Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 176 | setembro - outubro 2017
FACEN DO CI DADE
Os hostaleiros implícanse no mantemento dunha Compostela limpa e segura
REFRÉSCATE CON LOS DE SIEMPRE
Coca-Cola, el disco rojo y la botella Contour son marcas registradas de The Coca-Cola Company.
PÁXINA 4
[Reportaxe] Unha cidade limpa
PÁXINA 8
[Actualidade] • Por un turismo seguro
PÁXINA 10
• Novos estatutos
PÁXINA 12
• Comunidade para promover a sustentabilidade na hostalería
• III Gala Show Cooking de Tapas por Galicia
[Novos socios] PÁXINA 13
• G r a n H o t e l L o s A b e t o s
• A C D C R e s t a u r a n t e
[Toda unha vida] PÁXINA 14
O POTE
[ E D I TO R I A L ] Moito se ten falado nos últimos tempos daqueles que nos visitan. Tristemente a palabra ‘turismofobia’ está collendo cada día máis sona, sobre todo noutros lugares de España onde o sector está masificado e algunhas persoas non teñen un comportamento axeitado. Pero Santiago non é Mallorca. O noso turismo ten un perfil diferente, cultural, relixioso, gastronómico. E as rúas están cheas, si. Pero non tanto os hoteis nin os restaurantes. Son moitos, por exemplo, os que chegan en excusións, dan unha volta pola Zona Vella, consumen unha bebida e un bocata e marchan. Por iso temos que seguir traballando por ofrecerlles a nosa mellor cara. Non só queremos que veñan. Queremos que pernocten, proben os nosos menús e se divirtan moito máis do día e medio do que sempre falamos como estancia media. Para iso é importante, entre outras cousas, ofrecerlles un entorno limpo e seguro. Así, neste número, falamos das medidas que podemos tomar como hostaleiros que teñen que ver coa reciclaxe de diferentes materiais e a recollida do lixo. Tamén vos informamos das actuacións que levan a cabo desde a Policía Nacional para manter a nosa seguridade, un asunto que está de máis actualidade que nunca tralos recentes atentados en Cataluña. Chegan ademais novos tempos para a nosa Asociación. Pronto celebraremos eleccións adecuadas aos novos estatutos que vimos de aprobar en Asamblea e dos que vos informamos en páxinas interiores. O obxectivo é ser unha entidade moito máis resolutiva, eficaz e que estea á altura de todos e cada un dos nosos socios e socias.. ❚
Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 comunicacion@santiagohosteleria.org Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Comunicación Asociación Hostelería Compostela Fotografía: Arquivo da Asociación Hostelería Compostela e Iván Barreiro Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010
3
Foto: Turismo de Santiago
4
Reportaxe
[ Reportaxe] UNHA CIDADE LIMPA Un dos principais criterios para escoller un restaurante para comer ou un hotel para durmir é a súa limpeza. Do mesmo xeito que coidamos os nosos negocios, tamén é un deber do hostaleiro axudar a manter a hixiene nas rúas da nosa cidade. Por iso, a Asociación Hostalería Compostela traballa por facilitar este labor aos seus asociados, en colaboración directa co Concello de Santiago. Así, recentemente trasladáronse ao concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, as diferentes problemáticas relacionadas coa recollida de lixo que afectan ao sector. Entre elas, os horarios de paso dos camións do lixo, o aumento de frecuencias na recollida de contedores de cristal ou a instalación de máis contedores en zonas sensibles como Porta Faxeira. O edil amosouse disposto a estudar todas as posibilidades. Nunha reunión mantida xunto con
representantes de Vicus Francorum (Asociación de Bares e Restaurantes do Franco) o pasado mes de xullo, tamén se abordou a situación concreta da rúa do Franco, onde se estaban a producir depósitos irregulares de residuos por parte dalgúns dos locais de hostelería. Ambas entidades comprometéronse entón a instar aos seus socios a cumprir coa normativa e velar así polos intereses no só do sector, senón de toda a cidade. Os obxectivos son ter unha rúa máis limpa e facilitar a convivencia cos veciños e turistas; ademais de evitar as sancións que a Administración local poida impoñer ante as condutas infractoras máis graves.
1º.- Se os contedores non son suficientes, hai que depositar todos os desperdicios na compactadora situada fronte a Correos e evitar así depositar residuos na rúa. 2º.- O cristal non pode ir nas bolsas. Ten que depositarse nos contedores de cristal que se están facilitando. 3º.- O cartón debe depositarse nos contedores de cartón (ou na compactadora) pregado.
Os socios de ambas entidades recibiron unha carta na que se lles explica as diferentes medidas a tomar:
5
Reportaxe
pequenos portes e limpezas en edificios e locais).
Responsabilidade do ACEITE USADO DE COCIÑA NOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS Recíclao!! Responsabilízate!! Por Miguel Fernández Blanco Administrador único de Compostela Inserta EIl, S.L.
Información LegalLgal A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia detectou en moitos casos (así o pon de manifesto a través das notas informativas que publica) que os restauradores/ establecementos hostaleiros descoñecen a quen entregan o aceite usado de cociña, realizando a entrega en numerosas ocasións a empresas non habilitadas legalmente para a prestación deste servizo, xerando un incumprimento na normativa legal. Para o cumprimento da normativa vixente, por parte dos restauradores, e para que estes queden libres da súa responsabilidade relativa ao residuo que xeran, é preciso comprobar que a entrega do residuo faise de modo correcto; pois a normativa legal establece que ten que ser: A) A unha empresa transportista contratada por unha empresa xestora do residuo B) Que sexa retirado directamente por unha empresa xestora C) Realizar a contratación directa dunha empresa transportista a modo individual que asegure a entrega a unha empresa legal xestora do mesmo Soamente estas empresas entregarán un comprobante de correcto destino do residuo, segundo o modelo oficial existente, e soamente o proceso realizado deste modo exime ó produtor da súa responsabilidade. COMPOSTELA INSERTA EIL, S.L. Compostela Inserta EIl, S.L. é unha empresa de inserción sita en Santiago de Compostela, promovida pola Asociación Plataforma polo Emprego, que realiza este tipo de recollida con garantía de legalidade e de balde, para todo aquel establecemento hostaleiro que o solicite.(TLF: 981 58 05 06). Trátase dunha empresa (Empresa de inserción) que traballa no campo da Economía Social, sendo unha entidade sen ánimo de lucro que reinvirte os seus excedentes na contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social; Traballa no marco da economía circular (destina o aceite a un reciclado en biodiesel) e a colaboración coa empresa no marco das súas actividades implica un traballo de Responsabilidade Social. (Ademais da recollida de aceite de cociña, realiza 6
Na actualidade, Compostela Inserta é a empresa de recollida de aceite de referencia na cidade, contando co apoio do Concello de Santiago e da Asociación de Hostalaría de Santiago de Compostela. Proximamente realizarán un convenio para a recollida de aceite nos establecementos hostaleiros de Santiago de Compostela, converténdose na empresa recomendada para a recollida. Ademais poñerán en marcha unha campaña conxunta RECÍCLAO!!RESPONSABILÍZATE!! que vai destinada á que os establecementos hostaleiros e restauradores coñezan a normativa legal que os vincula en relación ó aceite vexetal usado e ao recoñecemento dunha responsabilidade social empresarial por parte dos mesmos, mediante a entrega dun premio a aquel establecemento que máis aceite usado recicle con Compostela Inserta Eil, S.L. A correcta reciclaxe do aceite vexetal usado implica numerosos beneficios que recaen sobre todos, evitando grandes perxuízos e facelo con Compostela Inserta conleva un beneficio maior: • AFORRAS: Redúcense os custos dunha mala xestión de residuos (elimínase un residuo altamente contaminante da rede de sumidoiros); facilita a reutilización da auga depurada; non obstrúe as tubaxes; disminúe a proliferación de organismos prexudiciais para a saúde e os malos olores; abarata a depuración das augas residuais, o que implica menores custes á cidadanía en xeral no seu pago de impostos. • XERAS EMPREGO: Colaboras cunha entidade sen ánimo de lucro e de carácter social aumentando a posibilidade de maior contratación de persoal. • COIDAS O MEDIO AMBIENTE: Obtense combustibles mais ecolóxicos coma o biodiesel, preservando a biodiversidade de mares e océanos e favorecendo a conservación do medio ambiente ó evitar o consumo de combustibles coma a gasolina ou o gasoil.
CERRADOS TORTUGA NADANDO
CON UN PEQUEÑO GESTO CONSIGUES MÁS DE LO QUE CREES Si tardas menos en ducharte, cierras grifos y regulas la temperatura, los mares, ríos y lagos, seguirán siendo sostenibles. Y tú pensando que sólo estabas ahorrando en agua caliente.
WWW.PEQUEÑOSGESTOS.ES // WWW.IDAE.ES
7 AF_PUBLICIS_IDAE_CompHosteleria_190x259_A_ES_Tortu.indd 1
14/8/17 12:47
[ Ac t u a l i d a d e ] POR UN TURISMO SEGURO
Actualidade
D
espois do atentado de Barcelona o pasado mes
A Policía facilita un impreso de acreditación, cun usuario e
de agosto, manter a seguridade nunha cidade tan
contrasinal para o seu portal web. Unha vez dentro, pode
turística coma a nosa preocupa máis que nunca. Por
elexirse entre dúas opción: cargar un arquivo se o listado é
iso, o Concello decidiu tomar algunhas medidas como
extenso ou cubrir un formulario.
colocar bolardos e maceteros en lugares sensibles. Pero
Todo aquel que teña dúbidas sobre o xeito de proceder, pode
que podemos facer nós coma hostaleiros? É fundamental
chamar ao teléfono 981 551 100 ou dirixirse á comisaría da
informar aos corpos e forzas de seguridade sobre as
Policía Nacional en Santiago, situada na Avenida de Figueroa 3,
persoas que pernoctan nos nosos negocios.
na que se lle resolverán todas as dúbidas.
Así, segundo a Orde INT/1922/2003, do 3 de xullo, sobre libros-rexistro e partes de entrada de viaxeiros en
Plans de turismo e comercio
establecementos de hostalería é unha obriga de todo o sector
A Secretaría de Estado de Seguridade, a través das delegacións
cumprimentar o libro-rexistro, así como remitir o parte de
de Participación Cidadá, ten postos en marcha en todo o
entrada de viaxeiros á Comisaría da Policía Nacional en
territorio español uns plans dedicados ao turismo e ao
Santiago, que é quen ten competencia nesta materia na nosa
comercio. Os obxectivos xerais son:
zona. Debe facerse con todos os hóspedes maiores de 16 anos, aínda que tamén é aconsellable informar sobre os menores. Esta medida tamén inclúe aos pisos turísticos. Non facelo,
• Proporcionar un entorno seguro ao sector. • Aumentar a competitividade, grazas precisamente ao incremento da seguridade.
• Proporcionar unha atención axeitada ao turista doutros
supón diferentes tipos de saccións.
países. Isto faise a través do SATE (Sistema de Atención
Como facelo
ao Turismo Estranxeiro), que consisten, entre outras
O establecemento debe pasar os datos á Policía Nacional
cousas, en ter formularios de denuncia en todos os
cubrindo un modelo de parte de viaxeiro que se pode atopar
idiomas e actuar de xeito rápido en situacións especiais
no BOE ou confeccionando un propio que conteña os datos
como nos casos en que o turista ten que marchar do
relevantes. Estas fichas poden enviarse de forma telemática.
país, para proporcionarlle documentación, ou incluso declaracións rápidas no xulgado…
•
Colaborar co resto de institucións
públicas e privadas que teñen responsabilidade no sector: seguridade privada, asociacións de comerciantes, asociacións de veciños…
•
Reforzar as medidas de comercio
seguro que xa de por si establecen as distintas administracións. En definitiva, do que se trata é de coñecer de primeira man os problemas do sector e darlle unha resposta áxil e eficaz. Estos plans están en vigor todo o ano pero se incrementan de maneira especial cando máis afluencia hai de turistas como no Apóstolo, mes de agosto, Xacobeo…. ❚
Foto: Turismo de Santiago 8
El Gas de Repsol
La energía que cubre todas las necesidades de tu negocio
Cuenta siempre con el Gas de Repsol, una alternativa energética eficiente gracias a su alto poder calorífico, que te ofrece: Asesoramiento energético gratuito: te ofrecemos un proyecto llave en mano y financiación. Con tu depósito de gas, instalación y mantenimiento gratis*. Descuentos personalizados en el consumo del gas.
Llama ya al 901 100 125 o infórmate en repsol.es *Oferta comercial de Repsol Butano, S.A. (c/ Méndez Álvaro, 44. 28045 Madrid) válida hasta el 30 de abril de 2018 para contratos de Plan Personalizado con depósito individual en instalaciones que se den de alta antes del 31 de diciembre de 2017. La cuota de instalación (obra mecánica del depósito y receptora exterior) será 0€ para consumos superiores a 1.000 kg y con volúmenes de depósito iguales o inferiores a 2.450 litros, o consumos de 1.500 kg con volúmenes de depósito superiores a 2.450 litros. La cuota de servicios correspondiente al mantenimiento reglamentario será 0€ para toda la duración del contrato independientemente del consumo. Más información y bases notariales en repsol.es
9
[ Ac t u a l i d a d e ] NOVOS ESTATUTOS
Actualidade
A
chéganse novos tempos para a Asociación
pola Xunta Directiva, o socio terá todos os dereitos
Hostelería Compostela, que vén de aprobar
inherentes á súa condición.
en Asamblea Xeral a modificación dos seus
Será necesario que o novo socio estea en posesión
estatutos. Un dos puntos clave destes cambios ten
dos requisitos necesarios para o inicio da actividade
que ver cos requisitos para poder ser membro
ou como mínimo, debe acreditar ter realizada a
afiliado. Por un lado, o tipo de negocios que poden
solicitude.
asociarse amplíase incluíndo agora os apartamentos
A partir de agora, ademais, a Xunta Directiva poderá
turísticos.
suspender a condición de socio de forma automática
Por outro, nestes novos estatutos especifícase que
de aqueles que estean inmersos nunhas dilixencias
para ser membro da Asociación, haberá que solicitalo
previas coa condición de imputados ou investigados
por escrito, por comparecencia na nosa sede da rúa
pola súa xestión como directivos en asuntos da
Salvadas ou por calquera outro medio que deixe
Asociación. A suspensión durará o tempo que duren
clara a intención de asociarse. Unha vez aprobada
os procedementos penais. Converterase entón en
A Sala de Prensa das instalacións da Asociación Hostelería Compostela na rúa Salvadas.
10
baixa definitiva no caso de condena en sentencia
En canto á Xunta Directiva, esta reduce o seu
penal. E se resultan absoltos ou se arquiva a causa,
tamaño pasando de vintecatro a doce membros,
recobrarán a condición de socios con todos os seus
seis pertencentes ao sector de hospedaxe e seis
dereitos e obrigas.
ao de restauración. Estes exercerán o seu cargo
Outra novidade é que dentro do artigo 5 dos Estatutos,
gratuitamente, sen que en ningún caso poidan
aquel que regula o obxectivo da Asociación na
recibir retribución polo desempeño da súa función,
xestión, defensa e coordinación dos intereses común
aínda que poderán recuperar os gastos que lles
dos seus membros afiliados, inclúese como unha
ocasione o exercicio dos seus cargos sempre que
función da nosa entidade a promoción da formación
estean debida e formalmente xustificados.
dos asociados mediante a posta en marcha de cursos
Para adecuar esta nova forma de goberno ao día
e eventos formativos. Unha medida que na práctica xa
a día da Asociación, acordouse a celebración de
se estaba levando a cabo.
eleccións á Xunta Directiva. Está previsto que a votación teña lugar o 25 de setembro.
Xunta Directiva
Os estatutos indican que os comicios deben
Os novos estatutos da nosa Asociación establecen unha
convocarse con vinte días naturais de antelación,
presidencia única, eliminando a dobre figura que existía
como mínimo. Poderanse presentar candidaturas
ata o de agora cun presidente da rama de restauración e
ata dez días antes do sinalado para a votación.
outro da rama de hospedaxe.
Todas elas deberán ter doce membros, seis deles
A persoa que sexa presidente exercerá como tal durante
de hospedaxe e seis de restauración, e terán
os dous primeiros anos de mandato. Despois intercambiará
que especificar quen é o presidente e quen o
o seu cargo co vicepresidente para os dous seguintes . Iso
vicepresidente (un de cada sección). Os votantes
si, o presidente e vicepresidente non poderán pertencer
de restauración escollerán aos candidatos da
á mesma sección. Un será de hospedaxe e outro de
mesma e os de hospedaxe aos seus. Se hai unha
restauración. Só o acordo unánime da Xunta Directiva
soa candidatura, non haberá eleccións e quedará
exime do cumprimento desta substitución.
proclamada como a elexida.
❚
VESTUARIO , CALZADO Y UTENSILIOS PARA HOSTELERIA.
C/Rodriguez de Viguri,6 | 15703 Santiago de Compostela TFNOS: 981 56 49 85 // 616 512 486 | TIENDA ONLINE: www.utimaq.com 11
[ Ac t u a l i d a d e ] NACE A COMUNIDADE PARA PROMOVER A SUSTENTABILIDADE NA HOSTALERÍA
Actualidade
C
oca-Cola e a Comunidade #PorElClima acaban de
Se xestionas un establecemento hostaleiro, únete para
poñer en marcha este verán a plataforma Hostalería
loitar contra o cambio climático! Só tes que rexistrarte
#PorElClima, destinada a axudar aos establecementos
en porelclima.es/hosteleria-porelclima e comezar a
hostaleiros a aplicar accións que lles permitan converterse
implementar accións para reducir o impacto ambiental do
en espazos máis sustentables e reducir a súa pegada
teu negocio.
ambiental, contribuíndo ao obxectivo mundial de unir esforzos contra o cambio climático. O compromiso #PorElClima contempla a creación de comunidades sectoriais con consellos ambientais adaptados á realidade de cada negocio, como a plataforma Hostalería #PorElClima que podes visitar na páxina web porelclima.es Os obxectivos da plataforma son difundir a iniciativa Comunidade #PorElClima, promovida pola Fundación ECODES, entre o sector da hostalería; axudar aos establecementos implicados a ser máis sustentables co medio ambiente con consellos, ferramentas e boas prácticas; e dar visibilidade e crear concienciación de que todos podemos loitar contra o cambio climático.
O REPRESENTANTE DO SANTIAGO(É)TAPAS, SEGUNDO PREMIO DO XURADO POPULAR NA III GALA SHOW COOKING DE TAPAS POR GALICIA
O
chef Pablo Vila, do Hotel Oca Puerta del Camino, representante don concurso Santiago(é)Tapas 2016, gañou o segundo premio do xurado popular na III Gala
Show Cooking de Tapas por Galicia 2017 co seu ‘Pan con chocolate e mirabeles’. Neste evento, organizado por Turismo de Galicia, participaron os gañadores das edicións de 2016 dos concursos de tapas das sete cidades galegas. A directora deste ente, Nava Castro, explicou durante a gala que na Estratexia do Turismo 2020 inclúese, entre outras medidas, o impulso á enogastronomía cun marcado enfoque turístico e no que terá cabida tanto a cociña de vangarda como a máis tradicional. A Asociación Hostelería Compostela xa está traballando, xunto co Concello de Santiago, na décima edición do Santiago(é)Tapas, que se celebrará no mes de novembro na nosa cidade.
12
TOS S ABE O L L E HOT go) GRAN (Santia zaro s/n San Lá 7 026 s.com 981 55 sabeto o ll e t o ranh info@g
AURANT AC DC REST antiago) , 41 (S Rúa do Franco 881 031 025 nt@gmail.com acdcrestaura
Unha contorna incomparable, 149 habitacións, máis de 10.000 metros cadrados de xardín botánico, vilas exclusivas, salóns para eventos, capela propia, e aínda por riba, un dos mellores restaurantes da cidade: restaurante O Bordón. Así é o Gran Hotel Os Abetos, un 4 estrelas Superior que grazas a un equipo de grandes profesionais e unhas instalacións de máximo confort garántenlle unha estancia perfecta desde o principio ata o final. www.granhotellosbetos.com ❚
Novos socios
[ No v o s s o c i o s ]
Restaurante especializado na cociña tradicional, aínda que sempre co toque persoal do seu chef Manuel Neiro, na súa carta apostan polo produto fresco e de tempada. Dirixido por Manuel Neiro e Paula Paz, o AC DC oferta menús especiais para reunións familiares, de traballo ou de ocio. Un lugar, onde recibidos por un sorriso, os clientes gozan de momentos de lecer, acompañados de sensacións que darán pracer ao seu padal. ❚
13
Enrique e Celsa abriron O Pote no Ensanche compostelán, na Rúa Nova de Abaixo.
14
[ To d a u n h a v i d a ] Celsa Pose e Enrique González de O POTE
A historia de O Pote comeza no 1976. Celsa e Enrique, naturais de Val do Dubra, casaran dous anos antes e marcharan a traballar a Inglaterra. Pero alí ela non era feliz. Tiña morriña. Así que decidiron regresar e, tras un tempo na Coruña, chegaron a Santiago na procura dun local. “Abrimos na Rúa Nova de Abaixo cando aínda non había nada por alí. Só dous bares, nada máis. Fumos os terceiros. Despois empezaron a abrir moitos. Daquela a rúa era terra, non estaba nin asfaltada”, recordan. Uníronse xa entón á Asociación Hostelería Compostela. “E sempre estivemos contentos con eles”, aseguran. Os primeiros foron tempos de moito éxito nos que servían comida caseira tradicional galega a moi bo prezo. “Cobrabamos 100 pesetas por un menú”, destaca Enrique entre risos. O pulpo, a carne e o polo asado e a zorza eran as especialidades da casa. Unhas propostas culinarias que fascinaban aos estudantes universitarios. “Faciamos moitas ceas para
20, 30 persoas... E as fins de semana viñan a tomar as copiñas. Pero a universidade foi indo a menos, a xente baixou moitísimo, foron pechando locais, os alugueres están moi caros…”, lamenta. Para eles, os estudantes eran coma da súa familia. “Tivemos moi boa clientela sempre. En 40 anos xamais veu a Policía á nosa casa. Nunca houbo ningún problema”, apunta Celsa. “E de maiores, viñan cos seus fillos a vernos e lles dicían: Mirade, aquí era onde nos tomabamos as tazas!”, engade cun sorriso. Nestes últimos anos seguían servindo un menú a 8 euros con dous pratos, sobremesa e unha bebida. “E con bos produtos! Teño ido a vodas e pensar: quen me dera a miña carne asada de 8 euros aquí e non esta!”, ri Celsa. En O Pote os dous deixáronse a pel. “A hostalería é moi escrava. E se non estás atento todos os días ao teu traballo, non vas para adiante. Traballamos desde pola mañá á noite”, afirma Enrique. A parte boa do negocio sinálaa Celsa: “Falas con moita xente, fas moitas amizades, tes moita xente que che quere ben…”. Por iso dálles moita pena ter que deixalo. Pero os anos pesan e as forzas non son as mesmas. “Moitos teñen chorado comigo por ter que pechar. Tiñamos aí media vida. É triste. Pero sabes que chega un momento en que hai que dicir adeus”. Agora tócalles descansar e divertirse doutro xeito.
Téñeno ben merecido! ❚
Toda unha vida
D
espois de 40 anos, Celsa Pose e Enrique González dixeron este verán adeus ao seu restaurante O Pote. Fixéronno cunha gran festa o pasado 25 de xullo, na que non faltou nin o churrasco nin o pulpo que tanta sona lles deu. Foi unha despedida na que estiveron rodeados de familiares e amigos. Só uns poucos de todos aqueles que fixeron tras catro décadas servindo na barra deste bar do Ensanche compostelán.
15