160

Page 1

Número 160 | Primavera 2013 | Prezo 5 €

Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca

Santiago paixón


Visitas a: Colección permanente Palacio de Gelmírez Pórtico de la Gloria Cubiertas de la Catedral Excavaciones arqueológicas Visitas especiales para grupos y asociaciones. Información y reservas: www.catedraldesantiago.es 902 557 812


director Aser Álvarez textos Redacción CompH!ostelería, Adrián Pájaro, Xosé Manuel Santos, Pedro Sestayo, Bimba Boa, Mónica Novas, Lois Codias, Alfredo Castromao e Aser Álvarez Fotografía Iván Nespereira, Javier Amosa, Suso Xogaina, Concello de Santiago, Cidade da Cultura de Galicia, Turgalicia, Xacobeo e Concello de Muros deseño, fotomecánica e impresión Tórculo Artes Gráficas, S. A.

Vía Edison, 33-35. Polígono do Tambre (Santiago de Compostela) Teléfono: 902 905 024

ISSN: 217 3-545X Depósito legal: C. 3.544-2010 Esta publicación conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

“O erotismo é algo que a cultura lle engade ao sexo, do mesmo xeito que a gastronomía é algo que a cultura lle engade á nutrición.” José Luis Sampedro

04 A fondo Santiago é paixón

04

11 Paseos por Compostela Parque de Bonaval: Escultura, música y arquitectura

12 Na barra con... Elías Torres: Compostela vista dende a lusofonía

14 A escapada

12

Muros y Noia, el mar de Compostela

18 Os Camiños de Santiago Fisterra-Muxía: El Camino que nos lleva al fin del mundo

20 Na mesa con... Nava Castro: A Catedral e os Camiños de Santiago son o máis coñecido de Galicia a nivel internacional

20

23 O socio opina Como aproveitar os activos turísticos da cidade de Santiago?

26 Opinión e blogstronomía 28 Novas aperturas Café Bar A Magdalena e Café Bar Pastoriza

44

29 Socios de toda a vida Cafetería Restaurante Ladonus e Camping As Candelas

30 Novos socios 32 Axenda cultural 34 As novas do sector

46

41 Crítica e cata 43 Historia da Hostelería As tabernas e as peñas de Compostela

44 Toda unha vida Leonardo García: Historia viva da hostelería

46 Na cociña de... Don Quijote: De Santa Comba a Santiago por París e Sidney

48 Na cama con... Jesús Ares: Todos somos turismo

48

santiago é paixón (polo turismo)

Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 | Fax: 981 598099 informacion@santiagohosteleria.org | comunicacion@santiagohosteleria.org www.santiagohosteleria.com | www.santiagohosteleria.net Facebook: comphostaleria e hosteleria compostela Twitter: #comphosteleria | Youtube: comphosteleria

A

mala situación que está a atravesar o turismo en Santiago e Galicia non se debe só á crise, a recesión e o mal tempo. Un país coma o noso, con activos turísticos de valor incalculabe, non pode nin debe desaproveitar a enorme oportunidade que o sector representa para a súa reactivación económica. A incerteza obríganos a ser imaxinativos, valentes e innovadodores para aumentar o peso do turismo internacional en Galicia, co que se incrementará tamén o gasto e a estadía medias, ampliando tamén a tempada. Pero para iso hai que crer no que temos e facelo con razón e paixón, recoñecendo que non todos os territorios de Galicia son iguais en termos de turismo, nin teñen o mesmo atractivo, potencial de reclamo, estrutura empresarial turística e oferta complementaria. Que os hoteis de Compostela, os mellores valorados de España polos clientes, estiveran a media ocupación durante a pasada Semana Santa confirma a tendencia moi negativa do turismo nacional, a pesar de que Hostelería Compostela, lonxe de conformarse, creou un novo evento gastronómico para tratar de dinamizar o turismo interno, Santiago Paixón. Que o número de peregrinos siga a aumentar de xeito imparable nos últimos meses, a pesar da escasa promoción internacional que se está a facer dos Camiños de Santiago, é a demostración de que o que o único que funciona é precisamente aquilo que nos converte nun destino turístico alternativo ideal para os mercados emisores maduros de Europa, América e Asia. A pesar do insuficiente aproveitamento da proxección exterior de Santiago como destino turístico internacional e símbolo de Galicia no mundo, case a metade dos clientes que o ano pasado estiveron aloxados nos hoteis da cidade eran estranxeiros, mesmo superando aos nacionais en maio, xuño e setembro. Imaxinemos o que podería acontecer se souberamos aproveitar todo este potencial para dinamizar o turismo e a economía de Galicia, sabendo que actualmente en España só están a traballar ben as zonas que apostan polo turismo internacional de xeito decidido e intelixente. A caída continuada da demanda pola excesiva dependencia do turismo nacional tradúcese nun descenso da rendibilidade hoteleira e do emprego. Non só Santiago, que é a cidade galega co maior grao de especialización turística, se está a ver moi afectada, cunha baixada do 7% no emprego deste sector o ano pasado, senón que o resto de Galicia tamén vai polo mesmo camiño. Non valen as vellas receitas nin os modelos de sempre para atallar este problema estrutural no que tanto o sector privado coma as administracións temos que ser conscientes da gravidade da situación para colabo rar de xeito responsable e maduro e aproveitar a enorme oportunidade que o turismo supón para Galicia, crendo con paixón nas nosas posibilidades. Conscientes desta situación e dos retos que temos diente, hai case catro anos creamos o Clúster de Restauración, Hospedaxe e Turismo de Galicia, no que estamos a traballar con outros clusters galegos (termal, alimentario, audiovisual, loxística, etc.) e con todos os empresarios dos subsectores interesados en traballar para conseguir internacionalizar o sector turístico galego, xerar novos produtos e abrir novos mercados, grazas ao enorme potencial dos Camiños de Santiago, que atravesan case 120 concellos de Galicia, e da gastronomía atlántica, unha das máis singulares de Europa. Por iso temos que ser máis imaxinativos, valentes e innovadores ca nunca, para evitar cometer os mesmos erros do pasado (atomización e personalismos) e para non reproducir nestas novas estruturas os vellos modelos de sempre (pechados e ríxidos) que tan pouco fixeron avanzar a nivel colectivo ao sector empresarial turístico, que agora debe abrir unha nova etapa, traballando de xeito coordinado e ointelixente coas diferentes administracións. 03


Santiago paixón C

ando os cociñeiros compiten por ser os mellores, o resultado adoita ser a excelencia. Durante a pasada Semana Santa, case vinte restaurantes ofreceron menús temáticos dentro do programa gastronómico Santiago Pasión 2013. Este evento, organizado por Hostelería Compostela coa colaboración de Turismo de Santiago, ofreceu a turistas, visitantes e composteláns, a oportunidade de degustar o mellor da cociña de coresma e de mosteiro. O peixe, o marisco e os produtos de tempada foron os ingredientes estrela na meirande parte das creacións. Os menús, de prezo único de 18 euros, contaban con dous primeiros prato, dous segundos e dous postres, a escoller, ademais de café e auga. Pasando

04

polas oficinas de Turismo de Santiago os clientes que degustaron estes menús recibiron un lote de publicacións gastronómicas sobre a cidade. Nos días que durou o Santiago Pasión 2013, do 22 ao 31 de marzo, pasaron polas oficinas de Turismo de Santiago máis de 70 clientes a recoller o seu lote de libros. Pero iso foi só unha pequena parte dos que desfrutaron destas creacións porque a páxina web recibíu 1.500 visitas, algúns restaurantes chegaron a servir másis de 200 menús, e os principais medios de comunicación galegos e mesmo nacionais seguiron este evento gastronómico, que empeza con bo pé, uníndose ao Santiago(é)Tapas como unha das citas gastronómicas da cidade, promovidas e organizadas por Hostelería Compostela.


TEXTO: Aser Álvarez

IMAXE: Iván Nespereira

a Fon d o

Presentación dos menús do santiago Paixón 2013 no centro de Formación e cultura Gastronómica de Hostelería compostela 05


Restaurante calderón

Restaurante el cayado

1º Plato Láminas de pulpo y berberechos o Sopa de calabaza

1º Plato Potaje de vigilia con bacalao o Vieira al horno

2º Plato Bacalao con coliflor y guisantes o Medallón de jurel ahumado

2º Plato Lubina a la espalda con grelos o Merluza a la gallega con guisantes y tomates

Postre Filloas a la naranja o Helado de maracuyá

Postre Torrijas o Natillas caseras

Café, agua y pan

Restaurante o celme do caracol

Café, agua y pan

Restaurante la codorniz

1º Plato Crema de calabaza con pipas y cebolla frita o Revuelto de espinacas, picatostes y ajada

1º Plato Pulpo o Langostinos a la plancha 2º Plato Merluza a la gallega o Bacalao a la plancha

2º Plato Ensalada templada de nueces, calabacín y langostinos o Bacalao con crema de garbanzos y patatas

Postre Tiramisú o Tarta de Santiago

Postre Flan de queso con teja o Helado de arroz con leche y canela

Café, agua y pan

Café, agua y pan

Restaurante a charca

Restaurante o afiador

1º Plato Salpicón de marisco o Empanada de zamburiñas y setas

1º Plato Caldo Gallego o Croquetas de la casa

2º Plato Bacalao con tomate o Espinacas de la casa

2º Plato Bacalao de Vigilia al horno o Arroz con zamburiñas y langostinos

Postre Flan de queso o Arroz con leche

Postre Tiramisú casero o Arroz con leche con helado de galleta

Café, agua y pan

Café, agua y pan

Un novedoso catálogo

que abre nuevos horizontes en decoración inteligente para hostelería e interiorismo Recomendado para: · · · · · ·

Póngase en contacto con nosotros llamándonos al 902 90 50 24, o enviándonos un correo electrónico, y le haremos llegar el catálogo sin ningún compromiso. 06

Bares y cafeterías Hoteles y hostales Restaurantes y mesones Casas rurales Pubs y discotecas Complejos turísticos

www.torculo.com comunicacion@torculo.com


Restaurante rey 1º Plato Sopa de marisco o Empanada 2º Plato Cordero al horno o Merluza a la plancha Postre Tarta de Santiago o Melón Café, agua y pan

Restaurante Balboa 1º Plato Revuelto de setas o Ensalada de vieiras con langostinos 2º Plato Lomos de merluza a la marinera o Lubina en salsa de almendras Postre Mouse de queso con frutas del bosque o Queso de tetilla con membrillo

Café, agua y pan

Restaurante los caracoles 1º Plato Combinado de marisco o Pimientos del piquillo rellenos de marisco 2º Plato Bacalao a la gallega o Lubina a la plancha Postres Caseros a elegir Café, agua y pan

Hotel ac Palacio del carmen Para comeNZar... Potaje de garbanzos con espinacas y almendras o Empanada gallega de sardinillas Para coNtiNuar... Bacalao con cebolla confitada, manzanas y pasas o Dados de atún salteados con brocheta de pimientos verdes sobre cama de patatas como dulce FiNal... Torrijas al orujo con brocheta de fruta y helado o Huevo de Pascua relleno de ganache de caramelo y espuma de mango BodeGa… Agua y café

Restaurante san Francisco 1º Plato Ensalada de templada de queso gallego, manzana caramelizada y mantilla de frutos secos o Risotto de langostinos con espinacas y peineta de parmesano 2º Plato Planqueta de ternera gallega al estilo del convento o Lomos de bacalao fresco con salsa de pimientos rojos y patatas panadera Postre Puños de San Francisco y crema de pasión o Mus de frutos con celosía de chocolate Café, agua y pan

Hotel Husa santiago apóstol 1º Plato Vieiras especiales Santiago Apóstol o Sartén de revuelto de vigilia 2º Plato Arroz negro de bacalao con crema de alioli o Salmón estilo “Botafumeiro” Postre Torrija de café con leche y helado de chocolate o Tarta de Santiago con daditos de Semana Santa Café, agua y pan

Restaurante taberna Pecaditos 1º Plato

Garbanzos de vigilia con pulpito tierno o Tostas de jamón ibérico con nuestros mejores tomates de la huerta

2º Plato

Tacos de merluza con patatitas crocantes y pimientos de Padrón o Solomillo de cerdo ibérico con salsa de pimienta verde y patatitas al horno

Postre

Sorbete de limón al cava y vodka o Coulan de chocolate y helado de vainilla

Café, agua y pan

Restaurante crecotte 1º Plato Huevos fritos caseros con pisto manchego o Buñuelos de rape 2º Plato Arroz negro con Sepia o Langostinos en salsa de erizo Postre

Tatín de compota casera de manzana y helado de vainilla o Crepe de crema pastelera, chocolate y nata.

Café, agua y pan

Restaurante el Bocalino 1º Plato Ensalada de bacalao y champiñones o Sopa de almendras tostadas y rape 2º Plato Salmón con berros al eneldo o Linguine con frutos del mar Postre Crema de ángel con helado de frutos del bosque o Bizcocho del fraile y crema de membrillo Café, consumición de la casa y pan

Restaurante Góndola 1º Plato Sopa de pescado y marisco o Langostinos al ajillo 2º Plato Lubina a la brasa o Bacalao a la gallega Postre Pastel de manzana o Tarta de queso fría Café o infusiones, agua o vino tinto o blanco y pan

07


a F o n do

Hostelería Compostela, en turexpo

P

or Turexpo pasaron 10.000 visitantes, houbo 4.500 reunións de traballo e 250 expositores e na súa bolsa de contratación participaron 70 turoperadores de 22 países como Alemaña, Arxentina, Austria, México, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, República de Corea, Romania, Suecia e Uruguai. Alí estivo Hostelería Compostela. Estamos a falar dunha feira moi interesante e importante para o sector empresarial, polos perfís dos profesionais que nos visitan, pero é unha mágoa que non sexamos quen de aproveitar mellor esta oportunidade única. Non semella Silleda un bo sitio para facer este evento cando temos moitos espazos singulares e con encanto que poderían axudar a proxectar unha imaxe mellor de Galicia, coma é o caso da Cidade da Cultura de Galicia, o Pazo de Congresos ou calquera outro lugar máis pensado para os homes que para o gando.

08


1-2

3

5

4

6

Bajrapani Biswas Khatian Air Travels (India)

1

Santiago é moi famosa entre a comunidade india, os cristiáns representan unha gran parte dos habitantes. Nós oiramos algo sobre o Camiño de Santiago, creo que despois do Vaticano é o segundo centro de peregrinación para a cristiandade, pero non criamos que o produto tivese tanto potencial. Verdadeiramente a cidade ten cousas moi interesantes que ofrecernos. O potencial é incrible, so se coñece unha pequena parte do que é Santiago. Hai marxe porque no ano 2011 España recibiu 47.000 indios, ca poboación que temos esta cifra pode multiplicarse en pouco tempo.

Souvik Banerje Cámara de Comercio da India

2

Nós temos un interese enorme en levar este produto á India. Un dos temas máis importantes é ter o compromiso das autoridades. Por exemplo é necesario que se fagan roadshows polas rúas para promover o turismo polas cidades máis importantes da India. No noso país organízanse feiras importantísimas de turismo. O que queremos é que Santiago e Galicia vaian aló con recursos propios,

7

porque por moito que nós vendamos necesitamos as caras do propio país para facer promoción.

Kimberly Lopez Isramworld (USA)

3

Penso que Santiago é preciosa e espiritual. Eu creo que vender Santiago é doado, xa que é un turismo para xente diferente, xente maior, xente relixiosa e xente nova aventureira. Teño lido bastante e sabía a historia do Camiño pero o potencial de Compsotela paréceme extraordinario. Pero fai falla moito máis esforzo para promover o turismo de Santiago no meu país, no que aínda este é un gran descoñecido. Por iso vimos a Turexpo para poder achegarnos un pouco máis.

Toru Nishiyama Nishiyama Travellers (Xapón)

4

Santiago é moi importante para o mercado xaponés. Tanto o Camiño como esta preciosa cidade teñen un grande atractivo. Hai un grande potencial de crecemento se este produto se sabe vender e así poder atraer a turistas de alto nivel a Galicia grazas ao extraordinario potencial de Santiago e do Camiño como un activo turístico diferencial único no mundo.

Ricardo Darriba Grupo Insua (Costa da Morte)

5

Nós vimos a Turexpo a promocionar a Costa da Morte. O valor paisaxítico e gastronómico desta zona que é un lugar case virxe. Para nós temas como o Camiño Fisterra Muxía son fundamentais para acadra máis turistas. Para o turismo internacional este recuncho de Galicia segue sendo un gran descoñecido.

Ana María Villamayor Presidenta Mar de Compostela (Turismo Rural)

6

O noso obxetivo en Turexpo e dar a coñecer as potencialidade do turismo rural na zona de Deza-Tabeirós. A natureza, o río, a pesca esta zona ten un grande número de posibilidades de hospedaxe e de gastronomía así como de actividades complementarias para paquetizar arredor do destino Santiago.

Ana Patricia Rodríguez CIFP Paseo das Pontes

7

A nosa estancia en Turexpo ten como obxectivo informar e difundir sobre a Formación Profesional no mundo da hostelería. Certamente non pasou moita xente hoxe pola feira pero esperemos que na fin de semana mellore e que poidan informarse sobre esta oferta formativa.

La forma más económica, directa y eficaz de llegar a sus clientes. ¡¡Descuentos especiales

a los 25 primeros Asociados!! 09


a F o n do

Hostelería compostela e a Fundación catedral colaboran para dinamizar o turismo Os dous colectivos están a traballar nun convenio para dotarse dun marco estable para a cooperación e desenvolvemento de accións conxuntas

M

embros das Xuntas directivas de Hostelería compostela e do Foro de directores de Hotel de santiago e comarca participaron recentemente no programa de visitas guiadas á catedral de santiago para coñecer de primeira man este novo sistema e promocionar as visitas entre os clientes dos establecementos de hospedaxe e retauración. Pero máis aló desta acción puntual, Hostelería compostela e a Fundación catedral, que comparten intereses comúns, fins, obxectivos e mesmo a súa pertenza ao clúster de restauración, Hospedaxe e turismo de Galicia e ao Foro cívico empresarial, queren abrir unha nova etapa para traballar

10

conxuntamente na dinamización do turismo e na optimización dos recursos e dos activos que posúe a cidade. Neste sentido, cómpre dicir que os dous colectivos están a redactar un convenio de colaboración para dotarse dun marco estable para desenvolver proxectos conxuntos cunha estratexia de cooperación constante. dentro desta liña de actuación podemos incluir a iniciativa da Homenaxe de santiago de compostela ao Peregrino, polo que todos os venres, na misa das 19:30 horas, se vai poñer en funcionamento o botafumeiro, grazas á colaboración de Hostelería compostela, cámara de comercio, concello e consorcio, coa Fundación catedral de santiago.


pa r Qu e de b on ava l

pa seos por compostela

Escultura, música y arquitectura El Centro Galego de Arte Contemporánea y el Museo do Pobo Galego dialogan en este espacio donde la arquitectura tradicional de San Domingos de Bonaval convive con el estilo vanguardista de Álvaro Siza. Ambos edificios y el parque público que ocupa el terreno de la antigua huerta y cementerio del convento son una visita obligada para el que quiera conocer el Santiago más verde.

E

l parque de Bonaval es un ejemplo de afortunado diálogo entre arquitectura clásica y contemporánea. El arquitecto Álvaro Siza y la paisajista Isabel Aguirre fueron los encargados de dirigir el proyecto de recuperación de la zona. El espacio se encuentra al lado de dos de los museos más importantes de la ciudad: el Centro Galego de Arte Contemporánea, obra del arquitecto portugués, y el Museo do Pobo Galego, en el edificio del convento de San Domingos de Bonaval. El parque actual ocupa el espacio de la antigua huerta y cementerio del convento y supo-

ne una perfecta combinación entre la ondulación y los desniveles del terreno y la linealidad de los senderos y caminos que se entrecruzan. El paseo por esta zona verde nos ofrece vistas inéditas de la ciudad monumental. Con los tejados, las torres de la catedral y el convento de Santa Clara, la perspectiva de la almendra histórica con la que nos sorprende Bonaval, el parque donde se respira la paz eterna de un antiguo cementerio romántico, te sorprenderá. El agua es un componente fundamental en este espacio. El gorgoteo de sus estanques, regatos y fuentes está presente en toda la visita al parque, ya

que en la robleda se encuentran algunos tesoros relacionados con la cultura del agua, como una antigua mina y los restos de un lavadero. En la zona superior se puede visitar la Puerta de la Música, una escultura de 17 toneladas del escultor vasco Eduardo Chillida. La obra se concibió para que la fuerza del viento, proyectada sobre los tres elementos que conforman la pieza, produjese un peculiar sonido. Durante la instalación, Chillida manifestó que el espíritu de la pieza “pretende ser un sincero y emotivo saludo al Apóstol Santiago y además reflejar lo mejor posible la relación existente entre

la escultura, la música y la arquitectura”. La música es uno de los elementos esenciales de este parque, la música del viento, del auga y el rumor de la ciudad. Pero en Bonaval también se celebran conciertos y eventos culturales de todo tipo, por su excepcional acústica y por la magia que envuelve al entorno. El Centro Galego de Arte Contemporánea y el Museo do Pobo Galego, complementan este espacio público, con proyectos expositivos siempre muy interesantes que nos hablan de lo mejor de la Galicia de ayer, de hoy y de mañana.

más info y rutas guiadas por el santiago más verde en www.santiagodecompostela.org

11


elias torres, FilÓloGo e director do ProXecto GalaBra

Compostela vista dende a lusofonía E

lías Torres (Tui, 1964) é o director do proxecto de investigación Galabra, no que Hostelería Compostela colabora coa USC, e un dos maiores expertos no mundo lusófono e nas imaxes que de nós teñen neses países. Na súa longa traxectoria investigadora recompilou información sobre o noso xeito de ser e de estar no mundo e sobre as imaxes e ideas que xeramos na xente dos países de fala portuguesa que nos visita. Influído polo seu agarimo e paixón por Compostela e por Galicia, traballa para descubrir as percepcións que da nosa cidade teñen máis aló das nosas fronteiras. “Un dos elementos cos que traballamos foi o discurso do escritor Paulo Coelho, de grande influencia en países como Brasil e unha das personaxes máis citadas polos turistas de fala portuguesa que recibimos”. Para este filólogo, Coelho non deixa de ser un escritor o Proxecto Galabra O proxecto Galabra xurde co obxectivo de estudar a transferencia de coñecemento en asuntos ligados ao funcionamento da literatura e a cultura, con atención especial nas 12

esotérico e os seu libros manuais de autoaxuda. Ademais comenta que “na súa obra sobre o Camiño, Santiago apenas ten valor e ocupa menos do 3% do libro, a vertente mística da ruta xacobea é unha sombra moi grande para Compostela, que desaparece por baixo dela”, conclúe.

cia de 14 millóns de espectadores en USA. Neste episodio cóntanos, “coméntense tres crimes no Camiño relacionados con exorcismos e fálase dunha igrexa afastada que se chama Santiago e cada vez todo é máis esotérico, que esta pasando?”, pregúntase.

A equipa de Torres tamén investiga sobre a banalización que está a sufrir a cidade, reducida ao seu carácter místico, o que fai que perda valor a súa identidade cultural. Para ilustrar esta problemática pon o exemplo da zona vella de Santiago. “Os turistas que entrevistamos son incapaces de nomear un restaurante de Santiago, o casco está cheo de tendas de souvenirs, o que máis se venden son as bruxas, pero non a meiga tradicional galega, senón a bruxa de Haloween.” Outra proba é o capitulo número de 43 da serie televisiva Criminal Minds (Mentes Criminales), que ten unha audien-

Esta visión pode mudarse, pero como? “A imaxe que teñen de nós fabricámola nós mesmos, non existe unha idea estereotipada.” Recoñece a importancia da Catedral na promoción turística de Compostela pois “é o que se coñece, pero se só se reduce a cidade a iso a xente estará dúas horas e marchará, é o que lle pasa a Pisa na que a xente fai a foto ca torre e vaise.” A visión rigorosa, multidisciplinar e innovadora deste tipo de investigacións permite extraer datos de interese á hora de reinventarnos como destino cultural e deseñar estratexias de comercialización e promoción de Santiago de Compostela.

comunidades de lingua portuguesa. No ano 2008 a secretaría de Turismo encoméndalles a análise das motivacións que teñen tanto os brasileiros coma os portugueses para acudir a Galicia. No equipo dirixido por Elías Torres traballan

16 investigadores do mundo da economía, filoloxía, antropoloxía e socioloxía. O estudo prevé unhas 2.000 entrevistas de 15 minutos de duración, o que permitirá coñecer o comportamento dos turistas e a visión a súa chegada e a súa partido.


TEXTO: Adrián Pájaro e Aser Álvarez IMAXE: Javier Amosa

n a b a rra con…

> Unha palabra para definir Santiago:

“A forza, o potencial” > Mesa ou barra:

“Eu son máis de mesa” > Un recuncho da cidade:

“Váleme o que conecte a zona vella ca zona nova, Porta Faxeira, o Campus, e sentimentalmente o entorno da rúa Nova e da Igrexa de Salomé.” > Un lugar para comer:

“O Mesón de Lázaro” > Un lugar para durmir:

“Eu faría un triangulo entre o Airas Nunes, o Altair e a Tafona do Peregrino.”

13


14


http://www.muros.es/ http://www.noia.es/

a esca pada

Muros y Noia, el mar de Compostela A sólo veinte minutos de Santiago, por autovía y sin peajes, la ría de Muros y Noia es el mar de Compostela, una visita obligada para los que quieran conocer una de las zonas costeras de mayor belleza y potencial gastronómico de Galicia.

L

as localidades de Muros y Noia son consideradas la costa de Compostela por su cercanía a la capital. El trayecto por carretera corto, rápido y agradable. La ría, que recibe el nombre de estas dos localidades marineras, es un espectáculo paisajístico y está salpicada de numerosas playas. Muros y Noia además ofrecen una gran oferta de hospedaje y restauración. Los hoteles y pensiones de la zona tienen el encanto hospitalario del aroma del mar y del trato de las gentes. La cercanía y atención personalizada que se dispensa en estos establecimientos son sus puntos fuertes. Los locales de restauración disponen de gran variedad de productos: desde mariscos y pescados, seleccionados a prime-

unha festa sen vieiras non é festa

Congelados José Bermúdez Praza de Abastos • Santiago de Compostela • T. 981 583 115 • www.josebermudez.es 15


ra hora en la lonja, a bocadillos, raciones y hamburguesas. Además en los bares es común que se ofrezca con la consumición una tapa, por lo que la parada es más que recomendable a cualquier hora. El atractivo de estas dos villas y alrededores no se limita sólo a la gastronomía y su oferta de alojamiento. Perderse por las calles de Muros significa pasear por la Rúa Real y la Pescadería Vella en un conjunto histórico de gran belleza y singularidad. En Noia, su casco histórico destaca por su riqueza cultural, buena prueba de ello son las iglesias de San Martiño y Santa María, pero también

están las villas de Porto do Son, Portosín y la imprescindible visita al Castro de Baroña. Mención aparte merece monte Louro, en Muros, lugar de leyenda que marca el límite con la Costa da Morte. Desde tiempo inmemorial ha sido el faro tanto de marineros como de las gentes del lugar. Cuando los primeros miraban este saliente desde sus barcos parecía que el monte Louro emergía desde las mismísimas profundidades del océano Atlántico. Los lugareños y su sabiduría popular hablan de ciudades encantadas y de inexpugnables cuevas ocultas que añaden encanto a esta zona.

comer , b e b e r, dO r m ir

Café Bar Mesón Encontros

Restaurante Ancoradoiro

Hotel Rústico Punta Uia

Hotel Park Ría Noia

Doctor Novo Campelo, 23 15250 Muros - 981762026

Ancoradoiro, s/n - Louro 15250 Muros - 981878896

Lg. Uia s/n Esteiro 15250 Muros - 981855055

Restaurante O Castelo

Restaurante A Esmorga

Río do Porto, 25 - Barro 15200 Noia - 981823729

Rosalía de Castro, 1 15250 Muros - 981826374

Rúa do Cabo, 50 15250 Muros - 981826528

Restaurante Enxebre Playa

Café Bar Marisquería

Espadanal, s/n - Louro 15250 Muros - 981826018

Praza Américas, s/n 15200 Noia - 981821249

Restaurante Muiño

Café Bar Cacheiro

Obre, 7 15200 Noia - 981820900

Ribeira de Maio - Esteiro 15250 Muros - 981763885

Ousoño 15200 Noia - 981820475

Restaurante Albores

Pensión Sahorta

Café Bar Colegio Jaime Balmes

San Francisco, 16 - Louro 15291 Muros - 981826969

Devesa do Marqués, 16 15210 Noia - 981820214

Hotel A Muradana

Café Bar Especial Joe Bar

Avda. Castelao, 99 15250 Muros - 981826885

Mazacañamos, s/n 15200 Noia - 981824680

Pensión J. Lago

Hotel Elisardo

Rúa Saudo 15250 Muros - 981827550/03

Ferrador, 12 - 1º 15200 Noia - 981820130

Pensión A Vianda

Hotel Singapore

Avda. Castelao, 47 15250 Muros - 981826322

Boa 15200 Noia - 981823736

Café Bar O Pouso Av. de Castelao, 121 15250 Muros - 981827853

Café Bar Rios Rúa do Muelle - Freixo, s/n 15230 Muros - 981765120

Cafetería Mac Burguer Av. de Castelao, 127 15250 Muros - 981827418

Pensión Pérez San Francisco - Louro 15250 Muros - 981762131

Restaurante Don Bodegón Porta da Vila, s/n 15250 Muros - 981827802

Restaurante Porto Carral Louro - Ancoradoiro 15250 Muros - 981826579

16

Hotel Noia Rúa Curros Enríquez, s/n 15200 Noia - 981823458

Pensión Costiña

Escultor Ferreiro, 7 15200 Noia - 981820152

Restaurante O Peto Rúa Castelao, 1 15200 Noia - 981820785

Restaurante A Chainza Catro Camiños, 2 15200 Noia - 981824159

Hotel Tío Manolo Outonil, 1 15200 Noia - 981822850



cami n o s d e s a n t ia go

F is t erra e mu xía

El Camino que nos lleva al fin del mundo Fisterra y Muxía atraen cada día a más peregrinos que buscan descubrir la verdadera esencia y los orígenes remotos de la única ruta jacobea que se inicia en Santiago de Compostela

M

18

orir para renacer. El Camino de Santiago no termina en Compostela. El peregrino debe continuar hacia Fisterra y Muxía desde la ciudad del Apóstol, que es el origen de esta ruta jacobea que termina en el lugar donde los romanos establecieron el final del mundo. Este camino nos llevará a la Galicia de los acantilados, de las rocas esculpidas por la fuerza del mar, a los santuarios mágicos, a los dólmenes y a los paisajes graníticos. Es la Galicia más agreste y mítica. Lugar de leyendas y naufragios, desembarcos piratas, cónclaves druídicos y cultos precristianos.

Ponte Maceira sobre el río Tambre. En el segundo día ya se percibe un cambio en el paisaje. Nos estamos acercando a la costa y el fin de etapa se encuentra en la pequeña aldea de Olveiroa, donde podremos descansar como reyes. En la tercera jornada, después de caminar varios días por interior, aparece el mar impregnando los pulmones del peregrino mientras se oye el rumor del Atlántico rompiendo en la costa de Cee. El cuarto día comienza caminando por playas de fina arena hasta la villa de Fisterra. Desde su imponente cabo contemplaremos la vista del océano en un acto de purificación del cuerpo y del alma.

A nuestras espaldas se queda la Catedral. Decimos adios a Compostela mientras iniciamos nuestro primer día de trayecto hasta Negreira. En el viaje pasaremos por

Los últimos dos días nos encaminamos hacia Muxía, aunque también puede hacerse la ruta a la inversa. En este tramo tendremos siempre el mar como compa-

ñía, finalizando con la visita al Santuario de A Nosa Señora da Barca y la Pedra de Abalar, con un ritual que marca el final del trayecto. Muxía y Fisterra son dos de las villas costeras más espectaculares de Galicia, y su Camino conjuga lo mejor del interior y de la costa. Además de una experiencia intensa y única podremos disfrutar de lo mejor de la gastronomía gallega condensada en toda esta ruta. Carnes, pescados y mariscos en establecimientos auténticos. El alojamiento en las numerosas casas rurales, hoteles y pensiones permite descansar y relajarse en esta ruta que nos lleva al fin del mundo. Después de hacerla nadie vuelve a ser el mismo que era antes de iniciarla. El Camino os espera.


c omer, b e b e r Y do r m ir e n e l c a m in o a Fisterra Y mu xía

Hotel RestauranteApartamentos Tamara**

Avda de Santiago, s/n - 981885201 www.hotel-tamara.com - info@ hotel-tamara.com

Restaurante Casa Barqueiro Avda. de Santiago, 13 - 981818234 casabarqueiro@hotmail.com

Albergue San José

Rúa Castelao, 20 - 881976934 www.alberguesanjose.es info@alberguesanjose.es

Albergue El Carmen

Calle del Carmen, 2, 1º - 981881652 www.alberguenegreira.com reservas@alberguenegreira.com

Cervecería Triskel

Rúa de Castelao, 17 - baixo

Café-Bar Fontana

info@alberguemoreira.es

Albergue Finistellae

Casa de Turismo Rural Casa de Trillo

Restaurante Angueira

Manuel Lago Pais, 7 - 637821296 www.finistellae.com reservas@finistellae.com

Santa Mariña, 1 - 981727778 /607794818 www.casadetrillo.cominfo@casadetrillo.com

Hotel Rústico Prado da Viña**

Lg. Estimán, s/n - 659734321 www.casacurina.com maricarmencasacurina@hotmail.es

Campo do Sacramento, 3 - 981746427 Facebook Restaurante Angueira marta.canosa@yahoo.es

Hotel Restaurante Larry** Madalena, 8 - 981746441 www.hotellarry.com - info@hotellarry.com

Albergue Rúa da Fonte Rúa de Arriba, 36 - 981746663/699242711 www.albergueacasadafonte.blogspot.com guzmanroget@gmail.com

Hotel La Marina* Avda. Fernando Blanco, 26 - 981747381 www.hotellamarina.com info@hotellamarina.com

Albergue O Camiño das Estrelas

Camino Barcia - 981740326 www.hotelrusticopradodaviña.com hotelruralpradodaviña@gmail.com

Pensión Rivas Alcalde Fernández, 53 - 981740027 www.hostalrivas.com info@hostalrivas.com

Restaurante Fin do Camiño Avda. Federico Ávila, 5 981712014 / 619529343

Restaurante Marisquería Alara

Albergue O Rueiro

Avda. Finisterre, 82 - 981747575 www.hotelinsua.com - info@grupoinsua.com

Paseo do Porto, s/n - 981 740452 www.centolo.com contacto@centolo.com

Pensión Rústica Casa da Balea***

Restaurante Marisquería O Tearrón

Pensión Restaurante Bar Casa Loncho**

Olveiroa, s/n - 981741673 www.casaloncho.com casaloncho@gmail.com

Pensión Restaurante As Pías***

Rúa RafaelJuan, 44 981746645 / 655130485 www.casadabalea.com - info@ casadabalea.com

Calafigueira, 1 - 981740112 tearronfisterra@gmail.com

Hotel Restaurante Praia de Quenxe *

Lires, 98 - 99 981748393 / 696029810 www.turismoruralcasajesus.com info@turismoruralcasajesus.com

Urbanización Praia de Quenxe, 43 981706457 / 627382467 www.praiadequenxe.comlayadequenxe@gmail.com

Casa Turismo Rural Casa Jesús - Bungalows Cabanas de Lires

Pensión Café Bar As Eiras Lires, 82 - 981748180 / 662261818 www.ruralaseiras.com reservas.aseiras@hotmail.es

Olveiroa s/n - 981741520 www.aspias.net - correo@aspias.net

Hotel As Hortensias*

Albergue O Logoso

Pensión Playa de Estorde***

Albergue O Bordón

Carretera de Finisterre, s/n 981745585

Queiroso - Nemiña - 981748946 www.casafontequeiroso.com correo@casafontequeiroso.com

Hotel de Playa Alén do Mar***

Pensión Rústica Casa Castiñeira**

Logoso, s/n - 981727602/659505399 Camiño Chans-Brens - 655903932 albergueobordon@gmail.com

Albergue Moreira

Rosalía de Castro, 75 - 620891547

Quenxe, s/n - 981747584

Calcova, s/n - 981740745 /657206797 www.hotelalendomar.com info@hotelalendomar.com

Monteguite, 85 - 981729813 www.casadelema.es - info@casadelema.com

Hotel con Encanto A de Loló*

Albergue Bela Muxía

Hotel Insua***

Santa Mariña - 981852881 alberguecasapepa@yahoo.es www.alberguecasapepa.es

Pensión Rústica Casa de Lema***

Restaurante Marisquería O Centolo

Café Bar O Sótano

Albergue Casa Pepa

Santa Mariña, 1 - 981727778 / 607794818 www.casadetrillo.com info@casadetrillo.com

Rúa Virxe da Barca, 37 981742422 / 650196201 www.hoteladelolo.com info@hoteladelolo.com

AvdaFinisterre, 78 - 981747575 www.hotelinsua.com - info@grupoinsua.com

Vilaserío, 28 - 981893570/659568139 www.restaurantealbergueorueiro.com albergueorueiro@gmail.com

Casa de Turismo Rural Casa de Trillo

Paseo da Ribeira, 1 - 981712154 www.alarafisterra.com alara@alarafisterra.com

Rúa de Corzán, s/n - 981886195 Rúa Castelao, 10 - 981885158

Casa de Turismo Rural A Curiña

Hotel Rural Fontequeiroso*

Aldea de Buiturón - 981748263 www.casacastiñeira.es info@casacastiñeira.es

Rúa Encarnación, 30 981742041 / 687798222 www.belamuxia.com albergue@belamuxia.com

Pensión La Cruz*** Avda. López de Avente 44 - 981742084 www.hostallacruz.es

Pensión Restaurante Pedra d’Abalar A Marina, 35 - 981742063 www.pedradabalar.es abitativamixia@yahoo.es

Restaurante O Coral A Marina, 23 - 981742501/606766150 info@restauranteocoral.com

Hotel Rural Fontequeiroso* Queiroso, Nemiña - 981748946 www.casafontequeiroso.com correo@casafontequeiroso.com

Pensión Rústica Casa Castiñeira** Aldea de Buiturón - 981748263 www.casacastiñeira.es info@casacastiñeira.es

Bodeguilla O Picoteo Real, 30 - 981742449 19


Na mesa con Nava Castro, Secretaria Xeral de Turismo

A Catedral e os Camiños de Santiago son o máis coñecido de Galicia a nivel internacional Esta muller discreta e teimuda ponse á fronte da administración turística da Xunta nun momento marcado pola crise e os recurtes, pero inicia esta nova etapa nun sector con enorme potencial e que aínda está moi por debaixo das dúas posibilidades. Da súa capacidade para aproveitar os mellores activos que temos e reorientar as políticas de promoción e comercialización turística, co obxectivo de internacionalizar o sector, depende o futuro do turismo de Galicia.

A

A puntualidade non debe ser o seu forte, pois chega media hora tarde á nosa cita no Boteco, pero Nava Castro (Ponteareas, 1969) é desas persoas que gañan na distancia curta. É agradable no trato, sabe escoitar e posúe moita experiencia acumulada dende os seus inicios na política local, en Ponteareas, concello do que foi alcaldesa durante case catro intensos anos, até o seu paso efémero polo Congreso como deputada,

20

antes de ser fichada por Núñez Feijoo, na anterior lexislatura, como directora xeral de Comercio, un sector aínda máis atomizado e dividido que o turismo, se cabe. A traxectoria política desta filóloga que ía para xornalista, casada e con dous fillos, tivo moito que ver co seu recente nomeamento, pero debeu pesar máis aínda o seu talante aberto cando Núñez Feijoo e Rafael Louzán pensaron nela para dirixir a administración turística da Xunta, nunha

época especialmente complicada. Finalmente, a filla do ex alcalde de Ponteareas, a sexta de dez irmáns, asumíu o cargo de secretaria xeral de Turismo “orgullosa”. Como aperitivo, mentres pedimos algo para compartir, confésanos o seu peor defecto, “son moi terca”, confesa. “Durante os veráns traballaba nunha axencia de viaxes para poder irme de escapada por Europa. Acabei a carreira e fixen tres masters relacionados con desen-


TEXTO: Aser Álvarez

IMAXE: Iván Nespereira

n a mesa con…

no boteco de pousadas de compostela:

“Son máis de peixe que de carne e máis de viño que de cervexa. Prefiro o viño branco, o albariño, aínda que se fan tintos moi bos en Galicia.” “Valle Inclán é o meu autor favorito dende que soñaba con ser xornalista e escribir a miña primeira novela nunha vella máquina de escribir.” “Son de pouco comer e prefiro a barra que a mesa, pero non me gustan as comidas de traballo e coido que son improdutivas.”

volvemento local, comunitario e pemes”, comenta mentres lle entramos xa a unha tortilla e uns xurelos e degusta un viño das Rías Baixas, que Castro pedíu a tiro fixo. Ana Gómez, a súa xefa de gabinete, que tamén está no PP de Pontevedra e traballou con Louzán na Deputación, complementa as súas achegas, “porque Nava es muy humilde y discreta”. “O turismo ten un potencial enorme para reactivar a economía de Galicia. A oportunidade máis puntual agora é a volta ciclista a España, que sae das Rías Baixas e pasa por toda Galicia, polo que esas imaxes van ser unha promoción extraordinaria, o mesmo que o centanario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago, que pode ser un bo motor do turismo se traballamos de xeito intelixente e coordinado entre todos,” asegura antes de anunciar que van sacar a concurso un plan director de turismo consensuado co sector privado.

“E temos que aproveitar o tren, mellorar a conectividade aérea e o turismo de cruceiros para tratar de incrementar o turismo internacional, tanto nos mercados emisores prioritarios coma nos emerxentes.” “Temos que reactivar o turismo internacional, por iso instamos ao sector empresarial a que se aglutine nun clúster, que é a mellor ferramenta para traballar nesta dirección. Claro que hai cousas que non estamos facendo ben, a nivel de portos e aeroportos, polos localismos, pero temos o de Turkish Airlines, por exemplo, unha compañía que vai conectar Lavacolla cun importante mercado emerxente”, comen-

ta mentres imos rematando as tapas e racións e o viño, antes de anunciarnos que “con Ryanair temos contrato até decembro e despois xa veremos, porque temos que analizar de onde e como chegan os turistas”. Para Castro a Catedral e os Camiños de Santiago son o máis coñecido fóra de Galicia, por iso deben ser o referente nesa estratexia de internacionalización, “e a partir daí podemos colocar o resto de activos pero temos un reclamo tan potente coma a Catedral, que non podemos desbotar. E temos que aproveitar o tren, mellorar a conectividade aérea e o turismo de cruceiros para tratar de incrementar o turismo internacional, tanto nos mercados emisores prioritarios coma nos emerxentes”, conclúe mentres petiscamos un variado de doces e nos despedimos falando da desexable visita do Papa e de convidar a Madonna para que veña a Compostela coñecer o botafumeiro.

21



o socio opina

Hostelería Compostela está a colaborar coa USC no proxecto Galabra para coruña hostelera quiénes somos tratar de aproveitar mellor os activos turísticos da cidade. Preguntamos aos socios queLOCAL podemos facer para mellorar ES a situación do sector. QUEREMOS ABRIR UN DE HOSTELERÍA, LA PREGUNTA LA SIGUIENTE:

2

cuanto nospromocionais costaría? Que medidas se ¿NOS RECOMIENDA UNA GESTORÍA?

poden levar a cabo para aumentar a estadía media e o gasto que os turistas fan en Santiago e Comarca? Estimado futuro hostelero. El coste de nuestros servicios depende un poco de la categoría en la que se encuadre su negocio. Pero para que se haga una idea, le comento que nosotros por ponerle en marcha el negocio, es decir, alta en hacienda, alta en turismo, alta en autónomos, trámites para la licencia de apertura, etc, pagaría una inscripción de 57,00 y la cuota de socio.

En el caso de ser un café bar, LA CUOTA SERÍA DE 19 EUROS. Si además usted quiere que le llevemos la contabilidad y la gestión a nivel laboral de sus empleados le cobraríamos aproximadamente 9 EUROS POR TRABAJADOR y en el caso de la contabilidad 23,40

euros (siempre dependiendo de los ingresos trimestrales). En cuanto a la pregunta que nos hace si le aconsejamos una gestoría la respuesta es sencilla; las gestorías funcionan igual que nosotros (salvo los precios que tienen normalmente unas tarifas más elevadas), pero sin duda usted estaría mucho más seguro con nuestro servicio porque nosotros nos dedicamos exclusivamente al sector de la hostelería, en el que somos expertos y las gestorías se dedican a varios sectores a la vez. Le haremos los manuales de prevención y appcc a unos precios realmente competitivos, por poner un ejemplo el manual de APPCC fuera de nuestra asociación tiene un coste de unos trescientos euros, nosotros se lo haremos por 35 euros. Además nuestra asociación no sólo le reportará ese tipo de beneficios, podrá beneficiarse de convenios firmados con empresas que garantizan ahorro en el coste de la luz (Fenosa), ahorro en el gas (Repsol), descuentos en pólizas de seguros, pólizas médicas, etc. No podemos olvidarnos de la formación, damos todo tipo de cursos adaptados a nuestra empresas, como manipular, servicios, etc., gratuitos y privados. Tendrá en nosotros un valor seguro, le apoyaremos en su negocio, le ayudaremos ante la administración y usted se sentirá miembro de una asociación en la que contribuirá a que tengamos más fuerza.

José luis Gayoso Casa Manolo

Francisco caamaño Raxoi

A promoción de Santiago dende que rematou o plan Xacobeo na época de Portomeñe foi desastrosa, non se soubo tratar o tema como era debido. A isto súmase a inoperancia en materia aeroportuaria, e o último golpe, que foi o de Air Berlín.

Aquí faltan eventos e feiras. En materia de promoción estamos nunha época en que Santiago estase deixando de lado e estanse promovendo outras cidades. Só con mirar as últimas festas do Apóstolo podemos darnos conta do grave problema no que estamos.

www.tagformacion.es 1983 2013

23


24

Francisco rodríguez Pensión da Estrela

José chorén Casas Reais

Juan rivadulla Hotel MV Algalia

O primeiro son os voos, pero tamén inflúe como nos está a tratar a Xunta desvalorizando o mercado e obrigándonos a usar o termo pensión en vez de hostal. Tamén é sangrante a falla de actividades para o turismo, Santiago é a Catedral, a Praza de Abastos e pouco máis.

Hai que incentivar á xente para que veña até Santiago. Unha boa iniciativa foi a de Compostela Destino Cinco Estrelas, coas visitas guiadas e nas que se regalaba un paraugas. Tamén é importante que exista unha colaboración íntima entre os hoteis e os restaurantes.

Habería que potenciar programas de visitas para todos os lugares de Galicia en paquetes pechados. Santiago é o centro do turismo en Galicia e debe actuar como base para os viaxeiros. Ademais tamén serían interesantes promocións de noites e oferta complementaria.

antonio riveiro Casa da Viña

Julio castro Hostal dos Reis Católicos

oscar Fontán Puerta del Camino

Hai que aumentar as conexións directas internacionais coas capitais europeas. Temos moito que ofrecer para ese público potencial, pero hai que facilitarlles as cousas para que poidan chegar até aquí, e o aeroporto de Lavacolla, que ten capacidade para iso e o destino tamén.

Hai que promocionar os activos turísticos diferenciais e traballar todos os axentes do eido empresarial coas administracións para ter unha oferta conxunta de destino. De interese é tamén a paquetización de atractivos da cidade coa oferta hoteleira e de restaurantes.

Fundamentalmente deberíamos pensar no destino Galicia con Santiago como principal atractivo. É dicir, se temos unha excursión ou algo complementario máis aló de Compostela vai a aumentar a estadía dos turistas na cidade e por extensión, aumenta tamén o gasto que fan.


La chispa de la hidrataciรณn


O experto opinan Xosé Manuel Santos, director do Centro de Estudos Turísticos da USC

O

turismo está a pasar por un momento moi delicado en Galicia de forma xeral e en Santiago e comarca de xeito moi particular. Niveis de ocupación baixos e negocios con pouco movemento derivan en peches parciais ou totais de establecementos así como en reducións de persoal e mesmo de perdas económicas para os empresarios. O problema é aínda maior se consideramos a forte dependencia da economía da cidade a respecto do turismo: se este sector vai mal os seus efectos arrastran tamén a outros que de maneira directa ou indirecta se alimentan do turismo. E o peor de todo é que a situación do actual exercicio acumúlase sobre a dos pasados anos e a luz ao final do túnel aínda non apareceu. A incerteza na que vivimos obriga máis que nunca a adoptar medidas imaxinativas e innovadoras. A excelente materia prima que temos en forma de patrimonio material e inmaterial xa non é suficiente para sermos competitivos aínda que continúa a ser unha sólida base para o éxito. A iniciativa pública e privada teñen que saber utilizar con intelixencia os escasos recursos económicos dispoñibles pero tamén os abundantes e excelentes recursos

humanos que combinan experiencia e formación. Ademais a colaboración en todos os sentidos, que sempre defendemos mesmo en períodos de prosperidade, é hoxe máis necesaria que nunca. Un par de exemplos ilustrativos. O recente acordo entre Santiago e os concellos do entorno para crear unha oferta conxunta representa unha iniciativa moi positiva malia que os esforzos orientados a prolongar a estadía talvez non sexan os máis apropiados. O comportamento dos mercados é cara a unha constante redución dos días de permanencia, fundamentalmente por motivos estruturais. A fidelización probablemente fose un enfoque máis axeitado. O segundo exemplo é o acordo, tamén recente, para relanzar a Agrupación Empresarial Innovadora Restauración, Hospedaxe e Turismo de Galicia, nada no ano 2009 e que agora procura un novo impulso. Trátase dun clúster que reúne as empresas do sector co obxectivo de impulsar o turismo en ámbitos como a internacionalización, a competitividade ou a mellora da rendibilidade económica. Entendo que esta ferramenta ten que actuar en coordenación coa administración pública na bus-

ca desas estratexias que lle devolvan ao turismo o protagonismo que merece. A trascendencia que ten esta iniciativa non é menor porque supón un paso adiante moi importante do sector privado e unha implicación directa nas políticas turísticas. Tócalle agora aos responsables políticos recoñecer sen interferencias o valor desta proposta, apoiala e traballar conxuntamente. Os desafíos para o clúster son tamén importantes. O primeiro é darlle impulso para que comece a camiñar e non caia no esquecemento. O segundo é ser representativo de todo un sector especialmente atomizado e agora mesmo tamén atemorizado por unha situación crítica e que pode levar a esaxerar individualismos ou buscar falsos proteccionismos. A súa constitución como lobby e a existencia dun documento estratéxico que marque as liñas a seguir serán pasos necesarios para o éxito. Desde logo non son obxectivos fáciles e nin sequera moitos dos seus resultados serán visibles a curto prazo. O ámbito privado ten unha oportunidade única para facer valer o seu protagonismo e o seu saber no mundo do turismo. Pero tamén a nova responsable da Xunta, que ademais estrea estrutura orgánica, ten ante si o labor de apoiar e colaborar de xeito coordenado cun sector que é fundamental para a economía e a imaxe de Galicia.

Gastrosexología de vino Mónica Novas Dios · www.gastrosexologia.com

T

odo comienza con el sonido del descorche de una botella y en el borde de la copa te espera un camino de agradables sensaciones. Amablemente alguien mira directamente a tus ojos mientras te sirve esa primera copa de vino que producirá efectos placenteros en todo tu cuerpo, que mojará tus labios y te inundará con su aroma. Cada descorche de una botella de vino es todo un acontecimiento, una sorpresa, un descubrimiento de nuevos olores o recuerdos de aromas que hemos retenido en nuestra memoria. Dentro de la gastrosexología existe una delgada línea en cuanto al consumo del vino y sus efectos en el comportamiento sexual. El vino, sobre todo el vino tinto, tiene propiedades vasodilatadoras que favorecen la erección en el hombre y eleva la cantidad de estrógenos en la mujer lo que produce un incremento del deseo sexual en ellas. La cuestión es saber no cruzar esa delgada línea con un consumo moderado. Teniendo en cuenta que el alcohol puede retardar el orgasmo, un exceso de vino puede producir disfun26

ción eréctil y sueño. Algo incompatible con el placer sexual. Sin embargo en cantidades moderadas el vino produce una liberación del deseo, una segregación de endorfinas del placer, borra los frenos sociales y las barreras psicológicas que nos autoinculcamos para dar rienda suelta al descubrimiento del placer. Incluso podemos decir que las personas que se dedican profesionalmente a la cata de vinos, según estudios neurológicos, desarrollan una área del cerebro, la amígdala, que está muy relacionada con el placer. Podríamos decir que los aficionados al vino son personas más receptivas al placer o al menos más sensibles. La cata de un vino puede proporcionar sensaciones semejantes al acto sexual, descubrimientos de sabores e intervención de todos los sentidos; con el ritual de la cata comienza a estimularse cada sentido.

El oído se estimula con el descorche y el borboteo del vino al caer suavemente sobre la fina copa de cristal, a continuación observamos los tonos brillantes del vino para luego rodear la cintura de la copa para asirla y acercarla lentamente a nuestra nariz donde descubriremos cada matiz del vino que vamos a degustar mojando directamente los labios para captar cada detalle, cada recuerdo y cada aroma que nos regala el vino. Definitivamente el vino posee la capacidad de hacernos revivir la sensación de desinhibición que sentimos cuando nos acercamos al orgasmo y es en su cantidad adecuada una poderosa arma gastrosexológica a emplear en los preliminares del sexo. Comparte una copa de vino y disfruta de cada uno de sus matices.


opin ión e b l ogstron om í a

As artes da chuvia (crónicas mundanas) Manuel Gago

E

ste artigo debera comezar como unha novela de medo de Edgar Allan Poe: “Ano de graza de 1823. Levo atrapado neste illote sete meses e non hai posibildiades de escape...”. Non andaría moi errado. Eu estou agora mesmo, como seguro que todos vostedes, tras un cristal, vendo a auga caer como se a regalaran, arremetendo contra o cristal con violencia bélica. E murmuro para min, como seguro que vostedes terán feito nalgún momento destes sete ou oito meses de bíblicos e diluvianos paseos entre o Vilar e o Franco, esa frase pop que xa é tan patrimonio desta cidade como a Catedral: “Santiago, onde a chuvia é arte...”. Vivimos na arte en directo, nunha auténtica performance cósmica. Non sabía eu que ao autor da frase tiñámolo ben vivo e activo na cidade. Foi José Antonio Doboco, o astrónomo da Universidade de Santiago, quen a imprimiu nunha pegatina que pegou na tenda familiar a mediados dos sesenta. Non deixa de ter o asunto certa retranca, porque estou convencido de que o propio astrónomo oficial desta cidade pequeniña -gústanme as vilas que teñen un astrónomo, un arquiveiro, un historiador, un reparador de paraugas, un policía- debeu recitala como consolo en tantas noites de observación astral frustrada no Observatorio do Campus Vida da USC. Nunca acabo de ter claro en que medida a chuvia é un reclamo turístico para Compostela alén das fermosas imaxes de pedras molladas que vén retra-

tando a inspiradísima xenea de fotógrafos composteláns, coma o bo de Tino Martínez. Nunha cidade na que os museos quedáronsenos, polo xeral, apalancados nos anos 70 e 80, o cultivo do turismo de interior(es) non debe ser especialmente gratificante para o turista medio que, ademais, non pode acudir a xantar o polbo e a centola antes das dúas porque non está moi ben visto. Así que non entendo como unha cidade que foi capaz de refinar a máxima expresión arquitectónica da chuvia (estarán pensando nos soportais, pero refírome ao exército de gárgolas monstrosas que desaugan os tellados monacais da zona vella) non deu profesionalizado o que eu chamaría as Artes da Chuvia. Eu deseñaría varias perfís laborais ao redor destas Artes. Para comezar, colocaríalles o local de estudos e administración en Xoán XXIII, na biblioteca Ánxel Casal, preto de San Francisco; sen dúbida, o encrave compostelán máis temido polos paraugas de facturación chinesa polo seu caprichoso e voluble sentido da dirección do vento. Que mellor campo de entrenamento? En primeiro lugar, formaría ao Falabarato, un individuo de prodixiosa labia, non tanto turística como costumista, que enchese as horas perdidas das parellas que procuran encher nas viaxes aqueles furados silenciosos que o tempo lles vai facendo nas teas da súa relación. Debera o Falabarato aparentar unha sexualidade confusa para evitar ulteriores conflitos na parella de turistas. E por suposto, in-

A feira dos segredos Aser Álvarez, director de CompH!ostelería

“H

ai que estar aquí aínda que sirva de pouco”. Escoiteille esta frase a un dos gurús que pululaban por Fitur, a feira de turismo onde hai que estar, aínda cada vez sexa menos proveitosa a presenza. É un rito anual que xera grande actividade económica en Madrid e que serve como punto de encontro para o sector e para os coleccionistas de folletos. Os postos dos destinos pretenden ser un escaparate do mellor de cada territorio, buscando, con maior ou menor fortuna, a diferenciación e a singularidade, para atraer turismo nun contexto de crise e cunha oferta cada vez más globalizada, competitiva e variada. Sen sair de Fitur podemos percorrer España e case o mundo entero, adivinando os traumas e as teimas de países e comunidades autónomas a tra-

vés dos seus chiringos e mensaxes, algúns mesmo susceptibles de ser deitados no diván. É o caso de Galicia, ese país borroso que garda segredos a quen llos queira contar, esa terra que é testemuña de inconfesables confidencias e que nos convida a perdernos totalmente nunha nebulosa de mensaxes confusas que se debruzan sobre un mapa de cibernéticos xeodestinos sen sentido nin entes de xestión pero que obra o miragre de facer que todo o territorio de Galicia poida e deba ser turístico. O posto de Galicia en Fitur deixou ben á vista o noso síndrome de provinciano que intenta disimular o seu acento galego na capital, acollendo presentacións e actos onde os únicos asistentes somos nós mesmos, a nosa parroquia e medios de comunicación empotrados, polo que a reper-

cluiría tamén ao Citador. A súa misión sería deambular polos tránsitos máis húmidos desta cidade, como a facultade de Historia ou a Vía Sacra, e ante a desesperación dalgún refacho húmido ensarillado na gabardina do turista, musitarlle amablemente ao turista unha frase de rigor: “nunca choveu que non escampara”, ou “como dicía Hemingway, en Santiago chove de abaixo para riba”. Cun riso amable e unha apariencia de galaico misterioso e culto, creariamos con facilidade iso que os especialistas en marketing turístico chaman “experiencia”. Ou sexa, a anécdota do vermú cos amigos de toda a vida. E por último, nestas Artes da Chuvia sería imprescindible o Moralista. Sería unha representación desa clase de galego que te berra cando te queixas por que non para de chover, recriminándote a túa insolidariedade co ecosistema patrio. “Non ves que se non chovera non teriamos esta paisaxe que nos rodea?”, recriminaría o Moralista a todo aquel que se queixase, mentres anotaba o seu nome nunha libretiña para cando fixer falta, que nunca se sabe. Deste xeito, grazas ao Moralista, todos fariamos por felicitarnos visiblemente por oito meses de chuvia ininterrumpida, no canto de crisparnos con esta apatía desesperada que leva camiño de afundirnos. O obxectivo sería que o turista pensase que a cidade toda, conxurada en motín, obtén desta chuvia eterna tal pracer urbanita que como viaxeiro non queda máis remedio que imitar aos felices locais na súa devoción polo orballo, a saraiba e o chuvasco, igual que en Nova York tributamos honra ao gusto yankee mercando os insípidos bagels e ben contentos que quedamos.

cusión é nula máis aló do noso embigo. En lugar de vender os nosos activos turísticos máis valiosos, coma os Camiños de Santiago, a enogastronomía e a hospitalidade deste finisterre europeo, facendo posible a internacionalización da economía de Galicia con base nun modelo turístico especializado e sostible, onde só cabe o aproveitamento do que nos fai únicos no mundo, insistimos en pedir que nos garden o segredo duns xeodestinos que son coma xeroglíficos algorítmicos. E á beira dunha Galicia de pantalla plana e paisaxe enmoquetada, estaban os postos de Asturias, Castela e León ou Euskadi, atractivos, sorprendentes e divertidos nas súas propostas. Sempre nos quedará Turespaña, que cre en nós e en cuxo posto aparecían tres mozas guapetonas comendo marisco na terraza del Hostal, coa Catedral ao fondo. Menos mal que elas van compartir todos os nosos segredos. E falando de segredos, tamén foi moi ilustrativa a nosa presenza na ITB de Berlín, pero diso falaremos outro día. 27


n o vas ap e rt u r a s

Rúa Seidón, 1 - baixo Milladoiro (Ames) Teléfono: 981 520 816

Café Bar A Magdalena Renovación dun local de referencia no Milladoiro

M

iguel e a súa esposa Nuria fan realidade o seu soño tomando o temón do mítico establecemento do Milladoiro. Con 20 anos de traxectoria, o local ven de

ser renovado recentemente. Acolledor e cun amplo comedor dispón de tres pantallas de televisión para desfrutar comodamente das especialidades da casa. Os

callos, o cocido e a carne de boi á pedra son os pratos de máis éxito. Os domingos a estrela do Magdalena é o polbo á feira preprarado por un experto pulpeiro.

Travesía de Pastoriza, 2 Santiago de Compostela Teléfono: 981 562 507

Café Bar Pastoriza Todo un clásico para calquera hora do día

E

ste establecemento é todo un clásico do barrio da Pastoriza. A carón da Xunta de Galicia pode presumir dunha situación privilexiada. O local acaba de renovar a súa

28

imaxe. Dende as mesas até a pintura, mais mantendo o mesmo espírito de sempre e co que acadou a súa sona. As súas abundantes tapas e os seus cafés con doces achegan aos

clientes xa a primeira hora da mañá. Ademais ofrece unha variada carta de pratos, todos elaborados con produtos frescos e co agarimo propio co que fan todo no Pastoriza.


socios de toda a v i da

Café Restaurante Ladonus

Cámping As Cancelas

Ideal para calquera hora do día

Medrando con Compostela dende hai 30 anos

D

O

ende hai máis de vinte anos, a que antes era a cafetería–restaurante Edison atende a traballadores e visitantes do Polígono do Tambre. Situada na súa entrada, na coñecida nave de bolería, agora muda o seu nome como un paso máis no proceso de renovación que está levando a cabo. En Ladonus pódese tomar o almorzo cun café excelente, degustar unhas tapas de aperitivo ou apuntarse ao variado menú do día a un prezo moi axustado. Para gozar dunha comida máis relaxada, a proposta é tamén este restaurante, cunha cociña esmerada con produto de primeira calidade e que nos suxire un menú aberto cunha oferta moi ampla e con pratos de tempada. Destacar tamén a sección de tenda que sempre mantivo este local na que se poden adquirir diversos produtos de alimentación ademais dos populares donuts.

camping As Cancelas nace ao abeiro do Ano Santo do ano 1982. Este mítico establecemento vive todo o proceso de transformación da cidade e o despegue do fenómeno Xacobeo e os Camiños de Santiago. Durante estes trinta anos mudou ao mesmo tempo que o fixo Compostela e o propio barrio das Cancelas. Modernizouse, soubo transformarse e manterse como punto de referencia para os turistas que chegan á cidade. Deste concepto xurde A Grella, un restaurante situado no propio recinto, que nace coa vontade de abrirse a Santiago. O negocio afronta a súa segunda xeración da man dos irmáns Luis e Iria Asorey, que seguen a tradición hosteleira da familia e a vocación emprendedora iniciada polo seu pai, Jesús Asorey, membro da Xunta Directiva de Hostelería Compostela e expresidente.

Vía Edison, 2 Teléfono: 981 58 96 33 cafeteria@ladonus.es

Rúa do Vintecinco de Xullo, 35 - Santiago de Compostela Teléfono: 981 58 02 66 www.campingascancelas.com

¿Aún emites tickets?

C I T

T E K

Distribuidor para Galicia.

LA FACTURA SIMPLIFICADA

¡¡¡ YA ESTA AQUI...!!!

www.verialgalicia.com verialgalicia@verial.es

Rua das Hedras nº 2 - 2ºA Pol. Indr. Novo Milladoiro 15895 Milladoiro (A Coruña) TELEFONO: 609 255 877 FAX: 981 53 66 38

29


2977 café-Bar Xuntanza Rúa Xelmírez, 28 - 15704 Santiago de Compostela

onde comeza a noite de compostela

O Xuntanza é en todo un clásico do casco vello da cidade. A súa atmósfera acolledora, o trato exquisito e os seus petiscos fano un referente do entretemento en Compostela. As súas cañas ben tiradas e acompañadas da súa tapa estrela, a arepa, fan máis levadeiras as horas de quen sabe desfrutar do momento ou quen se prepara para a noite. Este local é un lugar de xuntanza para universitarios, turistas e santiagueses, que saben apreciar o comer e beber ben, nun establecemento cun ambiente acolledor e un bo servizo.

2982 Pensión 25 de Julio Avda. Rodrigo de Padrón, 4 - 15705 Santiago de Compostela Tel.: 981 582 295 recepcion@25dejulio.com • www.25dejulio.com

aloxamento céntrico e familiar

O 25 de Julio está situado a pouca distancia da Catedral de Santiago de Compostela. O establecemento ofrécenos habitacións con balcón e boas vistas da cidade, un almorzo continental moi completo e internet de balde, ademais de contar cun café-bar. Os dormitorios son amplos e luminosos están decorados de xeito elegante. O ambiente é tranquilo e agradable, combinando a luz e as cores das estancias. O trato amable e próximo fai que sexa un lugar ideal para descubrir Compostela sentíndose parte dunha gran familia.

2984 taberna Pecaditos Rúa Porta Faxeira, 15 - 15705 Santiago de Compostela Teléfono: 981 575 388

un novo concepto de taberna popular

O Pecaditos é unha taberna coa cociña en directo e feita ao momento. O establecemento permanece aberto todo o día e nel pódese gozar dos deliciosos pecaditos , que son pequenos petiscos de bocata, a só un euro, de ibérico, conservas, afumados e produtos de máxima calidade. Como o bo xantar debe ir acompañado de boa bebida, tamén hai cervexa e viños a prezos populares, dende só un euro. O piso superior conta cun restaurante con boas vistas da Porta Faixeira onde podemos desfutar de pratos a só seis euros.

Santiago de Chile, 18 - Bajo Santiago de Compostela 30

Fax 981 599 285


n ov os socio s

2989 café-Bar eugenio Praza de Rosalía de Castro, 3 - 15970 Porto do Son Teléfono: 981 85 34 25

a terceira xeración dun local ideal para calquera momento

O Café Bar Eugenio atópase na vila mariñeira de Porto do Son. Este establecemento familiar vai xa pola súa terceira xeración. No local son especialistas en case todo. Para o tempo de frío e choiva teñen o seu famoso chocolate con churros e os cafés. Xa no verán e na primavera poderemos gozar dunha refrescante bebida na súa terraza. Ademais para picar, na carta, hai dende pratos combinados ou bocadillos até racións. As albóndegas son preparadas con especial agarimo e é unha das comidas favoritas dos fieis clientes deste local.

2990 Pensión a albeitaría Lugar de Oliveira, 15 – 15803 Teo Teléfono: 981 809 241-682 874 879 • www.albeitaria.com

un lugar pensado para descansar e recuperarse totalmente

A Albeitaría é unha pensión de tres estrelas onde a serenidade, a harmonía e o silencio se mesturan nun entorno natural único. Ademais de aloxamento ofrece un centro de terapia multidisciplinar, que segue o novo paradigma de unificar a medicina actual e a medicina tradicional. Situada a pouco máis de dez quilómetros de Santiago, na carretera da Estrada, este centro terapéutico conta con cinco habitacións dobres con baño. O servizo e o trato son personalizados para mellorar a experiencia e o grao de satisfacción do cliente.

2998 Hotel montenegro Rúa Xelmírez, 18 – 15704 Santiago de Compostela Tel. 981 572 542 • www.htmontenegro.com • info@htmontenegro.com

a hospitalidade está a poucos metros da catedral

Este hotel ocupa un edificio histórico, rehabilitado con moito agarimo, ofrece ao cliente máis esixente un coidado que chega até o máis mínimo detalle. Este establecemento está situado a tan só uns poucos metros da Catedral, e os seus quince cuartos están decorados e pensados para que a estadía sexa un remanso de paz e tranquilidade, así como unha inesquecible experiencia. O almorzo continental está incluído no prezo do cuarto. Ademais, conta con conexión a internet de balde e un servizo moi coidado.

Grupo R de Salud Laboral, S. L.

Alberto García Varela Pasadizo de pernas, 4-6 3º izq. 15005 A CORUÑA Teléfono 981 15 42 12 Móbil 609 28 78 14

31


t o d a L a i n f o rma ci ó n cultura l de s a nti a go en

www.compostelacapitalcultural.org

Ciclo Íntimo&Acústico > Aaron Thomas 23 de maio na Zona C > Albert Pla 31 de maio no Teatro Principal

Os tres concertos son ás 21.00 h e as entradas poden mercarse nas billeteiras do Teatro Principal, entradas.novagaliciabanco. es, entre outros.

Compostela Rock > Loquillo y los Trogloditas 19 de abril ás 21.30 h no Auditorio de Galicia > Ocean Colour Scene 20 de abril ás 20.00 h na Sala Capitol > Los Coronas 26 de abril ás 21.00 h na Sala Capitol > Willie Nile 9 de maio ás 21.00 h no Teatro Principal > He Risers 22 de maio ás 21.00 h na Sala Capitol

As entradas poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, na Sala Capitol e en Ticketea, entre outros (as de Loquillo o propio día tamén na billeteira do Auditorio).

Sons13 > Budiño 25 de abril ás 21.00 h no Teatro Principal > Efterklang 1 de maio ás 20.30 h no Teatro Principal > Win Mertens 3 maio ás 21.00 h no Auditorio de Galicia > Malevaje 25 de maio ás 21.00 h no Auditorio de Galicia

32

As entradas poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, entradas.novagaliciabanco.es, entre outros. (Win Mertens e Malevaje tamén á venda o propio día na billeteira do Auditorio).


a xen da cu ltu r al

Ciclo 1906 Jazz > Roberto Fonseca 18 de abril > Joshua Redman Quartet 15 de maio

Os dous concertos son ás 21.00 h no Teatro Principal e as entradas poden mercarse nas billeteiras do propio Teatro, entradas.novagaliciabanco.es, entre outros.

Infantil e familiar > “Frankenstein” (Teatro) 21 de abril ás 18.30 h > “El Principito” (Teatro) 28 de abril ás 12.30 h > “O Kikirixote” (Títeres) 5 de maio ás 19.00 h

As tres funcións son no Teatro Principal e as entradas poden mercarse nas billeteiras do propio Teatro, entradas. novagaliciabanco.es, entre outros.

Teatro & danza > “Villa Puccini” 4 de maio > “Criaturas” 16 e 17 de maio > “Bailadelas, seis mulleres boloñesas” 18 e 19 de maio > “Viaxe a ningunha parte” 29 e 30 de maio

Todas as funcións son no Teatro Principal ás 21.00 h e as entradas poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, entradas.novagaliciabanco.es, entre outros.

Programa de abono > Benjamin Grosvenor. Dentro do V Ciclo de Piano Ángel Brage. 24 de abril > Andrea Lucchesini. Pecha o V Ciclo de Piano Ángel Brage. 15 de maio > Real Filharmonía de Galicia co coro Gubelkian. Antoni Ros Marbá dirixe o último concerto de Abono. 7 de xuño

Todos os concertos son no Auditorio de Galicia ás 21.00 h e as entradas poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, entradas.novagaliciabanco.es, e tamén á venda o propio día na billeteira do Auditorio.

33


Hostelería Compostela subscribe un convenio con Leader Mobile para prover de solucións tecnolóxicas aos membros da Asociación A Asociación Hostelería Compostela ven de asinar, coa empresa lalinense Leader Mobile, especializada en solucións tecnolóxicas, un convenio para a introdución de ferramentas de promoción e de fidelización na busca de novos clientes entre os nosos asociados. Entre os servizos que se inclúen están o marketing directo (liña sms +) que permite á empresa comunicarse directamente cos clientes e enviarlles información e promocións. Outro foco de actuación é a fidelización/ venta online (Fidelity Point), este proxecto único no mercado, premia a fidelidade dos clientes acumulando puntos directamente no seu número de móbil e pon a disposición dos establecementos a venta online. Ademais Leader Mobile ofrece solucións para mellorar a visibilidade dixital (web aplicacións), no seu pack inclúe o desenvolvemento dunha web que pode ser vista no ordenador, tablet e no smartphone e a creación de dúas aplicacións (para Google Play e App Store).

Xuntanza do Foro de Directores no Hotel Moure

Xuntanza do Foro de Directores no Hotel Oca Puerta del Camino 34


AS n ova s do secto r

Verial Galicia e Hostelería Compostela asinan un convenio para por a disposición dos socios ferramentas que aporten solucións enfocadas ao sector hoteleiro Hostelería Compostela e Verial Galicia veñen de asinar un convenio polo que se pon a disposición dos asociados solucións informáticas para satisfacer as esixencias que o mercado demanda, ofrecendo aplicacións profesionais de alta calidade, sinxelas e áxiles adaptables a cada empresa. Verial Galicia dispón, para o sector hoteleiro, unha aplicación cuxa modularidade permite implantar un sistema informático gradual ou en conxunto. (Recepción, centraliña, lectores DNI, pasaporte, cerraduras, cafetarías e restaurantes, compras, almacéns, cociña, contabilidade, etc.) Outra ferramenta dispoñible para os asociados é un motor de reservas online deseñado para cubrir e facilitar a solución das necesidades reais de cada hotel. Ademais ten a posibilidade integrarse nos principais portais de reserva. Entre os sevizos que oferta Verial destaca o deseño web para crear e manter a páxina do hotel e o sofware Mir@me, que permite afrontar de maneira dinámica e efectiva os problemas de comunicación comercial e informativa que se producen no interior dos hoteis.

Reunión do Foro Cívico Empresarial co Alcalde para falar da potenciación do aeroporto de Lavacolla

Presentación do Dicionario de alimentación e restauración galego-castelán-inglés presidida polo conselleiro de Educación, Xesús Vázquez e a secretaria xeral de Turismo, Nava Castro. 35


Rolda de prensa de presentación do Santiago Pasión 2013 e xuntanza cos participantes

Cata de viños, para mulleres, organizada na Bodeguilla de San Lázaro Exposición de Xavier Magalhães no Hotel Virxe da Cerca

Presentación no Hostal dos Reis Católicos da cervexa compostelá, Peregrina

36


AS n ova s do secto r

S o m o s n ot i c i a 26 de xaneiro Os hosteleiros composteláns aseguran que seguirá o peche de establecementos de ocio nocturno na cidade. La Voz de Gali-

tiago TV, Correo TV, Radio Voz, Radio Galega, Radio Obradoiro, Cadena Ser, Onda Cero, RNE e Cope.

cia e El Correo Gallego.

11 de febreiro

29 de xaneiro

O emprego no sector hosteleiro desplómase. El Correo Gallego e Radio Obraodiro.

Hostelería Compostela vende Santiago con forza en Fitur. La Voz de Galicia e El Correo Gallego

1-2-3-4 de febreiro Hostelería Compostela en Fitur. La Voz de Galicia, El Correo Gallego, TVG, Invertia, Finanzas.com, Hggtonline e Galicia Dixital. Hostelería promociona o Camiño Inglés en Madrid coa guía “O Pausado Camiño Inglés”. Vanity Fair, La Aventura de la Historia, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Faro de Vigo, TVE, Cope e Xunta de Galicia.

Os hoteleiros de Santiago reciben o premio a cidade con maior reputación online de España por parte dos usuarios do portal de reservas Trivago. La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Cope e Trivago.es

3 de febreiro O “segredo” de Galicia non trae turistas. La Voz de Galicia e El Correo Gallego

6 de febreiro O primeiro diccionario de alimentación galego trilingüe presentado nas instalación de Hostelería Compostela. La Voz de

Galicia, El Correo Gallego, Luns a Venres, Noticias Galicia.com, asturiasmundial.com, Diario de Ferrol, La Opinión de A Coruña, Faro de Vigo, Revista Be Bo, EFE, Antena 3, TVE, TVG, San-

Santiago TV, Correo TV, Cadena Ser, Cope, Onda Cero, Radio Galega.

13 d e m a r zo Hosteleiros de Santiago apoian o Camiño a Fisterra. La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Crónicas da Comarca e Radio Nordés.

12 - 13 de febreiro

20 d e m a r zo

A ocupación hoteleira rexistrou este ano o peor xaneiro do último decenio. La Voz

Reunión dos novos socios da Costa da Morte nas instalacións de Hostelería Compostela. La Voz de Galicia, El Correo Galle-

de Galica, El Correo Gallego, Luns a Venres, EFE, Antena 3, TVE, TVG, Santiago TV, Correo TV, Radio Voz, Radio Galega, Cadena Ser, Onda Cero, RNE e Cope.

19 de febreiro Certificado profesional para os asistentes aos cursos de Hostelería Compostela. La

Voz de Galicia, El Correo Gallego,Revista BenBo, Hggtonline, TVG, Santiago TV, Correo TV, Radio Galega e Cadena Ser

4 d e m a r zo Hostelería ofrécese a coparticipar na xestión do Palacio de Congresos. La Voz de Galicia e El Correo Gallego

go e Radio Nordés.

22 - 23 - 24 - 25 d e m a r zo O sector prevé unha ocupación hoteleira media do 44% en Semana Santa. La Voz

de Galicia, El Correo Gallego, Luns a Venres, EFE, Antena 3, TVE, TVG, Santiago TV, Correo TV, Radio Voz, Radio Galega, Cadena Ser, Onda Cero, RNE e Cope.

5 de abril Os hoteis de 4, 3 e unha estrela, por debaixo do 50% en Semana Santa. La Voz de Galicia e El Correo Gallego.

12 d e m a r zo Hostelería Compostela presente na Feira de Turismo de Berlín. La Voz de Galicia e El Correo Gallego.

13 d e m a r zo A ocupación hoteleira segue á baixa pese aos peches provisionais e os descontos.

La Voz de Galicia, El Correo Gallego, TVG, Santiago TV, Correo Tv, Radio Obradoiro, Radio Voz,

ANÚNCIATE CON NÓS comunicacion@santiagohosteleria.org

Se queres alugar, vender, ofrecer ou demandar algún ben ou servizo, e eres socio de Hostelería Compostela, este espazo está á túa disposición.

37


Concerto de Christina Rosenvinge no Teatro Principal dentro do ciclo de concertos Santiautor

Cardigan Bridge tocando no Pub Sónar dentro do ciclo de concertos Santiautor

Festa da Uña no barrio de San Lázaro

Presentación dos Xenerais da Ulla na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela

Festival Atlántica no Modus Vivendi e no Atlántico

38


Presentación do número 159 de CompH!osteleria na Cava de St James

Reunión dos novos socios da Costa da Morte nas instalacións de Hostelería Compostela

O portal hotel.info designa como mellor hotel de Santiago para os peregrinos a Los Abetos

Showroom de vodas celebrado no NH Obradoiro 39



CATA: Pedro Sestayo e Bimba Boa CRÍTICA: Alfredo Castromao

crítica e cata

crego e monaguillo 2011

la Plazuela 2007

el señorito de ercavio 2009

Un viño feito con mencía 90%, araúxa 5% e bastardo 5%. Límpido e brillante, de capa media-alta e cor púrpura. De alta intensidade aromática, con recordos de marmelada de froitiños roxos e cun fondo mineral con recordos do terruño. Saboroso, con volta a larpeirada de amora, cun final vigoroso que fai que resulte moi atractivo de principio a fin.

Hoxe pódense facer bos viños en calquera lugar. E unha boa proba disto é o que están a facer Gonzalo Rodríguez e o seu equipo na Mancha, que coa anterior colleita desta mesma liña de produto acadaron 90 puntos na guía de Robert Parker. A cor deste viño, redondo e moi carnoso, é de cereixa brillante, con moita finura, profunidade e madurez.

Este viño 100% tempranillo, elaborado con cepas de produción moi limitada, pasa nove meses en barrica de carballo francés antes de seducir o noso padal cun gusto diferente, ao que non estamos moi afeitos. Atrevido e rebulideiro, este viño combina especialmente ben con cogumelos e caza, así como con queixos, embutidos e arroces.

Basilio Losada

Antonio Gamoneda

José Antonio Vázquez Taín

la peregrina

estética e temporalización do camiño Xacobeo

la leyenda del santo oculto

Editorial Trifolium

Teófilo Edicións

Por xentileza de Xan Arias e de Rodri García chega até as nosas mans este pequeno gran libro, ben traducido ao galego por Marifé González, que xorde dunha extraordinaria conferencia do mestre da palabra, que tivemos o privilexio de escoitar no CGAC de Santiago hai xa tres anos. Esta obra, até agora inédita, ve a luz en galego, antes que en calquera outra lingua, por expreso desexo do autor, quen elixiu a colección Musa pedestris para a súa publicación. Este ensaio rigoroso, escrito coa máxima precisión e bo gusto, debera ser de lectura obrigatoria para calquera aspirante a xacobeísta. Aínda que nace en Oviedo, dende neno vive en León, dous lugares polos que pasa ese Camiño de Santiago que nos redescubre Gamoneda.

Abro as páxinas da primeira novela do xuíz Vázquez Taín, paisano meu daquel principio do mundo onde nin os romanos nin os sarracenos querían andar moito, algo temeroso e condicionado pola polémica que envolveu a presentación da obra, pero coa esperanza de descubrir que este extraordinario profesional da xudicatura tamén escrebe ben. En efecto, excepto nalgúns capítulos de actualidade, onde se fala do roubo do Códice Calixtino e da instrucción deste caso, e noutros onde baixa o nivel, o resto da novela é moi agradable de ler e ilústranos sobre o descubrimento da tumba de Santiago no ano 813. Non entendemos por que esta novela causou tanto rebumbio.

Grijalbo Esta fábula de amor ambientada no Camiño de Santiago é unha verdadeira delicia que pasou silandeira polos andeis das librarías. É a única novela do catedrático de filoloxía galega e portuguesa, Basilio Losada, profesor, crítico e tradutor tan brillante como discreto e comprometido, de orixe galega pero afincando en Barcelona dende hai moitos anos. O prólogo é de José Saramago, a quen lle traducíu moitas obras Losada. Por dúas veces fixo este petrucio o Camiño de Santiago, dende Roscenvalles e dende París, e así foi recollendo unha extensa documentación e unha experiencia que foron peneirándose até dar como resultado unha das mellores novelas que lin entre as moitas ambientadas no “camiño da esperanza”.

41


Te ayudamos a hacer más rentable tu negocio.

1) 19% de descuento para tarifas 2.1A y 3.0A, 12% de descuento para tarifas con discriminación horaria 2.1DHA, y 10% de descuento para tarifas 3.1A, a aplicar sobre el término variable por el consumo efectuado durante los 12 primeros meses del contrato. Oferta válida para clientes que contraten la electricidad con Gas Natural Servicios con tarifas 2.1A, 2.1DHA, 3.0A y 3.1A antes del 31/07/2013. La campaña GAS 10TV, ofrece el 10% de descuento en el término variable del gas natural durante los 12 primeros meses de contrato. Oferta válida para clientes que contraten el gas con Gas Natural Servicios con tarifa Gas Plus Prima/Gas Supra Prima y la electricidad con Gas Natural Servicios antes del 31/07/2013. 2) Oferta válida para nuevas contrataciones con Gas Natural Servicios SDG, S.A. si con la nueva contratación se dispone de contrato de gas, de luz y de dos sevicios (Servigas y Servielectric, en cualquiera de sus modalidades, o Servihogar) con Gas Natural Servicios SDG, S.A. Oferta aplicable durante 12 meses, para suministros de gas natural con tarifas de referencia 3.1 y 3.2, y tarifas eléctricas con potencia inferior o igual a 10 kW. Los precios del gas y de la luz estarán referenciados a los valores máximos de las Tarifas de Último Recurso que en cada momento se publiquen en el BOE.


HISTORIA DA HOSTELERÍA Historia da Hostelería de Compostela e Comarca

DE COMPOSTELA E COMARCA

comunicacion@santiagohosteleria.org | Teléfono: 981 592 700

as tabernas e as peñas de compostela

as peñas do camiño novo. Casa Rosalía e logo Casa Vilas foron as dúas grandes institucións da hostelería no Camiño Novo e as peñas estiveron ligadas a estes locais. A primeira do barrio foi a coñecida coma a Peña do Toldo, xa nos anos 20, moi ligada ás corridas de touros que se facían no Campo do Mendo. Logo veu a Peña dos Tirareas, que organizou unha homenaxe ao pintor Lino Villafines, onde se fixo a derradeira foto de Vallé Inclán. Na imaxe de arriba vemos a Peña do Atlético de Madrid, con Casa Vilas ao fondo e entre os retratados, o ex alcalde López Carballo, Ricardo Rúa, Vázquez Hermida, Serafín Zas, Jesús Martínez ou os irmáns Vilas, moitos dos cales aínda estiveron tamén na Peña Amistade, cando Casa Vilas era o lugar onde os tratantes pechaban os acordos cun bo xantar mentres o gando agardaba na horta, na parte de atrás do restaurante.

a Peña de conxo. Xa sabemos que a hostelería forma parte da identidade colectiva de Santiago. Pero aínda está por investigar a importancia das tabernas e das casas de comidas como centros de xuntanza para a organización das peñas nos diferentes barrios da cidade, que permitiro o desenvolvemento dunha intensa actividade social, veciñal, deportiva e de lecer durante a longa noite do franquismo, que curiosamente toleraba a súa existencia. Esta foto, dos anos 50, foi tomada por Luís Pasín, e pertence á Peña de Conxo, que tiña a súa base de operacións na taberna Casa Pasín e que contaba, coma todas as de Compostela, cunha composición moi heteroxenea dende o punto de vista social, económico e profesional.

43


t o da unH a v id a

T

44

TEXTO: Adrián Pájaro e Aser Álvarez IMAXE: Javier Amosa

oda unha vida na hostelería da moito de si cando falamos con este home de mirada sincera, mans traballadoras e corazón xeneroso. Leonardo García (Covas de Ames, 1943), marchou con 20 anos a Mallorca, e foi na illa onde aprendeu o oficio. Sendo o maior de cinco irmáns foi un deles, cociñeiro no Hostal, o que o animou a introducirse no mundiño. Logo de retornar das Baleares instalouse en Santiago, onde leva cinco décadas traballando. Pasou por bos e malos momentos, pero sempre se mantivo ligado ao que é a súa paixón, a cociña.

A vida de Leonardo é a historia viva da hostelería de Compostela. Comezou a súa andaina no restaurante Pasaje para máis tarde traballar en El Estanco, negocio que logo rexentaría. Daqueles primeiros tempos recorda que “en Santiago os únicos clientes que había eran os que viñan á feira a Santa Susana, tres ou catro liñas de autobuses que paraban, a xente que viña ao médico e algún que outro turista no verán, nada máis. Logo veu o despegue, o ensanche medrou, paraban aquí tódolos autobuses e o turismo foi medrando arredor do Camiño”.

Leonardo é unha desas persoas emprendedoras das que tanto escasean en Galicia. Cando aínda rexentaba El Estanco fíxose cargo do Fornos. “Isidoro, o antigo dono, díxome se me interesaba collelo e fíxeno, e xa hai 27 anos, pero era outro tipo de cociña máis popular, porque en El Estanco faciamos sobre todo paella e no Fornos a estrela era o marisco”. Co seu sorriso franco recorda os bos tempos, “os dous locais estaban comunicados, e entre ambos podiamos dar máis de cincocentas comidas ao día.” Como bo cociñeiro sabe o que é importante para que as cousas saían ben e danos


leoNardo GarcÍa, restauraNte ForNos

Historia viva da hostelería Incansable, emprendedor e vitalista son algúns dos adxetivos cos que podemos definir a este home que leva máis de 50 anos no oficio. Presidente da Asociación durante dez anos, García e historia viva da hostelería e da cidade.

o seu segredo, “sempre me centrei na calidade, a primeira hora, ás 7 da mañá, estaba xa na Praza de Abastos para levarme o mellor produto, canda outros compañeiros do oficio, pero agora mírase moito máis o prezo e menos a calidade”. A súa cara muda ao falar do presente, recoñece que “son tempos difíciles, non hai clientes para tanta cociña e tanta cama, habería que ter todo máis controlado e que as cousas se fixeran cunha orde.” Tamén pensa que mudou a mentalidade da xente nova da hostelería, “xa non teñan a chispa de antes, nós dedicabamos moito esforzo ao ne-

gocio, e tampouco hai espazo para que todos se dediquen á alta cociña porque non hai clientes.” Para capear este tempo de crise, fálanos do prezo da mariscada do Fornos, que agora está a 35 euros, co postre e co viño incluídos, e do menú, que está a 19 euros, “e todo sen rebaixar a calidade”, recalca. A vida de Leonardo tamén é a historia da Asociación, da que foi presidente dez anos. “Tentamos cambiar as cousas para que non fose unha mera xestoría, introducimos a formación pero topámonos con trabas, queríamos profesionalizar o sector pero o problema veu cos pais dos alumnos cando se lles dicía

que os seus fillos non ían ser médicos, nin avogados senón hosteleiros”. A cabeza de Leonardo é unha máquina na que as ideas xorden e non deixa tema sen tocar. Fálanos da importancia de centralizar os voos e de toda a problemática aeroportuaria. Despois de facernos un repaso xeral por unha infinidade de temas, pedímoslle que nos conte como desconecta. “Vou a unha finca na que teño unha casa, podo as árbores, corto a herba, e a saúde acompáñame así que penso estar uns aniños máis por aquí dando guerra”, conclúe este home bo e mellor profesional.

45


n a co ci Ña d e …

> Unha palabra para definir Santiago:

“Internacional, universal” > Algún referente na cociña:

“De Galicia, Casa Solla ou O Parrulo; e de fóra, Arzak e Carme Ruscalleda” > “A hostelería é un xeito de vida, un

becho que levo dentro e ao que lle teño moito agarimo, porque a satisfacción do cliente é o máis fermoso deste oficio.”

46

TEXTO: Aser Álvarez

IMAXE: Javier Amosa


Na cociÑa do restauraNte doN QuiJote coN matilde e maNuel

De Santa Comba a Santiago por París e Sidney Xantar ou cear neste restaurante da rúa Galeras de Santiago é case como facelo na casa, porque te van tratar coma se foras da familia. A alma da súa cociña tradicional é Matilde, quen utiliza os mellores produtos do mercado, que Manuel consegue cada día dende que o Don Quijote abríu as súas portas hai xa máis de trinta anos.

A

ntes de emigrar a Francia, con 17 anos, Manuel García (Santa Comba, 1947), un dos dous fillos de Antonio e Leonor, pescaba ducias de troitas a miñoca no río Abuín, a carón da súa aldea. Foi á aventura a París con outros compañeiros. Un venres viron un anuncio na tele sobre Australia, o luns seguinte foron ao consulado australiano en París e pouco máis tarde xa estaban a traballar nas anípodas instalando liñas de electricidade. A García fichárono para dirixir unha brigada e foi a Nova Celandia uns meses até que voltou a Sidney, onde empezou o que ía ser o seu oficio. O que hoxe é o cuñado de García, era daquela o xefe de cociña do resturante Costa Brava de Sidney. Naquel establecemento coñeceu á muller da súa vida, Matilde Rodríguez (Cangas de Narcea, 1950) e nai dos seus dous fillos, Richard e Marisa, que hoxe seguen os pasos dos seus pais, mais os dous con formación universitaria. “Coñecín a Matilde, botamos un ano e algo de noivos e xa casamos”, lembra no comedor onde hai uns meses lle deron de comer á selección española de fútbol. “E alí estiven traba-

llando ata que abriron o Don Quijote de Sidney, onde estiven ano e medio, até que un bo dia naceu Richard, o primeiro fillo, e decidimos vir de vacacións a España”, lembra antes de contarnos que foi entón cando decidiron voltar. Cun cativo de dous anos, unha bebé de 11 meses e con Matilde de compañeira inseparable, García, que estivo traballando tamén de taxista durante os seus últimos meses en Sidney, pechaba así unha etapa da súa vida, de máis dunha década na emigración, para abrir unha nova páxina na súa traxectoria cun local que hoxe é toda unha institución do bo comer. Artistas, políticos, deportistas, médicos, grupos de xaponeses, mexicanos ou estadounidenses, galegos e composteláns son algúns dos numerosos clientes e amigos deste restaurante, onde sempre fan sentir a un coma na casa. O segredo do éxito segue a ser o mesmo que hai 33 anos, cando abriron as súas portas en Galeras, “que daquela era unha das zonas con máis vida da cidade polo hospital. Todos os días vou á praza

a mercar o mellor produto de tempada, peixe e marisco, e seguimos coas nosas especialidades, o cochinillo, que facemos a diario, o chuletón de boi e de vaca, e as nosas xornadas gastronómicas de caza con lebre, perdiz, codorniz, corzo e becada”, confesa García antes de rematar, “pero Matilde é a nai e a alma do restaurante”. Dende o ano 79 o Don Quijote é socio de Hostelería Compostela e García foi membro da xunta directiva de Restauración dende o ano 2008. Hai cinco anos incorporouse tamén ao Club Gastronómico Rías Altas, unha rede de establecementos de restauración unidos polo produto de calidade, que organiza xornadas de caza, lamprea e cociña de tempada. Este home falangueiro e alegre ama tanto o seu traballo que non pode pensar en xubilarse. O que pensa é no futuro e na necesidade e internacionalizar o sector turístico de Galicia grazas á proxección exterior de Santiago e da Catedral, cuxa fachada se pode ver dende unha mesa do seu comedor, onde a mesmísima Carme Ruscalleda adoita vir comer a lamprea. 47


n a cama con …

48

TEXTO: Adrián Pájaro e Aser Álvarez IMAXE: Iván Nespereira


Na cama coN JesÚs ares, director Xeral do touroPerador costas Galicia e PortuGal No Hotel oca Puerta del camiNo

Todos somos turismo O grupo empresarial no que traballa este home de acción está presente en case todos os subsectores turísticos en Galicia e Portugal, por iso a súa perspectiva é transversal, consciente do enorme potencial do sector e da necesidade dun enfoque estratéxico con plans a medio e longo prazo.

D

ende a súa perspectiva privilexiada, na décima pranta do Hotel Puerta del Camino de Santiago, onde o entrevistamos, Jesús Ares pode dar boa conta do estado actual do sector turístico de Galicia, das súas fortalezas e debilidades, dos retos actuais e tamén das perspectivas de futuro. Nun contexto de crise e depresión económica, no que os recursos son escasos e o turismo nacional está moi estancado, este empresario marca como claves do éxito a imaxinación e o traballo duro, con plans a medio e longo prazo, “para aproveitar ao máximo os activos turísticos que temos e todas as posibilidades para innovar e internacionalizar o sector.” A pesar do lixeiro incremento do turismo internacional, Ares considera que este repunte é insuficiente para compensar a perda constante de viaxeiros nacionais. “Para poder internacionalizar o sector turísitico o primeiro que teríamos que facer

é solucionar o problema da conectividade aérea, creando un aeroporto de cabeceira e establecendo rutas internacionais cos principais mercados emisores e emerxentes, con campañas promocionais planificadas, pensadas e deseñadas para cada un deles, analizando o retorno dos investimentos”, asegura. Ademais, Ares fálanos da sobreoferta existente a nivel de prazas de hospedaxe e da falla de ordenación do sector, “hai zonas con moitas camas e outras con moi poucas, polo que habería que poñer un pouco de orde na oferta e tratar de aproveitar a proxección de Santiago como gran foco de atracción para crear paquetes con outras zonas e redistribuir fluxos turísticos e vender outros produtos e activos.” Tamén fala este home de acción da necesidade de crear novos produtos, “crer neles e vendelos como parte dun destino potente”, onde os diferentes subsectores poidan colaborar entre eles e coa ad-

ministración, “polo que traballar dende un clúster é moi boa idea porque todos somos turismo e todos podemos aportar moito porque é moito o que está en xogo”, comenta Ares, quen está nos dous clústers turísticos que agora mesmo hai en Galicia. Os recursos únicos e diferenciais que posúe Galicia como destino alternativo é outro dos temas nos que incide este home resolutivo, convencido das enormes posibilidades que presenta o sector “se realmente se traballa en clave estratéxica, dende a formación, a ordenación ou a sensibilización da sociedade en xeral”. Así o Camiño de Santiago, o termalismo ou a enoloxía son activos turísticos que “teñen moito potencial e que están aínda moi por debaixo das súas posibilidades dende o punto de vista da nosa capacidade para atraer un turismo de alto nivel que quere calidade e experiencias auténticas que nós podemos ofrecer”, conclúe. 49



pu b l icidade

convenios de colaboración aHc CEPSA e a Confederación Española de Hoteles y Alojamientos Turísticos (CEHAT), da que formamos parte como colectivo, asinaron un convenio de colaboración para aplicar descontos no gasóleo.

Acordo de colaboración entre a AHC e a Fundación Compostela Deporte, polo que nos comprometemos a apoiar o deporte de base

Repsol Gas ofrece vantaxes aos membros da AHC. Os socios poden aforrar ata un 45% no consumo.

Convenio entre Cehosga e Bluesens Corporation, co obxectivo de proporcionar vantaxes aos membros de AHC para dotárense de novas tecnoloxías.

A CEHAT e a Federación Española de Hostelería, FEHR, das que forma parte a AHC, negocian a redución das comisións no cobro con tarxetas de crédito.

Asinamos un convenio de colaboración con Gas Natural Fenosa polo que os nosos asociados poderán gozar de vantaxes como asesoramento enerxético persoalizado, que permitirá que aforren nas súas facturas.

Acordo coa SGAE con bonificacións de ata un 15% de desconto nas taxas.

Empresa de software que grazas ao convenio con Hostelería Compostela ofrece importantes descontos aos asociados en programas informáticos de empresas de hospedaxe e restauración.

Polo convenio asinado con esta entidade, os socios de AHC poderán acceder a servizos como a Servicuenta, Comercio ou o Recibo Único.

Plataforma de comercialización e xestión de reservas en restaurantes que ofrece condicións vantaxosas aos socios de Hostelería Compostela.

Tarifas especiais en seguros obrigatorios en determinadas actividades do sector de Hostelería e Turismo.

Prezos especiais para a Asociación de Hostelería en seguridade industrial e inspeccións iniciales e periódicas de baixa tensión, alta tensión e elevadores.

Convenio con esta empresa especializada na certificación de prevención de riscos laborais para establecementos a precisan.

Grazas á sinatura deste convenio de colaboración, os socios de Hostelería Compostela poden desfrutar de vantaxes e prezos especiais na súa póliza sanitaria privada.

Convenio polo que a entidade bancaria ofrece vantaxes aos nosos asociados.

Compromiso da AHC para contratar a persoas con dificultades de inserción.

Convenio de colaboración entre Gadisa Distribución e a AHC.

NOVOS CONVENIOS Marketing directo (Línea SMS +): Permite comunicarse directamente con sus clientes, y enviarles información, promociones, etc. Fidelización/Venta on-line (Fidelity Point): proyecto único en el mercado que premia la fidelidad de los clientes acumulando puntos directamente en su número de móvil y pone a disposición de los establecimientos la venta on-line. Visibilidad digital (Web/Aplicaciones): Pack que incluye el desarrollo de una web que se verá en el ordenador, Tablet, Smartphone y el desarrollo de dos Aplicaciones (para Google play y App Store).

Provee de soluciones tecnológicas a los miembros de AHC para la implantación de sistemas informáticos, reservas online, software multimedia y páginas web en sus negocios.

51


Tendiendo caminos CONEXIONES AÉREAS DIRECTAS VERANO 2013*

*Vuelos previstos a 25 de marzo de 2013 para la temporada de Verano 2013 (entre 31 de marzo y 27 de octubre, dependiendo de las compañías).

www.santiagoturismo.com

a/desde Santiago de Compostela

Dublin (DUB) London (STN) London (LGW) NEW! Frankfurt (HHN) Paris (CDG) Basel (BSL) NEW! Zürich (ZRH) Genève (GVA) Milano (BGY)

Bilbao (BIO) Barcelona (BCN)

NEW! Ístanbul (IST)

Reus (REU) Madrid (MAD) Valencia (VLC) Alicante (ALC) Sevilla (SVQ) Málaga (AGP)

Caracas (CCS)

Tenerife Norte (TFN)

Lanzarote (ACE) Fuerteventura (FUE)

Tenerife Sur (TFS) Las Palmas (LPA)

Menorca (MAH) Palma de Mallorca (PMI) Ibiza (IBZ)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.