Revista da Asociación de Empresarios de Hospedaxe e Restauración de Santiago e Comarca | Número 183 | novembro-decembro 2018
CHEGA O TURNO DAS TAPAS!
Entrevista co novo presidente do Clúster Turismo de Galicia
www.ivanbarreiro.com
PÁXINA 4
[Entrevista] Cesáreo González Pardal,
Presidente do Clúster Tu r i s m o d e G a l i c i a
PÁXINA 8
[Actualidade] XI Santiago(é)Tapas As terrazas fan cidade Proxecto Atlantic Social Lab
PÁXINA 12
[Toda unha vida] MARICARMEN PIÑEIRO, d o Re s t a u r a n t e C a r o u
PÁXINA 14
[Novos socios] A Ostrería Cervecería Luna La Milagrosa Hostal San Paio Chocolate Pulpería Guerra
[EDITORIAL] En poucos días arrancará o concurso de tapas Santiago(é)Tapas, un certame no que levamos traballando máis dunha década, consolidado e en continuo crecemento. É para nós, como Asociación de hostalaría da capital galega, todo un orgullo comprobar o éxito que ten tanto cos turistas como coa veciñanza. De novo nesta undécima edición contamos co Concello de Santiago como coorganizadores do evento. É moi importante para o noso sector que se apoien este tipo de iniciativas que consolidan e poñen en valor o noso potencial no eido da gastronomía. Sobre todo, porque non sempre puidemos contar con ese sostén. Por iso, queremos agradecer a implicación do Goberno local, especialmente da concelleira Marta Lois e do persoal de Turismo de Santiago. Este ano o concurso chega con importantes novidades, como a celebración dunha final coas 10 tapas máis valoradas polo xurado e diferentes premios. Agardamos que todos estes cambios resulten bos tanto para a dinamización do sector como de toda a cidade. Por outro lado, e como en cada un dos números de CompHostelería, temos tamén espazo para os nosos socios. Tanto aqueles que se acaban de unir a nós, como os que marchan. Nestas páxinas despedimos a Maricarmen Piñeiro, do restaurante Carou, que se xubilou despois de 45 anos. Tamén entrevistamos ao novo presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal, un ente no que acaba de entrar a formar parte como vogal a nosa presidenta, Sara Santos; e que se marca como obxectivos a formación, a sostenibilidade e a rendibilidade de todos os nosos negocios. ❚
Rúa Salvadas, 29-31, bajo. Santiago de Compostela Teléfonos: 981 592700 | 981 592704 ! Fax: 981 598099 comunicacion@santiagohosteleria.org Web: santiagohosteleria.net Facebook: @AsociacionHosteleriaCompostela Twitter: @CompHosteleria Youtube: comphosteleria Redacción: Comunicación Asociación Hostelería Compostela Fotografía: Arquivo da Asociación Hostelería Compostela e Iván Barreiro Imprime: Cograf ISSN: 217 3-545X ! Depósito legal: C. 3.544-2010
3
González Pardal é tamén Presidente da Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR). Foto: Iván Barreiro.
4
“Non necesitamos un turismo de cifras, senón de calidade”
Entrevista
[ Entrevista] Cesáreo González Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia
O Clúster Turismo de Galicia conta desde o pasado mes de outubro cun novo presidente. O tamén director da Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR), Cesáreo González Pardal, inicia o que para el é un “reto moi apaixoante”. Vinculado xa á entidade desde a súa creación no 2013, asegura querer continuar co bo traballo feito ata o de agora, entre o que destaca a redacción da Estratexia Turismo de Galicia 2020 ou a xestión da Q de Calidade que se conseguiu estender aos servizos turísticos. Que obxectivos se marca como novo presidente do Clúster? Os principais obxectivos son consolidar todo o traballo que se fixo ata o de agora, a sostenibilidade, a rendabilidade dos negocios e a formación, que é algo indispensable. Cremos que é tamén moi importante a modernización das instalacións, tanto en infraestruturas como na parte tecnolóxica, redes sociais, Internet… Necesitamos unha maior cobertura nos establecementos situados en puntos estratéxicos de turismo e que non teñen máis de catro ou cinco megas. E outro dos obxectivos é prepararnos para o Ano Santo. Pero máis que para el, prepararnos para o que vén despois do 2021.
Tendes dende o Clúster algunha acción xa iniciada? De momento, non. Empezaremos agora a preparar o plan de turismo 2021-2025. É moi importante porque o Ano Santo vai transformar o texido turístico en Galicia. Farao por dúas razóns: porque Galicia non é a mesma que fai once anos, cando se celebrou o anterior Xacobeo, e pola chegada do AVE. Temos que seguir crecendo e para iso temos uns grandes aliados: as paisaxes, a gastronomía e o enoturismo. Tamén lle pedimos á Administración que siga traballando cóbado con cóbado connosco, que siga apostando polo sector turístico, que xa representa o 12% do PIB. En que diría que debe mellorar o sector? Primeiro na conectividade aeroportuaria. O turismo internacional creceu moitísimo en Galicia. Temos un gran aliado que é o Camiño de Santiago, polo que nos coñecen en moitísimos países. E temos uns grandes embaixadores, que son os peregrinos. Pero é necesario que cheguemos ao 2021 con maior conectividade europea. Non nos podemos permitir o luxo de esperar ao último ano para ter máis voos internacionais. Non queremos que a Administración
“Hai que mellorar a conectividade aeroportuaria e aumentar a promoción naqueles destinos que teñamos voos directos” subvencione ás aeroliñas. É pan para hoxe e fame para mañá. Pero si queremos promoción naqueles destinos que teñamos voos directos. Cal é o maior valor da marca Galicia? As estatísticas din que o turista vén a Galicia pola paixase, así que debemos seguir manténdoa. De aí que un dos retos sexa a sostenibilidade nos parques naturais, Illas Cíes, Praia das Catedrais, Fervenza do Ézaro, Costa da Morte… 5
Entrevista
Gastronomía e paisaxe téñennas todas as comunidades. Pero o que temos aquí é único e hai que tratar de comercializar eses recursos. Paquetizalos primeiramente para ofrecelos de primeira man ao turista. Outro dos factores nos que pouco incidimos é na hospitalidade dos galegos. Ademais cómese moi barato en canto á relación calidade – prezo, porque é un produto de primeira calidade. E a todo isto hai que sumarlle o cultural, como a Catedral de Santiago e distintos monumentos que deberíamos destacar máis, porque non só Santiago os ten. En canto ás cifras, este ano crece a porcentaxe de turistas estranxeiros, pero no cómputo xeral hai un descenso no número de viaxeiros. É preocupante? É certo que hai un descenso, pero os que viñeron pernoctaron máis noites. E iso é o que nos interesa, que o turista pase máis días aquí. Tamén necesitamos incidir no gasto do turista, xa que todavía estamos por debaixo da media nacional. Con iso o que imos tratar de conseguir é maior rendabilidade dos nosos negocios. Non necesitamos un turismo de cifras, senón de calidade. Un dos factores que inflúe é a climatoloxía pero o turista que nos visitan vén pensando que pode chover. Por iso temos que ser capaces de transmitirlle que hai plans que facer en Galicia aínda que chova. En Santiago tes centos de actividades. E sería importantí-
6
Cesáreo foi secretario do Clúster na anterior lexislatura e agora é o seu novo presidente. Foto: Iván Barreiro
E que é o que temos que potenciar para difenciar Galicia con respecto a outros destinos do norte de España?
simo conectar a Zona Vella coa Cidade da Cultura. Sería marabilloso que se puidera facer ese teleférico do que tanto se falou hai anos. Outro recurso é poder visitar o Pórtico da Gloria. Parécevos ben que se cobre entrada? Sempre e cando o que se cobre se invirta en manter o Pórtico e organizar e planificar esas visitas, parécenos perfecto. Iso pasa en moitos países onde hai que facer cola para visitar certos museos, con reservas por Internet… E cobrando unha cantidade que non sexa desproporcionada. E que opinades sobre a polémica dos pisos turísticos? No Clúster loitamos moito porque se lexislara esta situación. O de-
creto fai un ano que está en vigor e hai case 6000 novas licenzas. Pero quedan moitos pisos por estar regulados. Que en Santiago haxa
Como afecta a economía colaborativa ao sector? A economía colaborativa é imparable e está transformando o sector turístico. Por iso nos preocupa a sostenibilidade. O turismo ten que convivir cos veciños, coa cidade. Non se pode permitir unha transformación dun casco antigo nunha gran vivenda de uso turístico. Nin podemos ter nunha zona vella un comercio onde todo sexan tendas de souvenirs ou venda
de comida rápida. Non queremos que a Santiago lle pase como a Venecia, que se está convertendo nun parque temático. Eu póñome á disposición tanto da Asociación Hostelería Compostela como do Concello de Santiago para abordar este tema conxuntamente. Se de aquí ao 2021, somos capaces de planificar os fluxos turísticos desde logo non veremos grandes aglomeracións nas zonas que son moi quentes como ao redor da Catedral, as Rúas, o Franco… Habería que taxa turística?
establecer
unha
Hai que sentarse e planificar. O que máis me preocupa é a planificación e coordinación. De pouco vale que cheguen seis millóns de turistas a Galicia se non planificamos ese tipo de actuacións. Se somos capaces, por exemplo, con esas entradas ao Pórtico da Gloria, que xente que ao mellor tiña pensado vir en agosto, veña en setembro ou outubro, estaremos desestacionalizando.❚
“É unha barbaridade que, tendo ferramantas para evitalo, haxa en Santiago tantos pisos turísticos sen regularizar”
Entrevista
máis de 700 así é preocupante. Eu, desde logo, se sei que na autopista hai 200 conductores que van a 300 quilómetros por hora, teño ferramentas para controlar que se sancionen e se adapten á lexislación. Non é normal que eu cumpra coa lexislación e ti te saltes as regras de xogo. Por iso paréceme unha barbaridade o de Santiago e que a Administración, tendo os canais necesarios para regulalo, siga permitindo que pase. Está facendo un flaco favor á imaxe de Compostela e de Galicia.
Sara Santos, nova vogal do Clúster Turismo de Galicia A presidenta da nosa Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos, é unha das catro mulleres que se incorporaron ao Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia tralas eleccións celebradas o pasado mes de outubro. O 25% de cota feminina complétase con Lorena Varela de la Peña, de Ruta do Viño Rías Baixas; Belén Montero López, da Asociación Palacios de Congresos y Exposiciones de Galicia; e Emma González Diéguez, da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense. Cunha única lista presentada, o novo órgano de goberno quedou composto por Cesáreo Pardal como presidente da entidade; Héctor Cañete como vicepresidente; César Sánchez- Ballesteros como secretario e Alfonso Martínez como tesoureiro. Xunto a eles os asociados elixiron a un total de doce vogais, todos eles representantes dalgunha entidade adherida ao Clúster. 7
[ Ac t u a l i d a d e ] MOITAS NOVIDADES NA UNDÉCIMA EDICIÓN DO SANTIAGO(É)TAPAS QUE SE CELEBRARÁ DO 15 DE NOVEMBRO AO 2 DE DECEMBRO
A
undécima edición de Santiago(é)Tapas celebrarase do 15 de novembro ao 2 de decembro. En total, participarán 67 locais repartidos por toda a cidade e que se poden consultar na páxina web www.santiagoetapas.com Este ano a organización, compartida pola Asociación Hostelería Compostela e Turismo de Santiago, decidiu introducir varias novidades importantes co obxecto de darlle un novo pulo o evento. Os obxectivos son demostrar, unha vez máis, o potencial gastronómico co que conta a capital de Galicia e superar as 34.000 tapas que se consumiron en 2017, e que supuxeron un incremento do 10% respecto á edición anterior.
Actualidade 8
evento en si mesmo, con capacidade para a atraer a público foráneo aproveitando a ponte que terá lugar nesas datas. Outra das novidades importantes da edición deste ano é unha nova distribución dos premios do concurso. Haberá un Primeiro Premio Santiago(é)Tapas, dotado con 1.000 euros, un Segundo Premio Santiago(é)Tapas, dotado con 500 euros, e un Terceiro Premio Santiago(é)Tapas, dotado con 500 euros en produto. A elección das tapas gañadoras entre as finalistas farase unindo a valoración do xurado profesional e o voto popular emitido durante os tres días da final.
Ademais, este ano o público premiará directamente cos seus votos emitidos entre o 15 de novembro e o 2 de decembro a dúas tapas. A Primeira Tapa do Público recibirá 700 euros e a segunda, 300 euros. Final e novos premios A maiores, este ano modifícase o premio PREMIO(É)TAPAS+ co obxecto Unha das principais novidades é que este ano o concurso terá unha de dinamizar o concurso a través das redes sociais. O galardón estará gran final, na que participarán 10 tapas finalistas. A organización aberto por primeira vez a calquera persoa ou colectivo que difunda comunicará públicamente o día 3 de decembro o listado destas dez o concurso a través das seguintes redes sociais: Facebook, Twitter, tapas, escollidas por un xurado profesional. A gran final celebrarase Instagram e Youtube. Este premio está dotado con 700 euros. do 7 ao 9 decembro. Os establecementos con tapas finalistas teñen a Finalmente, outra das novidades principais da edición deste ano é obriga de ofrecer durante estes tres días a súa tapa. que se lle dá liberdade aos locais participantes a A gran final de Santiago(é)Tapas nace co obxectivo de que fixen o prezo das súas tapas a concurso, cun PARTICIPARÁN 67 darlle ao público a posibilidade de probar e valorar mínimo de 1,5 euros e un máximo de 3,5. Todas LOCAIS REPARTIDOS as tapas que o xurado considera as dez mellores do as tapas deben incluír polo menos un produto POR TODA A CIDADE evento. Ademais, dende o punto de vista turístico, pertencente a algunha DO. ❚ a final do concurso pode promocionarse coma un
[ Ac t u a l i d a d e ] O CONCURSO TERÁ UNHA GRAN FINAL, DO 7 AO 9 DE DECEMBRO, NA QUE PARTICIPARÁN 10 TAPAS FINALISTAS
Gañadores da anterior edición do Santiago(é)Tapas recollendo os seus premios. Foto: Concello de Santiago
A presidenta da nosa Asociación, Sara Santos, e a concelleira de Turismo, Marta Lois, presentaron as novidades do concurso. Foto: Concello de Santiago
Sesión de fotos coas tapas participantes nesta edición do concurso.
9
[ Ac t u a l i d a d e ] AS TERRAZAS FAN CIDADE
D
esde o equipo da Asociación Hostelería Compostela seguimos traballando con forza para que a nova normativa de terrazas sexa o mais beneficiosa posible para o sector, conxugando os intereses da hostalaría local cos da veciñanza. Por iso nas últimas semanas mantivemos reunións cos representantes dos diferentes grupos políticos do Concello, coa fin de amosar a nosa preocupación pola redacción inicial da normativa. Recordemos que para redactar a nova norma o Goberno local non contou coa opinión do sector. A proposta, de aprobarse nos termos actuais, suporía un grave perxuízo para os locais, xa que limita o número de prazas de terraza, co que iso supón en perdas económicas e de postos de traballo.
Actualidade
Ao peche desta edición de CompHostelería, aínda non se celebrara o Pleno no Concello para debatir este proxecto de Ordenanza. Mentres tanto, desde Hostelería Compostela siguimos xuntando apoios para a defensa do sector. Porque tal e como indicamos na campaña informativa que comezamos este verán, as terrazas fan cidade. #terrazasnoproblem ❚
Reunión co portavoz municipal do PSOE, Paco Reyes.
Reunión con Xoán Bascuas, de Compromiso por Galicia.
10
Reunión co portavoz municipal do PP, Agustín Hernández.
Reunión con Goretti Sanmartín e Rubén Cela, do BNG.
[ Ac t u a l i d a d e ] PROXECTO ATLANTIC SOCIAL LAB
A
nosa Asociación Hostelería Compostela asinou recentemente un convenio de colaboración co Concello de Santiago para promover accións piloto no eido do proxecto Atlantic Social Lab.
Esta iniciativa – que está financiada nun 75% con fondos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) - ten como obxectivo impulsar a creación de novas solucións nos servizos de benestar social e poñer en práctica métodos de participación activa da cidadanía que contribúan ao desenvolvemento exitoso das rexións atlánticas. Santiago forma parte do programa nun grupo liderado polo concello asturiano de Avilés, no que tamén participan o Concello de Cork (Irlanda), as Universidades Glasgow Caledonian (Reino Unido) e Coimbra (Portugal), as axencias de apoio ao emprendemento social CRESS Bretagne (Francia) e Enterprise North West (Reino Unido), a Comunidade Intermunicipal do Ave (Portugal) e a Aglomeración de Pau-Pyrénées, en Francia. En virtude deste convenio, está prevista a organización de sesións informativas a petición dos establecementos interesados. Todos os participantes contarán ademais con materiais de campaña, tales como manteis e cartaces, e aparecerán como locais colaboradores na páxina web municipal. Con este convenio recoñécese que a hostalaría é un sector estratéxico clave na cidade, tanto desde o punto de vista económico como polo seu arraigo entre a cidadanía e a súa capacidade de aglutinador e captador social. Asimesmo, cumprimos cun dos obxectivos da Asociación que ten que ver coa realización de calquera actividade que poida promover o benestar de Santiago e que afecte á mellora da hostalaría, o turismo, o ocio e similares, a través dunha cálida acollida a residentes e visitantes.❚
11
12
[ To d a u n h a v i d a ]
D
espois de 45 anos ao pé do canón, o Carou - sito no número 24 da rúa Camiño Novo de Porto do Son - pechou as súas portas o pasado 30 de setembro. Socios da Asociación Hostelería Compostela desde a súa fundación, Maricarmen Piñeiro e o seu marido, Francisco Tomé (falecido fai once anos), tomaron as rendas deste negocio familiar no 1974. Neste case medio século, forxaron unha clientela fiel e satisfeita á que moito lle teñen que agradecer. Tras tantos anos no Carou, que sensacións ten agora que se xubila? Aínda non me acostumo. O cambio é tremendo porque son moitos anos non só atendendo e cociñando, senón tamén convivindo coa xente. Aos meus clientes ganeinos así, non só dándolles unha boa empanada! (Sorrí). A moitos lles custa aceptar o peche. Sei que son etapas da vida e chegou o meu momento, pero é duro. Como naceu o restaurante? Xa o avó do meu marido montou unha taberna no século XIX. Era o negocio máis antigo do Barbanza. O meu marido e máis eu convertémolo en restaurante no 1974. Tamén tiñamos pensión pero pechámola fai quince anos. Que especialidades tiña? Traballabamos de todo. Serviamos a diario comidas. E tamén faciamos eventos, banquetes, comunións, vodas… A materia prima que usabamos era de alta calidade. Os mellores peixes, o mellor marisco… O meu marido e máis eu iamos dous días á semana ás lonxas de Fisterra, Muros, Porto do Son e Ribeira. O abadexo á galega, os callos e a empanada tiñan moita fama. Tanto que as miñas empanadas percorreron España e parte de Europa. Foi o catedrático italiano Paolo Caucci, experto no Camiño de Santiago, o que as levou a Italia. Emigrantes galegos leváronna a Bélxica... Que destacaría da súa clientela? O meu negocio era moi coñecido, non só no Barbanza. E iso que nunca fixemos publicidade. Coñecíannos polo boca a boca. O que máis me satisface é que eu estiven
traballando 45 anos e os meus clientes levaban connosco tanto coma min. Foron pasando distintas xeracións: avós, pais, fillos… E todos contentos. Hai 16 anos fixéronnos unha auditoría os da Universidade de Santiago. Viñeron dous estudantes que estiveron recollendo datos en cada mesa tres días. E quedaron sorprendidísimos. Preguntábannos: Pero vós que facedes que todos contestan o mesmo? A puntación que nos daban era moi boa. E dentro desa clientela, houbo moitos rostros coñecidos como o expresidente Zapatero ou o presidente irlandés Michael D. Higgins… Si, pasou moita xente coñecida, e é unha satisfacción, pero a min nunca me preocupou sacar fotos con eles e colgalas nas paredes como fan outros. Nunca nos aproveitamos diso. Eu sempre procurei tratar a todos por igual. E téñolles un cariño que creo que tamén é correspondido. Porque a hostalaría ten esa parte moi positiva do trato coas persoas… Totalmente! E por outro lado, ten moi mala fama, de ser moi escrava… Pero eu nunca o vin así. E teño traballado moito, miña reina! Moito, moito. Pero xamais a desgusto. Tanto que teño tres fillos e estiven sempre traballando ata o momento de parir. E onde aprendeu a cociñar? Á escola non fun! Sempre foi algo que me gustou bastante. Cando era nena os meus irmáns preferían que eu cociñara antes ca miña nai. Non uso libros de cociña, nin pesos, nin probo a comida… É todo práctica. Eu creo que o fundamental da cociña é a materia prima de calidade e o cariño. Se puidera volver atrás, dedicaríase á hostalaría? Si, porque estou moi satisfeita cos meus clientes. Eu sempre digo que podes ser unha cantante marabillosa, pero sen non tes quen te escoite, nunca chegarías a nada. Eu teño a fama de boa cociñeira. Pero non valería de moito se non tivera xente que comera. Por iso, agora que marcho, teño que agradecerlles moitísimo todo o que fixeron por nós. ❚
Toda unha vida
MARICARMEN PIÑEIRO, DO RESTAURANTE CAROU
[ No v o s A OSTRERÍA Rúa Ameas, Nave 5 – Praza de Abastos (Santiago) | 654456025 facebook.com/aostreria.santiago |facebook.com/amoado.santiago facebook.com/frebas.santiago
A Ostrería é un establecemento especializado en bivalvos. Ofrece mexillóns, ameixas, berberechos… e, por suposto, ostras que serven ao natural ou formando parte dalgún prato. Nunca falta tampouco algún peixe do día e para acompañar apostan por espumosos e viños galegos. Todos os produtos proceden do Mercado de Abastos, onde ocupan un dos locais da Nave 5. No mesmo espazo podemos atopar tamén Amoado, onde as protagonistas son as filloas tradicionais combinadas con nova cociña; e Frebas, onde apostan por bocadillos con pan tradicional galego e porco alimentado con castaña. Os tres restaurantes abren os mércores ao mediodía e de xoves a sábados de 11:30 a 16:30 e de 21:00 a 00:00 horas.
LA MILAGROSA Picaraña, 10 (Padrón) 981 80 31 19
A Milagrosa é unha empresa familiar situada nun lugar privilexiado do Camiño de Santiago (a tan só 15 quilómetros do destino do peregrino) que ofrece o servizo de hostal, bar e restaurante. O trato cos clientes é amable e cercano. O restaurante conta cunha ampla e variada carta de comida caseira, con capacidade para grandes grupos. O confortable hostal dispón de habitacións con televisión, baño, Wi-Fi, aire acondicionado e calefacción. Ten ademais unha ampla zona onde aparcar.
CERVECERÍA LUNA Avda. Maestra Victoria Miguez, 43 (Santiago) 610934271
Novos Socios 14
Cun ambiente moi acolledor, na cafetería e cervecería Luna tratan de que cada cliente se sinta coma na casa. Abertos todos os días da semana desde as 7:15 horas ata peche, neste establecemento podemos gozar cun completo almorzo a primeira hora da mañá, cunha caña ou viño, cun bocadillo para repoñer forzas ou cun quente café para pasar as tardes de inverno. Cando o tempo acompaña, contan tamén con servizo de terraza. E nas súas mesas nunca faltan as boas tapas.
socios] CHOCOLATE Rúa Ameas, 8 (Santiago) 670741200 chocolatebarsantiago@gmail.com
Chocolate é un espazo acolledor e envolvente, situado na contorna privilexiada da Praza de Abastos de Santiago. Especialistas en coctelería, tanto clásica como con froitas naturais, ofrecen tamén cafés especiais, cervexas, viños e espumosos. Cun interior moi acolledor con sofás onde tomar algo moi cómodamente, conta ademais cunha agradable terraza. A música é outro piar importante deste local onde os sábados pola mañá podemos gozar de actuacións en directo durante a sesión vermú.
PULPERÍA GUERRA Pousada de Arriba, nº 10 (Vedra) 639818025 pulperiaguerra.com
A historia da Pulpería Guerra remóntase a 1955 cando Juan Guerra Gaiteiro inicia o que posteriormente se converterá nun negocio familiar. Así no ano 1978 o seu fillo, Juan Guerra, toma as rendas para alcanzar o máis de medio século dedicándose á pulpería tradicional en toda Galicia. Ademais de participar en romarías e festas, contan cun servizo de catering para eventos como bautizos, comuñóns, vodas, etc. Os seus produtos son cen por cen galegos, como polbo, criollos, cachelos, queixos, licores... e todo de máxima calidade!
HOSTAL SAN PAIO Lavacolla, 4 (Santiago) |981 888 205 reservas@hostalsanpaio.com |hostalsanpaio.com
No final do Camiño de Santiago, a oito quilómetros da cidade, atópase o Hostal San Paio, unha contorna ideal para tomar un descanso e gozar da nosa variada gastronomía. Un lugar con encanto e reminiscencias de épocas pasadas onde vale a pena deterse.De feito, coméntase que na localización do actual Hostal San Paio situábase unha vella fábrica de curtir peles onde había prisioneiros. Con servizo de aparcamento e restaurante especializado na gastronomía típica galega, dispón tamén de salóns onde celebrar diferentes eventos como vodas, convencións ou comidas de grupos.
15