocupación hoteleira de febreiro e previsións para os próximos meses. Correo TV, Cadena Ser.

14-15 marzo

Xornada de portas abertas. La Voz de Galicia, Cadena Ser, Radio Galicia, Correo TV, Santiago te espera, El Correo Gallego.

17 marzo

Febreiro acada a peor ocupación con dezasete hoteis pechados. El Correo Gallego, La Voz de Galicia.

6-20 marzo

Hostelería Compostela nominada aos premios turísticos do ano e entrega dos premios Dagda en accións de promoción e márketing. Faro de Vigo, La Voz de Galicia.

27-28 marzo

Obradoiros de formación en reputación online. Comunidad Hosteltur, El Correo Gallego, La Voz de Galicia e Onda Cero.

2-6 abril

Baixa o prezo medio dos hoteis. La Voz de Galicia.

4-6-9 abril

Ocupación hoteleira en Semana Santa. La Voz de Galicia, El Correo Gallego.

10 abril

Debate sobre o turismo en Galicia. Radio Voz.

11-12 abril

Datos de ocupación de marzo e Semana Santa. COPE, Onda Cero, Europa Press, TVE, Radio Galega, TVG, Correo TV, Santiago TV, RNE, SER, Radio Obradoiro, La Voz de Galicia, De Luns a Venres, El Correo Gallego, ABC, Qué!, Economía Digital.

26 abril

Hostelería Compostela en San Sebastián para o Congreso Nacional de Hostelería. El Correo Gallego.

27-28 abril

Previsións de ocupación hoteleira para a ponte de maio. TVG, TVE, V Televisión.

28-29 abril

Os alumnos dos cursos de formación para desempregados menores de 30 anos comezan as prácticas en empresa. La Sexta Noticias, Telecinco, TVE e TVG.

30 abril

Valoración sobre a organización dun evento en Compostela da Fundación Adenauer. TVG e TVE.

30 abril

Datos sobre a ponte de maio e actualidade aeroportuaria. Radio Galega, Onda Cero e Cadena Ser. 37


Novas

CompH!ostelería

Hostelería ofrece a súa colaboración a Currás O colectivo agarda unha xuntanza co novo alcalde de Santiago para abordar asuntos importantes para o futuro do sector turístico e para a dinamización da cidade

O

s presidentes de hospedaxe e restauración de Hostelería Compostela, Jesús Sordo e José Manuel Otero, en nome das respectivas Xuntas Directivas, do persoal do Centro de Formación e Cultura Gastronómica e dos 1.500 socios deste colectivo empresarial, envían una mensaxe

38

ao novo alcalde de Santiago, Ángel Currás, no que poñen á súa disposición “todo o coñecemento e a experiencia dos empresarios do sector turístico de Santiago, a cidade galega co maior grao de especialización turística, para orientar as políticas de promoción e comercialización e as accións do Concello de Santiago

e de Incolsa neste eido tan importante para a actividade económica e o emprego na cidade”.

do grupo municipal popular cun dos sectores máis importantes de la economía local”.

Reunión pendente

Na súa misiva a Currás, Hostelería solicita a celebración dunha xuntanza o antes posible para tratar algúns destes asuntos que aparecen no programa electoral do PP e que foron propostas deste colectivo empresarial, “temas importantes para o sector turístico e tamén para a futuro da cidade, asuntos e proxectos que esixen da colaboración do sector público e privado para que Santiago de Compostela poida liderar a internacionalización do sector turístico galego, a defensa e a promoción dos Camiños de Santiago nesa estratexia de proxección exterior e que o sector turístico poda conseguir a reactivación da economía da cidade e de Galicia”.

Dende Hostelería Compostela confían na vontade de Currás para acadar consensos e “na súa altura de miras e no seu bo facer para, contando co apoio e a colaboración dun dos principais colectivos empresariais da cidade, no que sempre vai ter un fiel aliado para a defensa dos intereses de Compostela, poder afrontar o futuro con esperanza e ilusión. Na carta enviada, Otero e Sordo tamén felicitan ao novo alcalde por ter asegurado que o “programa electoral do PP vai ser a folla de ruta para o equipo de goberno local, pois moitas das nosas aportacións foron incorporadas ao mesmo, demostrando una extraordinaria sensibilidade


maio-xuño 2012

25 anos de Crechas

Gastrofonías

Moito máis que catas

A Casa das Crechas celebra o seu 25 aniversario cunha completa programación de actividades. É tempo de mirar atrás pero tamén de ollar cara o futuro coa posta en marcha dun ambicioso centro cultural arredor deste pub, un referente da noite compostelá. Longa vida.

A fusión de música e gastronomía dá como resultado unha gastrofonía, coma a que puidemos degustar o outro día da man de Rafa García e Javier Sexto, compañeiros de traballo do Centro de Formación e Cultura de Hostelería Compostela, na Casa das Crechas de Compostela.

A Viña de Xabi acaba de ser premiada polo seu traballo de divulgación da cultura do viño en Galicia. Casa Alongos, de Melide, estivo neste local cunha interesante proposta onde puidemos degustar tres caldos extraordinarios e moi singulares, maridados con boa música e compaña excepcional.

De Compostela a Fisterra

Premios Manuel Beiras

As tapas do Galway

Empresarios turísticos fisterráns abriron o portal web www.turismofinisterre.com para dinamizar o sector e xerar sinerxias entre Compostela, porta de entrada do turismo internacional, e Fisterra, outro dos lugares con máis capacidade de atracción de viaxeiros de Galicia.

O daquela concelleiro de Cultura e hoxe alcalde de Santiago, Ángel Currás, presidíu a entrega dos premios Manuel Beiras na Cámara de Comercio, unha distinción aos empresarios que traballan pola promoción e a dinamización da súa actividade en galego.

Despois de gañar un segundo premio o ano pasado, o Galway foi este ano o vencedor do concurso de tapas do Milladoiro, entre 14 propostas, cun chupiño de Camembert e lagostino e uns chipiróns recheos de setas e gambas sobre crema de espárragos e xamón. Noraboa ao equipo deste local.

Hoteles familiares e independientes en España

www.hoteltresestrellas.es

39


Crítica e cata

CompH!ostelería

Para beber...

40

Magma de Cabreiroá

Abadía de Gomariz 2009

Tiveron que pasar centos de anos para que puideramos probar este auga de orixe volcánica e burbulla natural que nace da mestura dos gases de combustión do magma coa auga que chega de moita profundidade. Cunha burbulla ou agulla moi fina, que case non apreciamos na boca, atopamos unha combinación co bicarbonato moi agradable, estimulando as nosas papilas para disfrutar mellor de calquera comida. A auga que nunca ve a luz.

Un viño da D.O. Ribeiro para aqueles que aínda pensan que Galicia é terra só de brancos, un país no que viños coma este, das castes Sousón, Brancellao, Ferrón e Mencía se van abrindo camiño co bo facer de Sebio Puñal, enólogo de referencia en Galicia. Escuro, con notas balsámicas e de froita negra, na boca nótase vivo, moi sabroso, con personalidade e limpo. Fresco e redondo, para beber con calma. Moi boa relación calidade prezo e unha sopresa moi agradable.

A Coroa Lías 2010 Un viño da D.O. Valdeorras, e dunha adega onde se coida moito o bo facer. Este godello agarda a súa máxima expresión coas súas lías finas ata seis meses para agasallarnos despoixa cun viño complexo, con moita estructura en boca, mantendo esa fermosa cor amarela de palla e con reflexos verdosos, destacando os aromas de froita madura e os fondos vexetais característicos dos mais grandes e singulares godellos de Galicia. Un viñazo para degustar en boa compaña.

Pazo de Galegos barrica 2009 Un viño moi singular da subzona da Ulla, da D.O. Rias Baixas, 100% albariño, que fai a maloláctica sobre lías en barrica de carballo francés Allier e permanece en madeira durante seis meses, obtendo unha fermosa cor lixeiramente dourada. Nunha primeira achega semella que a madeira nos vai saturar, pero se o deixamos respirar aparecen esas notas de froitas que botamos de menos nun primeiro momento. Complexo e arriscado, en boca non defrauda.


maio-xuño 2012

e libros para comer... Licor Café Bocabajo Licor café producido baixo o selo de Adegas Castrobrey na zona da Ulla, con ancestral tradición augardenteira. Denotanos un aroma profundo de café natural de calidade, neste caso dos mellores cafés xamaicanos, e notas torrefactas de chocolates. En boca resulta equilibrado e persistente, con sabor a tofe, padal suave e integrado dulzor. E por suposto, sen esquecer a fermosa botella que fai destacar máis este bo producto.

Santiago mmm…que rico! Miguel Vila Pernas e Andrés Meixide Turismo de Santiago de Compostela

Cata realizada por Pedro Sestayo, profesor do Centro de Formación e Cultura, en base ás bebidas aportadas polas diferentes empresas para a Cea de Benvida do Fórum Gastronómico Santiago 2012, deseñada e organizada por Hostelería Compostela.

Cun paseo polo casco antigo da cidade e coa axuda deste xogo-guía en forma de libro, os máis pequenos poden coñecer un pouco máis de Santiago de Compostela e a súa gastronomía. Da man de Sara, Minia e o cabalo Branco de Cores descubrirán unha cidade única moi apetitosa “que sabe a emoción”. Cincuenta actividades distintas entre as que terán que saber os nomes dos pratos máis típicos de Compostela, dos establecementos máis emblemáticos da zona e as curiosidades que rodean a Catedral e ás súas prazas.

Elaboración y exposición de comidas en el bar y cafetería Almudena Villegas Becerril Ideaspropias Editorial Este manual do bo restaurador conta de xeito práctico e ameno como confeccionar e presentar as creacións culinarias en bares e cafeterías. Ao longo de 362 páxinas a autora detalla a definición e a clasificación de materias primas, maquinas, útiles de traballo, tapas e menús. Con estas sinxelas técnicas de elaboración, decoración e exhibición das comidas, o empresario terá a posibilidade de desenvolver a súa creatividade e de mellorar a súa imaxe e o grao de satisfacción dos seus clientes.

C/ Nogalte 9 28670 Villaviciosa de Odón- Madrid Tfno: 91 604 44 16 /Móvil: 648 02 37 99/ Fax: 91 6168622 www.mirasoluciones.es

41


Publicidade

42

CompH!ostelerĂ­a


HISTORIA DE

COMPOSTELA

E

da Hostelería de Compostela e Comarca DAHistoria HOSTELERÍA

COMARCA

comunicacion@santiagohosteleria.org | Teléfono: 981 592 700

1

Casa Peto e Hotel Restaurante O Pino

Foto 1 Nesta imaxe dos anos 50 vemos a Dolores Fiuza, nai da actual propietaria de Casa Peto e a Dolores Fernández, fundadora desta taberna da Serra de Outes, pouco despois do inicio da actividade deste negocio familiar que continúa co seu bo facer. Foto 2. Nos anos 70 a cociña da taberna aínda se utilizaba tamén como comedor para os clientes de máis confianza. Na imaxe vemos a tres gandeiros que acudían ás feiras da contorna xantando na cociña. Casa Peto é un referente para xantar na Serra de Outes.

2

4

3

5

Fotos 3, 4 e 5. Estas son as fotos máis antigas que se conservan da casa de xantar, ultramarinos e fonda que abríu o avó de Marcos Carril nos anos 70 n´O Pino, xérmolo do que hoxe é o Hotel-Restaurante O Pino, parada obrigada de peregrinos e amantes da boa mesa, actualmente rexentado por Marcos, o seu pai, Ramón Carril e a súa dona, María do Carme Carrillo, a quen vemos na barra do establecemento hai máis de trinta anos.

43


Apartado

Toda unha vida

CompH!ostelería

Gumersindo Rajo, restaurante Carballeira

Relevo xeracional nun dos locais máis senlleiros de Compostela

A

quen lle guste a boa ensaladilla e non coñeza a do Carballeira xa sabe o que ten que facer. Gumersindo Rajo (Monforte, 1.945) leva un par de anos xubilado, logo de case tres décadas á fronte deste restaurante da rúa do Vilar, un local onde traballou man a man coa súa muller, “a extraordinaria cociñeira” Isabel Martín, quen lle axudou a facer deste establecemento un referente da boa mesa en Compostela. Pero a continuidade do restaurante e do seu saber facer culinario está garantida con Luis Rajo, o fillo de Gumersindo, que se criou no Carballeira, e Ita Vázquez, a súa muller, á fronte da cociña. Podemos corroborar que seguen a facer unha das mellores ensaladillas da cidade. Gumersindo vivíu en Ferreira de Pantón de neno pero logo emigrou, coma tantos outros galegos, ao País Vasco, onde estivo máis de vinte anos. Foi en Bilbao onde se gañou a vida de mozo e onde coñeceu á súa muller, coa que tivo dous fillos, Luis Manuel e Ana Isabel, que lle deron xa un par de netos dos que fala con fachenda

44

de avó enrollado. En xullo do 82 foi cando Rajo e e a súa dona, natural de Salamanca, decidiron voltar a Galicia e mercar o Carballeira, animados en boa medida pola irmá de Gumersindo, que xa daquela era a propietaria do Sótano, na rúa do Franco. “O Carballeira foi unha boa decisión que tomei nun momento bo, un proxecto no

que despois toda a familia traballou moito e ben. A hostelería é moi escrava porque para nós os clientes sempre foron o máis importante. En Santiago houbo grandes profesionais e por iso hoxe a hostelería está ao nivel das mellores de España e de Europa. Levamos anos recibindo turismo e personalidades de todo o mundo e o simple feito de recibir a esa xente fainos

Ana Isabel Rajo, filla de Gumersindo, Ita Vázquez, nora e o própio Gumersindo, na barra do Carballeira, pouco despois da apertura do local.


responsables do que estamos facendo e obríganos a mellorar”, asegura Rajo, quen estivo máis dunha década tamén na Xunta Directiva de Hostelería Compostela. “O sector hostaleiro cambiou moitísimo nestes anos, tanto a nivel individual como colectivo, e sempre para mellor. Eu estiven como directivo dende o 99, cando empezamos a traballar forte no tema da formación”, lembra Rajo, que canda Asorey e Leonardo, “que se movían moitísimo e formaban un equipo xenial”, foi un dos directivos que fixeron posible que hoxe Hostelería Compostela poida ter un Centro de Formación e Cultura Gastronómica de referencia a nivel nacional. Rajo tamén considera clave que o sector teña unha estratexia colectiva para facerse respectar polas administracións e así poder defender de xeito efectivo os intereses dos socios. Gumersindo tamén levou durante anos a comisión de festexos de Hostelería e gústalle lembrar aquela etapa dourada das festas de Santa Marta con máis de mil convidados. “Era unha festa máis da cidade. Fixemos algunhas que non lle custaron un duro ao asociado nin á Asociación e pódoche dicir que se chegaban a sortear coches, abrigos de peles e ducias de viaxes con todos os gastos pagos”, asegura Rajo, antes de concluir, “e logo decidimos deixar paso a xente nova ao ver que as cousas xa estaban ben encarreiradas a nivel de asociación, cun persoal extraordinario”. Sobre o presente do colectivo asegura que “o sector hosteleiro ten que deixarse ver máis e liderar a cidade, marcando os tempos e negociando coas administracións en función do que realmente representa, que son máis de 1.500 empresas de hospedaxe

e restauración e moitas máis familias e empregos que dependen desta actividade, e moitos votos. Non me refiro a meterse ca Xunta e co Concello, senón a facernos valer para ter unha postura de forza e defender os intereses do sector”, conclúe. “Esta é unha casa con moita tradición, leva aberta case cen anos e xa tiña moita solera cando nós a collemos, por iso tivemos que saber estar á altura para manter un bo nivel. Agora estou tranquilo porque vexo que o meu fillo e a miña nora saben levar o negocio e tratan moi ben á xente, sexa quen sexa, que é o máis importante no noso oficio”. Disque este restaurante foi fundado hai case un século por Pepe Carballeira, discípulo de Perico Chicote, e daquela a especialidade do local era a coctelería. Pero os tempos cambian e hoxe o mellor do Carballeria, onde tamén hai bos combinados, é o seu café, a variada oferta gastronómica, con productos frescos e de tempada, a ensaladilla, por suposto, e o trato familiar e atento do persoal deste restaurante.

Maruja Rajo, irmá de Gumersindo, e Benigno Blanco (propietarios do Sótano), Ita Vázquez e Luis Rajo, Isabel Martínez e Ana Isabel Rajo nun xantar no Carballeira no ano 85.

“O sector hosteleiro ten que deixarse ver máis e liderar a cidade, marcando os tempos e negociando coas administracións en función do que realmente representa” Na súa casa de Monforte, onde vive coa súa muller dende que se xubilaron, Rajo aínda lembra o salmón á cazola, “o prato estrela do restaurante” e os case trinta anos de sacrificio pero tamén de beneficios. “Todo o que teño é gracias a isto, e vendo traballar ao meu fillo é á miña nora, vexo a continuidade do negocio; sígome vendo dalgún xeito aínda ligado a este lugar ao que tanto tempo e esforzo lle dedicamos, coma se eu aínda estivera aquí, ou mellor, porque agora son eu o que aprendo moitas cousas do meu fillo”, asegura Rajo, aínda convalecente dunha operación de xeonllo, antes de despedirnos.

Ita e Luis, actuais propietarios do Carballeira, nunha foto do ano 93.

45


na cama con

Apartado

CompH!ostelería

Lydia B. Smith, directora dun documental sobre a Ruta Xacobea

O Camiño de Santiago, ese gran descoñecido É de Portland pero veu vivir a Barcelona un tempo, onde descubríu o poder de atracción do Camiño de Santiago. Semella algo agalegada xa, de tanto andar por aquí, cando nos comenta que prefire a cama de firmeza media, nin dura nin branda, “pero que sexa orgánica e sen elementos químicos”. Aínda que adoita dormir soa, prefire a cama de matrimonio e a almofada, sempre de plumas.

L

ydia B. Smith (Portland, 1964) está convencida de que se o turista estadounidense medio descubre o Camiño de Santiago en toda a súa plenitude, coa singularidade de poder percorrer a pé unha ruta de extraordinaria beleza seguida antes por millóns de peregrinos, dende a noite dos tempos, e co atractivo engadido de poder ver a vida e vivila co ritmo lento que marcan os nosos propios pasos, “tendréis que echar a los estadounidenses a patadas”, asegura a directora de The Camino Documentary, 46


Texto: Aser Álvarez Imaxe: Iván Nespereira

Lydia B. Smith Unha palabra para definir Santiago Fenomenal. Pero tamén deixar caer complexidade e mesmo contradicción, polos sentimentos encontrados, a ledicia de chegar e a mágoa de rematar. Un rincón da cidade As entradas dos Camiños de Santiago na zona vella e o Obradoiro. Un hotel de Santiago? Este es precioso.

Máis información do documental en www.caminodocumentary.org

Hotel AC Palacio del Carmen

un traballo audiovisual que está a realizar para a televisión pública estadounidense e cuxo avance veu presentar a Santiago. “En EEUU nunca escuché nada del Camino de Santiago, empezó a sonarme algo cuando vine a Barcelona a vivir, pero nunca se me ocurrió hacerlo hasta enero de 2008, cuando, por diferentes motivos personales, tuve una especie de

El Camino de Santiago tiene un enorme potencial para el turista americano medio, porque es una experiencia única especialmente indicada para quien vive con un ritmo trepidante

revelación y se me metió en la cabeza que tenía que hacer el Camino”, lembra Smith, quen acaba de estar en Zaragoza, Corea, China e Francia, promocionando o seu documental, unha especie de camiño dentro doutro camiño, unha obra colectiva e coral onde moita xente se vai sumando ao seu proxecto e mesmo contribuíndo economicamente para a súa realización, entre eles Dan Brown e outras figuras de recoñecido prestixio.

The Way Smith coñeceu a Martin Sheen e a Eduardo Estévez antes da rodaxe do seu filme, The Way, que está a ser tamén unha extraordinaria promoción do Camiño de Santiago nos EEUU. Din dela que posúe unha “especial sensibilidade para captar a esencia e a beleza do Camiño e animan a todos a apoiar o seu interesante proxecto de documental a través da web”, onde xa podemos ver un pequeno avance deste traballo. “En teoría íbamos a rodar al mismo tiempo, pero ellos tuvieron que aplazar el rodaje y finalmente utilizaron nuestro material para enseñárselo a los actores para que se empaparan del espírituo del Camino”, lembra Smith, mentres se deixa fotografar nun dos cuartos do AC Palacio del Carmen e a capela deste antigo convento se enche de xente para asistir á estrea dun avance máis longo deste documental xacoebo. “El Camino de Santiago tiene un enorme potencial para el turista americano medio, porque es una experiencia única especialmente indicada para quien vive con un ritmo trepidante. Caminar lentamente, comer, pensar, admirar el paisaje, hablar con la gente y dormir, sin más, es una buena terapia para saber cuáles son las prioridades en la vida y para ser conscientes de que las cosas materiales no dan la felicidad. Y el Camino también es amor y amistad, comparto de lavarte los pies, y eso tiene un valor incalcula-

ble. Realmente tenéi una joya y sois afortunados por ello”, conclúe Smith. Os audiovisuais sobre o Camiño de Santiago son clave para a divulgación do fenómeno xacobeo. EEUU xa foi o principal mercado emisor de peregrinos estranxeiros durante esta pasada semana santa. “Los americanos están muy abiertos a las ideas espirituales y les interesa mucho la meditación y el poder descubrirse a sí mismos, por lo que hay muchísima gente que si supiera que existe algo como el Camino de Santiago lo haría, el problema es que no lo saben”, asegura antes de destacar o carácter aberto e ecuménico do Camiño, “es una experiencia válida para personas de todas las religiones, conectadas por las mismas creencias y raíces, pero me sorprendió agradabelmente lo abierto que es el Camino y cómo acoge a todos”. O material para o documental xa está gravado e a páxina web do proxecto segue a recibir pequenas aportacións económicas, sobre todo de pere-

En el Camino de Santiago tenéis un diamante en bruto de valor incalculable, pero no estáis sabiendo aprovechar todo su potencial a nivel internacional, por lo menos en EEUU grinos de todo o mundo, pero a falla de apoio das institucións fixo que aínda non puidera rematar a montaxe final deste documental que se vai emitir na televisión pública estadounidense. A directora quéixase da pouca sensibilidade das institucións de Galicia con este proxecto e considera que o retorno deste tipo de accións é moi superior ao investimento que require fronte a outros tipos de promoción turística. “En el Camino de Santiago tenéis un diamante en bruto de valor incalculable, pero no estáis sabiendo aprovechar todo su potencial a nivel internacional, por lo menos en EEUU”, conclúe. 47


PUFOS, GARFOS ESTRELAS Pufos. Os nosos pufos van nesta ocasión para a Xunta de Galicia. En primeiro lugar, pola súa pouca habilidade para aproveitar o enorme potencial dos Camiños de Santiago para internacionalizar o sector turístico de Galicia a través dunha política aeroportuaria centrada, fundamentalmente, en atraer turismo estranxeiro a través dun aeroporto turístico. E en segundo lugar, pola retraso na posta en marcha da Axencia Turismo de Galicia e pola súa obsesión polas cifras para ver sempre a botella medio chea, defendendo un incremento de visitantes fronte a un alarmante descenso de turistas, cando os empresarios do sector levan meses sufrindo as nefastas consecuencias da excesiva dependencia do turismo nacional en Galicia. O futuro do turismo pasa pola internacionalización do sector grazas ao aproveitamento da marca Xacobeo e da boa proxección exterior dos Camiños de Santiago, que percorren case cen concellos de Galicia e son algo único e universal.

Garfos. Os garfos son para o Fórum Santiago 2012, que se consolidou xa, coa celebración da súa terceira edición en Compostela, coma o evento gastronómico máis importante de Galicia. A implicación de Hostelería Compostela nesta edición foi máis aló do simple patrocinio e da promoción deste evento. Varios hoteis pertencentes a este colectivo empresarial acolleron a ponentes, cociñeiros, organizadores e xornalistas gastronómicos de toda España. Hostelería Compostela organizou unha inesquecible cea de benvida para todos eles que proxectou unha extraordinaria imaxe do sector da restauración local e o Centro de Formación e Cultura acolleu un novedoso obradoiro gastronómico dentro das actividades do Fórum Cidade, onde os establecementos asociados a este colectivo empresarial tiveron un protagonismo moi especial. Só esta implicación colectiva do sector pode facer que Santiago fomente o turismo gastronómico.

Estrelas. Nesta ocasión as nosas estrelas van para os máis de 1.500 socios de Hostelería Compostela, pequenas e medianas empresas de Santiago e Comarca, pola súa implicación en todo o referente ás accións de promoción turística, a pesar da situación de crise económica e da caída continuada da demanda e da facturación nos últimos meses. A campaña promocional Santiago Destino Cinco Estrelas, a cesión de habitacións, almorzos, comidas e ceas para as diferentes viaxes de familiarización para operadores turísticos e xornalistas organizadas por Turismo de Santiago e por Turgalicia, a participación en feiras e eventos internacionais, o densevolvemento de accións formativas en hospedaxe e restauración e os servizos de información turística que Hostelería Compostela xestiona no Camiño de Santiago e no Aeroporto de Lavacolla, principais portas de entrada do turismo, son só algúns exemplos do compromiso deste colectivo empresarial para facer cidade e para facer país.

RECOMENDACIÓNS AS COCTEIS DO NOSO BARMAN Marcos Martínez, Chivas Ambassador, ex alumno do Centro de Formación e Cultura Gastronómica e Campeón de España de Coctelería.

Margarita de Fresa

1 1/4 Oz Tequila 1/2 Triple Seco 5 Fresas 2 Cucharadas de azucar 1 Pala de hielo picado

Smoothie de Platano

1 2 1 2

Platano maduro Oz Leite Pala de hielo picado Cucharadas de azucar

Apple Martini

1 1/4 Oz Vodka 3/4 Oz Licor de manzana 1 Oz Zumo de manzana

ANÚNCIATE CON NÓS comunicacion@santiagohosteleria.org Se queres alugar, vender, ofrecer ou demandar algún ben ou servizo, e eres socio de Hostelería Compostela, este espazo está á túa disposición. 48


maio-xuĂąo 2012

Publicidade

49


Publicidade

CompH!ostelería

Profesional multiEstrella

Llévate el televisor que tienes en la cabeza

Llévate un televisor LG LED de 22”

Condiciones financieras exclusivas

Ahora, tan solo por domiciliar el pago de tus seguros sociales de autónomos, tener ingresos mensuales en cuenta, pagar 3 recibos y realizar un mínimo de 3 compras con tu tarjeta de ”la Caixa”, un televisor LG LED de 22” será tuyo1. Características: Sintonizador TDT Full HD DivX HD a través de USB Resolución Scaled Full HD 2 conexiones HDMI Contraste dinámico: 1.000.000:1

Una programa así solo se ve en la tele Y además, a los 3 meses formarás parte del programa Profesional multiEstrella2, con el que te beneficiarás de las siguientes ventajas: Condiciones exclusivas en productos financieros Puntos Estrella trimestrales que podrás multiplicar Ofertas exclusivas para el tiempo libre

Ventajas para tu día a día Hipoteca bonificada Contrata tu hipoteca en ”la Caixa” y te bonificaremos el tipo de interés3. Además, disfrutarás de un 5% de descuento4 sobre el precio de venta o alquiler en inmuebles propiedad de Servihabitat. Consulta más información en www.servihabitat.com

Microcrédito de Mikrobank Disfrutarás de condiciones preferentes5 en un microcrédito financiero de MicroBank de hasta 25.000 €, para iniciar tu negocio, o ampliarlo, o para atender necesidades de capital circulante. Tarjeta MasterCard® Professional Solicítala y benefíciate de múltiples ventajas: - Cuota de mantenimiento gratuita el primer año y los siguientes si la facturación en compras es superior a 2.000 €/año. - Bonificación del 2% en carburantes en estaciones de servicio de Repsol, Campsa y Petronor y factura mensual con IVA desglosado. - Vía T gratuito: cuota de alta y mantenimiento. Ventajas en renting de vehículos Benefíciate de un vehículo de sustitución6 durante 10 días por cada nuevo vehículo en renting contratado en CaixaRenting, S.A.U. Cambia ahora de vehículo Benefíciate de 600 € de descuento en la adquisición de un vehículo de ocasión, con garantía de un año, procedente de contratos de renting de CaixaRenting, S.A.U. Tienes más de 400 vehículos a tu disposición en www.caixarentingocasion.es

1. Promoción válida del 15-3-11 al 15-5-11 o hasta agotar existencias (100.000 unidades, promoción conjunta para Nómina, Pensión y Profesional). Para nuevas órdenes de domiciliación del pago de las cuotas del régimen especial de trabajadores autónomos, de trabajadores del mar (cuenta propia) o de las aportaciones a mutuas de previsión profesional alternativas al régimen de la Seguridad Social de trabajadores por cuenta propia (mensuales o trimestrales) y una permanencia de 24 meses, con abonos medios en cuenta a partir de 1.000 €/mes, con domiciliación de recibos con un mínimo de 3 cargos al trimestre, utilización de tarjeta con 3 compras en comercios al trimestre y contratación de un producto incluido en la promoción (condición no exigible para determinados importes de abonos). Consulta estos importes y productos en cualquier oficina de ”la Caixa”. A efectos fiscales, esta promoción tiene la consideración de remuneración en especie y está sujeta a la retención a cuenta según la normativa fiscal vigente. Promoción no acumulable a otras promociones de domiciliación de los seguros sociales realizadas por ”la Caixa” con posterioridad al 1-3-2010. 2. Programa válido hasta el 31-12-2011. Consulta las condiciones del programa en www.laCaixa.es. 3. Válido para nuevas hipotecas con finalidad de compra de vivienda. 4. Descuento aplicable sobre el precio publicado en todos los inmuebles propiedad de Servihabitat o de ”la Caixa”. Oferta no acumulable a otras promociones. 5. Concesión de la operación, sujeta a los requisitos de MicroBank y a los criterios de riesgo de ”la Caixa”. 6. Vehículo de sustitución de igual categoría que el contratado en el nuevo renting (salvo lujo).

50


Publicidade

maio-xuño 2012

A unión do sector é a nosa forza ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E COMARCA

Asesoramento

Servizos

Asesoría Fiscal z Información detallada de Obrigas Fiscais e Renda z Tramitación CIF empresa. z Altas e baixas de empresas e variacións censais. z Declaracións trimestrais. z Presenza e asesoramento en inspeccións. z Libros de Rexistro de I.V.E. z Declaracións da Renda e Patrimonio

Comunicación

Turismo

z Posta en marcha da Revista CompH!ostelería.

z Confección de listas de prezos en varios idiomas (galego, inglés, francés e alemán). z Carteis obrigatorios. z Altas, baixas e cambios de titularidade. z Tramitación Libro de Inspección e Follas de Reclamacións. z Placas obrigatorias.

z Circulares informativas de interés para os socios.

Subvencións

z Presenza en redes socias. z Guía Oficial e planos de Santiago. z Foro de Directores de Hotel. z Estratexia corporativa e nos medios de comunicación. z www.santiag ohosteleria.com

z Información, tramitación e presentación de subvencións para os asociados.

Asesoría Xurídica e Laboral z Asesoramento xeral e laboral ao asociado. z Defensa do asociado en materia xurídico-laboral. z Horario de consulta: luns, martes, mércores e xoves. z Formalización de contratos de traballo, nóminas e liquidacións z Altas, baixas de autónomos e cambios nas bases de cotización. z Altas e baixas por enfermidade. z Liquidacións trimestrais por retencións e indicación de bonificacións á Seguridade Social.

Concello z Tramitación de cambios de titularidade de licenzas de apertura. z Solicitude de autorización ou modificación de ocupación de vía pública (terrazas). z Xestiónes para solucionar problemas de aperturas, recursos, baixas,...

Sanidade z Certificado de Manipulador de Alimentos. z Documentación personalizada e asesoramento. z Guía de Prácticas Correctas de Hixiene en Hostelería.

Formación z F ormación continua e de reciclaxe. z Formación ocupacional. z Xornadas gastronómicas. z Catas e degustacións. z Concursos de baristas, de tapas e de libros de receitas.

Convenios de colaboración AHC CEPSA e a Confederación Española de Hoteles y Alojamientos Turísticos (CEHAT), da que formamos parte como colectivo, asinaron un convenio de colaboración para aplicar descontos no gasóleo.

Acordo de colaboración entre a AHC e a Fundación Compostela Deporte, polo que nos comprometemos a apoiar o deporte de base

Repsol Gas ofrece vantaxes aos membros da AHC. Os socios poden aforrar ata un 45% no consumo.

Asinamos un convenio con Global Iuris, un estudio legal especializado en dereito de empresas, cun departamento de dereito industrial e intelectual (marcas, deseños, dereitos de autor, defensa fronte a entidades de xestión coma a SGAE) ofrece condicións beneficiosas para os asociados.

A CEHAT e a Federación Española de Hostelería, FEHR, das que forma parte a AHC, negocian a redución das comisións no cobro con tarxetas de crédito.

Convenio entre Cehosga e Bluesens Corporation, co obxectivo de proporcionar vantaxes aos membros de AHC para dotárense de novas tecnoloxías.

Acordo coa SGAE con bonificacións de ata un 15% de desconto nas taxas.

Soluciones no convencionales ofrece o seu servizo de deseño de páxinas web aos socios de Hostelería Compostela cunhas condicións excepcionais para dotarse dunha web totalmente personalizada, con tantas seccións como necesiten, e o primeiro ano de mantemento e dominio gratis.

Polo convenio asinado con esta entidade, os socios de AHC poderán acceder a servizos como a Servicuenta, Comercio ou o Recibo Único.

Asinamos un convenio de colaboración con Gas Natural Fenosa polo que os nosos asociados poderán gozar de vantaxes como asesoramento enerxético persoalizado, que permitirá que aforren nas súas facturas.

Tarifas especiais en seguros obrigatorios en determinadas actividades do sector de Hostelería e Turismo.

O convenio de Hostelería Compostela con Extinfer permite que os nosos asociados teñan un 10% de desconto en todos os productos e servizos desta compañia do Milladoiro especializada en sistemas de detección e extinción de incendios e sistemas de intrusión e antirroubos.

Convenio con esta empresa especializada na certificación de prevención de riscos laborais para establecementos a precisan.

Convenio polo que a entidade bancaria ofrece vantaxes aos nosos asociados.

Compromiso da AHC para contratar a persoas con dificultades de inserción.

NOVOS CONVENIOS

Empresa de software que grazas ao convenio con Hostelería Compostela ofrece importantes descontos aos asociados en programas informáticos de empresas de hospedaxe e restauración.

Plataforma de comercialización y gestión de reservas en restaurantes que ofrece condiciones ventajosas a los socios de Hostelería Compostela.

Convenio de colaboración entre Gadisa Distribución e a AHC.

51



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.