Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 178 | xaneiro - febreiro 2018
PARA PRESUMIR O Premio ‘Bib Gourmand’ para A Horta D’Obradoiro, o gran nivel do X Santiago(é)Tapas… A hostelería compostelá, cada día máis aplaudida
Nava Castro e Rafael Sánchez fan balance do éxito turístico
Banco de Sabadell, S.A., Avda. Óscar Esplá, 37, 03007 Alicante, Inscrito en el Registro Mercantil de Alicante, tomo 4070, folio 1, hoja A-156980, NIF A08000143. Condiciones revisables en función de la evolución del mercado. Serán de aplicación las que estén en vigor en el banco en el momento de la formalización. Documento publicitario. Fecha de emisión: Noviembre 2017
Una cosa es decir que trabajamos en PRO de su negocio. Otra es hacerlo:
Cuenta Expansión
Negocios PRO
Bonificamos tu cuota de asociado
1 /6
Este número es indicativo del riesgo del producto, siendo 1/6 indicativo de menor riesgo y 6/6 de mayor riesgo.
Banco de Sabadell, S.A. se encuentra adherido al Fondo Español de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito. La cantidad máxima garantizada actualmente por el mencionado fondo es de 100.000 euros por depositante.
---------------------------------------------------------------------------------------
10%
+
de tu cuota de asociado máximo 50 €/anuales.*
Gratis Servicio Kelvin Retail, información sobre el comportamiento de tu negocio.1
+
0
+
comisiones de administración y mantenimiento.2
Gratis Una tarjeta de crédito y una de débito por titular y autorizado.
Y muchas más ventajas. La Cuenta Expansión Negocios PRO es la cuenta pensada para que despachos profesionales, autónomos, comercios y pequeñas empresas se hagan grandes.
--------------------------------------------------------------------------------------Llámanos al 902 383 666, identifícate como miembro de tu colectivo, organicemos una reunión y empecemos a trabajar.
--------------------------------------------------------------------------------------*Te abonamos el 10% de tu cuota de asociado hasta un máximo de 50 euros anuales por cuenta, con la cuota domiciliada. El abono se realizará durante el mes de enero del año siguiente. 1. Contarás con un servicio periódico de información actualizada sobre el comportamiento de tu comercio, tus clientes y tu sector, para ayudarte en la toma de decisiones. También te ofrecemos el TPV en condiciones preferentes. 2. Rentabilidad: 0% TAE. {Campanya_var_ServNoFinan} CRISTALWARE CONSULTING SERVICES S.L.U. es la entidad encargada del servicio de orientación jurídica telefónica y PEOPLE VALUE, S.L. es la entidad encargada del servicio de descuentos y beneficios. Los citados servicios serán prestados de acuerdo con las condiciones que dichas entidades tengan establecidas en cada momento, sin intervención ni responsabilidad alguna de Banco de Sabadell, S.A. El banco es ajeno a cualquier incidencia y/o circunstancia derivada o relacionada con la prestación de los servicios, los cuales, en todo caso, están sujetos a que se mantengan vigentes los acuerdos suscritos entre el banco y las indicadas entidades. El servicio de orientación jurídica telefónica no abarcará las cuestiones o posibles incidencias de la actividad del cliente que puedan afectar a sus relaciones con empresas del grupo Banco Sabadell, filiales o participadas. Las excelentes condiciones arriba mencionadas de la Cuenta Expansión Negocios PRO se mantendrán mientras se cumplan los requisitos establecidos en el contrato. Actualmente, como mínimo se debe cumplir uno de los siguientes requisitos: un cargo en concepto de emisión de nómina, un cargo en concepto de seguros sociales, un cargo en concepto de impuestos o dos cargos en concepto de recibos. Estos requisitos son de cumplimiento mensual: si al tercer mes no se cumplen estas condiciones, automáticamente la Cuenta Expansión Negocios PRO pasará a ser una Cuenta Profesional.
bancosabadell.com
Captura el código QR y conoce nuestra news ‘Professional Informa’
AHEEEHAPACBMHGMHDBGINFKHNPAHEEEHA BNFFFNBPJONLIDEPAOALNCJHNPBNFFFNB GCLLFHFJLLKEJJLIDAJOFCGJGKOBPGBFH HBBHIEFDALHPGNBJLOLGNEHACOGKEENFH KGGEAMFOGLEEJPLFDOOHMGDAGKHIGKNNH EMPGEOFJABBPGLNIGAAGGGBAELGJHLNNH MNFFNNEHCPEEJPIIEEHGECPPAHFHADJAO APBBBPAPGOBPGPJJEGGOHEAOCHBFBDJBD HHHHHHHPHPHHHHHPHHHHPHHHHPHHPHPPH
PÁXINA 4
[Entrevista] Rafael Sánchez, xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
[Novos socios] PÁXINA 7
• Hotel NOS
PÁXINA 13
PÁXINA 8
[Actualidade] • Gala de entrega de premios do X Santiago(é)Tapas • Carta de Servizos da nosa Asociación • Repsol: solucións enerxéticas eficientes
[Opinión] Nava Castro, directora d e Tu r i s m o d e G a l i c i a
PÁXINA 143
[Na mesa con] Kike Piñeiro e Eloy Cancela, de A Horta D’Obradoiro
[ E D I TO R I A L ] Comezamos 2018 e o que toca é facer balance do vivido e marcarse novos obxectivos. Os hostaleiros composteláns podemos estar orgullosos. Un ano máis traballamos arreo para dar o mellor dos servizos aos nosos clientes. E non é fácil. A nosa profesión é dura e as axudas, escasas. Para ser realmente competitivos temos ademais aínda moitos retos que cumprir. Pero o que non nos pode negar ninguén é todo o empeño que poñemos. Ás veces todo ese esforzo ten a súa recompensa. Pasoulles, por exemplo, a Eloy Cancela e Kike Piñeiro, de A Horta D’Obradoiro, cos que falamos neste número despois de que a Guía Michelin os incluíse no seu listado de restaurantes Bib Gourmand. Pasoulles tamén aos cociñeiros de Artesana Gastrobar, Izakaya Markesa, Hotel Arco de Mazarelos, O Ferro, ACDC e A Nave de Vidán, premiados no Santiago(é) Tapas. Pero nesta décima edición non foron eles os únicos vencedores. Tanto o público como o xurado profesional destacou o gran nivel das tapas presentadas. Gañou a hostelería compostelá. Gañou a nosa cidade. En termos de turismo, as cifras seguen sendo boas. Nesta revista analizamos o fenómeno do Camiño, que no 2017 bateu o seu récord con máis de 300.000 peregrinos, co xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez. Tamén recollemos a opinión da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, nun artigo no que sinala a calidade, a acollida e a sustentabilidade como tres parámetros imprescindibles. Nese senso debemos seguir traballando tamén desde Hostelería Compostela para ser cada día un sector máis forte. Entre todos podemos logralo. Súmaste? ❚
Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 comunicacion@santiagohosteleria.org Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Comunicación Asociación Hostelería Compostela Fotografía: Arquivo da Asociación Hostelería Compostela e Iván Barreiro Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010
3
“O Camiño é un dos grandes activos que ten Galicia e España”
Rafael Sánchez é o xerente do Xacobeo desde o ano 2014. Foto: Iván Barreiro. 4
Entrevista
[ Entrevista] “Xa non podemos falar hoxe só do peregrino mochileiro” Rafael Sánchez, Xerente do Xacobeo O 2017 péchase cun novo récord no Camiño de Santiago. Por primeira vez na súa historia, máis de 300.000 persoas chegaron á nosa cidade facendo a peregrinación nun mesmo ano. Todo un éxito que o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo celebra pero matiza: “Máis que as cifras, o importante é a satisfacción do peregrino”. Coa vista posta xa no Ano Santo 2021, Rafael Sánchez cóntanos todo o traballo e retos que quedan por diante. Satisfeito con este ano 2017? A superación dos 300.000 peregrinos é moi importante. Ademais, veñen duns 180 países diferentes. Estamos falando dun fenómeno xa non exclusivamente europeo. É universal. Pero o que nos ten que preocupar, e neso tamén estamos contentos, é que sigamos mantendo unha gran satisfacción. Seguir apostando por manter a calidade é o noso grande reto. Reto entón tamén para este 2018? Exactamente. Nós participamos en 2017 en máis de 40 feiras internacionais, nos cinco continentes, para a promoción de Galicia e do Camiño de Santiago. Pero o noso grande
prescriptor é o boca a boca. Ou o clic a clic porque hoxe en día vai moito por medios dixitais. O que se trata é de que os peregrinos queden contentos. Esa é a maior promoción. Falaba dunhas 180 nacionalidades distintas. Onde temos máis tirón? O Camiño é unha grande marca internacional. É un dos grandes activos que ten Galicia e España. O número de estranxeiros xa superou aos españois. Son máis do 55%. E dentro deles, temos primeiro aos italianos, segundo aos alemáns e o terceiro país é Estados Unidos. Países como Canadá, Brasil, Australia, Corea… aportan un número moi significativo de peregrinos. Temos que seguir consolidando eses mercados. Hai temor a morrer de éxito? Iso sempre é un perigo. Pero, insisto, o importante non é crecer de calquera xeito. O que nos ten que preocupar no 2018 non é chegar aos 350.000 peregrinos. Que oxalá! Senón, para non morrer de éxito, non rebaixar o valor da experiencia do peregrino. Porque iso é o que nos garante que o Camiño siga resultando atractivo.
O Plan Director do Camiño de Santiago 2015-2021 establece actuacións neste 2018 no Camiño Portugués e no Camiño Portugués da Costa. En que van consistir? O investimento máis forte que establece o Plan Director é a mellora da sinalización. A idea é, de cara ao 2021, ter todos os Camiños sinalizados correctamente. Tamén se acometerán melloras na ruta: no firme, na creación ou mellora dalgunhas áreas de descanso… O Plan Director establece tamén un programa de actividades culturais nos meses do verán, actividades didácticas nos colexios… Un dos obxectivos co que naceu este Plan é o de evitar a masificación do Camiño Francés. Empezáronse xa a notar os resultados? Si, cada día a porcentaxe dos peregrinos que circulan polo Camiño Francés vaise reducindo. Pasamos do 80% que tiñamos hai uns anos ao 65% que temos agora. Ás veces aparecen expresións como “Camiño colapsado” ou “Camiño saturado” que nos parecen realmente excesivas. Evidentemente nos meses de xullo e agosto existen uns picos, pero non podemos falar en eses termos tan xerais. 5
Entrevista
Outra das eivas son as entradas a Compostela, pero xa se vai intentar mellorar, non si? Exactamente. Hai un proxecto que está coordinando Xerardo Estévez (arquitecto e excalde da cidade) que vai a mellorar a chegada dos Camiños Francés, Inglés e Portugués. Porque, por exemplo, o paso polo Polígono do Tambre resultada moi agresivo. Vaise buscar que non haxa un impacto de urbanización tan grande. Como están as obras no Monte do Gozo? Alí temos acometido unha obra que é o sendeiro desde o Monte do Gozo cara San Lázaro. Antes os peregrinos circulaban por unha pista asfaltada. Agora teñen a máxima seguridade vial. Fíxose tamén unha intervención para recuperar esas 60 hectáreas como un parque público. E vaise acometer unha mellora no auditorio para poder realizar de novo algún tipo de espectáculo. E será unha xestión privada? Si. Alí seguirá existindo un albergue público, un dos 70 que temos na rede de albergues da Xunta. Pero
6
“O que nos ten que preocupar no 2018 non é chegar aos 350.000 peregrinos, senón manter o valor da experiencia”
o resto das instalacións sairán a licitación para unha xestión privada. Vostede é xerente do Xacobeo desde o 2014. Será o de 2021 o seu primeiro Ano Santo no cargo? (Sorrí) Iso son futuribles nos que non podemos entrar! Nós estamos traballando para ter todo preparado. A Xunta creou recentemente unha comisión preparatoria do Plan Xacobeo para o Ano Santo 2021. E como lle gustaría que sexa? Eu creo que ese Ano Santo ten que contribuír a potenciar e promover todavía máis a marca Galicia no mundo a través do Camiño. O noso gran obxectivo é que poidamos estar á altura das necesidades e de-
mandas do peregrino do século XXI. Pero o peregrino é ese turista “barato”, que pouco consome. Como se pode mellorar? Eu discrepo nesa consideración. Aínda falando en termos de baixo custe, un turista medio en Galicia está uns dous días. Un peregrino en Galicia está como mínimo seis días. Entón, aínda que sexa de baixo custe, a achega económica que fai ese peregrino, e que ademais distribúe polo territorio, posiblemente sexa maior que o do turista tipo. Por outra parte, xa non podemos hoxe falar só do peregrino mochileiro. Hai moitos peregrinos que buscan establecementos de calidade, non só albergues, senón hoteis. Veñen con outras expectativas e con outro tipo de gasto.
É certo que hai unha porcentaxe en crecemento. Pero non son todos. Se en 2017 chegaron 300.000 peregrinos a Santiago… É difícil sabelo porque non hai unha oficina do peregrino en Fisterra e Muxía, pero podemos establecer ao mellor entre 50.000-60.000 que foron alí… O nome da ruta é prolongación xacobea a Fisterra e Muxía. Non é un Camiño. A peregrinación só ten sentido se ten unha meta. E a meta é a tumba do Apóstolo na Catedral.
Entrevista
Outro problema é que a fin do Camiño para moitos é Fisterra, e por iso pasan en Compostela escasamente un día.
Sánchez destaca que case todo o mundo que fai o Camiño, repite. Foto: Iván Barreiro.
Pero por que cre que engancha tanto?
Vostede fixo algún Camiño? Hai moitos anos fixen o Camiño Portugués. Cando aínda nin soñaba con estar aquí… (Ri)
Porque é unha experiencia con moitos matices. É unha experiencia relixiosa ou espiritual. Tamén un intercambio multicultural. Pero
tamén unha experiencia persoal, de facer un esforzo, de ter momentos para pensar… De gozar da beleza das paixases e dos bens patrimoniais. E por iso, case todo o que o fai, repite. ❚
[ No v o s s o c i o s ]
S HOTEL NO
ntevedra)
illeda (Po
o s/n – S – RioCalv 6 0 .3 m K N-525 5 20 91 95/609 6 5 1 8 5 6 98 otel.com www.nosh
Situado en Riocalvo, Silleda, Comarca do Deza, no Camiño da Prata e a Ruta do Románico. O Hotel Ecorural NOS é un luxo natural. Magnífico para sentirse na casa, gozar da natureza e dunha gastronomía quilómetro cero. Un proxecto vital que aposta polo produto de tempada da zona, elaborado de maneira artesanal e ecolóxica e que fai partícipe ao comensal dunha experiencia máis aló da mesa. A cálida decoración da vinoteca é perfecta para gozar e conversar. É un acolledor lugar de encontro onde ninguén é un estraño. ❚
7
[ Ac t u a l i d a d e ] “TACO DE OUTONO” E “MEXILLÓN GALEGO QUE SE VOLVEU NIKKEI”, GAÑADOROS DO X SANTIAGO(É)TAPAS
O
Museo do Pobo Galego acolleu a gala de entrega de premios da décima edición de Santiago(é)Tapas, concurso de tapas organizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela que se celebrou do 2 ao 19 de novembro de 2017. Desta vez consumíronse máis de 34.000 tapas, cun crecemento de máis do 10% respecto ao ano pasado. Nesta edición do concurso participaron 70 establecementos de Santiago, que ofrecían 101 distintas. Competían por oito premios distintos. As tapas premiadas f oron:
Actualidade
Primeiro Premio do Público: “Taco de Outono”, de Artesana Gastrobar. Premio do Xurado á Mellor Tapa: “Mexillón galego que se volveu nikkei”, de Izakaya Markesa. Segundo Premio do Público: “Vieira en crema de coliflor con emulsión da Vera”, de Hotel Arco de Mazarelos. Segundo Premio do Xurado á Mellor Tapa: “Xurelo, café e ensalada de outono”, de O Ferro. Premio Especial X Aniversario, premio concedido polo público coas súas votacións valorando a experiencia global que tivo no establecemento: “Up”, de ACDC. Premio (é)tapas+, concedido por un xurado especializado ao establecemento máis activo na promoción do concurso nas redes sociais: A Nave de Vidán.
8
Cóctel
Por terceira edición consecutiva, Santiago(é)Tapas estivo organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Este ano contou por primeira vez con Mahou como patrocinador principal e co patrocinio xa tradicional de Cash Récord e Coca Cola, ademais da DO Ribeiro. Tivo tamén a colaboración institucional da Deputación da Coruña e o apoio de Momentos Tawi, o festival de cine Cineuropa e a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral APAMP. No acto de entrega a concelleira de Turismo, Marta Lois, destacou que esta “foi unha edición cun gran nivel de consumo, con máis de 34.000 tapas vendidas e un crecemento de máis do 10% respecto do ano pasado. E tamén foi unha edición cun gran nivel de calidade das tapas, nunha clara mostra das capacidades dos nosos cociñeiros e cociñeiras”. Pola súa banda, a presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos, sinalou que este concurso “existe e funciona grazas ao esforzo de moitos profesionais da hostalería que dedican moitas horas a crear e servir as súas tapas. E, por suposto, aos composteláns e compostelás, turistas e visitantes, que percorren as diferentes (é)Tapas, coñecendo de primeira man, aínda que sexa en formato pequeno, todo o que a gastronomía santiaguesa e galega pode ofrecerlles”.
O xefe de xona centro de Galicia de VegalsaEroskiCash Record, Miguel Ángel Sandá Casal, entregou un dos premios
O alcalde, Martiño Noriega, co gañador do Primeiro Premio do Público, Artesana Gastrobar
A nosa presidenta, Sara Santos, entregando o premio ao restaurante Izakaya Markesa
A concelleira de Turismo, Marta Lois, con Lois López de A Nave de Vidán
O Hotel Arco de Mazarelos recibiu o seu premio de mans de Daniel Capelete, de Mahou
Daniel Capelete, xestor de Mahou en Santiago, con José Antonio Brenlla, de O Ferro
O Premio Especial X Aniversario foi para o restaurante ACDC
9
ASÓCIATE comprobarás as vantaxes Queres formar parte da Asociación Hostelería Compostela? Como socio gozarás de múltiples vantaxes. Estes son os servizos que ofrecemos. Se queres máis información, podes consultar a nosa páxina web santiagohosteleria.net ou escribir a asociacionempresarios@santiagohosteleria.org
SERVIZOS: Xeral •
Actualidade
A publicada no Diario Oficial de Galicia (D.Ou. GA.), Boletín Oficial da Provincia (B.Ou. P.) e Boletín Oficial do Estado ( B.Ou.E.) • Créditos turísticos e pemes
Turismo
• Aperturas de establecementos • Confección e selado das Listas de Prezos de establecementos de Restauración e de Hospedaxe • Confección listas de prezos en varios idiomas (galego, inglés, francés e alemán) • Carteis obrigatorios • Altas e baixas • Cambios de titularidade • Tramitación Libro de Inspección e Follas de Reclamacións • Placas obrigatorias
Subvencións
Información das subvencións que poden afectar aos asociados • Tramitación e presentación de solicitudes
•
Concello
Tramitación de cambios de titularidade de licenzas de apertura • Solicitude de autorización ou modificación de ocupación de vía pública (terrazas) • Xestións para solucionar problemas de aperturas, recursos, baixas, etc.
•
10
• Tramitación de aparcadoiro en Praza de Abastos
Sanidade
• Certificado Manipulador de Alimentos • Documentación personalizada e
asesoramento para A.PP.CC. • Guía de Prácticas Correctas de Hixiene en Hostalería • Carteis obrigatorios en cumprimento coa Lei Antitabaco
Convenios •
• • • •
Descontos e bonificacións de ata un 15% de desconto nas cotas da SGAE Convenio con Repsol Gas con descontos para asociados Convenio con descontos de Gasóleo para aqueles asociados cun depósito de polo menos 3.000 litros Convenio con Entidades para Seguro de Responsabilidade Civil Convenio para Reciclaxe de aceite usado
ASESORAMENTO: Asesoría Fiscal
• Información detallada de Obrigacións Fiscais e Renda • Tramitación CIF empresa • Altas e baixas de empresas
• • • • •
Variacións censais Declaracións trimestrais Presenza e asesoramento en inspeccións Libros de Rexistro de I.V.E. Declaración da Renda e Patrimonio
Asesoría Xurídica
• • • • •
Cursos FSE (Fondo Social Europeo) Formación ocupacional. (A. F.D.) Xornadas gastronómicas Actos de catas e degustacións Conferencias e debates
PRESENZA EN ORGANISMOS:
• Asesoramento xeral ao asociado • Confección de contratos • Esgotamento de recursos ata a vía Contencioso-Administrativa • Defensa do asociado en materia xurídico-laboral ata o xulgado Horario de consulta: Previa cita
• Federación Española de Hostelería ( FERH) • Confederación de Empresarios de Galicia (C.E. G.) • Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) • Confederación Nacional de Empresarios de Hoteles y Apartamentos Turísticos ( CEHAT)
Asesoría Laboral
PUBLICACIÓNS:
•
• • • • • • • • • •
Información Convenio Colectivo das distintas provincias galegas Calendario laboral Formalización de contratos de traballo Libro de visitas Aviso finalización de contrato de traballo Confección de nóminas, liquidacións á Seguridade Social Altas, baixas e variacións de autónomos Cambio de base de cotización de autónomos Altas e baixas por enfermidade Liquidacións trimestrais por retención aos traballadores Indicación de bonificacións da Seguridade Social en contratos de persoal
FORMACIÓN:
• Cursos a distancia • Formación continua e de reciclaxe
• “CompH!ostelería”. • Circulares informativas de interese para o Sector • Dossier monográfico sobre determinadas actividades • Trípticos de cursos de Formación para os nosos asociados • Páxina Web: www.santiagohosteleria.net
ESTATÍSTICAS: •
Estatísticas a primeiros de mes de todos os establecementos de Hospedaxe de Santiago, informando da ocupación
FESTIVIDADES: •
Festividade de Santa Marta e celebración da Festa do Socio
11
[ Ac t u a l i d a d e ] REPSOL: SOLUCIÓNS ENERXÉTICAS EFICIENTES PARA O SEU NEGOCIO HOSTALEIRO
A
optimización do consumo enerxético é un factor clave na viabilidade dos establecementos hostaleiros. Repsol é especialista en ofrecer a este sector solucións enerxéticas, como o gas, que axudan a aforrar diñeiro á vez que se coida o medio ambiente, e ademais teñen moitos máis usos na hostalería que o dos fogóns.
Actualidade
Segundo o último estudo do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital sobre a demanda enerxética dos establecementos de hostalería, o 75% do consumo prodúcese nas instalacións térmicas (cociña, auga quente sanitaria, calefacción, climatización ou lavandería). Co gas de Repsol pódense alimentar todas estas instalacións, simplificando a xestión da enerxía ao utilizar un só combustible e con todas as garantías desde a súa orixe. Ademais, a tecnoloxía a gas obtén un gran rendemento dos equipos, reducindo o consumo de combustible e as emisións de CO2; alongando a súa vida útil (grazas a que apenas xera residuos), e permitindo unha diminución do consumo de electricidade e da potencia eléctrica contratada. Págase só polo que se consome. As solucións a gas logran tamén un importante aforro enerxético, tanto en proxectos de nova construción como en reformas de locais xa existentes, garantindo: • Un baixo impacto ambiental local, reducindo as emisións de CO2, e alta compatibilidade con enerxías renovables, que permita o equilibrio técnico-económico e asegure o abastecemento enerxético sen interrupcións. • Alta compatibilidade coas instalacións existentes, en particular en procesos de rehabilitación, tendo en conta equipos que poidan seguir sendo utilizados tras levar a cabo as melloras necesarias. Usos do gas de Repsol O uso do gas máis recoñecido na hostalería e restauración é a cociña. Os profesionais do sector coñecen a calidade que o gas achega á cocción dos produtos, ben en sexa nos tradicionais fogóns como en fornos, ferros, fry- top ou marmitas. Dispoñer hoxe dunha cociña equipada a gas pode supoñer un aforro interesante para o hostaleiro, tanto no termo fixo como no consumo de enerxía eléctrica. Pero ademais, todos os establecementos poden utilizar o gas de Repsol noutros usos: na auga quente sanitaria (ACS), en caldeiras de condensación de alto
12
rendemento, nos procesos de lavado, secado e pasado o ferro das lavanderías ou na climatización de piscinas ou spas. Tamén nas estufas ou quentapatios. Existe unha gran variedade de modelos que se adaptan ás necesidades da terraza, e Repsol encárgase de entrega dos equipos, posta en marcha, subministración de envases e, se se require, retirada dos equipos ata a próxima tempada. Repsol encárgase de todo Repsol pon a disposición dos seus clientes ferramentas para axudar a poñer en marcha estas solucións enerxéticas. Tanto en solucións de nova construción como en rehabilitación enerxética de establecementos, Repsol ofrece aos seus clientes a posibilidade de financiar os seus proxectos cunhas excelentes condicións, chegando a asumir o custo dos intereses. O sistema de subministración de gas adáptase ás necesidades de consumo e ao espazo de que dispoña o cliente, podendo elixir entre a subministración en depósito a granel ou en envases de diferentes capacidades. A instalación dun depósito permite ter unha maior autonomía; o único requisito é dispoñer de espazo no exterior do establecemento, mentres que a utilización de envases permite contar cunha instalación máis reducida. Finalmente, Repsol dispón dun servizo de urxencias para subministracións en 24 h e un servizo de emerxencias para subministracións en 6 h. Os interesados poden informarse máis en repsol.es
[Opinión] Falar do sector turístico galego é falar de aposta pola calidade, de vontade acolledora e de compromiso coa sustentabilidade. Nese contexto, cun horizonte sempre de mellora, debemos enmarcar as súas inquedanzas cando, ante o auxe de novas tipoloxías de aloxamento, nos pediron velar polo mantemento destes tres imprescindibles parámetros: calidade, acollida e sustentabilidade. Na Xunta de Galicia estamos comprometidos con este xeito de concibir a actividade turística. Así o planificamos, da man do sector, na nosa Estratexia do turismo de Galicia 2020, un documento que é froito do diálogo permanente que un e outros mantemos. Froito dese diálogo, xurdiu o novo decreto de vivendas de uso turístico, que entrou en vigor o pasado mes de maio e que se está a converter nunha eficaz ferramenta para a ordenación dos novos perfís de pernoitas que algúns turistas demandan. As novas tecnoloxías están a mudar a nosa sociedade en moitas direccións. A actividade turística non é unha excepción. Tampouco en Galicia. É certo que na nosa Comunidade o fenómeno das plataformas online que permiten que un viaxeiro se aloxe no noso fogar non ten a dimensión que noutras zonas de España e do resto de Europa. Pero sector e administración vimos necesario impulsar unha regulación que evitara a competencia desleal e achegara seguridade xurídica aos viaxeiros e a aqueles cidadáns e empresas interesadas neste tipo de comercialización. Como escoitei nun recente congreso de calidade turística, onde tiven a oportunidade de expoñer o modelo sustentable de Galicia, non podemos poñer portas ao campo, pero si temos capacidade para abrir fiestras, unhas fiestras que dean claridade e transparencia a todos. O decreto de vivendas de uso turístico tense revelado como un acertado mecanismo para abrir esas fiestras. Despois de máis de sete meses en vigor, como directora de Turismo de Galicia debo amosar a miña sa-
Por Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia
tisfacción polos avances acadados neste tempo grazas a este decreto, cunha implantación desenvolvida dun xeito moi exitoso e moi natural. A regulación, sinxela e consensuada, foi moi ben recibida polo sector, a quen llo agradezo, que viu satisfeita unha necesidade que desde o Goberno autonómico compartimos, e moi ben recibida polos galegos en xeral, que ao longo deste tempo teñen rexistradas xa máis de 4.500 vivendas de uso turístico, incorporadas dun xeito normalizado ao noso Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas. Démoslles así a oportunidade de regularizar a súa situación e á vez reforzamos a construción dun destino que sabe harmonizar os diversos intereses e busca a convivencia de actividades complementarias. Nesa liña seguiremos a traballar ao longo de 2018, cuns orzamentos que medran, como tamén medra o número de viaxeiros, nacionais e especialmente internacionais, que recibimos, as súas pernoitas, o grao de ocupación, a estadía media ou a rendibilidade, factores que fan de Galicia un destino mellor que hai un ano e que nos permiten avanzar cara metas comúns. Traballamos en moitas liñas para afondar no noso recoñecido modelo de turismo tranquilo e hospitalario, para poñer en valor os nosos incontables recursos, na costa e no interior, nas cidades e no medio rural, e así estender os notables beneficios da actividade turística a todos os galegos. O novo decreto de vivendas de uso turístico, sobre o que escribo esta reflexión por invitación da Asociación Hostelería Compostela, forma parte deste labor compartido. Temos por diante numerosos retos e oportunidades nos que Santiago de Compostela, meta do Camiño de Santiago, ten moito que dicir ante o próximo Xacobeo 2021, un fito histórico para o que estamos xa a traballar. Farémolo dun xeito aínda máis intenso neste 2018 que vimos de estrear, no que aproveito para transmitirvos os meus mellores desexos. Bo Camiño neste ano! ❚
Opinión
A PROL DUN DESTINO CADA DÍA MELLOR
13
Kike e Eloy nun dos espazos con encanto do seu restaurante. Foto: Ivรกn Barreiro. 14
[Na mesa con ….]
M
ontaron o seu restaurante fai tres anos nun edificio con moita historia detrás, unha casa do século XVII á que eles mesmos, xunto coas súas familias, fóronlle dando forma. A súa “pequena aldea” é un recuncho situado moi preto da Catedral, con diferentes ambientes ao que non lle falta nin o seu propio xardín. Os cociñeiros Kike Piñeiro e Eloy Cancela uniron as súas traxectorias para crear A Horta d’Obradoiro e, no pasado novembro, o local foi incluído na lista Bib Gourmand, da Guía Michelín. Un galardón co que se recoñece a alta calidade da súa cociña a prezos moderados. Que supón para vós aparecer na lista Bib Gourmand? Eloy: É un recoñecemento ao esforzo. Non estabamos traballando para obtelo nin era o obxectivo. Simplemente a nosa intención é ter un negocio e que a xente veña e goce coa comida, das instalacións, de nós, do ambiente... Este premio é como unha palmadiña nas costas. Como dicindo “seguide así”. Din que os restaurantes que teñen este recoñecemento son a canteira das futuras Estrelas… Kike: Iso é o que din pero nós temos que seguir o noso camiño, estabilizalo e seguir mellorando. O obxectivo é traballar con ilusión e non baixar nin a calidade do produto nin subir os prezos. Que a Guía nos recoñeza, hai que ser sinceiros, fainos moita ilusión. Pero nós traballamos para a xente que vén aquí á nosa casiña.
Unha das vosas máximas é o respecto ao produto. Iso en que se traduce á hora de facer un prato? E.: É sentido común. Tratamos de comprar o mellor que atopemos, exixirlle o mellor aos provedores e nós, como cociñeiros, tratar o produto con delicadeza. E se algo non está como queremos é mellor dicirlle ao cliente que non hai. Non tratar de colalo.
mentindo. É imposible. K.: Pensa que pasamos un mínimo de 14 horas diarias xuntos. E nestes tres anos, como moito, tivemos catro momentos de dicir: “Eu vou á horta, ti queda aquí, e logo falamos”. Para min Eloy é un dos mellores cociñeiros novos que hai en Galicia. É un orgullo velo currar. Aínda que non me gusta que me toque o peixe, porque o peixe só o quero tocar eu! (Risos).
Ademais de vós, en Santiago gozamos na actualidade dun moi bo nivel no sector da restauración. Como se leva esa competencia? K.: É positiva. Canto mellor se coma e máis ocio e cultura lle demos, máis calidade de turismo vai vir. Aínda que a nosa Horta non naceu para o turismo. Naceu para a clientela local. Por iso dicimos ‘a nosa pequena aldea’. Vémolo como un pequeno refuxio para a xente de Santiago que quere escapar do caos. Ti ves aquí e atopas a natureza e unha desconexión total. E.: Tamén temos moitos clientes turistas. O turista que vén aquí é o que busca unha gastronomía diferente. E ao mellor tamén vai a locais doutros compañeiros. É un turismo gastronómico moi interesante para Santiago.
Seguides aprendendo un do outro? E.: Sempre. Moito. Kike fai cousas que eu digo: “Como fixo iso!”. E ten unha paciencia que eu non teño. Penso que equilibramos os puntos fortes dun e doutro. E con respecto mutuo. Iso nunca falla,
Despois de tres anos desde a apertura, segue o bo rollo entre vós? E.: Hai días de cansazo e días que levas mellor as cousas. Como nas familias! O que diga que está todo o día de risos e apertas, está
Desde o principio decidistes asociarvos a Hostelería Compostela. Por que? K.: Porque a unión fai a forza. A Asociación pasou por momentos moi bos e por momentos duros. Pero hai que insistir sempre na unión e no respecto entre os hostaleiros. E se todos loitamos nunha mesma dirección para que ter unha oferta gastronómica de calidade, iranos a todos mellor. Pero hai que berrar, eh! Desde dentro. Sentarse e falar entre nós, en positivo, para buscar as solucións aos problemas que poida haber e chegar a acordos. E deberiamos facelo nos bares! (Sorrín). É unha idea que deixo caer… Nós somos de barra, de charlar, de sentarnos ao redor dunha mesa… ❚
Na mesa con ...
Kike Piñeiro e Eloy Cancela, de A Horta D’obradoiro
Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción 1—10 feb 2018 Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia Santiago de Compostela escenasdocambio.org cidadedacultura.gal Director artístico: Pablo Fidalgo Lareo
ORGANIZA:
COLABORAN:
Tiago Rodrigues Estela Lloves Mithkal Alzghair Maria Arnal e Marcel Bagés Miguel Pereira Mursego Mohamed El Khatib Voadora Edurne Rubio Xavier Le Roy Daria Deflorian e Antonio Tagliarini Félix Fernández Israel Galván, Pedro G. Romero e Filiep Tacq Melania Cruz e Tito Asorey Sofia Dias e Vitor Roriz FONDO GAIÁS DA EMPRESA GALEGA: