157

Page 1

Número 157 | outono 2012 | Prezo 5 €

Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e

Restauración de Santiago e Comarca



Director Aser Álvarez Textos Redacción CompH!ostelería, Miguel Vila, Manuel Gago, Xosé Manuel Santos, Adrián Pájaro, Mónica Novas, José Antonio Liñares, Lois Codias, Alfredo Castromao, Estela Portela e Aser Álvarez Fotografía: Estela Portela, Iván Nespereira, Javier Amosa, Miguel Piñeiro, Xurxo Lobato, Concello de Santiago, Cidade da Cultura de Galicia, Turgalicia e Xacobeo Ilustración: Andreia López Diseño, fotomecánica e impresión: Tórculo Artes Gráficas, S. A.

Vía Edison, 33-35. Polígono do Tambre (Santiago de Compostela) Teléfono: 981 95 83 20

ISSN: 217 3-545X Depósito legal: C. 3.544-2010 Esta publicación conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

“Santiago, mar de pedra estremecida de vento” Celso Emilio Ferreiro

04 A fondo Santiago é porta de entrada: Hostelería Compostela xestiona dous puntos de información turística 10 Santiago(é)Tapas Os CompHostapeantes invaden Santiago 11 Paseos por Compostela Un pulmón surrealista entre a Pontepedriña y Conxo 12 Na barra con... Rebeca Domínguez, a muller que non cre na política profesional 14 A escapada Un camino slow way 18 Benvidos a CompHostapería Un esforzo que vale a pena 20 Na mesa con... Diego Calvo, “facer o Camiño de Santiago foi a mellor experiencia da miña vida” 23 O socio opina Santiago(é)Tapas 25 Blogstronomía selecta Manuel Gago, Manuel Vila Pernas, Xosé Manuel Santos e Mónica Novas Dios 28 Socios de toda a vida 29 Novas aperturas Tryp Santiago e O Boteco 30 Novos socios 32 Agenda cultural 35 As novas do sector 39 Escribiron de nós 40 Crítica e cata 43 Historia da Hostelería Do Económico ao Hostal Suso 44 Toda unha vida Juan Luis Puya, de director de residencia de anciáns a director de hoteis 46 Na cama con... Kathlenn E. Jenkins, especialista no fenómeno das peregrinacións e colaboradora da revista American Pilgrims

Benvidos a Comphostapería

Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 | Fax: 981 598099 informacion@santiagohosteleria.org | comunicacion@santiagohosteleria.org www.santiagohosteleria.com | www.santiagohosteleria.net Facebook: comphostaleria e hosteleria compostela Twitter: #comphosteleria | Youtube: comphosteleria

Os comphostapeantes invaden Santiago este outono cos seus tapasportes na man. Percorren a cidade na procura das cento dezasete exquisiteces en miniatura que se reparten nos setenta e dous locais ao longo das cinco rutas de peregrinación gastronómica que fan de Compostela a capital galega das tapas. Nin os recurtes nin a crise económica impediron que os empresarios da hostelería local, principal motor da cidade, deran mostra, unha vez máis, da súa madurez e do seu compromiso social, asumindo a organización dun dos concursos de tapas máis importantes de España, batindo un récord de participación. A ninguén se lle escapa que a función destas empresas de hostalería, que se implicaron na celebración deste evento gastronómico, é basicamente a obtención de beneficios, ou o que é o mesmo, tratar de gañar diñeiro. Mais nese proceso crean emprego e xeran un movemento económico fiscalizado que permite o pago de taxas e impostos, que á súa vez serven para sustentar un sistema público de servizos e prestacións. É evidente que a maior movemento económico, máis recursos para a sociedade no seu conxunto. Que o sector hostaleiro asuma a organización de actividades de promoción turística coma este importante evento gastronómico, vítima dos recurtes en Turismo de Santiago, é unha boa mostra da vontade de Hostelería Compostela para facer cidade. Para cando os comphostapeantes invadan as rúas de Santiago, xa coñeceremos o resultado das eleccións autonómicas, conscientes de que o obxectivo fundamental dunha formación política non é gañar diñeiro pero si gañar votos. As cousas funcionan deste xeito no sistema democrático, onde un partido político, por boas que sexan as súas intencións, o seu programa e os seus candidados non pode gobernar se non está respaldado por unha maioría de votantes. Pero as políticas necesarias para a captación de votos non sempre son as mellores para a optimización dos recursos públicos, máis ben acostuman ir contra o interese xeral. Velaí a política de café para todos que ten producido un crecemento desordeado e insustentable de servizos, chiringuitos e infraestruturas innecesarias neste país. Esta dinámica suicida, só posible en tempos de fartura, resulta agora totalmente inadmisible e mesmo obscena, aínda que haxa que conceder unha tregua durante a campaña. A partir do 22 de outubro, dende Hostelería Compostela imos reclamar a quen goberne seriedade e rigor para comezar a traballar por esta cidade e por este país, destinando os esforzos e os recursos onde realmente poidan xerar retorno, escollendo aos mellores e non aos amigos e afíns, para traballar polo futuro. Os nosos fillos vanllo agradecer. 03


CompH!ostelerĂ­a

04


outono 2012

a fon d o

Hostelería Compostela xestiona dous puntos de información turística no aeroporto e no Camiño

Santiago porta de entrada O carácter hospitalario forma parte do patrimonio inmaterial máis valioso dunha cidade que leva séculos atraendo e recibindo a viaxeiros de todo o mundo. Hostelería Compostela contribúe a facer cidade coa súa vocación acolledora, recibindo como se merecen aos que nos visitan, xa sexan turistas ou peregrinos. Neste compromiso enmárcanse os esforzos deste colectivo empresarial para facilitar unha información completa, útil e de calidade, aos viaxeiros que chegan a Santiago, en dous puntos de información turística que están nas prinicipais portas de entrada á cidade. Un deles no aeroporto de Lavacolla, en convenio co concello de Santiago, e o outro, en pleno Camiño, en colaboración co concello do Pino.

05


CompH!ostelerĂ­a

06


outono 2012

O

punto de información que Hostelería Compostela no Camiño Francés recibe a centos de peregrinos diariamente, chegando a atender máis de 400 consultas nas xornadas de máis afluencia. Dende a súa apertura no 2009, este “oasis de amabilidade”, como o definen no seu libro de visitas moitos dos máis de 200.000 peregrinos que se beneficiaron deste servizo de calidade, este espazo foi constituíndose como un referente da hospitalidade no Camiño, aparecendo en guías e publicacións na-

a fon d o

cionais e internacionais. Porque xusto antes da chegada a Compostela a necesidade de información vai dende planos, guías ou teléfonos de interese, até información cultural, consultas sobre a cidade e outras zonas de Galicia ou mesmo a xestión de reservas en establecementos de hospedaxe e restauración. No que vai de 2012 máis de 120.000 turistas utilizaron o punto de información turística que Hostelería Compostela xestiona no aeroporto de Lavacolla, un

espazo onde a metade dos usuarios son estranxeiros e onde case o 50% das consultas dos turistas son sobre outras zonas de Galicia. Xa van case un millón de viaxeiros dende o ano 2004, cando o colectivo empresarial asumíu este servizo, antes na antiga terminal e agora na nova, que é fundamental para humanizar a recepción de viaxeiros e para orientar a todos os turistas e pregrinos que chegan ao aeroporto central de Galicia con necesidade de información útil, persoalizada e de calidade. Iso é hospitalidade.

07


Benvida no Camiño…

CompH!ostelería

Mario López é o encargado de xestionar a oficina de información turística de Hostelería Compostela no Camiño de Santiago. López fala con paixón dos centos de peregrinos que pasan todos os días por Rúa, onde está a oficina, e emociónase cando lembra como agradecen o trato recibido, amable, próximo e persoal “aínda que hai días en que é moi complicado atendelos como se merecen, porque teño atendido máis de catrocentas consultas nunha soa xornada.” Pero os correos electrónicos, as postais e as cartas que recibe, ademais dos agradecementos que podemos ler no seu libro de visitas compensan o esforzo. As nacionalidades dos que se achegan a facer as súas consultas son diversas, dende franceses, ingleses e alemáns até Corea, Thaití ou Alaska. “Aquí dámoslles todo o que precisan a nivel de información, orientación e mesmo facemos reservas en aloxamentos turísticos e de restauración”, comenta López mentres atende a un matrimonio estadounidense ao que lle facilita información sobre a Cidade da Cultura, A Coruña e as Rías Baixas. Transportes, actos relixiosos, axenda cultural, visitas guiadas, material promocional dos Camiños de Santiago e de Galicia, planos da cidade e, por suposto, o selo no pasaporte do peregrino forman parte do día a día deste profesional da hospitalidade.

Aquitzane é vasca e fai o Camiño como un reto persoal e de superación. “É verdadeiramente unha proba, tanto física como mental.” Xa estivera en Santiago como turista pero agora animouse a facer o Camiño Francés a pé dende Roncesvalles. Destaca o trato amable e cordial do persoal do punto informativo de Hostelería Compostela no Pino e agradece moito a hospitalidade. Da ruta destaca as paisaxes e bota en falla máis fontes durante o percorrido. Repetirá, pero co Camiño do Norte.

Jaione é de Euskadi. É a primeira vez que fai o Camiño. Parou no punto de información turística de Hostelería Compostela solicitando axuda para atopar un albergue á súa chegada a Compostela e sobre que facer na cidade e xa está máis tranquila. Destaca a calidade no servizo, o bo trato e a hospitalidade. Comenta que “a experiencia do Camiño é única, aínda que algo dura por momentos”. Entre risas comenta “que os vascos estamos a feitos a cousas moito moito peores”.

Ana é murciana e está a facer o Camiño coa súa familia. Do “persoal amabilísimo” da oficina de Hostelería Compostela no Camiño Francés acaba de obter valiosa información sobre albergues e fixéronlle as reservas duns itinerarios turísticos fóra de Santiago. “Estou encantada con todos os servizos e co trato que recibín aquí”, pero fala da necesidade de mellorar a sinalización do Camiño e conclúe, “recoñezo que é moi duro pero algún día repetirei, sen dúbida”.

servicios gráficos a la carta

902 905 024 · www.torculo.com

08


…e no aeroporto

outono 2012

a fon d o

Nicolás Álvarez é o responsable do posto informativo que Hostelería Compostela xestiona no aeroporto de Lavacolla, unhas das prinicipais portas de entrada a Compostela e a Galicia, sobre todo para o turismo internacional. Comenta que nos últimos meses houbo un descenso significativo de viaxeiros. Este experto en información aeroportuaria, xestor do blog especializado Aeronoticioario SCQ, asegura que “faltan conexións para aproveitar todo o potencial deste aeroporto, pero non só enlaces internacionais, senón que os voos nacionais tamén van cada vez máis baleiros”. No punto de información de Hostelería Compostela, este profesional entusiasta ofrece aos recén chegados a Santiago o trato amable a información persoal que precisan, dende facer reservas de aloxamentos ou restaurantes, até facilitar guías, planos, mapas, información xeral sobre Santiago, os Camiños e outras zonas de Galicia ou sobre os principais puntos de interese da cidade, coma a Catedral, os museos e a Cidade da Cultura. Nas horas punta é normal ver colas ante este punto de información, localizado na zona de chegadas, pero sempre hai unha boa cara e un trato amable e cordial do outro lado do mostrador. Iso é a hospitalidade, un dos elementos máis valiosos e diferenciais de Santiago de Compostela como destino.

Mariechen é alemana, de pai español. Chegou a Santiago para vivir unha aventura e ficou namorada da cidade onde remata o Camiño, a súa base de operacións para visitar toda Galicia. Vive en Santiago pero viaxa ás zonas costeiras cada pouco tempo para practicar o seu deporte favorito, o surf. De Santiago di que lle “sorprendeu moito a súa enerxía, porque hai xente nova por todas partes”. Comenta que disfruta moito do seu ocio nocturno “os xoves aquí son incribles, xa que en Alemaña as noites non son tan boas”.

Paul e Linda, veñen dos Estados Unidos. Foi a película The Way a que os impulsou a vir a Santiago e descubriron en Galicia “unha terra máxica”. Hospedados en Santiago, percorreron toda Galicia: Fisterra, Muxía e as Cíes fóron algúns dos lugares que visitaron. Entre risas din que “agora que estamos xubilados temos moito tempo para coñecer mundo, e recoñecen que o Camiño ten verdadeiro potencial para atraer a Galicia e Santiago o estadounidense medio”.

Paula é valenciana. Chega á cidade como participante nunha excursión organizada na súa parroquia para facer un pequeno treito do Camiño de Santiago. Comenta que “esta viaxe lle fai moita ilusión” e que pretende “coñecer a fondo a cidade”. Di que a parroquia pensou varios destinos pero que se decidiron vir a Santiago “porque os prezos eran máis baixos que noutros lugares e porque moita xente quería vir coñecer esta cidade que atrae a millóns de viaxeiros e peregrinos de todo o mundo”. Paolo é de Italia. Fixo o Camiño Francés e agora regresa a casa dende Lavacolla. Da experiencia di que se leva “vivenzas únicas” e comenta que repetirá. Cando se lle pregunta que visión teñen de nós di que “Santiago só e coñecida como centro de peregrinación” e sorprendeuse de atoparse unha cidade que non só era eso senón que “estaba chea de vitalidade”. Critica a masificación nos últimos treitos porque o encanto “está en facer a ruta só para poder estar cun mesmo e cos teus pensamentos”.

09


CompH!ostelería

s an t i ag o ( é) ta pa s

Os CompHostapeantes

invaden Santiago invaden Setenta e dous establecementos participan no Santiago(é)Tapas 2012, que se celebra entre o 26 de outubro e o 11 de novembro. Hostelería Compostela dalle un novo pulo ao concurso asumindo a organización e os custos para consolidalo coma o mellor evento de cociña en miniatura de Galicia, con cento dezasete tapas de calidade a un prezo dous euros cada unha. www.santiagoetapas.com

O

10

s aromas das mellores tapas xa arrecenden polas rúas e barrios da cidade. Os CompHostapeantes agardan o pistoletazo de saída para percorreren Santiago na procura das delicias en miniatura que fan de Compostela a capital das tapas. Dende San Lázaro e o Camiño Novo até Santa Marta, dende o Franco e a Raíña até a Carreira do Conde e o Hórreo, dende a rúa do Vilar até a Rosa ou República Arxentina, dende Salgueiriños até Montero Ríos e Fontiñas, dende San Pedro até a avenida de Lugo e dende San Roque até a República do Salvador e Alfredo Brañas. Non hai recuncho na cidade ao que non cheguen as mellores tapas. Mentres chega a cita, baixo a súa apariencia de cidadáns normais, os CompHostapeantes agardamos impacientes as sorpresas que nos deparará esta cimeira da cociña en miniatura. O Santiago(é)Tapas de 2012 vai ser o da

#santiagoetapas

consolidación deste evento coma o mellor concurso de tapas de Galicia, grazas ao esforzo organizativo e humano de Hostelería Compostela e á implicación do sector empresarial e dos patrocinadores. Coidado con eles. Hai varios sinais externos que permiten recoñecer aos CompHostapeantes entre a multitude. O tapasporte, na man ou agochado no peto da chaqueta ou no bolso, é o documento que os acredita como seguidores fieis das rutas de tapas. Algúns non falan moito até a terceira tapa. As redes sociais son o seu medio de comunicación e poderedes localizalos de xeito doado agochados tralo hashtag #santiagoetapas. Os CompHostapenates poden ser loiros ou morenos, bonecas ou bonecos, pero caracterízanse fundamentalmente por estar dispostos a pagar só dous euros para degustar as mellores tapas de

Galicia. Son tipos esixentes e moi exquisitos pero boa xente en xeral. Nesta edición, a primeira organizada por Hostelería, que se estrea batindo récords de participación, vai haber unha invasión de CompHostapeantes sen precedentes, xa que poderán degustar pequenas delicias en case setenta locais durante os dezasete días do concurso. Por iso agardamos superar as 30.000 tapas servidas no ano anterior, a pesar da crise. Bo proveito, ComHostapeantes!! E noraboa a Hostelería Compostela e a todos os participantes, que coa súa implicación demostran a súa madurez e asumen un compromiso coa dinamización económica e coa diversificación da oferta turística de Santiago. Isto é facer cidade e dar milleiros de pequenas doses de felicidade aos CompHostapenates que o desexen. E o resto son andrómenas.


outono 2012

pa seos por compostela

Un pulmón surrealista entre a Pontepedriña y Conxo Continuamos este itinerario por las zonas verdes de Santiago con un paseo por el parque Eugenio Granell, uno de los jardines públicos más grandes de la ciudad, en plena zona comercial de Santiago, en un espacio natural que lleva el nombre de uno de los grandes autores del surrealismo gallego

E

n una de las zonas de mayor expansión de la ciudad está el parque Eugenio Granell, en pleno barrio de O Paxonal, entre Conxo, A Pontepedriña y O Castiñeiriño. Inaugurado en 2003, es una de las zonas verdes más grandes de Santiago, con 130.000 metros de arbolado, césped y equipamientos de todo tipo. Este espacio, unido a los parques de Conxo y al Campus Universitario Sur, está a punto de com-

pletar el gran cinturón verde que rodea la ciudad. La especial configuración de este espacio, con zonas ajardinadas y arboladas, bosque de ribera y amplias extensiones de césped y senderos, hacen del parque un lugar ideal para hacer deporte y para pasear bajo los robles que protegen las orillas del río Sar. Dos grandes pasarelas metálicas permiten cruzar este curso fluvial, al que cantó Rosalía de Castro, uniendo ambas orillas

de un parque que es uno de los mejor equipados de la ciudad, con zona infantil, carril bici, pista de skate y máquinas de ejercicios, además de varios miradores donde podremos disfrutar de interesantes vistas de Santiago y de los alrededores. El frondoso bosque de ribera del Sar y la hermosa carballeira, en pleno corazón del Santiago más moderno y comercial, dan a este parque urbano un toque surrealista que

se agradece, lo mismo que su atmósfera de natureza silvestre en medio del asfalto y del hormigón. El parque Eugenio Granell posee un extraordinario valor para la práctica deportiva, por su amplitud y por los numerosos senderos que lo atraviesan. Pero también es un lugar ideal para tumbarse sobre el césped, cerrar los ojos u observar el cielo y escuchar el susurro monótono e irrepetible del río Sar a su paso por Santiago.

Más info y rutas guiadas por el Santiago más verde en www.santiagodecompostela.org

11


CompH!ostelería

A muller que non cre na política profesional

É a última incoporación ao goberno local de Santiago. Gústanlle cousas tan diversas como o sendeirismo, o cine clásico, a micoloxía, o rock, os bos viños, bordar ou dar paseos nocturnos por Compostela. Equilibrada, ambiciosa e moi traballadora, sempre estudou en centros públicos, pero agora tócalle estar do outro lado para xestionar ben e facer política “dicindo o que se fai e facendo o que se di”.

R

Rebeca Domínguez (Santiago, 1983) foi a última en chegar ao goberno local de Santiago, trala renuncia de Gerardo Conde, pero semella levar xa anos no seu posto. Acaba de superar o inicio do novo curso académico en Compostela, asumindo o reto de organizar o servizo de comedor escolar dende o Concello e a apertura da escola infantil de Salgueiriños. É unha persoa moi ordeada, disciplinada e traballadora. A esta especialista en dereito administrativo, afable e próxima, tanto a podes ver lendo un libro no Parque de Bonaval co seu can, como no Galo de Ouro poñendo na gramola a Creedence ou a Doobie Brothers; apañando cogumelos no Pedroso ou degustando bos viños cos amigos. Non é dogmática. Aínda que é máis de tintos, este mediodía prefire un albariño.

12

“…coido que todos os políticos deberan ter un oficio á marxe da política, non creo na política como unha forma de gañarse a vida.” Antes de que a chamaran para entrar en Raxoi, Domínguez estaba a traballar nun despacho de avogados en plenos exames de oposición. “E aínda sacrifico as noites para continuar opositando ao corpo superior de xestión da Xunta”, asegura, “porque coido que todos os políticos deberan ter un oficio á marxe da política, non creo na política como unha forma de gañarse a vida. Gústanlle cousas tan curiosas como bordar, o sendeirismo, a mi-

coloxía, a música e o cinema clásico. Estamos a comprobar o seu exquisito gusto cinéfilo cando Germán González, do Celme do Caracol, nos presenta as exquisiteces que imos degustar hoxe e que son as catro tapas máis vendidas no seu local. Esta melómana empedernida, por influencia paterna, o mesmo que o seu gusto pola micoloxía, asegura non ter padriño político e que cando se meteu en Novas Xeracións, sendo unha estudante de Dereito na USC, “foi para axudar a mellorar as cousas na miña cidade”. Domínguez recoñece que o momento non é o mellor pero que “un bo xestor demóstrase nas épocas de crise, optimizando os recursos e priorizando en función das necesidades reais, porque coas vacas gordas calquera xestiona”, conclúe antes de asegurar que traballa arreo para conseguir facer máis con menos.


Texto: Aser Álvarez outono 2012 Imaxe: Javier Amosa

n a b a rra con…

REBECA DOMÍNGUEZ, CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN DE SANTIAGO NO CELME DO CARACOL Barra ou mesa? > Mellor na mesa e ben posta. Viño ou cervexa? > Viño tinto. Carne ou peixe? > Carne. Unha palabra para definir Santiago? > Nostalxia.

“Santiago posúe moitisimo potencial dende o punto de vista do turismo, que é o motor da cidade, pero obviamente os empresarios están sufrindo moito pola crise. De todos xeitos, penso que xuntos podemos sair adiante e demostrar a fortaleza do sector e da propia cidade” “Santiago posúe moitisimo potencial dende o punto de vista do turismo, que é o motor da cidade, pero os empresarios, o mesmo que noutros sectores,

están sufrindo a crise, aínda que penso que xuntos podemos sair adiante e demostrar a fortaleza do sector e da propia cidade. Estou segura de que imos sair desta situación rápido”, asegura, antes de comezar a falar da súa recente experiencia no Camiño de Santiago, e máis como católica practicante que é. “Foi unha experiencia que me axudou a reinventarme”, conclúe mentres damos boa conta do suave e delicioso risoto, un dos pratos estrela do Celme do Caracol. Ela non é deportista, coma algúns dos seus compañeiros de peregrinación, pero conseguíu facer as cinco última etapas do Camiño en catro días, o suficiente para coñecer as sensacións únicas desta experiencia. “Coñecín a moita xente de fóra; unha das persoas que máis me impactou foi cura arxentino

que viña dende Roncesvalles só, a quen coñecín saíndo de Portomarín, despois de que oficiara parte da misa do día anterior nesa vila; sorprendeume a cantidade de peregrinos que veñen de moi lonxe e comprobei que adoita haber sempre algunha motivación espiritual, por iso ese ambiente de solidariedade que se respira no Camiño e que non coñecía”, comenta mentres remata o solombo ibérico e demostra ser unha moi boa comedora. Como amante da cultura romana, o seu lema é mens sana in corpore sano. Equilibrada, disciplinada e moi ordenanda, “algo menos dende que estou no Concello”, Domínguez vai ao ximnasio para manterse a tono pero o que máis lle gusta facer para manterse áxil é dar paseos nocturnos pola cidade co seu can, Lucas, “que xa fixo os seus pinitos como actor”. Pero para actores, os políticos, que non están a vivir precisamente o seu mellor momento de popularidade e prestixio social. “Temos que traballar para cambiar esa mala imaxe, porque está claro que algo estamos facendo mal cando nos ven así, e non me conformo con que digan o que queiran, senón que debemos esixirnos máis para recuperar esa confianza perdida dicindo o que facemos e facendo o que dicimos”, conclúe mentres tomamos xa o café e nos despedimos. 13


CompH!ostelería

El camino inglés

Un camino

slow way

Una crónica para CompHostelería de Estela Portela, participante en un viaje para periodistas y empresarios organizado por Hostelería Compostela para promocionar y divulgar el Camino Inglés, durante siglos, gran afluente marítimo del Camino Francés, una ruta que une Ferrol y A Coruña con Santiago.

U

no de los Caminos de Santiago menos conocido y transitados es el Inglés, mientras otros, como el Francés, siguen llevándose la palma en número de visitas, lo que provoca cierta saturación e incomodidad para los que buscan más instrospección. Es por ello que al recibir la llamada de

14

Aser Álvarez, director de Comunicación y Mercadotecnia de Hostelería Compostela para invitarnos a conocer y contribuir a promocionar esta ruta durante cinco días, no nos lo pensamos dos veces, preparamos nuestra mochila y allá nos fuimos hacia Ferrol, punto de partida de esta aventura.


outono 2012

Hay múltiples maneras de hacer el camino, cada persona tiene sus propias motivaciones para decidir emprenderlo. En nuestro caso, todos los participantes coincidimos en que la mejor manera de iniciarlo era desde una filosofía basada en el movimiento slow, para intentar perder esa dependencia que tanto nos une a nuestro reloj, culpable de que vayamos siempre a una velocidad que no nos permite disfrutar de pequeñas cosas que son las que en realidad nos proporcionan mayor satisfacción. Bajo el hashtag #englishway periodistas, empresarios y blogueros nos unimos para

a esca pada

ilustrar todas las maravillas que fuimos descubriendo paso a paso, que son, en definitiva, las perlas gallegas: mar, ríos, bosques, gastronomía y gente hospitalaria. Durante los cinco días mágicos de nuestro particular Slow English Way, tuvimos oportunidad de conocer lugares de ensueño, personas auténticas ávidas por contarnos historias que son las que verdaderamente se quedan grabadas no sólo en nuestra cabeza, sino en la memoria de nuestro corazón, relatos a veces difíciles de transmitir, porque son experiencias únicas, que deben ser vividas en primera persona.

Nuestro ameno peregrinaje fue en ocasiones un camino en contradirección, una apuesta por la aventura que nos alentaba en ciertos momentos a no seguir las flechas amarillas que señalizan el camino. Salirnos de ruta fue también sinónimo de encuentros inesperados, todo un abanico de puntos con marcado interés cultural, paisajístico, arquitectónico, gastronómico, antropológico y social a nuestra disposición. Una apuesta fundamental fue la decisión de hacer de nuestro camino una ruta gastronómica, realizando paradas en aldeas, pueblos y villas para degustar la fantásti-

15


CompH!ostelería ca gastronomía local, siguiendo la estela de sabores y olores que hicieron las delicias de nuestros paladares peregrinos. El Camino de Santiago es en definitiva, una pieza clave en el desarrollo del turismo internacional, es la llave para combatir la estacionalidad turística que tanto nos afecta, es un diamante en bruto que, promocionado correctamente y de manera inteligente, puede servir como atractor de un turismo de mayor poder adquisitivo, una salida para aquellos que opten por parar el reloj durante unos días y disfrutar al máximo de cada momento. España tiene la suerte de estar atravesada por esta gran red de Caminos que nos guían hacia la fantástica ciudad de Santiago de Compostela, los gallegos pues, debemos estar preparados para ser los mejores anfitriones y atraer ese gran flujo turístico hacia otros rincones y comarcas de nuestra mágica tierra. Intentemos

pues promocionar al máximo no uno, sino todos los Caminos de Santiago que antiguamente eran recorridos por millones de peregrinos de todo el mundo. Hay infinidad de caminos, cada uno tiene el suyo, pero cualquiera que sea el que

elijas, vívelo a tu way pero disfrútalo slow. Un saludo a nuestros compañeros de viaje con los que compartimos complicidad, conocimiento y alguna que otra frase célebre y a todos los que se han unido en algún punto para compartir esta mágica experiencia.

com e r , be b e r, d O r m ir

Pension Hermanos Miras

Restaurante Lar Blanco

Restaurante Mesón de Deus

Restaurante Balasar

Sigüeiro 15688 Oroso - 981694508

Lg. Iglesias, 7 - Gandara 15688 Oroso - 981688922

Mesón de Deus, 1 15680 Ordes - 981697874

Restaurante Os Madeiros

Café Bar Especial Nuadu

Restaurante Area de Servicio Ameixeira A-9

Fonte do Torno, 3 - Sigüeiro 15888 Santiago de Compostela 981691387

Mariñaos 15688 Oroso - 981691610

Rua do Campo, 6 - Sigueiro 15688 Oroso - 981973632

Restaurante Mesón Oroso

Hotel y restaurante Santa Cruz

Iglesia, 3 15688 Oroso - 981694764

Cafetería Cortes Sigüeiro 15688 Oroso - 981691762

Café Bar Pastelería Ebano Av. de Compostela, 13 15688 Oroso - 981691016

Restaurante Marisqueria Mariñaos Lg. Mariñaos, 34 15688 Oroso - 981681557

16

Montaos, 36 15680 Ordes - 981681452 www.santacruzhotel.es

Hotel Casa Barreiro Castrelos, Leira, 51 15680 Ordes - 981680917 www.hotelbarreiro.com

Café Bar Cervecería P. J. Alfonso Senra, 113 15680 Ordes - 981682979

Café Bar Especial Spirit Rúa da Feira, 33 15680 Ordes

Area Servicio Ameixeira 15680 Ordes - 981680836

Casa Turismo Rural Anton Veiras Outeiro de Abaixo, 2 - Poulo 15680 Ordes 629026743 / 686715005

Hotel y restaurante Castro Formaris, 22 A Sionlla 15702 Santiago de Compostela 981509304 - 981888063 www.castrohotel.com

Hotel San Vicente

Rúa Santiago Apostol, 86 15689 Ordes - 981692776 / 981696808

Agualada - Marantes 15884 Santiago de Compostela 981694571 - 981691617 www.hotelsanvicente.com

Restaurante Galicia

Restaurante A Nosa Terra

Sigüeiro 15884 Santiago de Compostela 981691356

Cruceiro da Coruña, 93 15705 Santiago de Compostela 981581389

Pensión O Mesón Novo


outono 2012

A. Las pequenas empresas se enfrentan a retos difĂ­ciles.

p ub l icid ad

B. Esta cuenta intenta poner las cosas fĂĄciles.

17


CompH!ostelería

A mellor cociña en minuatura con produtos de calidade e de tempada. 117 tapas en 72 locais repartidos en 5 rutas. As tapas terán un custe de 2 euros e o público poderá votar por as mellores creacións.

18


outono 2012

b persoeiros en v idos a comph en compostela osta per ía

Benvidos a CompHostapería H

ostelería Compostela asume por primeira vez o esforzo económico, humano e de organización de facer o Santiago(é)Tapas. Nesta edición tan especial hai que agradecer a implicación dos 72 locais que participan coas 117 tapas que superaron a fase de preselección. Nin a crise económica, nin os recurtes orzamen-

tarios, nin o pouco tempo que houbo para preparar esta cita co mellor da gastronomía en miniatura de Galicia, que nas anteriores edicións organizaba Turismo de Santiago, foron impedimento para que o Santiago(é)Tapas 2012 sexa un éxito. Coa implicación dos empresarios e o apoio dos patrocinadores o sector hosteleiro compostelán

deixa clara a súa vontade de facer cidade e contribuír á promoción de Compostela como destino de turismo gastronómico, consolidando este evento coma o mellor concurso de tapas de Galicia e un dos tres máis importantes de España. Entre o 26 de outubro e o 11 de novembro a hostalería compostelá estará lista para dar o mellor de si mesma.

19


CompH!ostelería

DIEGO CALVO, PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

“Facer o Camiño de Santiago foi a mellor experiencia da miña vida” Gústalle a velocidade dende cativo pero nunca tivera que correr tanto coma agora. Aínda así, o presidente da Deputación sabe valorar tamén as sensacións únicas que experimenta un peregrino, ese espíritu que agroma cando o camiñante conecta lentamente coa paisaxe, coa terra que pisan os seus pés e coa xente que vai atopando ao longo do percorrido.

D

iego Calvo (Ferrol, 1975) é un animal político veloz. Este tauro teimudo, que estudou Económicas e fixo un máster en Desenvolvemento Local en Santiago, lembra aínda con nostalxia aquel tempo de universitario cando pateaba a cidade de punta a punta cada día, mentres nos sentamos á mesa preparada polos alumnos do Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela. Antes de entrar como deputado no parlamento galego, con 27 anos, Calvo traballou como axente de desenvolvemento local e na empresa familiar. Asegura non ter padriño político pero fala de referentes como Romay, Fraga, Carlos Negreira ou Núñez Feijoo. Gústalle moito o deporte, sobre todo o baloncesto e o fútbol, pero agora carece de tempo para practicalos. O motor é outra das súas paixóns, dende que ía co seu irmán maior ver os treitos do rali de Ferrol ao seu paso por San Sadurniño. As fins de semana adoita seguir os grandes premios da Fórmula 1 pola tele.

20

Calvo asegura que nunca soñara con chegar a presidir unha institución tan importante. ”É un orgullo e unha gran responsabilidade, que asumín con moitas ganas, porque cando te metes en política é porque queres convencer á xente de que se poden facer as cousas doutro xeito, pero despois hai que demostrar que se poden facer mellor”, comenta mentres demostra que o seu gusto pola velocida-


Texto: Aser Álvarez Imaxe: Javier Amosa

n a mesa con…

Diego Calvo no Centro de Formación e Cultura GaStronómica de Hostelería Compostela > Dependendo do momento prefire a mesa ou a barra. > Gústalle o viño tinto, a poder ser, Ribera del Duero. > É de carne máis que de peixe. > Unha palabra para definir Santiago: Grandioso. > Un lugar para xantar: moitos onde se come ben en Santiago. > Gústanlle o baloncesto, o fútbol e o motor. A última vez que visitou un cine foi ver unha de debuxos animados coa familia.

de tamén se aplica con rigor ao langostino con mollo de pirixel e allo. A petición de Calvo, compartimos mesa e mantel con Albino Vázquez, concelleiro en Santiago, quen tamén está na Deputación, e aproveitamos a ocasión para falar dalgúns proxectos pendentes, precisamente nun espazo de formación que non sería realidade sen o apoio do ente provincial. Falamos da implicación desta institución no Santiago(é)Tapas 2012, da rede de camiños da Coruña e do proxecto de desestacionalización turística que Hostelería Compostela está a desenvolver, en colaboración con outros colectivos empresariais de Ferrol e A Coruña, para a promoción do Camiño Inglés. MENÚ PREPARADO E SERVIDO POLOS ALUMNOS DO CENTRO DE FORMACIÓN E CULTURA GASTRONÓMICA DE HOSTELERÍA COMPOSTELA

> Langostino grande con mollo de pirixel e allo. > Solombo de tenreira á grella con salsa, feixe de trigueiros e cenorias glaseadas. > Tarta de mazá morna con xeado de augardente.

“Foi a mellor experiencia da miña vida, sobre todo pola xente e polas situacións que vivín, porque o espíritu do Camiño é algo que só entendes cando realmente o fas, algo semellante á paternidade” O espírito do Camiño O Diego Calvo animal político desaparece totalmente cando falamos da súa experiencia facendo o Camiño de Santiago dende León hai uns anos. “Foi a mellor experiencia da miña vida, sobre todo pola xente e polas situacións que vivín, porque o espíritu do Camiño é algo que só entendes cando realmente o fas, algo semellante á paternidade”, comenta antes de lle entrar con ganas ao solombo de tenreira galega e concluír, “faciamos a ruta en grupo, ao noso ritmo, saíndo moi cedo pola mañá e parando a falar coa xente, que vai totalmente aberta aos demais pero nin pregunta como te chamas cando te axudan, porque é una experiencia que une a todo o mundo e na que non existen barreiras de ningún tipo entre as persoas”. Que os excesos se pagan, sobre todo no Camiño, é algo que sabe ben Calvo, quen

logo de baixar correndo dende a Cruz de Ferro, por unha aposta cun amigo, colleu unha tendinite que a piques estivo de custarlle a súa retirada como peregrino. Cando xa estaba tirado, amolado e pensando en chamar a casa, “unha anciá francesa, moi maior, colleume a mochila, agarroume da man e, como puido, axudoume a chegar a Valcárcel, onde decidín doparme ben, para non ter dor e atallar a inflamación, pero decidín seguir o meu camiño”, lembra emocionado a lección de superación que aprendeu daquela muller. “Son sensacións únicas que te deixan marcado para toda a vida”, asegura Calvo mentres agarda a que os demais rematemos o solombo. Deixamos para o postre o prato sempre forte e indixesto do sistema aeroportuario de Galicia. “O que hai que facer é colaborar, complementar enlaces e non pelexar polos mesmos destinos os tres aeroportos e ter conexións, por exemplo, a Madrid á mesma hora, pero a Deputación non pode nin debe facer nada nesta guerra absurda, na que a Xunta e o Estado sentaron nunha mesa a todos os interlocutores e estes preferiron rachar o sistema que poñerse dacordo, deixando que outros levaran o gato á auga”, conclúe Calvo mentres endulzamos a sobremesa cunha tarta de mazá morna cun xeado de augardente que non deixa derreter. 21


CompH!ostelerĂ­a

p ub l i ci dad

La sensaciĂłn de victoria es

/estrellagalicia00 www.estrellagalicia00.es

22


outono 2012

o socio opina

ENTRE O 26 DE OUTUBRO E O 11 DE NOVEMBRO, Santiago(é)Tapas

Algúns dos participantes nas últimas edicións deste evento, que fixo de Santiago a capital galega da cociña en miniatura, opinan sobre a necesidade de manter esta cita e de introducir algunhas novidades.

Que che parece que Hostelería Compostela teña que asumir a organización do Santiago(é)Tapas 2012 ante a negativa de Turismo de Santiago para organizar este evento?

Adrián Comesaña

Santiago Pardo

O Curro da Parra

Casal do Cabildo

Paréceme ben que Hostelería Compostela continúe con esta iniciativa porque estaba funcionando moi ben. Aínda que o Concelllo non colabore moito e deixe de organizalo nós debemos seguir adiante con esta cita. Xa que este ano é a asociación a que ten a última palabra na configuración do concurso, eu cambiaría algunas cousas. O sistema de elección e os criterios de valoración non están o suficientemente claros. Ademais, deberíase avisar con máis tempo para poder preparar todo mellor.

É excelente que Hostelería Compostela siga coa iniciativa do Santiago(é)Tapas. A idea funciona, tanto para os turistas coma para a propia xente de Santiago. Os clientes poden saborear tapas de excelente calidade a un prezo moi bo, cousa que sen o concurso sería más complicado. Eu melloraría o paquete con actividades complementarias. Por exemplo, unha boa iniciativa sería degustar as tapas cunha selección de viños galegos. Así teriamos tanto a parte da comida como a da bebida no mesmo concurso.

23


CompH!ostelería

o s o ci o o pin a

Javier Míguez

Siro González Calderón

Francisco Rosas

Bodeguilla de S. Roque, S. Lázaro e Sta. Marta Paréceme ben continuar co Santiago(é)Tapas, se non o chegamos a asumir nós posiblemente non se fixera, cousa que non poderiamos permitir. É un concurso de moita calidade e que xera moita vida no sector. Todo isto é consecuencia dos recurtes indiscriminados, pero o sector empresarial privado está a demostrar a súa madurez facéndose cargo da organización. Eu melloraría a parte promocional usando as novas tecnoloxías, xa que este tipo de actividades dinamizan moito o evento.

O Santiago(é)Tapas é unha idea excelente, por iso debe continuar. Temos agora unha oportunidade de mellorar e por iso debemos aproveitala do mellor xeito posible. Nós levamos anos no concurso e estivo funcionando moi ben, aínda que sempre se pode mellorar. Eu incidiría moito máis na promoción, deseñaría unha estratexia promocional potente, cunha campaña dende Hostelería Compostela para que o maior número de asociados se sumaran a esta proposta e que cada vez poidamos ser máis.

O Santiago(é)Tapas e unha gran iniciativa que temos que continuar. Xa leva varios anos funcionando moi ben. Demostrouse que funciona e por iso debe continuar, se non é o Concello quen organiza, que sexa a Asociación. Hai cousas que se poderían cambiar para mellorar, como establecer uns estándares mínimos de calidade das tapas. Outra cousa que se debería cambiar é a promoción especial dalgunha ruta para facilitar que os clientes se acheguen aos locais que non contan cunha situación céntrica.

José Manuel Mera

José Mata

Germán González

Levamos tres anos participando no Santiago(é) Tapas e se o Concello non apoia e organiza o evento teremos que ser nós os que botemos man da iniciativa, porque realmente a proposta é xa todo un referente na cidade e fóra dela. Esta funcionando cada ano mellor, polo que agora é complicado dicir que deberiamos facer para conseguir un mellor nivel. Cada ano a xente implícase máis e os establecementos que participamos tamén, facendo as cousas ben. Só se bota en falla maior apoio institucional.

Todo o que sexa estar na vangarda é importante, por iso que continuar co Santiago(é)Tapas é unha obriga e é fundamental para os hostaleiros da cidade. Todo é mellorable pero en liñas xerais está todo ben. Quizais fose necesaria maior promoción nos medios de comunicación. Tamén sería interesante que se creara un fluxo, como en Valladolid ou Zaragoza, onde souberon aproveitar o turismo de tapas e teñen reservas de aloxamento para acudir a estes eventos. Hai poucos recursos polo que hai que optimizalos.

Se non é asumido polo Concello, algo inexplicable dado o interese do sector privado, o Santiago(é)Tapas debe ser organizado polos propios empresarios. É unha iniciativa que debe continuar porque non nos podemos permitir o luxo de perdela. E agora que somos nós os organizadores temos unha oportunidade para mellorar, xa sexa na aplicación das novas tecnoloxías ou coñecendo o custo real das tapas, cun escandallo e uns mínimos, para que haxa maior igualdade, innovación e competencia entre nós.

La Codorniz

24

Mesón de Lázaro

O Afiador

Restaurante O Celme do Caracol


outono 2012

b l ogstron om í a sel ecta

crónicas mundanas

Fast Good Manuel Gago

D

esde logo o termo non é meu, senón de Ferrán Adrià, e referíase a unha cadea de comida rápida patrocinada polo chef catalán que non tivo moita fortuna. Fast Good (Rápido e Bo) é un divertido xogo de palabras a partir de Fast Food (Comida rápida). Aínda que a Adrià non lle saiu ben o negocio, o concepto que está detrás segue a ser moi potente, unha desas verdades como puños: pódese facer cociña de calidade nos tempos express que moitas veces requiren os esixentes clientes. Lembro o outro día en Casa Lelo, no concello ourensán da Teixeira. Aparecimos de improviso dezasete para xantar ás tres e cuarto da tarde dun domingo. Lelo amosou un enorme sorriso e dixo: “Teño dous autobuses e media aldea comendo, pero algo faremos”. Sentounos como puido nun patio ateigado de pensionistas e entretívonos inmediatamente con bandexas de chourizos, lasaña, ensaladilla rusa, orella, lacón, xamón, incribles tomates da horta a penas con sal e bo aceite, saboroso pan ourensán e o viño da casa. Cando a tensión da cociña se suavizou, puidéronse achegar para tomar por fin a comanda. “Unha de polbo”, contestamos. “Para cada dous?”, preguntou. “Non, para os dezasete”. Lelo riuse. Solventara o problema do mellor xeito. Sen imaxinar conceptos en inglés, a gastronomía galega está chea de heroes e heroínas das cociñas a deshora, capaces de enfrontarse cun sorriso e boa disposición ás turbas famélicas de cazadores, excursionistas, familias despistadas e resacosos amiguetes, practicantes de quad

e celebrantes de comunións retrasados na sesión vermú. A nosa cociña de feira foi concibida, hai un século ou dous, como o fast good para os tratantes. Fumegantes potas que ofrecen polbo á feira, carne ao caldeiro, empanadas feitas coa alba en fornos aínda nerviosos da presada de pan recén feita; adobos penetrantes do día anterior para zorzas e raxos. Guisos de carne, caldeiradas inmediatas, patacas douradas polo forno dispostas a atender á grea da estrada, aos solteiros que por Toques ou Coristanco ven chegar a súa madurez acubillados nos menús do día de casas de comidas que defenden, no seu propio nome, a honra do propietario, coma no campo francés: Casa Conchi, en San Xurxo de Sacos, Casa Juan, en Monfero, O Ateneo, da miña “tía adoptiva” Erundina, en Piñor. Xantar para xente que ten pouca paciencia antes do entremés, e toda a paciencia do mundo despois do café. Esta cidade, Compostela, tamén garda moito do fast good, e ás veces mesmo converxe con algo parecido ao fast food. Aínda que xa son un home máis ou menos respectable, déixome caer de cando en vez por territorios míticos das miñas andainas universitarias, coma o MacBurguer ou o Raíces Galegas. Alí continúan aqueles homes que xa eran maduros cando eu os coñecín, a deshoras noturnas ou matinais que non paga moito a pena enumerar; hoxe teñen algunhas canas máis que de aquela, pero cando me sirven un bocata de peituga completo, por poñer un caso, lembro por que lles teño tanto agarimo como algúns dos bos mestres que me ensinaron a ser quen son. Este fast good non ten nada que ver co fast food.

ANÚNCIATE CON NÓS comunicacion@santiagohosteleria.org Se queres alugar, vender, ofrecer ou demandar algún ben ou servizo, e eres socio de Hostelería Compostela, este espazo está á túa disposición.

25


CompH!ostelería

Santiago(é)Tapas mirar o embigo convencidos de que somos os mellores. A este razoamento habería que lle contrapor polo menos dúas ideas. A primeira é que aínda non sei de ningún lugar que non loube a súa gastronomía poñéndoa sempre ao máximo nivel. Non esquezamos que a alimentación representa un elemento cultural de grande importancia na identidade das persoas. A segunda das ideas permite comparar, no ámbito do turismo, gastronomía e patrimonio material. A existencia dun monumento non garante a atracción de turistas. Mesmo tratándose dunha peza extraordinaria, xeradora de fluxos de visitantes, non ten por que levar aparellado un beneficio económico. Coa gastronomía pasa o mesmo: aínda con materias primas excepcionais, se non as poñemos en valor conforme as tendencias dos mercados estaremos a perder as oportunidades para facer do turismo unha actividade rendible. Todas estas reflexións poderían servir para avaliar a importancia do Santiago(é)Tapas como unha iniciativa moi positiva para seguir avanzando na consolidación da oferta enogastronómica de Santiago e de Galicia. Parécenos moi importante

destacar que o éxito turístico dun destino non se basea nos seus recursos senón na súa capacidade para poñelos en valor e iso require dun traballo de planificación e de xestión. Sendo a iniciativa de Santiago(é)Tapas moi interesante debemos lembrar que non é novidosa e que en Galicia son varias as cidades e vilas que teñen apostado pola súa realización. Compostela ten que demostrar o seu liderado turístico indo sempre un paso por diante, abrindo camiños. É un avance a grande implicación do sector privado. Agora tocaría pensar no seguinte. Neste punto voume atrever a suxerir a creación dun petiscódromo ou tapódromo localizado na praza de abastos. Como sabemos, a remodelación do mercado ten previsto incorporar, seguindo a estela que guía as modas, algo parecido a un centro gastronómico onde se localizarían diferentes restaurantes. Sendo interesante a idea, a verdade é que se o proxecto non vai alén disto estaremos ante unha copia, mellor ou pior, doutras iniciativas xa en funcionamento. Malia o risco que poida supor, non estaría mal engadir unha boa dose de innovación convertindo ese espazo nun lugar común, cun proxecto colectivo do sector empresarial, aberto para o público, que sirva para experimentar mais tamén para transferir coñecemento, contribuindo así a facer de Santiago unha referencia na práctica dunha gastronomía contemporánea fundamentada na produción local.

tuación, nos puede indicar que la persona que se lo pone para nosotros quiere empezar a proporcionarnos placer, a estimular nuestros sentidos, a invitarnos a descubrir nuevos sabores que desconocemos o rememorar sabores que anhelamos volver a saborear hace mucho tiempo. No debemos considerar al delantal como una imposición para la cocina o una simple cuestión de higiene. Desde nuestra infancia un mandil ha significado en la mayoría de las veces placer culinario, nuevos descubrimientos, nuevas sensaciones. Llegada una edad madura hemos aprendido en algunas ocasiones a relajarnos ante la expectativa de una placentera comida; todas estas relaciones de placer positivas y de estimulación relajante rodeados de un lugar agradable y una buena compañía hace que queramos alargar ese placer gastronómico que nos ha proporcionado esa persona con delantal con cualquier otra práctica que nos siga provocando placer, emociones y sensaciones más allá de la gastronomía. Podemos relacionar directamente este simbolismo del delantal con unos preliminares sexuales, una preparación para las fases del orgasmo y uno de los caminos hacia el clímax. Toda relación sexual requiere de una previa relajación y un comien-

zo con estímulos positivos. Podríamos darle por tanto al delantal una función de estímulo positivo en los preliminares hacia el clímax. Los pequeños placeres que nos incitan a comenzar una relación sexual siempre estarán relacionados con estímulos que a cada uno de nosotros nos han parecido o hemos experimentado como placenteros. El delantal es uno de los pequeños placeres, pero podríamos tener cientos de estímulos placenteros que nos ayudan a estar predispuestos al sexo. Un sabor, un olor, un lugar, una situación, una postura, un comentario, una textura, una temperatura, un recuerdo placentero del pasado, etc. El mandil es uno de esos estímulos placenteros que pueden incitar a comenzar esa relación sexual. Disfruta, cocina y sobre todo ponte el delantal…

Xosé Manuel Santos, Director do Centro de Estudos Turísticos da USC

N

esta recta final de 2012 por primeira vez a Asociación de Hostelería de Compostela e Comarca toma as redas do exitoso Santiago(é)Tapas. Probablemente esta iniciativa non sirva para atraer de xeito directo a novos visistantes, mais si pode ser unha boa ferramenta para mellorar a oferta complementaria actual e futura e polo tanto para aumentar os niveis de satisfación e, en definitiva, a competitividade do destino. Xa temos falado da importancia que ten a gastronomía na atracción e no gasto turístico. Tamén dos grandes destinos urbanos lanzados na carreira polo multiculturalismo, a innovación e a singularidade da oferta gastronómica. Galicia en xeral e Santiago en particular teñen un excelente posicionamento neste ámbito, sobre todo no referido á calidade e diversidade. Porén isto non parece que sexa suficiente para asegurar o éxito futuro. Cómpre analizar os puntos fortes e mais os fracos para podermos deseñar a estratexia máis axeitada. Con demasiada frecuencia deixamos o éxito, neste caso gastronómico, nas mans de atributos que cremos únicos, como a calidade e diversidade dos nosos produtos. Isto é outra forma de nos

El delantal Mónica Novas Dios

E

l mandil, faldar o delantal, dentro y fuera de la cocina, condiciona o predispone para el placer. Sobre el simbolismo gastrosexual del mandil hablaré en este artículo que nos adentrará en las diversas funciones, utilidades y sensaciones que nos puede deparar el simple gesto de ponerse un delantal. No debemos relacionar simplemente al mandil con la utilidad básica para la que ha sido concebido, que es su función higiénica, sino como un símbolo que desde siempre hemos relacionado con una satisfacción de nuestras necesidades y en muchas ocasiones con el placer de comer, beber, degustar, paladear, compartir una buena conversación, excitarse ante nuevos sabores y experiencias en la mesa. Teniendo en cuenta que al delantal lo podemos ver como un preliminar para el placer, este trozo de tela, aunque pueda tener diversos diseños más o menos insinuantes, más o menos grandes, siempre nos invita a pensar que la persona que se pone el delantal desea provocarnos placer, que se está preparando para satisfacer alguna de nuestras necesidades. Este delantal puede ser para nosotros un simple y funcional trozo de tela o, dependiendo de la si26


outono 2012

b l ogstron om í a sel ecta

Calidade e prezo xusto

Manuel Vila Pernas

N

on me piden un soneto, como no seu día pediu Violante, senón que desta volta escriba sobre tapas xa que a revista é un adianto da quinta edición de Santiago(é)Tapas, o exitoso concurso de tapas de Santiago de Compostela, que parece que naceu hai longo tempo e, en realidade, non é máis que un mociño que demostra a relatividade do tempo e que si para uns vinte anos non son nada, en materia de tapas cinco poden parecer unha eternidade. Falar en Santiago de tapas relacionadas con este concurso é falar, sempre, dunha sardiña xa mítica. Un lustro da para darlle moitas voltas ao asunto e para moitas parrafadas máis ou menos formais, e para chegar sistematicamente ao mesmo punto: a sardiña de San Xoán do restaurante Ácio, gran gañadora da primeira edición do Santiago(é)Tapas. Falamos, e escribimos, daquela tapa con admiración e, ao tempo, co desexo de que un novo fenómeno nola faga esquecer, polo menos por uns días. Sería a demostración palpable de que o traballo dos hostalerios de Compostela evoluciona satisfactoriamente. Veremos que nos trae esta edición de 2012 que acompañe no noso recordo a sardiña de San Xoán, a cacheira con cigaliña, as peles de patacas con mostaza, o xurelo afumado, o blody mary… Pero regresemos ao comezo. Á sardiña. Paréceme que o éxito daquela primeira gañadora do concurso foi o resultado dun-

Veremos que nos trae esta edición de 2012 que acompañe no noso recordo a sardiña de San Xoán, a cacheira con cigaliña, as peles de patacas con mostaza, o xurelo afumado, o blody mary… ha acumulación de circunstancias moi ben resoltas que no so tocaron o padal do público, senón o seu corazón e a súa cabeza. Catro ingredientes, todos de fonda raizame galega: pan, sardiña, pementos de Padrón e aceite. Claro que o pan era do mellorciño, a sardiña estaba para chupar os dedos, os pementos como poucas veces se ven e o aceite… O aceite era parte do segredo da tapa, xenerosamente revelado polo seu autor. Aceite no que se apagan as brasas da grella e que lle transmiten o aroma e o sabor do lume a un lombo de peixe que nin de lonxe o vira.

interesados en demostrar que en realidade a sardiña non estaba crúa, cun lixeiro lañado en sal. Para moitos, penso, o misterio sigue. Non foi a única vez que o noso cerebro nos fixo ver no prato cousas que non estaban, ou estaba dunha forma diferente á que pensábamos. Citei tamén a papada de porco con cigaliña e pilpil de limón. Escribo de memoria, así que desculpen se o nome non é completamente correcto. Tal como o nome da tapa indica, a carne que levábamos á boca era papada de porco, pero cun traballo tan primoroso que houbo quen dixo ou escribiu que o leitón estaba delicioso. E non foi nin un nin dous. Seguro que algún aínda sigue convencido. Resulta evidente que Santiago(é)Tapas nos ofrece momentos de gran gozo aos clientes e, espero, bos resultados aos participantes, que repiten ano tras ano.

O resultado era unha explosión de sabor a sardiña asada que inmediatamente nos transportaba, imaxinariamente, ao pé das brasas ao tempo que nos facía cavilar cómo era posible tanto sabor e ao mesmo tempo unha textura tan manteigosa do peixe.

Pero o mellor é que vai deixando un pouso na cidade. Un pouso de calidade. Aínda lembro como antes da primeira edición moitos dubidábamos de se o público estaría disposto a pagar pola súa tapa nunha cidade na que non existía ningunha tradición ao respecto.

Escoitouse e escribiuse de todo. Que si un golpe de prancha ou un golpe de forno ou… Parecía que moitos estaban

Os anos demostraron que o consumidor sempre está disposto a pagar un prezo xusto cando lle ofrecen calidade. 27


CompH!ostelería

s o ci o s de t o d a a vid a

Av. de Rodrigo de Padrón, 11 Santiago de Compostela Teléfono: 981 584 905

Restaurante Marte O segredo está na tortilla

O

Marte xa é toda unha institución na cidade. Con trinta anos de traxectoria ás súas costas, este local, onde fan unha das mellores tortillas de Santiago, segue conservando a súa esencia de antano, pois o establecemento, que conta cunha terraza moi agradable,

sufríu poucos cambios nestes anos. As súas tapas abundantes, e máis en concreto, a súa tortilla inconfundible, seguen a ser as estrelas do Marte. O segredo do éxito e da permanencia no mundo da hostalaría só se consegue con agarimo, bo servizo e utilizando os produtos

de primeira calidade. O Marte non só é un dos locais máis senlleiros da cidade senón que tamén é un socio dos de toda a vida, dos máis antigos de Hostelería Compostela. E por iso, o noso recoñecemento. Porque a unión do sector é a nosa gran forza.

Rúa da Raíña, 4. Santiago de Compostela. Teléfono 981 572 257

Restaurante San Jaime Un local familiar que se renova

O

San Jaime leva 25 anos de andaina. A segunda xeración xa está á fronte deste senlleiro local da zona vella de Compostela. E iso nótase, para ben, pois este establecemento da Raíña cambiou moito neste tempo. O San Jaime xestouse no ambiente dunha faREVISTA-FALDON-185MM-x-50MM.pdf 1 16/12/2011

milia de longa tradición hostaleira e no mundo do asociacionismo, xa que leva moitos anos pertencendo a Hostelería Compostela. Este local atópase a escasos metros da catedral e está ao pé da encantadora praza de Fonseca. O bo servizo, os produtos frescos e unhas 11:47:05

croquetas irrepetibles son algúns dos seus sinais de identidade. Na primeira planta hai un amplo comedor para noventa persoas. A carta inclúe mariscos, carnes e peixe pero se hai dous pratos imprescindibles son o arroz con bogavante e a caldeirada.

¿Mesas Vacías en tu restaurante?

C

La solución para llenar, ahora en Santiago de Compostela

M

Y

CM

MY

Contáctanos, no seas el último:

CY

CMY

902 07 05 60

@Unamesaporfavor

info@unamesaporfavor.com

facebook.com/unamesaporfavor

K

28


outono 2012

n ova s a pert u ras

Tryp Santiago

O Boteco

Un hotel urbano e moderno cun interesante gastrobar

Un ambiente inmellorable nun edificio único

D

P

ende o 2011 o Hotel Tryp Santiago conta cunha nova imaxe. Este establecemento apostou por unha cambio de filosofía e de concepto. No edificio acometeuse unha reforma integral, tanto das zonas comúns como das habitacións. A nova imaxe está baseado na idea de hotel urbano, orientado a un público novo que busca unha forma distinta de vivir a cidade. Así apostou pola apertura do GastroBar, un orixinal concepto de restauración que busca ofrecer os mellores produtos da gastronomía galega dun xeito diferente e innovador. Os pratos están pensados para compartir, probando e desfrutando de sabores novos. Os prezos asequibles e a oferta dun menú do día a prezo módico converten este espazo en todo un referente na cidade.

ousadas de Compostela ofrece co Boteco unha experiencia diferente polo singular do lugar onde está este novo establecemento de restauración. O que comezou cunha simple reforma nun local do Franco sacou á luz un auténtico tesouro arqueolóxico, nove silos dos séculos X e XI e un arco de medio punto do XV. O máis grande dos silos ten unha profundidade de 4 metros e 2 de diámetro na parte máis baixa. Foron usados para almacenamento de cereais e xeo para o Burgo Francorum. Boteco ven do portugués “botica” e do español “bodega” que derivan do grego “apothéke” que significa depósito. Un lugar ideal para pinchar algo, tomar uns viños e desfrutar da conversa nun espazo gastronómico cargado de historia.

Rúa Restollal, 24 - O Paxonal Santiago de Compostela Teléfono: 981 53 49 49

Rúa do Franco, 31 Santiago de Compostela Teléfono: 981 56 93 50

ANÚNCIATE CON NÓS comunicacion@santiagohosteleria.org

Se queres alugar, vender, ofrecer ou demandar algún ben ou servizo, e eres socio de Hostelería Compostela, este espazo está á túa disposición.

29


CompH!ostelería

2942 Restaurante Bemaro

Pontepedra-Cabaleiros (Tordoia) Tel: 981 690 088

Cociña tradicional de calidade en Tordoia

Nunha fermosa paraxe atópase este coñecido establecemento de restauración de Tordoia. De luns a domingo, este restaurante ofrece todo tipo de pratos tradicionais da gastronomía galega. Sonado é o seu cocido pero tamén a súa carne á pedra e o delicioso bacallau. Un dos pratos de máis éxito entre os clientes é a carne en prato de barro, que se cociña na propia mesa. A amplitude do local permite acoller ata cen comensais. O trato é familiar e amable. O Bemaro conta con menú do día e destaca pola boa relación calidade prezo na súa carta. O horario de apertura e de 8.30 h a 00.00 h.

2943 Restaurante Pazo dos Xunqueiras

As Xunqueiras-O Xobre (A Pobra do Caramiñal) Teléfono 629 823 760

Vodas e eventos únicos nun pazo do século XV

Na Pobra do Caramiñal, nun pazo con torre do século XV, atópase o restaurante Pazo dos Xunqueiras. A empresa encargada da xestión é Pouso Eventos S.L., especializada na celebración de vodas e eventos, que comeza a súa andaina no 2011. Aínda que é unha empresa de recente creación ten a experiencia de levar no sector corenta anos, xa que os socios son os irmáns Pablo e Javier Pouso, descendentes dunha xeración de hostaleiros. Os seus pais, Santiago e Ana, son os fundadores do Restaurante O Lagar, A Pobra, en 1972. Nesta nova andaina mestúranse o saber facer da cociña tradicional de sempre coas últimas tendencias e unha perspectiva contemporánea cun servizo esmerado e profesional para cumprir as expectativas do cliente.

2944 Pensión Albergue O Burgo

Avda. de Lugo, 47. Arca (O Pino). Teléfono 981 514 006 albergueoburgo@gmail.com

O descanso do peregrino a bo prezo

Xusto antes de chegar a Compostela, o peregrino pode obter o seu merecido descanso na pensión albergue O Burgo. En pleno Camiño de Santiago, no concello do Pino, atópase este establecemento que conta con amplas habitacións. Entre os servizos ofertados están o de garda equipaxes, lavandería, tendedeiro, baños completos, salón con televisión, wifi e ordenadores para conexión a internet. Ademais existe unha terraza na que os clientes poden relaxarse. Os prezos están axustados para poder ofrecer ao visitante un servizo completo sen reducir a calidade. Todo isto complementase cun trato familiar para que o cliente poida sentirse o máis a gusto posible durante a súa estadía neste establecemento.

Santiago de Chile, 18 - Bajo Santiago de Compostela 30

Fax 981 599 285


outono 2012

n ov os socio s

2946 Café Bar A Peneira

Avda. de Lugo, 18. Arca (O Pino) Teléfono 981 511 214 www.apeneira.es

Almorzar con ao pé do Camiño de Santiago

O café-bar A Peneira, no concello do Pino, atópase na ruta dos peregrinos cara Compostela. Os clientes acoden xa dende a primeira hora da mañá atraídos polos seus almorzos con doces frescos e bolería artesanal. Para completar a súa oferta, o establecemento conta cunha máquina para poder disfrutar de zumes naturais. A Peneira tamén nos obsequia con abundantes tapas con cada consuminición, porque o bo trato é unha sinal de identidade deste local, que tamén conta con servizo de garda equipaxes, e con empregados que falan varios idiomas. O horario de apertura é de 7.00 h. a 00.00 h.

2948 Restaurante Botafumeiro

R/Azabachería, 16. Santiago de Compostela. Teléfono 981 584 439 www.restaurantebotafumeiro.com

Coa mellor materia prima do Mercado de Abastos

Situado en pleno casco histórico de Santiago, na entrada do Camiño Francés, atopamos o restaurante Botafumeiro, que se abastece cos produtos do mercado de materia prima de calidade para a súa cociña. A frescura e a calidade distinguen os seus pratos, e a paella é o prato favorito dos clientes, que escollen este local polo servizo profesional e o bo prezo do menú. A decoración tradicional, en pedra e madeira, imprimelle ao local un aire acolledor que se complementa con música ambiental. A súa carta de viños conta cunha ampla variedade de caldos. O horario de apertura do Botafumeiro é de 8:00 á 0:00 h.

2952 Café Bar Costa Brava

R/Quiroga Palacios, 41. Santiago de Compostela. Teléfono 981 576 472

Ambiente caribeño en Quiroga Palacios

O Costa Brava tráenos unha oferta distinta a Compostela. A decoración e a música fan que o cliente perciba dende o principio que se atopa nun lugar especial. O son caribeño e a decoración, con motivos desa zona, fan deste local un punto de encontro para latinos e autóctonos, ideal para reunirse ou para poder xogar un billar ou conversar. No Costa Brava ofertan produtos caribeños que non se atoparían noutros locais. Así ademais de racións e pratos combinados teñen outras especialidades coma o picapolo. O local tamén ofrece o servizo de contratación de ceas por encargo. Os prezos son asequibles e o bo trato dos empregados do local fannos sentir coma na casa.

Grupo R de Salud Laboral, S. L.

Alberto García Varela Pasadizo de pernas, 4-6 3º izq. 15005 A CORUÑA Teléfono 981 15 42 12 Móbil 619 28 78 14

31


t o d a L a i n f o rma ci ó n cu ltura l de s a nti a g o en

CompH!ostelería

www.compostelacapitalcultural.org OCTUBRE

Un otoño cargado de música clásica La Real Filharmonía de Galicia inaugura su temporada de abono bajo la dirección de Antoni Ros Marbà, en compañía de la prestigiosa soprano Sandrine Piau. El programa incluye la “Serenata Nocturna”, de Mozart; “Chantefleurs et Chantefables”, para soprano y orquesta, de Lutoslawski; y la “Sinfonía número 4”, de Beethoven. Pero este otoño todavía nos deparará agradables sorpresas con programas que incluyen a Takemitsu, Schubert, Haydn, Hummel, Sibelius o Sánchez Verdú. Durante el mes de noviembre continúa un interesante programa musical, accesible a través de la web. 4, 11, 18 y 24 de octubre: a las 21.00 h en el Auditorio de Galicia. Venta de entradas en: https://entradas.novagaliciabanco.es y en la taquillas del Teatro Principal y del Auditorio de Galicia.

©Xurxo Lobato

OCTUBRE

Fanfario hace el Camino De la mano del ciclo “Compostela Rock” llega a Santiago la banda londinense Fanfarlo. El grupo es todo un fenómeno y una revelación en Gran Bretaña. Sus numerosos directos dando a conocer sus trabajos fuera de la isla son un éxito de crítica y público para esta banda que toma el nombre de la famosa novela de Charles Baudelaire. Su música es una fusión entre folk, indie rock y punk con una combinación de instrumentos como la trompeta, el violín, la mandolina, la sierra musical y el clarinete. En noviembre continúa el rock, dentro de este ciclo, con WASP, Mica P. Hinson y Kiko Veneno. Toda la info en la web. 19 de octubre: Fanfarlo a las 21.15 h en la Sala Capitol. Venta de entradas en: http://www.ticketmaster. es/, taquilla del Teatro Principal y en la Sala Capitol.

32


outono 2012

a G en da c u lt u ral

OCTUBRE

Risas y humor en Compostela Los humoristas Ángel Martín y Ricardo Castella se acercan a Compostela para llenar de risas el Teatro Principal con su espéctaculo musical “Nunca es tarde”. La carcajada está asegurada con estos dos monologuistas ya conocidos por sus intervenciones en diferentes programas de humor en televisión, como Goyo Jiménez o Leo Harlem y amigos. 11 de octubre: Goyo Jiménez a las 20.00 e 22.30 h en el Teatro Principal. 25 de octubre: Ángel Martín y Ricardo Castella a las 21.15 h en el Teatro Principal. 9 de noviembre: Leo Harlem y amigos a las 21.00 h en el Auditorio de Galicia. Venta de entradas en: https://entradas.novagaliciabanco.es y en la taquilla del Teatro Principal.

NOVIEMBRE

Grandes artistas en formato íntimo El ciclo “Intimo&Acústico” trae a Compostela a Josele Santiago, Najwa Nimri y Santiago Auserón. El líder de Los Enemigos será el primero en actuar en Santiago, seguido por el compositor de Radio Futura, que estará acompañado del guitarrista y cantante Joan Vinyals, en un repertorio donde se conjugan los nuevos temas con los éxitos de siempre. La complicidad con el público y una puesta en escena cuidadosamente preparada consiguen que los espectadores se zambullan en un espectáculo íntimo y acústico. 8 de noviembre: Santiago Auserón a las 21.00 h en el Teatro Principal. 24 de noviembre: Najwa Nimri a las 21.00 h en el Teatro Principal. Venta de entradas en: https://entradas.novagaliciabanco.es y en la taquilla del Teatro Principal.

OCTUBRE-NOVIEMBRE

Otoño de cine en Compostela Los meses de octubre y noviembre en Compostela se proyectarán las películas de Festival de Cine Euro Árabe Amal y del Festival Cineuropa. El primero se celebrará entre los días 14 y 20 de octubre en las salas del Teatro Principal y Hotel Araguaney con un total de 31 películas en la que es ya su décima edición. El segundo tendrá lugar a partir del 8 de noviembre y durará todo el mes, el Festival Cineuropa se ha convertido en todo un referente con la proyección de las películas de los más prestigiosos festivales internacionales.

33


CompH!ostelería

Reunión da Xunta Directiva de Hostelería Compostela do 31 de xullo

Reunión das Xuntas Directivas de Hostelería Compostela do 2 de outubro

Hostelería Compostela que asume a organización do Santiago(é)Tapas 2012 34


outono 2012

AS n ova s do secto r

Hostelería Compostela presenta a nova imaxe do Santiago(é)Tapas

A campaña Xantar Compostela reparte 100.000 manteis para promocionar o uso do galego nos establecementos hostaleiros da cidade

Hostelería Compostela homenaxea ao hoteleiro Juan Luis Puya, despois de máis de 30 anos de traxectoria en Santiago 35


CompH!ostelería

O presidente de Hostelería Compostela, Xesús Sordo, na entrega de premios do VII Campionato de Baristas Galicia, con Óscar de Toro, da cafetería Venecia e os outros premiados.

36

O grupo de pubs e discotecas, Santiago é Noite presenta o seu cóctel solidario, deseñado por Marcos Martínez, para recadar fondos para os colectivos máis desfavorecidos da cidade.


outono 2012

AS n ova s do secto r

Somos noticia 26 de xullo

7 de setembro

Hostelería Compostela repartirá 100.000 exemplares da súa guía. La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Europapress, Santiago TV, Correo TV.

Homenaxe a Juan Luis Puya. La Voz de Galicia.

30-31 de xullo Hostelería Compostela asume a organización do Santiago(é)Tapas. La Voz de Galicia, El Correo Gallego, 20 Minutos, ABC, Europapress, Berenguela.com, Hggtonline.com, TVG, Santiago TV, Correo TV, Cadena Ser e Radio Galega. 3 de agosto Presentación do número 156 da revista Comphosteleria. Santiagooculto.com. 8 de agosto Presentación aos medios do punto de información turística de Lavacolla. El Correo Gallego, La Voz de Galicia e Radio Nacional de España.

7- 8 de setembro Hostelería Compostela da os datos de ocupación do mes de agosto. El Correo Gallego, La Voz de Galicia, El Economista, Que!, El País, Europapress, TVG, Correo TV, Santiago TV, Cadena Ser, Radio Galega, Cope, Onda Cero, Radio Nacional de España. 14-15-19-24 de setembro Presentación de Santiago(é) Tapas. El Correo Gallego, La Voz de Galicia, El País, Europapress, santiagoportaldetuciudad.com TVG, Correo TV, Santiago TV, Cadena Ser, Radio Voz, Radio Galega, Cope, Onda Cero, Radio Nacional de España. 20-21 de setembro Nova parada na liña de autobuses ao aeroporto. El Correo Gallego, La Voz de Galicia.

8-9-15 de agosto

24 de setembro

Hostelería Compostela da os datos de ocupación en xullo nos hoteis e pensións. El Correo Gallego, La Voz de Galicia, El País, TVG, Santiago TV, Cadena Ser, Onda Cero e Radio Nacional de España.

Os hostaleiros vense abocados ao peche invernal. La Voz de Galicia.

6-7-8-9 -10 de agosto Hostelería Compostela amosa a súa proposta para a nave 5 da Praza de Abastos. La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El País, Europapress, TVG, Santiago TV, Correo TV, Cadena Ser, Onda Cero, Cope, Radio Nacional de España e Radio Galega. 21 de agosto Hostelería pide que a promoción se centre en Europa. La Voz de Galicia. 30 de agosto Previsións de ocupación mes de setembro. Cope, Onda Cero e Cadena Ser. 4-5 de setembro Hostelería Compostela relativiza o impacto de la Vuelta. La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Europapress, Economía Digital, Santiago 7, Cadena Ser. 5 de setembro Hostelería Compostela e Gas Natural asinan un convenio de colaboración. El Correo Gallego, Santiagoportaldetuciudad.com. 5-6-25 de setembro Xornada de Portas abertas no Centro de Formación e Cultura Gastronómica para dar a coñecer os cursos impartidos neste ano. El Correo Gallego, SantiagoTV, Onda Cero e Cadena Ser.

27-28 de setembro, 1-2 outubro Hostelería Compostela presenta a nova imaxe do Santiago(é) Tapas e os obradoiros de cociña en miniatura. La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Correo TV, TVG, Radio Galega, Cope, Cadena Ser, Onda Cero. 28 de setembro Entrevista cos presidentes de Hostelería Compostela, Xesús Sordo e Xosé Manuel Otero. Santiago Siete. 1 de outubro Hostelería Compostela contribue a mellorar o servizo de buses ao aeroporto. Santiago Siete, El Correo Gallego, La Voz de Galicia e Cope. 4-5-6 de outubro O Santiago(é)Tapas éxito de participación. El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Cadena Ser, Radio Voz, Radio Galega, Cope, Onda Cero, Radio Nacional de España. 8-9 de outubro Preselección do Santiago(é) Tapas. El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Europapress, Santiago TV, Correo TV, TVG, Cadena Ser, Radio Voz, Radio Galega, Cope, Onda Cero, Radio Nacional de España. 9-10 de outubro Hostelería da os datos de ocupación do mes de setembro. El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Europapress, Santiago TV, Correo TV, TVG, Cadena Ser, Radio Voz, Radio Galega, Cope, Onda Cero, Radio Nacional de España.

37


as no vas d o s e c t o r

Presentación do número 156 da revista Comphostelería no Espazo Enogastronómico dos Camiños de Santiago no concello do Pino.

Os festivais Verán na Rúa, Feitoamán e o Festival Internacional de Percusión encheron de cultura e espectáculos as rúas e prazas de Compostela.

38


escri biron de n ó s

Iris Travel Trade Sábado, 1 de septiembre de 2012 · Página 20 · Tirada: 2.200 ejemplares

Hoteles familiares e independientes en España

www.hoteltresestrellas.es

39


CompH!ostelería

Libros e viños para ler, comer e beber Por Alfredp Castromao

Por un Ribeiro de autor

Onde a chuvia é viño

El Paraguas

54 recetas contra el cáncer oral

Branco 2011

Branco 2011

Este viño de autor, elaborado por Javier Montsalve, permite percorrer o mellor do Ribeiro cunha copa na man. Dende a súa pequena adega, radicada na Arnoia, este viño é unha boa mostra do afán de superación constante do seu autor, que dende o ano 2007 vai mellorando cada colleita, sempre coa idea de facer un viño diferente e cada vez máis natural. O Eloi Lorenzo de 2011 foi macerado a temperatura ambiente e por fermentación espontánea, coas levaduras da propia viña e cunha crianza sobre lías de oito meses. O resultado é un viño arriscado e único, cun carácter peculiar e unha expresividade moi potente, resultado dunha elaboración extrema e do bo facer no traballo na súa pequena viña. Podes degustar e mesmo mercar algunha botella deste interesante Ribeiro de autor en varios locais de referencia en Santiago e Comarca.

Tamén dende a terra da chispa, un caldo que recupera a esencia do Ribeiro. Este viño acaba de recibir un dos galardóns máis importantes dos entregados pola Asociación de Sumilleres de Galicia. Para esta adega ourensá é un gran orgullo que o seu primero viño, El Paraguas Atlántico 2011, reciba unha distinción tan importante e na súa propia terra. Este proxecto empresarial nace o ano pasado do encontro de dous profesionais, novos pero con experiencia, Felicísimo Pereira e Marcial Pita, que traballan para recuperar o esplendor do mellor Ribeiro, unha terra onde sempre se fixeron grandes brancos. Pereira e Pita son xa destacadas figuras do panorama vitivinícola galego que agora se unen para crear un branco único, orixinal e innovador, que aproveita o saber facer de séculos de historia.

VVAA Organización Colegial de Dentistas de España

Eloi Lorenzo

Cociñar contra o cancro

Sopas e cremas, ensaladas, menestras e verduras quentes e frías, arroces, peixe, carne e doces. Neste libro aparecen recollidas máis de cincuenta receitas dalgúns dos mellores cociñeiros e dos establecementos de restauración máis famosos de España. Todas teñen en común que están elaboradas con produtos que axudan a previr a aparición do cancro oral, unha enfermidade onde a prevención é fundamental. Libro moi recomendable onde atoparemos de todo, dende Joan Roca, coa súa sopa de cereixas, ou Carmen Ruscalleda, coa súa bala vexetal, até José Gómez, cociñeiro do Hostal dos Reis Católicos, cunha ensalada de xoubas con salpicón de tomate raf e pemento amarelo, ou Manuel Rodríguez, do Carretas, cun delicioso salpicón de vexetais con vieiras ao vapor e Manuel García, do Retiro da Costiña, cunha empanada de vieiras e verduriñas.

#santiagoquerefutsal Campaña

12/13

abonados

+INFO

• TLFNO: 981 11 50 38 • MAIL: prensa@autoslobellefs.com • www.autoslobellefs.com • Oficinas Multiusos Fontes do Sar

40

TARIFAS ESPECIAIS

MEMBROS ASOCIACIÓN

55€ adulto 275€

empresa*

*5 carnés de adulto


outono 2012

Para rir coa lectura

Federica no era tonta y otros cuentos Eugenio Granell Auga Editora Cunha introdución de Claudio Rodríguez Fer, este fermoso libro demostra, unha vez máis, que Eugenio Granell (A Coruña, 1912-Madrid, 2001) é moito máis que un compostelán ilustre e un surrealista galaico con proxección universal. Granell é un artista total, un home heterodoxo e libertario que cultivou o debuxo, o collage, a pintura, a escultura e o deseño, mais tamén o ensaio, o artigo, a poesía, o conto ou a novela. Velaquí, nesta coidada edición con ilustracións do propio artista, algunhas das primeiras pezas narrativas do Granell escritor, e outros contos que foi facendo ao longo dos seus anos de exilio en América. Dez pezas deliciosas, cargadas de absurdo, surrealismo e humor corrosivo para sorrir e mesmo rir mentres les, algo especilmente indicado neste tempo de penurias.

cr í tica e cata

O vello dos contos Xosé Mosquera Pérez VVAA / Asociación de veciños Ruta Xacobea Baixo a coordinación de Manuel Botana e Henrique Pereira, este libriño colectivo permite unha achega moi interesante, de carácter divulgativo, a un persoeiro tan importante como descoñecido. Xosé Mosquera (Enfesta, 1895-Santiago, 1965) acadou unha gran sona co personaxe radiofónico O Vello dos Contos, que entre 1933 e 1936, popularizou coas súas intervencións na primeira emisora de radio de Galicia, instalada primeiro en San Domingos de Bonaval e despois na Praza da Universidade. Esta emisora montouse para apoiar a campaña polo Estatudo de Autonomía e Mosquera converteuse en pouco tempo na primeira estrela mediática da radiodifusión galega. Pero Mosquera, que chegou a ser correspondente da RAG tamén foi o promotor de iniciativas culturais como a editorial Galaxia ou o Patronato Rosalía de Castro.

Entre tunos e troyanos

La Casa de la Troya A. Pérez Lugín Edicións do Cerne Con motivo da reapertura ao público da Casa da Troya, que xa volve a ser visitable, traemos a este andel de novidades unha novela estudiantil que acaba de reeditarse grazas a unha iniciativa da Asociación de Antigos Tunos Compostelanos e o apoio doutras institucións coma a USC, o Concello ou a Xunta. Conta cun fermoso prólogo de Benigno Amor (Santiago 1937-2009) no que fala das súas lembranzas de neno no barrio do Camiño Novo “con partidos de cinco horas” e do seu paso pola facultade de Dereito da USC, cando aqueles mozos puxeron os alicerces para que hoxe a Casa da Troia poida ser un museo que atesoura un capítulo importante da vida universitaria compostelá. Un bo motivo para achegarse a un tempo no que os estudantes universitarios viñan de fóra da cidade para facer a carreira en Compostela.

C/ Nogalte 9 28670 Villaviciosa de Odón- Madrid Tfno: 91 604 44 16 /Móvil: 648 02 37 99/ Fax: 91 6168622 www.mirasoluciones.es

41


p ub l i ci dad

42

CompH!ostelerĂ­a


HISTORIA DA HOSTELERÍA Historia da Hostelería de Compostela e Comarca

DE COMPOSTELA E COMARCA

comunicacion@santiagohosteleria.org | Teléfono: 981 592 700

Do Económico ao Hostal Suso

J

esús Quintela Montero (Arzúa, 1918 - Santiago 2012) tivo primeiro o quiosco Tarzán e uns billares, mais este home falangueiro, bohemio e autodidacta sempre viu o enorme potencial turístico de Santiago, por iso en 1947 colleu o Económico, un local da rúa do Vilar, para convertelo no Suso, toda unha institución na cidade. Era un namorado da cidade e tamén, un dos seus mellores embaixadores. Os milleiros de postais que foi recibindo ao longo da súa vida son unha boa proba do seu

carácter hospitalario e do da súa muller, Concepción Sanmartín, gran cociñeira, quen lle deu de comer, entre outros persoeiros ilustres, a José Saramago ou Agostinho da Silva. Os catro fillos deste matrimonio, que se criaron no negocio familiar, son os que agora levan o Suso, na rúa do Vilar, onde aínda hoxe podemos tocar, nalgunhas mesas, a mármore onde se xogaban as míticas partidas de dominó do Económico cando os pais mercaron o local, nos anos

corenta, para transformalo no que hoxe é. Xeracións de composteláns e universitarios tiveron no Suso a súa segunda casa, onde xantaban, bebían, botaban a quiniela, escoitaban o fútbol ou xogaban a partida. Logo chegarían o fenómeno xacobeo e os milleiros de peregrinos e turistas aos que este clan de hostaleiros lles foi transmitindo, co seu bo facer, agarimo e profesionalidade, o carácter acolledor da cidade, un carácter forxado grazas a xente como Jesús e Concepción, fundadores do Hostal Suso, e os seus fillos.

43


CompH!ostelerĂ­a

44


outono 2012

toda un h a v ida

Juan Luis Puya, máis de 30 anos de traxectoria en santiago

De director dunha residencia de anciáns a director de hotel Hoteleiro de pura cepa, chegou a Compostela para botar a andar unha residencia de anciáns e rematou por quedar a vivir na cidade e dirixir varios hoteis. Foi presidente e vicepresidente de Hostelería Compostela. É un home reivindicativo, serio e un gran profesional que acaba de recibir unha homenaxe dos seus compañeiros de profesión polos seus 30 anos de oficio.

A

vida de Juan Luis Puya Rey (Cádiz, 1951) levouno por diferentes lugares e camiños, como corresponde a un bo hoteleiro. Comezou a súa formación académica en Madrid en 1968, na Escola Superior de Hostelería e Turismo, especializándose en turismo e servizos. Pero a formación no oficio empezou da man do seu pai, quen chegou a ser director de hotel comezando dende abaixo. Xa en Madrid, na Escola de Hostalería e Turismo, Puya fixo as súas prácticas traballando en establecementos no estranxeiro. No seu terceiro ano atopouse ante unha das maiores decisións da súa vida ao ofrecérenlle un posto como segundo maitre no restaurante Trainera de Madrid, “a punto estiven de abandonar os estudos porque eran moitos cartos e eu era moi novo” comenta, “pero convencinme de que se me quedaba alí era para toda a vida, entón deixein e seguín estudando”. Traballou no hotel Real de Santander, “buque insignia da cidade”, antes de facer o servizo militar e comezar a súa relación con Galicia. Despois dunha entrevista en Madrid aterrou en Compostela para botar a andar a residencia de pensionistas da rúa das Rodas. “Era unha das primeiras residencias que

se montaban en España, era como ser director de hotel pero con clientes fixos e de oitenta anos”, lembra Puya. Daquela etapa sinala que levou moitas experiencias e anécdotas, “tiña o seu punto entrañable porque tiñas que suplir á familia, xa que ás veces deixaban ao avoíño alí e esquecíanse del, tiñas que ser o fillo dalgún, conselleiro e eu apenas tiña 28 anos ; foi unha época moi bonita, xa que tiven a satisfación de ter levado a algúns avós ao aeroporto porque nunca viran os avións ou levalos a ver o mar por primeira vez e poder ver as súas caras neses momentos”. Despois desta intensa experiencia, Puya, retorna ao mundo da hostalería. “En 1984 chámanme a porta e dinme se quero volver o meu e incorpórome ao hotel Los Tilos”. Para chegar ao hotel por aqueles anos existía “unha estrada infame e chea de fochas” pero “conseguimos que o hotel chegara a funcionar de forma aceptable”. A última etapa profesional desenvolveuna en Los Abetos, “un hotel cunhas instalacións impresionantes pero cunha situación difícil para traballar ben”. Recordando o Santiago daqueles anos comenta que “ a hotelería era moi distinta, xa que había moitos menos hoteis e a rendibilidade era maior, pero é curioso ver que os

problemas eran os mesmos que hai hoxe en día, a estacionalidade e a comercialización, aínda que non tan agravados coma hoxe”. A vinculación de Puya coa Asociación de Hostelería é especial, xa que foi vicepresidente e presidente durante 6 anos. “Metinme no ano 85 ca visita de Domínguez, do Universal e Alfonso, do Monterrey, que buscaban persoas novas para a asociación e metinme, pero ás veces é difícil implicar á xente nestes proxectos colectivos, porque hai conflitos, aínda que o resultado global foi satisfactorio, xa que daquela sentáronse as bases, por exemplo, do que hoxe é este Centro de Formación e Cultura Gastronómica”. Rematamos a conversa analizando a situación do turismo hoxe en día na cidade. “En Santiago o futuro do sector está moi crú, porque vexo os mesmos problemas dos anos noventa, pero agravados con moita máis oferta de hospedaxe, menos unión no sector e sen apoio das administracións, que non fan políticas coordinadas e consensuadas”. Puya lembra ben unha frase que lle dillo o ex conselleiro de Turismo, Santos Oujo, “e que non esquecerei xamáis: o sector turístico unido podería facer tremer a unha consellería e a un goberno enteiro”, conclúe.

45


CompH!ostelería

O CAMIÑO DE SANTIAGO EMPEZA NO ESTADO DE VIRIXINA

Kathlenn E. Jenkins

Especialista no fenómeno das peregrinacións e colaboradora da revista American Pilgrims Profesora universitaria e experta no fenómeno das peregrinacións, esta muller estadounidense, casada e con tres fillos, aínda non experimentou a peregrinación a Compostela en toda a súa plenitude, por falla de tempo, que non de ganas, mais contribuíu co seu traballo a que moitos compatriotas fixeran o Camiño de Santiago.

K

46

athlenn E. Jenkins (Virixinia, 1962) forma parte dun interesante equipo multidisciplinar que dende o William and Mary College traballa para desenvolver investigacións e estudos sobre o fenómeno das peregrinacións arredor do Institute for Pilgrimage Studies, no que participan máis de trinta universidades dos EEUU, que estes días está a celebrar o seu simposio anual. Jenkins estivo recentemente en Santiago de Compostela cun grupo de alumnos estadounidenses, que tamén fixeron algúns treitos do Camiño. Aproveitamos para falar con ela sobre o potencial das rutas xacobeas.

timo filme de Eduardo Estévez, The Way, protagonizado polo seu pai, Martin Sheen. Moitos destes peregrinos tamén consultan na rede a información que sobre o Camiño hai na web da súa publicación de referencia nos EEUU, a revista American Pilgrims, que que é moi útil para aqueles que queren saber máis sobre as rutas xacobeas. Esta profesora universitaria, politóloga e experta en relixións, entende que se deberan promocionar máis no seu país os outros Camiños de Santiago, coas súas singularidades gastronómicas, paisaxísticas, patrimoniais, máis aló do Camiño Francés.

Jenkins asegura que cada vez son máis os estadounidenses que se lanzan a facer o Camiño de Santiago porque viron o úl-

Esta profesora universitaria forma parte desa rede internacional de expertos nos Camiños de Santiago, que traballan polo

coñecemento e a divulgación das tradicións xacobeas máis aló das nosas fronteiras. Está convencida de que “a gran forza destas rutas de peregrinación é a súa capacidade para atraer a persoas tan diferentes de todo o mundo, que por motivos moi diversos, deciden camiñar xuntos e en paz cara un mesmo destino”, asegura Jenkins, quen aprecia tamén o enorme potencial destas rutas para conseguir desconectar do ritmo e do estilo de vida actuais. De feito, por falla de tempo, Jenkins só puido facer algúns treitos do Camiño Francés, “suficiente para percibir a beleza da ruta”, polo que segue a ter a asignatura pendente de facer o Camiño de Santiago, “pero algún día fareino”, conclúe.


Texto: Aser Álvarez Imaxe: Iván Nespereira

n a ca ma con…

Kathlenn E. Jenkins NO HOTEL CARRÍS CASA DE LA TROYA Prefire a cama dura e durmir acompañada. Unha palabra para definir Santiago? > Encantadora Un lugar da cidade? > A praza da Inmaculada ou do Paraíso Un hotel? > O Altaïr ou Carrís Casa de la Troya Máis información en: http://www.americanpilgrims.com http://www.wm.edu/sites/ pilgrimage/annualsymposium/ index.php?svr=web

47


p ub l i ci dad

48

CompH!ostelerĂ­a


outono 2012

p ub l icid ad

49


CompH!ostelería

p ub l i ci dad

Profesional multiEstrella

Llévate el televisor que tienes en la cabeza

Llévate un televisor LG LED de 22”

Condiciones financieras exclusivas

Ahora, tan solo por domiciliar el pago de tus seguros sociales de autónomos, tener ingresos mensuales en cuenta, pagar 3 recibos y realizar un mínimo de 3 compras con tu tarjeta de ”la Caixa”, un televisor LG LED de 22” será tuyo1. Características: Sintonizador TDT Full HD DivX HD a través de USB Resolución Scaled Full HD 2 conexiones HDMI Contraste dinámico: 1.000.000:1

Una programa así solo se ve en la tele Y además, a los 3 meses formarás parte del programa Profesional multiEstrella2, con el que te beneficiarás de las siguientes ventajas: Condiciones exclusivas en productos financieros Puntos Estrella trimestrales que podrás multiplicar Ofertas exclusivas para el tiempo libre

Ventajas para tu día a día Hipoteca bonificada Contrata tu hipoteca en ”la Caixa” y te bonificaremos el tipo de interés3. Además, disfrutarás de un 5% de descuento4 sobre el precio de venta o alquiler en inmuebles propiedad de Servihabitat. Consulta más información en www.servihabitat.com

Microcrédito de Mikrobank Disfrutarás de condiciones preferentes5 en un microcrédito financiero de MicroBank de hasta 25.000 €, para iniciar tu negocio, o ampliarlo, o para atender necesidades de capital circulante. Tarjeta MasterCard® Professional Solicítala y benefíciate de múltiples ventajas: - Cuota de mantenimiento gratuita el primer año y los siguientes si la facturación en compras es superior a 2.000 €/año. - Bonificación del 2% en carburantes en estaciones de servicio de Repsol, Campsa y Petronor y factura mensual con IVA desglosado. - Vía T gratuito: cuota de alta y mantenimiento. Ventajas en renting de vehículos Benefíciate de un vehículo de sustitución6 durante 10 días por cada nuevo vehículo en renting contratado en CaixaRenting, S.A.U. Cambia ahora de vehículo Benefíciate de 600 € de descuento en la adquisición de un vehículo de ocasión, con garantía de un año, procedente de contratos de renting de CaixaRenting, S.A.U. Tienes más de 400 vehículos a tu disposición en www.caixarentingocasion.es

1. Promoción válida del 15-3-11 al 15-5-11 o hasta agotar existencias (100.000 unidades, promoción conjunta para Nómina, Pensión y Profesional). Para nuevas órdenes de domiciliación del pago de las cuotas del régimen especial de trabajadores autónomos, de trabajadores del mar (cuenta propia) o de las aportaciones a mutuas de previsión profesional alternativas al régimen de la Seguridad Social de trabajadores por cuenta propia (mensuales o trimestrales) y una permanencia de 24 meses, con abonos medios en cuenta a partir de 1.000 €/mes, con domiciliación de recibos con un mínimo de 3 cargos al trimestre, utilización de tarjeta con 3 compras en comercios al trimestre y contratación de un producto incluido en la promoción (condición no exigible para determinados importes de abonos). Consulta estos importes y productos en cualquier oficina de ”la Caixa”. A efectos fiscales, esta promoción tiene la consideración de remuneración en especie y está sujeta a la retención a cuenta según la normativa fiscal vigente. Promoción no acumulable a otras promociones de domiciliación de los seguros sociales realizadas por ”la Caixa” con posterioridad al 1-3-2010. 2. Programa válido hasta el 31-12-2011. Consulta las condiciones del programa en www.laCaixa.es. 3. Válido para nuevas hipotecas con finalidad de compra de vivienda. 4. Descuento aplicable sobre el precio publicado en todos los inmuebles propiedad de Servihabitat o de ”la Caixa”. Oferta no acumulable a otras promociones. 5. Concesión de la operación, sujeta a los requisitos de MicroBank y a los criterios de riesgo de ”la Caixa”. 6. Vehículo de sustitución de igual categoría que el contratado en el nuevo renting (salvo lujo).

50


outono 2012

p ub l icid ad

A unión do sector é a nosa forza ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E COMARCA

Asesoramento

Servizos

Asesoría Fiscal z Información detallada de Obrigas Fiscais e Renda z Tramitación CIF empresa. z Altas e baixas de empresas e variacións censais. z Declaracións trimestrais. z Presenza e asesoramento en inspeccións. z Libros de Rexistro de I.V.E. z Declaracións da Renda e Patrimonio

Comunicación

Turismo

z Posta en marcha da Revista CompH!ostelería.

z Confección de listas de prezos en varios idiomas (galego, inglés, francés e alemán). z Carteis obrigatorios. z A ltas, baixas e cambios de titularidade. z T ramitación Libro de Inspección e Follas de Reclamacións. z P lacas obrigatorias.

z Circulares informativas de interés para os socios.

Subvencións

z Presenza en redes socias. z Guía Oficial e planos de Santiago. z Foro de Directores de Hotel. z Estratexia corporativa e nos medios de comunicación. z www.santiag ohosteleria.com

z Información, tramitación e presentación de subvencións para os asociados.

Asesoría Xurídica e Laboral z Asesoramento xeral e laboral ao asociado. z Defensa do asociado en materia xurídico-laboral. z Horario de consulta: luns, martes, mércores e xoves. z Formalización de contratos de traballo, nóminas e liquidacións z Altas, baixas de autónomos e cambios nas bases de cotización. z Altas e baixas por enfermidade. z Liquidacións trimestrais por retencións e indicación de bonificacións á Seguridade Social.

Concello z Tramitación de cambios de titularidade de licenzas de apertura. z Solicitude de autorización ou modificación de ocupación de vía pública (terrazas). z X estiónes para solucionar problemas de aperturas, recursos, baixas,...

Sanidade z Certificado de Manipulador de Alimentos. z D ocumentación personalizada e asesoramento. z G uía de Prácticas Correctas de Hixiene en Hostelería.

Formación z F ormación continua e de reciclaxe. z Formación ocupacional. z Xornadas gastronómicas. z Catas e degustacións. z Concursos de baristas, de tapas e de libros de receitas.

Convenios de colaboración AHC CEPSA e a Confederación Española de Hoteles y Alojamientos Turísticos (CEHAT), da que formamos parte como colectivo, asinaron un convenio de colaboración para aplicar descontos no gasóleo.

Acordo de colaboración entre a AHC e a Fundación Compostela Deporte, polo que nos comprometemos a apoiar o deporte de base

Repsol Gas ofrece vantaxes aos membros da AHC. Os socios poden aforrar ata un 45% no consumo.

Asinamos un convenio con Global Iuris, un estudio legal especializado en dereito de empresas, cun departamento de dereito industrial e intelectual (marcas, deseños, dereitos de autor, defensa fronte a entidades de xestión coma a SGAE) ofrece condicións beneficiosas para os asociados.

A CEHAT e a Federación Española de Hostelería, FEHR, das que forma parte a AHC, negocian a redución das comisións no cobro con tarxetas de crédito.

Convenio entre Cehosga e Bluesens Corporation, co obxectivo de proporcionar vantaxes aos membros de AHC para dotárense de novas tecnoloxías.

Acordo coa SGAE con bonificacións de ata un 15% de desconto nas taxas.

Soluciones no convencionales ofrece o seu servizo de deseño de páxinas web aos socios de Hostelería Compostela cunhas condicións excepcionais para dotarse dunha web totalmente personalizada, con tantas seccións como necesiten, e o primeiro ano de mantemento e dominio gratis.

Polo convenio asinado con esta entidade, os socios de AHC poderán acceder a servizos como a Servicuenta, Comercio ou o Recibo Único.

Asinamos un convenio de colaboración con Gas Natural Fenosa polo que os nosos asociados poderán gozar de vantaxes como asesoramento enerxético persoalizado, que permitirá que aforren nas súas facturas.

Tarifas especiais en seguros obrigatorios en determinadas actividades do sector de Hostelería e Turismo.

NOVOS CONVENIOS

Convenio con esta empresa especializada na certificación de prevención de riscos laborais para establecementos a precisan.

Empresa de software que grazas ao convenio con Hostelería Compostela ofrece importantes descontos aos asociados en programas informáticos de empresas de hospedaxe e restauración.

Convenio polo que a entidade bancaria ofrece vantaxes aos nosos asociados.

Plataforma de comercialización y gestión de reservas en restaurantes que ofrece condiciones ventajosas a los socios de Hostelería Compostela.

Compromiso da AHC para contratar a persoas con dificultades de inserción.

Precios especiales para Asociación de Hostelería para seguridad industrial e inspecciones iniciales y periódicas de baja tensión, alta tensión y ascensores.

Convenio de colaboración entre Gadisa Distribución e a AHC.

51



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.