Revista ch 174 (174)

Page 1

Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 174 | maio - xuño 2017

BENVI DOS, TURI STAS

!

A tempada arrancou cunha moi boa Semana Santa Entrevistamos a Ricardo López Navarro, director do aeroporto


Coca-Cola, Coca-Cola Zero, el disco rojo y la botella Contour son marcas registradas de The Coca-Cola Company.


PÁXINA 4

[Entrevista] Ricardo López Navarro, Director do Aeroporto de Santiago

PÁXINA 7

[Actualidade] • Unha Semana Santa de éxito • 4.000 uñas de San Lázaro • Pola aprobación da Lei de Espectáculos Públicos • De andaina ata a Cidade da Cultura • Visitamos a exposición ‘Da árbore á cadeira’ • Lucio Blázquez gañou o premio ‘Lola Torres’

PÁXINA 12

• Ampliación dos horarios de peche na Ascensión

[Novos socios] Hotel Congreso

PÁXINA 13

[Opinión] Martiño Santos, de VIDE, VIDE!

PÁXINA 14

[Na barra con ...] Rubén Vilariño da Bodeguilla de San Lázaro

[ E D I TO R I A L ] CompHostelería chega de novo ás túas mans en pleno arranque de temporada alta do turismo. Vimos de pasar unha moi boa Semana Santa, con preto dun 90% de ocupación nos días festivos tanto en hoteis como en pensións. O bo tempo deixouse sentir e iso axudou a que tamén bares e restaurantes gozasen duns cheos que esperamos se repitan nos vindeiros meses. Pero nin institucións nin profesionais podemos relaxarnos na tarefa de atraer a cada vez un maior número de visitantes. Un dos retos é incrementar a nosa conectividade con Europa. Así o explica o director do aeroporto compostelán, Ricardo López Navarro, na entrevista coa que abrimos esta revista. Tamén son importantes accións como o programa Santiago Paixón Doce, que organizou a nosa Asociación xunto co Concello de Santiago ata o pasado 17 de abril, co obxectivo de consolidar a nosa cidade como destino gastronómico e dinamizar o consumo nos nosos locais. Hostelería Compostela seguirá traballando nese senso, defendendo un sector que é motor da capital de Galicia e do que viven miles de veciños e veciñas. Que non se esqueza.

Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 comunicacion@santiagohosteleria.org Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Comunicación Asociación Hostelería Compostela Fotografía: Arquivo da Asociación Hostelería Compostela e Iván Barreiro Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010

3


“As compañías están contentas en Santiago e iso anímaas a seguir apostando por nós”

López Navarro cre que hai que aproveitar as vantaxes de ter tres aeroportos en Galicia. Foto: Iván Barreiro 4


“Temos que ser a porta de entrada a Galicia de todos os turistas europeos”

Entrevista

[ Entrevista] Ricardo López Navarro, Director do Aeroporto de Santiago Tras conseguir no 2016 o seu máximo histórico superando por primeira vez os dous millóns e medio de pasaxeiros, o aeroporto compostelán arrancou o 2017 con moi bo pé. Así, no primeiro trimestre alcanzou os 510.706 viaxeiros, unha cifra que volve a supoñer todo un récord. E tamén unha alegría para o seu director, o murciano Ricardo López Navarro, que falou con CompHostelería sobre os retos do futuro Aeroporto Rosalía de Castro. Entre eles, lograr que máis compañías tan importantes como a xermana Lufthansa se instalen na nosa cidade. Vimos dun moi bo ano en cifras de pasaxeiros. Cal é o obxectivo para 2017? Eu penso que os obxectivos sempre teñen que ser ambiciosos e realistas á vez. O que queremos é consolidar o gran crecemento que tivemos nos últimos dous anos, cercano ao 10% cada ano. Hai que ter ilusións e seguir traballando para lograr novos destinos, compañías… E neso estamos. Temos unhas previsións oficiais de crecemento moderado nos próximos anos e eu de momento remítome a elas.

Por que rutas deberiamos apostar? As rutas nacionais están moi ben cubertas. Aínda que se poderían mellorar a conexión cos nosos hubs sobre todo para turistas. Pero creo que o reto é o incremento da conectividade con Europa. Este é o aeroporto galego que ten que ser a porta de entrada a todos os turistas europeos. Por tanto, o noso obxectivo é o incremento de destinos europeos de corto e medio radio e o aumento de frecuencias. De forma que ti poidas planificar a túa viaxe a demanda. Porque iso é o que fai que os galegos aposten por voar desde Galicia, cando poden organizarse como queren. Nese senso, a lusa Oporto segue gañando a batalla… Evidentemente cando desde aquí non se ofrecen uns servizos, o pasaxeiro ten que buscar unha alternativa. É certo tamén que Oporto é moi utilizado para facer voos transoceánicos. É o segundo aeroporto dun país e ofrece moitas posibilidades. Nós temos que conseguir dar un mellor servizo.

Unha das últimas compañías en chegar a Santiago é a xermana Lufthansa. Como o valora? É unha excelente nova. Non para o aeroporto de Santiago, senón para toda Galicia. Lufthansa o que fai é abrirnos as portas a través dos seus hubs de Frankfurt e Múnich a un montón de destinos. Eu desde aquí animo a todos os galegos a que empreguen estas conexións, porque son moi rápidas e eficaces. Está a favor das subvencións aos voos? Eu defendín sempre que hai que incentivar a aposta que fagan as compañías por novas rutas, por incremento de frecuencias, etc. AENA ten un programa de incentivos que vai nesa liña. Son incentivos que nalgúns casos poden representar moitos cartos, con reducións importantes da tarifa que pagan as compañías ao aeroporto por operar aquí. Ademais, temos a sorte de que o noso está dentro do grupo de aeroportos de menos de tres millóns de pasaxeiros que poden ter tamén incentivos por incremento de pasaxeiros en ruta. Co que non estou de acordo 5


Entrevista Ricardo López dirixe o aeroporto compostelán desde o 2013. Foto: Iván Barreiro

é coa subvención que se espalle no tempo a rutas que non sexan rentables. Pronto este aeroporto levará o nome de Rosalía de Castro. Que lle parece? Recibimos a solicitude e está en trámites. Paréceme moi ben que se asocie co aeroporto un personaxe da entidade de Rosalía de Castro, tan importante para Galicia. E debería ser o de Santiago o único aeroporto galego? Non. Os tres aeroportos deben dar servizo ao territorio da mellor maneira posible. Eu non sei se construiría tres aeroportos en Galicia se tiveramos que empezar de cero, pero que hoxe en día son tres é unha realidade. E é bo aproveitar as vantaxes de telos. Unha delas é que achega o transporte aéreo á poboación. 6

Hai máis xente en toda Galicia cun aeroporto moi preto. Se lle quitas a un coruñés o seu aeroporto, vai poñer o grito no ceo. Por que? Porque lle estás quitando a posibilidade de coller un avión en moi pouco tempo. Que non pode coller todos os avións nese pouco tempo? Non pasa nada. Aí é onde entra a política de coordinación aeroportuaria. Pero é real esa coordinación aeroportuaria? Eu penso que estamos nun momento estupendo, no que hai un crecemento importante de tráfico nos aeroportos galegos – por riba dos dous díxitos non últimos anos – e que difícilmente podería ser maior do que está sendo. Por tanto, creo que se están a facer as cousas ben. Imos polo bo camiño e o que hai que intentar é consolidar estes crecementos.

A que son debidos eses aumentos? Son moitísimos os factores que inflúen. Cambiou a conxuntura económica, fixéronse cousas ben a nivel local… E tamén é certo que hai ciclos e agora estamos nun favorable. A situación xeopolítica mundial tamén favoreceu moito a España como destino turístico. Ademais as compañías están contentas en Santiago. Os factores de ocupación son bos e iso anímaas a seguir apostando por Compostela. Nós, na medida do posible, ao que contribuímos é a que a operativa destas compañías sexa o máis cómoda posible. Que teñan tempos de rotación do avión moi rápidos, que non teñan grandes retrasos atribuíbles ás nosas infraestruturas... Iso sempre axuda a que estean máis contentos e a traer máis avións aquí.


O aeroporto está inmerso nun proceso de mellora contínua para ofrecer uns niveis de calidade aos usuarios cada vez mellores. Tamén hai reformas necesarias para cumprimentos normativos. Afecta por exemplo ás pistas, ás zonas de estacionamento de aeronaves, etc. Nese senso van esas inversións. Así como no mantemento de pavimentos, o novo edificio de extinción de incendios… E dentro do edificio estamos tamén nun proceso contínuo de remodelación e mellora das instalacións. Por exemplo, agora estamos acometendo unha reforma integral dos baños para

adaptarnos ás mellores prácticas a nivel internacional. Tamén hai unha inversión moi importante nos filtros de seguridade que os nosos usuarios van poder percibir a finais deste ano. E que facemos coa vella terminal de Lavacolla que segue paralizada? Vostede ten dito que podería albergar un centro comercial ou un hotel low cost… Si, pero eu só enumero diferentes opcións que desde o meu punto de vista, que é válido como outro calquera, poderían ter viabilidade. Eu o que si que defendo é que calquera proposta que se faga para a antiga terminal, debe ser viable desde o punto de vista económico. AENA está aberta a calquera proposta seria. ❚

Entrevista

Fomento vai destinar 14,3 millóns de euros nos próximos cinco anos para o aeroporto. A que se dedicarán?

“A situación xeopolítica mundial favoreceu moito a España como destino turístico”

López Navarro, durante a nosa conversa. Foto: Iván Barreiro 7


[ Ac t u a l i d a d e ] Unha Semana Santa de éxito

Actualidade

A

pasada Semana Santa será recordada como una das mellores en canto a número de turistas vividas en Compostela nos

últimos tempos. De feito, a ocupación media rozou o 90% nos festivos (88,89% en hoteis e 88,02% en pensións). Foron días de terrazas cheas gracias ao bo tempo, de procesións e de promoción da tradición larpeira propia desta época na nosa cidade.

A Asociación Hostelería Compostela

organizou xunto con Turismo de Santiago o programa Santiago Paixón Doce. Celebrouse do 7 ao 17 de abril e participaron 29 locais, nove máis que o ano pasado. Por primeira vez, ademais de bares e restaurantes, tamén ofreceron as súas propostas confeiterías, panaderías e reposterías.

Os establecementos participantes foron:

Bicoca, Metate, O Celme do Caracol, Los Caracoles, Cre-Cotte, Casino, Cervantes, Airiños Aires, Enxa, Rey, Stollen, A Charca, Góndola, Góndola II, A Grella, Herma Pastelería, La Alacena de Cris, Farggi, Don Quijote, Pastelería Ébano, Pan da Moa, A Curtiduría, Reno e Taberna de Montes.

Todos eles ofreceron nas súas cartas

produtos e preparacións doces tradicionais da Semana Santa, como torradas, leite fritido, bolos de vento, melindres, roscas, chocolates “de paixón”, tortas ou doces conventuais.

O obxectivo do evento foi triplo:

dinamizar o consumo nos locais de Santiago durante a Semana Santa, consolidar a cidade como destino turístico gastronómico apoiándose nos produtos propios e elaboracións típicas de tempada, e poñer en valor a tradición larpeira da cidade máis aló da Tarta de Santiago.

❚ O doce presentado pola Chocolatería Metate. Foto: Iván Barreiro

8


[ Ac t u a l i d a d e ] 4.000 uñas de San Lázaro 4.000 racións deste prato tradicional, segundo as

Actualidade

N

as pasadas festas das Uñas de San Lázaro consumíronse estimacións feitas dende a Asociacións Hostalería

Compostela e Turismo de Santiago. Trátase do primeiro ano no que se fai unha estimación oficial do consumo, que apunta a importancia que ten esta festa para o barrio de San Lázaro en particular e para a cidade en xeral.

Neste ano, por primeira vez, os establecementos nos que se

puido degustar este prato típico contaron cun distintivo propio, deseñado a partires da colaboración entre Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela para promocionar esta festividade, unha das máis antigas de Galicia.

As uñas de San Lázaro puideron tomarse en 23 locais,

tres máis que o ano pasado. A maior parte dos establecementos atopábanse no propio barrio de San Lázaro, onde se celebra a Festa. Pero tamén participaron restaurantes doutros barrios da cidade que quixeron sumarse á iniciativa. ❚ Foto: Concello de Santiago

Pola aprobación da Lei de Espectáculos Públicos

A

Asociación Hostelería

que intente acordar en Xunta

Compostela participou

de Voceiros unha declaración

a mediados de marzo

institucional para instar á Xunta

nunha nova reunión da

a axilizar a tramitación da

mesa de diálogo co sector

normativa.

da hostalería nocturna que

Outro dos asuntos abordados

se celebrou no Concello.

foi unha proposta de actualización

Nesta xuntanza fíxose

do decreto de zonas saturadas

manifesta a preocupación

para introducir os criterios das

pola lentitude na

novas instrucións relativas ao

tramitación da Lei de

aforo e que se prevé aprobar

Espectáculos Públicos de

na próxima reunión da mesa.

Galicia, que segue sen estar

Ademais, o Concello mostrou a

Foto: Concello de Santiago

aprobada malia a que o anteproxecto foi presentado pola Xunta no ano 2013.

O voceiro dos hostaleiros, Ramón García, explicou que esta lei

“é o marco xurídico no que se poden regular moitos dos aspectos

súa disposición a colaborar coa campaña de concienciación sobre o ruído no exterior dos locais, chamada ‘Fala baixiño’, que promove o sector.

A mesa, presidida polo alcalde, Martiño Noriega, está formada

que lle afectan ao sector, e acabar coa inseguridade na que nos

por representantes dos distintos grupos políticos municipais e

atopamos a día de hoxe”. Por iso, demandouse ao Goberno local

empresarios e asociacións do sector da hostalería nocturna.

❚ 9


[ Ac t u a l i d a d e ] De andaina ata a Cidade da Cultura

Actualidade

A

lgúns representantes da Asociación Hostelería Compostela participaron o pasado 8 de abril

no percorrido a pé con diversas institucións e colectivos da cidade entre o Obradoiro e a Cidade da Cultura. O obxectivo desta pequena andaina, tal e como indicou o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, foi evidenciar a proximidade do Gaiás co centro de Santiago, e dirixir a atención sobre unha fermosa ruta a pé, apta para todos os públicos, que combina atractivos de patrimonio histórico, artístico e medioambiental. ❚

Fotos: Óscar Corral

10


[ Ac t u a l i d a d e ] Visitamos a exposición ‘Da árbore á cadeira’

A

nosa Asociación asistiu tamén no pasado mes á inauguración da novembro no Museo Centro Gaiás. Nela propónsenos unha viaxe

emocional da materia ao produto, da madeira ao mobiliario doméstico. Comisariada polo arquitecto Carlos Seone, a mostra dirixe a ollada dos visitantes cara á riqueza ambiental dos bosques, a tradición en Galicia dos oficios vinculados ás artes da madeira e ao deseño contemporáneo do moble.. ❚

Actualidade

exposición ‘Da árbore á cadeira’, que se poderá visitar ata o 5 de

Amplíanse os horarios de peche durante as festas da Ascensión

A

Xunta de Galicia acaba de autorizar a ampliación a unha hora máis de apertura para os locais de hostalaría do 22 ao 28

de maio, datas nas que se celebrarán as Festas da Ascensión.

Asimesmo, o Concello de Santiago

autorizou unha hora máis de funcionamento das terrazas. Será ata a 1 da madrugada nos meses de maio, xuño e setembro durante a semana e ata as 2 da madrugada os sábados (noites do venres ao sábado) e domingos (noites do sábado ao domingo). ❚

11


[ Ac t u a l i d a d e ] Lucio Blázquez gañou o premio ‘Lola Torres’

A

presidenta da nosa Asociación, Sara Santos, asistiu ao acto de entrega do XV

Actualidade

Premio Nacional de Gastronomía Tradicional ‘Lola Torres’, impulsado pola Fundación Amigos de Galicia en colaboración con Turismo de Galicia e o

Concello de O Grove. O gañador foi o cociñeiro madrileño Lucio Blázquez, do popular restaurante Casa Lucio.

Este Premio distingue anualmente a aqueles cociñeiros pola súa excelencia no

campo da cociña clásica. A de Lucio foi a escollida por un xurado de entre un total de 147 propostas de toda a Península Ibérica, incluíndo cinco cociñeiros portugueses. O galardón recoñece a súa labor durante tantos anos, desde os seus inicios como aprendiz na posguerra, ata a súa etapa á fronte de Casa Lucio, unha “lanza da cociña española a nivel mundial”.

O premio foi entregado polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a

directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. O Goberno galego está a impulsar diversas iniciativas co obxectivo de promover e poñer en valor a cociña galega. Entre outras, cabe destacar que a gastronomía é unha das principais liñas de traballo na nova Estratexia turística de Galicia, coa intención de que se converta nun dos elementos tractores que permitan alongar as temporadas do sector turístico galego; ou a creación da figura do Comendador da Gastronomía de Galicia, unha distinción honorífica anual que se outorgará este ano por vez primeira a todo aquel que contribúe a promoción do turismo na comunidade a través dos produtos alimentarios e da cociña. ❚

Novos socios

[ No v o s s o c i o s ]

SO NGRE ntouto, 4 O C L HOTE ámoas de Mo sM 90 80 Rúa da 81 81 9 – m o g reso.co Santia telcong o h @ s reserva

12

O Hotel Congreso ofrece todas as facilidades para unhas vacacións inesquecibles, reunións de empresa ou vodas. Dispón de piscina, traslado con suplemento, conexión WIFI gratis e admite mascotas. No seu compromiso de mellorar continuamente, as instalacións están certificadas coa marca Q de Calidade Turística e ISO 9001. ❚


[Opinión]

Martiño Santos Sumiller en VIDE, VIDE! Espazo enocultural.

N os manuais que nos axudan a xestionar un negocio de hostalería, atoparemos de xeito reiterado un par de recomendacións básicas á hora de plantexar a oferta de viños. A primeira, en función da ubicación do restaurante, dar máis protagonismo na carta aos viños máis próximos se está situado nunha zona produtora de viños, con máis motivo se a oferta gastronómica tamén aposta polo produto “local” ou “de proximidade”. A segunda, ordenar os viños por denominación de orixe ou zona de produción priorizando as máis cercanas e, dentro delas, por tipo de viño (espumantes, brancos xóvenes e maduros, tintos lixeiros e con crianza, doces…). A nosa hostalería é un punto de encontro privilexiado entre produtores/elaboradores de produtos gastronómicos, e o público consumidor local e visitante. Vivimos nun país cunha riqueza e calidade inmensa de produto, e ás veces esquéc ese, pero tamén de grandes profesionais da restauración coa capacidade de sacar o mellor de cada produto e a humildade de cederlle a este todo o protagonismo no goce do prato final. O mundo dos viños galegos, de longuísima tradición histórica, está hoxe nas súas distintas elaboracións en mesas internacionais colleitando recoñecementos e harmonizando cociñas de moi distintas procedencias. É tamén o viño galego un produto “natural”, agrario, local e de proximidade, con procedencia no cultivo da vide nas terras das nosas aldeas. Un produto que respira e se nutre da mesma natureza que os mellores produtos gastronómicos das nosas mesas. Que harmoniza á perfección coa gastronomía galega. 5 denominacións de orixe con subzonas peculiares, 4 indicacións xeográficas protexidas (viños da terra), outras zonas de produción históricas fóra das delimitacións creadas ata o momento, máis de 70 variedades de uva cultivadas e rexistradas oficialmente, distintas áreas climáticas diferenciadas e multitude de mesoclimas, pluralidade de tipos de terreo, todo tipo de elaboracións nas adegas… Todo isto dá como resultado unha inmensa variedade de viños posibles dentro da produción vitivinícola galega actual. Para cada prato, para cada ocasión.

Atlanticidade Os viños galegos prodúcense baixo condicións climáticas de predominancia atlántica, na parte atlántica de Europa en contraposición á mediterránea. Por certo, coma moitos dos considerados mellores viños do mundo (La Rioja, Burdeos, Borgoña, Champagne, Alemania). É boa zona para facer viños? Parece que si. Esa maduración máis lenta da uva fai dos viños galegos viños máis frescos, de aromática sorprendente e presenza viva e brillante. Dentro dese marco xeral, as altas temperaturas estivais de Monterrei e Valdeorras no interior ofrécennos viños con máis alcohol e menor acidez, fronte á maior lixeireza e frescura das Rías Baixas na costa galega. Ribeiro e Ribeira Sacra, no centro, representan un equilibrio intermedio entre eses dous extremos. Que nos apetece máis? Pois dependerá dos gustos e da ocasión, pero hai onde escoller.

Opinión

CARTA DE VIÑOS

Terra de tintos A especialización comercial na produción de brancos, non nos fai esquecer unha elevada preferencia no consumo de tintos, a recuperación actual da elaboración de tintos sorprendentes, e un maior equilibrio na presenza dos tintos na nosa historia vitivinícola pasada. Hoxe vólvense facer tintos en todas as zonas de produción, desde as Rías Baixas, pasando polo Ribeiro, ata Negueira de Muñiz. Os nosos tintos sorprenden pola súa autenticidade, pola presenza das características máis primarias e frutais, porque o viño de verdade non está tapado polas notas que aportan as barricas novas de carballo americano nas adegas. Calquera visitante afeito a probar viños de distintas partes do mundo, abrirá os ollos con grata sorpresa diante deste descubrimento. Aquí herdamos décadas co hábito de ser os principais consumidores de Rioja do Estado, en particular dos máis madeirizados fronte aos colleiteiros (máis lixeiros e froiteiros) que beben eles. Recuperaremos tantos gustos, sabores e aromas perdidos? Seguro. Xa o estamos a facer, con sorpresa e orgullo. ❚ 13


14


[Na barra con ….] Rubén Vilariño da Bodeguilla de San Lázaro

Contento con este galardón, non si? Si, é un orgullo moi grande. Foi algo case de improviso! Presenteime ao campionato e cando me chamaron para ir xa non me acordaba que mandara o formulario. Estaba nas miñas vacacións! Tiven unha semana para preparalo e ao final saíu ben e trouxen o título para Santiago. Como é un concurso deste tipo? O campionato constou de tres rondas. Eramos 30 participantes. Na primeira ronda tivemos que tirar dúas cañas e servir unha 1906 Reserva Especial. Entón eliminaron a 20. Na seguinte ronda tiramos unha caña, servimos unha 1906 Reserva Especial e unha 1906 Red Vintage. De aí pasamos cinco á final. Tivemos que pasar unha proba teórica, tirar dúas cañas e servir unha 1906 diante do xurado. E nese momento xa importaban moito máis os nervos porque duplicouse o público, había cámaras, fotógrafos… Non me esperaba para nada gañar.

Cal é o segredo para tirar unha boa cervexa? É bastante simple. Hai que mollar a copa antes de refrescala. Despois facer o descarte, que é esa escuma que queda no grifo de cando tiramos a anterior. Hai que inclinar a copa 45 graos e ter precisión para, ao chegar ao 75% da súa capacidade, cortar dun só golpe. Remátase coa coroación, que é crear o ‘giste’, é dicir, a escuma que queda enriba da caña. Canto tempo levas tirando cervexas? Eu nacín nun bar, como quen di. Meus avós e meus pais tiñan locais de hostalaría en Outes. Con 10 anos xa andaba por dentro da barra e con 14 servín as miñas primeiras cañas. Logo intentei estudar outras cousas pero na clase aburríame. Abandonei todo e estudiei o ciclo de Servizos en Restauración no CIFP Compostela. Antes xa empezara a facer extras e cando estaba coas prácticas

finais do ciclo, combineino cun traballo como encargado dun novo restaurante en Muros. Foron tres meses moi intensos pero non me arrepinto porque foi unha gran experiencia. Consideras importante a formación nesta profesión? É moi importante. Sobre todo hoxe en día. Tes que estar continuamente formándote. Cada vez hai un cliente máis esixente e a competencia é brutal. É unha profesión dura se non che gusta. Esas persoas que se dedican á hostalaría porque non atopan traballo doutra cousa, recoméndolles que nin se acheguen. Levas traballando na Bodeguilla de San Lázaro case un ano. Que destacarías dela? Sobre todo a profesionalidade que hai. Tanto aquí como na Bodeguilla de San Roque ou de Santa Marta. Cando me enterei por compañeiros que buscaban persoal, non o dubidei porque a verdade é que sempre me fixera ilusión traballar aquí. Desde que era estudante en Santiago, viña como cliente e gustábame. Aquí destacamos moito no corte de xamón, porque teño un compañeiro que foi campión de España, pero tamén na cociña. Non imaxinas a cantidade de solombiños ao queixo que se piden! Pero sobre todo, sobresaen as tixolas. Poden ser con produtos de mar ou de terra ou incluso mesturándoos. Por exemplo, a tixola de cogomelos, gambas e algas. ❚

Na barra con ...

T

en só 26 anos e xa é o Mellor Tirador de Cervexa da nosa comunidade. Rubén Vilariño gañou o certame organizado por Estrella Galicia, todo un orgullo para un rapaz que se criou tras unha barra e que ama a profesión de hostaleiro. Mentras se imprimía esta revista, o camareiro da Bodeguilla de San Lázaro participaba na final nacional disposto a deixar en moi bo lugar á nosa terra. De seguro, que así foi.


A MADEIRA E AS SÚAS ARTES EXPOSICIÓN 7 ABR—5 NOV 2017 MUSEO CENTRO GAIÁS cidadedacultura.gal

ORGANIZAN:

COLABORAN:

CO PATROCINIO DO FONDO GAIÁS DA EMPRESA GALEGA:

CO APOIO DE:


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.