158

Page 1

Número 158 | Inverno 2012 | Prezo 5 €

Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca

Especial Festa do Socio e de Santa Marta 2012


Festa de Santa Marta e do Socio 2012 A Asociación Hostelería Compostela quere agradecer a colaboración das seguintes empresas AUGAS DE MONDARIZ ALBARIÑO “SEÑOR DA FOLLA VERDE” ALMACENES MOURE S. L. BANCO ETCHEVERRIA BEGANO S. A. (COCA COLA) BODEGAS BERONIA - RIOJA BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA BODEGAS PALACIO DIOMONDI CAFENTO NORTE S. A. CAFÉS SABORA CASH RECORD CONGELADOS BERMÚDEZ S. L. COTELGA D. O. QUEIXO TETILLA EGASA GALICIA EL CORTE INGLÉS S. A. - HIPERCOR EQUIP-HOTEL ESTRELLA GALICIA GADISA - CASH IFA MILLADOIRO GRUPO COSTAS GALICIA HELADOS NESTLÉ - CAMY HIPESCAR S. L. PARADOR HOSTAL DOS REIS CATÓLICOS IGNACIO DE LAS CUEVAS S. A. J. B. CAO JELU HOSTELERÍA S. L. NOVAS Y MAR ESPECIALIDADES S. C. PANADERÍA AMENAL S. L. PIROTECNIA LÓPEZ S. L.


Director Aser Álvarez Textos Redacción CompH!ostelería, Adrián Pájaro, Miguel Vila, Manuel Gago, Xosé Manuel Santos, Mónica Novas, José Antonio Liñares, Lois Codias, Alfredo Castromao, Estela Portela e Aser Álvarez Fotografía: Iván Nespereira e Javier Amosa Ilustración: Andreia López Deseño, fotomecánica e impresión: Tórculo Artes Gráficas, S. A.

Vía Edison, 33-35. Polígono do Tambre (Santiago de Compostela) Teléfono: 981 95 83 20

ISSN: 217 3-545X Depósito legal: C. 3.544-2010 Esta publicación conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

“A Compostela se acerca uno como quien se acerca al milagro” Álvaro Cunqueiro

05 Santiago(é)Tapas O pequeno é formoso

Que opinan os Comphostapeantes?

12 A fondo

A gran festa da Hostalería de Santiago e Comarca

José Calvelo, un home tallado a si mesmo

Marcelino Couso, construíndo unha vida

35 O socio opina

Compostela é Hostalería e Santiago(é)Tapas

38 A opinión de…

Miguel Vila, presidente do xurado da V edición do Santiago(é)Tapas

39 Socios de toda a vida

Hotel Moure e Pensión Rúa do Villar

40 Novas aperturas

A Taberna da Feira e La Bodeguilla de Santa Marta

42 Novos socios 44 As novas do sector

Santiago(é)Tapas

Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 9 81 592700 - 981 592704 | Fax: 981 598099 informacion@santiagohosteleria.org | comunicacion@santiagohosteleria.org www.santiagohosteleria.com | www.santiagohosteleria.net Facebook: comphostaleria e hosteleria compostela Twitter: #comphosteleria | Youtube: comphosteleria

A caída do turismo en Santiago durante os últimos meses foi alarmante. En xullo non chegamos ao 50% de ocupación media e en agosto superamos escasamente o 60%, o mesmo que en setembro, baixando ata o 54% en outubro e a pouco máis do 30% en novembro. Son as porcentaxes de ocupación hoteleira máis baixas da última década, na cidade máis turística de Galicia. E iso a pesar do bo comportamento do Camiño de Santiago e do conseguinte incremento do turismo internacional, que non foi suficiente para compensar a forte caída do turismo nacional. As cifras obxectivas son realmente preocupantes. As consecuencias xa comezamos a notalas (caída do prezo medio e do nivel de rendibilidade, aumento do paro, peches de negocios) mais aínda que sexa triste recoñecelo, sabemos que o peor está por chegar. Gustaríanos estar trabucados e que a realidade nos contradecira, pero temémonos que se vai producir un lento e gradual empobrecemento do sector turístico en Santiago de Compostela e consecuentemente da cidade, da comarca e de Galicia. Temos un activo turístico de valor incalculabe que non sabemos aproveitar. É unha mágoa botar a perder todo o traballo desenvolvido dende o 93 para o posicionamento turístico de Compostela e dos Camiños de Santiago. Corremos o perigo de que se dilúa o efecto Xacobeo nunha arañeira de confusos destinos e mensaxes sen un valor diferencial engadido. Que ten Galicia que non teña o resto da España Verde? Falemos claro. Acaso Xixón, Santander ou San Sebastián son menos atractivas que as nosas cidades costeiras?, ou acaso a montaña cántabra ou asturiana é inferior á galega?, ou serán as nosas vilas mariñeiras, desfeitas polo desleixo, máis atractivas que as da costa cantábrica? Máis ben ao contrario, eses territorios non só están mellor artellados senón que son máis doados de visitar pola súa conectividade e proximidade cos grandes emisores de turismo. A boa nova para nós é que segue a haber un potencial mercado de turistas con bo poder adquisitivo e nas grandes cidades europeas, que son xente á que lle encantaría poder viaxar a Galicia e facer escapadas de fin de semana á nosa terra. Os Camiños de Santiago son cada vez máis coñecidos e recoñecidos fóra das nosas fronteiras porque son algo único, irrepetible, un activo inesgotable. O casco histórico de Santiago e a Catedral seguen a ter un magnetismo imbatible, as rías galegas configuran unha paisaxe costeira singular e a nosa gastronomía é unha das máis recoñecibles e de maior percorrido de occidente. Pero non podemos seguir vivivindo de rendas. Qué falla para que este cóctel poida funcionar? O certo é que estamos un pouco lonxe de todo. Somos o Finisterre europeo, polo que non é doado chegar aquí. Pero estamos pasando por alto un detalle moi importante. Temos no centro de Galicia unha gran infraestrutura aeroportuaria de recente inauguración, dotada coas últimas tecnoloxías, cun potencial enorme de desenvolvemento e que se complementa coa capacidade de atracción da marca Santiago, pero que está totalmente infrautilizada. Quizais se poida facer algo despois de todo… algunha idea? 03


SANTIAGO(é)TAPAS 2012

O pequeno é fermoso Rematou o mellor Santiago(é)Tapas da historia. 33.000 tapas vendidas, unha cifra de negocio de 200.000 euros, 72 establecementos inscritos, 117 creacións que entraron a concurso, 33 hoteis que ofreceron paquetes promocionais, 17 locais do Santiago(é)Noite que crearon combinados especiais e 28 empresas colaboradoras. Máis aló dos números, hai que destacar a calidade das tapas e o nivel de implicación do sector empresarial, que se estrea na organización deste evento gastronómico batindo todas as marcas.

A

pesar do pouco tempo dispoñible para organizalo, dos recurtes orzamentarios e da crise económica, Hostelería Com­postela fixo un enorme esforzo humano e económico para sacar adiante a quinta edición deste concurso. O sector empresarial amosou unha vez máis a súa madurez para desbor-

04

dar todas as previsións e conseguir que hospedaxe, restauración e o mundo da noite se xuntaran para ofrecer a mellor cociña en miniatura nunha das cidades que demostrou novamente ser unha das máis “grandes” e hospitalarias do mundo. Xa estamos a traballar para que a vindeira edición do concurso de

tapas máis importante de Galicia e un dos tres máis importantes de España, sexa aínda mellor que cá deste ano. Grazas a todos os que fixestes posible que o Santiago(é)Tapas continuara, e se consolidara coma un evento gastronómico de primeiro nivel. Grazas por crer, coma nós, que o pequeno é fermoso.


sa n tia go( ĂŠ) ta pas

05


CompH!ostelería

1ª Mellor Tapa do Xurado Rabioli de boi de mar, A Tafona

A gañadora desta edición do Santiago(é)Tapas é unha creación que se sustenta na gastronomía marítima. O boi de mar combínase co caldo de cigala nun rabioli cunha atractiva presentación. A cebolleta e perifollo apórtanlle toques anisados a esta tapa.

Os finalistas do Santiago(é)Tapas Cantidade e calidade. Nunca antes, o público e o xurado o tiveran tan difícil coma este ano, polo elevado nivel de calidade das creacións. Das 117 tapas dos 72 establecementos participantes no concurso os finalistas foron: Hotel Puerta del Camino, El Olivo, O Curro da Parra, El Pasaje, Mesón de Lázaro, Tapería Castelao, Manso, A Tafona e O Acio. A mellor

A Tafona

tapa do xurado levou un premio de

N

2.000 euros, a segunda mellor tapa, 1.200 e a terceira mellor, 1.000 euros. Ademais da mellor tapa do público foi premiada con 800 euros e a (é) 06

Lucía Freitas

xcelencia no servizo levou 500 euros.

os tiñamos tres tapas para facer un menú. Tódolos anos presentábamos unha creación con porco pero este ano centrámonos na gastronomía do mar e a tempada do boi viunos fenomenal. Ademais o rabioli acompañado dunha salsa de fiuncho e cebolleta e toques anisados gustou moito aos clientes, vendemos unha cantidade enorme da tapa. Este ano a organización foi diferente. Houbo cousas boas e malas. Para nós o concurso foi un éxito porque vendimos gran cantidade de tapas, pero a cota é demasiado alta para os non asociados e penso que pode haber a quen non lle compensara o esforzo comparado co retorno.


inverno 2012

sa n tia go( é) ta pas

2ª Mellor Tapa do Xurado

3ª Mellor Tapa do Xurado

Fish Cofee, O Curro da Parra

Fabas de Lourenzá con setas e algas, Acio

Servida en taza e cunha cafeteira, esta tapa ten o sabor do peixe a pesar de simular a café. No caldo nadan picatostes en forma de terrón de azucre. A cor negra provén da tinta de calamar e o seu ingrediente básico é o peixe de tempada.

Produtos de tempada para esta creación que combina as setas clásicas do outono coas fabas de Lourenzá, na zona da Mariña Lucense. Os ingredientes de terra xúntanse cas algas do mar para redondear a tapa.

Sergio Arias

Eva Pizarro

O Curro da Parra

O Acio

A

N

tapa deste ano elixímola entre todo o equipo do Curro da Parra despois de darlle moitas voltas e facer diversas probas. Tíñamos varias opcións pero estaba claro que só queríamos presentar unha. O máis chamativo era sen dúbida a presentación. Os clientes alucinaban cando íamos a servir a tapa con tazas do café e unha cafeteira, o toque do calamar para darlle a cor negra e o sabor a peixe do caldo sorprendíaos. Este Santiago(é)Tapas estivo moi ben. Nós sempre fomos partidarios de facer o concurso en tempada baixa que é cando se necesita e cando contribúe a dinamizar o sector, aínda que fose só durante os días de semana.

ós intentamos tódolos anos utilizar produtos de tempada pero este ano, co cambio de datas, tivemos que modificar un pouco os produtos e collelos de outono. Nestas datas o mellor que hai sen dúbida son as setas e como o noso cociñeiro, Iago, é da zona da Mariña Lucense, de Lourenzá, decidímos utilizar estas fabas que están de tempada. A organización nesta edición estivo ben pero co cambio de datas, variou un pouco o perfil do cliente. Xa non había tanto estranxeiro que viña probar as tapas, senón que foron os santiagueses os que máis se animaron a saír para seren partícipes do concurso. 07


Premio á (é)xcelencia

Mellor Tapa do Público

Bacallau en confeitura e Buñuelo de rabo de touro, El Olivo

Crema callada de castañas con bombón de mirabeis, licor café e mandarina, Hotel Puerta del Camino

O premio á (é)xcelencia recaeu este ano en El Olivo. O servizo de calidade e a atención profesional fixérono merecedor deste galardón. As tapas que presentaron foron o Bacallau en confeitura e os Buñuelos de rabo de touro. A primeira tapa ten como base o bacallau á prancha cunha confeitura de mazá e calabacín sobre pan, acompañado dun toque de viño branco e pasas. A segunda tapa é un buñuelo recuberto de salsa de rabo de touro con carne no seu interior.

Cesáreo Lorenzo

Salvador Lucena

El Olivo

Hotel Puerta del Camino

A

s tapas do Olivo elixímolas un pouco entre o cociñeiro e máis eu. O que pensamos sobre todo foi buscar tapas distintas e que chamaran a atención. Así tíñamos por unha banda o bacallau en confeitura que queríamos potenciar e pola outra o rabo de touro para impactar. O que intentamos nós é ser profesionais e agradables, ir tódolos días con ganas de traballar e de cumprir. Este ano a organización foi marabillosa, grazas a Hostelería Compostela e aos empresarios. Dar o premio do Santiago(é)Tapas podería ter sido un pouco frío, pero facelo na Festa do Socio de Santa Marta 2012, rodeado dos compañeiros do sector foi unha moi boa idea. 08

Aromas e sabores nun conxunto hermético que ao destapar nos descubre todos os matices do seu interior. A presentación, nun bote de cristal pechado coa etiqueta do concurso, garda as esencias a cítricos e alcohol. Os sabores da castaña, os mirabeis, da mandarina e do licor mestúranse no padal para redondear a experiencia sensorial do tapeante.

Q

uixemos facer unha tapa con produtos de tempada e que combinaran ben. Todo elo presentado nun bote cerrado cunha etiqueta co logo do concurso. No momento de destapar o bote, subían os aromas dos cítricos e do alcohol e entón metían a culler e collían o que querían mesturando os sabores na boca. Cada ano o concurso vai a mellor e a nós, a pesar do hándicap de ser un hotel, foinos fenomenal. Ademais foi un gran detalle este ano nomear a tódolos finalistas, cousa que antes non se facía. Nós xa estamos desexando que comece a vindeira edición para tratar de sorprender e mellorar.


sa n tia go( é) ta pas

Doble finalista El Pasaje

Dúas tapas de El Pasaje foron finalistas nesta edición: Morcilla con confeitura de mazá, arandos e labras de castaña e a Mini ensalada escabecheada de cervo. A primeira xira arredor da morcilla, que se acompaña dunha confeitura de mazá, arandos e labras de castaña. A segunda, é unha ensalada onde o cervo ten o papel protagonista. A carne de solombo deste animal escabéchase e logo esfíase sobre a creación.

As outras tapas finalistas A Tafona

Castelao

Finalista

Mesón de Lázaro

Manso

A tapa finalista do Mesón de Lázaro foi Pernil de xabaril con guiso de mestura de fungos e castañas. O xabaril cocíñase acompañado de viño tinto, aceite, cebola e pementa cunha confeitura de castaña e guisado cos fungos.

Hoteles familiares e independientes en España

www.hoteltresestrellas.es

09


CompH!ostelerĂ­a

10


inverno 2012

sa n tia go( é) ta pas

Que opinan os Comphostapeantes do Santiago(é)Tapas? (é)tapa 1 Praza do Obradoiro Jon Loizaga Vitoria (Euskadi) e Pilar Cabezón Málaga (Andalucía)

(é)tapa 2 Praza de Cervantes Manoli Palacios (Ames)

Foron dos primeiros en probar as creacións da V edición do Santiago(é)Tapas. O día 26 de outubro xa empezaran a súa (é)tapa. Jon e Pilar quixeron facer unha pequena escapada durante tres días e xa viñan para desfrutar desta cita co mellor da gastronomía en miniatura en Compostela. “Temos pensado facer a ruta express porque temos moi pouco tempo pero quixemos empezar polo Obradoiro polo simbolismo que ten esta praza para Santiago.” Viñeron armados co tapasporte, mapa, papel e bolígrafo, “tiñamos toda a información do concurso xa buscada e un planing feito antes de sair da casa”.

Natural de Ames, Manoli achégase tódolos anos a desfrutar do Santiago(é) Tapas. “Vivo en Ames e veño aquí só para isto. Normalmente coincidía en xullo pero este ano cambiou a data e trastocounos un pouco porque xa que viñamos a Santiago en verán, nas anteriores datas, aproveitabamos para facer máis cousas pero creo que é unha boa idea facer o concurso nesta época para encher os locais e dinamizar o sector nestes tempos difíciles”. “Algo para mellorar? Eu diría a ampliación de horarios para as tapas”.

(é)tapa 3 Praza de Galicia Jage Vojtos e Agnieszaka Proszek Cracovia (Polonia)

(é)tapa 4 Praza Roxa Darío Martínez e Juan Iyobre (Santiago)

(é)tapa 5 Camiño Francés Cristina Rodríguez (Madrid)

Jage a Agnieszaka viñeron a Santiago con motivo da conmemoración dos 30 anos da chegada do Papa Xoan Pablo II a Compostela. Estas dúas polacas sorprendéronse moito do concurso. “Informáronos no hotel no que estabamos aloxadas da celebración do Santiago(é)Tapas e ao baixar á cidade en tódolos locais nolo comentaban. En Polonia hai tapas pero non son así, son un simple cacho de pan,” aseguran. Chamoulles moito a atención a presentación e o servizo. “Volveremos outro ano pero non nun grupo senón cas nosas familias e trataremos de que coincida con este concurso estupendo.”

Darío e Juan son composteláns de toda a vida. “Nós somos de aquí pero isto é un aliciente para tomar un viño e co viño que te tomas pois xa que estamos probamos as tapas, tódolos anos o facemos. Esta é unha zona da cidade á que pode que non veñan moitos turistas nin os estudantes. É unha zona máis tranquila, máis de viños na que sobre todo andamos os santiagueses.” Darío e Juan comentan que gozan do ambiente que ten a zona do Ensanche onde din que ”se baixas ao bar aquí atópaste ao veciño e falas, e nada mellor que unha boa tapa e un bo viño para iso.”

Esta madrileña afincada en Compostela acudiu dende a primeira edición do Santiago(é)Tapas. ”Xa me enterei o primeiro ano e dende a primeira edición acudo sempre a esta cita.” Traballadora no comercio laiase de que os horarios non lle coincidan todo o ben que quixera para poder desfrutar do Santiago(é)Tapas. Do nivel di “este ano por aí hai tapas moi boas e ata o día 11 teño pensando ir a bastantes locais, creo que hai máis calidade media e ese nivel estase a notar. Ademais gústame ir a establecementos novos para coñecelos e atopar novos sitios a onde ir,” conclúe.

Fixemos unha ruta polas cinco (é)tapas do concurso na busca das opinións da xente que se achegou aos locais. Polonia, Euskadi, Málaga, Ames e por suposto, Santiago. A xente que se achegou a Compostela na busca das tapas ten diferentes procedencias, perfís e motivacións pero un obxectivo común: gozar ao máximo dun dos concursos de tapas máis importantes de España.

11


12


a fon d o

festa de santa marta e do socio 2012

A gran festa da Hostalería de Santiago e Comarca E

ste ano a festa de Santa Marta e do Socio foi moi especial. Especial polos 400 asistentes que houbo, especial polo incomparable marco no que se desenvolveu, especial por coincidir por primeira vez coa gala de entrega de premios do Santiago(é)Tapas, pero sobre todo, especial pola harmonía e boa sintonía que respira o sector empresarial, a pesar das dificultades. As risas, as conversas, a boa compaña

e os bailes fixeron esquecer durante unhas horas un ano duro para o sector. A crise pasa factura pero os hostaleiros desta cidade demostraron a súa madurez para asumir a organización do Santiago(é)Tapas 2012, e facer o mellor concurso dos últimos cinco anos, batindo marcas de participación, público e número de tapas vendidas. Digno de mención é o traballo da comisión de festas formada por

José Balboa, Manuel Paz, Ángel Rodríguez, Jesús Sordo e Carlos Tardáguila. Para este último “a festa segue mellorando ano a ano e para vindeiras edicións espera ofrecer máis novidades para que a xente nova tamén se achegue a esta celebración”. Jesús Sordo, destacou “que este ano celebráronse xuntos dous dos eventos máis importantes para os hostaleiros composteláns o Santiago(é) Tapas e a nosa festa”.

13


14


inverno 2012

a fon d o

Algúns dos premiados e finalistas do Santiago(é) Tapas 2012 cos presidentes de Restauración e Hospedaxe

O presidente de Restauración, Jesús Sordo, con José Calvelo no acto de entrega do agasallo de Hostelería Compostela

O presidente de Hospedaxe, José Manuel Otero, con Marcelino Couso no acto de entrega do agasallo de Hostelería Compostela

15


CompH!ostelería

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, con Sergio Arias, O Curro da Parra

Reyes Leis, concelleira de Turismo de Santiago

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, con Lucia Freitas, A Tafona

Diego Calvo, presidente da Deputación da Coruña

16

O xerente da Asociación, Andrés Condide, con Cesáreo Lorenzo, El Olivo


inverno 2012

a fon d o

O presidente de Hospedaxe, José Manuel Otero, con Salvador Lucena, Hotel Puerta del Camino

O presidente de Restauración, Jesús Sorco, con Eva Pizarro, O Acio

Mesa presidencial da Festa do Socio e Santa Marta 2012, cos presidentes de Restauración e Hospedaxe de Hostelería Compostela e as autoridades

17


Discurso do Presidente de Restauración durante a gala de entrega de premios de Santiago(é)Tapas 2012

Entrega de diplomas aos finalistas do Santiago(é)Tapas 2012

Un novedoso catálogo

que abre nuevos horizontes en decoración inteligente para arquitectura e interiorismo Recomendado para: · Profesionales con iniciativa y buenas ideas. · Espacios públicos o privados que ofrezcan buenas posibilidades decorativas. · Los que busquen garantías en impresión e instalación.

Póngase en contacto con nosotros llamándonos al 902 90 50 24, o enviándonos un correo electrónico, y le haremos llegar el catálogo sin ningún compromiso. 18

www.torculo.com comunicacion@torculo.com


inverno 2012

Jesús Sordo, presidente de Restauración

a fon d o

Andrés Condide, xerente da Asociación

Máis de 400 persoas participaron na Festa do Socio e Santa Marta 2012 e na gala de entrega de premios de Santiago(é)Tapas 2012

19


CompH!ostelería

O Vicepresidente da Cámara de Comercio, o Director Banco Etcheverría, o párroco de Santa Marta, Evaristo Carracedo, Santiago López e persoal da Asociación

Rte. San Jaime, Café Coruña, Rte. Caracoles e Rte. Central

Mesa de alcaldes da Comarca

20

Hotel O Pino, Rte. Marcos Mesón, Rte. Góndola e convidados do homenaxeado Marcelino Couso

Café ABC, Pensión A Nosa Casa, Pensión Mapoula e Café Leis

Asoc. Polígono do Tambre, Inspector Xefe de Policía, Balnearios de Galicia, Radiotaxi, Asoc. Guías de Galicia, Estrella Galicia e El Correo Gallego


inverno 2012

a fon d o

Mesa do persoal da Asociación Hostelería Compostela

Rte. La Codorniz, Rte. El Olivo, Rte. Balboa e Rte. Santiaguiño de Padrón

Directores de hotel de Santiago, Manuel González e Jesús Ares, do Grupo Mas Costas

Mesa con alcaldes da Comarca e o Director do CEIFP Compostela

Rte. Los Robles

Rte. Carpe Diem e Rte. A Grella

21


CompH!ostelería

José Calvelo,

un home tallado a si mesmo Traballaba como ebanista cando comezou a súa andaina na hostalería, a finais dos anos setenta. Foi coa apertura dun mesón en Sar chamado “O Piote”, pero pouco máis tarde, coa súa muller, Elisa, e co seu cuñado, Sergio, inauguran na rúa da Raíña o Mesón do Arrieiro, onde estiveron trinta anos. Tralo merecido retiro, Calvelo botou man das gubias e das trenchas para volver traballar a madeira. Acaba de recibir a homenaxe dos seus compañeiros na Festa do Socio e Santa Marta 2012, por toda unha vida decidada ao sector hostaleiro e ao seu colectivo empresarial, Hostelería Compostela.

J

osé Calvelo Baluja naceu no barrio de Sar o 6 de xaneiro de 1942 pero criouse no Castiñeiriño. Comezou a súa andaina profesional como ebanista, facendo figuras nun obradoiro compostelán e compaxinando o traballo cos estudos na Escola de Artes de Santiago. Máis tarde, cando o destino quixo que se cruzara con Eli, a muller da súa vida, coa que tivo dous fillos, Félix e Ani, comezou no mundo da hostalería abrindo o mesón O Piote, no Sar.

“A hostalería é un oficio moi duro e esixente, porque o mesmo podes coroarte que arruinarte, e se non mira a traxectoria de locais famosos que xa non están” que é importante ver a xente nova trala barra”, conclúe Calvelo. Dos tempos do

Lembra que “eran bos tempos para o barrio, o Obradoiro estaba en primeira, a colexiata fervía de actividade e comezabamos a traballar mesmo facendo pequenos eventos”. Aínda que nun par de anos inauguraron outro mesón na Raíña, a memoria do que foi O Piote segue no baixo da súa casa familiar. “Quedou o local por se nos ía mal no Arrieiro ou lle facía falla para algún fillo”. Pero ningún dos dous continuou os seus pasos neste local.

22

“A hostalería é un oficio moi duro e esixente, porque o mesmo podes coroarte que arruinarte, e se non mira a traxectoria de locais famosos que xa non están. Aínda é máis ca un oficio, é un xeito de vida que esixe moito sacrificio e traballo. E para manterse hai que renovarse, polo

Inauguración do Mesón do Arrieiro en 1982

Arrieiro lembra con os pratos estrela da súa muller, o peixe sapo en salsa verde e a paella, “viñan os americanos que estaban no Hostal e dicíanme que aquela paella non era como a valenciana, que era moito mellor e terminaban vindo a comer catro días seguidos”. Calvelo adica agora o tempo libre a unha das súas paixóns de xuventude, a talla da madeira. “Agora estou recuperando os proxectos e as ideas que cando era novo


Texto: Aser Álvarez Imaxe: Javier Amosa

non puiden facer”. Nun pequeno obradoiro, na súa casa con vistas á Colexiata de Sar, hai figuras do Quixote, de Castelao e Rosalía de Castro que dan boa mostra da súa arte, pero Calvelo tamén tivo encomendas importantes, coma un busto de Kennedy ou unha figura de San Torcuato que acaba de doar a unha parroquia de Barbantes (Ourense), de onde é orixinaria a familia da súa dona, un coñecido clan de hostaleiros e comerciantes afincado en Compostela.

José Baluja, Elisa e Manolo en 1988

a fon d o

“Ser socio de Hostelería Compostela non é só pagar a mensualidade senón tamén implicarse, dar ideas e traballar pola defensa do gremio”. Botando a ollada atrás, Calvelo lembra que o Centro de Formación e Cultura Gastronómica, onde conversamos, é a obra colectiva de moitos directivos, socios e do persoal de Hostelería Compostela. Considera que houbo progresos importantes, como a modernización da revista e da imaxe, “pero aínda se pode mellorar moito e

“Agora estou recuperando os proxectos e as ideas que cando era novo non puiden facer” avanzar no compromiso dos socios co colectivo, porque creamos unha asociación grande, cunhas instalacións moi potentes, pero agora hai que mantelas vivas e cheas de actividade”. Calvelo propón habilitar un espazo para que os que xa están retirados se reúnan, “un punto de encontro para os socios coma min que estivemos máis de 25 anos traballando, porque é un xeito de abrir este colectivo a todos os asociados e facelos sentir membros dun gremio moi importante nesta cidade”. Da homenaxe dos compañeiros só ten palabras de agradecemento “porque a pesar dos momentos duros, aquí fixen moitos amigos, aínda que cando tiven que dicir as cousas díxenas”. Dentro da humildade que caracteriza a este home tallado a si mesmo, podemos destacar a frase coa que se despide “eu non teño mérito ningún pero se vos credes que merezo isto, pois adiante”. É de xustiza facelo. 23


CompH!ostelería

2

coruña hostelera

quiénes somos

cuanto nos costaría? QUEREMOS ABRIR UN LOCAL DE HOSTELERÍA, LA PREGUNTA ES LA SIGUIENTE:

¿NOS RECOMIENDA UNA GESTORÍA? A mesa dos finalistas e premiados con Soledad

Estimado futuro hostelero. El coste de nuestros servicios depende un Felloza, membro do xurado poco de la categoría en la que se encuadre su negocio. Pero para que se haga una idea, le comento que nosotros por ponerle en marcha el negocio, es decir, alta en hacienda, alta en turismo, alta en autónomos, trámites para la licencia de apertura, etc, pagaría una inscripción de 57,00 y la cuota de socio.

Mesa do Grupo Los Robles

En el caso de ser un café bar, LA CUOTA SERÍA DE 19 EUROS. Si además usted quiere que le llevemos la contabilidad y la gestión a nivel laboral de sus empleados le cobraríamos aproximadamente 9 EUROS POR TRABAJADOR y en el caso de la contabilidad 23,40

Jelu Hostelería, Cash Record, Almacenes Moure, Bodegas

euros (siempre dependiendo de los ingresos trimestrales). En cuanto Marqués de Vizhoja e Gadisa a la pregunta que nos hace si le aconsejamos una gestoría la respuesta es sencilla; las gestorías funcionan igual que nosotros (salvo los precios que tienen normalmente unas tarifas más elevadas), pero sin duda usted estaría mucho más seguro con nuestro servicio porque nosotros nos dedicamos exclusivamente al sector de la hostelería, en el que somos expertos y las gestorías se dedican a varios sectores a la vez. Le haremos los manuales de prevención y appcc a unos precios realmente competitivos, por poner un ejemplo el manual de APPCC fuera de nuestra asociación tiene un coste de unos trescientos euros, nosotros se lo haremos por 35 euros. Además nuestra asociación no sólo le reportará ese tipo de beneficios, podrá beneficiarse de convenios firmados con empresas que garantizan ahorro en el coste de la luz (Fenosa), ahorro en el gas (Repsol), descuentos en pólizas de seguros, pólizas médicas,Mesa etc. da prensa e bloggers No podemos olvidarnos de la formación, damos todo tipogastronómicos de cursos adaptados a nuestra empresas, como manipular, servicios, etc., gratuitos y privados. Tendrá en nosotros un valor seguro, le apoyaremos en su negocio, le ayudaremos ante la administración y usted se sentirá miembro de una asociación en la que contribuirá a que tengamos más fuerza.

Restaurante El Bocalino

Restaurante Mera e Guillermo Fernández, de Estrella Galicia

Restaurante San Martiño

www.tagformacion.es 1983 2013

24


inverno 2012

a fon d o

Hotel Marinovo e Rte. Casa Román

Restaurante e Pensión Barbantes

Café Bar Ébano, Rte. A Revolta, Café Bar O Sótano, Café Bar As Camelias e Café Bar Abrigadoiro

Cafetería Paradiso

Restaurante Orella

Restaurante Stop

unha festa sen vieiras non é festa

Congelados José Bermúdez Praza de Abastos • Santiago de Compostela • T. 981 583 115 • www.josebermudez.es 25


CompH!ostelería

A F ONDO

Restaurante Trébol

Café Bar Maycar

Marcelino Couso, homenaxeado na festa, con Carlos Tardáguila, Manolo González e outros amigos

Restaurante Barbantes

26

Pensión Alfonso


inverno 2012

A. Las pequenas empresas se enfrentan a retos difĂ­ciles.

pu b l icidadE

B. Esta cuenta intenta poner las cosas fĂĄciles.

27


CompH!ostelería

Baile e orquestra

28

Rte. San Jaime, Rte. Los Caracoles, Rte. O Pote e Café Bar Don Pepe

Hotel San Lázaro, Pensión Casas Reais, Rte. San Martiño e Rte. O Taberneiro

Pub Makumba, Pensión Ferrol Ferreiro, Rte. Ferradura e Pensión Alfonso

Hotel Xallas, Rte. Stop, Mesón As Fontiñas, Rte. Trébol e Cafetería A Muralla


inverno 2012

a fon d o

Comisión de festas de Hostelería Compostela cos Presidentes de Restauración e Hospedaxe

Café Bar Varela, Hotel Nest Style e Rte. El Bocalino

Café Bar Negreira, Cafetería Airas Nunes, Rte. Mera e Rte. Orella

Café Bar La Cava de St. James, Cafetería Hekla, Pub Retablo, Pub Sónar, Pub Fonte Sequelo e Rte. Barazal

Hotel B-NOR, Rte. O Cadaval, Rte. Entrerrúas e Cafetería Paradiso 29


CompH!ostelería

Marcelino Couso, construíndo unha vida

Tralo seu paso pola emigración, en Venezuela, Marcelino fundou unha das marcas míticas da hostalería de Compostela, Maycar, que é o resultado de fundir o seu nome co da súa muller, Carmen. Couso tamén foi promotor dalgúns edificios importantes na cidade e fixo reformas no casco histórico. Medalla de bronce de Galicia, entre outras distincións, sempre tivo unha gran sensibilidade coa emigración. Foi un dos fundadores de Hostelería Compostela e acaba de recibir a homenaxe dos seus compañeiros na Festa do Socio e Santa Marta 2012.

M

arcelino Couso Crisman naceu nos Ánxeles (Brión) o 2 de agosto de 1926. É o maior de oito irmáns e provén dunha familia de canteiros. Viúvo dende o ano 94, comezou traballando na construción, primeiro da man do seu pai, para logo marchar a Venezuela, de onde volvería ao cabo de oito anos, comezando algún tempo despois os seus negocios como promotor e constructor e tamén a súa relación coa hostalería compostelá, trala inauguración das empresas do grupo Maycar.

seis bolívares prestados no peto e con

“Baixei do barco o 28, cunha maleta, con seis bolívares prestados no peto e con nada máis, nin traballo asegurado tiña”

lembra. “Ese día durmín nunha pensión e o día seguinte levanteime cun papel no que había escrita unha dirección dun restaurante dun de Brión que se viñera aquí antes e que me dixo cando entrei pola porta: ¡Hombre!, Marcelino huevón,

O 16 de febreiro de 1954, no buque Castelbianco, Marcelino deixa a súa Galicia natal e emprende viaxe a Venezuela. “Baixei do barco o 28, cunha maleta, con

Entrega da Medalla de Bronce de Galicia de mans do expresidente da Xunta, Manuel Fraga 30

nada máis, nin traballo asegurado tiña”,

¿qué haces tu por aquí? , e alí comecei a traballar, en diferentes oficios, e voltei despois de 8 anos a Galicia”, lembra Couso cun sorriso.


Texto: Aser Álvarez Imaxe: Javier Amosa

Á súa chegada, Marcelino dedicouse á construción, levantando diferentes edificios da cidade e facendo restauracións. No ano 1969 levantaría o Hotel Maycar, pero tres anos antes fixera a cafetaría e o club, este último un dos referentes do ocio nocturno da cidade. “Onde está agora o hotel non había nada, levantouse todo dende cero”. A súa filla Carmen leva agora os negocios familiares, pero os seus netos, Alicia e Suso, xa están máis apartados deste mundo. “É moi duro este traballo e a xente non quere seguir nel”, comenta.

a fon d o

En Hostelería Compostela entrou da man de Domínguez, do Hotel Universal, pouco despois da fundación do colectivo. Daqueles anos lembra “a humildade, o traballo e o pequeno que era todo e as grandes posibilidades do destino. Empecei en restauración, coa cafetería, e logo pasei a hospedaxe, cando abrín o hotel”, lembra Couso antes de conluír. “Para nós era importante estar unidos e ter unha Asociación potente e moi unida, porque cando hai consenso é cando se fan ben as cousas; ás veces un pensa dunha maneira e outro doutra pero cedendo conséguense as cousas e o sector faise respectar”. “Dende aquela, as cousas cambiaron moito, non había hoteis para acoller a tanto turista. Pero o destino foi madurando, o mesmo que a pranta hoteleira, que se foi modernizando e adaptando aos novos tempos”. Couso, que vivíu a época dourada do turismo en Compostela pero que xa está xubilado e dende hai uns anos, recoñece que agora é moito máis complicado polo aumento da oferta e o estancamento na demanda. Couso sempre gardou unha especial relación coa emigración. O seu avó xa emigrara a Cuba e lembra con agarimo as súas viaxes e a colaboración cos centros

“… cando hai consenso é cando se fan ben as cousas; ás veces un pensa dunha maneira e outro doutra pero cedendo conséguense as cousas e o sector faise respectar” galegos no exterior. Desta vocación conserva numerosos documentos e libros que, “agora que teño tempo e xa que fun construtor estoume dedicando a ordenalos ben”. Por esta actividade de mecenas e as numerosas doazóns que fixo recibíu diferentes recoñecementos, como a medalla de bronce de Galicia, “sempre fuxín destas cousas, e dos actos públicos, porque unha cousa é ter humildade e outra usala”. Antes de despedirnos, Marcelino Couso fai algunhas propostas para mellorar a nivel colectivo. Entre outras, facer unha promoción para que os asociados axuden a buscar novos socios e así seguir medrando, “e ofrecerlles descontos e vantaxes por facer un novo socio, se só un terzo fóra quen de conseguir isto, sería un grande logro”, conclúe Couso. 31


CompH!ostelería

Os homenaxeados na festa, José Calvelo e Marcelino Couso

Baile posterior á cea

#santiagoquerefutsal Campaña

12/13

abonados

+INFO

• TLFNO: 981 11 50 38 • MAIL: prensa@autoslobellefs.com • www.autoslobellefs.com • Oficinas Multiusos Fontes do Sar

32

TARIFAS ESPECIAIS

MEMBROS ASOCIACIÓN

55€ adulto

275€ empresa* *5 carnés de adulto


inverno 2012

a fon d o

Mesa Presidencial trala gala da entrega de premios

Misa en Santa Marta

Momento do baile

Marcelino Couso e convidados

Aperitivo antes da cea

C/ Nogalte 9 28670 Villaviciosa de Odรณn- Madrid Tfno: 91 604 44 16 /Mรณvil: 648 02 37 99/ Fax: 91 6168622 www.mirasoluciones.es

33


p ub li ci dad E

GRAFICA_25X34.pdf

1

10/12/12

10:35

CompH!ostelería

Hay cosas que no deberíamos perder.

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

Hace años la familia Rivera elaboraba en Galicia una cerveza llamada “Especial Extra”, aunque todos la conocían como "La Colorada". Su singular capuchón color rojizo y su sabor la convirtieron en leyenda. Hoy esa legendaria receta vuelve para quedarse bajo el nombre de 1906 Red Vintage. Para siempre.

RED VINTAGE RECOMIENDA EL CONSUMO RESPONSABLE ALC. 8 % VOL.

34


inverno 2012

o socio opina

Compostela é hostalería e Santiago(é)tapas Hostelería Compostela celebrou por primeira vez a Festa do Socio e de Santa Marta coincidindo coa gala de entrega de premios do Santiago(é)Tapas, o evento gastronómico de cociña en miniatura máis importante de Galicia e que este ano foi organizado polo colectivo empresarial. Máis de 400 socios reuníronse na capela do Hostal dos Reis Católicos, o establecemento máis senlleiro e representativo do carácter hospitalario de Santiago de Compostela e da calidade da súa hostalería.

1. Que lle pareceu a Festa do Socio 2012 no Hostal dos Reis Católicos? 2. Algo que se poida mellorar?

Carmen Mahía

Mercedes García

Vera Paredes

O comedor non me gusta moito por estar separados uns dos outros. Preferiría todo unido porque hoxe hai problemas de visibilidade, así que considero que era preferible un espazo todo unido para a que xente se puidera ver e estar máis en contacto uns cos outros.

A festa deste ano é unha marabilla, estame gustando moitísimo, e penso que o lugar escollido é precioso. Polo de agora vexo todo estupendo e pouca cousa que se poida mellorar. Ao acabar o baile xa poderei ter unha perspectiva do que foi toda a noite, pero de momento moi ben.

A festa aquí no Hostal dos Reis Católicos paréceme realmente espectacular. Todo moi ben. A gala foi moi fermosa e hai pouca cousa que mellorar, en tal caso a acústica porque non en todos os recunchos deste espazo se escoitaba do mesmo xeito. Do resto, todo estupendo.

Café Bar Varela

Restaurante Trébol

Hotel Xallas

35


CompH!ostelería

36

Lino Fernández

Marcial Román

José Parajó

Café Bar Coruña

Restaurante Casa Román

Adega Abrigadoiro

Paréceme moi ben que fagamos a festa no Hostal, ademais quédame aquí ao carón da casa. É a primeira vez que vimos e a partir de agora non vou fallar ningún ano. Agardemos que siga así, aínda que con intervencións máis breves e discursos máis curtos.

É un sitio emblemático de Santiago e paréceme moi ben que a festa fose aquí porque facía moitos anos que non se celebraba no Hostal. Quizais se podería mellorar o tema da axilidade e o dinamismo na entrega dos premios e nos discursos, pero en xeral estivo moi ben.

A Festa do Socio e de Santa Marta no Hostal dos Reis Católicos está moi ben, gústame moito o lugar elixido. A gala tamén estivo fantástica. Polo momento estanos a desfrutar moito e despois xa veremos que dá de sí a noite, pero o ambiente polo de agora é fenomenal.

Pablo Guitián

Asunción Castro

Emilia González

AC Palacio del Carmen

O Cadaval

Restaurante Barbantes

Un escenario espectacular, a comida, coma sempre, moi boa e o servizo estupendo. E o mellor de todo é a gran cantidade de xente que asistiu. Para mellorar, quizais a hora, creo que debería empezar a festa un pouco antes para comezar a cear tamén antes, pero moi ben todo.

A festa estivo moi ben e a gala foi estupenda. A comida estaba de verdade moi rica e o servizo moi bo. Pode que a gala tivera que durar un pouco menos para que a xente non tivera que agardar tanto tempo e a noite puidera ter sido máis dinámica e áxil.

Moi ben todo, dende o principio ata o final, cunha boa orquestra para bailar e unha pista de baile moi agradable. Gustoume moito a idea de facer a festa aquí, aínda que tamén é certo que os discursos poderían ter durado un pouco menos. Pero, en xeral, a festa estivo moi ben.


inverno 2012

o socio opina

Cesáreo Lorenzo

Marisol Leis

Oscar Fontán

Restaurante El Olivo

Café Bar Leis

Puerta del Camino

A festa está moi ben organizada, e a gala penso que pode ser fantástica neste escenario tan fermoso. Aínda me queda por ver todo para poder darvos a miña opinión da noite en xeral, pero de momento vexo todo moi ben organizado, moita xente e todo nun lugar fermoso.

Ben, a festa estivo moi ben, a verdade é que para min estivo todo perfecto e non teño nada que dicir para mellorar porque a festa estivo realmente estupenda, hai moita xente, o marco é incomparable e o ambiente, moi agradable e acolledor.

O marco é incomparable para Santiago. O Hostal dos Reis Católicos é a insignia da hostalería en Santiago e como primeiro ano que veño vexo que hai moita afluencia. Se tivera algo que mellorar, pois as intervencións debían durar algo menos e a gala podería ser máis áxil.

Celia Manuela Caamaño

Rafael Areoso

Jesús Ares

Fonte Sequelo

O Retablo

Grupo Mas Costas

A festa está a ser moi agradable pero si é certo que, ao ser tantos, hai moita distancia entre as mesas das zonas máis apartadas. E coido que as mesas deberían ser redondas para vernos todos. Tamén acurtaría o tema dos premios e dos discursos para que durara menos.

Como local paréceme o mellor, o que non me gusta é que haxa zonas do salón tan diferenciadas e distanciadas e que non estivera todo o mundo xunto nun mesmo espazo amplo. Porque nós non vemos a moita xente que esta aquí e eles tampouco nos ven a nós.

A festa foi divertida e vexo moita harmonía entre todo o sector. Estivo todo ben servido e atendido e eu repetirei para o ano. O bonito desto é a convivencia durante horas do sector, eu había xente que estudara con ela e non vía dende fai dez anos. 37


CompH!ostelería

A o p i ni ó n d e …

Miguel Vila,

presidente do xurado da V edición do Santiago(é)Tapas Este ano parece que houbo un salto importante na calidade das tapas do concurso, percibiuse dende o xurado? Sen ningunha dúbida. Penso que das cinco edicións do concurso esta foi a que acadou un maior nivel de calidade nas propostas presentadas. Houbo un grupo grande de establecementos que colocaron as súas tapas nos niveis máis elevados de todas as propostas presentadas, pero tamén é moi importante destacar que o nivel medio medrou moito respecto de edicións anteriores. Que se podería mellorar no concurso en próximas edicións do evento? O concurso mellora cada ano e ao facelo tamén melloran as tapas e os locais participantes. Creo que é moi importante que teñan en conta o que busca o cliente: tomar unha bebida e una tapa e facelo cómodo e sen ter que agardar máis da conta. Hai que reflexionar sobre o que é unha tapa, que non é unha ración nin o prato dun menú. Debemos pensar que en

ANÚNCIATE CON NÓS comunicacion@santiagohosteleria.org

Se queres alugar, vender, ofrecer ou demandar algún ben ou servizo, e eres socio de Hostelería Compostela, este espazo está á túa disposición.

38

moitos casos o cliente está diante dunha barra, polo que non se lle pode facer agardar máis da conta. E hai que pensar no que cada un sabe facer ben e nas condicións físicas da cociña e o local onde o vai facer. Tendo en conta eses condicionantes, creo que o éxito está asegurado. Que lle aporta un concurso como o Santiago(é)Tapas á cidade? Visibilidade e prestixio, sen ningunha dúbida. Do Santiago(é)Tapas fálase máis que de calquera outro dos moitos concursos de tapas que se celebran en Galicia, aínda que algúns son máis antigos que o de Santiago. Por outra parte, o concurso anima e dinamiza a cidade durante os días en que se desenvolve e resulta un aliciente para visitar locais que non se coñecen ou non se frecuentan. Nos últimos anos Santiago converteuse nunha referencia gastronómica en Galicia, e o concurso de tapas é dun dos elementos que contribuíron a acadar ese logro, que agora non só hai que manter senón incrementar.


inverno 2012

socios de toda a v ida

De pensión Moure a hotel Moure

Pensión Rúa do Villar

A evolución da cidade e da hotelería singular

Hospitalidade no corazón da cidade vella

O

E

Moure é hoxe un dos hoteis máis modernos e vangardistas da cidade e un claro exemplo de adaptación aos novos tempos, dende que no ano 72 a familia Liñares colle o que daquela era unha antiga pensión de estudantes. Santiago foi mudando e cando a cidade foi cambiando tamén a oferta de hospedaxe deste establecemento, primeiro cunha simbiose curiosa entre estudantes e peregrinos e logo xa cunha clara aposta polo turismo internacional e de calidade cun modelo de hotelería singular. A segunda xeración da familia Liñares xa abre o Costa Vella, un hotel con encanto, no Xacobeo do 99, rehabilitando unha vella casona cunha fermosa terraza axardinada. Despois veu o Altaïr, prestixioso hotel boutique, e finalmente o Moure, un hotel de tendencia que ocupa o que era a antiga pensión. O obxectivo co que nacen este establecementos, e cuxa filosofía seguen a manter, é ofrecer un valor engadido ao aloxamento nunha cidade Patrimonio da Humanidade e meta dos Camiños de Santiago.

ncadrado en pleno corazón da zona monumental de Santiago, a escasos metros da Catedral, está o hostal Rúa do Villar. Este local de hospedaxe, aberto no Xacobeo do 99, ao abeiro da tranformación da cidade e do seu sector hostaleiro, que pasou de estar enfocado ao estudante a centrarse no turismo, é socio de Hostelería Compostela dende a súa inauguración. A singularidade deste hostal radica principalmente na súa localización privilexiada, xa que é un establecemento con habitacións grandes que teñen vistas tanto á rúa do Vilar coma á praza de Fonseca. Pero outro dos seus sinais de identidade é precisamente o que fai de Santiago unha cidade única: a hospitalidade e o carácter acolledor do persoal. É aquí onde reside o segredo do éxito deste establecemento despois de tantos anos de actividade e de tantos centos de peregrinos e viaxeiros que pasaron polos seus cuartos. A súa localización privilexiada e o seu trato persoal fan del un hostal clásico de referencia en Santiago.

Porta da Pena, 17 • Santiago de Compostela Teléfono: 981 56 95 30

Rúa do Vilar, 12 • Santiago de Compostela Teléfono: 981 57 99 27

39


CompH!ostelería

A Taberna da Feira Comida tracional e de calidade nun local moderno e vangardista O

presitixioso grupo de restauración Los Robles comeza unha nova andaina profesional cunha aposta pola cociña tradicional nun atractivo e acolledor local chamado A Taberna da Feira. Este local é un espazo totalmente renovado pero que está moi vencellado coa orixe desta importante e senlleira empresa do sector da restauración de Compostela e Comarca. O nome do local tamén nos remite aos anos oitenta, cando Salgueiriños acollía a importante feira de gando de Santiago e neste local podemos ver unha gran foto que nos traslada a aqueles tempos. Cunha decoración moderna e rompedora, os propietarios de Los Robles conseguen crear un ambiente informal e familiar no que poder degustar pratos de toda a vida a uns prezos moi asequibles. Na Taberna da Feira están especializados en carnes á brasa, parrilladas e chuletóns, aínda que tamén se poden degustar unhas económicas tapas e racións, ou tomar un viño da súa excelente vinoteca. O local posúe unha terraza cuberta para fumadores e un amplo e confortable comedor, e ademais todos pratos da carta pódense pedir para levar. Salgueiriños, 24 - Santiago de Compostela Teléfono: 981 93 84 00 40


inverno 2012

n ova s a pertu r as

La Bodeguilla de Santa Marta Un novo membro da famila de La Bodeguilla coa marca da casa e moitas novidades U

n novo membro fai medrar a gran familia de La Bodeguilla, un grupo empresarial de recoñecida traxectoria no sector da restauración en Compostela, que xa é unha marca de calidade no produto e de bo trato e servizo excelente. Estamos a falar desa nova criatura que é La Bodeguilla de Santa Marta, un local moderno e agradable, que en poucos meses xa é toda unha referencia para os que queren probar unha das mellores ofertas gastronómicas e máis singulares de Santiago, sempre coa marca da casa pero que supón un paso adiante na evolución do concepto Bodeguilla. Comida de tapeo e creativa na que destacan, sobre todo, as súas carnes, que son de vacas, becerros e bois criados de xeito natural, con pasto e forraxe e sen penso, seguindo os criterios da gandería biodinámica, respectuosos cos animais, co medio e cos consumidores. Os peixes de tempada tamén ocupan un lugar destacado na carta. Unha das innovacións na cociña son as galeguesas e as croquetas de polbo, que están a ter unha gran demanda entre a clientela. A luminosidade e o estilo moderno na decoración achegan amplitude a un local que pretende ser un lugar de referencia no bo comer. Avda. da Liberdade, 11 - Santiago de Compostela Teléfono: 981 81 35 20 41


CompH!ostelería

2953 Pensión Parrillada Che

Cimadevila, 11 Castrofeito-O Pino

Teléfono: 981 511 142 / 981 511 378 http://www.parrilladache.es/

Un entorno ideal e tranquilo

A pensión Parrillada Che, situada no concello do Pino, é lugar de aloxamento tanto para peregrinos como para persoas de paso, dada a súa situación próxima ao aeroporto de Lavacolla. O establecemento atópase nun entorno tranquilo e ideal para o descanso. Ademais conta con habitacións exteriores totalmente equipadas con baño privado, televisión e calefacción e cunha terraza na cal os clientes poden relaxarse. Todo isto complétase cuns prezos económicos.

2954 Pulpería El Estanco

Hórreo, 26 Santiago de Compostela

Teléfono :881 99 87 93

Polbo da ría á feira

A pulpería El Estanco, nace hai ano e medio coa intención de ofrecer no centro de Santiago os pratos típicos que se comían nas feiras de Galicia. Polbo á feira, carne ao Caldeiro, richada e bacallau á galega nun ambiente típico de pulpería. O polbo das rías galegas cócese tódolos días pola mañá e pola tarde. A carne provén da zona rural do municipio de Santiago. En El Estanco, dispoñen dun comedor con capacidade para 70 persoas e outro para grupos de 25 persoas.

2956 Pensión Compás

Avda. de Lugo, 47 Arca-O Pino

Teléfono: 981 51 13 09 http://www.pensioncompas.com/

Ambiente tranquilo e sosegado

A pensión Compás atópase en pleno Camiño Francés. O establecemento conta con habitacións dobres e individuais todas elas con baño. Na súa terraza pódese desfrutar de bebidas nun ambiente tranquilo e sosegado. Ademais conta cunha zona axardinada para o esparexemento. No seu restaurante poderemos probar todo tipo de menús variados, pratos combinados, racións e bocadillos. Conta con internet wifi, ordenadores e zona de aparcadoiro.

Santiago de Chile, 18 - Bajo Santiago de Compostela 42

Fax 981 599 285


inverno 2012

n ov os socio s

2957 Pensión Bule-Bic

Avda. de Lugo, 18 Arca-O Pino

Teléfono: 981 51 12 22

Un edificio moderno para o confort do viaxeiro

Ubicado na ruta peregrina do Camiño Francés na aldea de Pedrouzo-Arca atópase o complexo Bule-Bic. Un lugar de descanso despois da longa travesía. As instalacións son novas e modernas con habitacións para unha, dúas ou tres persoas. O edificio ademais conta con ascensor, calefacción, tv, wifi e un servizo de restaurante. A zona atópase ben equipada, con farmacia, supermercados e todo tipo de tendas para o confort e boa estadía do peregrino.

2958 Cafetería Hekla

Santiago de Chile, 26 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 59 05 16

Almorzos e pratos no centro da cidade

Nunha das rúas máis céntricas e transitadas de Compostela atópase a cafetaría Hekla. Dende primeira hora da mañá poderemos desfrutar dos almorzos variados que nos ofrecen. Para a hora da comida e tamén para a cea en Hekla teñen todo tipo de pratos dende prato do día a prezo económico a pratos combinados e especialidades propias de cada unha das estacións do ano. Todo acompañado dun trato amable e próximo.

2959 Café-Bar La Flor

Casas Reais, 25 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 55 63 44 http://www.quedamosenlaflor.com

Aire desenfado e bohemio

Esta cafetaría dende hai dous anos tomou un matiz renovador de aire desenfadado e bohemio. Entre as súas especialidades destacan, pola mañá, as torradas de pan artesanal que serven de base para a selección de cafés e infusións da súa carta. Para comer ou cear a oferta vai dende as tostas a pratos que inclúen ensaladas de flores, pastas recheas, tempuras e as xa tradicionais hamburguesas. Xa pola noite pódense gozar de cócteles e combinados.

Grupo R de Salud Laboral, S. L.

Alberto García Varela Pasadizo de pernas, 4-6 3º izq. 15005 A CORUÑA Teléfono 981 15 42 12 Móbil 619 28 78 14

43


44

Hostelería Compostela ofrece os datos de ocupación hoteleira.

Os presidentes de Hostelería Compostela ca concelleira de Emprego, Paula Prado, presentando os cursos para desempregados que se desenvolven no Centro de Formación e Cultura Gastronómica

Cata “Wine Up Tour” na Bodeguilla de San Lázaro

Cata de bodegas Ercavio no Curro da Parra


AS n ova s do se cto r

Xuntas directivas de Hostelería Compostela

Obradoiro de “Cociña en Miniatura” nas instalacións do Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela

Hostelería Compostela e o Santiago Futsal presentan o “Futsal Plan”, que inclue descontos en vinte restaurantes para os afeccionados

Santiago(é)Noite e os hoteis da cidade súmanse o Santiago(é) Tapas con promocións especiais

Santiago(é)Noite entrega á concelleira de Benestar Social, Paula Prado, o cheque do recadado para a “Operación Cueiro”

O Hostal Suso acolle a presentación do número 157 de Comphostelería

45


p ub li ci dad E

46

CompH!ostelerĂ­a


inverno 2012

AS n ova s do se cto r

Somos noticia 12 e 13 de outubro

Tapas. El Correo Gallego e La Voz

A hostelería compostelá respira cos datos de ocupación da ponte do Pilar. EL Correo Gallego,

13 e 14 de novembro

La Voz de Galicia, Europapress, El Economista, Expansión, Santiago TV, Correo TV, TVG, Radio Galega, Cadena Ser e Radio Obradoiro.

17 e 18 de outubro Santiago(é)Noite ofrecerá cócteles durante o Santiago(é) Tapas. El Correo Gallego, La Voz de

Galicia, Correo TV, TVG, Santiago TV , Radio Galega e Radio Voz.

de Galicia.

Hostelería Compostela da a coñecer os datos de ocupación do mes de outubro. El Correo

Gallego, La Voz de Galicia, ABC, El País, Expansión, Europa Press, TVG, TVE, CorreoTV, Santiago TV, Radio Galega, Onda Cero, Cadena Ser, Cope, RNE, Radio Obradoiro , Radio Voz.

24 de novembro

El Correo Gallego e La Voz de Galicia.

Hostelería Compostela dará a coñecer os gañadores do Santiago(é)Tapas durante a súa Festa do Socio. El Correo Gallego e

23, 24, 25, 26 e 27 de outubro

25 de novembro

20 de outubro Presentación do número 157 de Comphostelería no Hostal Suso.

Hostelería Compostela da un impulso ao Camiño Inglés cun Press Trip. El Correo Gallego, La Voz de Galicia, TVE, TVG , ABC Radio e Radio Galega.

31 de outubro Hostelería Compostela promociona a Gastronomía do Camiño Inglés. El Correo Gallego e

La Voz de Galicia.

27 de outubro – 11 de novembro Santiago(é)Tapas, especiais, entrevistas e reportaxes. El

Correo Gallego, La Voz de Galicia, ABC, Faro de Vigo, Europa Press, gastronomiaycia.com, bares autneticos.com, turismodegalicia. com, santiagoportaldetuciudad. com, labuenapitanza.com, capitulocero.com, mundohr. com, santiagoturismo.com, restaurantesgallegos.com, TVG, TVE, Correo TV, Santiago TV, Radio Galega, Onda Cero, Cadena Ser, Cope, RNE, ABC Radio, Radio Obradoiro e Radio Voz.

11 de novembro Último día para desfrutar do Santiago(é)Tapas. El Correo Gallego e La Voz de Galicia.

11 e 12 de novembro Santiago(é)Noite entrega o recadado cos seus cócteles e combinados para a operación Cueiro. La Voz de Galicia, El Correo

La Voz de Galicia.

José Calvelo e Marcelino Couso homenaxeados por Hostelería Compostela. El Correo Gallego.

27 de novembro Prácticas en hoteis e restaurantes para os estudantes de Hostelería. El

Correo Gallego.

Hostelería busca unha alianza con Sá Carneiro para captar visitantes. El Correo Gallego.

Xunta Directiva de Restauración no Santiago(é)Tapas 2012

28 de novembro Hostelería Compostela e Santiago Futsal plasman a súa colaboración co “Futsal Plan”.

La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Correo TV, TVG, Cadena Ser e Radio Voz.

Especial gran festa da hostalería compostelana. El Correo Gallego e La Voz de Galicia.

29 de novembro Hostelería Compostela celebra Santa Marta 2012 e da o coñecer os gañadores do Santiago(é) Tapas. El Correo Gallego, La Voz de Galicia, ABC, Correo TV, TVG, Radio Obradoiro, Cope e Onda Cero.

3 de decembro Especial rendibilidade dos hoteis en Compostela. Expansión.

Gallego, TVG, RG e Europapress.

4, 5, 6 e 8 de decembro

12 de novembro

Previsións de ocupación para a ponte de decembro. La Voz

A directiva de Hostelería Compostela fai un percorrido para despedir o Santiago(é)

Sinatura dun convenio de colaboración entre Asisa e Hostelería Compostela

de Galicia, El Correo Gallego, Eleconomista, Cuatro, Telecinco, TVG, RNE e RG.

Reunión do Foro de Directores de Hotel de Santiago e Comarca 47


p ub li ci dad E

48

CompH!ostelerĂ­a


inverno 2012

pu b l icidadE

49


p ub li ci dad E

50

CompH!ostelerĂ­a


inverno 2012

pu b l icidadE

A unión do sector é a nosa forza ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE HOSTELERÍA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E COMARCA

Asesoramento

Servizos

Asesoría Fiscal z Información detallada de Obrigas Fiscais e Renda z Tramitación CIF empresa. z Altas e baixas de empresas e variacións censais. z Declaracións trimestrais. z Presenza e asesoramento en inspeccións. z Libros de Rexistro de I.V.E. z Declaracións da Renda e Patrimonio

Comunicación

Turismo

z Revista CompH!ostelería e publicación especializadas.

z Confección de listas de prezos en varios idiomas (galego, inglés, francés e alemán). z Carteis obrigatorios. z Altas, baixas e cambios de titularidade. z Tramitación Libro de Inspección e Follas de Reclamacións. z Placas obrigatorias.

z Circulares informativas de interés para os socios. z Presenza en RRSS (Facebook, Twitter e Youtube). z Guía Oficial e planos de Santiago. z Foro de Directores de Hotel. z Estratexia corporativa e nos medios de comunicación para a defensa dos intereses do sector

Subvencións

z www.santiag ohosteleria.net

z Información, tramitación e presentación de subvencións para os asociados.

Asesoría Xurídica e Laboral z Asesoramento xeral e laboral ao asociado. z Defensa do asociado en materia xurídico-laboral. z Horario de consulta: luns, martes, mércores e xoves. z Formalización de contratos de traballo, nóminas e liquidacións z Altas, baixas de autónomos e cambios nas bases de cotización. z Altas e baixas por enfermidade. z Liquidacións trimestrais por retencións e indicación de bonificacións á Seguridade Social.

Concello z Tramitación de cambios de titularidade de licenzas de apertura. z Solicitude de autorización ou modificación de ocupación de vía pública (terrazas). z Xestiónes para solucionar problemas de aperturas, recursos, baixas,...

Sanidade z Certificado de Manipulador de Alimentos. z Documentación personalizada e asesoramento. z Guía de Prácticas Correctas de Hixiene en Hostelería.

Formación z Formación continua e de reciclaxe. z Formación ocupacional. z Xornadas gastronómicas. z Catas e degustacións. z Concursos de baristas, de tapas e de libros de receitas.

Convenios de colaboración AHC CEPSA e a Confederación Española de Hoteles y Alojamientos Turísticos (CEHAT), da que formamos parte como colectivo, asinaron un convenio de colaboración para aplicar descontos no gasóleo.

Acordo de colaboración entre a AHC e a Fundación Compostela Deporte, polo que nos comprometemos a apoiar o deporte de base

Repsol Gas ofrece vantaxes aos membros da AHC. Os socios poden aforrar ata un 45% no consumo.

Asinamos un convenio con Global Iuris, un estudio legal especializado en dereito de empresas, cun departamento de dereito industrial e intelectual (marcas, deseños, dereitos de autor, defensa fronte a entidades de xestión coma a SGAE) ofrece condicións beneficiosas para os asociados.

A CEHAT e a Federación Española de Hostelería, FEHR, das que forma parte a AHC, negocian a redución das comisións no cobro con tarxetas de crédito.

Convenio entre Cehosga e Bluesens Corporation, co obxectivo de proporcionar vantaxes aos membros de AHC para dotárense de novas tecnoloxías.

Acordo coa SGAE con bonificacións de ata un 15% de desconto nas taxas.

Asinamos un convenio de colaboración con Gas Natural Fenosa polo que os nosos asociados poderán gozar de vantaxes como asesoramento enerxético persoalizado, que permitirá que aforren nas súas facturas.

Polo convenio asinado con esta entidade, os socios de AHC poderán acceder a servizos como a Servicuenta, Comercio ou o Recibo Único.

NOVOS CONVENIOS

Tarifas especiais en seguros obrigatorios en determinadas actividades do sector de Hostelería e Turismo.

Empresa de software que grazas ao convenio con Hostelería Compostela ofrece importantes descontos aos asociados en programas informáticos de empresas de hospedaxe e restauración.

Convenio con esta empresa especializada na certificación de prevención de riscos laborais para establecementos a precisan.

Plataforma de comercialización e xestión de reservas en restaurantes que ofrece condicións vantaxosas aos socios de Hostelería Compostela.

Convenio polo que a entidade bancaria ofrece vantaxes aos nosos asociados.

Prezos especiais para a Asociación de Hostelería en seguridade industrial e inspeccións iniciales e periódicas de baixa tensión, alta tensión e elevadores.

Compromiso da AHC para contratar a persoas con dificultades de inserción.

Grazas á sinatura deste convenio de colaboración, os socios de Hostelería Compostela poden desfrutar de vantaxes e prezos especiais na súa póliza sanitaria privada.

Convenio de colaboración entre Gadisa Distribución e a AHC.

51



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.