CompHostelería 181

Page 1

Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 181 | xullo-agosto 2018

TEMPADA DE TURISMO Expectación no sector polo comezo do verán e a entrada en vigor da nova Lei de Espectáculos de Galicia

Entrevista a José Sierra, novo presidente da Cámara de Comercio


www.ivanbarreiro.com


PÁXINA 4

[Entrevista] José Sierra, novo presidente da Cámara de Comercio de Santiago

PÁXINA 8

[Actualidade] Lei de Espectáculos de Galicia Convenio para o fomento do consumo da auga de billa Acto de Expedia Group sobre o turismo en Galicia

PÁXINA 12

[Na barra con…] Alfonso Moldes, d e O R e c u n c h o D ’ Fo n s o e Ta b e r n a A Fu e g o L e n t o

PÁXINA 14

[Novos socios] Mesón As Brañas Mariscomanía Século IX Restaurante Marte

PÁXINA 15

ANUNCIOS BREVES

Horarios das terrazas

[EDITORIAL] Comezamos o verán e con el chega o período de vacas gordas para os hostaleiros. Ou iso alomenos esperamos. O inicio do 2018, cun inverno que se alongou moito máis do esperado e unha temprana Semana Santa, non está deixando as cifras de ocupación que conseguiramos noutros anos. Desde o noso ente levamos tempo reclamando máis actividades de grande formato que axuden a atraer ao turismo. E, sobre todo, unha mellor comunicación das mesmas. Un bo exemplo é o acontecido na última semana do mes de xuño que acabamos de rematar. Os hoteis da cidade enchéronse grazas ao festival de música O Son do Camiño, que se celebrou no Monte do Gozo. Nestes meses asistimos tamén con preocupación á situación de inseguridade xurídica na que se viron inmersos moitos dos nosos asociados pola nova Lei de Espectáculos de Galicia. Un tema complexo, no que batallan as distintas Administracións e que supuxo pérdidas importantes para moitos locais, antes incluso da entrada en vigor da nova norma este 2 de xullo. Desde Hostelería Compostela seguiremos loitando porque se escoiten as nosas reivindicacións, defendendo sempre o diálogo, a actividade de ocio e cultural nos nosos locais e, en definitiva, o benestar da cidade e os seus sectores estratéxicos. Nese senso, traémosvos neste número unha entrevista co novo presidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Sierra; unha entidade coa que compartimos a defensa da cidade. Tamén vos informamos do recente convenio que asinamos co Concello para potenciar o consumo da auga de billa. E é que Hostelería Compostela segue amosando o seu compromiso co coidado do medio ambiente, co obxectivo de termos unha cidade máis limpa e máis acolledora, como se merecen os nosos clientes, que son tanto os turistas como os propios veciños e veciñas.❚

Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 comunicacion@santiagohosteleria.org Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Comunicación Asociación Hostelería Compostela Fotografía: Arquivo da Asociación Hostelería Compostela e Iván Barreiro Foto de portada: Iván Barreiro Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010

3


“O meu primeiro obxectivo é asegurar a sostibilidade económica da Cámara”

José Sierra tomou as rendas da Cámara no pasado mes de abril. Foto: Iván Barreiro.

4


“A hostalaría e o turismo son dous piares que se poden complementar coa actividade industrial”

Entrevista

[ Entrevista] José Sierra, presidente da Cámara de Comercio de Santiago

Despois dun longo mandato do hostaleiro Jesús Asorey – que se mantivo vinte anos no cargo-, a Cámara de Comercio de Santiago comezou unha nova etapa o pasado mes de abril cun renovado comité executivo, encabezado por José Sierra. Fundador e presidente de honor de Urovesa (URO Vehículos Especiales S.A.), o empresario márcase como principais obxectivos lograr a sostibilidade económica da entidade e colaborar con distintas institucións para mellorar a vida de Santiago. Entre elas, a nosa Asociación Hostelería Compostela, coa que xa se reuniu en maio. Entre outros temas que afectan a ambos sectores, no encontro estudouse a posibilidade de desenvolver conxuntamente futuras accións relacionadas co turismo e o Camiño de Santiago.

Santiago non é unha cidade que destaque tradicionalmente pola súa industrialización. Pode cambiar esa situación? Efectivamente non é unha zona típicamente industrial como pode ser Vigo. É máis unha cidade moi amparada polo turismo, a hostalaría, a Universidade… Pero non hai que esquecer que si temos empresas que teñen unha importancia grande. Dentro da nova directiva da Cámara temos a Finsa, Feiraco, etc. Aquí sempre houbo un problema de solo, que dificultaba que unha empresa puidese establecerse. O polígono da Sionlla tería que ter estado moito antes. Poño o exemplo da miña empresa. Nós estivemos dous anos sen teléfono. Recurrindo aos teléfonos privados. Iso non

debería ter pasado. E ademais, eu poño tamén algo en valor. Santiago leva bastantes anos intentando alcanzar os cen mil habitantes. E nese senso, hai que ter en conta que coa industrialización aséntase unha poboación. Por cada posto de traballo que xera, non é unha persoa máis, é unha familia. Cámara e Hostelería Compostela teñen en común intereses como pode ser o desenvolvemento de infraestruturas claves para a cidade (Estación Intermodal, aeroporto…). Pero como repartir os esforzos? Podemos ter unha cidade turística e máis industrializada á vez? Por suposto que non podemos deixar a un lado o que é a hostalaría e o turismo en Santiago. Pero

5


Entrevista

son dous piares que se poden complementar coa actividade industrial. Compostela ten que procurar que o turista chegue aquí e permaneza aquí. E non que sexamos un lugar de paso para chegar a Fisterra ou outro lugar. Falta que lle deamos a coñecer ao turista as moitas xoias que ten a nosa cidade. Que peso supón a hostalaría dentro da Cámara? É un sector importante. Do censo das empresas da Cámara no epígrafe da división 6 de comercio, restaurantes e hospedaxes e reparacións supón o 40% do total de empresas, se falamos dos 32 Concellos que abarcamos, e do 15% se falamos só de Santiago. Hai moi pouco que vostede chegou ao cargo. Por que decidiu dar o paso de presidir a Cámara de Comercio de Santiago? Decidín implicarme pola relación que tivemos na miña empresa coa Cámara. Sempre foi unha relación grata e para nós moi interesante xa que grazas a ela nos internacionalizamos. No momento en que a Cámara necesitou unha continuidade, convencéronme, por dicilo dalgunha maneira, e formamos un grupo de persoas e empresas que asumimos este reto. Cales son os primeiros obxectivos que se marca como novo presidente? O primeiro é asegurar unha sostibilidade económica da Cámara. E prestar os servizos tanto os que afectan dunha maneira directa ás actividades empresariais como

6

ás accións que non se perciben dunha forma directa pero si son accións cara a sociedade. E farémolo colaborando con outras institucións. É dicir, conseguir que en Santiago teñamos, por exemplo, infraestruturas ou servizos que en moitos casos se conseguiron grazas á Cámara pero non se sabe que foi así.

ña. Pois témolo grazas á Camara. Temos unha oficina de tramitación de temas de tráfico grazas á Camara. Temos un servizo de avións contra incendios en Lavacolla. A Cámara sempre interviu ou apoiando iniciativas ou reclamando accións que foron moi importantes para o desenvolvemento de Galicia.

Por exemplo?

E por que cre que non se lle dá ás Cámaras de Comercio ese valor que teñen?

Son moitos pero poño sempre uns exemplos moi significativos. Eu pregúntome se non nos gusta ter aquí un Rexistro Mercantil sen ter que ir facer as xestións a Coru-

Porque non se visibilizou. É algo que se facía sen ningún ánimo de propaganda, sen querer protago-


A demarcación da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela está composta por 32 municipios, que conforman o sur da provincia da Coruña, cunha extensión xeográfica de 2.991,24 quilómetros cadrados. A entidade representa a preto de 36.000 autónomos e empresas deste ámbito.

Sierra, no seu despacho da Cámara de Comercio de Santiago. Foto: Iván Barreiro.

nismo. Repito, poderiamos falar de moitas accións que se conseguiron coa intermediación da Cámara. E así queremos seguir. Antes as Cámaras en España tiñan unha forza grande porque contaban con orzamentos que viñan derivados de porcentaxes pola facturación que facía cada actividade. Iso quitáronno e agora teñen que sobrevivir con aportacións directas dos asociados. Isto foi un antes e un despois. Estamos na fase de facelas sobrevivir e que poidan seguir tanto coas accións directas empresariais como tamén as sociais. ❚

“En Santiago temos Rexistro Mercantil ou Oficina de Tráfico grazas á nosa Cámara”

Entrevista

REPRESENTAN A CASE 36.000 EMPRESAS

O seu Comité Executivo está formado actualmente polo presidente José Sierra; o vicepresidente 1º José Luis Antuña, de Feiraco; o vicepresidente segundo José Carballo, de FINSA; o tesoreiro Juan Carlos Carneiro, de Abanca; e os vogais Francisco Negreira, de GALURESA; Jorge Lorenzo, de Televés; e María Pais, de Logrosa Soluciones. Contan cun Viveiro de Empresas ubicado no polígono de Costa Vella, onde axudan a arrancar proxectos emprendedores. Ademais, entre os servizos que ofrece a Cámara destacan o asesoramento, a internacionalización e a formación. Se queres facerte socio/a da Cámara, podes descargar o formulario de solicitude na súa páxina web camaracompostela.com Se tes algunha dúbida, podes chamar ao teléfono 981596800.❚ 7


[ Ac t u a l i d a d e ] SOBRE A NOVA LEI DE ESPECTÁCULOS PÚBLICOS DE GALICIA

O

Actualidade

día 2 de xullo entra en vigor a Lei de Espectáculos Públicos e actividades recreativas de Galicia. Co inicio da súa vixencia, constátase que a mesma non aborda o tema da música en directo dentro dos locais, o cal, en cidades como Santiago, ditas actuacións son unha evidente manifestación cultural, de tradición, sobre todo nos históricos locais do casco antigo. Ante a devandita situación, os distintos protagonistas deste conflito, músicos, restauradores, Goberno autonómico e Goberno municipal, botan a vista atrás, e observan como hai un catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia. Decreto do ano 2004, modificado no 2005, precisamente porque determinadas actividades recreativas colocadas no apartado de restauración, non tendo encaixe preciso no catálogo, sendo o apartado correcto o de actividades de lecer e entretemento. Por iso, é posible que devandito catálogo sexa preciso actualizalo, pois a propia norma prevé a posibilidade anual de actualización, circunstancia que desde o ano 2005, non se produce. Pero en todo caso, no presente suposto os locais de hostalaría non queren ser a herba que pisan os elefantes cando se pelexan, pois sempre é a que sofre e sen motivo. O presente caso lémbranos a aplicación do proverbio africano referido, é dicir, que non se xere un problema buscando un mero rédito político, esquecéndose que os locais de hostalaría son pequenas empresas, que xeran riqueza, dan emprego, e pagan impostos, taxas, licenzas e todo un mundo de aguillóns económico administrativos, que o sector non merece.❚

A Xunta Directiva da Asociación Hostelería Compostela leva semanas reuníndose con diferentes axentes implicados na nova Lei, defendendo os intereses do sector. Na imaxe, algúns dos directivos na charla-coloquio que impartiu o deputado do PPdeG Alberto Pazos Couñago na sede da asociación de comerciantes Compostela Monumental.

8

Os locais de hostalaría non queren ser a herba que pisan os elefantes cando se pelexan

O músico Alfonso Calvo tocando nun local de hostalaría compostelán. Foto: Iván Barreiro.


[ Ac t u a l i d a d e ] O CONCELLO DE SANTIAGO E HOSTALERÍA COMPOSTELA COLABORAN PARA FOMENTAR O CONSUMO DA AUGA DA BILLA

O

Concello de Santiago e a asociación Hostalería Compostela veñen de asinar un convenio que ten como obxectivo promover o consumo da auga da billa e, polo tanto, reducir a xeración de residuos no sector HORECA. O acordo, enmarcado no proxecto Santiauga, foi presentado polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e a nosa presidenta, Sara Santos, no Pazo de Raxoi. En virtude do acordo, Hostalería Compostela comprométese a darlle a máxima difusión e visibilidade ao proxecto Santiauga entre os seus socios, e a organizar sesións informativas para os establecementos interesados en participar na iniciativa. Na práctica, a asociación exercerá de mediadora entre os locais de hostalería que queiran participar no programa e o Concello. Pola súa parte, o Concello de Santiago comprométese a facer entrega dos materiais da campaña, como xerras ou carteis de mesa, aos establecementos interesados en participar no proxecto Santiauga. A presidenta de Hostalería Compostela mostrou a súa satisfacción por participar neste proxecto, que “se enmarca no compromiso da asociación co coidado do medio ambiente, e no obxectivo de termos unha cidade máis limpa e máis acolledora, como se merecen os clientes do sector, que son tanto os turistas como os propios veciños e veciñas de Santiago”. Sara Santos expresou o seu convencemento de que “serán moitos os establecementos que se incorporen á campaña”, porque “somos conscientes da responsabilidade que temos na xeración de residuos”.

Compromiso co medio ambiente Xan Duro reiterou que “o consumo da auga da billa é a mellor opción por calidade, sustentabilidade, prezo e saúde”. O concelleiro de Medio Ambiente lembrou “o enorme impacto que teñen os residuos plásticos, que se suma aos custos da auga embotellada. En cada unha delas, o 90% do prezo corresponde ao propio envase e o 10% ao produto en si”. O edil lembrou que o Goberno de Santiago e o sector hostaleiro veñen mantendo “unha colaboración activa en diferentes iniciativas que teñen como obxectivo reducir a produción de residuos no sector HORECA”. Así, Xan Duro apuntou que “o Concello puxo en marcha o programa de recollida de vidro Porta a Porta nos establecementos de hostalería da zona histórica, que se traduciu nun incremento do 35% na recollida desta fracción do lixo en 2017 con respecto a 2016, e que está deixando unha moi boa evolución tamén no que levamos de 2018”. O Goberno e Hostalería Compostela tamén colaboran noutro proxecto para a mellora da recollida selectiva de envases lixeiros, no que tamén participan Ecoembes e a Xunta de Galicia. Nesta iniciativa están implicados preto de 150 establecementos de hostalería do Ensanche. ❚

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia explicou que o convenio pretende “animar os establecementos de restauración, preferiblemente os que sirvan menú do día, a ofertar auga da billa para acompañar os xantares ou as ceas”. Para iso, o Concello repartirá as necesarias xerras co logo do programa. Xan Duro incidiu en que “esta práctica, que pode resultar novidosa en Compostela, leva anos funcionando con éxito en cidades de todo o mundo como París ou Nova York”. O edil salientou que “en Santiago temos unha auga da billa de moi boa calidade”. De feito, a auga da traída de Compostela conta coa certificación ISO 22000 de seguridade alimentaria e control da inocuidade da auga potable, un recoñecemento implantado nas industrias alimentarias de referencia que se comezou a introducir tamén nalgúns abastecementos de auga de consumo humano. Ademais, estudos feitos en laboratorio sinalan que a auga da billa de Santiago ten niveis de calidade idénticos aos da auga embotellada, cun grao de mineralización débil, niveis intermedios de PH e baixo contido en sodio.

Actualidade

Auga de boa calidade

Sara Santos e o concelleiro Xan Duro, presentando o convenio.

9


[ Ac t u a l i d a d e ] O PRIMEIRO EVENTO PARTNERS’ EVENT DE EXPEDIA GROUP EN GALICIA CELEBROUSE NA NOSA SEDE

E

xpedia Group celebrou o pasado 24 de maio o seu primeiro evento para coñecer aos hostaleiros locais de Galicia. Fíxoo na sede da Asociación Hostalería Compostela, co título ‹Ven y conoce Expedia Group: El Mundo a tu alcance’. O acto contou coa presenza de Carrie Davidson, directora de Mercado para España e Portugal de Expedia Group, e Rita Sobrado, vicepresidenta da nosa entidade.

en 2017, o que reflicte a crecente fortaleza da tempada baixa nestes destinos. • A tarifa media por noite dos hoteis galegos (ADR, polas súas siglas en inglés), incrementouse nun 10% respecto ao mesmo período do pasado ano. Os hostaleiros galegos poden aproveitar o feito de que os aloxamentos hostaleiros son aínda alcanzables en comparación con outros destinos en España, o que converte este destino nunha alternativa moi atractiva para os viaxeiros, tendo en conta que se consegue un saudable incremento do ADR. • As estancias medias nos destinos galegos son de case dous días, especialmente en estancias curtas e escapadas de fin de semana. • Os principais mercados que visitan Galicia son España (que creceu nun 50% respecto ao mesmo período de 2017), EEUU (que se incrementou un 55%), Francia (cun crecemento próximo ao 30% sobre o mesmo período de 2017) e Reino Unido (con incrementos de case o 10%), polo que esforzos de promoción nestes mercados son moi interesantes. Demanda de paquetes dinámicos: • A demanda de paquetes en Galicia incrementouse un 65% respecto ao mesmo período do ano anterior. • As estancias ligadas a un paquete (a combinación de dúas ou máis servizos con hotel, como voos, trens, alugueres de coches) son lixeiramente máis longas que as reservas só de aloxamento, alcanzando os tres días. Promocionar paquetes cara a destinos galegos é unha oportunidade para os hoteis desta comunidade autónoma, especialmente para pontes e fins de semana longos. • Os viaxeiros nacionais, e de EEUU e Francia son os principais mercados que demandan paquetes dinámicos. Sumados, estes tres mercados representan case o 70% de toda a demanda de paquetes a Galicia. • A antelación das reservas é, de media, dun mes de antelación, unha marxe de tempo que tamén se traduce en oportunidades para combinar visitas e estancias en diversos destinos galegos.

As cidades máis visitadas en Galicia son, por esta orde, Santiago, A Coruña e Vigo

Os hostaleiros galegos foron convidados a coñecer ao equipo da primeira axencia online do mundo, coñecer as ferramentas tecnolóxicas desenvolvidas por Expedia Group para os hostaleiros e datos concretos sobre o mercado turístico galego. “Para Expedia Group é moi importante comprender e coñecer, de primeira man, as necesidades dos hostaleiros, e eventos como estes son unha oportunidade perfecta para conseguilo”, sinalou Davidson, que tamén resaltou “o potencial dos destinos galegos”.

Actualidade

Pola súa banda, Sobrado explicou que foi “moi interesante ter a oportunidade de coñecer ao equipo de Expedia Group e explorar as posibilidades de colaboración con esta compañía, o que podería traer beneficios aos hoteis composteláns e a toda a industria hostaleira galega”. En ocasión da visita do seu equipo a Galicia, Expedia Group analizou datos específicos correspondentes ao mercado galego do primeiro trimestre de 2018, chegando a diferentes conclusións:

A tarifa media por noite dos hoteis galegos incrementouse nun 10%

• As cidades máis visitadas en Galicia no primeiro trimestre de 2018 (que corresponde á tempada baixa) son, por esta orde, Santiago, A Coruña e Vigo. Os visitantes destas tres cidades xuntas suman o 60% dos viaxeiros que visitan Galicia, o que é consistente coa preferencia polas escapadas de fin de semana, especialmente de turistas nacionais que se desprazan a Galicia nesta tempada. • A demanda cara aos destinos galegos incrementouse nun 25% no primeiro trimestre de 2018 respecto deste período

10


[ Ac t u a l i d a d e ] datos do período analizado, a antelación das reservas a través de móbiles foi menor, de apenas dúas semanas antes de viaxar. Isto demostra que a demanda móbil tende a ser máis impulsiva, o que converte esta canle nunha plataforma útil para ofrecer ofertas dispoñibles só a través de dispositivos móbiles, orientadas a viaxeiros con motivacións inspiracionales que reservan de forma espontánea . ❚

Actualidade

Mobilidade: • A demanda móbil cara a destinos galegos incrementouse máis dun 25% respecto ao primeiro trimestre de 2017. • O 55% do total da demanda móbil é predominantemente de viaxeiros españois. • En consonancia co protagonismo do mercado doméstico, é interesante remarcar que, segundo os

Carrie Davidson e Rita Sobrado, no evento que celebrou Expedia Group na nosa Asociación.

11


“Mahou ten un portfolio de cervexas moi interesante que hai que potenciar”

Alfonso Moldes, en O Recuncho D´Fonso. Foto: Iván Barreiro.

12


[Na barra con ….]

C

unha longa traxectoria no sector da hostalaría ás súas costas – incluída a dirección de equipos en varios restaurantes de Estrela Michelin-, Alfonso Moldes abriu fai tres anos o que sería o seu primeiro negocio en Compostela: O Recuncho D’Fonso, no Hórreo 96. Agora acaba de inaugurar o seu segundo local, a Taberna A Fuego Lento, na Rúa do Vilar. Un establecemento que sorprende pola súa decoración, a súa aposta pola cociña de leña e a defensa da cultura cervexeira. Un proxecto no que non podía ter mellor apoio: o da calidade e a experiencia que aporta Mahou San Miguel. Cóntanos, que é a Taberna A Fuego Lento? É un restaurante no que traballamos con cociña de leña, exclusivamente, recuperando as receitas antigas das nosas avoas adaptándoas ás técnicas modernas. Temos tamén forno de brasas de carbón. E neste proxecto únesenos Mahou porque eles teñen un portfolio de cervexas moi interesante que hai que potenciar. Para min, son armas moi boas para traballar: sorprender ao cliente e divulgar un produto descoñecido. Porque hoxe a xente considera a cervexa como un refresco e é un mundo moito máis grande que iso. Nós procuramos mimar tanto as temperaturas, como a exposición…

Queremos mimar a cervexa como se merece, cun trato moi parecido ao que se está dando actualmente ao viño.

normalmente dez ou quince anos por detrás, pero imos seguindo a tendencia que marca o resto da península.

Que cervexas ofrecedes? Dentro do amplo portfolio que ten o grupo Mahou San Miguel, seleccionamos unha serie de produtos. Dentro das microcervexerías de Mahou, temos tanto Nómada Brewing como a Founders Brewing. Founders está considerada, dentro das cervexas que se fan en Estados Unidos, a número un. E despois tamén temos as cervexas especiais: Barrica de Mahou, Casimiro Mahou...

En xeral, como ves o sector da hostalaría en Santiago? Véxoo mal, pero creo que se está mellorando. En Santiago houbo un problema moi grande con respecto aos empregados de hostalaría. Non se respectaron por parte do empresario as condicións laborais deses traballadores. Entón non hai profesionais porque decidiron marchar. Non hai canteira. Eu sempre que contrato a alguén, dígolle que quero tratalos igual que me gustaría que me tiveran tratado a min.

Como hostaleiro, que cres que ofrece Mahou? Eles apostan por invertir en novas cervexas, novos equipos, comprando cervexeiras polo resto do mundo… Están apoiando a esa xente que sabe facer cousas distintas e están potenciándoas dentro das súas propias estruturas. No caso de Nómada – que eu estou namorado dela -, Mahou cómpraa fai tres anos. Pero compra ás persoas, coa súa marca, e lle aporta todo o material suficiente para facer cervexas distintas. Que opinas do sector das cervexerías en Compostela? Eu creo que vai ter un crecemento exponencial. Cataluña supón o 7% do consumo de cervexa de toda España, que é moito. O galego viaxa moito e proba. Imos

Que é o mellor e o peor de ser hostaleiro? O mellor, o trato coas persoas. O peor, o trato dalgunhas persoas. Porque non somos servos nin escravos. Ás veces non hai respecto ao profesional. Acabas de facerte socio da Asociación Hostelería Compostela. Por que? Porque axudan moito a todo o que hai que facer de papeis. Eles están moi especializados e iso facilita moito o labor cando arrancas un negocio. Por último, que dirías que non debe faltar nunca detrás dunha barra? Un sorriso.❚

Na barra con ...

Alfonso Moldes, O Recuncho D´Fonso e Taberna A Fuego Lento


[ No v o s s o c i o s ]

MARISCOMANÍA Rúa Ameas, Praza de Abastos, Bax. 80-85

Mariscomania é un singular negocio de hostalaría situado no interior da Praza de Abastos de Santiago, na chamada Nave 5. O seu traballo consiste en cociñar para os clientes os ingredientes que eles lles levan. Anímanlles a pasear polos diferentes postos da Praza compostelá para que escollan os produtos cos que comporán o seu menú: mariscos ou carnes, gozando así en grao sumo da súa frescura. Ademais, poden acompañar a súa comida con outros produtos que ofertan como bebidas ou sobremesas. ❚

SANTIAGO 981 560 982 |www.mariscomania.com

Novos Socios 14

RTE ANTE MA rón, 11 RESTAUR o de Pad g ri d o R de Avenida O G SANTIA 276 881 031

Histórico local compostelán recuperado fai un ano polos irmáns Pablo e Hugo Cabana, emprendedores que lle devolveron a este restaurante o prestixio da súa tortilla, ofrendo múltiples variedades. Na súa carta atopamos tamén moitos outros pratos caseiros como hamburguesas, tostas, croquetas ou ensaladas. Contan con menú do día por 11 euros e unha terraza para comer ao aire libre os días que fai sol. Son destacables tamén as súas tapas, entre as que sobresaen os callos que sirven todos os xoves. ❚


As noites compostelás énchense de bos ritmos no Pub Século IX, un local onde pasalo moi ben de mércores a sábado, desde as 21:00 horas da noite ata ás 04:00 horas da madrugada. A boa música, as copas e os cocktails son a súa marca de identidade. Ademais, celebran festas de todo tipo, como aniversarios ou despedidas de solteiro ou solteira, e organizan clases de baile latino (salsa, bachata, merengue…). Cando o bo tempo acompaña, pode gozarse tamén da súa ampla terraza en plena Zona Vella. ❚

Casa Lois é un palacete dos anos 40 con xardín e aparcadoiro. Situado en pleno centro urbano de Santiago, está a escasos metros da zona histórica. Conta cunha extensión de 2000 metros cadrados, incluíndo a superficie construída, onde os clientes poden gozar da tranquilidade nunha localización única. Dentro atopamos un recibidor de época, unha biblioteca, zona de sofás con cheminea francesa, unha sala de reunións; e catro habitacións con baño privado e dobre ventá con persianas de época. ❚

PUB SÉCU

San Paio

SANTIAGO

facebook.c

LO IX de Antealt

ares, 19 B

om/seculo

aixo

ixpubsanti

ago

CASA LO IS Avda. de Xoán XX III, 5 SANTIAG O 981 578 067 |w ww.casa lois.com

ANUNCIOS BREVES HORARIOS TERRAZAS

O período de pago para os recibos da Terraza (OMS, Mesas e Cadeiras) vai dende o 5 de maio ao 5 de xullo de 2018. O horario de funcionamento das terrazas situadas en solo de titularidade e uso público, así como das terrazas situadas en solos privados, será: • Ata a 1:00 da madrugada nos meses de maio, xuño e setembro durante a semana e ata as 2:00 da madrugada os sábados (noites do venres ao sábado) e domingos (noites do sábado ao domingo). • Os meses de xullo e agosto o horario de peche será ás 2:30 da madrugada todos os días. • O resto do ano, do 1 de outubro o 30 de abril, o horario de peche será ás 11.30 da noite entre semana e ata as 12.30 en sábados (noites do venres ao sábado) e domingos (noites do sábado ao domingo). Recordamos tamén aos titulares das terrazas, a obriga de manter as instalacións e todos os elementos que as compoñen en debidas condicións de limpeza, seguridade e ornato, así como cumprir coa autorización concedida.❚

15


Atardecer no Gaiás

VERÁN NO GAIÁS 2018

Concertos ao aire libre ao caer o sol

Xoves, venres e sábados do 5 Xul ao 18 Ago PRAZA CENTRAL

Máis información:

cidadedacultura.gal

As Nocturnas

Visitas Xincanas Astronómicas literarias Todos os sábados, do 7 Xul ao 15 Set, excepto o 28 Xul e 25 Ago

Visitas distendidas ás exposicións con música e petiscos

Actividade lúdica ao redor de Otero Pedrayo

Concerto

III Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

22 Xuñ

1 Xul

PRAZA CENTRAL

MUSEO CENTRO GAIÁS

Unha noite no Bosque

Camiño ao Gaiás

Día da Música:

SondeSeu Arraianos

Acampada para a cativada no Bosque de Galicia

Andainas desde o casco histórico á Cidade da Cultura

Todos os venres, do 29 Xuñ ao 17 Ago

Todos os xoves, do 5 Xul ao 13 Set

BOSQUE DE GALICIA

ESPAZOS EXTERIORES

Cidade Imaxinaria

Encontro de Artistas Novos #EAN8

Espectáculos para toda a familia ao redor do circo

Residencia artística

11 e 18 Xul

24 e 31 Ago 7 e 14 Set

25 Ago

26–30 Ago

ESPAZOS EXTERIORES

EXTERIOR BIBLIOTECA

MUSEO CENTRO GAIÁS

PRAZA CENTRAL

MUSEO CENTRO GAIÁS

XV Romaría Coral Galega

Concerto de Emilio Rúa

Galicia Universal. A arte galega nas Coleccións de ABANCA e Afundación

Baldomero Pestana, a verdade entre as mans

Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica –AAMA Intervención artística nas Torres Hejduk

Exposición

Exposición

16 Set

21 Set

30 Ago–26 Nov

Ata o 14 Out

Ata o 2 Set

PRAZA CENTRAL

MUSEO CENTRO GAIÁS

TORRES HEJDUK

MUSEO CENTRO GAIÁS

MUSEO CENTRO GAIÁS

No museo, pola cara

Betula Pendula

Reb/veldas na paisaxe

Exposición de retratos fotográficos de alumnas/os de Ed. secundaria

Intervención paisaxísitica nas Torres Hejduk

Recollida de bastóns de peregrinos

Visitas arquitec– tónicas

Ata o 2 Set

Ata o 19 Ago

MUSEO CENTRO GAIÁS

TORRES HEJDUK

ORGANIZA

Intervencións artísticas nos espazos naturais do Gaiás

Recompilación para a intervención artística no Bosque de Galicia

Ata o 21 Oct

Todo o verán

BOSQUE DE GALICIA E PARQUE DO LAGO

OFICINA DE ATENCIÓN AO PEREGRINO

FONDO GAIÁS DA EMPRESA GALEGA

Coñece todos os recunchos do complexo arquitectónico INFORMACIÓN E HORARIOS EN CIDADEDACULTURA.GAL


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.